Sobreira de Valiñas
Sobreira (Quercus Suber) da que se descoñece a antigüidade, pero que se estima que pode roldar os 300 anos. Posúe unha altura aproximada de 22 metros e un perímetro de 5,50 metros. Hoxe en día presenta varios problemas que afectaron ao seu aspecto, perdendo varias pólas e minguando a súa copa, polo que fai uns anos se instalou un sistema de cables e tensores para compensar e garantir o equilibrio do resto da árbore que se conserva en pé.