Manuel Reimóndez Portela
A grande incógnita que representa o futuro impediunos considerar, nin sequera remotamente, a posibilidade de que un traballo tomado ó principio só coma un pasatempo (iso si, moi sentido e cheo de ilusión) nos levase algún día, pasados os anos, á publicación dun libro que recollese o que pouco a pouco foi facéndose material, con afán e desvelo.
Xurdiunos hai anos a idea de catalogármolos cruceiros de A Estrada, encirrado pola precaria e ás veces catastrófica situación na que se atopan moitos deles e, sobre todo, ante a evidencia comprobada da desaparición efectiva dalgúns deles, estragados polos máis diversos medios ou sometidos ó abandono e á insidia de todos.
Postos ó labor, recolléronse as fotografías dos 103 cruceiros existentes na Estrada; ampliáronse concretando nelas os datos máis rechamantes, designándolles cadanseu número acompañado dunha ficha cunha descrición o máis ampla posible.
Coidando daquela que debera darse a coñece-lo traballo a prol da concentración colectiva polos nosos cruceiros —en sendo unha postura egoísta pola nosa parte o silenciármolos— colocáronse en cartolinas (fotografías e datos) e expuxéronse por primeira vez no Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada, con letreiros alusivos ós mesmos de frases pronunciadas por Castelao, e uns folletos nos que se tentaba facer unha chamada de atención por causa do seu abandono. Con isto coidabamos ter cumprida unha grata misión.
Pero a continuación a Exposición pasou ó Museo do Pobo Galego de Santiago; e máis tarde ós Museos de Lugo, ó Quiñones de León en Vigo, ó Museo de Pontevedra e, ultimamente e no ano 1981, no Salón Cotolengo da “Hermandad Gallega” de Caracas.
Animados ante a boa acollida do traballo, propuxémonos a tarefa de seguir recollendo fotografías e seguir estudando os cruceiros dos Concellos de Forcarei, Cerdedo, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, A Golada, Dozón e Rodeiro, quedando así recompilados os dunha terceira parte da superficie da provincia de Pontevedra.
Finalizado o traballo, foi presentado a un dos Concursos Anuais da Excelentísima Deputación Provincial (1981), sendo premiado. A tal Concurso non foron presentados os cruceiros da Estrada xa que as bases do mesmo esixían que o traballo fose inédito, e os deste Concello xa se tiñan dado a coñecer varias veces.
De cando en vez, en conversas con amigos, saia nas mesmas o asunto dos cruceiros, e algún deles insinuábame a súa publicación coa finalidade de os dar a coñecer e de levarmos ó ánimo doutras persoas con semellantes inquedanzas, outras achegas ó mesmo tema, do xeito que estes nosos poderían contribuír ó ambicioso proxecto dunha catalogación xeral da nosa riqueza galega en cruceiros.
Evidentemente, a publicación de calquera libro entra dentro dunha problemática, ás veces insuperable, que a todos nos alcanza; pero esta idea aloumiñada desde hai anos, faise agora realidade sobre todo polo gran interese que por estes temas tomou D. José Carlos Valle Pérez, gran entendido na materia, e tamén ó apoio que por todo tema cultural sente o Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Mariano Rajoy Brey, deixándolles aquí reflectido o meu agradecemento.
ACLARACIÓN E XUSTIFICACIÓN DUN TRABALLO
Este traballo foi presentado o Concurso de Cultura (Tema Libre) da Excelentísima Deputación Provincial en 1981 (en castelán) e queremos deixar aclarado que naquel caso empregamos decote a palabra “cruceiro”, xa que en ningún dicionario demos atopado o termo “Crucero” como sinónimo das nosas cruces altas de pedra como diría Castelao. Diciamos alí tamén que persoas mais entendidas dixéronnos que en definitiva pro caso “cruceiro crucero” eran sinónimos; aínda que así sexa pareceunos mais definitoria a palabra cruceiro que en caso ningún nos leva ó equivoco e encontrase sobradamente referendada polo pobo da nosa terra.
No seu Dicionario, Marcial Valladares dinos: “Cruceiro: Cruz grande de madera o piedra que suele colocarse en encrucijadas, en sitios por donde hayan de pasar cadáveres, o en un punto donde desgraciadamente murió una persona.” Nalgún sitio do Sur de Francia vimos algún cruceiro de ferro. Aclaramos ademais que damos a coñecer neste estudio tamén, as cruces altas ou outas de pedra que non teñen algún dos elementos clásicos do cruceiro —moitas veces o capitel— entendendo da súa gran semellanza e o seu mesmo sentido, asi coma o seu interese etnográfico.
O traballo foi premiado pola Excma. Deputación, cando foi presentado, como deixamos dito no ano 1981, mais nel non estaban incluídos os cruceiros do Concello da Estrada, xa que o traballo tiña que ser “inédito” e os cruceiros da Estrada xa se tiñan mostrado en público mais dunha vez. Desexamos que sexa útil, ou cando menos, que sirva pra comenzar unha toma de conciencia sobre este tema que atinxe a unha faceta esquecida da nosa arte da pedra tan popular.
O coidado do estudio e conservación do acervo artístico herdado é consubstancial coa nosa natureza, e obrigado deber de cantos se sintan solidarios coa nosa historia. Coidamos que os cruceiros teñen peso específico de sobra para seren tratados como monumentos artísticos polos seus caracteres específicos.
O home, dentro das súas infindas posibilidades de creación, constrúe acotío con amor e afán de superación, obras que somete cada vez a maiores esixencias de perfección, sen decatarse que unha inmensa forza negativa de destrución, como é o tempo, encargarase de borrar canto el creou con sacrificio e ilusión.
As dificultades todopoderosas que impoñen sen contemplación as forzas da natureza, xunto coa eternidade do tempo, non están soas para borrar obras materiais, aínda que elas fosen construídas (coma neste caso), coa pedra galega do mellor granito, presente nos nosos cruceiros; estes vense ademais combatidos pola “desidia” de moitos dos nosos semellantes cando non por noxentos motivos de cartos.
Só ben poucos, por certo, sentimos o afán (nalgúns irrefreable), de loitarmos encontra dese deterioro natural e persoal defendendo canto forma parte das nosas ancestrais raíces históricas. Estes cruceiros que coa súa boca pechada fálannos en linguaxe artística de formas... e espacio de liñas... e curvas... de arte traducida en sentimentos.
Esas tallas en pedra nas que o crente ve sintetizado todo o sublime misterio da súa entrañable relixión... e quen non cree admira tamén a obra de fría pedra feita arte espida de simbolismos.
E evidente e seguramente lóxico que os estudosos se ocupen primordialmente das grandes obras de arte para o seu estudio, conservación e divulgación; así están as clásicas pinturas, esculturas e os grandes ou pequenos templos, así como infinidade de monumentos. Deixamos nun segundo plano de interese, aqueloutras obras de menor volume físico, con menor releve e non por iso menos importantes, pois a escala comparativa de valores pode non ser equiparable.
Estamos falando por suposto, de cruceiros e mais concretamente dos cruceiros ós que se refire o título deste traballo, todos sometidos á grande desvantaxe que supón para o seu estudio, co recordo e coñecemento da gran dispersión en que se atopan, contrarrestada noutro orde de cousas pola beneficiosa contrapartida de ver sementada a nosa xeografía de obras de arte propias, dando valor moitas veces a perdidas aldeas das que hai que falar gracias o contido do seu valor artístico positivo en forma de cruceiro, moitas veces mais importante cá súa mesma igrexa parroquial (artisticamente falando), moderna ou modernizada lamentablemente.
A súa difusión e heteroxeneidade réstanlle unidade e gran impacto, mais ninguén pode negar que sumados formaría un corpo artístico evidente, con presencia física destacada e tamén cun sentimental significado do maior valor, que lle dá a súa razón de ser.
Dentro da xustificación deste traballo queremos salientar primordialmente que a catalogación e estudio dos nosos cruceiros considerámola como tarefa non só necesaria senón tamén da maior urxencia... moi urxente, xa que “cada día” desaparece un cruceiro polos motivos que teremos ocasión de expoñer, deste xeito vaise unha obra de arte insubstituíble e un símbolo dunha época pasada que non se repetirá.
Xustifícase tamén o motivo deste traballo porque o especial sentido da expansión do cruceiro en Galicia hai tempo que pasou. Lentamente fomos discorrendo da era do cruceiro cargado de sentimentos relixiosos a un semiesquecemento e abandono para chegarmos a ver como hoxe se constrúen e erguen cruceiros soamente irmandados con aqueles polo seu parecido físico. Moitas razóns existen e xustifican que se deba facer un catálogo dos nosos cruceiros aínda que só sexa por tratarse dunha riqueza tan manifesta... dunha arte popular que sen ser privativa de Galiza posúe entre nós gran densidade e variedade. Tamén é válido o coñecido axioma de que dificilmente podemos querelos e protexelos se non os coñecemos, é tamén preciso o coñecemento global e o individual para poder sintetizar e analizar e situarse en condicións de dar a coñecer para que outros poidan chegar a sentilos nosos mesmos impulsos de protección e sentido de responsabilidade; mais poñer en evidencia dunha forma clara que o motivo polo que se erixiron estes cruceiros, ó menos as súas motivacións sentimentais case desapareceron para formar parte da nosa historia e da grata ilusión das nosas ricas lendas.
O quedaren fotografados deixamos un testemuño fidedigno, real, da súa cantidade, estado de conservación, etc., así como da súa situación, reseñada con cada un, situados nestes tempos que corremos, servindo sempre desta maneira para facer historia, mostrando ademais a realidade sentimental duns séculos xa pasados.
Finalmente, quedaría xustificado en todo caso o estudio dos cruceiros, se con el se consigue unha tan necesaria concienciación, aínda que sexa mínima, a nivel popular. E precisa unha información cultural popular para que todos comprendamos canto valor ten esta parte dunha herdanza que nos tocou gozar.
Comprobamos que os cruceiros desaparecen con moita frecuencia por moitas causas: tirados e rotos por moitos motivos (pas escavadoras, coches, carros, tractores...), caído pola inclemencia do tempo, con forte vento, rotos a propósito por mozotes inconscientes e persoas maiores bébedas, ou non. Outros caeron en mans iracundas en 1936, cando non foron roubados calquera noite, retirados por obras (a veces da Concentración Parcelaria) e non se ergueron xa mais, nalgunha ocasión foron vendidos e noutras evitada a venda ó político ou persoa adiñeirada, polo celo, positivo nesta ocasión, dos veciños.
A este respecto podemos xeneralizar concluíndo que os veciños case que non atenden para nada os seus cruceiros (hai por suposto, plausibles excepcións), que deixan abandonados a súa triste sorte, pero fronte a esta postura lamentable contamos co importante factor positivo e paradoxal do sentido de propiedade que lle teñen impedindo sempre que se vendan ou simplemente que se trasladen de sitio.
E moito de desexar que a administración dunha forma pragmática se decida a protexelos cruceiros e tamén a formación de entidades a propósito... “Amigos dos Cruceiros”, por exemplo.
XENERALIDADES E PUNTUALIZACIÓNS NECESARIAS
Os antecedentes que tiñamos de ter feita unha recompilación e estudio dos 100 cruceiros da Estrada e a acollida prestada á súa presentación en exposicións, anímanos, así como ademais a posibilidade de que algún día se puidese recoller (con modificación e engadidos) nunha publicación de carácter divulgativo que espallase cultura ó pobo, sobre os cruceiros.
Está claro que o antecedente estradense supúxonos un oficio que nos axudou grandemente no resto desta tarefa, mais de calquera xeito, foi moi grande o traballo que representou para unha soa persoa levar adiante toda a mecánica e problemática dunha zona tan extensa (1.460 Km.2), correspondente a nove concellos da provincia con abundante densidade de cruceiros e gran variedade dos mesmos. Confesamos honradamente que ó contemplar un mapa provincial ilusionounos a idea de trazar unha liña recta que afastase ese “corno” oriental de Pontevedra deixando completo o estudio de todos os seus cruceiros.
Desta maneira recollemos todos os cruceiros que existen nos concellos que se citan, entendendo como tales tamén as cruces outas de pedra segundo deixamos aclarado noutro lugar.
Estivemos ó pé de cada un deles (nalgúns casos dúas ou mais veces), fotografamos persoalmente un a un e tomámolas notas que aparecen ó pé das fotografías que presentamos nas exposicións, facendo ademais o traballo de revelado, positivado, ampliado, etc. Pedimos benevolencia por canto se refire a esta faceta fotográfica por termos tan só uns rudimentarios coñecementos de fotografía. Dispoñemos dos negativos para calquera comprobación ou estudio posterior.
Unha aclaración necesaria é que este traballo non representa un catálogo ou unha recompilación, aínda que con todo, algo disto tamén é, trátase evidentemente dun estudio sistemático (non por suposto exhaustivo) dos cruceiros detallados onde se dan datos orientativos da situación e descritivos xerais ademais dos de detalle. Ai radica o estudio comparativo dos mesmos que pode ter fins estatísticos, pero tamén matices instrutivos de toda índole.
Un cruceiro é (en parte) coma unha persoa, tan iguais e tan diferentes (aínda que sexan xemelgos), sempre haberá matices físicos que os diferencien e por suposto o alento que lles dou vida o pulo que os soergueu ó rango de testemuños perpetuos.
Quen coide que coñece un cruceiro empregando soamente o corporal sentido da vista, lévase del tan só unha visión parcial e física cativa, pero xamais a súa esencial razón de ser.
E forzoso que moitos datos se repitan, pero outros son novos ou pouco comúns e algún, para nós inédito, como sucede cos capiteis dos cruceiros de Agolada e un de Parada Cerdedo, que detallaremos no seu momento, ou co achado dun cruceiro (Piloño-Vila de Cruces) no que vemos excepcionalmente a cabeza de Cristo Crucificado descansando recostado sobre o seu ombreiro esquerdo, etc.
OS CRUCEIROS
Non se pode dar un paso en materia de cruceiros sen coñecer “As cruces de pedra na Galiza”, evidentemente, Castelao deixounos un estudio maxistral que segue en vigor con matizacións; sentiámonos pequenos se escribimos sobre cruceiros téndoo na memoria.
E forzosa que en ocasións esteamos falando por boca de Castelao, pedimos desculpas se non o citamos reiteradamente por esquecemento, cando mentalmente esteamos copiando da súa gran lección. Igual falaríamos do seu libro “As cruces de pedra na Bretaña” e das demais publicacións que citaremos na bibliografía. Para un resume sobre cruceiros moi ben logrado debemos le-lo escrito por Xosé Carlos Valle Pérez na Gran Enciclopedia Gallega; este autor moi documentado sobre o tema sendo ademais autor dun traballo sobre os cruceiros na parroquia de Mourente, fainos unha descrición sobre a súa orixe, expansión, iconografía, aspectos etnolóxico-folclóricos, etc., ademais dunha importante bibliografía.
Non é obxectivo deste traballo entrar no estudio documentado sobre o tema cruceiros, nin forma de cruces, as súas orixes, a súa introdución en Galiza referida á cruz outa, nin se viñeron e se espallaron seguindo o Camiño de Santiago, polos pelengrins ou dende a Bretaña, polo mar.
Gústanos lembrar que os cruceiros son “ideas do pobo en pedra”... “a mais puxante revelación da nosa espiritualidade...” ou que “subiu unha oración ó Ceo... e baixou un perdón”..., etc.
Tampouco podemos resistila tentación de falarmos someramente da súa densidade que se pensa que é maior na costa ca no interior, lamentamos non poder facer comparacións xa que descoñecémola densidade efectiva e estatística dos cruceiros na costa galega, xa que tan só coñecémola destes nove Concellos interiores dos que as súas densidades comparativas cos da costa podemos dicir que non se poden tirar conclusións, pero si podemos tiralas (nestes Concellos) dicindo que a proporción de imaxes, cando menos e favorable ós cruceiros situados nos Concellos menos metidos no interior. Isto fainos supoñer que o maior poder económico dos pobos menos internados, permitiulles construír mellores cruceiros ou polo menos mais custosos. ¿Non podería ser esta tamén a explicación da meirande densidade de cruceiros cara á costa?
Está claro que un cruceiro é un monumento relixioso dun grande valor etnolóxico, que polo camiño que fose poboou abundantemente a nosa terra, sobre todo a partir do século XV no que as grandes preocupacións relixiosas, o medo á morte e ó castigo eterno favorecen a predicación das ordes mendicantes, prendendo nas xentes o temor ó “Deus Irae”, máxime cando baixaban as grandes pandemias levando vidas a eito, creando así un clima propicio á exaltación relixiosa.
Favoreceu esta expansión o poder dalos nosos canteiros cun material de construción “bondadoso” (o granito galego), que tendo consistencia, deixase traballar doadamente e por suposto tamén o espírito emprendedor e artístico dos nosos mencionados “canteiros”... os anónimos traballadores e artistas.
Non pase vostede ó pé dun cruceiro con indiferenza, pois está diante dun recordo vivo dunha petición que encerra unha mensaxe ergueita coa meirande ilusión.
Segundo quen o mire, un cruceiro sempre é para admirar, aínda que para algúns non sexa para adorar. Os cruceiros forman parte por méritos propios do noso entorno cultural.
Como tantas outras obras humanas produto de irreprimible acto sentimental, pasan polas súas fases de alto e baixo e nese eixo de abscisas e ordenadas, estamos agora nun punto moi baixo do que pensamos que non se pode saír, xa que os tempos mudaron en canto a motivacións polas que foron ergueitos aqueles.
O NOSO TRABALLO
Despois das anteriores apreciacións xerais e datos abstractos na súa meirande parte que consideramos necesarios para enfocármolo tema, chegamos á parte concreta do noso traballo.
Estudámolos cruceiros dos Concellos que referimos a continuación por orde alfabética, indicando ó mesmo tempo a superficie de cada un, o número de cruceiros que rexistran e a densidade.
* REIMÓNDEZ PORTELA, MANUEL Introdución. "Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra". Exma. Deputación de Pontevedra. 1985.

Aproximación á vida e obra de Ignacio Cerviño (Probable autor do Cruceiro do Hío)
Anxo Coya
Segue a existir na actualidade certa controversia sobre a autoría do Cruceiro do Hío. Durante anos prevaleceu a opinión de que fora esculpido polo mestre canteiro José Cerviño García (1843-1922), natural do lugar da Pena, en Aguasantas, Cotobade, concello hoxe fusionado co de Cerdedo. Pero ata agora, ninguén foi quen de acreditar a presenza deste canteiro na parroquia do Hío. Partindo da máxima de que toda investigación require o maior rigor documental, é necesario proseguir e, se cabe, ampliar o traballo feito por outros investigadores. Dende 1964, Eugenio Eiroa Hermo, tras unha investigación persistente e tenaz aseguraba que o escultor Ignacio Cerviño Quinteiro foi quen labrou esta xoia da arquitectura popular galega. Por iso, non pode pasar desapercibido o labor realizado por varios investigadores, entre outros é obrigado para min citar a Rodríguez Fraiz ou mesmamente o cangués Eiroa Hermo. Teríamos que engadir, ademais, a Emilio Alfonso Fernández Sotelo, Estanislao Fernández de la Cigoña, Calros Solla ou incluso a Asociación Cultural A Cepa, que apontoaron a figura de Ignacio Cerviño como autor do Cruceiro do Hío. Despois de algúns traballos anteriores – Ignacio Cerviño nos documentos e Probas e consideracións sobre o escultor Ignacio Cerviño – publicados respectivamente nas Actas do V (2014) e do VIII Congreso Galego de Cruceiros (2017), quixera agora percorrer e compendiar a pegada do escultor Ignacio Cerviño. Aquí teremos a oportunidade de apreciar as distintas estadías do escultor, facendo fincapé na súa permanencia no Hío onde residiu durante aproximadamente tres anos, os que coinciden coa labra do Cruceiro do Hío. TRAS A PEGADA DO ESCULTOR. Cotobade e Cerdedo:
Ignacio Cerviño Quinteiro nace o 14 de xuño de 1834 na Casa do Casal, Peroselo, en Santa María de Aguasantas, por aquel entón concello de Cotobade, e foi bautizado na igrexa parroquial dous días despois. Era fillo de Antonio Cerviño Couceiro, de profesión mestre de cantería, e de María Antonia Quinteiro Touriño. Nesta casa existen dúas figuras esculpidas (Santiago e Santa. María) que semellan estar feitas por un aprendiz que mesmamente puido ser o protagonista. Temos que esperar vinte e cinco anos para atopar documentación escrita sobre Ignacio, e isto ocorre en San Xoán de Cerdedo coa súa primeira obra documentada en 1859, o Cruceiro do Pego. Aquí casa o 3 de agosto de 1859 con Ramona Isidora Beiro Mosquera. Un ano despois, o 3 de novembro de 1860, é bautizada a primeira filla do matrimonio na igrexa parroquial de San Xoan de Cerdedo, Vicenta Fernanda Cerviño Beiro. Nesta parroquia tamén se lle atribúe o coñecido Panteón das Capitanas, que lle fora encargado polo adiñeirado veciño e emigrante no Brasil, don Isidro Peleteiro Pérez, soterrado neste mausoleo o 5 de novembro 1894.
Madrid e A Coruña:
No mesmo ano de 1860 Ignacio Cerviño trasládase coa súa familia a Madrid baixo a protección do político de Ponteareas Sr. Bugallal, segundo testemuñas que poden considerarse fidedignas. Cerviño tiña un proxecto, quería ter título académico e proseguir mellorando na súa vida. E faino para matricularse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Este dato aparece reflictido no Arquivo, trasladado á Complutense, onde aparece matriculado tan só no curso de 1860/61. Inscribiuse en Xeometría, e despois dentro da Matrícula General, fíxoo na Sala Grande de Principios, materias que se impartían na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado, na Calle Alcalá. Sabemos que o seu profesor foi Francisco de Mendoza. Con tan só vinteseis anos a súa permanencia na Academia foi de poucos meses. Mais seguiu vivindo na capital durante algún tempo, suficiente para que nacese o seu segundo fillo, Dionisio Casimiro, en 1862 coa residencia na parroquia de San Andrés, e falecese a súa esposa Ramona o ano seguinte, o 26 de marzo de 1863. Nese intre vivían na Calle Olivar nº4, na parroquia de San Sebastián. Polo tanto, entre a última data da súa presenza na academia (1861), o nacemento do seu segundo fillo (1862) e a defunción da súa esposa (1863) transcorren dous anos. Durante este tempo Ignacio debeu traballar para sacar a familia adiante xa que corrían tempos moi difíciles. Segundo o certificado de defunción, Ramona finou debido a unha gastro-hepatitis. Debo recordar que a primeira información recibida da estadía de Cerviño na capital foi a través dunha veciña da aldea de Pinténs (O Hío) nonaxenaria, chamada Carmen Pardavila Portas. Ela asegura que este dato transmitiullo súa madriña sendo ela unha nena. A súa marcha de Madrid debe ser inmediata e faino para traballar na cidade da Coruña. Alí, sendo veciño da parroquia de San Nicolás, contrae matrimonio en segundas nupcias con Josefa Costa Linares o 20 de maio de 1867 na igrexa de San Jorge. Esta muller aparecerá en varios documentos cos apelidos de Linares Barrera (así a maioría das veces) ou Linares Costa. Con ela terá polo menos seis fillos máis: Delfina, María Carmen de los Remedios, Antonio Ángel José, María Florentina Juana, José Ignacio e Ángela Teodora Cerviño Linares. Do seu expediente matrimonial despréndense varios datos importantes, como o de que o escultor solicita ao arcebispado de Santiago a anulación das tres canónicas amoestacións do enlace matrimonial. A súplica é aceptada pero coa condición de pagar un total de 160 reais. No mesmo expediente tamén se notifica por medio do párroco de San Jorge, que o escultor fixo a figura do santo patrón que coroa o altar maior desta parroquial. Máis tarde, Ignacio volta á súa aldea natal e alí, na Casa do Casal, en Peroselo, o 11 de marzo de 1869 nace Delfina Cerviño Linares, unha nena que tan só alcanzará dous meses de vida, finando no mesmo lugar o 10 de maio.
Somos da opinión de que que Ignacio estivo en dúas tempadas no Hío. A primeira está sen documentar, pero sabemos que seu pai Antonio Cerviño, mestre de cantería, por medio dun contrato asinado en 1852, constrúe as bóvedas e o altar maior desta igrexa parroquial entre outras obrigas contractuais. Ignacio contaba con 18 anos, idade máis que suficiente para poder traballar co seu pai. Varios dos elementos decorativos que engalanan estas bóvedas poderían ser da súa man. Ademais doutras obras como o magnífico reloxo de sol que noutro tempo tiña inscrito a data de 1854 ou o mausoleo do párroco que mandou erguer o Cruceiro, don Juan Manuel Míguez, hoxe desaparecido do adro por un mala decisión tomada polo crego don Antonio Graña González. O reloxo volta a estar no seu sitio orixinal gracias ao actual párroco do Hío, E. Alfonso Fernández Sotelo. Do panteón do cura Míguez, sabemos que é anterior ao 1875 por estar neste ano aquí soterrado un familiar seu. Deste cenotafio tan só se conservan dúas magníficas figuras do Mestre Cerviño: A Fe e o Calvario que están colocadas nas inmediacións da Casa Reitoral do Hío. Outras pedras do mausoleo forman parte hoxe do muro que circunda o adro parroquial que da á parte sur. A segunda estancia de Ignacio aquí está datada no ano de 1869, despois de finar súa filla Delfina en Aguasantas. Atopámolo domiciliado en Santo André do Hío, onde o párroco don Juan Manuel Míguez Alonso, vello coñecido do seu pai polas obras que nesta parroquia realizara e tamén perfecto coñecedor da destreza do escultor, quería erguer un Cruceiro para devoción dos veciños.Sen referencia documental que acredite que Ignacio Cerviño foi o elixido polo párroco para realizar a que sería a súa obra máis emblemática e de proxección popular; si consta que residiu na parroquia do Hío de 1869 a 1872, anos da labra do Cruceiro, sen que exista noticia algunha da presenza doutro escultor vivindo aquí nese período. Ignacio Cerviño aparece como un veciño máis, que merece confianza e respecto. Tamén debemos ter en conta a idade dos dous candidatos a autoría desta obra, xa que Ignacio era nove anos maior ca José Cerviño.
Existen tres documentos que certifican a súa estancia aquí en tres anos distintos. Era o 27 de novembro de 1869, cando Ignacio asina como testemuña da entrega dunha cantidade de diñeiro ao mestre albanel Juan Iglesias polos traballos realizados na Casa Reitoral. Igualmente asina outro documento o 11 de setembro de 1871, tamén como testemuña, pola compra dun terreo por parte dun veciño da parroquia que vivía preto do seu taller. Cerviño debeu trasladar a súa familia ata aquí, é dicir, a súa muller Josefa e a Dionisio Casimiro, o fillo que tivo coa súa primeira esposa, Ramona, en Madrid, e que na chegada á parroquia do Hío contaría con 7 anos. Confirman esta permanencia os datos do bautismo e do nacemento da súa filla María Carmen de los Remedios o 2 de abril de 1872, segundo consta no libro de bautizados desta parroquia e no Rexistro Civil de Bueu, a cuxo concello pertencía esta parroquia. É o ano da colocación do Cruceiro, segundo nos acredita O Esmoleiro, obra tamén de Ignacio, coincidencia esta significativa. Insisto, todo isto non pode certificar a autoría do Cruceiro, pero non hai dúbida de que neses anos desenvolveuse unha actividade dirixida á instalación de algo que se chamará Cristo da Luz, o noso Cruceiro do Hío, como desde entón (1872) e ata hoxe se lle coñece, e ademais coincide coa súa presenza. Abonda con preguntarse: cal foi a razón de que Ignacio Cerviño vivise aquí? A que se dedicou? Desa época non se lle coñece obra algunha. E de súpeto o Cruceiro é unha realidade a partir de 1872, e concluída esta obra, trasládase a vivir a Cangas, onde cumprirá varios contratos. Da permanencia de Ignacio Cerviño e dos seus traballos en Cangas xa deu conta Eugenio Eiroa, Estanislao Fernández de la Cigoña en Cerviño contra Cerviño (2013), E. Alfonso Fernández Sotelo, e eu mesmo recordeino no meus traballos citados. Por iso, tan só me gustaría lembrar o testemuño da solicitude do seu empadroamento en Cangas, onde se recolle a súa orixe, oficio e residencia: “Ygnacio Cerviño y Quinteiro, natural de Sta. María de Aguasantas, de oficio escultor, residente en esta villa hace dos años, solicitando se le empadrone como vecino”. O 19 de xullo de 1872, con menos de catro meses de vida, é soterrada no cemiterio municipal de Cangas María Carmen de los Remedios, a filla que nacera no Hío. Neste camposanto tamén se lle atribúen dous panteóns: o do fomentador Joaquín Francisco Graña Rodal (a) “Ranqueta” e o do aldanés Joaquín Romero y Bedoya, finado en 1876. Máis tarde, xa cun Ignacio que tiña o seu equipo de traballo, a súa rúbrica aparece en 1887 no interior da igrexa parroquial de San Salvador de Coiro, do mesmo xeito que o fixo seu pai nas bóvedas da igrexa de Aguasantas en 1851. Un adiñeirado chamado don Perfecto Lavandeira Soliño, veciño de Vigo, demanda ao concello de Cangas en 1891 pola mala conducción da auga da Fonte de Santiago. Ademais acude ao arquitecto titulado don Genaro de la Fuente para facer un plano da situación das minas e da dita fonte. A auga é levada dende a mina mediante unha galería empedrada feita polo escultor que é tratado do seguinte xeito: “...Es de notar que esa nueva galería fue dirigida y construída no por una persona perita, sino por un cantero llamado Ygnacio Cerviño, vecino del partido judicial de Puenteareas á Cañiza, persona incompetente y de la cual no es posible suponer la pericia, el acierto y la fortuna necesaria...”. Nos demais documentos atopados en diferentes arquivos, Cerviño é considerado como: canteiro, mestre canteiro, escultor e incluso como arquitecto (do que non estaba titulado). Algunhas figuras da interesante Semana Santa de Cangas talladas en madeira e a escultura da Fonte de Santiago son obra do noso protagonista.
Vinte anos en Ponteareas:
Novos contratos lévano a Ponteareas residindo en Santa Mariña de Pías, onde nace seu fillo Antonio Ángel José. Corre o ano 1875, data que coincide coa do panteón que se atopa no adro desta igrexa parroquial de Pías, obra atribuída ao escultor. En Ponteareas, no “Barrio del Puente”, vivirá os seguintes 19 anos. Preto da súa vivenda ten outra obra coñecida como Fonte da Fama ou dos Remedios. Enriba dun portalón dunha casa da familia Fortes que se atopa no Barrio de As Cachadas, aínda perdura un Descendemento, moi parecido ao do Hío pero dunha labra máis tosca, obra posterior de Ignacio Cerviño e mostra da súa probable decadencia, ben sexa por idade ou por enfermidade. Alí sufrirá a perda de varios fillos, entre eles o que nacera en Madrid, Dionisio Casimiro. Contaba o mozo con 19 anos e debeu seguir os pasos do seu pai ata que a morte se lle cruzou no camiño. De seguro que este feito pasará factura á saúde do Mestre Cerviño. O cemiterio municipal de Ponteareas é un verdadeiro museo no que se atopan varios panteóns esculpidos por Ignacio Cerviño. Outras parroquias como San Fiz de Celeiros, Santa María de Areas ou Parada de Achas gozan da presenza de Ignacio con magníficas obras.
Outras moradas e residencias do artista:
Un documento de 1896, que expuxen nos meus traballos citados anteriormente, describe a Ignacio como veciño de Ponteareas e residente no Carballiño. Alí labrou outro fermoso panteón que moi ben lle adxudicara Estanislao Fernández de la Cigoña en Cerviño contra Cerviño. Asígnanselle numerosas obras nos concellos de O Covelo, A Cañiza, Salvaterra do Miño e, sobre todo, en Ponteareas. Obras non todas documentadas pero dunha semellanza extraordinaria. Entre elas destacan os numerosos panteóns que son dignos de admirar. Outro dos seus poemas pétreos é o Cruceiro de Covelo ou Santísimo Cristo dos Aflixidos, unha magnífica beleza que data do 1899. A pouca fortuna familiar e a avanzada idade levaron á decadencia ao vello escultor Ignacio Cerviño. Pero aínda así, conservou o prestixio para que o arquitecto Antonio Palacios lle confiara ao Mestre a execución da Fonte do Cristo, no Porriño. Aquí viviu os seus derradeiros anos, solo e pobre, na Calle Elduayen.
Defunción de Ignacio:
O seu fin foi un enigma ata que E. Alfonso Fernández Sotelo, seguindo información facilitada na década dos 60 por un vello canteiro portugués, publicou a súa partida de defunción no Libro das Festas do Hío do 2000, acontecida o 28/10/1905. Tiña 71 anos. A nota necrolóxica do xornal Faro de Vigo (4/11/1905) afirma que un nutrido número do gremio de canteiros acompañouno na súa derradeira viaxe, o que indica o gran respecto e admiración que lle profesaban ao Mestre Cerviño, e que case se convertera en veneración. Esta crónica tamén nos informa de que ata chegou a ter oportunidade de ir traballar a Arxentina pero que non aceptou por mor dos achaques da saúde. O seu legado podemos velo maiormente nas comarcas do Morrazo, A Paradanta , O Condado e parte da Louriña.
Outros datos de interese:
É pertinente para min aportar algúns datos de persoas maiores, que gardan na súa memoria algo que interesa. Así, Sra. Josefa Portela Franco, que goza de boa saúde con 94 anos, e tendo todas as facultades mentais, veciña e natural do Hío, asegura que don Ricardo Touriño Gamallo, párroco do Hío (1914-1930), acostumaba a dicir que Ignacio Cerviño esculpira o Cruceiro no baixo da casa dos Míguez, hoxe Avenida da Unión nº 23, casa que está coa fachada moi reformada. Informacións de carácter oral recollidas en Aguasantas en 2012 e referidas á Casa do Casal onde nacera Ignacio Cerviño manteñen a súa autoría do Cruceiro do Hío e a gran semellanza do reloxo de sol da igrexa do Hío e outro de menor tamaño que coroou noutro tempo un dos cumios desta vivenda. Que aquela Casa do Casal fora propiedade do noso escultor está acreditado por un documento do 11 de setembro de 1891, que di literalmente: “Manuel García Lopo le señala y da en dote a su hija Purificación García Moreira la casa que adquirió de Ygnacio Cerviño sita en el lugar de Peroselo”. Diego Quiroga y Losada (1880-1976), Marqués de Santa María del Villar ademais de coñecido fotógrafo, expón no xornal ABC en 1968 un artigo titulado “Os Cruceiros de Galicia” no que cita ao Cruceiro do Hío dicindo o seguinte: “... Descendimiento con gran riqueza de figuras, tallado en una sola piedra a fines del siglo XIX por el cantero llamado Ignacio Cerviño. Una hermosura, una maravilla...” Xulguen os lectores se os tres documentos que describen a presenza deste artista no Hío en 1869, 1871 e 1872, xunto aos demais datos favorables ao escultor, son suficientes para designar a Ignacio como máis que probable autor deste Cruceiro, obra por excelencia da arquitectura popular galega.
Agradezo a colaboración dos que permitiron e fixeron que esta investigación fose posible. A todos eles/as moitas grazas.
* Publicado en Faro de Vigo na edición do Morrazo en dúas entregas o 13 e 14 de outubro de 2017