Ancorados (San Tomé)*
Clara Iglesias Cortizo
- BREI: parece que podemos relacionar este nome co lexema céltico brei-, co significado de “xunco, espadana”.
- CAMPO REDONDO: sintagma de significado transparente. O substantivo galego campo provén do latín CAMPUM; e o adxectivo redondo, do latín ROTUNDUM, que derivou de ROTAM, “roda”. Este nome alude a un campo en forma curva ou redondeada. O lexema redond- é abundantísimo na toponimia galega (Redondela, Silvarredonda, A Redonda…) e tamén en toda a Romania (catalán Camprodón, francés La Ronde, Pierredon…).
- O CASTRO: do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado”. A palabra castro úsase para designar os poboados da época prerromana e romana. É un topónimo moi abundante no noso país e tamén aparece con moita frecuencia como apelido. Parece lóxico pensar que este nome indica que existiu no lugar un destes asentamentos.
- GONTÉN: topónimo de posesor, a partir do antropónimo xermánico Guntihem.
- O NABAL: o substantivo común nabal designa un lugar onde se sementan nabos. Deriva do latín vulgar NAPUM e leva engadido o sufixo locativo –al. Non parece nada estraño o significado do topónimo, tendo en conta que a plantación de nabos e nabizas é moi común nesta zona. Mais existe outra posibilidade de interpretación, que nos levaría a relacionar o nome Nabal co lexema prerromano *nav-, ”chaira entre montañas”, presente en varios topónimos galegos, como é o caso de Navia, e en moitos outros ao longo do norte e oeste da Península Ibérica. De todos xeitos, e tendo en conta a grafía b, semella preferíbel a primeira alternativa.
- SAN TOMÉ: este haxiotopónimo indica o nome do lugar onde se encontra a igrexa parroquial. Procede do latín eclesiástico THOMAS –AE, que reproduce o grego neotestamentario Thomâs, e este, pola súa vez, é transliteración do arameo tô´am, “xemelgos”. A terminación en –e da forma tradicional galega indica que posibelmente proveña do xenitivo e non do nominativo, polo que debía ser un patronímico, é dicir, en relación ao pai, indicando filiación.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Ancorados (San Tomé)*
Manuel Reimóndez Portela
É desde sempre coñecida esta freguesía co nome de San Tomé de Ancorados, pertencente á zona da Ulla Alta que forma coas súas compañeiras, Loimil, Orazo, Remesar, Agar e San Pedro de Ancorados a súa homónima e veciña.
Correntemente fálase "dos Ancorados" referíndose á xuntanza destas dúas parroquias asentadas no mesmo val.
LINDES: os seus lindes son os seguintes: polo norte coas parroquias de Berres e Riobó, polo sur coa súa homónima San Pedro, polo leste con Remesar e Agar e polo oeste envólvea tamén San Pedro de Ancorados e Berres.
Por razón alfabética do seu nome ocupa o posto número 4.
Por razón da superficie esta freguesía está no posto 50 con 190 has.
Nome dos lugares da parroquia, normativizados e postos ao día: A parroquia ten 277 habitantes de feito. Actualmente a súa poboación é de 141 habitantes.
A parroquia considera tamén como lugar a Tutén, onde so hai dúas casas, as casas de Hedreira, aínda que non figura oficialmente no Nomenclátor.
COMUNICACIÓNS: na actualidade atópase ben comunicada esta parroquia por pistas asfaltadas feitas por concentración parcelaria; unha, que entrando polo nordeste procedente da Mota en Riobó e por iso da estrada Callobre-Ponte Ledesma, entra por Gontén e segue a Brei saíndo por Ventosela ao Foxo Corvelle e, por tanto, á estrada N-640 Chapa Carril. Fíxose concentración parcelaria do monte nos anos 1998-1999.
Coa concentración parcelaria de montes realizáronse outras vías de comunicación.
Existe unha pista con xabre que sae de Campo Redondo e vai á Mota. Ten un ancho equivalente o do Camiño Real. Outra das pistas de xabre sae do Campo da Festa e vai a Gontén por Zamar.
Outra délas está asfaltada e sae de San Tomé ao Seixo e enlaza na que sobe ao Sol.
Outra pista que, saíndo en Berres no lugar de Porto, arranca cara ao leste pasando por Campo Redondo ata o centro da parroquia onde espalla cara á igrexa e San Tomé, cara ao norte e cara ao sur San Pedro de Ancorados saíndo despois tamén á mesma Chapa-Carril.
Outros camiños de carro espállanse cara a montes e leiras.
Camiño Real: antigo camiño real viña de Pía e Pica en Moreira por monte Molide e pasaba por Campo Redondo desta parroquia e montes de Outeiro da Mota, cara a este mesmo lugar para seguir a Oca.
Na actualidade, en Campo Redondo ata Ríos está convertido en pista de xabre que vai dende Campo Redondo á Mota.
HIDROGRAFÍA: non ten ríos. Esta parroquia percórrea so o regueiro do Pío de sur a norte, que nace no fondo de Ventosela, baixa polo lado oeste de Gontén á Pena de Roibó seguindo para desaugar no regueiro de Remesar, que vai ao devandito río Bo.
Ademais, un pequeno regato chamado de Abeeiras ou Revolta de Riba, segundo por onde pase, que nace en Aminde, e vai ás revoltas de Riba, as Abeeiras (saíndo polo lugar de río de Agar) e ao mesmo dito regueiro de Remesar e ao río Bo. Divide San Tomé de Agar.
PONTES: ao ter poucos e pequenos regueiros ten tamén poucas pontes, cóntanse a ponte do Pío, no lugar do mesmo nome, e a da Pena neste mesmo lugar, sobre do río Pío, así como a ponte de Gontén sobre deste.
FONTES: ten a fonte da Golfa, a do Castro, nos lugares dos mesmos nomes; a da Taberneira en Redondo, a dos Cans, e a ponte Salgueiriña en Brei.
OROGRAFÍA: é unha parroquia sen montañas e poucos montes ao oeste e ao leste. Desde a cara oeste verte sen grandes pendentes cara o regueiro de Pío.
CASTROS: castro de San Tomé: sito a uns 300 metros ao oeste da igrexa onda o lugar que leva o seu nome (Castro). Trátase dun montiño que sobresae dado que na redonda o terreo é máis baixo e chan, ten defensas polo norte, sur e oeste.
Ten forma redonda ou circular. Está cheo de matogueiras, toxos e mimosas que non o deixan ver ben no cume. Pouco a pouco as terras traballadas dos veciños vanse apoderando do terreo do castro.
Olimpio Arca di que achou alí uns cachiños de cerámica, uns de barro vermello e outros de barro mouro e pobre.
Nos atopamos un anaco dun muíño románico entre as pedras que forman un valo dunha leira ao pé do castro pola banda leste.
Propiedade de: Guillermo Davila, Raúl Souto e Ángel Barba.
PAISAXES: desde o lugar de Brei e os montes veciños ábrese unha fermosa paisaxe cara ao val, máis abaixo camiño de Riobó, Oca, Loimil, Orazo e Arnois polo N-O. E mirando cara ao leste atópase o monte de San Sebastián da Cabana co paso da estrada N-640.
PEDRAS: non é parroquia que teña pedras sobresaíntes, aínda que nas Abeeiras hai unha pequena con pozas e unha lenda.
A chamada "Burata de Pedras" foi aplanada coa concentración parcelaria de montes.
Tampouco ten cruceiros na actualidade San Tomé.
HÓRREOS: aínda se ven algúns hórreos de pedra antigos, coma o de Neira, por exemplo, no lugar de San Tomé.
LENDAS: no Outeiro do Castro, é dicir no mesmo Castro, había unha trabe de ouro e outra de alcatrán, os veciños non se atreven a cavar por mor de atoparse coa de alcatrán e arderen todos.
Tamén hai unha mina de ouro e outra de alcatrán debaixo do outeiro que ía soterrada ao mesmo lugar de San Tomé.
"Da Mourentán á Agrá Chan hai unha mina de ouro e outra de alcatrán." (Ventosela de San Pedro de Ancorados e Agrachán de Ventosela e de Brei de San Tomé.)
Entre Gontén e San Tomé saía unha galiña con pitos de ouro.
Nas Aveeiras hai unha peneda pequena cunhas fochancas onde dicían que había unha mina de ouro que tiña que ser descuberta pola pata dunha ovella (supoñemos que o sinal da pegada).
Dinos Jerónimo del Hoyo ano 1607:
"Santo Tomé de Ancorados, Anexo a San Pedro de Ancorados:
Tiene esta feligresía veintisiete feligreses. Los fructos se dividen en tres partes, la una la lleva el rector que con los fructos de San Pedro de Ancorados que es la cabega valdrán veinteséis cargas de todo pan. Presentación del monasterio de Sancta Clara de Santiago que lleva las otras dos partes por haber sucedido en los bienes que tenían los frailes terceros que vivían en Sancta María la Nueva donde ahora está el colegio de la Compañía. La fábrica tiene de renta siete ferrados de pan de renta cada un año."
Catastro de la Ensenada: os importantes datos recollidos no Catastro del Marqués de la Ensenada atópanse incluidos no capítulo dedicado a este Catastro, onde lle corresponde ao couto de Tabeirós.
Pascual Madoz anos 1846-50 no seu diccionario di:
"Ancorados (Santo Tomé de), feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) Diócesis de Santiago (4,5 Leo.) partido judicial de Tabearos (1) y Ayuntamiento de Estrada (1) situada en un llano despejado y con buena ventilación, el clima templado y sano 41 casas forman esta feligresía con las aldeas de: Brey, Castro, Gontar y Santo Tomé. La iglesia parroquial: (Sto. Tomé) es aneja de San Pedro de Ancorados en cuyo punto reside el cura, el término se extiende un cuarto de legua y confina por N. con Remesar, por E. con Agar, por S. con San Pedro de Ancorados y por O. con esa misma feligresía y la de Rubín. Hay 4 fuentes de buenas y abundantes aguas, el terreno es gredoso y muy fértil. Los caminos son vecinales y el principal que conduce desde la capital del Ayuntamiento a varias parroquias. El correo se recibe de Estrada por medio de un peatón los domingos, martes y jueves y sale los lunes, miércoles y sábados.Producción: maíz, centeno, trigo, patatas, castañas, habichuelas, nabos, hortalizas de buena calidad y lino exquisito., cría de ganado vacuno, lanar y mular; hay caza de conejos, liebres, perdices, codornices y otras aves. Industria: la agrícola y un molino harinero y se teje lino, estopa y lana para vestidos de campo. Comercio: la exportación del maíz sobrante. Población 45 vecinos, 220 alarmas."
Nomenclátor do Arzobispado de Santiago: os datos de San Tomé están eos de San Pedro. No censo do ano 1924 tiña 271 habitantes.
Segundo Álvarez Limeses no ano 1936:
"Ancorados (Santo Tomás). Dista 50 kilómetros de Pontevedra y 10 de La Estrada y limita al N. con Riobó, al S. con Ancorados (San Pedro), a la E. con Remesar y al O. con Berres.
Entidades: Brey con 65 habitantes, Castro 87, Gonte 67, Santo Tomas 46 y diseminados 6 que suman 271, esta parroquia es anexa de San Pedro de Ancorados, la atraviesa la carretera de Callobre a Ponte-Ledesma.
IGREXA PARROQUIAL
É unha das igrexas de ábsida rectangular, ao fondo da que se abre unha ventá de arquivolta semicircular, tórica sobre columniñas acodilladas nas xambas, unha por lado; déla fálanos Ángel del Castillo e Hipólito de Sá coa súa sabencia sobre o caso... "portada principal de arquivolta tórica, semicircular, peraltada con una columna por jamba y tímpano de varias piezas indudablemente alterado, sencilla puerta en el muro del norte, rehecho, como el del sur. Buena colección de canecillos... sobre el testero de la nave curiosa cruz de entrelazos.
"Ejemplar románico curioso de la segunda mitad del siglo XII, tal vez de los últimos años de dicho siglo.
Cruz procesional con Jesús, la Virgen y los cuatro Evangelistas, obra tal vez de últimos del siglo XVI muy parecida a la de Castrovite."
Atópase esta igrexa nas clasificadas por H. de Sá de ábsida rectangular e ábsida a dúas augas cunha fiestra na vertical do piñón sobre a que descansa a cruz de entrelazos. No interior conserva a traza románica na cabeceira pois no resto houbo reformas e ampliacións que non teñen que ver co románico. É interesante pola ornamentación dos capiteis e a portada principal é dunha arquivolta tórica rodeada doutra moldura sobre columnas... un ábaco saínte... un tímpano, liso de varias pezas... no muro norte unha sinxela porta rectangular. É do mesmo estilo das igrexas románicas que se conservan nas terras de Tabeirós.
Esta igrexa tivo tres importantes altares: o da Nosa Sra. do Carme, o de Santo Antón e o da Virxe do Rosario, que tiña unha confradía na parroquia. Coa reforma dos anos 70 elimináronse os altares e descubriuse a pedra.
Admirouse moito, sempre, a imaxe da Virxe do Rosario cando saía en procesión ás misións que se celebran noutras parroquias, con coroa de prata e ouro.
Actualmente estanse levando a cabo xestións para restaurar o retablo maior xa que, presenta indicios de couza e mal estado xeral da madeira.
Dinos Luna Sanmartín:
Descrición da fachada principal: observando a fachada principal, de orientación occidental, atopámonos no centro unha portada de arco semicircular cunha arquivolta tórica apeada sobre dúas columnas. As bases das columnas son de perfil ático. Os fustes orixinariamente monolíticos están agora partidos en dous. Os capiteis están enfeitados con motivos vexetais de follas e bolas.
Os ábacos, moi erosionados, orixinariamente estendíanse en forma de imposta por toda a fachada. O tímpano é liso e de varias pezas, nótanse aquí (igual que na parte superior desta fachada) as reformas levadas a cabo. Sobre a porta unha pequena ventá rectangular.
Os muros da nave: unha sinxela colección de canzorros.
O muro setentrional posúe unha porta rectangular alintelada e unha seteira con derrame interno. Non ten contrafortes. O aleiro con cobixa en chafrán recto está sostido por canzorros de proa e uns cantos de lóbulos e baquetóns.
O muro meridional da nave ten tamén unha portada alintelada e unha seteira; ambos elementos están cegados. O aleiro con acubilla en chafrán recto está sostido, tamén por canzorros de proa, lóbulos e baquetóns.
BAIXO O SIGNO DA CRUZ
Unha seteira, por riba da ábsida, ábrese no muro oriental da nave.
Exterior da nave: o nexo da unión do rectángulo, da ábsida, co resto da nave é un cobadiño a xeito de contraforte.
O muro setentrional ten anexionada unha sancristía moderna. O aleiro meridional está formado por unha cobertura de chafrán recto sostido por tres canzorros, dous de proa e un de planos superpostos no medio. No aleiro oriental faltan os canzorros por mor das restauracións levadas a cabo no tellado.
Unha ventá con seteira cegada: a fachada oriental da ábsida ten manchóns de pintura branca e no centro desta ábrese unha sinxela e fermosa ventá coa seteira, na actualidade, cegada. Posúe unha arquivolta semicircular, a chambra é lisa e apóiase nun par de columnas acaroadas. As bases das columnas son de perfil ático. O fuste é monolítico.
Os capiteis están adornados con motivos vexetais de follas.
Interior da nave: a nave está cubería cunha bóveda moderna. O muro meridional mostra dous vans cegados.
Inscricións das campás: campá grande: JESUS MARIA Y JOSE ANO DE 1858. LISTE EN ORAZO. Campá pequeña: LAUDETUR DOMINUS 1808. SANTUS DEUS SANTUS FORTIS SANTUS INMORTALIS MISERERE NOVIS.
María de Sanmartín octoxenaria veciña do lugar de San Tomé cunha prodixiosa memoria recítanos estes versiños propios para todos os temas preelectorais. Ignoramos o autor:
Soñé anoche que La Estrada
Era una ilusión fingida
Que el sueño me regalaba.
La casa Consistorial
con su jardín sin igual
tenía a toda su orilla
y el resto de la villa
era una gran capital.
Soñé que todas las tierras
daban frutos colosales
y también los animales
valían mucho dinero
soñando vi un ternero
venderse en dos mil reales.
Soñé que todos los ríos
unos llevaban café
y otras ricas aguardientes
y manaba de una fuente
un vino muy exquisito
y allí un letrerito que decía:
Esto es para os labregos
que demuestren ser gallegos
el día del plebiscito.
FESTAS: a festa do patrón (San Tomé) celébrase o día 21 de decembro. Ao día seguinte facíase a festa do Rosario pero actualmente non se fai. San Mauro é o primeiro sábado despois da Nosa Señora (15 de agosto). Coincidindo coa festa de San Xoán ten lugar no campo da festa unha sardiñada.
INDUSTRIA: tiveron unha "planta" de luz eléctrica onde hoxe lle chaman o muíño da Braña no regueiro de Pío que daba luz aos lugares de Castro e San Tomé. Tratábase dunha turbina posta en funcionamento coa auga do regueiro por Ramiro Rey Neira veciño deste derradeiro lugar polos anos 1940, que funcionou ata que tiveron servizo desde A Estrada, transformándose despois en muíño. Na actualidade atópase en estado de ruína.
Recentemente fíxose unha importante plantación de kiwis na coñecida como "Cerrada do Outeiro", que mudou de propietarios. Esta plantación linda co camiño real de Campo Redondo á Mota, a 300 metros do Campo Redondo.
Muíños: no regueiro de Pío atópanse o muíño de Castro no que houbo taller de torneado da madeira. O muíño da Braña da Pedra, onde existiu a planta da luz, tamén chamado muíño de Arriba ao sur do anteriormente transcrito, tamén en ruínas, no regueiro de Pío.
Muíño do Fondo de Ante a Porta. Máis ao sur do de Arriba tamén en ruínas.
No regato das Abeiras hai o muíño de Amado.
Ten ademais dous talleres de torneado da madeira.
TALLERES
Manuel Nogueira Martínez: torneado de madeira, fan os mangos das vasoiras, no lugar de San Tomé.
Lino Nogueira Martínez: torneado da madeira, fai perchas, no lugar de Redondo.
Manuel Nogueira Villar; fábrica de madeira ARTEMA. Con gran trascendencia económica porque comercializa a produción da madeira dos torneiros do municipio e incluso importa materiais de países asiáticos. Ten dúas naves e a súa empresa ten tal calado que ao seu propietario lle deron o sobrenome da mesma ARTEMA.
En canto ao COMERCIO so ten dúas tabernas, unha en Gontén e outra en Brei.
ENSINO: non teñen escola de preescolar, van os alumnos ao CEIP do Foxo, alí preto, en Rubín.
CENTRO PARROQUIAL DA CASA ESCOLA: atópase a carón co campo da festa, no lugar do Castro. Foi pintada en 2002 e nela lévanse a cabo as actividades parroquiais, así como actividades de escolarización dos menores. Así mesmo, celébranse xuntanzas parroquiais e todo tipo de reunións.
DEPORTES: a caza é o deporte que pode practicarse nesta parroquia.
SANIDADE: neste senso teñen un médico na parroquia lindeira de Rubín (o Foxo), onde está planificado un centro de saúde, ademais dos servizos do ambulatorio da Estrada.
En canto á ECONOMÍA, vivenda e forma de vida, mellorou moito en San Tomé, vivindo da agricultura, a gandería é algúns con cultivo de flores no lugar de Brei. Mellorou a vivenda co seu servizo de electricidade, luz particular e pública, e teléfono con tecnoloxía Trac.
OUTROS DATOS: lemos de Pedro Varela "Cinco fueron los muertos violentamente por el tirano francés el 20 de marzo de 1809". Hay las partidas que dicen: En 20 de marzo de 1809 fué atroz y cruelmente muerto Jacobo Baloira, vecino del lugar de Castro, como también en el mismo día lo fueron sus compañeros,
13 de septiembre de 1809 se dio sepultura a un hombre llamado Domingo Moa, vecino de San Lorenzo de Vilatuje, Obispado de Lugo, lugar de Moa, Alcaldía y partido de Lalín, el que fué ajusticiado en el campo del Fojo de Corbelle por la tropa de aquel cantón por faccioso. Fue asistido espiritualmente por tres sacerdotes de la misma parroquia hasta que falleció y un misionero de los exclaustrados de San Antonio de Herbón".
O director do Servizo do Patrimonio Documental fai constar:
Que en el fondo parroquial de Ancorados, San Pedro y Ancorados, Santo Tomé, serie Libros Sacramentais, numero 3, folio 35 vto; de este Archivo, hay una inscrición que dice literalmente:
"Nota:
Los cinco que siguen; son los que fueron muertos violentamente por el tirano Francés, 20 de Marzo de 1809, según más largamente lo referido en el libro de difunttos de la Yglesia de San Pedro al folio 37//
En veinte de Marzo de ocho cientos nuebe fue atroz y cruelmente muerto Jacobo Baloira Vezino del Lugar do Castro; y Marido de Caetana Paseiro: sepultóse en la tarde de aquel Día, como los que siguen: En los Días imediatos se le hizo Entierro; y Honrras; a que
asistieron ocho sacerdotes: y mando su Muger aplicar por su Alma ochenta Missas y para que conste lo firmo el Bachiller Don Josef Benito Álvarez (rubricado).
Al Margen izquierdo: "Jacobo Baloira. Missas 80. Cumplió con todo"
Al margen derecho: "Sepultura propia"
En el mismo día 20 de Marzo dieron igual cruel muerte a Juan Antonio Orosa, Vezino del lugar de San Tomé, y marido de María Benita Basquas: asistieron a su entierro y honrras seis señores Sacerdotes que se celebraron en doce de Abril del mismo Año: Fue sepulturado en sepultura de Dotación propia. Y se aplicaron por su alma 30 Missas y para que todo conste lo firmo el Bachiller Don Josef Benito Alvarez (rubricado)
Al margen izquierdo: "Juan Antonio Orosa. Misas 30. Cumplió con todo".
Al margen derecho: "Sepultura propia"
En dicho Día 20 de Marzo fue igualmente degollado Andrés de Souto; á cuyo entierro, y honrras asistieron ocho Señores Sacerdotes: fue sepulturado en sepultura de tres reais y se aplicaron por su Alma ochenta Misas; su limosna quatro reales y para que conste lo firmo el Bachiller Don Josef Benito Alvarez (rubricado).
Al margen izquiero: "Andrés de Souto. Misas 80. Cumplió con todo".
Al margen derecho: "Sepultura 3 reales".
En el referido día 20 de Marzo fué cruel y alebosamente muerto Feliz Mesía, Vezino del Lugar de Tuten; y enterrado su Cuerpo en aquella tarde; le hice entierro, y honrras con asistencia de otros cinco sacerdotes; todos de limosna por ser pobre: y se aplicaron por su Alma diez y ocho Misas, fue en sepultura de Pobres por serlo. Y para que conste lo firmo Bachiller Don Josef Benito Álvarez (rubricado).
Al margen izquierdo: "Feliz Mesía. Misas 18".
Al margen derecho: "Sepultura de Pobres".
Ytem. Manuel de Brey fue cruelmente muerto en la tarde de dicho Día; y enterrado su Cuerpo en sepultura de dotación; cuyo Entierro, y honrras se le hicieron posteriormente.
A que asistieron siete señores Sacerdotes; era célibe; e hijo de Andrés Brey y María Antonia Martínez. Sepultura propia de dotación.
Y para que conste lo firmo el Bachiller Don Josef Benito Álvarez (rubricado).
Al margen izquierdo: "Manuel Brey. Cumplió todas las funciones".
Al margen derecho: "Sepultura propia".
TOPONIMIA MENOR: temos nomes coma o outeiro de Castro, a Torre, Os Píos, Fornadeiro, fonte dos Cans, a Aeneda das Aveeiras e outros.
PLANTÍOS REAIS
Pon o Catastro de Ensenada:
"Dehesa y Vivero Real.
La Dehesa se halla sita en el precitado monte de sobre del agro Chocarei de Abajo cavida veinte y quatro ferrados. Dehesa primera calidad. L. Arroyo de Aminde. P. el referido monte de Chocarei, N. Vega de la Avieira. M. Vega de la Peña de la feligresía de S. Pedro de Ancorados.
El Vivero se halla sito en dicho monte de Campo Redondo, cavida dos ferrados y nueve quartillos, dehesa primera calidad, cerrad*a sobre sí."
* A Estrada Rural. 1990. Ed. 2002

San Tomé de Ancorados (1923)
Pedro Varela
Parroquia de 68 cabezas de familia e 244 habitantes, que dista da Estrada uns nove quilómetros.
En canto ao nome da freguesía, atémonos ao dito respecto á principal, ou sexa San Pedro.
Lugares: O Castro, San Tomé, Tutén, Gontén e Brei. O nome de Castro débese a estar inmediato a un campamento ou fortaleza antiga que alí hai. De Tutén, como non veña da deusa Tutelina que gardaba as colleitas, ou de Tutanos, Deus que defendía a xente, non sabemos outra cousa. Tampouco puidemos acadar datos fiábeis respecto ao significado ou etimoloxía da palabra Gontén. Brei responde ao apelido do fundador.
Lindeiros: norte, Riobó; sur, Ancorados San Pedro; leste, idem. e Agar; oeste, Berres.
Vías de comunicación: camiños rurais antigos.
Baña esta parroquia un regato, continuación de Carreirés, co que se fertilizan algunhas herbeiras.
No eclesiástico: San Tomé é anexo de San Pedro e para o curato presentan as monxas de Santa Clara de Santiago como sucesoras dos bens que tiñan os frades terceiros de Santa María a Nova (despois Colexio da Compañía).
Do arquivo parroquial tomamos ao pé da letra estes datos: «Cinco foron os asasinados violentamente polo tirano francés o 20 de marzo de 1809». Hai unhas partidas que din: “o 20 de marzo de 1809 mataron, de forma brutal e cruel, a Jacobo Baloira, veciño do lugar de Castro, así como tamén no mesmo día aos seus compañeiros”. “O 13 de setembro de 1839 deuse sepultura a un home chamado Domingo Moa, veciño de San Lourenzo de Vilatuxe, bispado de Lugo, lugar de Moa, alcaldía e partido de Lalín, que foi executado pola tropa daquel cantón, no campo do Foxo de Corbelle, acusado de faccioso. Ata que expirou, foi asistido espiritualmente por tres señores sacerdotes da mesma parroquia e un misioneiro dos exclaustrados de Santo Antonio de Herbón”.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017