O compromiso ético e estético na obra do pintor de Presqueiras: Virxilio Blanco Garrido
José Raposeiras
Se Virxilio foi pintor por obra e gracia do seu tempo, foi pintor galego por virtude de raíz, sensibilidade e bo gusto. Na Terra de Montes andou a procurar o artista os materiais mellores que imprimiron carácter á súa obra pictórica. Aínda que pasou moitos anos na emigración, reintegrouse a Galiza para consagrarlle os seus mellores esforzos. Deu a coñecer a nosa terra en tódalas paraxes ás que ía, onde traballaba ou participaba, pincelando retratos de veciños e de familiares, aspectos sociais e folclóricos, paisaxes ou incluso a casa onde naceu ("A casa de Garrido”), da Exposición Salón de Otoño 1924, cadro que aparece na enciclopedia "Cien años de pintura en España y Portugal, 1830-1930”, da Real Academia de San Fernando.
O artista observaba a realidade e logo permitíalle á súa fantasía traballar con ela. Respondía ó seu entorno facendo da propia imaxinación algo visible, lexible, tanxible ou compartible, representando a vida e identificándose coa mesma.
PINCELADAS BIOGRÁFICAS
No seo dunha familia campesiña na que se contan artistas da pedra, mestres e cregos, nace unha persoa que se convertería –no decorrer do tempo– nun dos máis sobranceiros pintores galegos da primeira metade do século XX: Virxilio Blanco Garrido. Esto sucedía un 27 de novembro do ano 1896, cando "viu a luz” por vez primeira na parroquia de San Miguel de Presqueiras –lugar de Guisande–, do concello pontevedrés de Forcarei. Virxilio era o quinto de cinco fillos (dous homes e tres mulleres) do matrimonio formado por Xosé Blanco Arén e Manuela Garrido Roubín. Tal e como nos comentan os que o coñeceron, era un rapaz miudiño e de ollos azuis.
Este home humilde que, saíndo cáseque da nada chegou a situalo seu nome entre os dos máis grandes representantes da plástica galega, estivo sempre comprometido con Galiza, á que sempre considerou na súa obra. Á marxe da súa recoñecida categoría como pintor, constitúe ante todo un exemplo das ansias de superación e de tenacidade. En todo caso sempre existiu nel unha certa inadaptación socio-cultural e familiar, o que repercutiría bastante na súa personalidade: introvertido, tímido e reservado. Dun xeito cronolóxico, citámolos seguintes acontecementos significativos ó longo da súa vida:
"Un pintor es grande no en sus dedos, sino en su corazón y su alma” T. Vrettos.
Este home que aparece citado por primeira vez nunha Historia da Arte Galega, a de Estévez Ortega (páxina 11) no ano 1930, pertence á Xeración de pintores nacidos sobre o 1885, os que estarían de cheo no mundo vivencial da Xeración Nós. Un grupo de pintores no que aparecen Maside, Souto, Laxeiro, Colmeiro, Fernández Mazas, Torres, etc., destacándose polo seu compromiso ético e estético co galaico ademais do galeguismo. Todos eles apareceron cun auténtico afán renovador, dando mostras dunha verdadeira conciencia da súa responsabilidade.
O interese de Virxilio Blanco –autodidacta na arte e na vida– pola arte e pola cultura galegas plasmouse á perfección nas numerosas iniciativas que emprendeu ou auspiciou en relación coa desbordante riqueza que nese ámbito tiña a súa Galiza natal. Buscou sempre o enraizamento na súa terra pero con apertura á arte vangardista europea. Foi un home preocupado por integrarse plenamente a Galicia e á arte galega na modernidade. Dificilmente se poida discutir a súa exemplar dedicación a esa nobre tarefa –tal e como hoxe nos consta– tendo en conta ademais que, con toda seguridade, tivera que loitar contra bastantes presións e incomprensións.
Ó analizar detidamente o traballo artístico de Virxilio Blanco, podemos concluír dicindo que é un dos principais anovadores da pintura galega aínda que –debido á súa prematura morte e ó disperso e pouco accesible da súa obra– pasou demasiado tempo case desapercibido ou mal interpretado pola nosa crítica de arte. Non hai dúbida do carácter íntimo así como do impulso renovador influenciado no fauvismo francés. Pouco a pouco foise afastando da orientación folclorista da súa formación, coas imprescindibles referencias ó pasado pero dándolle sempre un carácter persoal á súa pintura (López Vázquez, 1998). A súa obra ten unha intensidade moi comunicativa na expresión dos sentimentos: alegrías, tristezas, estados de ánimo, galeguismo...
René Monclair, crítico francés, opinaba ó respecto que "su obra va presidida por una firme valentía en su interpretación de la vida, dándole a ésta un fondo humano de gran realismo”.
Tal e como se comenta na "Historia del Arte Gallego” de Vázquez Varela e outros (1982): "Sus paisajes hechos con pincelada pastosa y pequeña y un pálido cromatismo, poseen un halo poético que transfigura la naturaleza gallega en la que se inspira.. Este es el caso de los cuadros titulados: Paisaje de alta montaña, Paisaje de Santiago, Barco, etc, evolucionando hacia colores máis intensos y ornamentales como en Jardín de Luxemburgo, en los que su factura impresionista tiende a un colorido máis intenso, siendo difícil de delimitar lo que tienen de modernismo o de fauvismo”.
Aquí, en Presqueiras, unha das persoas que o tratou persoalmente foi, entre outras, o finado do meu tío José María Rivas Blanco. Contaba éste a anécdota dunha Noiteboa do ano 1928. Virxilio tiña pintada na parede o lema "Todo pasa” e ó preguntarlle que quería dicir con iso, respondeulle que nunca pasara unha Noiteboa só; era a primeira e algunha vez tiña que acontecer. Por iso o puxo na parede, xa que se divertía pintando e relacionando a pintura cos seus sentimentos.
Don Francisco Fernández del Riego, contando tan só con 22 anos, pronunciou unha conferencia sobre os pintores da época, entre eles Virxilio Blanco, que foi cando o coñeceu persoalmente. A conferencia está publicada na Revista Nós (marzo de 1935). No mes de novembro de 1996 tiven a oportunidade de conversar con este ilustre membro da Xeración Galaxia. Daquela comentábame que Virxilio era un home dunha calidade humana extraordinaria, amigo verdadeiro dos amigos, persoa introvertida, un gran galeguista de emoción e de conduta. Ó igual ca Laxeiro, era un rebelde fronte á liña academicista: o seu xeito de facer arte era instintivo, obedecía a determinadas posturas persoais. No nivel artístico considérao como un gran interpretador da paisaxe, con matices e tons necesarios e moi persoais; un profundo sentido da cor. Segundo el, non ve dentro da pintura galega un home de características semellantes.
O promotor da creación das Irmandades da Fala, Antón Villar Ponte, nunha primeira páxina do desaparecido periódico vigués "El Pueblo Gallego”, un 27 de novembro do ano 1935 (xusto o día do 39º aniversario de Virxilio) e con motivo dunha exposición do pintor da Terra de Montes na Coruña, dicíanos entre outras cousas que: "A los que tanto amor sentimos por Galicia y tanto interés tenemos por destacar sus valores personales y colectivos de todo orden, la Exposición de Virgilio Blanco nos produjo verdadera alegría, ya que como buen artista gallego –de alma y de temperamento– pinta personas y cosas de cualquier país”.
En relación ó xornalista e poeta Roberto Blanco Torres, a quen se dedicou o Días das Letras Galegas en 1999, cabe subliñar aquí a tarefa galeguizadora dun grupo de homes que coincidiron nos mesmos anos e na mesma emigración e que proseguiron en La Habana a traxectoria marcada por Curros Enríquez. Estamos a falar, tal e como tanto se escribiu, dos homes que participaban nos parladoiros do serán no cabe habaneiro "La Puerta del Sol” –confrades do cenáculo coñecido como a "Cova Céltiga”–, artistas e intelectuais galegos do momento: Ramón Cabanillas, Villar Ponte, os músicos "Chané” e Ricardo Fortes, os poetas e xornalistas Ángel Lázaro Machado, Julio Sigüenza, Waldo Álvarez Insua, Roberto Blanco Torres, e o propio pintor Virxilio Blanco Garrido, quen se incorporaba así á intelectualidade emigrante.
Despois de varias conversas feitas con moitos dos seus amigos que o coñeceron, destas terras ou doutras onde el se relacionaba, podemos afirmar que Virxilio era un home dunha calidade humana extraordinaria, amigo verdadeiro dos amigos, persoa introvertida, galeguista de emoción e de conduta. Un grande artista de corazón. Tal vez esquecido por algúns...
A modo de remate quero facer alusión a un escrito do seu compañeiro Laxeiro, publicado na Revista Galicia Emigrante de maio do ano 1957. Este escrito (do que conservo copia facilitada polo propio Laxeiro nunha entrevista mantida con el o 7 de xuño de 1995, en Vigo), titúlase Los amigos se van y los recuerdos quedan: "Virgilio Blanco, te fuiste pero tu recuerdo no desapareció en mi. Te sigo viendo en mi imaginación. Alguna vez te veo en la clase de dibujo en el Centro Gallego de La Habana... Yo era un chico de 16 años. Con que alegría fuimos todos los alumnos de dibujo y pintura del plantel de enseñanza Concepción Arenal del Centro Gallego a despedirte al muelle de La Luz. El Centro te había concedido una beca para que te perfeccionaras en Europa... Tú eras el mejor alumno de la clase. Todos te teníamos un gran respeto y admiración. Trabajabas de día en la tienda El Encanto y de noche ibas a clases de dibujo y pintura...”.
* Publicado na revista Cotaredo.

- A emigración: Este feito ía ser o que marcaría o seu futuro. Ós 16 anos e por obriga, tivo que "coller as maletas” para poder "gañar o pan”. Como a meirande parte dos homes da Terra de Montes, naqueles intres, parte primeiro para Bos Aires, onde traballou de listeiro e logo para Cuba –no ano 1912– coa pretensión de poder chegar ó norte (E.E.U.U.). Esto último non o conseguiu e tivo que quedarse en Cuba. Nesta illa antillana, de primeiras, traballou de camareiro no poboado de Victoria das Tunas (provincia de Oriente). Catro anos máis tarde aséntase en La Habana, desexoso de adquirir cultura e perfecciona-las súas aptitudes para triunfar na vida. Ó meu modo de ver, neste caso, da emigración xorde a oportunidade de que este home se puidera dedicar a algo que levaba dentro: unha verdadeira vocación pola pintura. As súas cualidades innatas puidéronse facer realidade e, a partir da emigración soubo aproveita-las oportunidades que se lle presentaron.
- A Academia de Arte: En La Habana comeza a traballar, nunha tenda de confección para homes, primeiro como dependente e logo de xastre e deseñador, gracias ás súas boas condicións como debuxante. No ano 1918 xa compaxinaba traballo e estudio, ó ser premiado –polo seu bo comportamento laboral– para asistir á escola e á Academia de Arte de La Habana.
- O Centro Galego de La Habana: Este centro pasa a sé-lo grande referente durante a década dos anos vinte. Aquí presenta a súa primeira exposición (1923), coincide co pintor Laxeiro, concédenlle unha pensión para estudar tres anos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid (1924-1927). Fai unha segunda exposición no citado Centro Galego de La Habana e de novo, este centro, outórgalle outra bolsa. Así, viaxa a París –onde coñece a Miró e a Picasso– a partir do ano 1927.
- As Bolsas da Deputación Provincial de Pontevedra: No ano 1930 obtén a primeira Pensión, que lle permite volver a París. (Sesión do 29-12-1930: subvencións de 2.250 pts. de xaneiro a setembro de 1931, a catro pintores, entre eles Virxilio, tal e como consta no Libro de Actas da Comisión Permanente de 1930).
- En 1931, ó non renovarlle a Pensión da Deputación, abandona París. Dado que sempre estivo moi ligado á cultura galega en tódalas súas facetas, funda en Forcarei –xunto con Caldera Manzano (Director/Administrador)– unha revista de carácter municipal: "Revista Alborear”, da que sería Redactor Artístico, caracterizándose polo seu talante católico-galeguista, acorde co espírito liberal-conservador do pintor. Segundo Rodríguez Fraiz, propúñanse como obxectivos da citada revista –entre outros– o combater a politiquería, o caciquismo, o favoritismo e outras lacras dese estilo que empobrecían e envelenaban a vida das pequenas vilas daquel entón. Asemade participaba nos faladoiros artísticos e intelectuais dos cafés Moderno, Méndez Núñez e Savoy de Pontevedra e do Derby de Vigo. Castelao animábao para que fixera exposicións e para que se movera nos círculos intelectuais de Galiza, servíndolle de guía en moitas ocasións. Xa no ano 1932, recupera a Bolsa da Deputación de Pontevedra e trasládase a Madrid, segundo aparece no Libro de Actas da Comisión Xestora de 1932.
- A Guerra Civil Española: Tamén significou para el un parón na súa actividade. Apréciase claramente un antes e un despois na súa vida. Os tempos correrían outra sorte a partir do ano 1936. Seguiu dedicándose á pintura, pero vivir dela era practicamente imposible. Soñaba con volver a París e desexaba que acabaran esas malditas guerras (como el lles chamaba), referíndose tamén á Segunda Guerra Mundial.
- Exposicións (con compra e venda de cadros), no Casino Mercantil de Pontevedra e na Sala Velázquez instalada no edificio do Teatro Cine Fraga de Vigo, ámbalas dúas nos anos 50.
- Homenaxe no vixésimo sétimo cabodano do seu pasamento en San Miguel de Presqueiras. No serán do 21 de xuño de 1975 e nun emotivo acto, dedicáronlle a "lauda” actual (de pedra de gran) un grupo de artistas, poetas, xornalistas, mestres, admiradores e amigos de Pontevedra, de Vigo, de Santiago, da Terra de Montes e doutras vilas de Galiza.
- Bienal de Arte 1994 da Deputación Provincial de Pontevedra. En palabras do Director do Museo Provincial –Carlos Velo– a exposición de Virxilio Blanco, integrada na citada Bienal de Arte, considérase como a máis importante das que se lle fixeron ata o de agora. Confeccionouse un inventario de 80 obras, reunindo para a mencionada exposición 55 cadros. Os organizadores da Bienal comentaron que esta mostra antolóxica dedicada ó pintor, no verán de 1994 en Pontevedra (edificio Sarmiento do Museo Provincial), constituíu a gran homenaxe que lle debía a súa terra, recuperando a meirande parte da súa obra (moi diseminada en fondos museísticos e coleccións particulares) para a historia da arte galega do século XX.
- Conmemoración do primeiro centenario do seu nacemento (27 de novembro: 1896-1996): O domingo día 1 de decembro de 1996: colocación de placas conmemorativas na casa onde naceu e na Casa da Escola de Guisande, misa na igrexa parroquial e ofrenda floral na súa sepultura, remantando os actos cunha glosa á figura do pintor. Participaron nesta lembranza, ademais da corporación forcaricense, os veciños e veciñas de Presqueiras, familiares, os gaiteiros de Soutelo, amigos e simpatizantes da Terra de Montes, artistas... Estes actos ían se-lo preludio doutros máis que xa se levaron a cabo, tal é o caso da dedicación do nome de Pintor Virxilio Blanco a unha rúa na cidade de Vigo.
- Lembranza-homenaxe da Asociación "Amigos da Terra de Montes”: O sábado 9 de agosto de 1997. Trala conferencia sobor da emigración pronunciada polo Presidente do Museo do Pobo Galego, don Antón Fraguas, no Concello de Beariz (Ourense), ademais doutros feitos que tiveron lugar ó longo da xornada, os "Amigos da Terra de Montes” que compartiron a súa xuntanza anual, trasladáronse –finalizando así co programa de actos do citado día– a carón do sartego de Virxilio Blanco. Alí, e como un recoñecemento máis da Asociación ó artista, descubríronlle unha placa de bronce na súa honra. Continuábase así coa celebración do primeiro centenario do seu nacemento, dirixíndolle tamén unha verbas de homenaxe.
"Un pintor es grande no en sus dedos, sino en su corazón y su alma” T. Vrettos.
Este home que aparece citado por primeira vez nunha Historia da Arte Galega, a de Estévez Ortega (páxina 11) no ano 1930, pertence á Xeración de pintores nacidos sobre o 1885, os que estarían de cheo no mundo vivencial da Xeración Nós. Un grupo de pintores no que aparecen Maside, Souto, Laxeiro, Colmeiro, Fernández Mazas, Torres, etc., destacándose polo seu compromiso ético e estético co galaico ademais do galeguismo. Todos eles apareceron cun auténtico afán renovador, dando mostras dunha verdadeira conciencia da súa responsabilidade.
O interese de Virxilio Blanco –autodidacta na arte e na vida– pola arte e pola cultura galegas plasmouse á perfección nas numerosas iniciativas que emprendeu ou auspiciou en relación coa desbordante riqueza que nese ámbito tiña a súa Galiza natal. Buscou sempre o enraizamento na súa terra pero con apertura á arte vangardista europea. Foi un home preocupado por integrarse plenamente a Galicia e á arte galega na modernidade. Dificilmente se poida discutir a súa exemplar dedicación a esa nobre tarefa –tal e como hoxe nos consta– tendo en conta ademais que, con toda seguridade, tivera que loitar contra bastantes presións e incomprensións.
Ó analizar detidamente o traballo artístico de Virxilio Blanco, podemos concluír dicindo que é un dos principais anovadores da pintura galega aínda que –debido á súa prematura morte e ó disperso e pouco accesible da súa obra– pasou demasiado tempo case desapercibido ou mal interpretado pola nosa crítica de arte. Non hai dúbida do carácter íntimo así como do impulso renovador influenciado no fauvismo francés. Pouco a pouco foise afastando da orientación folclorista da súa formación, coas imprescindibles referencias ó pasado pero dándolle sempre un carácter persoal á súa pintura (López Vázquez, 1998). A súa obra ten unha intensidade moi comunicativa na expresión dos sentimentos: alegrías, tristezas, estados de ánimo, galeguismo...
René Monclair, crítico francés, opinaba ó respecto que "su obra va presidida por una firme valentía en su interpretación de la vida, dándole a ésta un fondo humano de gran realismo”.
Tal e como se comenta na "Historia del Arte Gallego” de Vázquez Varela e outros (1982): "Sus paisajes hechos con pincelada pastosa y pequeña y un pálido cromatismo, poseen un halo poético que transfigura la naturaleza gallega en la que se inspira.. Este es el caso de los cuadros titulados: Paisaje de alta montaña, Paisaje de Santiago, Barco, etc, evolucionando hacia colores máis intensos y ornamentales como en Jardín de Luxemburgo, en los que su factura impresionista tiende a un colorido máis intenso, siendo difícil de delimitar lo que tienen de modernismo o de fauvismo”.
Aquí, en Presqueiras, unha das persoas que o tratou persoalmente foi, entre outras, o finado do meu tío José María Rivas Blanco. Contaba éste a anécdota dunha Noiteboa do ano 1928. Virxilio tiña pintada na parede o lema "Todo pasa” e ó preguntarlle que quería dicir con iso, respondeulle que nunca pasara unha Noiteboa só; era a primeira e algunha vez tiña que acontecer. Por iso o puxo na parede, xa que se divertía pintando e relacionando a pintura cos seus sentimentos.
Don Francisco Fernández del Riego, contando tan só con 22 anos, pronunciou unha conferencia sobre os pintores da época, entre eles Virxilio Blanco, que foi cando o coñeceu persoalmente. A conferencia está publicada na Revista Nós (marzo de 1935). No mes de novembro de 1996 tiven a oportunidade de conversar con este ilustre membro da Xeración Galaxia. Daquela comentábame que Virxilio era un home dunha calidade humana extraordinaria, amigo verdadeiro dos amigos, persoa introvertida, un gran galeguista de emoción e de conduta. Ó igual ca Laxeiro, era un rebelde fronte á liña academicista: o seu xeito de facer arte era instintivo, obedecía a determinadas posturas persoais. No nivel artístico considérao como un gran interpretador da paisaxe, con matices e tons necesarios e moi persoais; un profundo sentido da cor. Segundo el, non ve dentro da pintura galega un home de características semellantes.
O promotor da creación das Irmandades da Fala, Antón Villar Ponte, nunha primeira páxina do desaparecido periódico vigués "El Pueblo Gallego”, un 27 de novembro do ano 1935 (xusto o día do 39º aniversario de Virxilio) e con motivo dunha exposición do pintor da Terra de Montes na Coruña, dicíanos entre outras cousas que: "A los que tanto amor sentimos por Galicia y tanto interés tenemos por destacar sus valores personales y colectivos de todo orden, la Exposición de Virgilio Blanco nos produjo verdadera alegría, ya que como buen artista gallego –de alma y de temperamento– pinta personas y cosas de cualquier país”.
En relación ó xornalista e poeta Roberto Blanco Torres, a quen se dedicou o Días das Letras Galegas en 1999, cabe subliñar aquí a tarefa galeguizadora dun grupo de homes que coincidiron nos mesmos anos e na mesma emigración e que proseguiron en La Habana a traxectoria marcada por Curros Enríquez. Estamos a falar, tal e como tanto se escribiu, dos homes que participaban nos parladoiros do serán no cabe habaneiro "La Puerta del Sol” –confrades do cenáculo coñecido como a "Cova Céltiga”–, artistas e intelectuais galegos do momento: Ramón Cabanillas, Villar Ponte, os músicos "Chané” e Ricardo Fortes, os poetas e xornalistas Ángel Lázaro Machado, Julio Sigüenza, Waldo Álvarez Insua, Roberto Blanco Torres, e o propio pintor Virxilio Blanco Garrido, quen se incorporaba así á intelectualidade emigrante.
Despois de varias conversas feitas con moitos dos seus amigos que o coñeceron, destas terras ou doutras onde el se relacionaba, podemos afirmar que Virxilio era un home dunha calidade humana extraordinaria, amigo verdadeiro dos amigos, persoa introvertida, galeguista de emoción e de conduta. Un grande artista de corazón. Tal vez esquecido por algúns...
A modo de remate quero facer alusión a un escrito do seu compañeiro Laxeiro, publicado na Revista Galicia Emigrante de maio do ano 1957. Este escrito (do que conservo copia facilitada polo propio Laxeiro nunha entrevista mantida con el o 7 de xuño de 1995, en Vigo), titúlase Los amigos se van y los recuerdos quedan: "Virgilio Blanco, te fuiste pero tu recuerdo no desapareció en mi. Te sigo viendo en mi imaginación. Alguna vez te veo en la clase de dibujo en el Centro Gallego de La Habana... Yo era un chico de 16 años. Con que alegría fuimos todos los alumnos de dibujo y pintura del plantel de enseñanza Concepción Arenal del Centro Gallego a despedirte al muelle de La Luz. El Centro te había concedido una beca para que te perfeccionaras en Europa... Tú eras el mejor alumno de la clase. Todos te teníamos un gran respeto y admiración. Trabajabas de día en la tienda El Encanto y de noche ibas a clases de dibujo y pintura...”.
* Publicado na revista Cotaredo.
Virxilio Blanco. Lembranza no XXVII Cabodano do seu pasamento
Antonio Rodríguez Fraiz
LIMIAR
O 21 de Xuño do 1975 uns cantos artistas, poetas, xornalistas, catedráticos, admiradores e amigos de Pontevedra, Vigo, da Terra de Montes e outras vilas da Galiza, ofrecéronlle unha sentida homenaxe ao esgrevio pintor Virxilio Blanco Garrido, no XXVII cabodano do seu pasamento, en San Miguel de Presqueiras (Forcarei-Pontevedra), onde dende o 23 de San Xoán do 1948 repousa no seo da Terra Nai, adicándolle unha lauda.
Entre os presentes lembramos aos artistas M. Colmeiro, M. Torres, A. Portela Paz, X. Paisa, M. Pesqueira, R. Lorenzo, Xavier Pousa, C. García Braña, V. Vázquez Diéguez; aos poetas e escritores: V. Paz Andrade, irmáns Alvarez Blázquez, M. Troitiño Mariño, A. Conde Cid, X. Porto Matalobos, X. M.:' Estévez; e aos catedráticos e profesores: Luis Tilve, F. Filgueiras Gulias, M. Brea Porto, M.a do Carme Valderrama, A. Fernández de Ana Magán, Andrés Vilán, Pilar Allegue, M. Cabada Iglesias, A. Porto Taboada, X. Novás, I. e R. Torrado, E. Lorenzo Fraiz, A. Lorenzo Bugallo, A. Fortes Lorenzo, A. García Blanco e as distintas donas de moitos deles.
Testemuñaron a súa adhesión aos actos entre outras persoas, C. Emilio Ferreiro, X. Filgueira Valverde, F. Vázquez Ogando, R. Otero Pedrayo, M. Rodriguez F. Figueiredo, C. A. Baliñas Fernández, M. C. Garcia Martinez, F. Acuña Castroviejo, X. L. Fontenla Rodríguez, A. Guinarte Vilaboa, Xosé Antonio Maroño, M. Espiña Gamallo, S. Rosales Ardá, X. L. Jorge Caramés, L. A. Caride Romero...
A xornada, chea de relixiosidade, lembranza saudosa e galeguidade, na que participou máis dun milleiro de persoas, foi moi sinxela: unha Misa na nosa lingua, oficiada polo Abade de Campañó don Antonio Rodríguez Fraiz que tamén fixo a lembranza de Virxilio e un responso sobor da campa do esgrevio artista, pregado polo Rvdo. Senén Barros Fontenla, reitor das parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras.
Pecharon os actos con verbas cheas de esperanza pra as xentes a cultura e a arte da Galiza o xove escritor e artista Vicente Vázquez Diéguez, e Valentín Paz-Andrade, poeta e economista.
Como lembranza do artista e dos actos que na súa memoria celebramos, sae hoxe este molliño de traballos pra que a sua obra chegue á Galiza popular da que el é patrimonio.
F. F. G.

...ao che deixar a miña ofrenda,
á soledade en miña axuda chamo...
(M. Curros Enríquez)
Virxilio Blanco Garrido
Irmáns, familiares, artistas e amigos de Pontevedra, Vigo, veciños de Terra de Montes e admiradores todos do noso artista VIRXILIO.
Apoúcame moito ter que falar hoxe nesta íntima xuntanza chea de señardade en nome dista esquecida Terra de Montes que chouta de ledicia por este acto que celebramos en lembranza e honra de un dos seus fillos máis esgrevios.
Sei que todos sentides, como eu sinto, a doce ledicia deste día, por longos anos desexado, coa lembranza do mellor artista da Terra de Montes, na que tantos agromaron, Virxilio Blanco Garrido, home arrincado do máis fondo desta Terra, figura campesiña, emigrante, artesán de renome, artista, sentimental e sensible, de bondade e laboriosidade máxima, cheo de amor e desprendemento por iste curruncho da Galiza infinda na que quixo durmir pra sempre envolto o seu corpo inxel pola Terra Nai.
Lémbrome do dorido canto de Celso Emilio Ferreiro diante do corpo sin vida do grande poeta e amigo, Aquilino Iglesia Alvariño:
Quero morrer aquí... (cando me chegue a hora da viaxe que me agarda).
Eiqui niste silencio
de pombas arroladas,
niste vento que dorme rtos piñeiros
un profundo sono de arelanzas...
Quero morrer eiquí. Ser sementado desta miña bisbarra.
Finar eiquí o meü cansartcio acedo,
pousar eiquí pra sempre as miñas ázas...
Que a vida e a obra artística de Virxilio Blanco é inmorrente, amósase hoxe en que, despois de 27 anos da súa chamada á casa do Pái, axunta aquí a vellos amigos, entresinalados artistas, poetas, admiradores e xentes sinxelas da bisbarra de Mohtes prá lembrar a este fillo esgrevio e nel a todos os que nesta Terra adubada polo suor de milleiros de xeraciós, sabe repártir o pan cando quer e como quer, antre os fillos con máis cobiza que liberalidade; emporiso principiamos este acto pregando a noso Deus, nesta Eucaristía, que Ile conceda a él e a todos os artistas de Montes, a gracia da vida eterna. Vida inmorrente que, pasados os horizontes do tempo e as fronteiras da terra, xa pra sempre identificada coa lus, a paz e a felicidade; en fin, coa mesma gloria eterna.
O día 24 de novembro do 1896, nesta freguesía de San Miguel de Presqueiras naceu, no rueiro de Guisande, Virxilio Blanco. Aquel día alumeaba a ledicia dun nadal no cristián e campesiño lar de Xosé Blanco Aren e da sua dona Manoela Garrido Roubín. Neno miudiño pro de alma grande no que, na luz dos pequenos ollos, azuis, chisperreantes, podía adiviñarse o gosto pola natureza e os libros. Na Galiza cinco meses denantes agromara, tamén en Santa María do Outeiro (Lugo), outro neno, o poeta Xosé Crecente Vega, campesiño e fillo de labregos con pequena facenda de seu. Terra ben semellante a esta de Presqueiras que o devandito poeta soubo cantar e Virxilio pintar:
Codeseira de codesos
que recendes a bravío;
que telos braciños tesos
e os pelos dereitos co frío.
Xemes triste da Folgueira
no ermo desamparado,
erma e triste codeseira
onde eu alindei o gando...
Por eses fados do destino o poeta Crecente Vega e o artista Virxilio Blanco morreron no mesmo ano de 1948, o primeiro o 21 de marzal, e o segundo o 23 de xuño. ¡A mesma «Negra sombra» foi a súa triste e tráxica compañeira dende a xuventude á cova!
O noso artista non é un arbore ventureiro nesta Terra de Montes na que agromaron santos, coma Gonzalo das Penas de Aciveiro e Fernando García Leiro, de Cerdedo; catedráticos e investigadores coma os médicos Caamiña Fortes, pai e fillo, Lino e Casimiro Torres Sánchez no século XIX; Calros Baliñas Fernández... artistas coma Pedro de Arén e Pedro de Monteagudo, que deixaron o seu xenio nas catedrais de Ourense, Lugo e Santiago, nos mosteiros de Santa Clara de Santiago, Sobrado, Oseira, Poio... e tantos monumentos máis que hoxe admiramos; poetas como Xosé Otero Espasandín, Benito Veloso Prado, Avelino Cachafeiro, do que dí Otero Pedrayo: «O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro espírito por toda Galiza, como o máis rexo e harmonioso carballo do bosque antigo», nado, tres anos despois de Virxilio, en Soutelo de Montes; políticos como o reitor de San Isidro de Montes, don Nicolás Bazares Abeledo, deputado nas Cortes de Cádiz, onde acadou a liberdade do comercio da sal e escribiu o primeiro libro encol da lingua dos nosos arxinas o «Verbo ou Latín dos Canteiros»; xornalistas coma Xesús e Pedro Campos Couceiro, fundadores do semanario «UMIA Y LÉREZ», órgano dos emigrados de Terra de Montes en Bos Aires, no que colaborou o inmorrente Castelao. Na mesma familia do artista, Blanco Aren e Garrido Roubín, áchanse os nomes benamados do tío-bisabó, o presbítero don Manoel Antonio Blanco Roubín, que con Luis Camiña levantou os labregos de Presqueiras, Pardesoa, Soutelo, Beariz... no febreiro do 1809 escontra dos franceses; en xuño do 1811 foi nomeado membro da Nova Xunta de Armamento da Galiza, logo cóengo de Astorga e tan liberal coma o seu amigo don Manoel Acuña Malvar, polo que foi acusado e preso na cárcere da Coroa de Madrid, dende a que o 27 de xullo do 1815, di: ...«se halla en la necesidad de rebatir los cargos que le hace un figurado delator con el nombre de Miguel Arias (que non era outro que o reaccionario cura de Xirazga, don Santiago Vahamonde) y otros que se hallan detrás de él (antre os que se contaba o reitor de Millarada, don Antonio de Soto e Varela) da poder a su madre Gerónima Roubín vecina de Presqueiras y a Miguel García de Carói para que interpongan todos los recursos ante el Juez de Montes don Iñigo Quiben, el Provisor de Santiago y la Real Audiencia de La Coruña; para demostrar su buena conducta y honor...», Sobor do ano 1829 tivo o pasamento en Astorga este esgrevio fillo de Presqueiras; tamén queremos lembrar os presbíteros don Vicente Cortizo Arén e don Salustiano Blanco Cortizo tío e sobriño, mortos non fai moitos anos, sendo abades de Lantaño e Barrantes.
Coido que estou abusando moito da vosa paciencia e aínda non dixen cáseque ren da vida e da obra de noso artista. Dende neno asistiu á escola na freguesía, aprendendo as primeiras letras, e, coma todos os homes de Terra de Montes, aos 16 anos, unha mañá calquera colleu o acedo camiño da emigración, as terras quentes e acolledoras de Cuba foron o seu destino, detrás quedaba a Terra:
...doce coma o mel,
abondosos e gasalleiros os seus froitos...
A miña terra é íntima e tenra
coma un colo de nai polo inverno
rente ao lume do lar.
Húmidos e verdes, os campos
espónxanse na brétema, os vales
dormen brandamente, as cumes branquenexan
baixo un vento fungón que vén do norde.
As vacas muxen nos cortellos
e o fume das lareiras
arromeda pantasmas nos tellados,
Si.
A miña terra é intima e tenra,
pro, a mocidade fuxe déla
en busca de outra terra onde o pan
se pode comer sen bágoas.
Virxilio Blanco en Cuba foi parar a un café nun pobo da provincia de Oriente—Victoria de las Tunas—no que traballou de cobilleiro, sendo moi querido dos parroquiáns e patróns. Como este mociño desexaba gañar máis diñeiro polo 1918 quixo emigrar os Estados Unidos do Norde, o que non conseguiu por pechar daquela a entrada o país, ficando na Habana onde se empregou nunha tenda de roupas feitas pra homes. Como tamén tiñan obradoiro, o noso artista aprendeu e foi bo xastre, o primeiro dos cortadores da casa. Debido á súa capacidade e comportamento o patrón gratificoulle unhas horas cada día pra que puidese ir á escola e á academia habaneira de debuxo e pintura; as musas, súas amigas, encadeárono pra sempre neste intre.
Polo 1922 presentou nó Centro Galego da Habana e súa primeira mostra, uns 25 cadros, dos que tres, quizais os mellores, foron adquiridos polo Centro Galego, titulábanse: «Los tres amigos fieles del hombre», «Seica che saben» é «O borracho».
Foi tan exitosa esta primeira mostra artística de Virxilio, que o Centro Galego pensionóuno por tres anos pra a Academia de Belas Artes de Madrid na que co estudo da técnica e debuxo non deixou de pintar, arranxando unha segunda mostra que tamén presentou no devandito Centro Galego da Habana; deste tempo son os belidos cadros: «Familia» moi rusoniano, «Miña prima», quizais o mellor e o «Avó», que se achan en Presqueiras, polos que no ano 1924 foi pensionado a París, onde estudou e traballou moito, e adquiriu, como di o pintor Colmeiro..., «unhas formas personalísimas de expresión... por la superposición de los empastes conseguía cierto misterioso hermetismo, como aprisionado en el tiempo y veladamente oculto en la materia. Esta sensación de perennidad, de resistencia callada, la conseguía trabajando la materia con sucesivas capas de color. Otras veces el color, los ocres, eran más flúidos, más líricos, se filtraban traspasando las coposas ramas de lo árboles dominando la superficie del cuadro en dorada polifonía...» . En París coñeceu os grandes mestres da pintura españois e franceses, entre eles a Miró e Picasso que pra el, naquel intre, era o balbordo, caos e revor da Iberia; pola contra, Matisse amosaba o orde clásico e o novo concertamento.
Polo serán avistaba con moito interese as galerías de arte da rúa Boetie e pola noite o Dome e a Rotonde. Ollou a loita dos «ismos», sopesou os seus valores mais sen se meter nela. Home tranquilo e un tanto emotivo, acadou, coma moi poucos dos nosos pintores, dar pola cor as emocións que a paisaxe lle suxería, sen complicacións cerebrais e isto fundamentalmente por medio dos brancos e dos ocres, de intensidade luminosidade na etapa parisiense. Cando se meteu na infinda paisaxe galega a súa pintura foi arroxando unha forza e transparencia emocional que marcou definitivamente toda a obra do artista.
No 1931, deixou Paris e o seguinte ano por consello do esgrevio Castelao que moito o admiraba, en Vigo, expuxo por primeira vez na Terra; amosou paisaxes urbanos de París, poucos de Galiza. Nas obras pintadas en París a cor tiña maior ardencia, os brancos e ós ocres dominaban pro sen agresividade. En troques ás terras, os esvaídos verdes das poucas paisaxes que daquela pintou na Galiza esmarelecíanse diante a luminosidade dos pintados en Francia. Delicado de saúde xa quedou pra sempre na Terra, inda que seguiu facendo viaxes a Madrid e París, pasando algunhas tempadas en Vigo, Bouzas, Santiago e Pontevedra.
Xa máis acougado foi estudando detidamente os tons da paisaxe galega, os verdes foron atinxindo vizosidade; a transparencia da paisaxe foi paseniñainente enchendo as obras do artista, conseguindo con empastes sólidos unha calada emoción, unha luminosa presencia da paisaxe que a cada intre ía acadando maiores pulos se a morte traidora non o levara aos 52 anos, xustamente cando a súa obra acadou maior maturidade.
Inda que sobor de todo en Vigo e Santiago fixo algunha exposición máis, nas que presentou, entra outros, uns óleos pintados en Bouzas con paisaxes desta vila mariñeira que foron moi gabados polo devandito Manuel Colmeiro, «...aparecían —di este mestre— los viejos muros, las piedras patinadas por el tiempo en tonos dorados dominando la superficie del cuadro; solamente pequeños elementos de paisaje: un pedazo de cielo, o de mar; un trozo de árbol, un simple poste, eran suficientes para acompañar, hacer valer el tono dorado opaco que concentraba en sí toda la atención...»
Inda que Virxilio Blanco é un dos nosos mellores pintores, nin el, nin a sua obra, precuradísima polos entendidos, son moi coñecidos do pobo galego debido a que os seus lenzos áchanse escamallados polos diversos museos de Rexión —Museo de Pontevedra, o do Castro en Sada, Castrelos de Vigo—e boa parte en poder dos coleccionistas e particulares.
Tendo isto en conta o Museo de Pontevedra no 1948 expuxo os lenzos que garda como homenaxe póstumo ao artista. Entre outros cadros amosaba: «Xardíns de Luxemburgo», e o derradeiro lenzo: «Os xardíns pontevedreses da Ferreiría», pintado cando xa o artista cáseque non podía cos pinceis; obras estas que, pró poeta Cuña Novás, o primeiro é:... «un óleo impresionante... entre las hojas amarillentas de los árboles se pasaba el airo... las pinceladas eran sobrias, leves y precisas; los colores sin fundirse apenas, lograban la sinfonía del conjunto con admirable perfección... Después contemplé parte de su obra y me admiró su personalidad tan definida—dentro del impresionismo y apesar de la influencia que París ejerció en sus estudios pictóricos—, el equilibrio perfecto y meditado de los colores, su sentido magistral de la armonía, la pureza de la pincelada y el clima casi musical de sus lienzos...».
Nos primeiros dó 1950 en Santiago encetouse a Sala Velázquez, expoñendo obras de distintos artistas do país. Virxilio, Laxeiro e Maside foron, segün Xosé Salgueiro, os que «...pese a la diversidad de sus conceptos, con la ingeniosidad de sus maneras marcan «modernidad asencial» en esta exposición».
Virgilio Blanco está representado por tres obras, dos estupendas, «Otoño» y «Feria». En ellas el desarrollo y la solución del paisaje es apasionado, emotivo, orientado hacia una inocente sencillez...».
Logo a mediados do mesmo ano os amigos, artistas e admiradores pontevedreses do pintor amosaron, no Círculo Mercantil, a máis cumprida exposición da obra artística virxiliaria, gabada por todos os entendidos.
Apesares dos viaxes e estadías en Madrid e cidades da Galiza, Terra de Montes e os seus eidos de Presqueiras, foron os benqueridos nos derradeiros anos deste home bo, sinxelo, romántico e sentimental; tan humildoso que apenas se desomellaba dos demais veciños, sentindo as inquedanzas de todos, xa que toda a vida foron tamén as súas inseparables compañeiras axudando, sobor de todo, no orde intelectual.
No maio de 1931, co escolante de Millarada, Xosé Caldera Manzano, fundou «ALBOREAR», revista quincenal, literaria e independente, editada en Forcarei, da que Virxilio foi redactor artístico; que cos tamén xornais forcaricenses: «ACCIÓN SOCIAL» e «UMIA Y LÉREZ», moito axudou a formación intelectual e político-social das xentes de Montes.
A vida, cada día, ía fuxindo máis de aquel corpo feble. É que Virxilio Blanco, neste intre—1947 e 1948—era xa espírito, arbore e terra:
«Ollaime ben—dí o poeta--
A eu son un arbre triste feito de escura terra.
. Un segredo de outonos e de iúas poia raiz me chega...
Vede estas maus de ventos e soipores,
vede como iatexan...
Oliaime ben eu son un arbre triste
de un rio interminabei, misterioso,
de muda voz coma o falar das pedras.
Estou pechado en min. Alá por fora
os homes viven, morren; sempre a cegas
camiñan apalpando a longa noite,
namentras o bon Deus, calado, espreita...»
O 25 de xuño do 1948, Virxilio Blanco, neste cemiterio aldeán, leixado dos ventos, fíxose terra, no seo da Terra Nai. A «Negra sombra», compañeira da súa vida, acochouno pra sempre! Galiza perdeu un gran artista e nós un home exemplar, cordial amigo, leal e bondadoso, coma ningún.
No entanto todos estes méritos humanos e artísticos arestora, nin as rúas, nin as corredoiras de Terra de Montes amosan lembranza algunha a el dedicada, nin tan sequera unha tampa que acochase seu corpo sinxelo.
Gracias pois a vos, artistas e amigos que neste 27 cabodano do seu pasamento, adicádeslle esta lauda, que dende hoxe lembrará pra sempre os rapaces e maiores de Presqueiras que no seu adro campesiño, dorme un dos meirandes artistas da Galiza, honra da nobre e fidalga Terra de Montes, que, sigue tendo unha débeda co pintor; temos a seguridade, coñecida a súa sensibilidade pros dons do espírito e o arte que, sen moita tardanza, renderalle o afervoado homenaxe que o artista é merecente.
Irmáns e amigos, que esta mostra de lembranza e cariño a Virxilio Blanco Garrido, sexa perenne confirmación do noso divino pracer de amizade cristián, galega e humana.
COLABORAN NESTA LEMBRANZA HOMENAXE A VIRXILIO BLANCO GARRIDO OS ESGREVIOS ARTISTAS M. COLMEIRO, LAXEIRO, MASIDE, M. PESQUEIRA, PORTELA PAZ e M. TORRES MARTÍNEZ.
* Do libro de Antonio Rodríguez Fraiz na homenaxe a Virxilio polo seu XXVII Cabodano.

Virxilio Blanco: Pintor esquecido
Laxeiro
As terras de Presqueiras téñeno outra vez no seu colo, nas súas entrañas, a aquel Virgilio Blanco. Só este anaco de terra saberá para que o trouxo a este mundo, e porqué ela mesma o volveu recoller no seu seo. Alí o ten, morto ou durmindo. Misterio..!
O Faro de Vigo díxonos unha mañá: “Virgilio Blanco morreu! Aínda non había oito días que se despedira de nós no círculo do Derby, ao que chegaba sempre falándonos dos seus problemas económicos, do seu dereito a vivir como ten que vivir un artista cando é de corpo enteiro. Indignábase cando sabía que un turco ou un búlgaro, aínda que se chamase conde Károlyi, chegaba a Vigo, a esta cidade que el quería tanto e sorprendían á xente de cartos vendéndolles cromos por cadros, a prezos altos, cando el e tantos outros bos pintores galegos estaban sen recursos, ata tal punto que o propio Virgilio Blanco tiña que internarse no sanatorio do Rebullón para acalmar un pouco os exércitos de bacilos de Koch que, paso a paso, lle devoraban os pulmóns.
Esta era a vida que tiña que ter un dos nosos mellores pintores, case esquecido ata hoxe por xente que ten adornadas as paredes das súas casas con anacos da súa alma de artista.
Se a emoción que sente un pintor cando pon nun anaco de tea as súas cores, non é o mellor da súa alma, é que este non é pintor. En tal caso será un fabricante de cromos para esa clase de xente que, dándose por entendida, lle di a un: “Está tan ben pintado o retrato que lle fixeron á miña dona, que desde calquera lugar que vostede o mire, ela mírao a vostede”. Virgilio Blanco non pintaba esta realidade. EI sabía moi ben que estes resultados nun cadro nada teñen que ver coa realidade verdadeira dun pintor. Pintar coa alma é outra cousa. É algo que sae de dentro da armazón humana dun pintor, e que este deixa na superficie das súas teas, pintadas para o gozo doutros seres predispostos a recrear o seu espírito con esta verdade tan íntima do artista.
Só esta é a realidade auténtica que debe darnos un cadro. O outro é farsa, engano, mentira. Todos os grandes pintores de todas as épocas non menten nos seus cadros, son fieis á realidade, pero á realidade que eles levan dentro de si. Ata tal punto é certo isto, que sempre que estes mesmos fixeron copias do que os rodeaba exteriormente, imprimíronlle a súa realidade interior. E se isto non fose así, os pintores de hoxe mercariamos unha Rodak, e con isto daríase por terminada a pintura no mundo.
Todo artista é un soñador e un realizador dos seus soños. Virgilio Blanco era un deles.
O seu gran soño era aquel que todos os que o tratamos intimamente coñeciamos: poder rematar ben a súa casa grande de Presqueiras, para despois doarlla á Deputación de Pontevedra e que esta dedicase a planta baixa para Museo Virgilio Blanco, e a parte alta para descanso de verán de pintores e escritores pontevedreses.
Este home sabía por experiencia que a loita do artista é incomprensible para un gran número de seres que habitan o universo. E a súa ilusión era deixar, ademais da súa obra artística, un recuncho de descanso para os traballadores, creadores de mundos...
Eu quixera saber que é o que tan os charlatáns de café. Parécelles pequena a obra deste fillo de Presqueiras, ou é que están tan ensimesmados neste xogo de naipes, que con sorpresa vin que está de moda aí, chamado “o solitario”? Non tendes perdón!
Desde aquel día da triste noticia, nunca máis os xornais galegos volveron lembrar a figura de Virgilio Blanco. Que é o que facedes coas vosas plumas? Eu seino: adular aos vivos, a obra dos mortos xa non conta.
Vin aí como algúns dos nosos poetas fala ata dos peixes de todas as cores; outro ata foi quen de asustarnos co seu verso atómico titulado “La bomba”. Nesta terra de poetas, mesmo os peóns camiñeiros son acariñados polas musas. Pero o noso pintor morto, alá dorme en terras de Presqueiras e soña que algún día o visitarán todos os artistas galegos, portadores dunha xigantesca coroa de flores e unha monografía das súas obras editada por [editorial] Galaxia.
* Otero Abeledo, J. Pérez Buján, J. (ed.). Laxeiro, os escritos de Don Ramiro. Vigo: Fundación Laxeiro, 2011, pax. 148, 149