Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Algalia, parroquia de Guimarei (A Estrada) áchase unha casa señorial de planta rectangular con planta baixa e piso e cunha supeficie construída duns 443 metros cadrados. O seu portalón de entrada con vano alintelado coroado con dúas ameas e unha cruz (hoxe tan só o pedestal) da acceso a un patio con hórreo en bo estado de cinco claros. Diante da casa érguese un cruceiro, con base, pedestal e cruz sen imaxes.
Xunto á entrada da casa está tamén a capela, de 34 metros cadrados, con portada alintelada e ventá de arco semicircular, a xeito de fornela, na que antes había unha talla pétrea de san Ildefonso. A capela ten como retablo un relevo en madeira coa representación da lenda de San Ildefonso, arcebispo de Toledo entre os anos 657-667, quen pola defensa da virxindade de María foi recompensado por esta descendendo do ceo e impoñéndolle unha casulla. No relevo vemos a Virxe sobre o altar (da catedral de Toledo) rodeada de anxos e axudada por un destes para entregarlle unha casulla a Ildefonso, que a recibe axeonllado e as mans xuntas cunha mitra a seu carón como símbolo do seu cargo de arcebispo.
O retablo parece obra de Francisco Lens, o cuñado e colaborador de José Gambino, escultor moi coñecido nas terras estradenses. O relevo ocupa a maior parte do retablo, pois deste xeito abaratábase o conxunto xa que só levaría dúas tallas de vulto redondo, unha a cada lado. O relevo é dunha grande calidade artística que se amosa sobre todo na figura de san Ildefonso.
A capela da Algalia en advocación de san Ildefonso foi fundada o 20 de xullo de 1760 polo cóengo racioneiro de Sancti Spíritus de Santiago, don Alonso Martínez de Barcia, natural de Cuntis, que a dotou con bens suficientes para a congrua do capelán. Á súa morte quixo o testador que o primeiro capelán fose o seu sobriño don Juan Bautista Rodríguez Martínez, presbítero e racioneiro do Colexio do Sancti Spíritus “a quien dio por libre de residir esta capellanía y de la obligación de las misas”. Tamén lle daba facultade ao seu sobriño para nomear padroeiro e capelán no caso de que el morrese sen facelo.
Dito Juan Bautista Rodríguez Martínez era fillo de Marcos Rodríguez e María Antonia Martínez de Barcia. Presbítero en 1747, foi capelán na catedral de Santiago dunha das capelas fundadas por don Lope de Mendoza e tomou posesión como capelán da Algalia no ano 1770. Na Algalia tiña como caseiro a medias a Jacobo Rey Porto, pai de Juana, da que Juan Bautista foi o seu padriño, polo que lle deixou un legado de 200 reais. Pero tamén tiña terras arrendadas, non só en Guimarei senón tamén en San Paio de Figueroa, Breixa, Negreiros e outros lugares da contorna. Tamén era propietario de dúas casas en Ouzamerxe e doutra na rúa do Villar en Santiago.
Juan Bautista tamén fundou unha capelanía no colexio de Sancti Spiritus en honor de San Xoán e san Brais, nomeando a seu sobriño Juan Francisco Omaña, natural de Santo Estevo de Barcia (Lalín) pero que se criou en Requián (Frades), pois era fillo de Juana Antonia Rodríguez Martínez de Camba, solteira, e de don Ignacio Carlos Osorio e Omaña, presbítero e cóengo que foi en Compostela.
Juan Bautista, que morreu na súa casa "detrás de San Paio" en Santiago o 21 de decembro de 1785, outorgou testamento pechado en 1778 deixando como testamentarios a outros racioneiros aos que deixaba en compensación “todo el chocolate y tabaco que tenga y se hallare a mi fallecimiento para que entre ellos lo repartan”. E elixiu por sucesor da capela da Algalia a don Felipe Antonio Bermúdez Martínez. Felipe Antonio Bermúdez Martínez, veciño de Guimarei, non tiña a obriga de ordenarse, só tiña a de mandar dicir as misas. Tras unha longa enfermidade decidiu estudar a carreira eclesiástica pero só conseguiu chegar a subdiácono en 1799, pois volveu a enfermar quedando medio cego e sen memoria. E para máis inri con motivo da guerra da independencia os franceses saquearon a súa casa. Por iso, tras este cúmulo de desgrazas, no ano 1816, presentou ante o Provisor demanda para que os bens da capelanía fosen reducidos a legado pío coa soa obriga de satisfacer a esmola de misas.
Sucedeulle Vicenta Bermúdez casada con Gregorio Fraga, veciños de Santiago, quen como donos dos bens da casa e capela da Algalia, nomeaban capelán e viñan a pasar nela as temporadas de verán, ata que en 1860 faleceu nesta casa don Gregorio aos 80 anos de idade.
Logo a casa e capela pasou a mans da familia Varela, cuxos descendentes son agora os propietarios. A última celebración na capela foi autorizada o 28 de xullo de 1960 para celebrar a voda do fillo do caseiro.
* Capicúa. 17-3-2013