Arca*
Clara Iglesias Cortizo
- ARCA: do latín ARCAM que, ademais do significado habitual de “caixa rectangular grande provista de tapa”, é tamén unha das denominacións populares que reciben os dolmens. Cando Arca é nome de lugar, podemos supoñer que alí nalgún tempo existiu algún resto megalítico, como un dolmen ou unha mámoa.
- A ABELEIRA: “arbusto de froito comestíbel, a abelá”. Trátase dun derivado galego co sufixo –eira, de moito rendemento para crear nomes de árbores a partir do seu froito. A palabra abelá, por súa vez, provén do latín ABELLANA NUX, é dicir, “noz propia da cidade de Abella”.
- A AMARELLE: topónimo de posesor, formado inicialmente pola palabra latina VILLAM + o nome do posesor en xenitivo; neste caso Amarelli, do nome xermánico Amarellus.
- ARCAPEDRIÑA: topónimo composto, arca-pedriña. Pedriña deriva do latín PETRAM + sufixo apreciativo galego –iña, que indica normalmente diminución de tamaño ou valoración afectiva.
- O CARBALLAL: é unha palabra formada pola raíz prerromana karb-, “pedra” (que substituíu desde época moi temperá a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos). O sufixo –al é locativo e abundancial: o significado do topónimo é transparente “bosque poboado de carballos”.
- O CRUCEIRO: derivado galego formado pola palabra cruz (do latín CRUCEM)+ o sufixo –eiro. Os substantivos cruz e cruceiro están moi presentes na toponimia, se ben en moitos casos non é doado coñecer con precisión a motivación e o significado orixinarios dos topónimos que os conteñen, pois unhas veces aluden a unha cruz erixida no lugar e outras veces simplemente fan referencia a unha encrucillada viaria, cun uso tradicional do substantivo cruz hoxe ameazado na fala polo castelanismo *cruce. Dado que era habitual erguer os cruceiros nas encrucilladas dos camiños, ambos os significados van unidos con frecuencia e non sempre podemos saber cal deles deu orixe ao topónimo.
- A GOLETA: probabelmente do latín GULAM, “gorxa” + o sufixo diminutivo galego –eta. Trátase dun topónimo que indica un determinado accidente xeográfico, normalmente a parte estreita dun val ou dun río.
- NODAR: topónimo que indica nome do posesor. Deriva de VILLAM NOTARII, xenitivo do antropónimo latino Notarius.
- OUTEIRIÑO: do latín ALTARIUM (>outeiro). Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”. Neste caso, leva engadido o sufixo diminutivo –iño, polo que debemos entender que fai referencia a un pequeno outeiro.
- A PENELA: formado pola substantivo pena + o sufixo diminutivo –ela. O máis probábel é que pena proveña provén do latín PINNA(M), “amea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Hai autores que discuten esta etimoloxía e entenden que pena provén da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”.
- XUSTÍN: nome de posesor. Deriva de VILLAM IUSTINI, xenitivo do antropónimo latino Iustinus.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Arca (San Miguel)*
Manuel Reimóndez Portela
Esta freguesía de San Miguel de Arca é coñecida dende sempre polo mesmo nome.
Arca pertence á chamada zona da montaña coas súas compañeiras Codeseda, Liripio, Ribela, Souto e Sabucedo.
LINDES: linda ao norte coas da Somoza e Nigoi, polo sur ten a Souto e Cuntis, polo leste con Souto e polo oeste ten a Cuntis.
Por razón alfabética do seu nome ocupa o 5Q lugar.
Tendo en conta no que atinxe á superficie da parroquia atópase no lugar número 7 con 365 hectáreas. Ten 366 habitantes de feito. Na actualidade ten 238.
COMUNICACIÓNS: a principal vía de comunicación da parroquia é a estrada que dende Nigoi arranca por Parafita achegándose a Arca xa por Abeleira de Amarelle ata Cruceiro e Nodar, para alí pasar o río Umia pola ponte Nodar xa por terras da veciña parroquia de Souto, empalmando preto do lugar da Toxeira (xa en Souto) na estrada que vai a Codeseda ou a terras de Cuntis, Cequeril e Pontevedra.
Nesta parroquia non se fixo a concentración parcelaria coas súas grandes vantaxes de melloramento de toda a rede viaria. De calquera xeito todos os lugares están unidos por pistas, unha délas une A Goleta no suroeste con Arcapedriña, Cruceiro, Penela e O Carballal para darlle saída por Torreboredo, Abragán e Fontenlo a Codeseda e polo sur a Cuntis. Así, tamén a Penela e O Carballal se unen coa primeira estrada citada. Outros camiños levan desde os lugares a montes e leiras.
Camiño real: o chamado camiño real, de tanta importancia naqueles tempos, atravesaba a parroquia polo lugar do Cruceiro ao da Penela, de alí ao de Carballal, á Pontiña e ao monte do Arnado, Abragán e Codeseda; actualmente está abandonado.
HIDROGRAFÍA: o principal río en Arca é por suposto o Umia, que lie serve de linde coa veciña parroquia de Souto e os Montillóns polo sur.
A este río chegan regueiros e regatos que cruzan estes terreos.
Os principais son: o do Castro, que nace no monte de Riba babeando entre o Outeiriño e o Cruceiro, que vai verter ao Umia un pouco abaixo da ponte da Paradola. Outro é o regato da Pontiña, que nace en Parafita, pasa polo Carballal e pola ponte da Pontiña, que vai dar ao Umia, no final das veigas da Pontiña, nas chamadas Pozas da Pontiña.
Outro é o regueiro de Fixón, que nace en Agrobó, e o da Penela ou de Canle que nace na chamada ponte de Canle e o regato de Moimenta que nace en Outeiro do Castro, verte en Nodar á poza de Carbia, que como xa dixemos verten todos no Umia.
PONTES ou PONTILLÓNS: unha ponte sobre do Umia é a da Paradola construída hai preto de douscentos anos con arco central de medio punto e dous moi pequenos laterais; está case en ruínas, foi restaurada hai máis ou menos 74 anos. Naqueles tempos era so un paso de persoas por "pasaxes" de pedra; en certa ocasión afogou unha alí, está máis arriba dos muíños de Ferreiro e na paraxe que leva o mesmo nome de Paradola. Entón dada esta desgraza os veciños decidiron facer unha ponte de pedra dado que por alí pasaban sobre todo os veciños de Arca e os de Montillón; para comunicarse uns cos outros, decidiron carrexar a pedra entre os das dúas parroquias, e así se fixo a ponte coa colaboración dos fregueses de dous lados do río.
A ponte Nodar é moi importante, está como dixemos no lugar do mesmo nome e comunica o norte co sur pola principal estrada da parroquia.
A ponte de San Paio na Goleta. Fíxose a vez da escola do Arnado, para pasar á estrada, máis abaixo da de Nodar, é máis pequena e cruza tamén o Umia, está toda caída.
Ten ademais os pontillóns de Moimenta e de Salgueiro no regueiro de Castro e o de Pontellada.
FONTES PÚBLICAS: son moitas as fontes públicas en Arca coma a de San Amedio no lugar de Carballal, que recentemente foi reformada. A fonte da Poza na Penela, onde está tamén a do Regó, a do Regueiro en Amarelle, onde tamén está a chamada do Chan. A fonte do Corbacho no lugar de Cruceiro. En Nodar teñen a chamada Casa da Fonte e a Fontiña. A de Xustín neste lugar,a fonte de Cortés en Arcapedriña e a da Casa de Pena na Goleta. A fonte da Igrexa nace no terreo da igrexa e verte no medio do muro de contención do igrexario.
OROGRAFÍA: rodeada polo oeste por montes altos que pertencen en gran parte á parroquia, Arca sitúase nun fermoso val que tamén está protexido por montañas polo norte e ao sur, aínda que non sexan desta freguesía.
Polo poñente son importantes o Outeiro Grande, o monte de Arriba, o couto de Abaixo, o monte de Arca con 640 m, e outros.
CASTROS: Arca ten un célebre castro, o xeralmente chamado polos veciños castro da Perita, aínda que se encontren nos libros como castro Perroño.
¿Por qué castro da Perita?... se facemos caso á tradición houbo na parroquia un perito que pouco a pouco se foi facendo con moita terra, entre ela o mesmo castro; este morreu cedo e a súa viúva, ou sexa "a perita", sobreviviulle moitos anos alí ñas abas do castro, quedándolle entón o nome dito.
Trátase dun castro preto do Umia onda o lugar de Aracapedriña, sobre o que existen moitas tradicións e lendas.
Como dixemos entre Arcapedriña e A Goleta érguese un castro ao que se chega por un camiño de carro. Xa foi citado por Bouza Brey "en la parroquia de Arca hallamos el denominado Castro Perroño con molinos de mano, al parecer romanos, y cerámica que no ha llegado a nosotros, con referencia a grabados rupestres en las proximidades que estenderían hasta esta comarca los conocidos de Campo Lameiro y Cotobade".
Dinos Arca Caldas "Ten primeiro parapeto duns dez metros de altura polas bandas do norte, leste e oeste mentres polo sur a forte pendente non as precisa. Despois deste parapeto vén un foxo e logo dun desnivel de cinco metros veñen as defensas en pedra. Por dentro do castro o desnivel é pequeno. Polo sueste está separado dun outeiro pequeno cun desnivel duns dez metros".
Ten forma ovalada, orientado de noroeste a sueste. Coidamos que o eixe noroeste ten uns 120 metros e o eixe sueste uns 75. Poden ollarse moi ben as defensas e parapetos. Encontrou tamén Arca Caldas algúns achados de barro.
Debe de ser moi antiga a crenza de que Arcapedriña lie debe o nome por ter aparecido alí unha "ara" ou unha arca de pedra. Pudiese ser entón unha pedra de sacrificios ...aínda hoxe os máis vellos falan de que lembraban seus país anacos da pedra que a desfixeran. Pedro Varela di que "era una arca de piedra de grandes dimensiones con su correspondientes tapaderas... fue destruida por Manuel Fraga hace algunos años" pudiera ser un sartego.
Son algunhas as lendas sobre este castro que daremos a coñecer cando falemos de lendas desta parroquia.
PAISAXE: Arca é un fermoso val máis ben aberto cara o de Codeseda seguindo as marxes do río Umia. Quen desexe admirar a paisaxe que se achegue ao alto dos montes que a rodean e desde calquera deles olíase o verdor e a beleza dos lugares facendo contrapunto comprados, montes e carballeiras. Dentro das terras da zona da montaña é das máis rechamantes coas súas veciñas de Codeseda e Souto.
PEDRAS: son importantes moitas das pedras desta parroquia con marcos coma o que hai no Outeiro Grande e non lonxe de alí seixos brancos, Pedra Branca, Porto da Laxe, Pedra Gallarda... Terra de canteiros, destaca pola boa construción das casas e cruceiros, así como templos e lousas.
Xa como pedras traballadas co máis grande agarimo polas mans dos nosos mestres canteiros (os cruceiros) temos hoxe, despois de desapareceren moitos, os seguintes:
1 Situación: no adro da igrexa parroquial de Arca.
Descrición: plataforma: catro brazos de figura octogonal.
Pedestal: cuadrangular, con "gorxa". Columna: octogonal, comezando e rematando cuadrangular. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida, en varios planos. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso: imaxe de Cristo crucificado coa testa lixeiramente volta cara á dereita. Reverso: imaxe da Inmaculada, con tres querubíns aos seus pés. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: na columna, no anverso, de arriba a abaixo: A LA REALEZA DE CRISTO REY. No reverso de arriba abaixo: SAN MIGUEL DE ARCA. FRANCISCANOS. 19 DE MARZO 1978 Ao redor da base inferior da columna, a data devandita e, a máis, VI/CRIS/REY VA TO.
Conservación: boa.
Tradición: cruceiro ben coidado e propio de adro da igrexa.
Propiedade: pública -parroquial.
2 Situación: parroquia de Arca, lugar de Cruceiro, camiño da igrexa a man dereita, lindando cun valo de pedra.
Descrición: plataforma: unha gran pedra. Pedestal: cuadrangular. Columna: octogonal, comenza e remata cuadrangular. Capitel: cuadrangular. Cruz: latina, lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala.
Tradición: quizais forme parte dun antigo viacrucis. De calquera xeito, existe outro cruceiro no devandito camiño da igrexa, o que pode indicar tamén, con motivo da súa colocación, o lugar para rezar ao paso dos mortos.
Propiedade: pública
3 situación: parroquia de Arca, no camiño dende o lugar do Cruceiro á igrexa.
Descrición: plataforma: unha gran pedra. Pedestal: cuadrangular. Columna: octogonal, comeza e remata cuadrangular. Capitel: cuadrangular. Cruz: latina, lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros.
Inscricións: non.
Conservación: mala.
Tradición: cruceiro no camiño principal á igrexa.
Propiedade: pública.
Falta un que estaba na herbeira de Corbacho.
HÓRREOS: temos como máis vello o da casa reitoral, ten 7 claros, está caído.
LENDAS: son moi coñecidas as lendas que se refiren ao castro da Perita:
Por suposto, igual ca en moitos máis castros existe a lenda da trabe de ouro e a de alcatrán, que están soterradas e protexidas polos mouros; a xente non se atreve a cavar e buscar (o cruceiro da casa do Viso) o tesouro da viga de ouro temendo atoparse coa de alcatrán, xa que entón morrían no intre abrasados.
Alí vivían os mouros aínda que non se vían porque so traballaban de noite e de día escondíanse nas covas que tiñan, e estaban gardando moitos tesouros. So un home da aldea tomoulle confianza e leváballe botellas de viño de noite, sen que o soubese ninguén e eles sempre lle daban agasalliños de ouro que non podía dicir a ninguén nin sequera á súa muller... así pasaron tempo ata que nunha ocasión a muller encontroulle unhas que tivo que explicade de onde viñeran. Díxolle a verdade pedíndolle que lie gardase o segredo... así o fixo, mais un día como agradecemento mandoulle aos mouros un agasalliño polo seu home de paso que lie levaba o viño... o home desapareceu para sempre. Mais antes diso os mouros regaláronlle un refaixo ao home para que lio dese á muller... á muller gustoulle moitísimo e antes de poñelo atouno ao redor dun pino para ollalo mellor e o piñeiro ardeu de seguida... así lie tería pasado a ela por descubrilos.
O POUSADOIRO SACRO PRETO DA PEDRA DA NOGALLA... XA IDA
Preto do castro un veciño encontrou unha cunca de barro líquido callado... e convertéuselle en ouro.
Outro atopou unha barra de ferro e ocorréuselle espetala preto do castro e... convertéuselle en ouro. Os veciños eran moi devotos da Virxe da Ascensión na súa ermida, pois un deles estaba nun grande apuro coa xustiza, o avogado dixéralle que non tiña maneira de defendelo, condenaríano a moitos anos de cárcere, encomendouse na ermida da Ascensión á súa Virxe e tanto lie pediu pregándolle que o defendese que era inocente que a Virxe lie dixo que cando o interrogase o xuíz so dixese tres palabras (sen que saibamos cales foron)... a canta cousa lie preguntaba el so contestaba decote coas tres palabras... e deixárono ceibo. Dende entón todos os anos pedía polas portas para facerlle a función.
Había un matrimonio e a muller estaba tolleita, tivo dous fillos (tamén tolleitos) e leváranos a Souto aos curas de ¿Xan Garrido? e sandárono cos Evanxeos, tanto aos fillos como á muller... e noutra ocasión aos curas déronlles unha malleira nos campos da Penela.
Na carballeira de Sostelo había uns curas que saían de noite e lie metían medo á xente... e cando morría alguén alí víanse visións.
Os mouros do Castro da Perita desexaban irse á súa terra para traer os planos dos grandísimos tesouros que tiñan alí soterrados.
Outra lenda dos mouros do castro: Di a lenda que unha muller de Nodar era quen asistía aos partos das mouras... pois un día na feira de Codeseda saudou a uns dos mouros e el preguntoulle ¿cómo me coñeces? por este ollo (faltáballe o outro ), ¡pois agora xa non me verás máis!... e cegouna do ollo que vía.
Veciños de aquí dicían que lles oían aos mouros bailar e cantar de noite.
Tamén ten a lenda de sempre; da galiña cos pitos de ouro.
HISTORIA: no ano 1607 Jerónimo del Hoyo recolle:
"San Miguel de Arca" (Cabeza).
Esta feligresía de San Miguel tiene treinta y dos feligreses. Los fructos (fol. 458) son todos del rétor que si los del anexo valdrán cincuenta cargas de pan. Presentación según dicen de la casa de Goldar. La fábrica tiene de renta tres ferrados de pan mediado y ciertas cabezas de vaca. El rector vive en una casa que es del iglesario. Hai en esta feligresía dos hermitas, la una de San Mamed y la otra de San Torcato. Junto a esta iglesia está la hermita y granja de San Benito de Montillón que es de los frailes y monasterio de Armentera; tiene siete feligreses a los cuales administra un capellán mobible por ocho ducados."
Catastro de Ensenada (1747)
Neste catastro do marqués de la Ensenada encóntranse datos moi interesantes, e os que se refiren a esta parroquia poden atoparse no grupo do couto de Tabeirós coas demais parroquias que pertencían a el.
Dinos Pascual Madoz 1848-50:
"Arca (S. Miguel de feligresía en la provincia de Pontevedra (5 leg.) diócesis de Santiago (igual distancia) Partido Judicial de Tabeirós y ayuntamiento de La Estrada. Situación a la derecha del río Umia, clima templado y sano, comprende los lugares o barrios de: Abelleira, Amarelle, Carballal, Arca-Pedriña, Cruceiro, Goleta, Xustín, Nodar, y Penela, que reúnen 132 casas de mediana construcción, hai una escuela a la cual concurren 11 niños. La iglesia parroquial (S. Miguel) es matriz de la de San Andrés de Souto y tiene una ermita dedicada a la Asunción de Nuestra Señora.
El término confina: Norte con la parroquia de Nigoi, por E. con Santa María de Cuntís, por S. con el indicado río Umia y por el O. con el monte Paradeia, le baña el Umia por derecha e izquierda hasta Arca ¡as parroquias de Pereiras, Meabía, Ribela, Codeseda y Souto dentro del partido de Tabeirós y otras en el de Caldas, nace en el lugar de su nombre feligresía de San Bartolomé de Pereiras en Forcarei, desagua en la ría de Cambados le cruzan varios puentes y brotan en el término 8 fuentes de buen agua. El terreno es de inferior calidad, tiene dos montes titulados Arnao y Paradeia de los cuales se saca buena piedra para los pueblos inmediatos. Los caminos transversales y poco cuidados. El correo se recibe de Estrada por medio de un peatón los martes, jueves y domingos y sale los lunes, miércoles y sábados... Produce, maíz, centeno, patatas, habichuelas, nabos, poco trigo, lino, alguna legumbre y hortaliza, cría ganado vacuno, cabrio y lanar, se cazan conejos, liebres y perdices y se pescan truchas y peces.
Industria: La agrícola, tres molinos harineros, varios canteros y albañiles cuyo oficio ejercitan por toda Galicia.
Población 1 34 vecinos, 530 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago: (Datos do ano 1883 ).
"ARCA San Miguel y S. ANDRÉS DE SOUTO.-Tabeirós- Pontevedra -Estrada-D. José Bermúdez-Entrada, 332 vecinos 1662 almas entre las dos, Codeseda.
Personal: Fariña Fontela, D. Manuel Parr. 61 a. Teol. completa Gil D. Francisco, coadj. 46 a. carr. breve".
No censo do ano 1924 tiña 554 habitantes.
Álvarez Limeses na "Geografía general del reino de Galicia" di (ano 1 747-50):
"Arca (San Miguel). Dista 34 Kilómetros de Pontevedra y 15 de La Estrada y limita al. N. con Nigoi, S. con Souto de la que le separa el río Umia, al. E. con Ribela y al. O. con Cuntis.
Entidades: Abeleira con 10 habitantes, Amarelle con 67, Arcapedriña 19, Bustelo 23, Carballal 84, Cruceiro 63, Goleta 26, Guntín 74, Nodar 102, Penela 59, y diseminados 1 7 que hacen un total de 554 habitantes para los que existen dos escuelas unitarias.
Sus montes más importantes son el Arnado, el de Arca, notable por las muchas canteras de granito que en el existen y el coto de Piorno, el Cádavo y el Serrapio.
Está situada en el margen derecho del río Umia sobre el que tiene dos excelentes puentes de antigua construcción unos de los cuales tiene 14 metros de altura.
La atraviesa la carretera provincial de Codeseda y está construyéndose también un camino vecinal. Por aquella circula un automóvil de línea.
Hai varios molinos harineros. La iglesia se construyó en 1864. Hai además la capilla de San Benito y la ermita de la ascensión en las que se celebran romerías. La principal fiesta es la patronal que dura tres días."
A IGREXA: a igrexa parroquial de Arca é moderna e ampia, con un adro e cemiterio anexo, no primeiro sobresaen moitas lápidas de cadaleitos, alguhnas délas con inscricións ben antigas. Na fachada posterior ten un gran letreiro que di " Reinando Isabel II Siendo Pontífice Pío IX y Arzobispo Compostelano el Eminentísimo Cardenal García Cuesta. Hizo este templo en 1864 y 1865. D. Andrés Díaz Rodríguez, párroco 25 años y Conónigo después en Lugo y en Santiago. Caballero de Carlos III y Capellán de honor de S.M."... está soterrado en Santiago, sendo unha das primeiras tumbas entrando polo patio do Museo e Arquivo.
Na súa lápida lese: "Andrés díaz y Rodríguez, natural de Santa Eulalia de Arca, cura que fue de San Miguel de Arca y anejo de Souto. Caballero de la real y Distinguida Orden de Carlos III".
Foi sen dúbida un dos homes sobranceiros de Arca, incorporouse e loitou cos carlistas, mandando un grupo de veciños que o seguiron, mais sendo vencidos en Pontevedra, foi condenado a morte pedindo el como derradeira vontade que o executasen en Santiago; trasladárono alí onde foi indultado volvendo de novo á súa parroquia, máis tarde foi nomeado Coengo da Catedral de Santiago, como dixemos.
Bouza Brey, Fermín: "Baldaquino de S. Miguel de Arca -Nós- n.Q 94 p. 194". dinos: "El atrio de esta iglesia fué hecho en 1855 según la inscripción que allí aparece. En esta fecha en el lado Norte se debieron embutir en el muro a uno y otro lado de la puerta los paneles de un baldaquino. Son 4 piezas: A la mano derecha primero con escenas de la Ascensión. Pan adintelado. Segundo con arco inferior conopial, adoración de los Reyes... La izquierda: 1 .Q con arco inferior conopial, escena de las Angustias, 2.Q, Adoración del Niño en el pesebre por el pueblo.
A uno y otro lado de los paneles dos estatuas de San Miguel y San Juan con precedentes marcadamente ojivales."
Polo que di Varela Castro, antes desa igrexa houbo outra construída no século XVI que se foi arruinando cos anos.
No lugar de Carballal está a capela da Ascensión, que data do século XVII.
ÁBSIDA DA IGREXA
Houbo tamén outra capela no monte San Paio á beira do río Umia, dedicada a San Pedro, foi desfeita cando se construíu a igrexa actual polas moitas liortas que había entre os mozos, tal foi así que nunha daquelas pelexas un mozo que fuxía caeu ao río Umia e afogou; dende entón pechouse a capela.
Outros datos que atinxen á igrexa e mais á capela da Ascensión son os seguintes:
Igrexa: ten unha planta de cruz latina: Porta de arco alintelado recalcada de molduras planas, doselete, todo elo baixo un arco de medio punto con óvulo, rematando en forma triangular e campanario central de tres corpos. Muros laterais lisos.
Sancristía pegada á cabeceira e a menos altura cá ábsida.
No muro de pedra que pecha o adro, na entrada do leste aparece; a un e outro lado desta:
EL AÑO DE 1865 SE HIZO ESTE ATRIO SIENDO RETOR D. ANDRÉS DÍAZ Y RODRÍGUEZ TODO A ESPENSA DEL M.2
CAPELA DA ASCENSIÓN
Capela da Ascensión en Arca: é de planta rectangular con portada alintelada acorchada por arco de medio punto sobre xambas encapiteladas, un ollo de boi pequeno e espadaña central de dobre van.
Ábsida máis baixa cá sancristía ao norte.
Inscricións das campás:
Igrexa: campá grande: AÑO 1861- PALACIO Y LISTE, diámetro 0,81 mm. Pequena: AÑO 1791 PALACIO Y LISTE, diámetro 0,70.
Capela da ascensión: campá grande: AÑO 1944, diámetro 0,57. Pequena: año 1944, DIÁMETRO 0,38.
BANDA DE MÚSICA DE ARCA: tivo a parroquia unha banda de música. Atópanse poucos datos desta, aínda que soubemos que a debeu de fundar no sáculo pasado Manuel Canabal, veciño do lugar da Goleta, desta mesma parroquia de Arca.
Este grande afeccionado á música tiña unha casiña no lugar de Xustín de Arca e alí ensaiaba a banda ás noites, cando podían. Xuntábanse uns poucos compoñentes, poida que de 10 ou 15 e incluso lie viñan algúns músicos da parroquia de Ribeira, e en ocasións algún de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña).
A banda saía tocar ás parroquias veciñas e aínda máis lonxe; en moitas ocasións saían da casa para tocaren a unha aldea e botaban o resto da semana, ou máis tempo aínda, por ¡rile saíndo peticións ao paso. En xeral dábanlles de comer e durmida, e segundo un supervivente da banda, Arturo Iglesias, de 80 anos ¡comíase moi ben! e tratábannos do mellor. ían por suposto andando por camiños, montes e carreiros.
Outro director da banda foi José Picallo ...nunha ocasión tocaban ¿na vila da Estrada? esta banda e máis a de Orazo ...dentro do tirapuxa razoable, un músico soltoulle herrando ao director Picallo: ¿Apreta Picallo que os de Orazo queremos... "xorobar"!
Sen dúbida eran músicos de instrumento e arado, aínda que con iso demostraban con grande esforzo o seu "senso" artístico.
CASAS SOLAREGAS: a chamada "Casa do Canónigo" no lugar de Xustín atópase entre casas que poden levar ese título e a xente coida que foi do cóengo que fixo a igrexa.
FESTAS NA PARROQUIA: San Miguel (o patrón) o 29 de setembro. A Virxe dos Desamparados o 30 do mesmo mes, o 26 e o 27 de Nadal Santo Antón e San Roque. Actualmente celébrame so o día 26. O Santísimo Sacramento o día 8 de maio, e a festa da Virxe da Ascensión ao domingo seguinte ao día que se adoita celebrar. A Ascensión aos 40 días da Pascua.
INDUSTRIA: so existe a agricultura, sobre todo a gandería; de industria van desaparecendo os muíños, que, entre os que quedan aínda e os que desapareceron, son os seguintes:
No regueiro de Castro, o de Peroxa, o da Caseira do Cruceiro, o de Ruza, o de Neira e o de San Martiño.
No río Umia: o de Canabal en Arcapedriña, o de Canabal de Abaixo, de Canabal de Arriba, o de Roque, o da Perita, o de Picouzo, o de Carbia, o de Ferreiro, e o do Pego Negro.
Ademais está o muíño de Canles no regueiro do mesmo nome e o da Pontiña.
Construíuse unha minicentral, da empresa Engasa, no río Umia, fronte ao lugar da Goleta na parte de Cuntis.
Muíños: atopamos o muíño da Pontiña no Carballal, outros dous no Pego Negro. O de Porto e o do Ferreiro na Paradola; así mesmo, o muíño de Carbia, un pouco máis abaixo o de Roque e o da Fillunza, os tres en Nodar. Tamén compre destacar no Castro o da Perita, o muíño de Abaixo en Arcapedriña, o de Monteagudo ñas Freixas e os de Canabal.
COMERCIO: establecese unha taberna no Cruceiro. Houbo na parroquia tres tabernas e nos anos 40-50 xuntábanse centos de mozos e mozas, que viñan de todas as parroquias do lado.
PERSOAS SOBRANCEIRAS: Manuel Campos Villaverde "Vilaverde”, escultor, nacido en Penela, onde ten o seu taller no medio duhna carballeira, dende onde saen as súas creacións en pedra e mesmo fundición de bronce.
José Manuel Puente Rodríguez "Isi", actor de comedia nacido en Amarelle. Protagonista de coñecidas obras de teatro do grupo os Tirinautas coma "Se o sei non volvo á casa”, "O enfermo imaxinario" e "Ensalada de mosquito". Popularizado e de gran fama na TVG, gañador do "Rei da comedia", "Supermartes", así como en Antena 3, e é requirido como pregoeiro a moitas festas e celebracións.
ENSINO: polo que se refire ao ensino os rapaces lévanos ao CEIP de Codeseda, parroquia lindeira con esta polo leste.
En canto ao aspecto da SANIDADE, mellorou moito polo seguro de enfermidade; vai un médico a consultar a Codeseda algúns días á semana aínda que neste sentido a asistencia primaria se atopa verdadeiramente mal xa que teñen que desprazarse á Estrada a maioría dos días.
Actualmente teñen un centro de saúde en Codeseda.
No ámbito ECONÓMICO, a vivenda, luz eléctrica, etc. melloraron moito aínda que poden presentar diferenzas con parroquias máis ribeireñas do Ulla.
ESCOLA LAICA: nesta parroquia houbo unha escola laica. Unhas sociedades de Arxentina fixeron posible que se erguese unha fermosa edificación chea de esvelteza cunha torre lanzal.
A escola inaugurouse en 1911 e durou uns 15 anos (ata a Ditadura de Primo de Rivera).
Alfonso Vilamarín do lugar da Goleta desta parroquia conserva os planos e mais a bandeira ou estandarte que pon: ESPAÑA- ARGENTINA./ "Bandera: ASOCIACIÓN CURROS ENRIQUEZ"./ PARA ESCUELAS EN CODESEDA ARCA Y SOUTO.
AÑO 1911
Este material permanece intacto na casa deste veciño, o noso informante, en 2004.
TOPONIMIA MENOR: importantes son os nomes das pedras ás que fixemos referencia cando talamos délas e por suposto o de Arcapedriña, o Castro, o mesmo de Arca do que se coida lie vén o nome; o Cruceiro, o Outeiriño, a Ermida, onde estivo a capela da Ascensión. A Eira dos Mouros onda a Lagoa Grande e tamén a Eira dos Mouros no cume do castro da Perita ou Perroño. A fonte das Perdices, din que aínda as hai hoxe. E os marcos que lindan esta parroquia coas veciñas.
TELEFONÍA: sen cable.
RURALCENTRO: situado no local social do Outeriño (antiga escola), dá acceso público e gratuíto a Internet, achegando os habitantes ao uso dos equipamentos informáticos.
PLANTÍOS REAIS: Arca tivo plantíos reais, lemos no Catastro de Ensenada-Real de Legos:
"Dehesa y Vivero Real de su Alteza.
La dehesa se halla sita en el campo de la Ascensión, cavida sesenta y tres ferrados.
Dehesa de primera calidad, L.S. Vega de Porto de Salto. P. Vega San ¿Antonio? n. Vega de Llórente.
El Vivero se halla inmediato a la dicha dehesa, cavida dos ferrados y 8 cuartillos de 1 .Q calidad, cerrada sobre sí."

Pedro Varela
Parroquia situada no Arnado, que ten 115 cabezas de familia e 760 habitantes. Dista da Estrada un dez quilómetros, oito dos cales poden percorrerse pola estrada de Vilapouca a Ponte Vea.
Non podemos aventurarnos a fixar a data da creación desta freguesía por falta de datos precisos: o arquivo parroquial parte do ano 1649 en que foi inscrita a defunción de Juan da Ponte; e outras fontes de información non temos.
Verea Aguiar, na súa notábel Historia de Galicia, insinúa que o nome de Arca vén do grego Arcas, rei de Arcadia, neto deLicaon. Outros sosteñen que procede das aparicións de sepulturas cadradas construídas con lousas en buratos a pouca profundidade, da época neolítica, que non son escasas no chan galego e que están relacionadas coas medorras, medoñas ou mámoas.
No caso que nos ocupa, parece máis axeitada a segunda das opinións porque, precisamente, hai na parroquia o lugar de Arcapedriña, que debe o nome a atoparse alí unha arca de pedra de grandes dimensións coa súa correspondente tapadeira. Esa arca, que aínda recordan moitos veciños, foi destruída por Manuel Fraga hai algúns anos.
Compoñen a parroquia os lugares de: Arcapedriña, Casa da Reguiña, Agro Maior, O Cruceiro, O Outeiriño, A Amarelle, A Abeleira, A Penela, Casa da Poza, Casa da Poroxa, O Carballal, Casa das Caseiras, Bustelo, Nodar, Xustín e A Goleta. En canto ao primeiro, xa sabemos que adquiriu o seu nome da arca pétrea alí atopada; o segundo, do alcume que tiña unha muller que habitou a única casa de que consta o lugar; o de Agro Maior, chámase así porque alí hai un importante agro; o do Cruceiro, dun cruceiro antigo que aínda existe; O Outeiriño, diminutivo de outeiro. En canto á Amarelle, cóntase que o seu fundador procedía, como é natural, doutro punto e que despois da fundación tivo perdas cuantiosas de familiares e gando; desesperado, retornou ao lugar da súa procedencia, onde comezaron a consolalo, convencérono de que debía volver á Amarelle e acompañárono alí. Ao chegaren, vendo que tiña vizosas as colleitas, dixéronlle: a este lugar hai que amalo por bonito e produtivo e o fundador contestou: "amareino se non me acontecen máis desgrazas nel". De amareino veu amareille; e de amareille, amarelle. Tamén pode vir de Marelle, que en vasco parece significar “lindeiro”. O nome de Abeleira vén do arbusto que se chama así. A Penela, dunha pena. Casa da Poza, de estar nun burato ou depresión natural do terreo. Casa da Poroxa debe o seu nome ao alcume dunha muller que o habitou.Carballal, aos carballos que alí abundan. En canto a Nodar, hai a crenza tradicional de que chegaron a ese lugar uns estranxeiros pedindo pousada; os habitantes non os entendían nin aqueles a estes e, por conseguinte, a petición non era atendida; finalmente, un dos forasteiros dixo: “aquí non dar”, e de aí o nome que leva o lugar. Hai tamén quen, con algunha diferenza, atribúe o acontecido a un escribán. O Sr. García de la Riega na súa notábel obra, Galicia antigua, indica que Nodar, procede do grego e significa «recén esfolado». De xustiño, reducido, veu xustín, por supresión; e esta palabra foi castelanizada converténdoa torpemente en Justín. Con respecto á Goleta hai quen afirma que anteriormente se chamou Soleta, de solita, “soa, afastada”; e verdadeiramente afastado está este lugar.
Lindeiros: norte, Nigoi e A Somoza; sur, río Umia e Souto; leste, Souto e Nigoi; oeste, concello de Cuntis.
As comunicacións desta parroquia consisten en camiños antigos e nalgunhas pontes e pontillóns, a saber: o de Nodar, Paradela e Portón sobre o Umia; sobre os regatos, a ponte do Regueiro, Maceiriña e Moimenta, Salgueiro, Feal, Agudela ePontiña. Está aprobado polo Estado o proxecto de construción dun camiño que, partindo da estrada de Codeseda ao Campo, en termos de Souto, cruce a parroquia de Arca e saia en Nigoi á outra estrada.
Baña a parroquia de Arca, o río Umia e mais os regatos de Reboiras, Brañiñas, Piornos, Zudres, Castro e Canles.
O 14 de xuño de 1856 foi dotada a parroquia dunha escola de primeiro ensino; o 10 de marzo de 1880 creouse a escola incompleta. Hoxe hai unha escola nacional servida por un mestre. As escolas «Curros Enríquez», de que se fala noutro lugar, esténdense á parroquia de Arca.
Edificios importantes: a igrexa parroquial, moderna, das mellores do país, ten polo leste un grande rótulo que di: «Reinando Isabel II, siendo Pontífice Pío IX y Arzobispo Compostelano el eminentísimo Cardenal García Cuesta. Hizo este templo en 1864 e 1865 D. Andrés Díaz y Rodríguez, párroco 25 años y canónigo despues en Lugo y en Santiago, Caballero de Carlos III y Capellán de honor de S. M.» Ten o edificio unha boa torre con dúas campás grandes e unha pequena. O adro está moi ben cercado e dálle acceso polo leste unha escaleira semicircular moi airosa. Antes desa igrexa houbo outra, construída no século XVI, que se foi arruinando cos anos. No lugar do Carballal existe a capela da Ascensión, construída no século XVII. Houbo tamén outra capela dedicada a San Pedro, no monte de San Paio, cerca do río Umia, que se desfixo cando se construíu a igrexa actual, debido ás moitas liortas que se producían o día da función entre a mocidade da contorna; tanto era así, que nunha desas pelexas, un mozo caeu ao río cando fuxía e faleceu afogado. Dende ese día clausurouse a capela e suprimiuse a festa anual. Percorrendo Arca, chama a atención o número de cruceiros de pedra co que nos atopamos a cada momento.
No eclesiástico: o curato é de entrada; ten un cura, D. José Porta Mosteiro, e un coadxutor, D. Antonio Rodríguez. O Patrón é San Miguel e corresponde a esta freguesía, como anexa, a de Santo André de Souto. Presenta D. José María Bermúdez.
Festas anuais: a de San Miguel, o 29 de setembro; a da Ascensión, no seu día propio; San Antonio, o 26 de decembro, polo lugar da Amarelle; Corpus, o 8 de maio por conta dos casados; e algunha outra menos sonada.
Outras particularidades: os montes de Arca son abundantes en boa pedra de cantaría ou granito. Os principais edificios da Estrada foron feitos con materiais desa procedencia. En Arca abundan os canteiros e carpinteiros; moitos deles traballan no Arsenal de Ferrol e outros saen a gañar os seus xornais a distintos lugares, mesmo a Franza.
É xenerosa esta terra en recordos antigos, prehistóricos algúns. Ademais da arca de pedra xa mencionada, temos coñecemento de que en Portón, nun terreo de Juan Canabal, apareceron unha sepultura de pedra labrada, unha coroa e unhas botellas; no monte da Espiñeira, nun punto coñecido como Lagoa, hai unha chaira onde os veciños aseguran ter visto un altar de sacrificio labrado en pedra, coa canle típica para correr o sangue, a almofada de apoio para a cabeza da vítima, e ao lado da base, un burato, tamén labrado na rocha natural, onde o sangue caía para ser queimado. Nas penas da contorna había signos e letras soltas feitas a pico; pero, debido á superstición, foron desaparecendo. Interesante resulta tamén o castro Perroño, cunha eira espléndida na parte superior: alí apareceron muíños de man e cacharros de cociña, é dicir, cerámica antiquísima; tiña o castro polo oeste unha gabia ou boca enorme con fornos e carbón, que actualmente vai desaparecendo por obstrución; a xente estaba na crenza de que dentro había encantos, e achegábase a aquela paraxe con receo. Parece que os habitantes do castro se dedicaron na antigüidade á explotación de minerais, que son abundantes no chan de Arca. O Sr. Murguía dinos que, ao desfacer unha mámoa no monte Arnado, se acharon dúas pedras de once cuartas de longo colocadas formando túmulo, como un dolmen construído ao revés. No noso poder temos unha moeda de cobre, de feitura trapezoide, coas catro puntas recortadas; é indubidabelmente moi antiga, segundo algúns, de tempos dos romanos e foi atopada por D. Manuel Eirín no punto da Pedreira, que pertence á parroquia que describimos.
O cura de Arca, D. Andrés Díaz Rodríguez, conducindo uns cantos paisanos, incorporouse ás filas carlistas. Pouco despois de seren vencidos os revolucionarios foi condenado a morte. A sentenza debía executarse en Pontevedra; mais, por solicitude do condenado, permutouse por Santiago, cidade a onde o reo debía ser conducido. A demora que supuxo o traslado proporcionou o tempo e a oportunidade para xestionar e conseguir o indulto. Poucos anos despois volveu o Sr. Díaz Rodríguez ao seu curato e desempeñouno ata que o nomearon cóengo. No río Umia, no termo de Arca, realizouse o estudo para un salto de auga denunciado por D. Manuel Portela Valladares. Antigamente había alí uns batáns dos que aínda se conservan ruínas.
Aínda quedan nesta parroquia recordos dos antigos impostos: na casa, hoxe de José Cortés, cobrábase o décimo. O marqués de Aranda e o duque Patiño eran os señoríos máis coñecidos por alí.
En Arca hai un médico, D. Francisco González Verdura; cartería, estanco de tabacos e algunhas tabernas.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923