A construción da ponte do tren que uniría o macizo de cuarzo do Pico Sacro do Paso da Cova, sobre o río Ulla, no concello de Vedra deseñouse nos anos 30 do século XX unha gran ponte de 167 metros de lonxitude que contiña un gran arco de 52 metros de luz. Con todo non foi ata 1958 cando foi rematado.
|
Lendas do pozo de San Xoán da Cova
Antonio Reigosa
Este pozo está no río Ulla, debaixo do impresionante viaduto chamado de Gundián ou de San Xoán da Cova, que ten 84 metros de altura e foi inaugurado en 1958 para continuar o camiño de ferro entre os concellos de Vedra (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra). O paso do río é moi estreito, apenas 3 ou 4 metros de ancho e uns 12 ou 14 de longo.
O BURATO DOS MOUROS
Dise que cando se fixeron as obras da ponte destruíse ou tapouse un burato ou cova que conducía desde este lugar ata o Pico Sacro por onde ían e viñan os mouros, e ata a mesma Raíña Lupa, levando e traendo os cabalos beber. Cando baixaban os mouros coas súas cabalerías por aqueles túneles erguían tanto po que se facía néboa.
O MOSTEIRO
Ao lado deste paso, sobre o cimo dos penedos, estivo o mítico mosteiro de San Xoán da Cova, disque arrasado polos viquingos no século IX, ou por unha enchente do río, e do que aínda quedan algúns restos arquitectónicos reutilizados nas casas das aldeas de arredor. Os monxes daquel mosteiro fixeron obras prodixiosas, entre elas furar o penedo para abrir aquel paso, que era de pedra brillante, o que provocou o desaugue dunha lagoa quen había en Caldelas e en todo o val de Cira.
O DEMO e CALDELAS
Tamén se conta que foi o Demo o que furou o penedo. Un día presentóuselle ao dono das terras de arredor do lago e propúxolle desecar o lago se lle daba a cambio unha das súas dúas fillas. O dono das terras aceptou o trato, O Demo abriu o burato para que pasase a auga e cando foi recoller o premio presentáronse as dúas irmás, ambas moi bonitas; o Demo non sabendo con cal quedar, preguntou:
-Cal delas?
E desa dúbida do Demo naceu o topónimo Caldelas.
Tamén se di que antes de abriren a pena os freires, ou o Demo, a aldea de Donas, do concello de Boqueixón, estaba asolagada.
ALMA EN PENA
Unha vez, un dos monxes do mosteiro que fuxía, non se sabe o motivo, saltou de lado a lado do paso pero quedou enredado cos hábitos, torceu para atrás e caeu no río. E como estaba en pecado aínda anda por alí a súa alma penando.
OS ENCANTOS DO POZO
No pozo apareceron entre outros obxectos marabillosos, unha grade de bronce ou de ouro da que pende unha campá e que toca soa na medianoite do día de San Xoán, unha cruz de acibeche que está na igrexa parroquial de Ponte Ulla, a imaxe da Virxe de Gundián que escapou e que agora está na capela de Santa María, unha galiña cunha ducia de polos de ouro, unha vella que peitea cun peite de ouro o seu pelo dourado e ata unha dama coa pel branca que cando sae o encanto ponse á sombra dos loureiros.
A GRADE
Para poder sacar a grade encantada do Pozo de San Xoán da Cova hai que agardar a que unha vaca paira dous xatos xemelgos e non deixar que mamen nin muxila. Unha vez naceron dous cuxos dunha vaca en Eiravedra pero a muller da casa non se deu conta e muxiulle un pouco de leite á vaca.; cando o home lle fixo ver o erro, ela tiroulle o leite muxido polo lombo á vaca pero xa non valía. Unha vez que baixou un buzo ao fondo do pozo coa intención de enganchar a grade para sacala viu unha vella fiando sentada nela, e cando a ía enganchar, a vella díxolle:
-Se lle cortaras as mans á muller...
- e desapareceu o encanto.
* Galicia encantada

php.Element.Def.Pdf_Fallback