A Casa de Sexto
José M. Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
A casa de Sesto, que está na parroquia de Santa Mariña de Ribela, é coñecida comunmente como a casa dos Ballesteros, aínda que a súa orixe está ligada, como demostra o escudo da súa fachada, aos XIL-TABOADA. O escudo ten forma francesa e leva unha coroa, seguramente por alusión ao título de Conde Taboada, concedido en 1683. Os Xil-Taboada proviñan das terras de Deza, da casa de Berganzos, Barcia, Carballeda, Des e outras.
En Ribela houbo un cura párroco desde 1672 ata que morreu en 1710 que se chamaba Leonel Xil Taboada, fillo de Antonio Xil Taboada e de Antía Camba Ribadeneira, da casa de Barcia, e polo tanto primo-irmán do arcebispo de Sevilla D.Filipe Xil Taboada e tío do que foi bispo de Lugo e arcebispo de Santiago D. Caietano Xil Taboada. En Leonel está a orixe desta casa, pois foi pai de catro fillos polo menos, o cal non era unha excepción, xa que, por exemplo, dez anos antes morrera o cura de Cerdedo, Francisco Ogando Ribera, que tivera cinco fillos.
Como os fillos de Leonel eran ilexítimos, no testamento deixou como usufrutuario dos seus bens a seu fillo Ignacio Xil e como herdeiros aos fillos de Ignacio “sendo lexítimos e de lexítimo matrimonio” (pois se os pais estaban solteiros, non se consideraban ilexítimos).
Ignacio, que era avogado, foi el seguramente quen fixo a casa de Sesto, poñendo nela o escudo dos Xil Taboada para afirmar a súa identidade e ligazón cos XilTaboada. Casou con Xosefa Zarracín de Arrocha Montealbán, de Carvajales (Zamora).
A Ignacio sucedeulle o seu fillo Xosé Xil Taboada, que casou con María das Neves Otero Leira, da casa de Os Muros (Parada). Xosé morreu na súa “casa pazo de Fondevila en Santa Mariña de Ribela”. A súa muller, como algúns dos seus cuñados morreran novos, pretendeu incapacitar a seu cuñado Caietano, cura de Goiás, pero non o conseguiu, e este testou a favor da súa irmá María. Pero como María era solteira nomeou herdeira a María das Neves, logrando que a herdanza de todos os seus cuñados recaera nela. Foron pais de tres nenas que levaron entre outros nomes o de Caietana, por seren familiares do citado arcebispo de Santiago D. Caietano Xil.
A súa filla Ma Xosefa Caietana Xil (Ribela,1801-) casou con Alexandre Ballesteros Vaamonde, fillo de Ramón o dono do pazo de Monteagudo en Codeseda. Tiveron trece fillos, dos que dous foron curas, un en Lestedo e outro en Codeso (Boqueixón) onde Alexandre tiña propiedades e a seu irmán Manuel, casado cunha irmá de M^ Xosefa. Sucedeulle o primoxénito, Ramón Ballesteros Xil, que casou con Inocencia Curiel Osorio, de Fonsagrada, onde Ramón exercía de rexistrador da propiedade, se ben logo estivo en Cambados e Lugo. Como non vivían en Ribela, a casa foi utilizada polo seu irmán Xaquín, que foi bisavó do escritor Anxo Rei Ballesteros (autor de “Dos anxos e dos mortos”, “Loaira”, etc.).
Tiveron oito fillos, o maior chamado Manuel Ballesteros estivo como fiscal en A Estrada desde 1903 a 1909 e logo foi secretario do concello de Forcarei, Lalín e outros, e o fillo máis novo, Xulio Ballesteros (1882-1952) foi o último desta familia que foi dono da casa de Ribela. Xulio Ballesteros, militar, policía e escritor (por exemplo, de “Memorias de Mª Luísa. Cómo piensan las solteras desde los 14 a los 48 años”, 1920), amigo de Bouza Brei que estaba de xuíz en A Estrada, foi o primeiro que recolleu a lingua dos canteiros (“Verbo dos arginas”, 1930) e destacou na guerra do protectorado español en África e na Guerra Civil, onde foi ferido, sendo condecorado con dúas Cruces de Guerra, tres Cruces Roxas e a medalla de Campaña. A pesar diso caeu en desgraza ante as autoridades do goberno de Franco, pois o seu irmán maior, Manuel, era republicano.
Casado con Celsa Castro Carpintero, natural de Cortegada de Baños, venderon todas as propiedades sobre 1946 ao seu caseiro, Manuel González, quen en 1957 vendeu a casa e a finca que a rodea a Ramón Iglesias Montero, veciño de Moldes (Silleda), pai da actual propietaria, Pilar Iglesias Mato, casada con Adelino Rivas Pomares, con descendencia.
* Capicúa. 18-7-2012