Reloxos de Sol de Cerdedo
Calros Solla
No limiar do ano 22, o colectivo Capitán Gosende emprendeu a tarefa de inventariar os reloxos de sol que no pasado e no presente reinaron ou aínda reinan nas aldeas do territorio cerdedés. En Cerdedo, o reloxo de sol tamén se nomea cuadrante, e a súa existencia fica indelébel nos chamadeiros dalgunhas vivendas: a casa do Cuadrante ou O Cuadrante, metonimia reveladora.
En virtude do movemento aparente da nosa estrela, os reloxos de sol indican a hora valéndose da sombra proxectada polo gnomon (ou nariz) nunha superficie (vertical ou horizontal) na que se riscou unha escala horaria.
En xeral, nas casas de Cerdedo, os reloxos de sol sitúanse, como adobío exento, encol dos penais do pinche (xa no cumio, xa no empezo do pipal). Nas paredes das casas tamén poden aparecer exentos sobre peaña ou beiril, enfornelados ou mesmo embutidos. Nos canastros, prefírense as sopenas do pinche como alzadeiro, podendo conxugarse coa cruz ou co lampión (cantacuco). Nas igrexas, os reloxos de sol locen exentos, asentados nalgún plano horizontal da portada ou embutidos nas paredes laterais. Non se atoparon reloxos de sol adobiando as cubertas dos pombais.
Reloxos de sol da parroquia de Cerdedo
Consonte as investigacións realizadas a finais da década dos noventa (consúltese: Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral, 2002), na parroquia cerdedesa había noticia de 13 reloxos de sol, distribuídos do seguinte xeito polas quince aldeas que a forman:
O reloxo de sol da casa da Martiña desapareceu nos anos noventa e apenas fica o testemuño dunha vella fotografía. Peza cuadrangular, biselada, oblonga e antropomorfa de granito. Reloxo de sol de tipoloxía circular.
O reloxo de sol da casa de Flores de Sieiro, arrecunchado no beiril do curral, é un sinxelo prisma cuadrangular de base rectangular tallado en pedra de gran. As faces anterior e posterior teñen remate triangular. Conserva o nacedoiro do gnomon.
O reloxo de sol da casa de Lidia Caramés é un prisma cuadrangular de base rectangular de pedra de gran, exento, de pequeno tamaño e fasquía antropomórfica, que asenta nun pedestal. Tipoloxicamente, o reloxo pódese clasificar como circular. A peza cuadrangular ten os cantos inferiores achafranados, e cingue a parte superior das faces laterais e frontal cun rebordo pingado no que se integra o reloxo. Por debaixo do resalte do reloxo, entrevese unha hexapétala inscrita nunha circunferencia. Oriéntase cara ao sur e carece de gnomon.
–Un reloxo de sol na casa da Gueiteira, nos Carballos. O reloxo da casa da Gueiteira desapareceu do seu postoiro con posterioridade aos anos noventa.
O reloxo do San Pedro é un conxunto escultórico exento de pedra de gran. Representa o san Pedro na compaña dun meniño (quizais, un anxo) pedestre e espido. O apóstolo, vellouco, calvo e de barba crecha, ataviado con túnica pregada e refucida, mostra dúas chaves na man dereita (a de ouro e a de prata; as chaves do “atar e desatar”, é dicir, a potestade de absolver ou excomungar). Coa axuda do neno, terma coa man esquerda dun libro (atributo apostólico). Ambas as dúas figuras érguense descalzas sobre un pedestal de cantos arredondados. No frontal da peaña sobresae unha cartela cuadrangular, ocupada polo reloxo de sol, de tipoloxía circular. O reloxo oriéntase cara ao sueste, carece de gnomon, mais conserva restos da pintura negra que remarcaba os sucos horarios.
Á beira da estrada xeral, a casa tradicional da que formaba parte o reloxo foi substituída por unha nova edificación. Enriba do lintel da porta de acceso á vivenda, abriuse un fornelo rectangular para conter a escultura. Ao parecer, o inmóbel primixenio era propiedade dun frade, promotor da talla.
O estudoso Xosé Luís Basanta (1924-2016) consignou este reloxo no seu libro Relojes de piedra en Galicia (1986, páx. 99, fotografía 33). O arquivo gráfico do Museo de Pontevedra conserva unha fotografía en branco e negro do mesmo (nº de rexistro: 19961).
O reloxo da casa da Ferreira, sobre peaña, álzase nun extremo dunha das paredes laterais da vivenda. Componse dunha peza de pedra de gran cuadrangular de base rectangular na que se inscribe o reloxo. Encol da pedra do reloxo pousan o busto dun gaiteiro orellán, barbado e amonteirado, flanqueado por dúas figuriñas de corpo completo: un gaiteiro (pola dereita) e un frautista (pola esquerda), toucados con cadanseu bonete. O gnomon oriéntase cara ao sudoeste.
A actual casa da Ferreira e froito dunha restauración levada a cabo no ano 1984. Cremos que o reloxo data dese ano.
En conclusión, até onde alcanza a memoria, 10 das 15 aldeas da parroquia de Cerdedo contaban cun ou varios reloxos de sol. Dos 13 reloxos de sol enumerados, na actualidade só fican no seu postoiro 4: o reloxo de sol da casa de Lidia Caramés (ant. casa de Rosaria) e o da casa de Flores de Sieiro, na aldea da Cavadosa; o San Pedro, nun edificio do barrio de San Pedro, no núcleo de Cerdedo; e o reloxo de sol da casa da Ferreira, na aldea da Revolta. 5 dos 13 reloxos xa estaban en paradoiro descoñecido na década dos noventa. 4 reloxos desapareceron nos anos posteriores.
Escusamos salientar que os resultados obtidos na freguesía de Cerdedo denotan unha gravísima, e cremos irreparábel, perda patrimonial.
Na xornada do 23 de xaneiro, visitamos as aldeas de Pedre, Vichocuntín e O Serrapio na busca de reloxos de sol (nunca mal encarados). Na parroquia de Pedre, as nosas pescudas deron como resultado a catalogación doutras tres pezas e mais unha edícula con pedestal que, xacando, puido aloxar un cuadrante.
A peaña baleira localizámola na aldea de Vichocuntín. Na aldea de Pedre consignamos tres reloxos de sol: un na igrexa parroquial, outro nunha vivenda do Salgueiro, no lugar de arriba, e un terceiro, nunha vivenda do Fondo da Aldea. No Serrapio, mesmo antes do proceso expropiatorio, causante da desaparición por derruba de moitos bens inmóbeis, non existía reloxo de sol ningún. Esta afirmación apóiase no testemuño de veciños nonaxenarios.
Antes de proceder co rexistro dos reloxos de sol da parroquia de Pedre, prácenos indicar que, ao pouco de se publicar a primeira entrega (reloxos de sol da parroquia de Cerdedo), a asociación Relojes de sol en Galicia púxose en contacto con nós para loar a nosa iniciativa e, asemade, facernos chegar unha fotografía do que quizais fose o reloxo de sol da casa da Gueiteira, sita no barrio dos Carballos, no núcleo de Cerdedo (hoxe, desaparecido). A fotografía, en color, é da autoría de Moncho Sabín e tomouse en 1992.
Así mesmo, o xornalista Fernando Salgado enviounos unha fotografía b/n do reloxo do San Pedro que, obtida no ano 1978, representa a escultura na súa primitiva disposición (sobre peaña). Por considerármolos documentos de grande interese e coa arela de completar a primeira entrega (Faro de Vigo, 16-1-2022), engadimos na presente ambas as dúas fotografías. Agradecementos.
Vichocuntín:
Na aldea de Vichocuntín de Baixo, á beira da antiga estrada de Ourense, nun extremo da casa situada fronte ao cruceiro e peto de ánimas, advertimos a existencia dunha peaña enfornelada baleira. A súa orientación é sueste. Consonte algúns testemuños, o pedestal puido soster, en tempos, un reloxo de sol. De ser así, hoxe estaría en paradoiro descoñecido. Outras testemuñas indicaron que o soporte estaba ocupado por unha imaxe relixiosa (extraviada ou trasladada a unha vivenda de Pedre). De calquera xeito, a visita non foi en van, pois, permitiunos admirar de novo o cruceiro e peto de ánimas (1905) e, así mesmo, os reberetes de madeira (na actualidade, moi deteriorados) que, nas vivendas, adobían o beirado das solainas.
Pedre:
O reloxo de sol do Salgueiro, na parte alta da aldea, é unha peza antropomorfa tallada en pedra de gran. Unha figura masculina terma dos extremos dunha fita ou corda unida a un tondo, sosténdoo entre o peito e os xeonllos. O reloxo de sol tallouse na face do tondo, adscribíndose, pois, aos reloxos de tipoloxía circular. O tenante, ao que non se lle ven os pés, tomouse con cemento ao cumio do telladiño que bordea unha terraza. O gnomon, mal orientado, apunta cara ao nordés. Conforme a descrición facilitada polo noso contacto na asociación Relojes de sol en Galicia, a feitura deste reloxo de sol é moi semellante ao feitío dun cuadrante inventariado na aldea de Barro de Arén, parroquia de Cerdedo. O reloxo de sol do Salgueiro fai xogo cun canastro próximo, cuxos pinches se adobían coas figuras en pedra dun escopeteiro, en actitude disposta (pinche leste), e dun león sedente e resignado que suxeita un bolón irregular (pinche oeste).
O reloxo de sol do Fondo da Aldea é un cuadrante metálico (broncíneo) que orienta o gnomon cara ao leste. Clasíficase como reloxo de sol de tipoloxía circular, coa escala horaria en numeración romana. Enfeite do pinche da vivenda, o reloxo foi colocado no sitio hai uns dez anos.
O Serrapio:
Non achamos reloxos de sol no Serrapio, porén, un informante nonaxenario fíxonos saber que, antes dos derrubamentos que subseguiron ás expropiacións determinadas polo proxecto de construción do macroencoro de Dorna (anos 80), existía na chamada casa vella de Umia unha labra heráldica. O escudo, traballado en pedra de gran fino e profusamente decorado, seica abandonou a aldea con destino Madrid.
Non abandonamos o Serrapio sen arrequecermos o fardel lendario da súa ponte medieval con outro gorentoso relato. A Pontapedre, que dende a Baixa Idade Media e cando menos até o século XVIII, foi paso escolleito por peregrinos tudenses e portugueses cara á Compostela (testemuñouno o Padre Sarmiento en 1745), sumiuse, a seguir, no abandono e no esquecemento. Segundo a crenza popular, en época non precisada, uns cazadores intuíron, agochada na mesta fraguiza, a impoñente arquitectura, ao se decatar de que os seus cans cruzaban o río Lérez sen se mollar. Vaia achádego!!
Tras o escrutinio na parroquia de Pedre, engadimos 3 reloxos de sol á nosa listaxe. Daquela, os casaríos de Pedre e Cerdedo ofrecen aos afeccionados á arquitectura e á escultura tradicional un total de 7 reloxos de sol.
Na xornada do 30 de xaneiro, metidos en fariña gnomónica, visitamos as aldeas de Castro do Cabo, Castro do Medio, Filgueira e Bugarín na busca de reloxos de sol. Na parroquia de Castro, a nosa esculca e mais as entrevistas cos veciños deron como resultado a catalogación doutros cinco cuadrantes, catro deles desaparecidos do seu postoiro orixinal.
Non achamos reloxo de sol ningún no lugar de Castro do Cabo, nin lembranza da súa pasada existencia.
Castro do Medio:
Grazas ao testemuño dos naturais, soubemos da pretérita existencia na aldea de dous reloxos de sol:
–O reloxo de sol da casa de Isolina.
–O reloxo de sol da casa de Xulio.
A casa de Isolina sitúase na Aldea de Baixo. A vivenda orienta cara ao sur dous pinches. O anterior arma unha cuberta a dúas augas e o posterior, un tellado a tres. No bico dun dos pinches, quizais no anterior, asentaba un cuadrante de ruda feitura. Peza de granito cuadrangular de base rectangular, coa face superior tallada en arco. Gnomon orientado cara ao sur. Tipoloxía cuadrangular.
O reloxo debeu precipitarse ao chan dende o seu postoiro, pois o noso informante lémbra os fragmentos (dúas metades) arrecunchados nas inmediacións da vivenda. Ao parecer, os anacos puxéronse a recado hai unha década. O noso informante puido tirarlle daquela unhas fotografías das que, non tardando, haberemos ter noticias.
A casa de Xulio sitúase na Aldea de Riba, á beira esquerda da rampla de acceso ao lugar. Antes das obras de reconstrución, a vivenda abría unha solaina cara ao sur. No mesmo balcón situábase o cuadrante, hoxe desaparecido, do que non posuímos unha descrición precisa. Probabelmente, a pedra na que se tallou o reloxo, de feitura cudrangular, embutíase na parede da casa.
Pendurada da parede, baixo o beirado do mesmo balcón, tamén se exhibiu durante décadas (aproximadamente, dende os anos 30 ate a década dos 80) unha colosal vértebra de balea que chamaba a atención de propios e alleos.
Filgueira:
–O reloxo de sol do Pardiñeiro.
–O reloxo de sol da ermida da Virxe dos Remedios.
Na chamada Casa de Baixo (hoxe, belamente restaurada e empregada como Casa do Pobo), localizábase o reloxo de sol do Pardiñeiro. O cuadrante pousaba encol do lintel do portal de acceso á vivenda que, no pasado, foi propiedade dun cura. Vai para vinte ou vinte e cinco anos que falta do sitio. Tallado en pedra de gran, os informantes descríbeno xa circular con peaña, xa cuadrangular de base rectangular e cos cantos arredondados. Todos os informantes coinciden en que o gnomon non tiña a típica forma de nariz, senón que unha variña metálica se fincaba oblicuamente no cénit da escala horaria.
Volvemos salientar o bo traballo de restauración e rehabilitación levado a cabo pola veciñanza de Filgueira na, antano, ruinosa Casa de Baixo; hogano, flamante Casa do Pobo. Unha soberbia construción dotada, entre outras curiosidades, dun patio exterior con bebedoiro e manxadoira para cabalarías. O pío do bebedoiro, afastado do chan, embútese no muro para mellor abeberar os cabalos. No soarego da manxadoira, formado por dúas lousas de pedra, labráronse cadansúa cunca para conter o gran da ración (avea, millo, orxo, trigo). Moitas grazas, Xulia, pola visita guiada. Animamos os veciños de Filgueira a encargarlle a un bo canteiro unha reprodución do seu cuadrante roubado, para, sobre o cargadeiro do portal, pórlle a guinda á sua magnífica Casa do Pobo.
No cotarelo da Eira da Ermida, o reloxo de sol da capela da Virxe dos Remedios pousa nun recanto da cuberta do templo, á esquerda da porta. O cuadrante, malia carecer de gnomon, oriéntase cara ao sur. O limbo do reloxo tallouse nun resalte circular da escultura. A peza asenta nunha base cuadrangular de base rectangular cos cantos arredondados, prolongada cun lampión moldurado que lle confire unha fasquía de laúde. De fronte, no “mastro” do lampión tallouse un símbolo semellante á flor de lis e na “cavilla”, quizais, unha tetrapétala ou cruciña (moi luída). Reloxo de sol de tipoloxía circular.
A capela dos Remedios ergue unha espadana de dous vans. Encol do lintel da espadana asenta un pináculo central perforado, flanqueado por dous lampións. O pináculo coróase cunha cruz de ferro en cuxo pé vira un fermoso catavento. Na dirección represéntase un raposo perseguindo un capón.
Bugarín:
–O reloxo de sol da Casa da Escola.
Na escola de Bugarín houbo en tempos un reloxo de sol. O cuadrante, tallado en granito, cuadrangular de base rectangular, situábase na parede sur do edificio, encaixando entre un saínte da cachotaría e unha pequena peaña (orientación sueste). Un informante octoxenario díxonos que o mandara facer e colocar o mestre Bonifacio Alonso Torre (xubilado en 1895), que aínda chegaría a ser alcalde de Cerdedo (1905-6).
Non me resisto a facelos partícipes dunha graciosa anécdota. Así que nos apeamos en Bugarín, trabamos conversa cunha veciña nonaxenaria. A muller non só descoñecía que na aldea houbese reloxos de sol, senón que a humanidade había milenios que os inventara. O compañeiro Soto púxoa ao corrente do funcionamento dos cuadrantes. Tras a explicación, a candorosa muller exclamou: “Que adiantos!”.
Tras o escrutinio da parroquia de Castro, engadimos 5 reloxos de sol á nosa listaxe. Daquela, nos casaríos de Cerdedo, Pedre e Castro documentamos un total de 22 reloxos de sol, dos cales, que saibamos, só se conservan 9.

- Abelaíndo:
- Arén:
- Barro:
- Carballás:
- A Cavadosa:

- Cerdedo:

- Cernados:
- Limeres:
- Meilide:
- A Revolta:

- Un reloxo de sol na igrexa parroquial do Santo Estevo.
- Un reloxo de sol nunha vivenda do lugar do Salgueiro (Pedre de Arriba).
- Un reloxo de sol nunha vivenda do Fondo da Aldea (Pedre de Abaixo).