Baloira*
Clara Iglesias Cortizo
- BALOIRA: derivado do latín VALLEM AUREAM, “val dourado”. A grafía etimolóxica que lle corresponde é un v- inicial. A palabra Valoira indícanos que estamos perante un topónimo antigo que recolle a palabra val en feminino, que era o xénero que tiña en latín.
- O AGRIÑO: diminutivo galego de agro, “terreo cultivado ou cultivábel”. Deriva do latín AGRUM, “campo”.
- O CERDEIRAL: provén de cerdeira, co engadido do sufixo locativo ou abundancial –al. Deriva do latín CERASIUM, “cerdeira, árbore cuxo froito son as cereixas”.
- CRUCES: do latín CRUCEM. Descoñecemos se o topónimo provén da existencia no lugar dunha cruz ou dun conxunto delas; ou ben, máis probabelmente, por estar situado nun cruzamento de camiños. O topónimo Cruz aparece con moita frecuencia para denominar lugares en que hai encrucilladas; na actualidade, este nome tradicional está a ser substituído polo castelanismo cruce.
- A IGREXA: o topónimo é ben claro ao respecto do seu significado. Procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia.
- MONTOIRO: provén do sintagma latino MONTEM AUREUM, “monte dourado”. O topónimo ten a súa explicación lóxica, posto que no lugar se atopan grandes penedos de cor amarelenta.
- A MOURIÑA: este topónimo ten dúas posibilidades de interpretación: 1) pártese do lexema indoeuropeo mor-, “rocha, monte”, cruzada co latín MAURUM, “mouro, africano”. O certo é que hai unha afinidade semántica, pois na mitoloxía popular galega os mouros eran os habitantes lendarios dos castros. Por iso, non sería estraño que se producise ese cruzamento de dúas bases léxicas tan diferentes. 2) Menos probábel sería a segunda opción: que Mouriña faga referencia á denominación dunha persoa concreta que viviu alí, dándolle a moura a acepción de “escura, moi morena”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Baloira (San Salvador)
Lémbrase de sempre que esta parroquia recibe o nome de Baloira-San Salvador.
Sobre este topónimo ten publicado F. Cabezas Quiles (Mise. Hca. e cult. nº 7).
Pertence á freguesía a zona chamada da Vea Baixa formada ademais polas parroquias dos Veas, Santo André, Santa Cristina, San Xurxo, San Xiao, Cora e Couso.
LINDES: Baloira ten por lindes a Santa Cristina de Vea polo norte, San Xiao, polo sur, onde tamén ten a Toedo. Polo oeste tamén a rodea San Xiao.
Tendo en conta a orde alfabética das parroquias do concello a esta correspóndelle o número 7.
A parroquia ten 110 habitantes de feito. Polo que atinxe á súa superficie ten o número 47 con 242,5 hectáreas. Actualmente ten 99 habitantes.
COMUNICACIÓNS: a estrada PO-841 Santiago-A Estrada, que no seu quilómetro 18 atravesa esta parroquia de norte a sur, facendo alí unhas grandes curvas, á peor délas chamábanlle a curva da morte. Actualmente está atravesada por unha gran recta en costa con tres carrís de circulación.
Tamén esta pequena parroquia se atopa atravesada por pistas asfaltadas feitas pola concentración parcelaria, sobresaíndo a de Montoiro e sobre todo a que vai a San Xiao e a que sae de Cruces, ás dúas rematan na PO-2141 de Cuntis a Ponte Vea.
Algúns camiños lévannos aos montes e leiras.
Estase rematando a concentración de monte, que abriu novas pistas.
O Camiño Real viña da Estrada e pasaba aquí, por onde chaman o Camiño Vello en Montoiro pola ponte de Baloira cara á Ponte Vea e á cidade do Apóstolo.
HIDROGRAFÍA: ten a parroquia so uns pequenos regueiros que son:
O regueiro de Montoiro, nace neste lugar, pasa por Lavandeira, o Cúrrelo, muíños de Rabiáns a Porto Caeiro para verter no Vea.
E o regueiro da Folgueira, que nace nela e vai a Rabiáns morrendo preto de alí nunhas leiras.
Coa construción da nova PO-841 mudou a paisaxe sensiblemente.
PONTES: a maior é a ponte de Baloira na estrada a Santiago case que fronte á igrexa.
Fronte ao mesmo Montoiro teñen a pontella do mesmo nome, antes foron uns pasos de pedra e despois unha ponte de madeira.
Tamén teñen unha pontella chamada de Lavandeira neste lugar, na pista a Rabiáns. Unha nova na PO-841, que dá acceso ao antedito lugar.
FONTES: cóntanse a fonte da Lavandeira (que nunca seca, sempre coa mesma auga e sempre limpa, alguén di que por milagre).
A da Barrela neste lugar, e a de San Salvador onda a igrexa.
OROGRAFÍA: o terreo que vén sendo chan por Toedo ao chegar polo sur a esta parroquia descende fortemente ata deixala polo norte cara a o val dos Veas. Por iso está cerrado por montes polo sur e o leste.
PAISAXE: unha das máis belidas paisaxes da bisbarra pode ollarse desde Montoiro,dende alí vese todo o val, composto polas parroquias de Vea, coa liña esvaída do río Ulla, a Ponte Vea, románica e as terras de promisión de Compostela e o monte Sacro.
MÁMOAS: tiña a parroquia mámoas onde lle chamaban as "Moimiñas", había algunhas mámoas abertas que destruíron as pas mecánicas cando fixeron o terreo para o polígono industrial, lamentable, pero foi así, deste xeito.
PEDRAS: onde lle chaman a Devesa, que foi unha devesa real co seu viveiro anexo; había marcos ben feitos e grandes con R.
LENDAS: contan na parroquia unha fermosa lenda do seu padroeiro San Salvador, eles din que noutros tempos levaban o santo para Santa Baia (Matalobos, parroquia veciña polo sur) e no camiño, cando pasaban por Montoiro o santo empezou a pesarlles de tal maneira que tiveron que devolvelo á igrexa, alí preto... e deixou de pesar tanto...
HISTORIA: dinos Jerónimo del Hoyo desta parroquia no ano 1607.
"San Salvador de Valoira, anexa de Santa Baya de Matalobos:
En esta feligresía de San Salvador hay seis feligreses. Los fructos se hacen dos partes, una lleva el retor, que valdrá ocho cargas de pan y la otra el monasterio de Santa Clara de Santiago. Cuya presentación es el cura. Hay pila baptismal y Sanctissimo Sacramento y santos óleos".
Catastro de Ensenada: este moi importante catastro recolle tamén os datos da parroquia que poden lerse no capítulo onde se fala das parroquias da chamada xurisdición de Vea.
Segundo Pascual Madoz nos anos 1846-50:
"Baloira (San Salvador). Feligresía de la provincia de Pontevedra (5 y media leguas) diócesis de Santiago (3 y media), partido judicial de Tabeirós y ayuntamiento de La Estrada (1/2), situada en la vertiente de la colina que le da nombre y valle de Bea su clima es templado y sano, cuenta con 26 casas que aunque separadas forman una sola población con tres fuentes de buenas aguas.
La iglesia parroquial (San Salvador) es aneja a la de Santa Eulalia de Matalobos. El término confina por NO con Santa Cristina de Bea a un cuarto de legua y a la misma distancia con San Juan de Santeles, por E. San Julián de Bea y Matalobos, al S. y por O. San Pedro de Toedo, le baña un arroyo que trae su origen de la cúspide de Colina y va a unirse al Ulla corriendo de S. a N. y fertilizando a su paso el terreno el cual se compone de prados arbolados y de tierra de cultivo de buena calidad; pasa el camino de La Estrada a Santiago de esta ciudad se recibe el correo por medio de un peatón. Produce maiz, lino, centeno, patatas, habas, castañas y vino; cria ganado vacuno, lanar y de cerda, se cazan perdices, conejos, liebres y zorros. Industria, la agrícola, varios telares de lino y estopa y un molino que solo trabaja en los meses de invierno. Población: 24 vecinos, 102 almas".
No censo do ano 1924 tiña 158 habitantes.
Recollemos de Álvarez Limeses (ano 1936) na "Geografía General del Reino de Galicia":
"Baloira (San Salvador): Dista 47 kilómetros de Pontevedra y 7 de La Estrada y limita: al N. con Vea (Santa Cristina), al S. con Matalobos y Vea (San Julián), al E. con Toedo y al O. con Vea (San Jorge).
Tiene dos únicas entidades que son, Baloira con 68 habitantes y Montoiro con 78 y tiene además 12 en grupos diseminados que son en junto 118 habitantes. No tiene escuela alguna. Es anexa a la parroquia de San Julián de Vea y está situada en la falda N. de los montes así llamados de Matalobos. Los niños de esta entidad asisten a las escuelas de San Julián de Vea.
La atraviesa la carretera de La Estrada a Santiago. El terreno es de buena calidad".
IGREXA PARROQUIAL: ten Baloira unha igrexa pequeña, en bo estado de conservación sen maiores cousas para sinalar aínda que si parece que tivo unha argola espetada na parede, que calquera fuxitivo da xustiza que se agarrase a ela quedaba libre de pena.
Esta parroquia estivo unida a Matalobos ata o ano 1867 desde o punto de vista eclesiástico, desde entón quedou reducida a unha sinxela capela e en 1875 restituíuselle o Santísimo Sacramento e demais atribucións como anexo de San Xiao de Vea.
Ten unha portada de arco alintelado, ventá rectangular con derrame exterior. Espadaña central de dobre van. Muro Lateral norte con pórtico moderno e troneira con derrame externo. Sancristía acaroada ao muro norte.
Dinos Pedro Varela "...Baloira estuvo unida a Matalobos hasta el año 1867 en que quedó reducida una simple capilla, y en 1875 se restituyó el Santísimo Sacramento y demás atribuciones que hoy disfruta como anejo de San Julián. Tiene una iglesia antigua y regular".
No ano 1997 colocouse un novo coro, que se atopa en perfecto estado de conservación. As imaxes destacan pola súa beleza, especialmente Santa Lucía e a Virxe das Neves.
Inscrición das campás:
Campá grande: J.H.S. MARIA Y JOSE AÑO DE 1873. SANTA BARBARA. LISTE EN ORAZO.
Pequena: J.H.S. MARIA Y JOSE AÑO DE 1876. LISTE EN ORAZO.
FESTA: teñen o San Salvador o día 7 de agosto e Santa Lucía o primeiro domingo de maio, avogosa dos males dos ollos.
INDUSTRIA
Muíños: o de Montoiro, o de Rabiáns, o de Caxaraville e o de Mato.
Hai unha empresa de transporte no lugar das Cruces e unha chatarrería en Montoiro.
A ampliación que se está a efectuar no polígono industrial de Toedo probablemente chegue a territorio de Baloira, polo sur; deste xeito ve incrementado de forma moi interesante o seu potencial industrial.
En canto ao COMERCIO tiveron dúas tabernas, hoxe pechadas. Hoxe funciona un bar-churrasquería no lugar de Montoiro.
LOCAL SOCIAL: hai unha escola, moi ben situada que se lle colocaron as ventás en aluminio, recentemente sen actividades, pero con grandes posibilidades para desenvolvelas
O ENSINO recíbeno no C.E.I.P do Souto de Vea. En canto a deportes, teñen a caza nos montes da parroquia e algunha pesca nos regatos e no Vea, alí preto, que ten sona de boas troitas.
En canto á SANIDADE recíbena da Estrada, tanto a primaria coma a do Ambulatorio da Seguridade Social. Actualmente existe un centro de saúde moi próximo, no Souto de Vea.
TELEFONÍA: con cable e sen cable (mixta).
Viven mellor, con mellor economía, vivendas e servizos, luz, etc.
TOPONIMIA MENOR: é de subliñar Montoiro, a Devesa e o Viveiro polo que teñen de antigas plantacións do Rei, Cruces, A Mouriña (?), e por suposto o Outeiro da loba e mais o Outeiro das "moumiñas" polo que supón da existencia de mámoas.
PLANTÍOS REAIS: os plantíos reais en Baloira eran, segundo o Catastro de Ensenada, "Dehesas reales, una nombrada vieja en la aldea de Baloira, cavida 5 ferrados, Levante monte da costa, Poniente dicha aldea, N. y S. de los vecinos de ella.
Otra nombrada dehesa nueva de la aldea de Montoiro, cavida 39 ferrados.
Vivero real, uno inmediato a dicha dehesa nueva, cavida un ferrado".
* A Estrada Rural. 1990. Ed. 2007

Pedro Varela
Parroquia de 31 cabezas de familia e 173 habitantes, que dista da Estrada uns 7 quilómetros.
Baloira, en lingua rexional, significa “vara longa”, que se utiliza para sacudir as castañas; e é posible que antes se denominase Baloiras a parroquia que nos ocupa, por tratarse dunha localidade abundante en arboredo e ramaxes que adquiren considerable lonxitude.
Lugares: Baloira, Montoiro, O Cerdeiral, Cruces e O Agriño.
Montoiro equivale a “montículo”, “lugar nunha pequena altura próxima ao monte”. Cerdeiral debe o seu nome á abundancia de cerdeiras que alí había cando se fundou o casarío, e que aínda hai na actualidade. Cruces débeo a uns camiños de importancia que de antigo se cruzan alí. Agriño é un diminutivo de agro.
Lindeiros: norte, Santa Cristina de Vea; sur e oeste, San Xiao; leste, Toedo e Matalobos.
Vías de comunicación: a estrada de Vilapouca a Ponte Vea pasando pola Estrada, camiños veciñais antigos e mais a ponte chamada “de Baloira”.
Baña o territorio parroquial o regueiro que denominan “de Lavandeira”. .
Os veciños desta freguesía non teñen escola propia; pertencen ao distrito escolar de San Xiao. Hai na localidade unha asociación de agricultores.
No eclesiástico: Baloira estivo unida a Matalobos ata o ano 1867, en que quedou reducida a unha simple capela, e en 1875 restituíuselle o Santísimo Sacramento e demais atribucións que hoxe goza como anexo de San Xiao. Ten unha igrexa antiga e regular. Non hai moitos anos que desapareceu unha argola de ferro da porta deste templo. En tempos pasados, se algún delincuente alcanzaba a devandita argola, quedaba eximido da pena.
Festas anuais: a do Patrón, o Divino Salvador, que se celebra o 6 de agosto; o día seguinte, a do Santísimo e a de Santa Lucía o primeiro domingo de maio.
En termos desta parroquia, lindando coa estrada, hai dous establecementos comerciais.
Reciben o correo por Souto de Vea.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923