Ramón de Valenzuela, vivir na utopía non é doado
Manuel Igrexas
Chamei
por todos, pero non agardei por ninguén, con esta frase de Castelao
remataba Ramón de Valenzuela a súa novela, publicada no exilio
arxentino en 1957. E así foi, Valenzuela, combatente forzoso no
exército franquista, pasouse á zona leal o 8 de decembro de 1937
para incorporarse como Capitán de Estado Maior ao cuartel xeral da
división que mandaba Enrique Líster, colaborar cos republicanos
galegos na Solidariedade
Galega Antifascista,
e convértese no secretario xeral do Partido Galeguista en Barcelona.
Valenzuela nunca agardou por ninguén, con só dezaseis anos montou unha escola para adultos na Bandeira na que impartía clases en galego. Mozo aínda, incorporouse á xeira de propaganda do Partido Galeguista polas terras de Deza, dirixíndose con paixón aos seus veciños mentres “o penacho celta do seu pelame, arde como unha chama vermella” nas palabras de Blanco Amor. Mitins, festas escolares, actos políticos, ... Ramón convértese no organizador do galeguismo no Deza. Incorpórase ás Mocidades Galeguistas e na IV Asemblea do Partido é elixido conselleiro da zona Lalín-A Estrada. Co mestre Manuel González, Laxeiro, Xesús Golmar e Enrique Vidal Abascal son a elite intelectual da comarca. É Ramón quen presenta os mitíns de Castelao ou Víctor Casas nos anos finais da República sempre con discursos alegres e humorísticos. E aínda ten tempo para colaborar na Sección de Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos.
Ramón de Valenzuela Otero nacera en 1914 no Pazo da Viña de Abades, fillo do médico José Valenzuela Ulloa, un dos iniciadores do movemento agrarista en Silleda. Estudante de Dereito e Filosofía e Letras en Compostela, en 1933 marchou a Pontevedra para facerse mestre, e dende a Federación de Juventudes Culturales Recreativas, da que chegou a ser presidente, foi un dos máis senlleiros activistas culturais dos últimos anos da República.
Os falanxistas detéñeno na Bandeira no verán sanguento do 36 para liberalo ao cabo duns días, pero Valenzuela sabe que non pode xogar coa sorte, para salvar a vida ingresa como voluntario no exercito franquista coa intención de cambiar de bando cando teña oportunidade. De Cáceres a Barcelona, o paso da fronteira, Argèles-sur-Mer, Saint-Cyprien, ata a súa liberación en terra francesa disposto a marchar cara México. Na mesma escaleriña do barco o coronel Quesada chamou por el para comunicarlle que a guerra non rematara, e Valenzuela tampouco agardou, púxose ás súas ordes para colaborar co 2º Boureau do exército francés na loita contra o fascismo. Ao pouco da invasión nazi de Francia a Gestapo préndeo e entrégao á Franco. En Era tempo de apandar conta o seu xuízo, a estadía na prisión de Ávila e a excarcelación en liberdade provisional. Anos de traballos, estudo, o casamento con Mariví Villverde, os fillos, na Galicia sometida polo franquismo, até conseguir o indulto e o pasaporte que lles permite partir a Buenos Aires.
O exilio arxentino significa o reencontro con Castelao e o traballo inxente para que houbese Galicia, a Agrupación Galega de Universitarios e Artistas, as colaboración en A Nosa Terra, o Congreso da Emigración Galega. En Buenos Aires pode por fin retomar a súa vocación literaria. Aquel seu primeiro relato aparecido en Razón, “O billete de ida e volta”, e os contos de Pepe dos Cestos que narraba nos anos da República en teatros, festivais e feiras e para Radio Pontevedra, convertéronse agora nunha inxente produción que aparece en La Gaceta de Tucumán e Galicia emigrante, ilustrados por Laxeiro ou Luís Seoane. Os Brais Pinto publícaríanlle anos despois estes relatos co título O Naranxo. A súa vocación teatral, que iniciara nos anos mozos na Bandeira co grupo Alborada, “teatro radiado” na emisora pontevedresa e as representacións afeccionadas coa Juventud Cultural de Mourente, toma agora forma na dirección do Ateneo Curros Enríquez, no que intenta crear unha escola de teatro estábel. Participa en lecturas dramatizadas, é actor, tradutor e dramaturgo. Blanco Amor dirixe a estrea da súa obra As bágoas do demo no Teatro Castelao do Centro Galego.
A actividade cultural non é suficiente, non ve xa ao Partido Galeguista capaz de continuar a loita antifranquista e a principios dos anos sesenta afíliase ao Partido Comunista, co que xa colaborara na clandestinidade en 1948. O exilio faise inaturable e aínda que planea o retorno á terra, ten que conformarse con instalarse en Madrid. Traballa como mestre nun colexio privado e ensina Xeografía e Historia de Galicia no Club de Amigos da UNESCO. A militancia comunista nos anos da transición lévao a unha xeira de conferencias sobre temas galegos, e precisamente na que pronunciou na Facultade de Económicas de Compostela en xaneiro de 1976 sobre a Historia do Galeguismo Político, xerou un gran debate en polémica cos nacionalistas presentes, ao afirmar Valenzuela que o PCE ía máis lonxe que o Partido Galeguista na cuestión do nacionalismo galego.
Nas eleccións xerais da primavera de 1979 pecha a candidatura do PCG por Pontevedra, e volve percorrer 45 anos despois as terras do Deza e Lérez en mitins e actos públicos para pedirlle outra volta aos galegos que dean a batalla aos inimigos de Galicia.

Ramón de Valenzuela: Restitución e divulgación. Letras e ideas.
Matias Rodríguez da Torre
Ramón de Valenzuela foi un dos autores galeguistas que coñecemos no marco da literatura de posguerra a través dos primeiros manuais de texto de literatura galega. Facíase referencia a el postumamente (lembremos que morre en 1980) cunha breve reseña baseada nunha temática que tiña que ver coa chamada “Guerra Civil”, mais que apenas aprofundaba (evidentemente por consideralo un autor menor) no que realmente agachaba de carga autobiográfica, política e ideolóxica, amais de case nen referenciar o que acontecera realmente na Galiza a partir do 19-20 de Xullo de 1936, unha crúa represión, sen guerra, que duraría até a morte do ditador e, no caso da recuperación moral e pública da nosa memoria, nalgúns aspectos aínda está a restituírse. Chamaba a atención daquelas que os contos do Naranxo apenas se mencionaban, cando na realidade ofrecen unha narratíva moi expresiva e rica tanto en magníficas descricións como no seu léxico da cerna interior do noso País.
No ano 1989 Edicións Xerais de Galicia saca do prelo a novela Non agardei por ninguén, publicada en 1957 en Buenos Aires por Citania, o obradoiro editorial Luís Seoane, o que a converteu na primeira novela en tratar o tema da Represión Franquista e mesmo a Guerra, pois hai que lembrar que Valenzuela estivo enrolado no exército sublevado para salvar o pelexo, conseguindo logo cruzar as liñas para porse ás ordes do galego Líster no exército leal. Como comentaba, foi reeditada esta novela curta co número 10 na colección Biblioteca das Letras Galegas, con edición a cargo de Modesto Hermida García, acompañándose dun breve perfil biográfico, un contexto histórico e literario e unha sucinta análise da novela. Algo era algo para un autor deses do exilio até o momento case descoñecido para a Galiza “democrática”.
A mediados dos anos 90, concretamente en 1996, Ediciós do Castro, dá á luz co sobrenome de Teatro Galego na Arxentina, As bágoas do demo. Unha edición preparada polo profesor Luís Pérez Rodríguez, que incluía o seu correspondente perfil biográfico, xunto coas referencias ao teatro galego na arxentina e a presentación literaria da peza teatral devandita. Con isto poñíase o ramo á edición completa das obras de Ramón de Valenzuela, xa que o seu teatro escrito aínda non era coñecido na Galiza, a pesar de ser el un animador importante nos anos da adolescencia e a República tanto na súa A Bandeira natal como en Pontevedra, e logo, por suposto, no Exilio bonaerense.
A segunda novela do autor, Era tempo de apandar, continuadora no relato da Guerra e Posguerra, tamén con grandes doses autobiográficas, fora publicada en 1980 por Akal en Madrid. Anos despois, en 1997, A Nosa Terra sumaría co número 4 á colección fundamental O Fardel da Memoria.
Finalizando o século XX e nos inicios do XXI coa presidencia de Alberte Maceira na Asociación Cultural Vista Alegre iníciase na vila do autor unha xeira de recoñecemento arredor da figura da súa figura:
- Convídase a Alonso Montero, hoxe presidente da Real Academia Galega, a disertar sobre o escritor da Bandeira. Fora este último quen publicara na editorial madrileña Akal a conferencia pronunciada por Valenzuela o 16 de Xaneiro de 1976 na Facultade de Económicas da Universidade de Compostela intitulada Historia do Galeguismo Político, a cal incorporaba o cruzamento dun acalorado debate de opinións de alto contido crítico e idelóxico e xurdidas no coloquio da conferencia, que nos días seguintes deron xogo abondo na imprensa galega.Temos que lembrar que Valenzuela por aquel entón estaba nas ringleiras comunistas, non abandonando nunca o seu galeguismo de nación.
- Grazas á cesión dun valo por parte dun antigo amigo de Valenzuela e a colaboración da mocidade trasdezá deséñase naqueles primeiros anos deste século na rúa Xeral un mural bibliográfico ilustrado co seu retrato e o título de todas as súas obras.
- Preséntase a reedición do Naranxo promovida en 2002 pola Asociación Cultural O Naranxo de Lalín, ao coidado dos profesores Manuel Igrexas e Mario Pereira. Falamos de reedición porque a primeira correspondera en 1974 á colección BraisPinto narrativa. Á parte de constituír un deber de toda a sociedade dezá recordar a figura do Naranxo, un tolo lalinense moi cordo que Valenzuela literaturizou e fixo protagonizar algúns relatos e mesmo utilizaría como contrapunto antisistema en toda a súa narrativa breve, recuperábanse esas historia publicadas nos anos da República contadas baixo ou pseudónimo de Pepe dos Cestos na radio en Pontevedra ou mostradas no Exilio da Arxentina con ilustracións de Luís Seoane. Contos que combinan as súas paixóns culturais e académicas: a historia, a xeografía e un abondoso léxico do galego máis enxebre.
- Da man de Adellís, asociación socio-cultural de Silleda comézase unha campaña de renomeamento das rúas do Concello para a retirada nos nomes franquistas e a difusión dos grandes autores de Trasdeza. Deste xeito, o 27 de outubro de 2005, coincidindo co 25 cabodano de Ramón de Valenzuela, organízanse en Silleda unhas xornadas de homenaxe ao noso escritor e tamén a Alonso Ríos, outro dos esquecidos da historia que segue a ser latexantemente anormal na nosa nación. Estas xornadas, patrocinadas pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura governada naquela altura polo BNG, asumían polo tanto a oficialidade institucional do que até agora era só responsabilidade da sociedade civil, as asociacións, e que mesmo no ámbito municipal do concello do autor tardaría en chegar. As xornadas serven para achegar ao alumnado dos centros de secundaria da comarca a vida e a obra de Ramón e sentir o perfil máis humano e emocional relatado polos seus acaroados amigos Neira Vilas, Pousa Antelo, Celestino García, Herminio Barreiro e a súa viúva, Mariví Villaverde no encerramento do encontro.
Posteriormente publicaríanse as actas, ficando negro sobre branco unha visión biobibliográfica e persoal (Xunta de Galicia, difusión cultural nº 50, 2006). Augurábase o preludio do institucionalizado 2006 como Ano da Memoria, para a dignificación das vítimas da represión franquista no seu 70º aniversario.
- O camiño marcado cara ao ensino vai madurando os seus froitos e por causa de ter aguilloado á comunidade escolar con estas propostas e inclusive algunha charla impartida nas aulas do IES Pintor Colmeiro de Silleda, desde alí decídese participar nun proxecto cooperativo e recíproco entre o centro trasdezao e Instituto de Tomiño para desenvolver dous roteiros histórico-literarios dedicados ao Siñor Afranio en Tomiño (o heterónimo personificado do Alonso Ríos fuxido) e Mariano Ozores nas Terras do Deza e Ulla (o trasunto literario de Valenzuela de Non agardei por ninguén), os cales se desenvolveron no curso lectivo 2005/2006.
- O 23 de Xullo de 2008 e após unha serie de xuntanzas dunha comisióin municipal para un novo rueiro no Concello de Silleda, a asociación Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio, celebran a inauguración da rúa Ramón de Valenzuela na Bandeira, cun acto na Praza da Feira, descuberta da placa na rúa e peche na casa de nacenza, o Pazo da Viña. Outro acto que se enmarcaba na promoción xa tamén institucional do Governo Galego, mais o cal non contou aínda coa presenza institucional dos governantes silledenses. Ao evento denominado Lembranza de Valenzuela, unha rúa na súa vila, acudiran os inesquecíbeis Díaz Pardo e Pousa Antelo, a grande amiga Anisia Miranda e o inseparábel Neira Vilas. E unha emocionada Mariví Villaverde acompañada pola daquelas memoria viva de Galiza.
- Co gallo do Centenario acontecido o 3 de Outubro deste mesmo ano, propónselle á Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira un acto de excelsa homenaxe no Centro Cultural Vista Alegre, unha antiga escola de emigrantes bonaerenses fundada pola Sociedade Pro Escolas da Bandeira e moi vinculada á mocidade de Valenzuela. Ideado polos que asinamos este especial, a el acudiu Neira Vilas, o profesor Xosé Manuel Maceira e grande parte da súa familia e conseguíu o obxectivo longamente procurado de resaltar novamente e de forma definitiva a súa personalidade política e literaria para acadar a popularidade necesaria que supuxese recoñecerlle os méritos para a dedicatoria das Letras Galegas para o que algúns políticos que o tiñan proscrito ideoloxicamente xa se aventuraron a comezar a casa polo tellado. A raíz do evento tómase a decisión de denominar o Colexio Público da Bandeira, Ramón de Valenzuela, co que tamén se acaba por premiar esa faceta de grande mestre de nen@s primeiro, emigrantes e adultos despois, que é inherente ao seu saber e debe ser o carreiro que sigan o alumnado e os colectivos culturais en rede para impulsar de xeito socializado e desde a base, cos apoios e avais precisos, unha vindeira dedicatoria das Letras.
Todo este relatorio memorístico vainos servir para xustificar aínda unha cuestión que fica por expor e se presenta como de necesidade urxente: o traballo da divulgación literaria do escritor verbo deste artigo é o que agora nos preocupa. Sendo un autor imprescindíbel para contextualizar e nos informar en primeira persoa dunha época negra, mais de ouro negro, unha xeración de preguerra crebada polo franquismo, que reaxe intelectualmente na Transterra exilada, ideal para impartir diferentes disciplinas nos centros de ensino secundario do País, ou ser lido nas bibliotecas públicas por ávidos lectores de aventuras, precisa dunha urxente reedición, xa que o estado actual das súas publicacións é o esgotamento. Fóra da Historia do Galeguismo Político en vías de publicación próxima, toda a bagaxe literaria está nunha situación crítica para o acceso dos posíbeis lectores: Non agardei por ninguén (Xerais) xa non se atopa nas librarías; Era tempo de apandar atopábase nunha editora extinta, A Nosa Terra; As bágoas do demo encontrabámola á defenestrada Ediciós do Castro; Os contos de O Naranxo saíran novamente á rúa coa asociación homónima, con moito mérito, mais con escasas posibilidades de edición e distribución. Para lermos a Valenzuela énos preciso un esforzo das administracións e editoras porque a sociedade galega, de seguro, acabará por devecer afervoadamente estas lecturas inzadas de certeza.

Valenzuela no desenterro de Castelao
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Valenzuela, quen saltara as liñas durante a guerra para poñerse ás ordes de Castelao, tal como lle telegrafaba en termos que deron título a unha das súas obras, levaba o cadaleito deste cunha expresión desolada e traumática. Era consciente que portaba o corpo sen vida de quen estaba chamado o presidir o seu país liberado. Mais Castelao non só era iso. A nación ficaba decapitada, mais tamén se tronzaba a última conexión que se mantiña entre a brillante intelectualidade dunha xeración co seu pobo. Os derradeiros intelectuais que sobrevivían no exilio xa terían que asumir a súa extinción sen un receptor que os botara de menos. Os xigantes solitarios que se consumían alén mar eran presentados nos actos como vítimas dunha incomprensión e dunha inxustiza por parte da súa comunidade emigrada que para un Blanco Amor, un Dieste, un Lorenzo Varela, un Seoane,
etc... non sería senón unha humillación máis: ter que dar pena.
O seu heroísmo que pago tería?. O heroísmo dun Valenzuela que o levara a combater nas frontes, ás cadeas da Gestapo, á deportación, á pena de morte, á loita clandestina... expoñer a vida por un pobo que non llo pedía nin llo agradecía. A Valenzuela tocoulle acompañar os restos fúnebres dun colectivo, os intelectuais, que xurdiran coa ilustración e brillaran luminosamente no século XX para pouco a pouco apagarse a súa chama a medida que a industria cultural capitalista impoñía a súa obsolescencia programada. Non é que o pobo non fose agradecido, é que tivo que aprender a valerse sen eles. E os pobos que cometen o erro de crer que aínda viven son presa duns poderes mediáticos que empregan este recurso para perpetuar a súa dominación presentándolle unha reste de “abajo firmantes” que lle aseguran que non é quen para valerse por si mesmo, que son “incapaces”, en definitiva, que non existen.
A Valenzuela tocoulle vivir nese transo e compre analizar a súa obra e a súa vida nese contexto agónico. Non se pode facer presentismo, non se pode ser anacrónico, mais sobre todo, non se lle poden aplicar retroactivamente imputacións que non lle corresponden. A tese que se veu sostendo é que Piñeiro salvou ao Partido Galeguista de caer nas redes do comunismo e afastarse da estratexia galeuzquista ao evitar que Valenzuela o reorganizase na órbita do PCE dentro da Unión Nacional.
Durante anos asentouse o erro de datar a reconstrución do Partido Galeguista na asemblea de Coruxo con anterioridade ao ano 1945. Esta idea estaba reforzada polo feito de que algúns dos seus protagonistas insistían nisto nas súas biografías (“Da miña acordanza”, Ramón Piñeiro e “Rio do tempo” de F. Fdz. Del Riego). Unha e outra vez reproducíase nos diferentes estudos ao respecto isto xunto coa versión oficial segundo a cal quen empezara os movementos de reconstrución do PG fora Ramón de Valenzuela para incorporalo á estratexia de Unión Nacional do PCE. Pouco importaba que nas datas de que se falaba Ramón Valenzuela estivera en prisión directa ou atenuada (até o indulto que recibe no 1949). Tampouco se tiña en conta a súa detención xunto cos irmáns Lecaroz, dirixentes do PNV, e a súa actuación no seo de Galeuzca durante a Guerra en Barcelona. Dalgún xeito o remate final de Valenzuela nas filas do PCG xa servían de validación da teoría da conspiración alegada por Piñeiro. Que teríamos entón que dicir deste último logo de rematar de deputado do PSOE?.
O caso é que hoxe temos documentada a data exacta da xuntanza, o 22 de xullo do 45, e non no verán do 43 como se di. A conversa de Piñeiro con Valenzuela en Vigo, que o filósofo da saudade sitúa no 42, dificilmente se puido producir nesas datas pois como queda dito Ramón sae de prisión o 10 de xaneiro do 42, mais queda en prisión atenuada (sen poder desprazarse libremente) até o 4 de xaneiros de 1949, e xa que logo, con limitacións evidentes para actuar nos termos en que relata Piñeiro na súa autobiografía. A Unión Nacional é lanzada polo PCE nese ano 42, mais o PCE muda a súa estratexia da UNE e mesmo ensaia diferentes posicións ao longo deste período. Con todo, na recreación de Piñeiro queda asentada esta imaxe premonitoria do que sería a guerra fría: O mundo vaise dividir en dous bloques, e ou se está cos soviéticos, ou se está cos americanos. E el estaba cos ianquis mentres Valenzuela era dos do leste. Piñeiro sería pois quen rescataría ao PG para occidente. Mentres, nas versións triunfantes, resérvaselle a Valenzuela o papel de ter fracasado no seu intento de facerse co PG para poñelo ao servizo de Stalin.
O certo é que cando Valenzuela se no 49 para Arxentina ponse -outra volta- ao servizo de Castelao, ingresando no partido no exilio (Irmandade Galega) e non sería até anos despois que recalaría no PCG percorrendo un camiño que seguramente tivera volta se a vida lle dera tempo. A súa práctica patriótica, monolingüe e progresista é obxectivamente unha achega á cultura da nosa Terra que merece o recoñecemento de todos, sen caer no sectarismo do alcalde do seu Concello que se negou a dedicarlle unha rúa por non ser do seu partido.
Quizais Valenzuela era consciente de que cando soterraba a Castelao que con el ía quedar sepultada toda unha xeración condenada ao silencio. Rebelouse contra a súa invisibilidade e hoxe é unha referencia obrigada para rescatar a través da súa obra a memoria daquel tempo de loita. Non podemos deixar morrer aos mortos tal como dicía Blanco Amor. Aínda que entre os vivos xa non queda intelligentsia, iso non impide que un pobo poida desenterrar a aqueles que lle axuden a acometer a tarefa prioritaria para súa emancipación: a exhumación da conciencia.

O teu primeiro libro
Alejandro Breijo
Cando o que escribe estudaba o bacharelato levou unha enorme sorpresa ó ver o nome da súa vila no libro de texto de Literatura Galega. No epígrafe da literatura galega do exilio aparecía,entre Lorenzo Varela e Silvio Santiago, un tal Ramón de Valenzuela Otero,nacido no Concello de Silleda(parece aceptado que na Bandeira aínda que Manuel Igrexas decantouse por Abades).Á sorpresa seguíu unha pequena decepción pois o manual só lle concedía ó noso escritor dez tristes liñas.Na escolma de textos do final da unidade recollíase un fragmento que quedou ata agora impreso na miña memoria e que comezaba así:”Cheguei a Silleda un día de feira que alí cadra en 6 ou en 23…”O texto en cuestión, que pertence a Era tempo de apandar,tivo para min un engado particular pois alí había expresións nun galego que me era máis familiar ca calquera outro,era o que se falaba na miña vila.Pois ben,non volvín oír falar de Valenzuela ata o ano 2005,no que a asociación Adellís de Silleda coordinou a homenaxe a D. Ramón e ó seu veciño Antón Alonso Ríos.Dende entón véñense sucedendo actos para recuperar tanto a súa memoria coma a súa obra e no marco da celebración do centenario do seu nacemento pídenme que escriba unhas palabras sobre as súas dúas novelas: Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980).O que segue é resposta a esa petición e non ten caste de pretensión científica e moito menos de exhaustividade,pois concordamos co que Derrida propoñía sobre a obra literaria: fixar un significado único e unívoco é imposible pois a cada lectura poden xurdir novas interpretacións.Si desexaría que o lector fose quen de sentirse chamado pola voz dun escritor que reúne virtudes,vitais e literarias difíciles de atopar.
Valenzuela foi un home e un escritor honesto e como nada adorna máis cá verdade,nas súas dúas novelas non hai demasiado aparato retórico; o que si hai son feitos narrados case como se viven:de maneira directa e dando a impresión de que están pasando diante de nós, de que case podemos falar cos protagonistas e que eles nos contestarán.Aparece aquí polo tanto o primeiro trazo que queremos salientar das súas novelas: o realismo. O realismo nas novelas de Valenzuela aparece nos feitos narrados, pero tamén no tempo e no espazo.O tempo da historia correspóndese coa guerra civil e a posguerra e o espazo co Galiza e algún pobo mesetario español.Tempo e espazo literarios son inseparables e en Valenzuela veñen encadeados xa que son as dúas coordenadas que sosteñen o relato; case que nos acae perfectamente o que Bajtin denominou o cronotopo do camiño,xa que o camiño do autor, o camiño dos seus protagonistas,dende o alzamento ata ben entrada a posguerra, é un camiño que permite incorporar outras voces e outros ámbitos, o cal aporta máis realismo ó narrado: militares nacionais, veciños labregos,compañeiros de cadea, estraperlistas,maquis,espías...
A vontade de honestidade reflíctese no segundo trazo que quixeramos destacar: o uso da primeira persoa.A intención autobiográfica así o esixe e Valenzuela non elude o uso dunha técnica narrativa tan aparentemente sinxela pero que supón unha grande complexidade estrutural e conceptual: ¿como salvar a obxetividade e a idea de veracidade que a sú a propia honestidade lle pide adoptando a primeira persoa? O noso autor resólveo introducindo diálogos curtos,substanciosos e áxiles que coadxuvan a presentar un cadro realista dos feitos.Tamén se axuda doutro recurso que xa citamos:a pluralidade de voces correspondentes ás xentes que se vai atopando.Ás veces Valenzuela enfronta opinións ou presenta xentes variopintas describido feitos ou relatando sucesos, aportando unha polifonía enriquecedora do relato.Por outra banda, a maneira que ten o autor de narrar algunhas situacións, coma se foran cadros independentes ou secuencias que apenas levan unhas pinceladas para situarnos,axúdannnos tamén a transmitir a sensación de relato vivido.Queda salvado así o paradoxo que podería xurdir do uso da primeira persoa e o obxectivismo que se busca co realismo.
Estamos a vertebrar este modesto escrito valéndonos da honestidade do autor protagonista.Cremos que desa honestidade é reflexo lóxico do compromiso político e vital co galeguismo e con Galiza.O lector de Valenzuela atopará nas súas novelas argumentacións lóxicas diseminadas en diálogos e pequenos monólogos nos que as súas conviccións políticas e humanistas quedan ben clarificadas.O compromiso político vese no feito de vivir finxindo no bando inimigo coa única obsesión de pasar ó bando leal á República,para salvar a súa vida e para seguir loitando.O compromiso vital aparece no feito mesmo de poñer en risco a súa propia vida en todo o que fai e incluso para axudar ós demais,como a súa actuación no tribunal militar ó que é asignado e no que non dubida en aminorar as penas para evitar a morte dos encausados.Particularmente angustioso para o lector é ver como, unha vez no sur de Francia, busca de novo ós seus contactos para iniciar labores de espionaxe coa Xestapo moi cerca.
Xa viñemos expoñendo de maneira tanxencial algunhas das liñas temáticas das novelas que ides ler,aínda así falaremos delas un pouco máis:
-A guerra e a posguerra son os eixes ó redor dos que xira a narrativa de Valenzuela.Non hai aquí trincheiras nin bombardeos pero si comportamentos propios dunha situación bélica:medo,delación,espionaxe,mentira,carraxe.A posguerra trae consigo actitudes inxustas: cando o protagonista de Era tempo de apandar se fai viaxante de comercio e arregla a súa primeira venda,ve como o seu cliente racha o trato por ser o viaxante un “roxo separatista”; a consecuencia no non pode ser outra que “odio acugulado”
-O absurdo é un tópico en tódalas novelas da guerra.O capítulo segundo de Era tempo de apandar reflicte de maneira maxistral o absurdo ó que pode levar unha guerra: o protagonista vese encerrado nunha cela de incomunicación, illado e ás escuras.Valenzuela amósase aquí coma un narrador que coñece o seu oficio, pois ante unha situación que pide certa elaboración para describila e transmitir as sensacións que produce,recorre a alusións e citas que permiten a evocación do lector: o encadeado iguálase ó Sexismundo de Calderón,busca a comunicación con algún compañeiro de cadea e tamén con dúas cascudas que o acompañan.Paga a a pena reproducir a pasaxe:”Ah,mísero de min,ah infelice! ¡ Probe Sexismundo e probe de min! ¡Como nos foderon!¡Canta vantaxe nos leva a ti e mais a min o agrimensor do castelo!Imos ti e mais eu a lle propoñer ó agrimensor que nos troque de sitio.Cabrón de Kafka que nunca soubo o que era estar preso nunha cova coma esta!” E describindo o absurdo é de lei que o narrador se acorde de Kafka.A propósito disto parécenos unha ironía ben artellada o feito de que nun interrogatorio o protagonista diga un nome,o agrimensor do relato de Kafka,e que os seus interrogadores tenten sacarlle máis información sobre este suposto correlixionario.
-O tema do absurdo lévanos ó da incomunicación.Valenzuela é home fondamente racional,mestre de profesión e seguramente de vocación, comunicativo en definitiva.Moitas veces a súa situación non lle permite comunicarse,ten que mentir,actuar,ocultarse,dicir o que non pensa (o cal semella máis indignante ca ter que calar).Todo isto implica ter que renunciar,cara fóra,á propia persoalidade,quedando o noso home encadeado de novo nas moradas do castelo interior.En resumo, o protagonista soporta dúas cadeas: a física,nos baixos do que fora un convento fundadado por Santa Teresa,e a interior, que bate de forma dramática coa vocación comunicativa dun home político no senso aristotélico.
Hai en Valenzuela un léxico que cheira a antigo,é o mesmo que nós podemos descubrir cando somos que de escoitar nas aldeas,á beira dun valo,dun comareiro ou nunha chousa,á xente que anda por alí. Escollimos case que ó azar varias verbas que nos levan a ese tempo no que Valenzuela andaba polos camiños da Bandeira e Silleda:o “valuro”, ou prestamista con usura,que nos remite á pobreza material,a cando había que pedir os cartos prestados para emigrar ou para pagar un médico.”Avol”,sinónimo de vil ,malo,infame ou indigno.”Resteba”, segunda colleita tralo trigo e o centeo,aínda que hoxe pódese escoitar tamén falar da resteba dos repolos.A”estrabiza” ou cortello e o “vigairo”,seguramente do mesmo étimo ca vicario,que fai referencia ó pedáneo ou ó ramista da festa
Na antiga traxedia grega un concepto elévase por riba de todos: a “catarse” ou purificación que supón para o espectador ver o que pode ocorrer se se creban as normas.Tamén a narrativa de Valenzuela ten algo de purificación, tanto para el como autor,coma para os lectores.E se non,cal é o motivo de que escribise dúas novelas autobiográficas sobre unha situación que moitos enterrarían e esquecerían? Sería útil unha reflexión sobre as causas polas que Valenzuela tivo a necesidade de anotar estes feitos e dárnolos a coñecer.Puxemos a honestidade como alicerce desta pequena contribución á homenaxe a Valenzuela e gustaríanos tamén que fose o alicerce do noso país,sería do agrado do noso autor.É de lei reeditar a obra de D.Ramón por ese motivo: non andamos hoxe farturentos de honestidade e sería moi didáctico telo moi á man.
Os lectores andamos sempre á busca do autor que nos cambie a vida,que nos sirva de inspiración ou que nos enseñe a vivir.Buscamos honestidade e atopámola en Camus,en Arturo Barea,en Orwell,pero tamén está moito máis cerca: en Neira Vilas, en Celso Emilio ou en Ramón de Valenzuela.O libro que che cambiou a vida foi o primeiro que liches.Non agardei por ninguén ou Era tempo de apandar poden ser,de novo, o teu primeiro libro.

Valenzuela, abeiramento ó teatro
Cristina Collazo
"[...] recorrín ás miñas condicións de actor teatral, poñendo o meu ser en cada verba".
Era tempo de apandar
As lindes separan pobos diferentes, ás veces obvian semellanzas. En terras de ficción, a realidade sobrevén de cotío e velaquí temos o Naranxo, un louco, que Valenzuela emprega como portador dun discurso tinguido de compromiso social e político.
Tampouco pode fuxir de Pepe dos Cestos, este vive grazas á pluma e corpo de Don Ramón. Encarna os seus propios personaxes. O autor bandeirense xa fixo a súa escolla: o teatro e a vida son todo un.
No exilio bonaerense achou en Sygne e Lauro Olmo referentes reivindicativos e de denuncia social. Con senllas traducións ó galego (nas que participa tamén a súa esposa Mª Victoria) e posterior montaxe1 , O casamento do Latoeiro e A camisa, avivaron o teatro galego no exilio2.
Alén da súa obra propiamente teatral (As bágoas do demo3) sobreveñen influencias dramáticas nos seus textos. O autor acode frecuentemente ó diálogo tanto na novela coma na súa narrativa curta. No capítulo cuarto de Era tempo de apandar, a conversa entre Salgueiro, Roldán e o Naranxo ten forma dramática.
Este último personaxe está moi presente na obra de Valenzuela. Manuel González Ferradás, coñecido como "O Naranxo", foi un persoeiro lalinense que pasou a formar parte do folclore popular, así coma da literatura, da man de Valenzuela e da plástica con Laxeiro. No conto de Ramón, "O Naranxo", o personaxe fai unha observación que voltará ser recollida en As bágoas do demo (Nunha festa non se sabe quen vive mal ou ben todo o ano. Non hai ricos nin pobres. Non hai tolos nin cordos. A xente come sen gana e bebe sen sede. Nunha festa somente hai festeiros).
Se cavilamos nunha dramatización deste conto, a posta en escena vén dada por boca dos propios personaxes. A través do diálogo deducimos a caracterización do Naranxo (...véxote sempre co mesmo pantalón, coa mesma chaqueta remendada, co mesmo pucho de hai dez anos; ...continuou medio enfadado.) á que se lle suman elementos non verbais que narra o protagonista (respondeume rañando a cabeza coma se estivera meditando). Nesta sorte de "monólogo coreado" como define o protagonista, as indicacións temporais e espaciais funcionan a modo de acoutación e até pausa de dirección: Calou un pouco o Naranxo pensando no máis alá. Gobernou o pucho que fora sombreiro anos atrás, acendeu un pito que lle dei eu...tiña algo de ritual.(...) como se adiviñara o meu pensamento, sempre manseliñamente, preguntou:
Preguntou o Naranxo, mostrando no medio da súa tolemia instantes de lucidez, vixiando a mente dos cordos. Máis unha vez, Ramón de Valenzuela difumina limites: o demo espreita e amaña pensamentos.
Os diálogos cumpren funcións variadas neste conto. Como se apuntou con anterioridade, o Naranxo sérvese del para lanzar un discurso acorde co autor. Certamente, o ton empregado podería lembrarnos ós que Valenzuela usaba nos seus mitins, misturado coa retranca do contacontos Pepe dos Cestos. Esta preocupación pola entoación e forma de expresarse xa se vislumbran na súa novela autobiográfica Era tempo de apandar. Valenzuela coñece os recursos actorais e non dubida en empregalos para que sexan, cando menos, efectistas: Erguínme de súpeto e dixen en alto coma se estivese nun mitin dos meus tempos. O autor capta a esencia do actor e é consciente de que hai que aloumiñar a linguaxe para que as palabras saian coa máxima expresión, palabras que velan información e trocan actitudes (Eu estaba vendo a cousa moi fea. Estaba vendo unha malleira enriba de min e recorrín ás miñas condicións de actor teatral...).
É amarrarse á emoción xa acontecida e revivila, coma un poema riscado cun cravo na porta dun cárcere, dun nicho de morto. Cando arrapiñan o cravo, fican os versos; porque aínda, aínda é tempo de apandar.
1.- O casamento do Latoeiro foi dirixida por Roberto Villanueva , representada na Escola de Teatro Lucense do centro Lucense. Por outra banda, A Camisa dirixiuna Mario Pinasco e representouse na Federación de Sociedades Galegas. ámbalas dúas no 1960.
2.- Participa tamén en lecturas dramatizadas no 1960 (A fiestra valdeira de Rafael Dieste e Os vellos non deben namorarse de Castelao).
3.- Dirixida por Blanco-Amor no Teatro Castelao do Centro Galego de Buenos Aires (1964).