Manuel Puente Porto, cando a Terra toma corpo e conciencia de clase
XOÁN CARLOS GARRIDO
Cúmprense agora 90 anos da inauguración do monumento ao labrego en Lagartóns, no ano 1916, daquela festexábase que ao fin os labregos chegaran ao poder. Mais todo era unha ilusión. Logo de cercar durante un mes o concello, no ano 1915, o Marqués de Riestra cedera o goberno municipal aos sindicatos agrarios, e fixo renunciar ao seu fillo Raimundo como Candidato a Cortes pola Comarca. O mesmo faría en Lavadores onde o poderoso Directorio de Teis tiña “dobregado” ao Marqués. Mais Riestra non fixo máis que soltar corda para logo volver a apertar. Retirou ao seu fillo Vicente de Lavadores, mais mandouno para A Estrada, e presentou por Lavadores ao seu fillo Raimundo, quen viña de renunciar diante dos agrarios da Estrada. Por enriba, na Estrada, inclúe ademais de deputado provincial ao seu outro fillo, Francisco Riestra Calderón, quen no 36 será quen asinará os certificados de defunción dos labregos estradenses fusilados en Pontevedra, e isto non é unha metáfora senón só unha desas ironías do destino que deixa en evidencia a catadura moral de cada quen.
Desde a Deputación e o Goberno Civil empeza a afogar economicamente ao Concello da Estrada presidido polos membros da Federación Agraria, Ramiro Ulloa e Pedro Varela. Pero quen era o alcalde Ramiro Ulloa? Nada menos que o fillo de Faustino Ulloa, un dos máis célebres caciques riestristas de “La Voz del Pueblo” da década anterior que caira en desgraza no seo do riestrismo. E Pedro Varela? Director do xornal “El Eco de La Estrada”, procurador, e camaleónico político que tamén rematou de alcalde durante algún tempo. Agraristas? pode ser, labregos non.
De aí que encanto Riestra atenaza economicamente á corporación Estradense, estes acaban rendéndose e pasándose ao riestrismo. O potente movemento agrario estradense quedará dividido e decepcionado. Tardará moito en levantar cabeza mais cando o faga xa non será para servir de animal de carga de ningún outro ambicioso aspirante a vivir da política, senón que será cando ao fin os labregos ocupen a dirección do seu propio movemento. Os agrarios terán un grande peso no goberno municipal da Estrada, lembremos que Puente Fontanes e Rodríguez Sangiao eran do Sindicato de Guimarei. Mais ademais de agrarios agora serán auténticos traballadores. Labregos e obreiros que pasan a ocupar as primeiras filas do movemento social e político estradense durante a república, e tamén acabarán ao fronte de pelotóns no 1936.
Este é o caso do labrego veciño de Oca, Manuel Puente Porto, quen nacera o 3 de marzo de 1903, e con só 33 anos, rematará a súa vida no patíbulo o 14 de outubro de 1936 ás 7 da mañá, por 7 feridas de arma de fogo – tal como sinala o certificado de defunción – e que durante o 20 de xullo, colaborou con Gómez Rivas e Delmiro Rey Pazos, na requisa de armas para a defensa da república na zona.
Era o maior de 8 irmáns e cando a súa muller pediu clemencia por el diante dun coñecido falanxista local, a resposta foi que el non era máis que o primeiro, logo irían o resto dos irmáns. Mais só coñecemos o caso da defunción do seu irmá Victor, que morrería durante a Guerra, se ben non sabemos das circunstancias desta morte.
Deixa ao morrer 4 fillos, Orencio (8 anos). Olegario (6 anos), Lina (4 anos) e José (2 anos)
Aínda que a represión na Ulla foi máis ampla e se cebou especialmente naquelas parroquias como Orazo e Loimil onde había sociedades agrarias e un crego especialmente duro, as causas militares só se centrou na de José Gómez Rivas (labrego), Manuel Bugallo (labrego), Cortés (mestre) e Ramiro Buján (canteiro); por unha banda, e pola outra a de Edelmiro Rey Pazos, Manuel Puente Porto e José Rico Gaiteiro. En calquera caso a base “legal” sobre a que se soportaban era a mesma: a requisa de armas e vehículos. E as condenas tamén, a pena de morte para dous de cada causa. O xuízo tamén foi o mesmo día, uns pola mañá e outros pola tarde, e a execución en días sucesivos se ben uns pola tarde e os outros pola madrugada. Con eles sería fusilado tamén o estradense José Vidal Puga, zapateiro de Callobre.
En calquera caso, a pesares de ser causas diferentes, nos sumarios figuran datos que se entrecruzan e así temos que Gómez Rivas, declara que recibiu unha carta para un presidente dunha “sociedad de obreros” da zona e que como non o coñecía, lle deu a carta a Manuel Puente. Manuel Liste Villaverde e Ramón Carrillo Abraldes citan a Puente Porto como membro do grupo de requisa; Carrillo sinala que foi Puente Porto quen lle requisou o seu coche.
Puente declara que o 20 chegou Gómez Rivas da Estrada cun escrito que puña: “Hay que defender la República y requisar armas”. Escrito que entregou ao presidente da Sociedade de Oficios varios de San Miguel de Castro. O día 21 volve outra vez Gómez Rivas ás 8 da mañá ao empalme de Balboa, mais agora a orde era que había que entregar as armas e que cada quen marchara para a súa casa pois xa se declarara o Estado de Guerra.
O 8 de outubro do 36 celebrouse os concellos de Guerra contra os da Ulla. O “Diario de Pontevedra” sinalaba ao día seguinte: “Finalmente fueron juzgados unos individuos de Oca, llamados Manuel Puente Porto, José Rico Gesteiro y Edelmiro Rey Pazos. Estos procesados, al estallar el movimiento salvador de España quisieron asaltar la casa del cura párroco y sobre ella, lo mismo que sobre la de otro vecino, a quien querían despojar de sus armas, hicieron varios disparos. Para Manuel Porto y José Rico, el Fiscal pidió la pena de muerte”.
As acusacións – como se verá – non se corresponden cos feitos. A requisa de armas do crego de Loimil sería accidentada pero non provocou ningún morto ou ferido. O certo, sen ningunha dúbida, é que o día 14 de outubro no alto da Caeira, os estradenses José Rico Gaiteiro, Puente Porto e José Vidal Puga serán fusilados.
Reescribir a historia
As causas xudiciais, os atestados, a prensa xa daquela comezaba a falsificar a historia. Mais non tardarían en saír libros onde xa se lle daba a volta darriba abaixo aos acontecementos. Ao ano seguinte o crego Manuel Silva Ferreiro sacará un libro, “Galicia y el Movimiento Nacional” onde xa dará conta a súa maneira dos acontecementos da Estrada. A súa intención era ridiculizar como infantís e irracionais aos republicanos, dando a entender a necesidade dun escarmento para “educalos” porque non se podían deixar solos. Este paternalismo co que se deu entender que o noso país non era adecuado para ter liberdade e democracia porque a xente era menor de idade, non era suficientemente madura, e precisaba man dura para mantelos a raia.
Así no caso de Manuel Puente Porto, Silva vai a ridiculizalo especialmente, escribe: “Este sujeto, de tal manera se emborrachó con el triunfo del Frente Popular, que no sabiando como celebrarlo, acordó consagrarle dos de sus hijos, inscribiéndolos en el Registro Civil con los nombres de “Libertario” y “Libertaria”. Celebró además la victoria del conglomerado de izquierdas, izando dos banderas rojas, una sobre una parra, y otra en un alcornoque. Hemos visto la parra, y aquel día, caso raro, no estaba subido a ella su propietario; preguntamos por el alcornoque y... nos mostraron al Sr. Puente Barcala”. E así se fixo a historia, falsificando até os nomes e os feitos. Non puideron sinalar a Puente, porque xa estaba fusilado e tampouco fora el quen puxera a bandeira roxa senón un veciño, Secundino de Espiño, tal como el mesmo confesará anos despois. Iso si, unha vez que Puente ía ser fusilado deulle a seguinte encomenda a muller: “Cando sexa o tempo das cereixas, colles unha colcha vermella e colócala na cerdeira, se che din algo, ti dislle que é para espantar os paxaros” E así o fixo, en xuño do ano 37 unha colcha vermella ondeaba nas cerdeiras de Oca. Mais, por estrañas circunstancias, desapareceran os gorrións que enxordecían as tardes do período republicano. Non había paxaros que espantar máis si unha vida e unha memoria que lembrar.