Lagartóns*
Clara Iglesias Cortizo
- LAGARTÓNS: trátase dun nome de lugar que fai referencia á fauna, é dicir, dun zootopónimo. Como é lóxico, os animais que aparecen na nosa toponimia son aqueles máis característicos e significativos do país. Neste caso, son os lagartos os que dan nome á parroquia, polo que podemos supoñer que nalgún tempo foron alí moi abundantes; e, tendo en conta o aumentativo co sufixo – ons (Lagartóns), parece que debemos pensar que non só eran moitos, senón tamén grandes e vistosos. O substantivo lagarto deriva do latín vulgar *lacartu e este, á súa vez, de LACERTUM.
- A BATALLA: o máis doado é supoñer que este nome fai referencia a algún combate librado neste lugar en tempos pasados. Derivaría entón do latín vulgar BATTALIA, e este, á súa vez, do clásico BATTUALIAM, “loita, combate”; no entanto, segundo afirman Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza, é posible que o topónimo Batalla e as súas variantes, que aparecen en varias ocasións no noso nomenclátor, non garden ningunha relación co significado do substantivo común, senón que quizais teñan orixe prerromana ou estean relacionados co verbo bater. En todo caso, cumpriría saber se nesta aldea da parroquia de Lagartóns tivo lugar efectivamente unha batalla nalgún momento da historia. Pedro Varela dá por seguro que así foi e explica: “Batalla, campo onde se librou unha acción de guerra hai moitos anos, pois xa se encontra a denominación en documentos do século XVI”. Loxicamente, a antigüidade do topónimo non xustifica por si mesma este significado e, como non dispoñemos de ningunha información ao respecto, é difícil concretar cal pode ser a orixe do nome deste lugar.
- BOÁNS: posiblemente sexa un topónimo que inicialmente era antropónimo, é dicir, a partir do apelido Boán, fórmase o plural Boáns (os Boáns) que denominaría unha familia que acabou por darlle nome ao lugar. O feito de que actualmente na Estrada non se rexistre ningunha ocorrencia deste antropónimo[4] non ten por que ser impedimento para esta proposta: unha familia de Boáns puideron asentarse nese lugar e máis tarde desaparecer sen deixaren alí ninguha descendencia. O apelido Boán é un patronímico derivado dunha construción con xenitivo latino asociado a un nominativo que se perdeu: de *FILIUM BOLANI, é dicir, “fillo de Bolanus”, quedaría a forma BOLANI que acabaría por derivar en Boán.
- OS BOLOS: a orografía chá da parroquia de Lagartóns parece que contradí o significado que adoita ter o topónimo Os Bolos (que xunto a O Bolo e A Bola aparece en repetidas ocasións no nomenclátor do noso país). Normalmente este topónimo denomina e caracteriza lugares situados en alturas con forma de pedra grande e redonda. Este significado provén, loxicamente, da semellanza co referente do substantivo común bolo, “peza de pan, xeralmente arredondada e alta”. Non sabemos se no noso caso o topónimo serviu nalgún momento para caracterizar unha pedra grande e curiosa pola súa feitura. O substantivo bolo formouse a partir do feminino bola, que deriva do latín BULLAM, “burbulla”.
- OS CHAPURROS: resulta complicado ofrecer unha explicación veraz para a orixe deste topónimo. Parece unha denominación burlesca que nalgún momento se lles deu aos seus habitantes. A palabra chapurro pode derivar de dous verbos con diferentes significados: 1) Do verbo onomatopeico chapurrear, “falar mal un idioma”; de feito, a palabra chapurro aparece con este significado no dicionario de Eladio Rodríguez González; 2) Do verbo chapurrar, variante dialectal de chapuzar (do latín vulgar SUBPUTEARE, derivado de PUTEUM, “pozo”; co significado de “salpicar auga ou outro líquido ou batelo coa man ou con outro obxecto”. Calquera das dúas opcións son posíbeis. A favor da segunda está o feito de o lugar de Os Chapurros estar situado na beira do río Liñares, nunha zona moi apropiada para o baño. A primeira ten, no entanto, tamén un argumento no seu favor: a existencia doutra aldea na mesma parroquia chamada Os Tatos. É sabido que, en ocasións, os topónimos créanse como resposta burlesca a outro xa existente e o significado do adxectivo tato está en clara relación con chapurro. Tato é un que tatexa; e tatexar é “falar con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente, por un defecto físico nos órganos de emisión da voz, ou por causa dalgún tipo de sorpresa ou dúbida súbita”. Aínda que a orixe do topónimo Os Tatos ten outra explicación que non é unha denominación ofensiva para todos os habitantes da aldea, sería entendida como tal e puido xerar como brincadeira Os Chapurros.
- O MOLLARRABO: topónimo formado polos lexemas: mollar > do latín vulgar MOLLIARE e rabo > do latín RAPUM. O nome deste lugar vén do regueiro do mesmo nome (tamén chamado Pinguela, que vai desaugar ao río Liñares.
- O MONTE: deriva do latín MONTEM. En latín significaba “monte, montaña, elevación importante no terreo”. En galego, ademais dese significado, adquiriu o de “terreo cuberto de vexetación espontánea como toxos, fentos, silvas, arbustos etc., que pode estar poboado de árbores”. Neste caso, o significado que dá orixe ao topónimo ten que ser este último, posto que a parroquia de Lagartóns está situada nun terreo practicamente chan, sen elevacións de importancia.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- OUZAMERXE: é un estraño topónimo sobre que o non fomos quen de atopar ningún dato nin documentación que nos ofrecese información sobre a súa orixe e significado. Parece evidente que é un nome composto, formado sobre os lexemas ouza- e -merxe. En canto ao primeiro, quizais estea relacionado co antropónimo xermánico Auta, do que proceden, por exemplo, os topónimos Ouzás ou Vilouzán. A respecto de -merxe, non sabemos cal pode ser a súa orixe, aínda que, atendendo á vogal final -e, semella derivado dun xenitivo, polo tanto, un topónimo de posesor. En todo caso, non podemos achegar nada en relación con este escuro topónimo.
- A RAMALLEIRA: trátase dun substantivo común, cuxo significado é “lugar frondoso, onde abundan os ramallos, as árbores pequenas ou os arbustos”. Ramalleira deriva de ramallo, co engadido do sufixo locativo e abundancial –eira. E, á súa vez, ramallo provén de rama, “cada unha das partes en que se divide o tronco ou o talo dunha planta, póla”, ou tamén, colectivo de ramo, é dicir, “conxunto de follas e pólas dunha árbore ou planta”. O sufixo –allo introduce un valor diminutivo: ramallo é “rama delgada e pequena, normalmente cortada dunha árbore ou arbusto”. A palabra rama formouse a partir do masculino ramo, que procede do latín RAMUM.
- O SABUGUEIRO: esta palabra pertence ao léxico común e designa un arbusto de flores brancas e pólas cunha médula provista dunha substancia moi esponxosa, o sabugo (do latín SABUCUM). O sufixo –eiro ten valor locativo, é dicir, “árbore onde hai sabugo”. Este fitotopónimo caracteriza o lugar que nomea como abundante en sabugueiro.
- O SISTO: é unha forma derivada de SISTUM, participio de pasado do verbo latino SISTERE, “establecer”, e probabelmente designaría lugares de pasto onde se deixaba o gando en sistema de estabulación libre.
- OS TATOS: seguramente este topónimo deriva do antropónimo Tato, moi frecuente no concello da Estrada. Designaría unha familia que habitou alí e que acabou por darlle nome ao lugar. Este apelido pertence ao grupo dos delexicais, é dicir, derivado dun nome común, e serviu inicialmente para caracterizar a quen o levaba a partir dunha característica peculiar: “que fala con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente, por un defecto físico nos órganos de emisión da voz”. Tato, igual que o seu sinónimo tatexo, ten orixe onomatopeica.
- TRASDOMURO: trátase dun topónimo de significado completamente trasparente, formado pola preposición tras (do latín TRANS, “ao outro lado de…, máis alá de…) + contracción da preposición de co artigo o + substantivo muro (do latín MURUM, co mesmo significado que no galego actual).
- O VISO: a palabra viso é un substantivo do galego común que aparece recollida nos dicionarios co significado de “altura, lugar alto desde o que se divisa unha grande extensión”. Derivaría do substantivo latino VISUM, “vista, visión, o que se ve”. Trátase dunha palabra moi habitual na toponima e que aparece en lugares un pouco elevados sobre o terreo que teñen arredor.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Lagartóns (Santo Estevo)
Manuel Reimóndez Portela
Con este nome é dende sempre coñecida.
Lagartóns é unha parroquia pertencente á zona chamada de Tabeirós coas demais Tabeirós, Parada, Nigoi, A Estrada, Guimarei, Ouzande, Somoza, Callobre, Cereixo e Vinseiro.
LINDES: linda polo norte coa parroquia de Aguións e Moreira, polo sur con Cereixo e Guimarei, polo leste con Callobre e polo oeste coa Estrada.
Por razón alfabética a esta parroquia correspóndelle o número 22, entre as demais do concello.
Tamén polo que atinxe á súa superficie ten o posto 49 con 235 hectáreas de superficie. Ten 338 habitantes de feito. En 2004 ten 342 habitantes.
Na actualidade Lagartóns componse dos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: trátase dunha parroquia moi ben comunicada despois de facer a concentración parcelaria; a súa situación fai que veña sendo unha prolongación polo oeste da vila e vese percorrida pola nacional 640, que dende o fondo de dita vila vai recta ata Ponte Liñares, dotada de beirarrúas, outra estrada que sae tamén do fondo da Estrada vai polo O. E pasa o Liñares pola ponte da Praia Fluvial e outra máis que tamén, arrancando na N-640 onda o Sisto, pasa polo Francés percorrendo o sur da parroquia ata a ponte da Pinguela, onde se perde cara a Pernaviva en Cereixo.
Nestes dous ángulos que forman un triángulo co Liñares arrancan pistas que van a todos os lugares da parroquia.
Quedan moi poucos camiños nesta parroquia, case que desapareceron, só algún camiño a leiras, monte ou veigas, sempre moi curtos. Poden verse o camiño real que pasaba pola chamada ponte Vella, uns 200 metros río abaixo da ponte Liñares, ou ponte Nova que dende A Estrada e por Lagartóns pasaba pola Pía e Pica, de Moreira, Redondo de Berres á Mota, etc...
Outro camiño importante do que aínda quedan sinais é o que pasaba máis río arriba da ponte Liñares, fronte a Valiñas de Callobre ,que tamén lle chaman a ponte Vella ou a ponte Caída, chamada así porque está desfeita xa que só quedan dela algunhas pedras dos piares das dúas bandas do río. Este camiño dirixíase ao pasar a ponte pola Boticaria, Campo de Batalla, Ouzamerxe e A Estrada.
Teñen unha depuradora en Bonas e o bombeo de auga da Estrada a carón do río liñares en Bonas.
HIDROGRAFÍA: o río Liñares, afluente do Ulla, ponse en contacto coa parroquia na ponte da Pinguela, na cerrada de herbeira para deixar este contacto pasada a ponte da Praia facéndolle de linde a Lagartóns polo leste e parte do norte.
O pequeno regueiro da Pinguela ou Monllarrabo percórrea polo sur e vai desaugar ao Liñares.
O pequeno regueiro de Matamulleres nace por onde O Fouleiro desaugando no Liñares arriba da praia.
FONTES: ten a fonte de Santa Cruz onda a Igrexa. A de Rarís na Regueira... e a fonte de Portosenín nos Bolos. Era dun tal Buceta. En Santo Estevo había unha fonte que desapareceu coa concentración dos terreos, está nunha propiedade particular, a raíz da concentración parcelaria. Di a tradición que alí apareceu este santo.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo practicamente chan con poucas elevacións sen importancia.
PAISAXES: en canto se refire á paisaxe, esta é unha parroquia privilexiada, de terreo case chan, con lixeira pendente cara ao río Liñares, e unha situación de altitude preto dos 250 metros dende onde se ollan nin máis nin menos que 18 parroquias da redonda, Pico Sacro incluído, aínda que só se albisque o seu curuto. Deste fermoso val di Sanmartín "más hermoso panorama dicen que solamente se ve desde el paraíso!".
Hoxe con moitas fábricas e casas novas que modificaron a paisaxe.
PEDRAS: non aparecen na parroquia pedras ou penedas con lendas ou historia nin marcos con R de plantíos reais.
Mais é importante a representación de Cruceiros que nos mostra Lagartóns. Son uns fermosos exemplares dos que damos conta.
1 Situación: parroquia de Lagartóns, lugar de Viso (paraxe, fondo de Viso), a carón do camiño.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal cuadrangular, con peto de ánimas, remata redondo^ Columna: octogonal, comeza cadrada; no anverso imaxe de Sto. Estevo. Capitel: redondo, remata cuadrangular con volutas e catro querubíns. Cruz: latina octogonal. Anverso: Dorosa. Reverso: non ten figuras, pero aparece un resto de ter tido posiblemente unha imaxe de Cristo crucificado. Altura: uns tres metros.
Inscricións: unha inscrición ilexible na cara dereita do pedestal.
Conservación: mala.
Tradición: a carón dun camiño e do antigo turreiro, onde había unha carballeira denominada Gandarón.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de Lagartóns, lugar de Ouzamerxe.
Descrición: plataforma: de tres chanzos. Pedestal: cuadrangular
con figuras anverso, lagarto e cruces; reverso, tibias en cruz; en cada vértice de cara dereita, unha caveira; cara esquerda, caveira. Columna: octogonal, comenza cadrada, no anverso Santiago apóstol e máis arriba unha imaxe cun caliz na man. Capitel: non o ten. Cruz: latina, cuadrangular. Anverso, Virxe das Angustias; reverso, non ten figura. Cruz probablemente desaparecida. Altura: de tres a catro metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala.
Tradición: non se recolle.
Propiedade: pública.
3 Situación: parroquia de Lagartóns, lugar de Viso, na praza, á entrada do adro da igrexa.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico. Anverso, dúas mans e un lagarto no medio; reverso, dúas caveiras; cara dereita, dúas tibias en X; cara esquerda, dúas tibias. Columna: redonda, comeza cadrada cunha caveira na cara anterior. A columna presenta abaixo ánimas do Purgatorio e arriba a Sto. Estevo. Capitel: con volutas. Cruz: latina, sección cuadrangular, arestas biseladas. Anverso, Cristo crucificado coa testa algo inclinada cara adiante, reverso, Inmaculada cun querubín a cada banda nos brazos horizontais da cruz. Altura: de dous e medio a tres metros.
Inscrición: non se aprecian.
Conservación: boa.
Propiedade: pública.
LENDAS: di algún veciño que na ponte do Viso había unha ponte de ouro e outra de alcatrán. Atopábanse dúas bocas no terreo e os veciños non se atrevían a cavar co medo de atopar coa boca de alcatrán e arderen todos.
Tamén onde lle chaman as Urces, preto da ponte Caída, había unha trabe de ouro e outra de alcatrán sen descubrir cál era a de ouro por medo a atopar coa de alcatrán. Unha veciña dicía mesmo terlle visto as aldabas.
Contan os veciños que no campo de Batalla houbo unha gran pelexa contra os franceses e os veciños defendíanse a pedradas. Tamén din os veciños que onde lle chaman a fonte de Santo Estevo, desaparecida cando a concentración parcelaria, hoxe recuperada, é a tradición que alí mesmo se aparecese o santo.
HISTORIA: segundo J. Ruíz Almansa "La población de Galicia 1500-1945", Lagartóns tiña unha poboación de 1133 en 1594, con outros 10 partidos.
Jerónimo del Hoyo deixounos dito no ano 1607: "San Esteban de Lagartóns: Hay en esta feligresía de San Esteban dies y sei feligreses. Los fructos todos a la cura que valdrán como treinta cargas de todo pan. Presentación de legos. Paga este beneficio a la dignidad argobispal ventiun ferrados de pan por la fortaleza de Varrera.
La fábrica tiene de renta diez ferrados de pan. Hay en esta feligresía unha hermita que llaman de Nuestra Señora del Viso, tiene todo recado para decir misas y de renta una fanega de pan de una heredad, la qual y las afrendas que se hacen en esta hermita que lleva el articulado a ella".
Catastro de Ensenada: os datos correspondentes á parroquia poden lerse no capítulo dedicado a este onde fala do couto do Viso, que ademais trae Ouzande e A Somoza.
Pascual Madoz: (1846-50) recolle:
"Lagartóns (San Esteban) feligresía en la provincia de Pontevedra (6 leg) diócesis de Santiago (4), ayuntamiento de La Estrada (1/4) situada en un ameno y delicioso valle, con buena ventilación y clima saludable. Tiene unas 66 casas repartidas en los siguientes lugares: Batalla, Boans, Barras, Bolos, Devesa, Chapurros, Tatos, Iglesarios, Monte, Ouzande, Porto-Senin, Sisto, Vento, Viso y el de su nombre; escuela de primeras letras a las que concurren unos 30 niños y 15 niñas cuyo maestro está pagado por los padres de los alumnos. Cuatro fuentes dentro de la población para surtido de los vecinos de las cuales hay tres de buena calidad y otra en el término cuyas aguas medicinales producen mejores resultados a los dolientes que van a beberlas por las mañanas que las del Carballiño.
La iglesia parroquial (San Esteban) está servida por un cura de presentación del Marqués de Guimarey y de Aranda, el cura habita en el lugar del iglesario desde cuyo punto se ven las 18 feligresías que circundan el valle situado en el declive de los cerros que lo rodean. Confina el término: N. Feligresía de San Miguel de Moreira,
E. San Martín de Callobre, S. San Julián de Guimarey y O. Santa María de Aguiones. El terreno aunque secano es bastante productivo porque tiene mucha miga, su superficie es casi llana. Pasa por los límites de esta feligresía el río Lagaría del cual nace en Ouzande distante cuarto de legua, la separa de la de Guimarey y corriendo por el O. Concurre en el río Viso el cual nace también en los montes de parada distante media legua. Sigue su curso hacia el O. Rodeando la feligresía que hablamos y formando con ella una figura elíptica hasta que se reúne al Ulla cerca de Paradela.
Los montes que rodean la parroquia son poco elevados están poblados casi todos los arboles y arbustos y algunos de ellos cultivados de robles, castaños y otros árboles de los cuales dos son de dominio particular y otra de la nación. Además de los caminos locales pasa por el término el que dirige a Rivadavia y Orense; otro que conduce a Lugo por Deza y Trasdeza y el que va al Ulla, Puente Cira, Ledesma y otros puntos, su estado es regular aunque podría perfeccionarse con poco trabajo. El correo se recibe de la estafeta de Santiago por medio de balijeros a los que pagan los interesados 2 cuartos por carta.
Producción: Trigo, centeno, maiz, poca cebada, avena, buen lino, toda clase de legumbres y algún vino, se cría ganado vacuno, mular y caballar; hay caza de liebres, perdices, codornices tórlas, palomas, conejos y pesca de truchas y anguilas. Industria y comercio: agricultura, molinos harineros, telares de lienzos y lanas y algunos batanes para machacar los tegidos de lana o paño llamado burel con el que se visten los habitantes consistiendo las especulaciones comerciales en la venta del ganado mular y caballar que se hace para la pascua en cuyo día (que es el siguiente de la de Padrón) se celebra una feria en esta feligresía en un gran robledal que hay en el lugar llamado el Viso a la que concurren los traficantes de Castilla, Andalucía y otros puntos.
Población: vecinos 234 almas.
Nomenclátor Arz. de Santiago: Lagartones (San Esteban) Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Marqués de Aranda. Entrada 72 vecinos. 284 años-Estrada.
Personal: Sieiro Simal D. José Parr. 27 años. Teo 4 años. Requeijo
D. Bernardino prbt. Patrim.34 años carr. Lat."
No censo do ano 1924 tiña 264 habitantes.
Deixounos dito Álvarez Limeses no ano 1936: "Lagartones (San Esteban)-Dista 43 km de Pontevedra y tres de La Estrada y limita, al N. Con Callobre, al S. Con Cereijo, al E. Con Rubín y al O. Con La Estrada.
Está situada en el valle de Tabeirós y desde el lugar donde está el iglesario se divisan 18 parroquias que circundan el valle, situadas en el declive de los cerros que las rodean.
Entidades: Bolos con 8 habitantes, Lagartones 38, Monte 12, Tatos 71, Viso 103 y diseminados 59 o sea un total de 364 habitantes para los cuales hay dos escuelas nacionales. Bañan los terrenos de esta parroquia el río Liñares el arroyo Pinguela y el río Viso que vierten sus aguas en el Ulla y la atraviesa la carretera de Chapa-Carril.
Hay dos molinos y dos tabernas y está en proyecto la construcción de un Sanatorio para pretuberculosos.
La iglesia es del siglo XIII reformada recientemente y su fiesta principal es de San Eleuterio que se celebra el tercer domingo de Mayo. Antiguamente se celebra en el lugar del Viso una feria muy renombrada pero hace algunos años se trasladó a La Estrada.
El terreno es de buena calidad."
IGREXA DE LAGARTÓNS: conserva unha planta románica rectangular igual que a ábsida. A fachada con porta alintelada recercada de moldura plana, ventá de igual directriz e espadana central de dobre van no remate. Porta no muro lateral norte con mochetas, sancristía unida a este mesmo muro e pórtico desfeito.
Na cabeceira unha saeteira románica con arquivolta que pousa sobre dúas columnas con capitel.
Outros datos: cóidase que a igrexa estivo no lugar do Outeiro e que no ano 1729 se trasladou ao do Viso.
Outros dinnos que no Viso había unha importante feira (isto é histórico)...e ademais onde está encravada a igrexa parroquial dende 1929 fundada por André e Carlos Bermúdez de Figueroa e Antonia Bermúdez de la Peña.
Segundo Carlos Martínez Barbeito, Torres, Pazos, etc.. p. 106. "Del Sr. de Callobre (S. Xoán de Callobre, Miño, A Coruña y de San Payo de Figueroa y de su esposa D-. Inés Álvares Bermúdez de Castro que heredó parte del Coto de Figueroa y la totalidad del de Callobre. Fue su esposa D-. Maior Rodríguez de Castro y Sotomayor natural de S. Estebo de Lagartones que era hija de Diego de Castro también de San Estebo de Lagartones y de D-. García Rodríguez de Sotomayor que era oriunda de la casa de Trasmonte a una legua de San Payo de Figueroa.
CASAS NOBRES: unha casa nobre da que aínda se atopan restos é a chamada de Ouzamerxe (chamábanlle a casa dos Srs. de Ouzamerxe e despois do Caseiro por ter alí moitos anos só un caserío).
Un dos donos, Joaquín Rodal, casado con Obdulia Gómez, fora alcalde de Vigo. A casa é coñecida como a casa dos Maneiro.
Na casa do cereiro (Francisco Barreiro Vilas) atópanse na parede do cuberto anexo á casa polo sur dúas pedras:
FERMOSA MOSTRA DO ROMÁNICO:
Por outra banda na "compostelana "fálase do lugar de Lagartóns no ano 1108, nun proceso de data 15-V-1129 cítase a Petrus Andrés "milite" de Lagartones..." La iglesia muy tardía está muy transformada era de una nave y un ábside rectangular. De la nave solo se conserva una puerta alintelada, el dintel de la pieza es semicircular.
El ábside solo conserva visible la fachada oriental, la del testero esta ha sido levantado por encima de su altura normal. El interior de la nave tiene una puerta lateral de arco ligeramente apuntado. La cubierta es de madera. Claras pervivencias del románico del S. XIII. Vango Torviso I.G.: "Arquitectura románica en Pontevedra", La Coruña 1 779 p. 181.
O vicario "ad natum" de S. Estevo de Lagartóns, Alonso de Pino, solicitou que lle aplicasen os diezmos que cobraban os Xesuítas ...púxose en contra a marquesa Francisca de Paula Moscoso no nome dos seus fillos Luís Mosquera, marqués de Aranda e Gumarei, Mariano e Manuela.
Botóuselle o tellado novo, quitáronse os retablos e encintáronse as paredes e botóuselle tella do país.
Campás: campá grande: H MALIG Y... FUNDICIONES ORENSE. COMISIÓN DE VECINOS DE LAGARTÓNS 1987. Campá pequena: l:H:S:M y JOSÉ S. BARBARA AÑO DE 1873. LISTE EN ORAZO.
IGREXA
De calquera maneira os veciños saben por tradición que a igrexa estivo onde lle chaman o Igrexario, e a actual xa existía como capela (capela de Sta. Cruz do Viso)... pois o igrexario foise desfacendo e o cura da parroquia desexaba cambiala de sitio e outro cura moi importante que estaba en Santiago (o cura Vilas), e era da familia do actual cereiro, non o quería, armándose unha discusión que se resolveu deixando caer a igrexa e mudándose o edificio relixioso para a capela. As pedras da igrexa foron dar a casas das parroquias veciñas (Cereixo sobre todo).
IGREXA PARROQUIAL: Pedro Varela dinos que a igrexa antiga estaba no lugar de Outeiro e fora fundada por Bartolomé Barbeito, mais por ser moi pequena e estarse desfacendo ordenou o Prelado en visita do ano 1729 o traslado da pía bautismal e demais obxectos do culto para a capela de Santa Cruz do Viso, onde se ergueu a igrexa actual.
Unha na fronte preto da esquina esquerda, entrando pola porta, cuberto que pon:
CASTRO D TORAE B VRGOS 18
Nesta casa houbo un cura (o cura Vilas) que non tiña parroquia e defendeu os seus bos eidos.
Outra á mesma altura (as dúas a media altura da parede máls ou menos) preto tamén da outra, dándolle a volta á esquina, que presenta un VICTOR, e no ángulo superior dereito un pequeniño escudo cunha árbore ¿carballo? Case que debaixo deste unha espada inclinada, á esquerda un obxecto parecido a unha fouce, e enriba do "Victor" rematándoo unha coroa ducal. Estas pedras probablemente proveñan da antiga igrexa.
FESTAS: a do patrón Santo Estevo, celébrase o 26 de decembro. San Eleuterio, o terceiro domingo de maio. O sacramento, o primeiro domingo de setembro.
Unha festa (non relixiosa) que foi moi importante é a que se celebra no Gandarón, do que falamos:
Carballeira do Gandarón: Pedro Varela, no seu libro "A Estrada" p. 73 e seguintes fainos unha completa relación do que eran as sociedades de agricultores e en particular da que se estableceu en Lagartóns, no chamado Gandarón, unha importante carballeira que hoxe non presenta nin lembranza de tales árbores... seguiremos entón a Varela:
Despois dunha introdución referindo a importante loita de moitas persoas a prol da unión dos labregos en sociedades de agricultores e en contra do caciquismo...
"En noviembre del mismo año proclamados por el artículo 29 de la ley electoral, concejales con la clasificación de agrarios los Srs. D. Ramiro Ulloa, Juan Peiteado... etc, José Porto y Manuel Sanlouzans, constituyendo una notable mayoría encargada por el gobierno del municipio en enero de 1916, al ser detenido en el campo de Lagartones el Sr. Señarís, el agrarismo había vencido.
Para conmemorar esa fecha y la victoria obtenida (a da unión dos agricultores) se levantó en el mismo campo una columna triunfal coronada por una piña que significa la unión agraria: Una reja de hierro fabricada gratuitamente por el acreditado artista D. Manuel Amigo Oca encierra el monumento que lleva estas cuatro inscriciones labradas en piedra: "UNION AGRARIA ESTRADENSE" Aquí se consolidó. "FRATERNIDAD, AGRARISMO, DEMOCRACIA Y LIBERTAD" "LA FEDERACIÓN AGRARIA EN CONMEMORACIÓN DEL
16 DE MAYO 1915" "EL LABRADOR ES EL REY DE LA NATURALEZA".
Había que descubrir el monumento y fijar "El día de los agrarios" y en efecto se preparó una fiesta para el día 16 de mayo de 1916", que pola excepcional importancia que tivo hai que reseñala:
"Con millares de hojas volantes distribuídas oportunamente en este distrito, y comarcanos se hizo una gran propaganda.
El Eco de La Estrada, no cesó durante los tres meses anteriores a la fiesta, de hacer un llamamiento en regla y para completar lo editó un extraordinario el 24 de abril... en él se leía: "Grandes fiestas. Loor a los perseguidos, la Federación Agraria en conmemoración del 16 de mayo de 1915, celebró el mismo día de 1916 en el campo de Lagartones, la fiesta más grande que Galicia recuerda. ¡Agrarios! A presenciar el descubrimiento del primer monumento que se levanta en España como símbolo de unión y de triunfo labriego. Saludemos a los mártires que han sufrido los rigores de la prisión luchando por el gobierno del pueblo, por el pueblo"...
Y el programa de las fiestas que era como sigue:
A las seis de la mañana disparo de seis bombas desde el local de cada sociedad federada: A las ocho misa en Lagartones: A las nueve entrada de las sociedades en el campo, por grupos con estandartes desplegados y acompañados por bandas de música. A la cabeza de la comitiva entrará la moza elegida por las compañeras de su zona siguiendo las designadas por las sociedades agrupadas cada auna a su estandarte y las músicas escalonadas.
Grupo del Ulla: Lo componen las sociedades de Orazo, Loimil, San Miguel de Castro, Arnois, Oca, Ancorados, Pardemarín, Callobre, Moreira, Berres, Ribeira y Paradela-Barbud. Presidenta Felisa Brea Marque de Rubín con sus damas de honor.
Grupo de Vea: Se compone de estas sociedades: Santeles, Toedo, Baloira, Vea, Santa Cristina, San Julián, San Andrés, San Jorge, Couso, Cora, los Barcalasy Matalobos, presidenta Marfa Luisa Armadans.
Grupo de la montaña: Componen este grupo las sociedades de Cereijo, Vinseiro, Lagartones, Guimarei, Parada, Rivela, Arca, Souto y Somoza, presidenta: Rosalía Torres Vilaverde con sus damas de honor.
Los tres grupos estarán en el campo con intervalos de diez minutos... La directiva estará en la tribuna donde recibirá a las presidentas y sus damas, obsequiándolas con ramos de flores y adornándolas con moñas cintadas en que aparecerán incripciones referentes al acto.
Esta parte del programa se cumplió a las mil marabillas... mañana espléndida y muy pronto empezó a llegar atronador... el ruído de las bombas disparadas por las sociedades. Era la llamada al ejército labriego... entraban nutridísmas en el campo de Lagartones. Fue un momento emocionante, indescriptible sólo superado cuando el alcalde D. Ramiro Ulloa descubrió el monumento... bombas... gaitas típicas... bandas de música, ruído atronador...
Llegó la hora de comer y apareció el enorme campo de Lagartones cubierto de blancos manteles. Del distrito de La Estrada sólo faltaron las personas imposibilitadas... había concurrencia de Lalín, Silleda, Carbia, Vedra, Teo, Cesures, Padrón, Caldas, Cuntis, Pontevedra, Barro, Campo, Cerdedo y Forcarey hubo mucha gente, da idea que una persona muy conocida se apartó por la mañana de sus familiares y no logró encontrarlos hasta la noche...
Ha sido sin duda alguna lo ocurrido en Lagartones el 16 de mayo de 1916 el acto de esta índole registrado en Galicia.
Un periódico publicaba: ¡Viajante! Cuando pases por el campo de Lagartones al pié de una columna que se levanta magistralmente alzando al cielo la piña simbólica de unión campesina, párate y descúbrete; no para dejar una limosna por que la única que se pide es un buen corazón, sino para dedicar un recuerdo mental a los que han sufrido por la causa redentora y admirar su constancia. Y si no eres agrario; si no figuras en las legiones honradas de tus vecinos, huye, por que ese monumento tanto glorifica y perpetúa la actuación de los buenos, como sirve de baldón para los malvados".
La federación declaró fiesta agraria el 16 de mayo de cada año.
El 16 de mayo de 1917 se repartió la fiesta de Lagartones, y si bien estuvo concurridísima, no revistió aquella grandiosidad del primer año".
O día 23 de xuño de 1984 celebrouse de novo unha gran festa para lembrar a primeira data con asistencia do gobernador civil, á que tiven a honra de asistir. Nun acto oficial falou unha rapaza, Dolores Camba Castro (historiadora), VarelaBuxán e Xosé Figueiras de Riobó, tocándome de pechar o acto como alcalde da Estrada.
Foi un día enteiro de festa con actos oficiais pola mañá, seguidos dun gran xantar enxebre no mesmo campo de Gandarón e arredores. Alí soaban cancións, bandas de música, orquestras, gaitas e unha irmandade sen límites.
FEIRAS: no campo de Gandarón (carballeira como dixemos) tamén se celebra a festa de San Eleuterio e mais unha feira anual por Pascua. O Concello, en sesión do 7 de outubro de 1859, decidiu trasladala para A Estrada, o que deu lugar a unhas importantes liortas e revoltas dos veciños e nelas morreu o veciño de alí Manuel Rei ademais doutros veciños feridos...
No mesmo campo do Gandarón houbo un terreo cerrado sobre si no cal polo pagamento dunha cantidade por cabeza de gando se metian as cabaleirías para pacer e estar recollidas.
Había outra feira o día 3 de maio, que era a Feira do Ceboliño. Era moi importante nela a presenza de maragatos, que comerciaban sobre todo con bestas que levaban para traballar as anchas terras de Castela. Proba diso son os cantares que recollemos:
Maragato Pato Rabo de la cincha Cuando el gallo canta Maragato rincha
O propio alcume de "Maragato" foilles aplicado a todos os do Viso, polas moitas feiras que aquí había.
Os de Callobre raposos Os de Viso Maragatos E os de San Xorxe estorninos Que van ao burato
INDUSTRIA: hai como industria os muíños de: o Fouleiro, xa en terreo de Moreira, o das Moreiras, parcialmente arranxado, o da Veiga de Baixo, no Liñares, e o muíño dos Batáns sobre do Mollarrabo, onde había un batán para traballar o liño.
Unha industria importante na parroquia desde hai moitos anos é a do Cereixo, vén xa desde seu avó; o actual chámase Francisco Barreira Vilas, este é un importante cereiro cunha industria familiar e manual, el mesmo cata cortizos para adquirir o mel que despois mestura co tanto por cento de parafina, arranxa as velas que vende para fregueses e curas párrocos. Actualmente non ten actividade.
A cera funde a lume lento nunha caldeira de cobre e de alí pásase nuns picheies a un depósito onde segue fundida pola calar da auga "a baño María" e por alí colgados por un aparello van pasando os "nocres" cada un con dez pares de fíos (para vinte velas), en total o aparello ten 10 "nocres" ou sexa que a por de ir afundindo na cera derretida "nocre" a "nocre" vaise engordando ao redor do fío con cera o que será unha vela. Como son 10 "nocres" a poder de pasadas quítalle ao remate 120 velas.
A parroquia experimentou un gran proceso industrial coa aparición de moitas empresas, fundamentalmente en tomo á N-640.
1 lavacoches, 2 talleres mecánicos, 1 taller de carroceñas, 4 moblerías, 2 serrerías de pedra, 1 panadería, 1 fábrica de taboleiros,
1 gasolineira con restaurante, 1 tenda de electrodomésticos, 1 empresa dedicada á venda de leña, 2 almacéns de madeiras importadas, 1 empresa de construción.
Está proxectado un polígono industrial sectorial do moble denominado "Cidade do Moble". Un proxecto novidoso de 800.000 m2 e no que o sector ten postas moitas esperanzas; que suporá o primeiro proxecto destas características en Galicia e España. Será un gran parque empresarial con espazos e dotacións comúns para distintos fabricantes.
COMERCIO: existe 1 taberna nos Bolos, 1 restaurante e hospedaxe.
CENTROS CULTURAIS: teñen 1 centro cultural no campo da festa. Os edificios da escola atópanse en mal estado.
ENSINO: van os rapaces ao colexio de Figueroa.
Colexio as Colonias, fundado por Femando Conde, alcalde de Vigo e Fillo Adoptivo da Estrada, creou estas instalacións co obxecto de traer colonias de nenos/as de Vigo a veranear á estrada. Máis tarde Colexio Cristo Rei, hoxe pechado e propiedade da orde relixiosa deste nome.
DEPORTES: o principal deporte nesta parroquia é o da cana, pódense pescar moi boas troitas no Liñares e nos regatos pequenos que se xuntan alí.
O campo de fútbol tamén fai de campo da festa.
PERSOA SOBRANCEIRA: Jesús Tallón Maceira, mestre e membro do Consello de Dirección da CRTVG, foi alcalde da Estrada.
ASPECTO SANITARIO, LUZ, VIVENDA, etc...
Neste senso a parroquia ten médico alí preto na vila e mais o ambulatorio da Seguridade Social. Viven os veciños coa agricultura, gandería, o leite e o traballo de moitos na veciña Vila.
DATO: na casa do Cereiro cobrábase a renda de toda a parroquia para o marqués de Santa Cruz... din que o encargado que era da banda da Ulla, viña a recollela e era boa persoa, así como o Marqués. Pagaban 36 ferrados de centeo, 36 de millo e capóns cebados en cartos.
TOPONIMIA MENOR: xa o mesmo nome de Lagartóns ¿de lugares grandes?... dicía José María Moar... "El palacio de Oca. Cerca de la Colonia de Teón (Castrorión en Oca) una de las que forman círculos céntricos al natural mirador de la rectoral de Lagartones, en A Estrada..."
É importante Foxos (supoñemos que alí haberá un foxo), o Iglesarío polo que nos din onde estivo a igrexa, o muiño do Batán, xa que tería Batáns, o importante campo de Gandarón coa súa historia e o campo de batalla tamén coa súa historia e tradición, Liñares, que nos lembra o liño tan aproveitado daquela, o Fouleiro, lembranza da foula, da fariña dos muíños, as pontes románicas tan importantes. A cruz, onde hoxe non hai cruceiro, Os Bolos, que segundo os veciños lle dan ese chamadoiro porque alí había 9 casasupas de mala morte e moi parecidas ás que lle puxeron o nome de bolos pola súa feitura. O Mollarabo, había que ter tino coa súa lenda, o Francés, lembrando os franceses do campo de batalla etc...
TELEFONIA: con cable.
RURALCENTRO: situado nas antigas escolas dos Bolos. Dálles acceso a Internet aos veciños/as grazas ao proxecto “aestradadixital”.
PLANTÍOS REAIS: La Dehesa Real de S. M: de Lagartóns, tiene de cavida 24 ferrados y 19 cuartillos, confina por L con el río Viso. P. Y.N monte abierto de Puente Liñares S. Veiga do monte.
Viveiro: El Viveiro de dicha dehesa real se halla circundando sobre sí en el monte abierto de Boano y hace de cavida un ferrado".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Parroquia de 75 cabezas de familia e 339 habitantes, que dista da Estrada uns tres quilómetros.
Lagartóns é aumentativo de lagartos, réptiles da orde dos saurios, moi abundantes na localidade.
Lugares: O Viso, Os Tatos, Monte, O Outeiro, Ouzamerxe, Lagartóns, Boáns, A Batalla, Os Bolos, Portosenín, Os Chapurros, O Sisto, e Trasdomuro.
Viso é voz xermánica, segundo D. José de Santiago, e vén de veihsa, “aldea” ou “burgo”; tamén significa “altura”, “eminencia”, “punto ou lugar despexado desde onde se enxerga moito terreo”. Se atendemos ao latín temos que visumsignifica “altura”. Os Tatos debe o nome ao apelido dos fundadores ou primeiros aforantes. Boáns, bon ou bo. A Batalla, campo onde se librou unha acción de guerra hai moitos anos, pois xa se atopa a denominación en documentos do século XVI. En canto aos Chapurros, ou Chaparros, séntalle ben o nome, por canto a localidade distínguese por estar moi poboada de árbores e matogueira. O Sisto é de supoñer que veña de sesto, sesteo, é dicir, “punto apropiado para durmiren os animais á sombra das árbores”.
Linderos: norte, Moreira e Aguións; sur, Cereixo e Guimarei; leste, Callobre; e oeste, Guimarei e A Estrada.
Vías de comunicación: a estrada de Chapa a Carril pasa por termos desta parroquia. Hai os obrigados camiños rurais; e también a ponte do Viso, entre Lagartóns e Callobre; o Liñares na estrada, entre Lagartóns e Callobre; a Ponte Vella, entre Lagartóns e Moreira; a do Fouleiro, na mesma divisoria; o pontillón, que comunica co lugar de Vilar de Callobre; outro no lugar do Monte que comunica con Cereixo; o do Mollarrabo e o da Pinguenla para comunicar con Guimarei.
Bañan esta parroquia o río Liñares e mais o regato do Pontillón, que vén de Ouzande por Guimarei.
O ensino primario está a cargo dun mestre nacional, que funciona no lugar dos Tatos.
No eclesiástico: Lagartóns ten por patrón a San Estevo; o curato é de entrada e presenta o marqués de Aranda e Guimarei. En canto á antigüidade da freguesía só sabemos que xa existía no século XV. A igrexa antiga estaba no Outeiro, e fora fundada por D. Bartolomé Barbeito; mais, por ser moi reducida e estar deteriorada, ordeou o prelado, co gallo da visita do ano 1729, o traslado da pía bautismal e demais para a capela de Santa Cruz do Viso, sobre a que se levantou o templo actual. A casa reitoral é nova e está situada nun punto ameno e pintoresco. Non esqueceremos as delicias da súa horta onde, cando recollemos estas notas, gozamos de exquisitas froitas, grazas á amabilidade do párroco D. Buenaventura Pena Martínez, que fixo do terreo un verdadeiro verxel. Era o mes de agosto e alí vimos os restos dun plantío de leituga, bos melóns, sandías, pementos, remolacha, cenoria, azafrán e outras mil curiosidades en legumes e hortalizas.
No libro de defuncións puidemos observar que o 12 de maio de 1838 se fixeron os funerais de Santiago Barcala de Ouzamerxe, morto ao servizo das armas no sitio de Bilbao en decembro de 1837.
Festas anuais: San Estevo, o 26 de decembro; o 27, a Concepción; San Eleuterio, o terceiro domingo de maio; o Sacramento, o primeiro domingo de setembro; Santa Cruz, o 3 de maio; e algunha outra de menos importancia.
Outras particularidades: no lugar dos Tatos hai un campo enorme chamado Gandarón, poboado de carballos, onde está colocado o monumento agrario e onde se celebra a festa de San Eleuterio. Tamén se realiza allí a feira anual de Pascua; mais o Concello, en sesión de 7 de outubro de 1859, acordou trasladala para A Estrada, dando lugar o tal traslado a un levantamento da parroquia, de sanguentas consecuencias, pois perdeu a vida Manuel Rey e houbo varios feridos. Moi preto do devandito campo hai un terreo pechado sobre si, no cal, mediante o pago dunha cantidade determinada segundo as cabezas de gando, se metían as cabalarías para pacer e estar recollidas.
Os de Lagartóns recollen o correo na Estrada.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923