Corre o ano 1956. Asorey leva 20 anos traballando no taller de Tras Santa Clara, de onde saen os grandes monumentos públicos que marcan a súa apoteose como artista. Nestas datas a súa produción relixiosa é notable, destacando as obras dedicadas á Virxe en diferentes advocacións, como a Virxe de Tanxil, A virxe de Fátima (Aranjuez) e a obra que nos ocupa.
No ano 1954 conmemórase o centenario da proclamación do dogma da Inmaculada Concepción, dentro dun contexto histórico marcado polo avance da Unión soviética e do peso que adquiren determinadas correntes de pensamento como o existencialismo, o que fai que a Igrexa se veza"ameazada" ante un posible Estado laico e até ateo; é por isto que envorca as súas forzas en adoutrinar ao pobo a través de diferentes vías, sendo a arte una das máis potentes, de aí os numerosos encargos de obras ao longo da nosa xeografía.
O encargo da Purísima non é unha excepción neste contexto. É unha obra promovida polo párroco da Estrada, don Nicolás Mato Varela e sufragada pola vila, sendo as organizadoras a Asociación de fillas de María, comandadas por María Tavarés Álvarez. O custo total da obra foi de 30.000 pesetas.
Asorey recorre para esta obra á iconografía das Inmaculadas de Murillo ou de Juan de Juanes: a Virxe preséntase como redentora e nai da Humanidade, pisando a lúa investida, e fusiónaa tecnicamente coa estatuaria grega, o que lle permite xogar cos pregues das vestiduras, pero sen recorrer á oquedade sendo neste sentido fiel ao seu gusto polo primitivismo e pola estatuaria románica.
Nun primeiro bocexo a Virxe é extremadamente estilizada; a proporción cabeza-corpo é de 1/9, estilización que se potenciaría aínda máis si temos en conta que iría situada sobre un pedestal.
Neste primeiro bocexo a Virxe coróase cunha aureola, viste unha túnica que cingue e define o seu corpo a modo de panos mollados, algo acentuado pola presenza dun cordón, que no modelo definitivo será o franciscano e un manto que se abre como movido polo vento no que os pregues caen verticais (a diferenza do modelo posterior), o que potencia a estilización da figura. Os pés esbózanse sobre unha lúa investida marcada apenas e pisando a serpe; é María triunfante sobre o pecado. Os trazos faciais son só un esbozo, pero aínda así os albiscamos tremendamente doces. A Virxe sorrí e mira piadosamente cara abaixo, como mostra do seu agarimo cara ao pobo que a contempla.
As mans, á altura do corazón, non aparecen en actitude orante, senón que sosteñen a Sagrada Forma, algo totalmente novidoso. A Virxe convértese así en portadora do corpo de Cristo, xa non só no seu ventre, senón en Nai de dor que ensina orgullosa e en lugar privilexiado ao seu Fillo.
Este bocexo escandaliza a don Nicolás, que o rexeita taxativamente. A Virxe como muller non pode portar a sagrada hostia e o proxecto rexéitase.
O segundo bocexo, depósito no Museo do Pobo Galego, mostra o desgusto de Asorey polo rexeitamento á súa primeira idea. O corpo da Virxe acúrtase notablemente (a proporción pasa a ser 1/6) co cal perde parte do seu misticismo, ao que contribúe tamén a definición dos trazos da cara: o sorriso é máis esquemática e a mirada levántase lixeiramente. O traballo na vestidura é o mesmo e a gran ausencia é a Hostia; a Virxe, seguindo os modelos ao uso, ten as mans en actitude de orar á altura ao lado esquerdo do peito. Este modelo é o aprobado.
Para a execución da obra Asorey recorre ao mármore de Alacant, un material que lle ofrece unha textura diferente á do mármore convencional á hora de traballar, recordando no seu acabado á textura do granito tan empregado para os monumentos públicos e achegando ao artista de novo ao primitivismo na súa forma de labrar.
No proxecto definitivo respecta a proporción 1/6. Volve cambiar os trazos faciais, a Virxe é case unha nena que á ao meu entender perdeu gran parte do misticismo inicial; agora descansa a súa mirada no horizonte, volvendo a cabeza, amable pero non riseiro. Aparece coa aureola e co mesmo tipo de roupaxe que non marca tanto o corpo e gana en textura e peso; pola súa calidade recorda aos hábitos franciscanos, intuíndose o cordón da Orde. O hábito ábrese co vento, os pregues caen de forma simétrica en planos curvos que contrastan co verticalismo da figura, algo ladeada. Aparece cos pés descalzos sobre unha lúa intuída e pisando decidida a serpe, acabando co pecado. Segue o modelo de Pacheco en formato e idea: a virxe sobre a lúa e recortada no ceo cunha aureola de doce estrelas
A figura colócase no centro da praza da Igrexa sobre un pedestal obra de José Sanmartín Constela, para desgusto de Asorey, pois veo demasiado estreito no corpo superior.
Co tempo e por unha remodelación urbanística o conxunto escultórico sofre cambios. O pedestal ve destruído o seu corpo superior e a obra é trasladada ao lateral esquerdo da igrexa, co cal a súa silueta recórtase contra o ceo estrelado e a súa mirada alcanza o infinito.
* recollido e traducido da web: http://www.franciscoasorey.es/news/la-purisima-a-estrada/