Traxectoria biográfico-dramáticaXosé Luna Sanmartín |
El era a primeira voz que escoitei dicir Galiza e alicerces
como quen recibe un trono antes que o alustro. Tiña os ecos das corredoiras e das fragas. Sabía interpretar as mensaxes. Labrego de nación e sen renuncias, acendíase coas palabras (el pronunciaba verbas) e ardía na memoria das xentes e das cousas humildes. O Teatro era a escusa para alimentar a súa reivindicación do agro e do mar: berces e covas. Xosé Vázquez Pintor 1 |
O nacemento e a infancia. “A Unión de Rubín”, unha escola anovadora (1909-1921)
Manuel Daniel Varela Buxán nace o dous de marzo de 1909 no lugar de Sanlouzáns, freguesía de San Verísimo de Lamas, concello da Estrada, na casa de Carmela de Souto, ama da súa nai.
O pequeno Manuel Daniel era fillo de solteira de Ángela Buxán Vilela, unha desas mulleres xornaleiras2 que chegara ás terras da Estrada fuxindo da miseria, da pobreza que asolagaba ao país, á procura dun futuro, dun porvir. Ángela procedía dunha humilde familia de labregos da parroquia de Merlán, concello de Palas de Rei; Ángel Buxán e Concepción Vilela eran seus pais e, xa que logo, avós do pequeno Daniel.
Ao día seguinte do seu nacemento -daquela adoitábase facer axiña por mor da forte mortandade infantil-, Manuel Daniel bautízase na igrexa de Santa María de Rubín cos apelidos maternos (ao non ser recoñecido polo pai) de Buxán Vilela. Foron padriños, Manuel Castro González, oriúndo de Lamas e Manuela Folgar, oriúnda de Tabeirós e veciña de Pardemarín.
A vida non era doada para Ángela, que se ve na obriga de deixar ao seu fillo na casa da viúva Pilar Figueiras, que vivía moi preto, no lugar do Carballal, na mesma parroquia de Lamas. Pilar Figueiras será a encargada de agarimar e coidar ao pequeno Manuel Daniel, que a penas contaba con tres anos.
No entanto, o noso protagonista medrou feliz xogando cos demais pereiriños de Sanlouzáns e Carballal, correndo e brincando ledo por entre os vizosos campos de millo, indo ás troitas ao Liñares e perdéndose coa imaxinación polos verdes prados da fermosa parroquia de Lamas.
Os anos pasan e o neno comeza ir á escola da súa parroquia. Cursou estudos primarios na anovadora “Unión de Rubín”, no concello da Estrada, unha escola mixta, construída grazas á axuda da Sociedade de Instrución “Unión de Rubín”3 de Cuba, onde estaban todos os adiantos pedagóxicos da época.
As clases na “Unión de Rubín” eran prácticas, dábaselle maior atención á experimentación dos nenos e nenas, que partían primeiramente do coñecemento do seu propio contorno para pasar despois ao máis afastado. Xunto a esta función, que sería a de transmitir a nosa herdanza cultural dunha xeración a outra, a escola do neno Manuel Daniel tería outro obxectivo máis ambicioso que sería o de renovar a sociedade: crear personalidades libres, fomentar a capacidade crítica e facilitar o progreso humano, proporcionando aos labregos unha educación técnica–agrícola e cultural.
Así pois, non é de estrañar -como o mesmo Varela Buxán recoñece-, que a escola de Rubín4 lle vai deixar unha fonda e inesquecible pegada no seu percorrido vital.
En 1941, escribía verbo da súa escola:
...quero aporveitar pra dar as máis sentidas graceas aos hirmáns estradenses de Cuba, por haber feito unha escola n´a que se m´insinóu a formar as pirmeiras letras e números: “A escola de Rubín”. N´aquela escola qu´os mastica-hostias, acende-cirios e manexa-botafumeiros tildaban de laica, por ser n´a que menos incenso se queimaba, imsinóusem´a coñecer e querer o qu´está ben, rechazar e odiar o qu´está mal; d´aquela escoliña, graceas a práutica e liberal insinanza d´os seus mestres, saiu o meu espritu alumado c´os destelos d´a luciña que parte d´o potente farol d´a libertade, i-a miña concencia pulida de tal xeito que m´obriga a entender qu´os homes, pol-o só feito de perteñecer a especie humán, somos diños de que se nos diferencie d´as demáis bestas…5
Pilar Figueiras procúralle os seus primeiros libros entre os que figuran, El principio del arte y su función social de P.J. Proudhomme; El Emilio, de Rousseau; Los Miserables, de Víctor Hugo; La casa de la Troya, de Pérez Lugín; O Diccionario galego-castellano, de Marcial Valladares Núñez; e o Catecismo da Doutrina Labrega, de Lamas Carvajal.
Este mangadiño de libros foi, sen dúbida, o meu alicerce, o meu ponto de arranque para acaroar ao que modestamente quixera sere: un galego sentimental, con moitos azos de redención para a miña Terra e moitos afáns de cultivar o esprito dentro do noso celme máis enxebre.6
No ano 1919, Ángela casa con Xesús Varela. Traballan de caseiros en distintos lugares de Lamas: Riamonde, Abelleira...; marchando máis tarde para a parroquia de Santa Cristina de Vinseiro, no mesmo concello da Estrada, e, establecéndose definitivamente, anos máis tarde, no lugar das Pallotas na parroquia de Cercio, Concello de Lalín.
Neste mesmo ano Manuel Daniel, trasládase a Cádiz onde pasa dez meses co seu padriño que tiña un fritidor de peixe. Embarca durante cinco meses no vapor “Venus”, un barco dos fillos de Barreras, de Vigo; nesta época, como el mesmo ten manifestado, ve moito cinema.
En 1921 a vida deste mozo que soñaba cun teatro galego vai pegar un xiro importante ao morrer Pilar Figueiras e ter que ir vivir cos seus pais7 a Cercio, ao lugar das Pallotas. Nesta época muda definitivamente de apelidos, converténdose en Varela Buxán, ao ser recoñecido por Xesús Varela.
Por volta deses anos, traballa de zoqueiro e toca o cornetín e o baixo na banda de Mato; é coñecido, polos seus veciños e amigos, como “Daniel das Pallotas”.
O espazo vital no que transcorreu a súa infancia, a aldea, vai ser determinante á hora de artellar un teatro de fonda raigame galega.
Nós tiñamos na aldea as nosas xuntanzas de mozalbetes: cantabamos os Reises, tiñamos rondas de noite... entón eu sempre soñaba con esas cousas, darlles a aquela xente unha especie de diálogos, monólogos, ou o que fora, cousas de facer rir, distraer. Por eso comezei a obra “Se o sei...”, suxerido por un emigrante que tornara de Cuba probre, que empeñara a casa para marchar e non foi capaz de desempeña-la.8
Varela Buxán foi autodidacta. Ata que emigrou a Bos Aires -como conta na devandita conversa con Xoel Gómez- só sabía da existencia de Castelao, Villar Ponte e doutros galeguistas, de oídas; de Carré Alvarellos escoitara falar moito, mais non tiña nada del e tamén lle soaba Prado Lameiro e outros, pero de moitos deles soubo só cando chegou a Bos Aires.

Na procura do soño arxentino (1930-1950)
Con vinte anos cumpridos Varela Buxán embarca, cun seu irmán máis novo, no peirao de Vilagarcía rumbo á Arxentina. Na maleta tan só un soño, escribir e representar teatro.
Chegou a hora de pagar o meu tributo á endémica enfermedade da emigración que ven sofrindo a nosa terra dende sempre. O día 18 de febreiro do ano 1930 metínme no buche dun “aleve e negreiro vapor” (como di Curros Enríquez na súa canción) no porto de Vilagarcía, con rumo (sic) á Arxentina, onde había de botar os mellores vinte anos da miña vida. O 11 de marzal desembarcamos naquel porto un fato de galegos, mozos e robustos, cos nosos peitos acugulados de arelas. Eu, para remediar no posible os amarguexos do trasplante, percuraba aliviar as miñas mágoas escribindo na miña comedia9 parolando cos seus personaxes.10
Logo de vinteún días de dura travesía, chegan ao porto de Bos Aires; alí, son recollidos por unha tía que os aloxa na súa casa. O seu irmán vai á escola e Varela Buxán ponse a traballar. Fai de todo, estivo un ano de garda de tranvía (atendendo aos pasaxeiros, vendéndolles os “boletos”); traballou de taxista e de chofer en liñas de microbuses (ómnibus pequenos de once ou doce prazas dedicados ao transporte de viaxeiros); corrector de probas da editorial “Bajel” e de vendedor de libros, traballos que sempre compaxinou coa escrita e dirección teatral.
O catorce de abril de 1931 remata nunha habitación, fronte ao edificio da Embaixada Española, a súa primeira comedia, Se o sei... non volvo á casa, xusto no día no que -segundo ten declarado 11- ve, por primeira vez na súa vida, a bandeira republicana española.
É entón cando decide integrarse no coro “Lembranzas da Terra” por procurar de catar aos artistas que habían de levar a súa obra ao teatro. Así o contaba o Varela Buxán no amentado texto autobiográfico:
... Para coñecer elementos que poideran sere de utilidade para os meus proxectos, enroleime no coro galego “Lembranzas da Terra” e nel actuei por espacio duns dazasete meses, pese á miña cativa voz, como cantante. Eu quería coñecer xente e familiarizarme cos posibles elementos para constituír a compañía teatral que eu matinaba. Así foi: despois de ano e medio no devandito coro, onde coñecín a Maruxa Villanueva12, Maruxa Boga, Eva Carreras, Fernando Iglesias “Tacholas”13, Alfonso Costela, Antonio Cubela e moitos outros (unhas 22 persoas, máis ou menos), reunímonos e linlles a obra e expúxenlles os meus intentos. Aceptaron e puxémonos a ensaiar en distintos sótanos de distintos cafés de Bós Aires, pois non tiñamos mellor sitio para os ensaios.14
Así foi como o vinteoito de decembro de 1938, logo de cinco meses de ensaio, a “Compañía de Arte Regional Gallego Aires da Terra”, estrea no Teatro Maravillas de Bos Aires, Se o sei... non volvo á casa (comedia dramática en tres lances).
Despois de cinco meses de traballo, boteime á busca dun teatro para debutar. O teatro máis axeitado pareceume o Maravillas por grande, por céntrico e por sere o de máis ambiente para a colectividade. O empresario púxome algús reparos, decíndome que se trataba de elementos bisoños que non poderían defender os moitos gastos que este teatro tiña. Despois de recordarlle que a colectividade era numerosa e que eu tiña moita fe no espectáculo, fíxome contrato por quince días, ao 50 por cento para cada unha das partes e propaganda a medias. Compre decir que a min custábame a Compañía 257 pesos por función (cando os pesos valían cartos), e facíanse dúas funcións diarias, e tres os domingos. Cando lle dixen á Compañía que xa tiñamos teatro asegurado, todos reloucabamos de ledicia. A radio máis escoitada da colectividade escomenzou a anunciar o noso debut quince días denantes da data. Nefecto, o día 30 de novembro de 1938, fixemos a nosa persentación baixo o nome de COMPAÑÍA GALEGA AIRES DA TERRA15, que así se chamóu a primeira compañía que alí fixen. Ese día estrenouse a teatro cheo a primeira peza, SE O SEI... NON VOLVO Á CASA. Foi grande alegría para todos os que formabamos o Conxunto, e tamén para o empresario, señor García Malla, que, no víspera do debut, no ensaio xeral, rifara conmigo decíndome que ía rescindir o contrato porque non lle convencía o espectáculo noso, que tiña unha criada galega que falaba moi diferente que nós, etc, etc. E así, a teatro cheo, continuamos os quince días do contrato. Aquel resonante éxito abríunos as portas de todos os teatros nos que quixemos traballar.16
A partires deste momento a Compañía pasou a chamarse, “Compañía Gallega de Comedias Maruja Villanueva”, a primeira compañía profesional de teatro galego, sen ningún tipo de subvención, vai traballar, regularmente (1938-1946), nos mellores teatros da capital Arxentina (Maravillas, Mayo, Avenida, Variedades, Liceo, Argentino,...) e das provincias (La Comedia de Rosario, Roma de Avellaneda), e tamén no Teatro Solís de Montevideo.
A Compañía ten abertos todos os teatros da Cidade da Prata e mesmo, dous empresarios teatrais Brasileiros, chegaron a ofrecerlle contrato por seis meses para representar as súas obras no Brasil17, pero por mor das ocupacións profesionais dos compoñentes da Compañía (a metade tiñan traballos en Bos Aires) non puideron aceptar a oferta de levar o teatro galego ao Brasil.
O soño arxentino cumprírase, e o dramaturgo vivía feliz escribindo e enchendo os teatros sempre a carón dos seus inseparables, Maruxa Villanueva (“a raíña do alalá”) e Fernando Iglesias, “Tacholas”.
No cumio teatral, o catorce de outubro de 1941, Varela Buxán casa en Montevideo con Maruxa Villanueva, a parella sepárase18 en 1946, o que o leva a fundar a “Compañía Boga–Tacholas” que só chegaría a representar O Ferreiro de Santán.
Tras o rotundo éxito de Se o sei... non volvo á casa sucedéronse os seguintes éxitos, sempre tendo como primeiro actor a Fernando Iglesias, “Tacholas” e como primeira actriz a Maruxa Villanueva:
- O dezanove de outubro de 1939, no Teatro Mayo, Pola nosa culpa19 (peza cómico-sentimental en tres lances) que vai estar en cartel quince días “a teatro cheo, colleitando moitos aplausos do público e fermosos comentarios da crítica xornalística en xeral”.20 Trátase dunha peza, en palabras de Varela Buxán, “máis festeira que a primeira (se non coidabamos un chisco a parte comercial, non teriamos teatro para traballar)”.21
- En decembro deste mesmo ano estrean no Teatro Mayo a única revista musical de Varela Buxán, Galicia Canta22 en dous actos, divididos o primeiro en dez cadros e o segundo en sete.
- O tres de setembro de 1940, estrea no Teatro Mayo, en sesión de tarde, o sainete nun acto titulado ¡Por Borrachíns!23 (peza cómica nun lance); e pola noite representan, no mesmo teatro, Pola nosa culpa. Foi tal o éxito colleitado, que o empresario do Teatro Mayo ofrécelle un banquete oficial á “Compañía Maruja Villanueva”.
- Do oito ao once de novembro 1940, A “Compañía Gallega Maruja Villanueva” actua no teatro La Comedia de Rosario (provincia de Santa Fe) representando na sesión vespertina Pola nosa Culpa, e nas sesións de tarde e noite, A xustiza dun muiñeiro24 (peza cómico-sentimental en tres actos divididos en cinco cuadros).
- O vintecinco de novembro, no Teatro Avenida de Buenos Aires, estrea dun festival artístico en honor da señora Virginia Pereira de Castelao e representan A xustiza dun muiñeiro.
- O catorce de agosto de 1941, a “Compañía Gallega Maruja Villanueva” estrea no Teatro Mayo de Bos Aires Os vellos non deben de Namorarse de Castelao25. O oito de outubro do mesmo ano farano no Teatro Solís de Montevideo.
- Estrean Taberna sen dono26 no Teatro Mayo de Bos Aires (peza cómico-sentimental en tres lances).
- O vintedous de novembro de 1941, estrean na Casa de Galicia de Bos Aires, A brazo partido (diálogo humorístico representado por “Tacholas” e Eva Carreras).
- Estrean no Teatro Liceo de Bos Aires As tres Maruxas (peza cómica nun lance).
- Estrean Meu pai (1941) (drama nun lance) e no Avenida, Triste retorno (1941) (drama nun lance).
- O vintecatro de xaneiro de 1943, a “Compañía Juan Leal” estrea no Teatro Artigas de Montevideo a obra de Varela Buxán, escrita en castelán: Gracias, padre Ramón27 (comedia dramática en tres actos divididos en sete cadros) que estivo catorce días en carteleira. A obra, antifranquista, estreouse en Uruguai por non tela consentido na Arxentina a censura. Trátase –como comenta o profesor Carlos Loureiro Rodríguez28- dun feito curioso:
…que Varela Buxán, nun intre prolífico en canto á cantidade de obras que saían da súa pluma, escribise esta obra en castelán. Posibelmente o tema o considerase máis universal, máis español, cós temas centrais das outras súas obras, moito máis “galegas”, e que con esta procurase chegar a máis xente cun tema que el non viviu pero que sentía profundamente; o mesmo seu gran amigo Castelao abraiouse cando Varela Buxán lla deu a ler e rematou por lle dicir: -“Buxanciño, ti imposible que non estiveses na Guerra Civil”, dadas as connotacións que a obra tiña coa realidade da guerra civil e o realismo con que se describe.29
Outras pezas moi representadas foron, O Cego de Fornelos, ¿Pista ou peste? (estreada en 1956), De mulleres… non me fales, Triste chegada ou Salaios dun vello labrego.

O encontro con Castelao. Os vellos non deben de namorarse
A pesar do éxito que estaba a ter o teatro de Varela Buxán (as súas obras triunfaban dentro da colectividade emigrante riopratense) o colectivo de intelectuais (os exiliados) non vían con bos ollos este teatro e os actores da “Compañía Maruja Villanueva” láianse de que non se tomase en consideración o seu esforzo, o seu traballo. E é que no fondo da cuestión -como ben nos ten relatado Francisco Pillado Maior- había dúas estéticas:
...a estética do compromiso, a xente tiña unha formación distinta, na que estarían os exiliados; pensemos en Luís Seoane, Rafael Dieste, eles coñecen a Bertold Brecht, coñecen outro tipo de teatro. E por outra banda estaba a estética de Varela Buxán.
O Teatro de Varela Buxán para eles, en certo modo, non deixa de ser unha simple relación folclórica emotiva que nada ten que ver coa arte. Esta é a realidade. A triste realidade que todos teñen denunciado. Todos. Tanto Daniel, como Tacholas e como Maruxa.
Había un círculo moi pechado formado por tres persoas –e digo isto con moito respecto- Luís Seoane, Rafael Dieste e Lorenzo Varela (...) eles practicamente nunca, nunca se achegaron a ver os espectáculos de Varela Buxán. E os membros da compañía sabíano. Sabían que pasaban bastante deste tipo de teatro ou que non lle daban unha consideración importante.30
E nestas disputas literarias (e de clase) é onde, unha vez máis, xorde a figura conciliadora de Castelao, que poñendo a súa peza Os vellos non deben de namorarse nas mans de Varela Buxán está a validar, a refrendar o traballo, o esforzo da “Compañía Maruxa Villanueva”.
Pillado Maior infórmanos de como foi o encontro entre Castelao e Varela Buxán:
Non sei en qué obra de Varela Buxán foi pero sucedeu que nos preliminares antes de comezar a representación, cando os actores e o director abren lixeiramente o telón e miran cómo está o público, qué tal é o ambiente... cando, de repente, alguén berra: “¡Está Castelao entre o público!” A nova correu como un regueiro entre os actores e actrices. Alí estaba Castelao. A gran emoción.
E entón, cóntame Varela Buxán, que tanto el, dende o interior, como os mesmos actores, seguen aquela representación pensando en Castelao, pensando en alegrar a Castelao e mirando case de esguello cando falan, a ver como reacciona Castelao. Os actores din: “¡Castelao estao pasando moi ben!”, “¡a Castelao estalle gustando a obra!” Cando remata a función Castelao entra feliz, bicando as actrices, dándolles unha aperta aos actores... ¡Isto é o que hai que facer! ¡Isto é o teatro que temos que levar, xa vedes como ri o noso público, hai que facer que Galicia vibre con ese tipo de Teatro! Para nós -dicíame Varela Buxán- foi o máis importante que nos ocorreu nunca.
E, de seguido, Castelao dille: “Eu teño esta obra. ¿Por que non montades esa obra?31
É entón cando Castelao lle pide a Varela Buxán que se encargue da montaxe e da dirección de Os vellos non deben de namorase. O que significa que algúns sectores intelectuais que estaban distanciados deste teatro achéganse a ver a Compañía.
Contra o que sempre se dixo (que Castelao fora o director de Os vellos...) hoxe sabemos polos protagonistas que quen dirixiu o espectáculo, tanto a dirección escénica como a dirección de actores foi, exclusivamente, Manuel Daniel Varela Buxán coa aprobación de Castelao.
Sempre se dixo que Castelao fora o director de Os vellos... e isto non é certo, Castelao non dirixiu a función. Todos os protagonistas din que o que dirixiu o espectáculo foi Manuel Daniel Varela Buxán.
Castelao comenta, creo que no prólogo de Os vellos non deben de namorarse, que é unha obra escrita e concibida por un artista plástico, por un pintor, non por un dramaturgo. É evidente que sempre hai unha enorme relación entre teatro e mundo plástico. A min comentábanme eles (Daniel, Maruxa e Tacholas) que Castelao facía magníficos cadros viventes cos actores: púñaos na escena, ti ponte aquí, ti ponte alí, ti nesta situación, ti os brazos así, aquí pon luz, ti con ese traxe e entón dicíalle a Varela Buxán: “Agora móveos ti. Eu fágoche a composición plástica -dicía Castelao- pero o que é o movemento escénico faino ti porque eu disto non controlo.
Todo o que foi a parte de dirección escénica e a parte de dirección de actores correu, exclusivamente, a cargo de Varela Buxán co aprobado absoluto de Daniel Castelao.32
O catorce de agosto de 1941, a “Compañía Gallega Maruja Villanueva” estrea no Teatro Mayo de Bos Aires Os vellos non deben de Namorarse de Castelao dirixida por Manuel Daniel Varela Buxán e interpretada, entre outros, por Maruxa Villanueva33, que facía o papel das mozas do primeiro e segundo lance, Lela e Micaela; Fernando Iglesias, “Tacholas”34 que interpretaba os papeis da Morte no primeiro lance e de don Ramonciño no segundo; e Maruja Iniesta que dá vida á moza do lance terceiro, Pimpinela.
Castelao reclama a través dun artigo publicado no xornal bonaerense Crítica o apoio ao teatro de Varela Buxán:
A miña obra Os vellos non deben de namorarse será posta en escea mañá pola Compañía Galega que dirixe Maruxa Villanueva e anima o escritor Varela Buxán. Estimo que esta agrupación necesita o alento das entidades galegas, que tanto se preocupan polo desenvolvemento da nosa cultura e o bon nome do noso país. Xa é hora de lles decir a todos os meus paisanos que a Compañía Galega pode e debe ser unha das nosas máis esgrevias manifestacións, e que abonda con achegarse astra o ventanexo do teatro onde actúen. Necesita algo máis. Necesita o consello e a cooperación dos intelectuais galegos. Necesita o calor e máis a axuda das nosas poderosas institucións, que para seren merecentes do tiduo que ostentan e cumplir o mandado dos seus Estatutos, non poden desentenderse de ningunha empresa creada para enaltecer o noso nome. Empresas desta caste non se melloran sen protección, e cando elas fracasan por falla de medios materiais ou se rebaixan astra a chabacanería, cómprenos esixirlle responsabilidade aos que adoitaron encoller o ombreiro podendo telas axudado e salvado.35
Unha gran novidade da montaxe da farsa Os vellos non deben de namorarse foi o emprego de máscaras; isto é o que opinaba Fernando Iglesias, “Tacholas” na revista Primer acto:
Las caretas sobre sus diseños de cada personaje fueron hechas por el escultor compostelano Domingo Maza, y pintadas con un realismo sorprendente por Castelao; luego, la búsqueda de un color, de un ademán o de una inflexión de voz en los actores dio como resultado una verdadera fiesta de luz y color, repetida en cada representación.36
E isto é o que sinala Maruxa Villanueva do teatro con máscaras:
O do teatro con máscaras, ou mellor dito con caretas, que era como lles chamaba o señor Castelao, foi unha grande novidade, da que se falou moito cando a estrea. O máis chamativo, ó meu ver, era que había un lenzo, como se fose un telón, pero que non era o telón, con figuras pintadas, que tiñan uns buratos para as nosas caras; nós colocabamos a cara neles. Cando remataba o lance terceiro, cantabamos desde os buratiños dese pano unha canción, que tamén compuxo Castelao con arranxos musicais de Maruja Iniesta... E as caretas ían baixando conforme iamos rematando a canción. As caretas estaban moi ben feitas, con cores moi axeitadas, moi propias para cada personaxe: a miña era unha sinvergonza, moi bonita; unha careta graciosa e moi risoña.37
Posteriormente, oito de outubro deste mesmo ano, a Compañía Maruxa Villanueva viaxa ao Uruguai para representar Os vellos... no Teatro Solís de Montevideo. Castelao non viaxa coa Compañía ao estreno, e é que, como nos conta Fernando Iglesias, “Tacholas”:
Anque Castelao era respetado por as autoridades arxentinas non deixaba de ser un “roxo” e tiña certas limitacións e sería esa a razón por a que non nos acompañou a Montevideo para o estreno da súa obra; entón ocorréuseme a min facer un mensaxe e acompañeino ó Correo Central, onde funcionaba o Fonopostal, ou sexa, carta verbal que, gracias á miña ocorrencia, se conserva para Galicia a voz do Guieiro, no disco orixinal...38
Castelao confiou no seu amigo, no seu “filósofo do arado”, como gustaba de chamarlle, para a posta en escena e estrea da súa farsa. Así pois, chegaba o recoñecemento ao teatro dos emigrantes.

O teatro de Varela Buxán, a exaltación dos valores labregos: Se o sei non volvo á casa. Taberna sin dono.
Aínda soio polas bágoas e as lembranzas
e isa misteriosa forza, non sei si lírica ou dramática
de levar as almas ó lindeiro e frol do seu ser,
é merecente o autor do calado e eterno suco de ademiración
nos eidos da memoria.39
Ramón Otero Pedrayo

O teatro de Varela Buxán é un teatro costumista á vez que realista; un teatro cunha forte denuncia social, a emigración e o caciquismo van ser os eixos centrais temáticos das súas obras; e tamén é un teatro que posúe unha fonda dose de humor e de amor á Terra. Tanto a estrutura da súa dramaturxia (conflito ou problema, nó e desenlace) como a súa técnica e posta en escena son sinxelas. O dramaturgo estradense, como ten manifestado en máis dunha ocasión, era á vez, autor, promotor e director (escénico e de actores) das súas pezas.
O teatro galego foi a miña vida sempre, deume moitas alegrías e disgustos; tiven que facer de escenógrafo, maquillador, vestuarios, entendínme cos empresarios, todo. A primeira vez díxenlle ao empresario do Maravillas que os actores eran profisionais vidos da Galiza e enfin, mentinlle o que puden... E, a partir do noso debut, eu xa era amigo de todos os empresarios de Bós Aires, e non tiven nunca dificultades para ir aos mellores teatros...40
Neste sentido, como subliña a profesora Dolores Vilavedra:
Varela Buxán supón o cume dunha tradición de dramaturgos galegos que pularían do xénero teatral no mundo da emigración, e que completarían –insolitamente na nosa cultura- un ciclo creativo, o que vai do texto teatral á súa posta en escena. Serían escritores de literatura dramática, pero tamén promotores de empresas teatrais e directores de escena e/ou actores.41
Todos os compoñentes do teatro de Varela Buxán, absolutamente todos, temática, paisaxe, personaxes, fala, retranca, mesmo o ritmo da vida... é galego. Estamos, xa que logo, diante dun teatro que amosa fielmente á Galicia campesiña e mariñeira, depositaria dunha cultura de seu.42
Segundo o profesor Luis Pérez Rodríguez o Teatro de Varela Buxán:
É un teatro moralizador, didáctico e propagandístico dos ideais da Terra. Reflexa, fundamentalmente, á Galicia campesiña e mariñeira, depositaria da lingua, da tradición e dos costumes máis enxebres. Triunfou na Arxentina e no Uruguai, no contexto da emigración, pois o público que asitía a estas representacións transpúñase ó seu recuncho natal, ansioso de recordar á Terra.43
Do teatro de Varela Buxán falaba “Tacholas”, nunha entrevista para A Nosa Terra:
O teatro de Varela entendíase moi ben e identificaba moito ós galegos na emigración, uníaos e facíalles lembrar a Terra. Frente a un teatro que tamén se vía moito en Buenos Aires, onde o galego era posto como tacaño, suxo, burdo analfabeto... o teatro de Varela exaltaba Galiza e ás súas xentes e cumpría unha importante misión. Préciome moito de ter sido protagonista del. A min sempre me preocupou a dignidade, no teatro, das personaxes galegas.44
Facía, un teatro moi digno, segundo Maruxa Villanueva “un teatro con ideais, que conmovía e que ensinaba... ¡E tan noso, tan galego!”45
As pezas teatrais de Varela Buxán van dirixidas ao grande público, á colectividade de emigrantes galegos que como unha marea humana enchían todos os recunchos da cidade da liberdade, das ideas, da cultura... da Galicia ideal.
O dramaturgo, como subliñan Manuel Lourenzo e Francisco Pillado na súa Antoloxía do Teatro Galego:
Soupo intuir os gostos da colónia emigrante, oferecendolle un teatro de intención social e tono patriótico, folletinesco... Un teatro da emigración, de nostálxias e recordos, cun marcado acento labrego e aldeán.46
Nunha conversa que mantivemos con Francisco Pillado sobre a figura de Varela Buxán este falaba así do teatro do dramaturgo:
É evidente que se en Otero Pedrayo e en certo modo Valle Inclán tamén hai un lamento, unha perda da fidalguía, en Varela Buxán hai unha perda dos valores enxebres. El ve como aquelo se está desgaleguizando día a día, paso a paso. Hai unha perda tremenda. Pensa que o teatro ten aínda un papel importante como galeguizador deste país. Como hai que loar ao labrego. El falaba sempre da filosofía labrega, da sabedoría do labrego. Para facer teatro hai que ir ás aldeas e ver como camiñan os labregos, como se apoian os labregos, como levan o pitillo os labregos. Entón el era o reflexo. E el estaba observando como este mundo se ía esfarelando día a día, paso a paso, que se estaba destruíndo e era o que o magoaba…47
En carta a Francisco Pillado, datada o dous de agosto de 1974, Varela Buxán recoméndalle:
Se les as miñas pezas, prégoche o fagas moi de vagar, paseniñamente, para dela quitar o celme que se esconde detrás da brétema de inxenuidade que envolve a tudos e cada un dos personaxes, que son movidos (datos que che dou a ti, sosmentes a ti, que saberás faguer moi bon uso del) únicamente por sentementos puros, ideias en estado de latencia e costumes (sic). A inxenuidade siñifica, pra min, ausencia ausoluta de hipocresía. Os meus persoaxes perséntanse como son, como nasceron, orfos de suspicacias (salvo o caso do Espritista i algún outro polo estilo, que non é galego) señoritiles, frabicadas polos pillos, rillotes e descantados que teñen o corazón fora da Terra i a andorga dentro dela. Decote sostuven que para o logro dun teatro autóctono, virdadeiramente galego, hai que arrincar do principio, e nise “principio” atópanse as pezas de Castelao (que compartía iste meu criterio), Vilar Ponte, Prado Lameiro i algúns outros moi pouquiños, antre os que, con toda modestia, nomearemos ao que istas liñas escribe.48
Contra o que se poida pensar, o teatro de Varela Buxán segue a ser moi representado e segue, como nos recorda o que fora Director do Grupo de Teatro “Xenio”, Carlos Morgade, a ter vixencia:
O teatro de Daniel Varela Buxán non debe ser esquecido. Mentres sigan contándose por cento os asistentes ás súas obras, mentres haxa xente que segue as representacións de pé por estar todos os asentos ocupados, mentres o público siga vivindo as ledicias e tristuras dos seus personaxes, estaremos diante da demostración clara e evidente de que o teatro de Varela Buxán aínda non debe ser deixado de lado, porque aínda ten vixencia. Máis aínda, o seu teatro pode achegar unha xeira de elementos válidos para acadar a comunicación co público (obxectivo máximo da obra dramática), aproveitables para o teatro de antes e de agora… Porque Varela Buxán é un autor popular -saído do seu pobo- e o seu teatro popular -para o pobo, por máis que a popularidade nunca lle chegara en Galicia…49
Para rematar este capítulo, cómpre salientar -tal como fixo Pillado Maior, no prólogo de O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos- as tres grandes aportacións de Varela Buxán á historia do teatro galego:
Se eu tivera que resumir aquí, moi esquematicamente, as aportacións de Varela Buxán ao teatro, referiria-me a tres feitos que dan ideia da súa tarefa:
Primeiro: Varela Buxán é o autor máis representado do teatro galego. Moitas das súas pezas superaron, a teatro cheo, as cen representacións.
Segundo: Varela Buxán foi o criador da primeira compañía profesional do teatro galego.
E, terceiro: Foi, precisamente, a Compañía que el criou e dirixiu, a que levou por primeira vez á escena a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.50

A volta á terra
A principios de 1950, tras o duro golpe que supuxo para todos a morte do “guieiro” Castelao, Varela Buxán decide regresar a Galicia e rencontrarse con Maruxa Villanueva que levaba, xa, un ano na Terra.
Os amigos, a xente do teatro riopratense, despídeno cunha multitudinaria cea homenaxe no salón do centro ourensán; Fernando Iglesias, “Tacholas”, o seu grande amigo, o home que sempre loitou ao seu carón a prol dun teatro galego, fica fondamente desolado tras a marcha do dramaturgo.
O diario bonaerense El Líder, co gallo da partida do dramaturgo, entrevista, con data dezaseis de xaneiro, a Varela Buxán que declara:
Mi visita a España responde al propósito de formar allí una compañía teatral, realizar una temporada en las cuatro provincias gallegas y luego venir con esa compañía a Buenos Aires para exhibir aquí el buen teatro gallego.
O vintedous de febreiro de 1950, con coarenta anos cumpridos, chega ao porto de Vigo a bordo do trasatlántico arxentino Salta; o xornal vigués El Pueblo Gallego recolle a nova nas súas páxinas.
Cando cheguei a Vigo vin na aduana letreiros de Viva España! Franco! Franco!,Franco! E pensei que ía ser certo o que me contara Castelao... O xefe de aduana pediume un autógrafo, e eu puxenlle unha cousa moi galeguista.
Unha vez asentado en Galicia, Varela Buxán, novamente na compaña de Maruxa Villanueva, tenta cumprir o seu soño de crear unha compañía de teatro, tal e como fixera na arxentina. Así o corrobora a carta, datada o dezaseis de agosto deste mesmo ano, remitida desde Ourense ao seu amigo “Tacholas”, na que lle dá conta das súas arelas: “aínda non puiden facer nada en canto ao teatro; agardo poder facelo, pois hai entusiasmo e conto xa con moi bons elementos.”
Pero o tempo pasa e os atrancos semellan insalvables. Deste xeito narraba o propio Varela Buxán, no amentado caderno autobiográfico, as dificultades coas que se atopaba:
... As miñas ilusións polo noso teatro permanecían acesas e fescas (sic) como decote. A miña meirande ilusión consistia na organización dunha compañía teatral en Galicia, debutar na Coruña, meterme en Portugal, alancar ao Brasil até chegar novamente a Bs. Aires. Fun á Coruña co meu proxecto e espúnxenllo ao empresario do Teatro Rosalía de Castro, que xa non me lembro do seu nome. Díxome que as miñas intencións eran nobres (esto foi no ano 1951), pero que tería moitas dificultades para levar a termo os meus anceios. Contoume unha chea de cousas que me fixeron arrefecer, antre elas: “...Se vostede non ven ao teatro avalado por un organismo oficial, non lle chegará o que gañe para pagar os impostos que lle botarán enriba; eso... se lle deixan debutar”.51
Ante tales feitos, concluía amosando a súa decepción:
Ben axiña me decatei das cortapisas que tiña o noso teatro en Galicia. Magoamente convencido, retornei á aldea para nela ficar vexetando e caladiño, simulando indiferencia frente ao réxime que nos abafou o esprito tan longos e pesados anos.52
Vendo a imposibilidade de dedicarse profesionalmente ao teatro, Varela Buxán ten de buscar outro medio de vida. Estuda o Bacharelato Elemental no Instituto de Ourense para logo cursar a carreira de Técnico Sanitario na Facultade de Medicina de Santiago, facendo as prácticas en Ourense, no Hospital Provincial e converténdose no practicante de Cercio.
O dramaturgo deixa de escribir teatro, porque o teatro escríbese para ser representado e iso non era posible.
Se Varela Buxán se atopase nun país minimanente normalizado, se Varela Buxán chegara a Galicia e tivera a posibilidade de contar cun colectivo de actores, actrices de teatro, seguiría producindo teatro. Pero el cando chega a Galicia, ¿qué fai? Pois practicamente recoller aquelas obras que tiveron éxito nun momento dado e publícaas e logo vai facendo algunhas cousas posteriores, pero moi poucas... ¿Qué sentido tiña facer teatro neste país? ¿Para quen? Ese é o gran drama...53
Da nova situación pola que atravesa o dramaturgo, infórmanos Francisco Pillado:
Varela Buxán esta só, completamente illado, en Cercio, como practicante rural. Non ten con que falar. Entón deixou de existir. Varela Buxán como pasa na novela de Orwell, que agora está tan de moda, foi vaporizado, absolutamente vaporizado54.
Varela Buxán dedícase, logo, a publicar algunhas obras que xa tiña escritas e a representar algunha outra obra nova, como a peza que escribiu para reflectir as loitas dos veciños por conseguir unha pista, ¿Pista ou peste?, estreada en Cercio no ano 1956. E poucas cousas máis, no ano 1971 escribe o prólogo de Gándaras (Ed. Celta, Lugo), primeiro libro de poemas do seu amigo Xosé Vázquez Pintor.
En 1958, sepárase definitivamente de Maruxa Villanueva que regresa a Buenos Aires levando consigo o espectáculo Estampas Galegas, no que proxectaba, durante dúas horas, duascentas cincuenta diapositivas feitas por Varela Buxán en Galicia, cun guión de Francisco Fernández del Riego.
O vinteoito de abril de 1966 Varela Buxán contrae matrimonio na parroquia de Cercio coa que será o seu grande amor, a súa insemparable compañeira, Luisa García Santoandré. Serán padriños da cerimonia a sobriña de Luisa, Josefina García Sanmartín e o seu home, Manuel B. Méndez Vázquez, que á postre serán os gardiáns do arquivo de Varela Buxán.
En 1969, “Tacholas” e a súa muller Sabela regresan á Terra logo de corenta anos, vía Lisboa, Varela Buxán agárdaos co seu automóbil en Tui para entrar todos xuntos en Galicia.
Na segunda viaxe que “Tacholas” e Sabela fan a Galicia (maio de 1975) Varela Buxán recibe ao matrimonio na súa casa, o “Fogar de Breogán”. E, con eles participan en diversos actos: o vintecatro de setembro acompáñaos á homenaxe que lle tributan a “Tacholas” no museo Carlos Maside, xuntos acoden á exposición de Luís Seoane nas Galerías Ceibe e Mestre Mateo da Coruña. Asiste tamén o vintesete de setembro, na compaña de “Tacholas”, á inauguración en Rianxo do primeiro monumento de Castelao (busto en bronce que procedía de Buenos Aires) que se colocou en Galicia.
En maio deste mesmo ano de 1975 o pleno do concello de Lalín noméao “Fillo Adoptivo”.
O “Grupo de Teatro Saudade” estrea no Colexio S. Narciso do Chan do Monte (Pontevedra), O Ferreiro de Santán e cando este grupo leva a Vigo esta obra vai provocar unha viva polémica sobre a viabilidade ou non dun teatro de temática rural.
Neste aspecto parécenos moi acertada a análise que o profesor Luis Pérez Rodríguez fai deste teatro rural:
Estas estampas da vida rural, que debuxa a vida campesiña cos seus usos e costumes, poden non merecer a crítica laudatoria de refinados espectadores e directores actuais, fillos do desenvolvento industrial, máis atentos a unha visión urbana, pero son textos históricos, que recobrarán o seu valor cando veñamos, camiño de volta, de tantas modernidades e universalismos simplistas. Entón, teremos que acudir á chamada antiga da nosa cultura rural e mariñeira, orixe da nosa personalidade como pobo. Agardemos que non sexa demasiado tarde, cando esta cultura poida servir só para peza de museo.55
En carta desde Cercio, datada o vinteoito de xullo de 1978, Varela Buxán confesáballe ao seu grande amigo Fernando Iglesias, “Tacholas”, como había unha ventá aberta á esperanza, xa que a situación estaba a mudar:
Manifestacios en Vigo, na Cruña e Santiago –coma en tuda España- sucédense túdolos días. O hino galego i a bandeira xa non fallan de ningún aito púbrico. Co viaxe de Xan Calros a Galiza, a nosa bandeira decote acompaña a española. I o máis siñificativo do conto é que o Rei, en Santiago, botou a mitade do seu descurso en idioma galego, esí como tamén o arcebispo de Santiago, Suquía, dixo a súa homilía en galego... En remate, gorenta ver que Galiza rexurde por túdolos recantos, sin medos nin reparos de crase ningunha. Fai algús anos perseguian ós que falábamos galego, porque lles arrecendíamos a galeguistas; agora, lingoa, hino e bandeira, presiden túdos aitos oficiaies e privados. Non cabe dúbida que Xan Calros con istas cousas inspira certa simpatía.56
Nesta mesma carta, comunícalle a “Tacholas” que a Compañía dirixida e fundada por el, con actores da comarca de Deza, “Os Labregos”, están ensaiando O Ferreiro de Santán, co obxectivo de debutar proximamente.
No ano 1979, logo dunha longa relación epistolar (iniciada en 1974) con Francisco Pillado, relación que desembocaría nunha grande amizade, Pillado faille unha entrevista en La Voz de Galicia; logo, Manuel Lourenzo e o propio Pillado adícanlle o libro O Teatro Galego, Ediciós do Castro, Sada, 1979; e, posteriormente (febreiro de 1979), sairía do prelo o Caderno Nº 4 da Escola Drámatica Galega (dirixido por Fco. Pillado e coordinado por Manuel Lourenzo) adicado á “Compañía Galega Maruxa Villanueva”, no que colaboran os seus protagonistas, Manuel Daniel Varela Buxán, Fernando Iglesias, “Tacholas” e Maruxa Villanueva (ademais de Rafael Dieste).
A partires destas publicacións, como o mesmo dramaturgo ten manifestado en carta a Pillado Maior, o seu labor a prol do teatro comeza a ser recoñecido e considerado:
Dende que ti... escomenzaches a esparexer o meu nome,... tudas son satisfaicións pra min... chamáronme pra que fora a falar a Burela... En Vigo e Pontevedra estanse representando simultañamente obras miñas. O día 5 do mes que ven... fanme unha homaxe... e tuda ista ledicia lla debo, sin dúbida, ó irmán Pancho, que foi o que promovéu isto en Galiza. Se ti non foras, amiguiño meu, ¿Quén me coñecía eiquí? Eu siguiría caladiño en Cercio e nadie sabería que houbo un galego que fixo o que puido polo noso teatro57.
Efectivamente, na última etapa da súa vida, viu como as súas obras eran representadas en moitos puntos da nosa xeografía e como o seu labor era recoñecido, na súa comarca e, por fin, no resto de Galicia:
O vintecinco de setembro de 1986, á idade de setenta e sete anos morre -en palabras de Xosé Vázquez Pintor- “o derradeiro labrego da nosa dramaturxia”, o Patriarca do Teatro Galego.
As homenaxes póstumas sucedéronse nos seguintes anos:

- En 1980, actúa como pregoeiro da “Feira do cocido” de Lalín.
- O nove de maio, organizado pola Aula de Teatro da Universidade, pronuncia unha conferencia na Galería Sargadelos sobre “O teatro galego na Arxentina, 1937-1950, o meu teatro”, o dramaturgo é presentado por Francisco Pillado Maior.
- O cinco de xullo, os veciños de Cercio, aproveitando a inauguración do seu teleclub en colaboración coa Delegación Provincial de Cultura e o concello de Lalín, fanlle unha homenaxe a Varela Buxán, “en mostra de agradecemento ao seu labor encol do Teatro Galego e o seu devanceiro Amor a Galicia”. O Grupo de Teatro “Xenio” da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente (Pontevedra) representan a comedia Se o sei...non volvo á casa.
- “Laxeiro” dedícalle un retrato, “Pra Varela Buxán, cantor da xustiza dun muiñeiro cun abrazo”.
- O vintetrés de decembro acode, na compaña de Daniel González González, “o tío Xanete”, á representación de O Ferreiro de Santán, no teleclub de Pardemarín.
- O vinteoito de decembro, o grupo “Ledicia” de Burela representa Se o sei... non volvo á casa no auditorio de Sargadelos. Varela Buxán, cunha saúde precaria, acode invitado por Díaz Pardo á representación.
- O director do grupo de teatro “Liceo” de Rianxo declara, nunha entrevista concedida ao xornal La Voz de Galicia, que a obra O Ferreiro de Santán é a máis representada polo seu grupo e a que máis éxito lle trouxo, despois de case un ano de ensaios.
- O vintedous de xuño de 1982 escribe o artigo titulado “Alba de Groria”, sobre a capitalidade de Galicia.
- O seis de xullo, o grupo de teatro “Tiruleque” de Noia representa, no claustro do concello de Noia, O cego de Fornelos.
- O vintecinco de xullo de 1983 participa como orador na inauguración do monumento a Castelao (obra do escultor Buciños) en Santa María de Pontevedra.
- O quince de outubro, o grupo de teatro “Xenio” de Mourente representa, no Centro Recreativo Cultural de Priegue (Nigrán), O Ferreiro de Santán.
- Viaxa a Buenos Aires na compaña do seu amigo César Sesto Sobrado e rememora o pasado, guiado, en todo momento, polos seus amigos “Tacholas” e Sabela. Recibe unha homenaxe do Patronato de Cultura Galega de Montevideo, na biblioteca do Centro Galego de Buenos Aires.
- O vinteún de decembro de 1984 é homenaxeado nun acto organizado polo Centro Cultural “A Carballeira”, o colexio de Cercio e a asociación de pais do mesmo e patrocinado pola Delegación Provincial de Cultura e polo concello de Lalín, sendo alcalde Xosé Cuiña Crespo.
- O quince de xuño de 1985 o grupo de teatro “Solpor” de Celanova regálalle unha placa ao dramaturgo.
- O quince de decembro de 1985, organizado polo concello da Estrada, sendo alcalde Manuel Reimóndez Portela, e contando coa colaboración da parroquia de Lamas e o Colexio Público do Foxo, réndeselle unha homenaxe ao insigne dramaturgo ao que se lle regala unha placa na que se le: “Ao escritor máis sobranceiro do Teatro Galego”. Nas súas palabras, pronunciadas nese día, reflíctese a súa personalidade:
O vintecinco de setembro de 1986, á idade de setenta e sete anos morre -en palabras de Xosé Vázquez Pintor- “o derradeiro labrego da nosa dramaturxia”, o Patriarca do Teatro Galego.
As homenaxes póstumas sucedéronse nos seguintes anos:
- Do un ao dezaseis de outubro de 1986, o “Grupo de Teatro de Cristiñade” (Ponteareas) representan, Si o sei...non volvo á casa e Taberna sin dono no Centro Recreativo Uniao de Río Tea de Bahía (Brasil) e no Centro Galego de Buenos Aires.
- Ao cumprirse os dez anos do pasamento, a súa parroquia de Cercio lembra ao dramaturgo cunha serie de actos organizados pola asociación cultural “A Carballeira”.
- O concello de Lalín organiza, a través da Concellería de Cultura, o I Premio de Relato Curto “Varela Buxán”.
- En 1997, descóbrese un busto de Varela Buxán na Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño.
- En febreiro de 1998, o xornal cultural da Estrada, Tabeirós Terra, anuncia que o concello da Estrada adicará este ano á figura de Manuel Daniel Varela Buxán, o prolífico escritor e dramaturgo que nado en Lamas ocupou toda a súa vida na creación teatral.
- En decembro, o grupo de teatro “Os Tirinautas” da Estrada estrean, en Cercio e Lamas, Se o sei... non volvo á casa.
- O concello de Lalín propón á Real Academia Galega que o Día das Letras de 1999 lle sexa adicado a Varela Buxán, proposta que é apoiada, entre outras institucións, polo pleno do concello da Estrada.
- Sae do prelo o libro homenaxe, Manuel Daniel Varela Buxán. O patriarca do teatro galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza. Lalín 2000.
Notas
- Vázquez Pintor X., “Varela Buxán: o meu amigo levado” en Luna Sanmartín, X. (Coord.), Manuel Daniel Varela Buxán. O patriarca do teatro galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza. Lalín 2000. p. 106.
- O colectivo de xornaleiros (aos que se coñecía co nome de “cambotes” por vir moitos deles das terras de Rodeiro) durmían nas palleiras, nos pendellos e alpendres, e traballaban “a mantido”.
- O que non facía o estado vano facer os nosos emigrantes. Así pois, o 2 de decembro de 1906 fúndase a Sociedade de Instrución “Unión de Rubín” de Cuba, con delegacións en Cádiz, coa seguinte directiva: Presidente, Francisco Paz; vicepresidente, Ramón Taboada; secretario, Pedro Fragoso; e vicepresidente, Xosé Fondevila, promotor de centos de escolas que os emigrados crearon en Galicia (ata un total de 298).. As sociedades de instrución son o xermolo da política educativa do agrarismo que se está a expandir, nestes primeiros anos do século, polo Partido Xudicial da Estrada, co apoio do grupo de El Estradense, onde estarían a familia Losada, Torres Agrelo ou Manuel García Barros que tamén exercería de mestre na escola de Rubín.
- Unha vez constituída a Sociedade de emigrantes de Rubín en Cuba, ábrese unha subscrición popular para construír a escola de Rubín, que nace -segundo o seu Presidente-, co seguinte obxectivo: “... Difundir a instrucción fundando en Rubín unha escola apropiada de nenos e nenas con todos os adiantos pedagóxicos modernos e con edificio propio que reúna as condicións axeitadas, é a misión que esta Sociedade se impuxo e que pensa realizar cumplidamente, para o cal necesita o entusiasta apoio de todos os fillos de Rubín e demais parroquias colindantes de boa vontade...” Cfr. Francisco Paz. El Estradense, nº 22, A Habana 20-04-1907.
- Varela Buxán, M.D. “O Mellor faro para impedir qu-os pobos tropecen, é unha escola”, Rev. Unión Estradense. Arxentina, maio, 1941.
- Vid. Lourenzo, M. e Pillado Maior, F., “A compañía galega Maruxa Villanueva” en Cadernos da escola dramática galega, nº 4, A Coruña, 1979, p. 4.
- A súa nai, Ángela Buxán Vilela, falece en Cercio aos 74 anos, o 13 de setembro de 1961. E o seu pai, Jesús Varela Chorén morre o 28 de decembro de 1968, á idade de 84 anos.
- Gómez Xoel, “Conversa con Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego” en La Voz de Galicia. 25-03-82.
- A comedia da que fala é Se o sei... non volvo á casa.
- Vid. Varela Buxán, “Datos autobiográficos” en Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 4, febreiro de 1979, p. 4.
- Cfr. Xoel Gómez “Conversa con Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego” en La Voz de Galicia. 25-03-82.
- Maruxa Villanueva é o seudónimo artístico de María Isaura Vázquez Blanco. Casará en Montevideo o 14 de outubro de 1941 con Varela Buxán. Maruxa conta así o seu primeiro encontro co dramaturgo: “un día estaba eu nunha emisora...e dixéronme que había un rapaz que quería falar conmigo. Entón alí estaba o Daniel, bo mozo, moi acicalado: era moi pulcro; díxome o nome, de onde era, e engadiu: “Mire, eu escribín unha obriña de teatro, ímola representar, e viña pedirlle que, ao final, vostede cantara unhas cancións”. Pregunteille por que me pedía tal cousa: “Boeno, ten o seu porqué: non esquenza que vostede ten un nome moi cimentado, e os meus traballos inda non os coñece ninguén”. Total que lle dixen que contara conmigo; el, correctísimo, preguntoume canto lle ía cobrar, e eu resposteille: “mire, sendo para Galicia xa ten vostede cumplido, porque todos temos que servir a Galicia. Xa está pagado”. Agradeceumo, ¿sabedes? ¡Máis contento! E eu tamén moi contenta. Vid. Pociña A.-López.A. Conversas con Maruxa Villanueva na casa de Rosalía. Ed. Hércules de Ediciones. S.A, A Coruña, 1995, pp. 54-55.
- Fernando Iglesias, “Tacholas”, vai ser o amigo inseparable, o actor principal de todas as obras de Varela Buxán.
- Varela Buxán, “datos autobiográficos” en Cadernos da escola dramática galega, nº 4, febreiro, 1979.
- A “Compañía Galega Aires da Terra” mudaría o nome polo de “Compañía Gallega Maruja Villanueva”, aproveitando a circunstancia de que Maruxa Villanueva era, xunto con Fernando Iglesias, “Tacholas”, os máis coñecidos no seo da colectividade por mor das súas actuacións na radio e en festivais. Hai que subliñar que a Compañía tiña decote outros artistas que enfeitizaban, logo da representación teatral, o final de festa: cinco gaiteiros: Manuel Dopazo, Aurelio Sisto e Sierra; dous tenores, Domingo Caamaño e Pedro Eiroa (en ocasións tamén José Vales); dúas parellas de baile, o matrimonio Montero-Rei e os irmáns Dopazo. Vid. Varela Buxán, “datos autobiográficos” en Cadernos da escola dramática galega, nº 4, febreiro, 1979, pp. 5-6.
- Cfr. Varela Buxán, “datos autobiográficos”, Cadernos da escola dramática galega, nº4, febreiro, 1979, pp. 4-5.
- Gómez Xoel, “Conversa con Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego” en La Voz de Galicia, 25-03-82.
- Así contaba a separación Maruxa Villanueva: “Eramos dous caracteres opostos... Daniel era moi boa persoa, pero tiñamos diferencias. Tonterías, cousas pequenas... Pero, ás veces, para unha muller un papel de cigarro do marido é un mundo. Non nos poñiamos de acordo cos horarios: a el gústaballe saír pola noite, eu tiña que madrugar; cousas que non teñen moita importancia, pero pouco a pouco van enfriando as relacións. E desas cousas partiu a nosa separación... Mirade un exemplo: el era ateo, eu son católica; pois eu sacrifiqueime, e non me casei pola iglesia, como me tería gustado. Separámonos polo 45 ou o 46. Cando volvín a España, no 49, veu el seis meses despois, xa no 50, e estivemos xuntos de novo ata o 58; ese ano volvín a América, e xa foi a separación definitiva. Daniel escribiulle á miña irmá María, para que eu o reclamara e refacer o noso matrimonio, pero eu estaba xa moi desilusionada, doída, e non o fixen. Despois el volveu casar. Pero dígovos que eu quíxeno sempre, e que lle perdonei todo; anos despois veume ver aquí, á Matanza. Choraba sempre cando viña, como un porral de cebolas; mais entre nós xa non cabía máis que unha amizade de irmáns, de irmáns verdadeiros, como lle dixen un día. E así foi ata que morreu, en Lalín, en 1986”. Cfr. Pociña A.-López A., Maruxa Villanueva, pp. 63-67.
- Maruxa Villanueva afirma que Pola nosa culpa foi retirada do teatro Mayo (en pleno éxito) con cento seis representacións consecutivas, porque a empresa tiña feito de antes un contrato cun cantante andaluz, que se chamaba Angelillo. Vid. Pociña A.-López A., Maruxa Villanueva p. 62.
- Cfr. Varela Buxán, datos autobiográficos, op.cit. pp. 4-5.
- Ibidem.
- O primeiro actor era (como sempre) Fernando Iglesias, Tacholas. Ao que acompañaban, Antonio Cubelas, Jaime Zapico, Arturo Fontalba, Luís Iniesta, Victoriano Sierra, José Varela e Federico García. A primeira actriz era (como sempre) Maruxa Villanueva á que acompañaban, Maruja Iniesta, Eva Carreras, María Pazos, Águeda Malvar, Blanca Pereira, María Nieves García, Marina Alem, Lidia C. García. A música de Galicia Canta era da autoría de Maruxa Villanueva, José Barreiro, Gustavo Freire e Fernando Catalán. A música das cancións do libreto foron harmonizadas por Maruja Iniesta. Escenografía e sastrería, Mariano Hornos. Na primeira parte do espectáculo había 9 cadros: 1. Como falan os carballos. 2. D´o outro lado d´o río. 3. Saída pr´a seitura. 4. A-la-la de Villalva. 5. N´a seitura. 6. Ensaiando n´os reises. 7. Cantando reises. 8. Muiñeira. 9. Lembranza d´amores. Na segunda parte había 7 cadros: 1. Sachando n´o millo. 2. O labrego pillo. 3. Cuitas d´auséncea. 4. Peneda encantada. 5. A malla. 6. Pescando con cana e despedida de mariñeiros. 7. Gran final.
- Ista obra foi representada no Teatro Grand Splendid, en xaneiro de 1954 (xa con Varela Buxán en Galicia), pola “Compañía de arte folklórica gallega, Tacholas”.
- Na Xustiza dun muiñeiro, cóntanos Maruxa Villanueva, “recordo unha anécdota preciosa. Eu facía de Carmiña, e tiña un mociño, Xosé o da gaita, pero os meus pais queríanme casar con Fandiño, un vello rico e avarento; o problema arranxábase gracias ao muiñeiro, que o facía (¡moi ben, por certo!) Tacholas... Dígovos que Tacholas era un actor como ningún outro no teatro galego... Nunha escena, eu estaba sentada na cociña, e Fandiño íase achegando a min, e eu escapando, e el achegándose, e eu escapando... Entón, levántase unha señora do público, e lanza un berro: “¡Pero vaite, lambón! ¿Non ves que a rapaza non te quere?... Seguíulle un estalo xeral do público en aplausos”. Vid. Pociña A.-López, A. Maruja Villanueva, p. 68.
- Castelao regálalle un exemplar do Sempre en Galiza: (Edición As Burgas. Centro ourensán de Bos Aires, Belgrano 2186) coa seguinte dedicatoria, “ao irmán Varela Buxán, compañeiro de moitos afáns patrióticos, con moito agarimo”. A relación con Castelao foi fonda e intensa, xuntos participan no homenaxe a Bóveda no Centro Galego, ambos os dous escriben na Revista “Unión Estradense” e o rianxeiro colaborará na obra O Ferreiro de Santán.
- Taberna sin dono é a obra de Varela Buxán que máis lle gustaba a Maruxa Villanueva, “É un argumento moi humano”. Vid. Pociña A.-López, A. Maruxa Villanueva, cit, p. 69. Gandario asina, na revista Galicia de Bos Aires, un artigo titulado ¡Tenemos Teatro Gallego! no que, falando de Taberna sin dono, subliña: “non so é unha peza teatral ben lograda e do máis correcto, que resiste a comparación coas mellores do seu xénero en calquera idioma e de calquera teatro moderno, senón que está sendo representada por unha compañía teatral que adquiríu unha disciplina e un dominio da arte escénica como se os seus integrantes non fixeran outra cousa en toda a súa vida.”
- Vid. Varela Buxán, Gracias Padre Ramón, (tradución ao galego e adaptación Xosé Luna) Seminario de Estudios de Deza. Lalín, 2003.
- Loureiro Rodríguez, C. “prólogo” en Varela Buxán, Gracias Padre Ramón, (tradución e adaptación Xosé Luna) Seminario de Estudios de Deza, Lalín, 2003. p. 11.
- Gómez Xoel, “Conversa con Varela Buxán. O patriarca do Teatro Galego” en La Voz de Galicia. 25-03-82.
- Conversa con Francisco Pillado Maior, en Luna Sanmartín, X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán, Toda unha vida adicada ao teatro en Descubrindo, anuario de Estudios e Investigación. Deza, nº 2. Ed. Seminario de Estudios de Deza, Lalín 2000, p. 24.
- Ibidem, pp. 24-25.
- Ibidem. p. 25.
- Así conta Maruxa Villanueva como fixeron o mantón que lucían na estrea dos Vellos: “Castelao díxonos que comprasemos un pedazo de tela negra, que fose seda ou cousa semellante; era un triángulo, o que é un mantón, e tendémolo nunha mesa; compramos tamén varios cachos de paño militar, de moitas cores, sobre todo encarnado, verde... entón o señor Castelao ía facendo os trisquiños e colocándoos, debuxando os rosetós, e dona Virxinia hilvanábaos; por último Maruja Iniesta coseunos á máquina... o mantón doneino á Casa Museo de Rosalía. Pero espero que cando fagan o Museo de Castelao o leven alí, como corresponde...”Vid. Pociña A – López A., Maruxa Villanueva, p. 77.
- Varela Buxán en La Voz de Galicia: “...na noite do estreno, e cando xa habían finado os dous primeiros lances i estaba correndo o derradeiro, Castelao díxome: “Estou moi satifeito de tudos e por tudo, mais cómpre dicir que Tacholas... é muito actor pra tan pequeño papel”; sendo que, na corda masculina, o papel que Tacholas defendía era o de maior responsabilidade”. Cfr. Pérez Rodríguez L. Fernando Iglesias Tacholas, un actor auriense na Galicia Ideal. Ed. do Castro, p. 83.
- Castelao, “A Compañía Galega Maruxa Villanueva” en Cadernos da Escola dramática Galega, nº 4, A Coruña, 1979.
- Primer acto, nº 120, 1970.
- Vid. Pociña A.-López A., Maruxa Villanueva, p. 78.
- Carta de Fernando Iglesias, Tacholas, a Xosé Mª Monterroso Devesa (5-5-1978) Vid. Pérez Rodríguez L. Fernando Iglesias “Tacholas”, un actor auriense na Galicia Ideal. Ediciós do Castro. Sada, 1996, pp. 84-85.
- Vid. Otero Pedrayo, R. “prólogo” en Varela Buxán, M.D; O Ferreiro de Santan – Taberna sin dono. Ed. Celta.
- Vid. Gómez, X. “Conversa con Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego” en La Voz de Galicia. 25-03-82.
- Vid. Vilavedra, D. “Por unha redescoberta do teatro de Varela Buxán” en Luna, X. (Coord.), Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Segundo a profesora Dolores Vilavedra, “o Teatro de Varela Buxán é un caso de “realismo ruralista”: a súa visión literaria da sociedade galega rural daquel tempo está desprovista do idealismo mistificador e do zarzuelismo tan frecuentes no que coñecemos como literatura costumista” E a súa producción “entronca coa de autores como Manuel Lugrís Freire, Xesús San Luís Romero ou Nan de Allariz (estes dous coñecerían tamén a experiencia da emigración, e estrearían as súas pezas nese ámbito) e coma eles combina a crítica social coa atención ás formas de vida tradicionais, das que a súa produción dramática é unha notable testemuña” Vid. Vilavedra, D. “Por unha redescoberta do teatro de Varela Buxán” en Luna, X. (Coord.) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza, pp. 39.
- Pérez Rodríguez L. Fernando Iglesias Tacholas, un actor auriense na Galicia Ideal. Ediciós do Castro, 1996, p. 78.
- Luna, X. “Conversa con Francisco Pillado Mayor” en Luna Sanmartín X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Vid. Pociña A. – López A. Maruxa Villanueva. Ed. Hércules de Ediciones S.A p.69.
- Vid. Lourenzo M. – Pillado F. Antoloxía do Teatro Galego, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1982.
- Vid. Luna, X, “Conversa con Francisco Pillado Mayor” en Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Cfr. “Documentos” en Luna X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Vid. Morgade, C. “Daniel Varela Buxán e o grupo de teatro Xenio” en Luna Sanmartín X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Pillado Maior, F. “Prólogo” en O Cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos. Ed. Gráficas Paredes, Pontevedra, 1981, p. 10.
- Vid. Lourenzo, M. e Pillado Maior, F., “A compañía galega Maruxa Villanueva” en Cadernos da escola dramática galega, nº 4, A Coruña, 1979, p. 4.
- Ibidem.
- Vid.Luna, X. “Conversa con Francisco Pillado Maior” en Luna, X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Ibidem.
- Pérez Rodríguez L. Fernando Iglesias “Tacholas”, un actor auriense na Galicia Ideal. Ediciós do Castro. Sada, 1996. cit, p.78.
- Cfr. “Documentos” en Luna, X. (Coord) Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego. Ed. Seminario de Estudios de Deza.
- Ibidem.