Matinamos nunha escola dinámica, nunha escola que leve aos picariños a ser eles mesmos os protagonistas do ensino. Para chegar a esta meta a escola ten que saír fóra desas paredes atafegantes, que as máis das veces illan ao rapaz da realidade cotián e lévao á mundos que lle din ben pouco da súa identidade como home e como galego.
Se a esta realidade lle engadimos outra de tanto valor como ela: "Se se ama aquelo que se coñece", non hai outro remedio que introducir o neno no seu entorno para observar, amar e estudar as vivencias da terra, dos homes, da natureza próxima e, por estes vieiras, chegar aos coñecementos universais.
Con estas arelas saímos percorrer os castros do Concello de A Estrada.
Os nosos anceios non eran facer un estudio erudito, pois sabemos as nosas limitacións, pero unha ollada a eses mantelos esquecidos; lembrar as belidas lendas das "eiras dos mouros", da fontenla ande a raíña encantada peitea os longos cabelos, dos tesouros enterrados no fondo das cavas e dos tempos; ollar, dende o cume, as fermosas campo sas da nasa terra; valorar a riqueza madeireira dos nosos montes, etc. etc., coidamos poida ser o escomenzo dunha escola activa e un ledo labor para despertar no rapaz os degoiros do estudio.
O traballo tivo tres fases ben distintas, todas elas feitas en horas extra-escolares:
O Equipo de traballo (Olimpio Arca. responsábel do proxecto)

- Visitas ao Museo de Pontevedra os sábados. Alí tomamos notas sobre dos estudios que xa están feitos encol dos castros desta zona. Nomeados hai unha chea deles, pero estudados ben poucos.
- Visitar os castros, tomar as mensuras, facer observacións, recoller os poucos testemuños que puideramos atopar nun tobo dun raposos, nun valo desfeito, etc. Escoitar as lendas que as xentes
- vellas saiban encol dos castros ou das outras , pois os nosos nenos, apreixados e engaiolados polos novos tempos, non escoitan aos avós.
O Equipo de traballo (Olimpio Arca. responsábel do proxecto)
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|