Nace no ano 1928 en Cuntis(Pontevedra). Estudou o bacharelato por libre co mestre D. Aurelio Rei ata o 5° ano; os dous últimos cursos realizounos en Santiago, rematando o bacharelato no ano 1944 e un ano despois acadou o título de Mestre Nacional. Funda en Cuntis a Academia Lumen para alumnos de bacharelato, maxisterio e comercio. No 1951 ingresa como factor de intervención na Renfe. No ano 1954 casou cunha estradense, pasando a partir deste intre a ter o seu eixo vital na Estrada, sen esquecer xamais ao pobo que o vira nacer. No 1957 pasou a ser correspondente do Banco de Coruña en Cuntis, ata o 1960, ano no que ingresou xa no maxisterio.
Desempeñou con cargo provisional as escolas de Graduado da Estrada (1961), da unitaria de nenos de Matalobos (1962). Ao mesmo tempo imparte clases particulares na Academia San Pelayo da Estrada.
Por concurso de traslados foi destinado á escola de nenos de Torea (Muros) no 1963 e un ano despois exercerá na escola de Pexegueiro (Tui).
No curso 67-68 diplómase en Ciencis para impartir 7° e 8° cursos da segunda etapa da EXB, ao mesmo tempo que realiza un curso de asistencia siquiátrica a nenos subnormais. No curso 68-69 obtén destino para a escola de nenos de Couso (A Estrada), na que conseguiu implantar a escola mixta nenos-nenas. Nesta escola comezou a escribir obras de teatro para a súa representación polos propios alumnos.
No ano 1970, ao se establecer o ensino obrigatorio ata os 14 anos, creouse a Agrupación Escolar de Couso, onde foi o promotor da construción dunha aula para estes alumnos da segunda etapa. No ano 1978 inaugurouse o C.P. Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, a onde pasarán os alumnos da Agrupación Escolar de Couso. Por concurso de traslados, no curso 81 -82, ocupará praza de mestre no C.P. de Figueroa (A Estrada), no que exercerá varios cursos como director ata a súa xubilación no ano 1993.
Ao longo da súa vida dentro do exercicio da docencia recibiu numerosos premios e distincións. Así no ano 1970 gañou o premio “Mantenga limpia España”, auspiciado por Información y Turismo; no ano 1971 acadou o certame do “Día del Maestro”, convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra; nos anos 71, 74 e 76 o de “Embellecimiento de pueblos”, convocado asimesmo pola Deputación Provincial de Pontevedra; nos anos 73, 74 e 76 os premios de teatro escolar convocados pola Delegación de Xuventude; nos anos 74, 75, 77, 80 e 92 gañou o “Trabajos etnográficos con alumnos”, do Museo de Pontevedra. Acadou o primeiro premio Xunta de Galicia no ano 1984 con “Castros da Estrada”; foi o “Mestre Representativo de Pontevedra” por Familia e Gabinete Anaya no ano 1975; recibiu a Cruz de Alfonso X El Sabio no ano 1977; acadou o primeiro premio Comunidade Autónoma de Galicia en Educación y Ciencia “Naturaleza y Escuela” no ano 1991; foi primeiro premio RTVG “Boa Saúde” no 1991 para pasar a acadar a designación de “Mestre exemplar” polo Museo de Pontevedra no ano 1993.
Son moitos os ensaios saídos da súa pluma no tocante aos máis variados temas. Así publicou MESTRES ESTRADENSES QUE FIXERON ESCOLA (Exmo. Concello da Estrada, 1993) e a continuación O CARRO DO PAÍS (Museo do Pobo Estradense, 1994). No ano seguinte publicou MEMORIA HISTÓRICA DO RECREO CULTURAL (Recreo Cultural, 1995) e O ENTROIDO NO ULLA (Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 1995). Continúa con WALDO ÁLVAREZ INSUA: Estradense, emigrante, escritor (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 1997). No ano seguinte edítanse EMIGRANTES SOBRANCEIROS (Caixa de Pontevedra, 1998), CANTEIROS DE CUNTIS (Caixavigo-Exmo. Concello de Cuntis, 1998) e XENTE NA MEMORIA: Manuel Bergueiro López (Museo do Pobo Estradense, 1998). Anos máis tarde publicará CERTAME ESCOLAR DOS PEREIRIÑOS (Colectivo Pereiriños, 2000) e UNHA VOZ... MARY ISAURA (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 2001). Finalmente publicou BERNARDO RODRÍGUEZ RIBEIRA. EMIGRANTE SOBRANCEIRO (Fundación Cultural da Estrada, 2002) e CUNTIS NO RECORDO (Do autor, 2003).
Pero durante os seus anos de docencia o teatro ocupou un espazo primordial e anos máis tarde moitas destas obras pasarán dos escenarios aos libros. Así temos: CONVERSAS COA NOBRE DAMA (Exmo. Concello de Cuntis, 1999), PELEXA NO SOUTO (Ed. Fervenza, 2001), OS REIS DO PANCHIÑO (Ed. Fervenza, 2002), O ENFERMO 4M (Ed. Fervenza, 2003), SOPRAR A TEMPO (Ed. Fervenza, 2004) e MÁGOAS DE CAMPESIÑOS E SEÑORITOS (Ed. Fervenza, 2004). Ao carón desta devoción polo traballo cos máis xoves, tamén se vai mergullar na literatura infantil-xuvenil publicando PEDRIÑO (Asoc. Val Miñor, 1992) coa que acadara o 3° Premio de “Contos para nenos” e O TREN (Ed. Fervenza, 2003).
Asimesmo moitos artigos e traballos seus figuran en obras colectivas; así temos “Os hórrreos no Val de Vea” na obra ICONGRESO EUROPEO DO HÓRREO (Edit. Compostela, 1990). Tamén colaborou na obra conxunta de homenaxe ao insigne estradense Manuel Reimóndez Portela MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA, NA LEMBRANZA (Ed. do Castro, 1996) co traballo “Apuntes a unha biografia de M. Reimóndez Portela”. Ademais colaborou con diferentes traballos en todas as edicións anuais de A ESTRADA. MISCELÁNEA HISTÓRICA E CULTURAL (Museo do Pobo Estradense).

Olimpio Arca Caldas: Educador e divulgador patrimonial
Carmela Sánchez Aríns
"O patrimonio cultural dun pobo comprende as obras dos seus artistas, arquitectos, músicos, escritores e sabios, así como as creacións anónimas, xurdidas da alma popular, e o conxunto de valores que dan sentido á vida, é dicir, as obras materiais e non materiais que expresan a creatividade dese pobo; a lingua, os ritos, as crenzas, os lugares e monumentos históricos, a literatura, as obras de arte e os arquivos e bibliotecas"
Este principio elaborado pola UNESCO na Conferencia Mundial sobre políticas culturais que se celebrou en México en 1982, aproxímase ao concepto de patrimonio tal e como o entendemos hoxe en día. Por iso, tres décadas despois desa declaración, os termos patrimonio cultural resúltannos habituais, pero non sempre sucedeu así. Nin se usaban as palabras xuntas, falando máis de patrimonio histórico, nin se entendía o patrimonio como o conxunto formado por bens materiais, inmateriais e naturais. Ademais, o feito de outorgarlle valor ás nosas riquezas e tradicións propias tivo un proceso de asimilación lento e gradual.
Por isto resulta eloxiable o labor realizado polo mestre e investigador Olimpio Arca Caldas. Nunha época marcada pola ditadura franquista, na que a protección do patrimonio era unha asignatura pendente, este insigne estradense comezou a poñer en valor o patrimonio da comarca. Xunto ás súas inquedanzas persoais, sobresaen as iniciativas levadas a cabo no ámbito escolar. Así, co seu alumnado de Couso fixo formidables recollidas de hórreos e cruceiros no Val de Vea que acadaron o recoñecemento do Museo de Pontevedra. Estudos que nos anos 70 supuxeron o inventariado do patrimonio etnográfico e a introdución dun novidoso modelo pedagóxico. As nenas e nenos acompañábano polas aldeas -incluso nas fins de semana- para rexistrar os bens patrimoniais, cubrindo fichas e facéndolle fotos, transmitíndolle de xeito implícito ás familias e á veciñanza o respecto polo noso.
Continuando no eido educativo, o patrimonio arqueolóxico foi outra das tipoloxías que abordou co seu alumnado. Neste caso, destacaría o traballo realizado a mediados dos anos 70 en Couso sobre os castros estradenses; e a obra Castros de A Estrada, feita en 1984 co 8º curso de EXB do colexio de Figueiroa. Unha recompilación premiada pola Xunta de Galicia na que se presentaban 28 fichas de xacementos de todo o concello con ilustracións dos sitios, das plantas e dos achados. Ademais, é de salientar a preocupación polo folclore relacionado cos bens arqueolóxicos a través da recollida de contos e lendas.
Nesta liña de recuperación do patrimonio inmaterial levada a cabo na publicación dos castros, outro dos grandes estudos de Olimpio foi o dedicado ao entroido na Ulla e aos xenerais estradenses. Unha obra que na actualidade segue a ser un referente único, non existindo aínda outra monografía completa do tema. Tradición oral e cultura material que recompilou en Canteiros de Cuntis ou n'O Carro do país. Sen esquecernos do patrimonio natural con Montes de A Estrada, premio García Alén en 1984.
Fora do ámbito escolar, gustaríame facer fincapé noutro dos obxectos de estudo de Olimpio Arca: a vila "airista". A través do Callejero Histórico de la Villa de A Estrada non só temos coñecemento sos diferentes nomes que tiveron as rúas, senón tamén da súa sociedade, arquitectura e urbanismo. Este interese pola historia local e as súas construcións está latente en artigos como o do Sanatorio "Nuestra Señora del Carmen". Un ben senlleiro situado nun paraxe envexable no centro do pobo que, lamentablemente, se perdeu pola especulación urbanística, debéndolle a el a recuperación da súa memoria.
En relación coa historia do concello e co urbanismo da vila cómpre lembrar a recompilación de fotografías antigas, Imaxes para a lembranza, da que foi coautor; ou a dirección do Museo do Pobo Estradense. Dous exemplos de posta en valor de materiais, imaxes históricas e colección de fondos museográficos, que deben estar ao servizo da sociedade.
Xunto con outros xéneros cultivados, o labor realizado por Olimpio Arca Caldas en prol do patrimonio cultural é digno de louvanza pola súa calidade e o seu carácter pioneiro, inculcándolle valores ao seu alumnado e á cidadanía. Para min foi un referente cando comecei a catalogar etnografía no Museo de Pontevedra e no meu traballo de doutoramento centrado na arquitectura e no urbanismo da Estrada.
Grazas por todo.
Carmela Sánchez Arines
DEA en Historia da Arte
A Estrada, 27 de novembro de 2015

Un mestre
David Otero
Un mestre, si, esa é a definición precisa.E como cando o ensinante deixa tarefa na aula e sae de forma discreta, sen molestar, por algún motivo, así o fixo o noso mestre Don Olimpio. Así delicadamente, sen molestar, a irse de marabilla que nunca provoca olvido. Nese orgullo da humildade propio dunha persoa de ben, Don Olimpio, nesta madrugada saíu a pola vida que é memoria collido da man da súa exemplariedade, da súa obra. Obra que estará presente, viva e vivida,activa e activada, nos que de certo lle daremos recordo, presenza, nas nosas propostas e faceres de cada día para aportar no común do sentir quen somos.
Don Olimpio educador, orientador, teimoso da ensinanza e da educación, mestre en tantos lugares, pero en especial direi, e que se me permita, de Tui, Couso de Vea e Figueiroa, constitúe un referente necesario no definir o ensino público, galego e de calidade. El foi no seu tempo , e así o teremos en conta, un mestre anovador, obreiro do ensino, apañador e conservador de tanto, mediador de moito e divulgador animoso para sentir a construcción do saber e do coñecemento comprensivo a través da historia, dos costumes e das tradicións, da nosa lingua e da nosa cultura, da nosa identidade. Sabía ben da esencia da nosa creación comunal como substancia definitoria que nos nomea e determina. Dicir que os tempos nos que desenvolveu o seu facer non foron os máis motivadores.A cousa era de todo menos bonita.Pero el avanzou a ritmo de posibilidades e de pasos de concreción . Foi por diante.
Dado por feito en demasía o seu traballo na aula, Don Olimpio foi un escritor divulgador da nosa historia estradense, un mediador de recolla de lendas, ditos, costumes, festas, tradicións.Un creador literario tanto en narrativa, como en poesía. Un xornalista atento e atinado.Pero de maneira moi en especial ( e logo ou cando M.Varela Buxán) Don Olimpio foi un precursor do Teatro Galego Escolar. Dou fe, porque o vivín nunha pequena parte, do ir co seu grupo de Couso e logo co de Figueiroa, aldea por aldea, teleclube por teleclube, vila por vila e teatros de cidades representando obras e facendo teatro. O seu labor como autor deste xénero para mozas e mozos foi importantísimo porque daquela moito había que facer e todo era pouco. Tamén nas Semanas Culturais das nosas parroquias alí el estaba para colaborar e estimular a termos unha maior conciencia de sermos e estarmos. Nos medios destes aspectos de Galicia e falo do Facho, ICE, Nova Escola Galega, Ollo de Sapo, Edicións Fervenza, A.C. Vagalumes, e tantas outras máis,Don Olimpio contituiu un referente cualitativo e así nelas sempre tiña nome de por el.
Neste momento de emocións e de afectos, de veciñanza e acariño , non veñen ao caso reproches, pero si son necesarias as reflexións.Unha pois deste que escribe é que un Fillo Predilecto do Concello de A Estrada, Don Olimpio Arca Caldas, de tantos títulos e honras, de sobrados mereceres, traballador en tantas iniciativas e colectivos, con rúa neste pobo e no seu natal do Baño de Cuntis, a súa figura tan salientable… ¿ non debese darnos pé a buscar solucións institucionais de cómo tomar decisións e acordos, actuar a protocolo especial, a tratamento de egrexio, para así nestes momentos recoñecer de xeito singular, sensible e acorde ao que merecen os nosos homes e mulleres coma el ?.
Recordo pois e afecto noso, estradense, ao mestre guía.Un bo home e unha boa persoa. Cualidades estas a acadar con traballo, autenticidade e responsabilidade. Don Olimpio tenas e así foi ( e é) o seu andar.A súa tarefa humanista.El quixo e puido.Foi un creador de ilusións. De ilusións que construían e nos poñían nos desexos das intuicións de concretar mellores capacidades e marabillosos logros. Esa felicidade.
Don Olimpio seguirá en nós. En todas e todos as/os que o respectamos. En todas e todos as/os que na súa voz nos recoñecimos.El entre nós seguirá sendo Don Olimpio. A luz non se apagou.Como dixo o poeta: “ … nunca haberá desterro que o saque deste chan noso. Vostede está na casa ”.Pode crelo Don Olimpio.

Olimpio Arca Caldas
Xosé Luna Sanmartin
Na súa infancia, na súa vida, na súa obra, abrollou como paisaxe de fondo a inconmesurable aldea de Porto de Gómez da vila do Baño. Da súa nai, Carmen, e do seu avó, Ramón, herdou os maiores Tesouros do Mundo: a humildade, o sacrificio, o traballo, a bonhomía.
Tivo moitos –moitos e bos Mestres– pero tivo un que foi o primeiro, o definitivo, don Aurelio Rey. Un bo día tivo que escoller un medio de transporte e non o dubidou nin un intre. Colleu a Ana da man, apretouna ben forte, e un 21 de xullo de 1955, tendo como testigo o Ceo Azul da vila da Estrada, rubiu nun Tren cheíño de amor e ilusións. Desde aquela, sempre xuntos, percorreron de vagariño as estradas da Vida.
Gastou (de sempre) ollar de neno pequeno. Gustou de ler. Da numismática. Da tertulia. De pasear baixo o Sol da Vida e de Escribir. Escribiu de todo (e sobre todo). Narrativa, ensaio, arte, poesía e teatro. Teatro! Todos os anos polo Nadal levávalle os Reis ao Panchiño. Polas Letras Galegas conversaba coa Nobre Dama. E mesmo no ano 1974, na vizosa parroquia de Couso tivo que solucionar un conflito insólito, unha Pelexa no Souto entre un castiñeiro e un eucalipto.
Seica de estudante en Compostela coñeceu a Antonio Machín. Que sorte tivo o Machín poder cruzarse no camiño da súa vida co noso sobranceiro amigo. E é que don Olimpio pertenceu a unha desas especies, rara avis, en vías de extinción, a dos bos e xenerosos.
A súa obra, o seu legado, a súa exemplariedade, a súa semente (tamén) cae sobre Nós engordiña, como o orballo da media noite// como vai caendo// lento// sen sentilo// como o vestixio platónico das horas// como o tempo…
Hoxe, entrementres as raiolas do Sol do outono saen por entre as nubes do ceo e a campá da igrexa de San Paio racha o infindo silencio será soterrado. E todos, familiares, veciños e aqueles que tivemos a honra de tratalo (como mestre, escritor e amigo), ficaremos alí, de pé, para rendirlle a nosa derradeira agarimosa homenaxe e relembrar os versos do poeta, “Xa ves/ non teño verbas/ pero teño un salouco que me enche todo o peito”.
* Noticieiro galego.