“Nacín na Estrada o 5 de setembro de 1965. Crieime na casa familiar cos meus pais, irmá e avós, no número 88 da rúa Serafín Pazo, en pleno corazón do barrio de Bedelle. Nos xogos da infancia sempre sentín que Bedelle era unha desas illas solitarias arrodeadas de tesouros que nos engaiolaban e tamén de perigos que nos acechaban.
O matadoiro, hoxe reconvertido no Museo Reimóndez Portela. A finca de Muñiz., que nós chamabamos a de Paradés, hoxe urbanizada como rúa 35. O Cano do Sifón, hoxe (aínda que estreito) en moito mellor estado, a saída sur da illa. O Teatro Principal, onde os soños se facían realidade a 24 imaxes por segundo. A fonte máis grande do mundo. O campo de fútbol da Baiuca, lembro un velliño que sempre levaba paraugas aos partidos, chovera ou non. As carreiras polo xardín. A carballeira de Leis, onde unha tarde de verán cravei un cristal nun pé e tiveron que darme doce puntos. A finca Paraíso, a do señor Joaquín, o torneiro, que á postre convertiríase no meu avó. As cereixas máis sabedeiras do mundo, as da señora Secundina. As obras de teatro que improvisabamos no fallado da miña casa. O señor Torres, que tiña como especialidade a caza, captura e exhibición de toupas. Os automóbiles antigos que había no garaxe de Campos. O arrecendo a verniz e viruta do taller de carpintería de Valcárcel...
Un par de veces á semana atravesabamos a Pinguela e iamos a Guimarei, á casa dos meus avós maternos, aquelo era fantástico... Velaquí algúns dos espazos vitais da miña infancia.
Estudei no colexio de Lourdes: a señorita Leonor regaloume un dos libros que máis veces relín na miña vida, Cinco Semanas en Globo. O meu profesor de 2°, un tecedor de soños chamado David Otero, díxolle aos meus pais que ía rematar na NASA. Enfin, cando rematei 8° de EXB, o director preguntoume que quería ser (estudar); eu contestei, mestre e periodista.
Con trece anos pasei un mes de vacacións en Londres, na casa dos meus tíos, alí comprobei que había outros Ceos por descubrir.
Fun sempre por letras ata que, en 1984, botei moza e comecei a ter un interés inusitado (e obsesivo) polas matemáticas... en 1992, namentres todos miraban as Olimpiadas, casei con Regina, a miña noiva matemática.
Antes, fixen en Santiago a carreira (Maxisterio) pola que tiña (teño) devoción (vocación) e logo estudei Xeografía e Historia, especialidade de Historia Contemporánea, tamén en Compostela.
No 2000 naceu o meu fillo, Nicolás. Veu cunha historia marabillosa debaixo do brazo, O ano das mimosas, pero... esa é outra historia. ”
A súa obra abrangue practicamente todos os xéneros literarios, xéneros que se completan co seu traballo a prol da edición de diferentes obras dramáticas que xustifican o único xénero que non saíu aínda da súa pluma. Así publicou dúas obras narrativas: AS COMETAS DA VIDA (Ed. fervenza, 1999), obra coa que acadou o Premio Roberto Blanco Torres, e O ANO DAS MIMOSAS (Ed. fervenza, 2000). A nivel de ensaio publicou A ESTRADA ROMÁNICA (Ed. Fouce, 1999) e ONDE O SOL FACHEABA Ó AMAÑECER. VIDA E OBRA DE AVELINA VALLADARES NÚÑEZ (Ed. Fouce, 2000). Tamén foi coordinador da obra MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN. O PATRIARCA DO TEATRO GALEGO (Seminario de Estudios Deza, 2000). Canto á lírica, a súa obra MEMORIAS DO CAIRO (Ed. Fervenza, 2004) foi galardoada co premio “Avelina Valladares” do ano 2003. Tamén é coautor co artista Manuel Fragoso da obra A MARCIAL VALLADARES. 100 ANOS (Fundación Cultural da Estrada, 2003). Así mesmo realizou a edición da obra completa de Marcial Valladares titulada CANTIGUEIRO POPULAR (Fundación Cultural da Estrada, 2004). No eido teatral realizou a edición da obra de Manuel Bergueiro López, OLLO COS ESTUDANTES (Ed. Fervenza, 2003) e da obra de Manuel D. Varela Buxán ¿PISTA OU PESTE? (Ed. Fervenza, 2003) e a edición crítica de conversa CONVERSA ENTRE ARRIEIROS (Ed. Fervenza, 2004) de Marcial Valladares. Ademais realizou a tradución e adaptación da obra de Varela Buxán GRACIAS, PADRE RAMON (Seminario de Estudios Deza, 2004).