A Casa Grande de Parada
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
A Casa Grande de Parada é coñecida tamén como a Casa do gordo, como cariñosamente lle chamaban os veciños ao bisavó da actual propietaria a causa da súa gran corpulencia. Está situada na praza da igrexa parroquial e ao seu carón ten un xardín cerrado, horta e alpendre. A casa é de planta cadrada, con tellado a catro augas e cuberta de tella, e na fachada principal presenta unha pedra armeira.
O escudo ten no seu primeiro cuartel, unha palma e unha espada, no segundo, unha cruz flordelisada, que xuntos ámbolos dous cuarteis representan as armas do SANTO OFICIO; no terceiro, un castelo dos LEIRA, e no cuarto, seis roeis postos en pau de tres en tres, que son as armas dos CASTRO.
A primeira propietaria coñecida desta casa foi Ana Leira Perrúa (1668-1739), filla de Pedro Rodríguez de Daleira e Castro -que era notario do Santo Oficioe de Francisca Perrúa Yañez Vaamonde donos da casa de Os Muros, e que casou co seu primo Teodoro Deleira (1666-1722) do pazo de Correáns (O apelido Leira empezou sendo Daleira, logo Dealeira/ Deleira e sobre o ano 1700 aparece xa como Leira).
Como non tiveron descendencia, Ana no seu testamento do 10 de abril de 1738 deixou a herdanza -incluíase esta casaaos fillos do seu sobriño Baltasar, “primando á muller sobre o varón”, o que representaba unha novidade, xa que o costume era deixarlla aos varóns. Así pois, a nova propietaria será Ventura Leira (1731-1814), filla de Baltasar da casa de Os Muros e casada en 1750 co seu primo Antonio Leira do pazo de Correáns.
Máis adiante aparece vivindo nesta casa grande de Parada, como propietaria, a súa neta María Xosefa Leira Pardo, filla de Filipe e Dores Sabela Pardo Montenegro, mentres que o pazo de Correáns e a casa de Os Muros quedaban en mans do seu irmán Filipe.
María Xosefa (1807-1862) casou con Agostiño Porto Pulleiro, veciño de Callobre, e tiveron dez fillos. Un deles foi profesor de Fisioloxía na Universidade de Santiago, e outra casou con Manuel Luces Gómez de Relova, avogado e rexistrador da propiedade en A Estrada, pero normalmente aparecen como “propietarios e labradores”.
A casa coa súa herdade sempre estivo, pois, en mans da mesma familia, aínda que os apelidos foran cambiando por mor de ser unha muller a propietaria. Así chegou a mans de Manuel Lino Rodríguez Couceiro (1897-1981), un bisneto de Ma Xosefa, fillo de Agostiño Rodríguez Porto e de Antía Couceiro Carballeda, natural esta da parroquia de Ribela. Manuel (primo-irmán de Luís Rodríguez Taboada da casa de A Silva en Orazo e casado en Codeseda con Xenerosa Cortes) casou dúas veces, primeiro con María Goldar, da que tivo dous fillos, e logo en 1937 con Carme Bértolo Filloi, que naceu en Ribela aínda que seu pai era natural de Pardesoa (Forcarei). Foron pais de tres fillas, a maior Ma do Carme Rodríguez Bértolo, que é a actual propietaria, María, que casou en 1962 en Parada con Guillermo Rei Pena, e Inés que casou en 1964 con Xulio Barreiro Somoza, natural de Ribela. A saga, que ten a orixe no século XVI no escribán Pedro Docasal Daleira,veciño de Leiro (Miño. A Coruña) e que casou en 1590 en Correáns con María Rodríguez de Castro e Soutomaior, sigue nos fillos de Ma do Carme, que casou en 1966 con Manuel Silva Gil, natural do lugar de Souto, e son pais de Manuel Silva Rodríguez, veterinario, e de Ma do Carme, licenciada en Matemáticas.
* Capicua. 12-11-2012