Remesar
Clara Iglesias Cortizo
- REMESAR: é un topónimo de posesor medieval, formado co sintagma VILLAM REMESARII, xenitivo do antropónimo xermánico Remesarius.
- A ALDEA GRANDE: topónimo de significado transparente. A palabra aldea procede do árabe al daya, “a vila”. Pola súa parte, o adxectivo grande provén do latín (GRANDIS-GRANDE).
- CIBREIROS: trátase dun fitotopónimo, pois designa un lugar en que hai (ou houbo) moitos acivos, tamén chamados acevos, acivros ou acevros. A palabra fórmase co substantivo acivro + o sufixo –eiro, que ten significado locativo ou abundancial. Acivo deriva do latín AQUIFOLIUM, nome que fai referencia ás agullas en que rematan as follas desta planta: ACU-“agulla” + FOLIAM –“folla”. A aférese ou perda da vogal inicial, sobre todo do a-, é un fenómeno moi frecuente na pronuncia descoidada propia da fala popular e espontánea, polo que é habitual que apareza na toponimia.
- A DEVESA: a orixe deste topónimo está no verbo latino DEFENDERE, “defender, preservar, protexer”. Formouse así, en época tardía, o sintagma TERRA DEFENSA, é dicir, “terra que hai que protexer > terra coutada ou cercada”. Así chegouse ao actual substantivo común devesa,“terreo valado ou cercado, normalmente extenso, poboado de árbores non moi mestas”.
- A FONTE SOUTELO: é un topónimo formado por dous substantivos e semella que o segundo deles serve para nomear o primeiro; en todo caso, a etimoloxía é transparente. Fonte deriva do latín FONTEM, “fonte, manancial”. Soutelo é diminutivo de souto, formado co sufixo –elo. A palabra souto pertence ao léxico común e o seu significado é “terreo poboado por castiñeiros”; deriva do latín SALTUM, “paso estreito entre montañas, desfiladeiro; zona forestal, bosque”. Esta palabra deu orixe a máis de 500 topónimos por todo o noso país.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- PEIZÁS: fai referencia a plantacións de paínzo, é dicir, millo miúdo, cuxo cultivo se foi abandonando despois da introdución do maínzo, chegado de América. A palabra paínzo (neste caso peínzo, con cambio do a por e no ditongo) provén do latín PANICUM, que denominaba a mesma planta gramínea. A secuencia na formación da palabra Peizás é a seguinte: peínzo > peinzal> peinzás. En primeiro lugar engádese o sufixo –al, que ten significado locativo e abundancial, é dicir, “lugar onde se planta moito paínzo”; a continuación, fórmase o plural Peizás como corresponde á solución tradicional na nosa área xeográfica para os plurais das palabras agudas rematadas en –l.
- RABETA: parece un topónimo procedente do árabe, en concreto do étimo rabita que, acompañado do artigo, tal e como moi habitualmente pasaron as palabras árabes ás linguas romances, sería al-rabita. O significado desta palabra en árabe era “edificio fortificado habitado por relixiosos musulmáns para a meditación e a defensa das fronteiras”. Deste vocábulo saíron numerosos topónimos por toda a Península, moitas veces referidos a mosteiros: Rábida, Rápita, Arrábida, ou, en Marrocos, Rabat. En canto ao caso que nos ocupa, non parece que a localización do lugar da Rapeta estea en relación con ningún posto fronteirizo; a existencia dunha ermida ou dunha atalaia tamén poderían xustificar o topónimo; mais non temos constancia da existencia destes elementos.
- VILANOVA: é un nome de lugar de significado transparente. Posibelmente este topónimo se formase xa en época galega. En todo caso, a súa etimoloxía é o latín VILLAM NOVAM. O substantivo VILLAM, en latín, designaba “propiedade rural, quinta, casa de campo”; en galego estendeu o seu significado ao actual “entidade de poboación.
- A VILASUSÁN: susán representa a forma occidental herdeira do latín vulgar *SUSANA (co significado “de arriba”), derivado do adverbio SUSUM; e este, á súa vez, de SURSUM, “cara arriba”. A evolución de SUSANA a susán está acorde co esperábel na zona occidental de Galiza, onde a nasalidade intervocálica se recupera coa consoante –n- : SUSANA > susãa > susán. Esta solución é paralela aos femininos irmán> GERMANAM ou fontán> FONTANAM. O resultado esperábel no centro e oriente de Galiza sería susá, con perda total da nasalidade, e así o podemos ver neste mesmo elemento que se repite en moitos topónimos ao longo do noso país. O significado é, obviamente, “vila de arriba”.
Remesar (San Cristovo)
Manuel Reimóndez Portela
Dende que se teña recordo esta parroquia recibe o nome de Remesar e ten por patrón a San Cristovo; pertence á zona da Ulla Alta con Loimil, Orazo, Agar e os dous Ancorados (San Pedro e San Tomé), ou sexa que se encontra no medio da zona á que pertence.
LINDES: polo norte ten por veciña a parroquia de Oca e unha pequeniña parte da de Loimil. Polo sur linda con Agar, polo leste con Orazo e polo oeste coa parroquia de Riobó e a de San Tomé de Ancorados.
Por razón do seu nome sitúase co número 36 ante as demais parroquias do concello.
Pola súa superficie, 395 hectáreas, ocupa o número 36. Ten 271 habitantes de feito. Na actualidade o número de veciños é de 154.
Na actualidade Remesar conta con dez lugares, que son:

COMUNICACIÓNS: Remesar pasou de ser unha parroquia moi mal comunicada, só por camiños noutros tempos, a hoxe cos lugares comunicados todos entre si e con tres saídas principais cara ao resto da xeografía galega, que veñen sendo as pistas que levan por Loimil á nacional 525 Santiago-Ourense e a que por Riobó á provincial Callobre-Ponte Ledesma para seguir á Estrada ou a Balboa e coller á antes dita 525 naquel cruce. Outra saída importante é a que vai á Pena do Foxo para chegar á tamén nacional 640 Chapa-Carril no seu quilómetro 12, ou aínda máis saíndo por Agar para chegar ao km 9 ou ó 10 desta mesma estrada en Gueifas ou Pena Lobeira.
Todas estas vías están afirmadas e asfaltadas e serven a cada lugar da parroquia, e dende elas parten camiños veciñais cara ás leiras e montes para servizo da agricultura.
HIDROGRAFÍA: o principal regueiro que percorre a parroquia é o chamado Cruxeira, que nace na fonte da Valiña en Agar e vai desaugar no río Bo, un pouco abaixo do lugar de Barcia. Ten este Cruxeira dous afluentes pequenos, o maior é o de Vilasusán e o outro máis pequeno procede de Ancorados.
Como pontes ou máis ben pontillón temos o da Cruxeira, xunto ao campo de fútbol, preto da igrexa, e o do Codorneiro, A Devesa e O Rego.
OROGRAFÍA: a baixada norte do monte da Rocha forma parte montañosa do sur desta parroquia e mais do sueste, o resto do terreo cara o noroeste é bastante chá formado por terra fértil e tanto máis canto máis descende en altitude.
CASTRO DE REMESAR: sitúase xustamente ao lado oeste da igrexa e á súa beira nel atopáronse restos de muíños de man de pedra. Dende o seu cume ten unha boa vista cun bo desnivel cara ao leste e ao norte, dando como dixemos polo sur á mesma igrexa e cemiterio; terá uns oito centos de metros de perímetro segundo Olimpio Arca Caldas no seu estudo sobre os castros da Estrada.
As paisaxes dende os montes cara ao Alto da Rocha son moi fermosas, ollándose un amplo val cunha altitude parecida que despois baixa pouco a pouco cara á vertente achegada ao río Ulla; así como tamén a amplitude das verdes terras dos Ancorados.
PEDRAS: son de subliñar a peneda da Vila, unha gran pena onde xogaban os nenos escorregando por ela, tiña dous sitios que eran doados, por eles baixaban os rapaces esnaquizando a cueira dos pantalóns, aínda que tiñan por costume baixar sentados sobre uns ramos de piñeiro; un deles rompeu unha perna.
A peneda da Laxe, que como dí o nome trátase dunha laxe moi grande.
A peneda da Redonda é un conxunto de penedas no monte que tamén leva o mesmo nome, unha destas ten un sobrado onde se acubilla a xente, outra delas ten a forma dun peitoril; parece que aquí se xuntan os lindes das parroquias de Remesar con Loimil e Orazo.
A carballeira do Rei, que se sitúa despois de Raveta e preto do monte da Laxe; que ten polo menos un marco con R, tratouse por suposto dunha devesa do Rei, ou sexa, dun plantío de S.M.
E falando xa de pedras traballadas, coa súa nobreza, neste caso sacralizado, temos un fermoso cruceiro no adro da igrexa, que figura no libro "Cruces e Cruceiros do Noreste da Provincia de Pontevedra", xa que unha tormenta con moi fortes ventos tirou con el polo mes de outubro de 1987. Restaurouno )uan Fernández.
A seguinte é a descrición dese cruceiro feita no nomeado libro sobre cruceiros:
Situación: parroquia de Remesar, próximo á entrada ao adro da igrexa.
Descrición: plataforma: tres chanzos de pedra. Pedestal: cúbico con gorxa preto da parte superior. Columna: octogonal, lisa. Capitel: comeza redondo e remata cuadrangular con volutas e follas de acanto. Cruz: latina de brazos redondos, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita; reverso, Inmaculada, brazos cruzados, querubín aos pés. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: rodeando as catro caras do pedestal unha inscrición: SIENDO CURA D. R/SILVA A SUS/EXPENSAS Y DE/SUS FELIGRESES EN 1877.
Conservación: a que se deduce da súa inscrición.
Tradición: a que se deduce da súa inscrición.
Propiedade: pública.
LENDAS: só lle coñecemos unha lenda que se refire ao seu castro onde se di que alí houbo un campamento de mouros ou de xentes estrañas.
HISTORIA: desta parroquia dinos Jerónimo del Hoyo no ano 1607:mm.-
"San Cristóbal de Remesar (cabeza). En esta feligresía de Santo Cristóbal hay veinte feligreses. Los fructos todos a la cura valdrán veinticinco cargas de pan. Presentación del Monasterio de Sar. Paga este beneficio a la dignidad argobispal por la fortalega de Barrera ocho ferrados de centeno y mijo por la medida vieja. La fábrica tiene de renta diez ferrados de centeno."
Catastro de Ensenada: polo que respecta a esta importante fonte histórica véxase o Catastro no couto de Tabeirós.
Tamén di Pascual Madoz 1846-50:
"Remesar (San Cristóbal). Feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.), partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (4). Situada en la falda occidental del Monte Rocha a las inmediaciones del riachuelo Barreira con libre ventilación y clima sano. Tiene 62 casas en las aldeas de Aldea Grande, Devesa, Fonte Soutelo, Outeiro y Vilasusán. La iglesia parroquial (San Cristóbal) está servida por un cura de primer ascenso y patronato del Marques de Camarasa, tiene por aneja la de San Martín de Riobó con la cual confina al NO., con la de Agar al SE. y la de Ancorados por SO. El terreno es de mediana calidad. Produce: trigo, maíz, centeno, patatas, castañas, judías, nabos, legumbres y lino se cría ganado vacuno, mular y lanar y caza de perdices, liebres y conejos. Industria: la agrícola molinos harineros y telares de lienzos ordinarios. Población: 62 vecinos, y 310 almas"
Nomenclátor Arz. de Santíago (1883): "Remesar (San Cristóbal) e San Martín de Riobó: Tabeirós-Pontevedra-EstradaEstrada. Marqués de Camarasa. Entrada-138 vecinos 686 almas entre las dos-Estrada-Mota. Personal: Silva D. Ramón Parro. 45 años carr. lat."
No censo do ano 1924 tiña 340 habitantes.
Álvarez Limeses deixou escrito en 1936:
"Remesar (San Cristóbal). Dista 50 kilometros de Pontevedra y 10 de La Estrada y limita: al N. con Riobó, al S. con Agar, al E. con las de Cervaña y Moalde de Silleda y O. con las de Ancorados (San Pedro y Santo Tomás).
Entidades: Aldea Grande con 108 habitantes, Devesa 31, Outeiro 58, Vilanova 34, Vilasusán 59 y diseminado 50 que hacen en junto 340 habitantes para los que hay una escuela mixta servida por maestro.
Está situada en el valle del Ulla en la falda occidental del Monte de la Rocha que aquí recibe el nombre de Outeiro y la bañan los arroyos Curuxeira y Vilasusán. No tiene carretera alguna y hay un castro en el lugar de iglesia. La iglesia es del siglo XIII y sus fiestas principales son las de San Cristóbal, San Ramón y San Benito."
IGREXA DE REMESAR: de portada románica con arquivolta de arco apuntado sobre dúas columnas de capitel "vexetal" un e figurado o outro. Tímpano postizo. Sobre a porta ventá rectangular co derrame exterior e espadana central de dobre van.
Muros laterais lisos, no sur ten canzorriños debaixo do aleiro. Tellado a dúas augas.
No ano 1999 un devastador lume queimou todo o artesoado, retablos e imaxesf quedando só as estruturas. Foi restaurada con achegas económicas veciñais e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
ARCO DA IGREXA
Fálase que esta igrexa pode ser dos séculos XII ou XIII, sábese seguro que no século XVI era representación do Mosteiro de Sar e que do primitivo templo só se conserva a porta occidental. O tímpano é postizo, o arco e o pouco que se ve do capitel vexetal parece querer dicir que é unha obra como dixemos do século XIII (Bango Torbiso, Isidoro Gonzalo "Arquitectura Románica en Pontevedra" A Coruña 1979 p. 200).
Domingo Gayoso dos Cobos, Señor de Oca en 1775, gañou sentenza ao seu favor nun preito sobre provisión do beneficio, curato e parroquia desta de San Cristovo de Remesar... dende entón foi sempre presentación da Casa de Camarasa...
Esta freguesía ten por filial a Riobó.
A xente de Remesar coida que a igrexa estivo antes no lugar da Devesa nun sitio chamado Roibeiras.
Inscrición das campás: grande: J.H.S. MARIA Y JOSE, AÑO 1852, HIZOSE... Pequena: 1961 I.H.S. MARIA Y JOSE.
CASAS NOBRES
Casa de Vilanova-Remesar: Non existe esta casa aínda que si outra nova no seu sitio, hoxe dedicada a turismo rural, e sabémolo polo que di a tradición e máis os documentos:
Pedro Varela di: "De la casa aristócrata de Vilanova fue el coronel del Regimiento provincial de Pontevedra D. Andrés Reguera Mondragón (1803)", e o Padre Crespo ao falar da familia de Sta. Cruz de Ribadulla alude á natureza dos seus posuidores, que eran do lugar de Vilasusán en Remesar, levando todos eles o apelido Mondragón, de orixe guipuscoana.
FONTES: en Remesar teñen unhas poucas fontes, que son as seguint«es: a do Rego no mesmo lugar, a da Raveta tamén, a da Aldea Grande, a da Devesa, a de San Cristovo xunto ao campo da romaría, qúe é o.mesmo do fútbol, e a da Laxe no monte do mesmo nome, lugar do Outeiro.
FESTAS: o patrón San Cristovo celébrase o 10 de xullo sendo avogoso dos oídos, por iso ese día o cura bendí o aceite que os veciños levan en botellas. Esta bendición ten lugar á entrada da porta grande ao remate da misa. A botella do aceite gárdase con bo coidado na casa por se a algún dela lle doen os oídos.
Outras festas son: o Santísimo Sacramento ao día seguinte de San Cristovo e o domingo seguinte o Carme. San Bieito é o segundo domingo despois de Pascua e San Ramón Nonnato o 30 de agosto.
Os de Remesar, xa moi amolados nun verán pola moitísima seca, acordaron sacar a San Cristovo en procesión, para nesas rogativas pedirlle que chovese ¡xa!... Ao ver que non chovía ao chegar ao regueiro déronlle volta ás andas do santo chafándoo na auga... así nos conta Alfredo Vicenti.
REMESAR, A PARROQUIA VIVA
Polo que atinxe á EDUCACIÓN, os alumnos desta parroquia están concentrados no CEIP do Foxo.
Polo que respecta ao aspecto SANITARIO teñen servizo de médico de cabeceira no Foxo e Ambulatorio na Estrada.
É unha parroquia que como as outras vive sobre todo da AGRICULTURA e GANDERÍA, dunha maneira especial da produción de leite de vaca.
As VIVENDAS son moi aceptables e mellorando, con instalacións de auga e luz eléctrica, este alumado téñeno tamén nos lugares en forma de alumado público.
DEPORTES: practícase sobre todo a caza, para a que se atopa integrada no TECOR de Castro, os seus montes e toxeiras son dos mellores para a cría de coello e raposo. Ten tamén caza de arcea, perdiz e xabaril.
CENTRO CULTURAL: ten un local de reunións no antigo local escola, que necesitaría un bo arranxo.
MOVEMENTO ASOCIATIVO: funciona a Asociación de Veciños " A Cruxeira" da que formanparte como socios a maiorparte dos veciños da parroquia e leva a cabo as funcións que lle son propias na defensa dos intereses parroquiais.
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Juan Femández, mestre de varias xeracións desta parroquia na que é lembrado con moito afecto polo seu bo talante. Aínda hoxe é un dinamizador de moitas iniciativas que se levan a cabo.
O cantautor Juan Pardo posúe unha casa na extremo da parroquia, lindando co lugar do Abelao de Oca, no que pasa longas tempadas e afirma que é o recuncho onde se retira a compor as pezas musicais da súa autoría.
PERSONAXE FOLCLÓRICO: chamábanlle Tomás, sabéndoo ben os veciños de Remesar, é un home nomeado e relembrado pola súa condición sobranceira de saber mellor que ninguén estafar e timar. Cando falan del recórdano cun sorriso decatándose da súa gran intelixencia no seu "oficio". Vendía a mesma leira a dous ou tres ao mesmo, presentáballes documentos falsos. Presentábase ás viúvas dicindo que era parente lonxano do defunto ata que a convencía a que lle dese pousada e aproveitábase dalgunha guichola que lle timaba para despois vendela.
Chegou un día á parroquia e presentouse ao cura dicíndolle que tiña ofrecido facer unha Santa Misión na parroquia que a necesitaba moito que era un gran proveito para as almas... enganou ao cura que o apoiou, vivindo na reitoral unhas semanas mentres non arranxaban as cousas; pediu esmola aos fregueses dicindo que o que faltase poñíao el, facía viaxes a Santiago para axustar cos frades e dispoñer a data... e nunha desas viaxes desapareceu con todo o que recollera na parroquia.
TOPONIMIA MENOR: entre os nomes a ter en conta están: Robeiros onde din estivo a igrexa parroquial. Tamén o grupo de pedras: A Peneda Redonda, A Laxe e Badoucos co seu marco de división de Coto ou xurisdición, e por suposto O Castro, sen esquecer a Peneda Redonda preto de O Rego.
PLANTÍOS REAIS: no Real de Legos do "Catastro de Ensenada "encóntrase:
"Dehesa y Vivero real de S.M.
La dehesa Real se halla sita en el Monte Sisto Alto (ou Sistalto). Cavida treinta y seis ferrados dehesa primera calidad. L. y N. monte de Sistto Alto P. Agro de Gindufe, M. Agro de Heira Vedra.
El Vivero se halla sito en dicho monte e inmediato a dicha dehesa, cavida y dos quartillos, primera calidad. Cerrada sobre si."
TURISMO RURAL
Chama a atención a recentemente posta en funcionamento casa de turismo rural "A Casa Grande de Vilanova", á que se accede pola veciña parroquia de Agar e que conta con 8 habitacións dobres, salón social, piscina e biblioteca.
Tlf: 986 688 216 e 667 4889S3. www.casagrandedevilanova.com
TELEFONÍA: mixta

Remesar*
Pedro Varela
Parroquia situada na aba occidental do monte da Rocha, que se compón de 76 cabezas de familia e 339 habitantes, distando da Estrada uns nove quilómetros aproximadamente.
Lugares: A Aldea Grande, O Rego, A Rabeta, O Outeiro, A Devesa, Vilasusán, Lagoa, A Fonte Soutelo e Vilanova.
Lindeiros: norte, Oca e Loimil; sur, os Ancorados; leste, Agar e Orazo e oeste, Riobó.
Vías de comunicación: Camiños rurais antigos, e as pontiñas de Coruxeira, Codorneiro, Devesa e Rego.
Bañan esta parroquia os regatos de Coruxeira e Codorneiro, que se reúnen en Penelas e marchan a Riobó. Pasan tamén polos límites do territorio de Remesar, os arroios de Chancelas ou Badoucos, e o de Lagoa, en Vilasusán.
No eclesiástico: Remesar ten por filial a Riobó e por patrón San Cristovo. A igrexa é do século XII ou XIII e o curato é de entrada, presentación do marqués de Camarasa; antes padroado do mosteiro de Sar.
Festas anuais: San Cristovo, o 10 de xullo, e outras variábeis de pouca importancia.
Inmediato á igrexa hai un castro ou campamento antigo onde foi atopado non hai moito tempo un muíño de man.
Da casa aristócrata de Vilanova foi o coronel do Rexemento Provincial de Pontevedra (1803) D. Andrés Reguera Mondragón. Ultimamente pasou o dominio desa mansión a D. Floriano Arias como sucesor de Dª Silveria Reguera.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017