Riobó
Clara Iglesias Cortizo
- RIOBÓ: procede do latín RIVUM BONUM. O nome da parroquia é o do río que a cruza. O río Bo toma este nome desde o lugar da Barcia, en que se une co río Mao, procedente de Loimil. Posibelmente, a orixe deste hidrónimo é a oposición contrastiva entre mao e bo, debido á interpretación popular de Mao como “malo”. No capítulo dedicado á parroquia de Loimil comentamos a orixe prerromana do topónimo Riomao.
- O ALDERIDO: seguramente se trate dun antrotopónimo, derivado do nome xermánico Alderetus.
- BARCIA: trátase dunha forma con abundantísima presenza na toponimia: o Nomenclátor de Galiza rexistra máis de 160 entidades de poboación con este nome e cerca de 300 coa súa variante Barxa. O topónimo Barcia ten o seu paralelo en portugués nas máis de 100 formas Várzea, Varzielas e Varzinha; tamén está presente en Castela-León, Asturias e Cantabria coa forma Bárcena. Aínda que o substantivo varcia (coa grafía que verdadeiramente lle corresponde) aparece recollido no dicionario da RAG, así como noutros anteriores, prácticamente non ten uso na fala. O significado que se lle atribúe vén dado polas características dos lugares designados polos topónimos correspondentes, de aí que se defina varcia como “terreo chan e fértil situado nas marxes dun río e que é frecuentemente inundado por este”. Barcia é unha palabra de orixe prerromana; Edelmiro Bascuas propón unha raíz hidronímica indoeuropea var-, da cal derivarían estes topónimos e outros como Varedo ou Bares. A principal corrente de auga que percorre a parroquia é o río Bo, que toma este nome precisamente no lugar de Barcia, cando o regueiro de Barcia se une ao que até alí se denominaba río Mao.
- OS BESTEIROS: é un topónimo profesional, derivado do latín vulgar BALISTARIUM, “o que empregaba a bésta ou se servía dela na guerra”, ou mellor, “o que tiña por oficio construír béstas”. BALISTARIUM formouse sobre BALISTAM, forma do latín tardío que veu substituír o clásico BALLISTAM. A palabra besteiro aínda existe no léxico común, aínda que, como é lóxico, non ten moito uso. Parece ser que estes profesionais eran moi apreciados na Idade Media, pois sábese que moitos núcleos de poboación medievais concedían franquías, foros e outras vantaxes fiscais para que os besteiros se instalasen nelas. Isto acabou dando lugar a topónimos e a forma Besteiro ten moita presenza na toponimia e antroponimia galegas.
- AS CANCELAS: este substantivo formouse a partir do masculino cancelo, para indicar oposición de tamaño: o masculino, pequeno; o feminino, grande. Cancelo deriva do latín CANCELLUM, “reixa”. A palabra cancela pertence ao léxico común e o seu significado é ben coñecido, “porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade”. É, polo tanto, un topónimo relativo á división e peche das propiedades.
- A CASTIÑEIRA: formouse a partir do masculino castiñeiro; neste caso a flexión de xénero serve para indicar unha oposición entre o masculino-individual e o feminino-colectivo. O dicionario da RAG define castiñeira como “lugar poboado de castiñeiros”. O substantivo castiñeiro fórmase a partir da base castaña á que se engade o sufixo –eiro, que neste caso ten o significado de “árbore que produce o froito” Pola súa vez, castaña é palabra derivada do latín CASTANEAM.
- A MOTA: trátase dun topónimo de etimoloxía escura, probabelmente, de procedencia prerromana. Aínda que a orixe do nome é complicada, non o é o significado, posto que aparece sempre en relación con alturas xeralmente illadas no medio de terras máis baixas, lugares estratéxicos de defensa e vixilancia, polo que case sempre nos outeiros chamados Mota hai castelos, torres ou pazos; así acontece neste caso, pois o lugar da Mota está situado nun pequeno outeiro sobre o que se construíu un pazo. A palabra mota non se conserva no léxico común; nalgún dicionario antigo recóllese co significado de “montículo de pouca altura que se levanta nun terreo chan”. Hai casos na toponima galega en que o nome Mota aparece designando lugares onde hai ou houbo mámoas.
- A PENA: o máis probábel é que Pena proveña provén do latín PINNAM, “almea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. Hai autores que discuten esta etimoloxía e fan derivar o galego pena da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”.
- PORTECELO: probabelmente provén do diminutivo latino PORTICELLUM, formado sobre o lexema PORTUM + un antigo sufixo, -ICELLUM. O significado do topónimo viría a ser algo como “portiño”. A palabra porto e portela aparecen moito na toponimia, co sentido de “lugar de paso na montaña” ou “entrada polo mar”.
- O RÍO: provén do latín RIVUM, “río pequeno, arroio”, que veu substituír tardiamente o clásico FLUMEN, lexema que só se conserva en cultismos.
- SAN MARTIÑO: topónimo haxiográfico, que dá nome ao lugar onde se sitúa a igrexa da parroquia, cuxo patrón é San Martiño. Este antropónimo provén do latín MARTINUS, derivado de MARS-MARTIS, deus da guerra. Este San Martiño tanto pode ser o de Tours (s. IV) como o de Dumio en Braga (s. VI).
Riobó (San Martiño)
Manuel Reimóndez Portela
A parroquia de San Martiño de Riobó é coñecida desde moi antigos tempos.
Pertence á zona da Ulla Baixa coas súas compañeiras Arnois, Castro, Berres, Oca, Moreira, Paradela, Barbude, e Ribeira, e dentro dela ocupa o lado do nacente.
Por razón da orde alfabética, a Riobó correspóndelle entre as demais parroquias o número 37, e tendo en conta a súa extensión correspóndelle o número 46 cunha superficie de 270 hectáreas. Ten 422 habitantes de feito.
LINDES: linda ao norte coa parroquia de Oca tocándolle un chisco á de Arnois. Polo sur ten a San Tomé de Ancorados. Polo oeste Berres e polo leste Remesar.
É unha das parroquias máis coñecidas da comarca pola súa igrexa con importantes restos do románico, e desde moi antigo pola chamada Torre da Barreira, de tanta importancia na bisbarra e en toda a terra de Tabeirós, tamen polo pazo da Mota.
Hoxe en día conta cos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: a parroquia está abocada á estrada Callobre-Ponte Ledesma ou sexa á provincial 2133, que a cruza polos lugares da Vila do Sol, A Mota, O Río, Pte. Riobó e Os Besteiros. Outras arrancan cara a Remesar e Agar ata unirse á nacional 640, a onde chega tamén outra que, saíndo da Mota, cruza os Ancorados ata O Foxo. Todos os lugares teñen pistas asfaltadas e camiños en terra ou corredoiras que conducen a montes e terreos labradíos.
O camiño real viña desde a ponte Liñares por Pía e Pica en Moreira, por monte Molide a recaer na Mota pasando o pontillón de Barcia, onde lle chaman Malpique (que antes se chamaba ponte de Donas) camiño da ponte da Ulla, cara a Santiago, ou do camiño real cara a Paizás, Ponte Cira e Ledesma.
Está concentrado parcialmente o monte no lugar de Mato e A Castiñeira, que entraron na concentración parcelaria de Berres. Foi aberta unha pista dende A Castiñeira a Redondo (8 m ancho e en zahorra) e para o seu trazado aproveitaron o antigo Camiño Real.
HIDROGRAFÍA: a principal corrente de auga que perecorre a parroquia é o río Bo, así chamado a partir do lugar de Barcia onde o regueiro (de Barcia) se une ao río Mao, procedente do Loimil, e que despois segue baixando pola ponte Riobó e Torre da Barreira, dividindo a Arnois de Berres, ata chegar ao río Ulla.
Este río (afluente do Ulla) recibe regatos que desaugan noutros e algúns directamente, aínda que todos no río Bo, e estes son: a presa de Barcia, que xa nomeamos, que nace na Cruxeira de Remesar, a dos Lavadoiros que nace en Portecelo, a presa da Barreira, que verte debaixo da ponte Riobó, a presa de Badoucos colle auga do Riomao e vai á do Angueiro, nace preto do pazo de Oca, a da Pena que nace no Pío de San Tomé de Ancorados, e a presa das Brañas que nace en Alderido.
O río de Remesar, que nace na Cmxeira de Remesar, colle a presa de Barcia. Outro nace en S. Tomé de Ancorados, que é o río de Portecelo que rega Gontén e parte de Riobó e máis abaixo colle a presa da Pena, rega a Pena e Portocelo e colle o regueiro das Brañas en Alderido. Estes dous ríos únense en Riobó.
PONTES: loxicamente estes regatos teñen as súas pontes, pontellas ou pontillóns: a ponte do Río, ou sexa, a Ponte Riobó, da estrada Callobre-Pte. Ledesma, a ponte de Barcia, preto deste lugar, ponte Gardiñeira onde a peneda do Raposo, ponte da fábrica de papel de Riobó (ponte tamén sobre do río Bo máis abaixo da nomeada da estrada Callobre-Pte. Ledesma), ponte de Lamas en Portecelo, pontillón das Rabudas (unhas pedras por onde pasan só persoas, e ponte do muíño do Río.
Existía un arco dunha ponte chamado "o cabalete" entre a Torre da Barreira e a fábrica do papel, que foi desmontando para reparar a ponte da fábrica.
FONTES PÚBLICAS: a fonte do Río, a fonte de San Martiño en mal estado, a fonte da Pena, traída para a beira da estrada que vai de Riobó ao Foxo e restaurada (fontes que levan os nomes dos lugares onde nace), a fonte da Castiñeira e a fonte da Vidala, a carón do cerramento do Pazo da Mota.
OROGRAFÍA: ten esta parroquia só os montes que soben pouco cara a San Tomé de Ancorados ou terras do sueste de Berres.
A paisaxe desde Riobó é belida, parecéndose ás demais terras abondosas e agarimosas desta Ulla Baixa, miran cara o Pico Sacro, cara as ribeiras do Ulla, cara a Remesar, Loimil ou Ancorados, co monte de Orazo ou Sistalto ou Agar ou San Sebastián polo medio día... é unha doce terra. Actualmente cruza esta paisaxepolo lado N. a autoestrada AP-53.
PEDRAS: importante é a chamada Pena do Rei preto de Tamallancos e Casalderido, con pozas ou aras e ten ademais moita sona.
Preto desta pena, ao norte, está a chamada carballeira do Rei con marcos con R, son tamén pedras con historia.
Ademais aínda quedan en pé nesta parroquia dous cruceiros, outros foron caendo pouco a pouco (un deles, o do lugar do Río, esnaquizouno un resentido en xullo do 1936).
As descricións destes dous cruceiros son as seguintes:
1 Situación: parroquia de Riobó, lugar da Mota, pazo da Mota da familia Otero.
Descrición: plataforma: tres chanzos cuadrangulares. Pedestal: cuadrangular con colo no medio. Columna: redonda, comeza cadrada e a primeira porción redonda é circunferencia maior que a que lle segue. No anverso imaxe de S. Antón. Capitel: comeza redondo e remata cadrado con volutas nas catro esquinas e catro querubíns. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, testa inclinada á dereita; reverso, Inmaculada Concepción. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: construíuse hai moitos anos e estivo situado noutro lugar moi próximo.
Propiedade: particular, da familia Otero.
2 Situación: parroquia de Riobó, lugar da Mota, Agro de San Martiño. Actualmente diante do cemiterio parroquial.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: cúbico, liso. Columna: comeza e remata cadrada, o resto redondo, liso. Capitel: cadrado, liso, con voadizo na parte superior. Cruz: latina de sección cadrada, lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros.
Conservación: Boa
Tradición: foi construído en 1916 pola familia Moure, do lugar dos Besteiros, de Riobó, para conmemorar a morte dun fillo apuñalado por un veciño nunha taberna próxima co adaxo dunha discusión sobre as "máscaras". Ergueito no lugar onde apareceu morto e trasladado recentemente ao lugar que ocupa en terreo inculto, por necesidades da Concentración Parcelaria, onde se construíu o cemiterio a finais dos anos 70.
Inscricións: non se observan.
Propiedade: discutida.
Entre os hórreos mais importantes atópase sobre todo o hórreo da casa da Mota, seguíndolle en importancia o da casa de Ferreirós, o da casa de Agustín e o do Habanero de Barcia así como o da casa de Villaverde no lugar da Pena.
HISTORIA: lembremos canto chegou a nós da historia da parroquia e ímolo facer por orde de datas de canto sobre dela fomos atopando.
Jerónimo del Hoyo xa nos di no ano 1607 o seguinte:
"San Martiño de Riobó anexo de Remesar:
Tiene esta feligresia de San Martiño veinte feligreses. De los fructos se hacen tres partes; la una lleva el retor y las dos por sin cura la dignidad ar^obispal. Vale la parte del retor ocho cargas de pan. Presentación de legos. La fábrica tiene de renta once fanegas de pan mediado. En el distrito de esta feligresía está la fortalega que llaman de la Barrera. Está mal reparada; es de la dignidad argobispal (fol. 451 v)".
Para os datos acadados do Catastro de Ensenada remitímolo ao capítulo dedicado a el xa que alí atópase o que se refire a esta parroquia no titulo correspondente al Coto ou Xurisdición de Tabeirós, sendo a súa data do ano 1747."
Tamén nos di Madoz (Pascual) nos anos 1846-50:
"Riobo (San Matín) feligresía en la provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (4) ayuntamiento de La Estrada (1). Situada a la izquierda del riachuelo Barreira con libre ventilación y clima sano. Tiene 74 casas en las aldeas de Besteiros, Mota, Pena, Portecelo, Río y San Martín, la iglesia parroquial dedicada a dicho santo es aneja a la de San Cristobal de Remesar, con la cual confina por E; con la de Berres al NO. y la de Ancorados por SO. El terreno es de buena calidad. Produce maiz, trigo, centeno, patatas, castañas, nabos, judias y lino, se cria ganado vacuno, mular y lanar, caza de perdices, liebres y conejos y alguna pesca de anguilas y truchas. Industria, agricultura, molinos harineros, telares de lienzos ordinarios y una fábrica de papel. Población: 74 vecinos y 370 almas".
No censo do ano 1924 tiña 502 habitantes.
Álvarez Limeses deixou escrito (1936):
"Riobo (San Martín). Dista 50 kilometros de Pontevedra y 10 de La Estrada y limita: al N. con Berres, al S. con Remesar de la cual es anexo, al E. cor> Orazo, y al O. con Ancorados (Santo Tomé) y Ribeira.
Entidades: Barcia 49 habitantes, Besteiros 148, Iglesia 111, Mota 91, Pena 51, Portecelo 23, y Rio 29 que hacen un total de 502 habitantes para los cuales hay una escuela mixta desempeñada por maestra en la Mota. Está situada en el valle del Ulla y la atraviesa la carretera de Callobre a Puente Ledesma. Está bañada por el rio Bo y en el lugar llamado fábrica hay una buena de papel denominada "Fábrica de papel del Ulla".
Esta parroquia llamada en la antigüedad San Martiño fué en la Edad Media la capitalidad del partido de Tabeirós. En ella estaba enclavada la torre de la Barreira cedida constantemente en préstamos por los obispos de Santiago y que fué objeto de grandes controversias y presenció acciones en las luchas entre Doña Hurraca y Arzobispo Gelmírez y los nobles gallegos. Según López Ferreiro que la estudió histórica y artísticamente presentaba una planta rectangular reforzada por contrafuertes angulares, los del E. en forma cuadrada y los del O. en forma alargada.
El cerro en que se levantaba esta fortificación aparece minado por subterráneos alguno de los cuales era de tal amplitud que permitía el paso de carros o bestias de carga. La construcción tal como la vio López Ferreiro parecía datar de principios del siglo XVI".
IGREXA PARROQUIAL: na igrexa de Riobó temos un dos mellores exemplares con importantes restos do románico nesta bisbarra, ímolo coñecer en síntese seguindo a Hipolito de Sá Bravo: "Interesante la traza románica de la iglesia de Riobo. Nos recuerda las iglesias de Moreira, Oca y Ouzande. Una nave y ábside semicircular unido a la nave por un tramo rectangular enmarcado por el arco triunfal y otro secundario que marca el arranque de la porción semicircular. Los arcos son de medio punto sobre semicolumnas adosadas' y capiteles esculpidos dos de ellos con pencas y hojas, otro con pequeños rombos y el cuarto de entrelazos. Una imposta que se extiende a lo largo de los muros, une los ábacos de las columnas y señala los apoyos de la bóveda de medio cañón que cubre el presbiterio y los de la cascarón del testero del ábside. La ventana románica que se abre en el tramo central de la cabecera está oculta detrás del retablo barroco... el retablo fué contratado por el párroco de Remesar y Riobo D. Juan Antonio del Río en 28 de febrero de 1744 y hecho por el escultor retablista de Santiago D. Luis Parcero... se colocaron en él las imágenes de El Rosario, San MartínPObispo, San Blas y San Roque, con otros adornos.
En la nave la portada principal de arcos semicirculares en arista apoyados en un par de columnas y en las jambas exteriores. El tímpano es liso. Las puertas laterales están modificadas... La puerta sur está tapiada. Quedan en el muro norte las saeteras de las antiguas ventanas románicas similares a las que hay en el testero de la nave... En el tramo central una ventana de archivolta semicircular tórica con otra ornamentada de billetes apoyadas en los sobresalientes ábacos que descansan en un par de columnitas acacodilladas.
Interesante la colección de canecillos que hay en el ábside y en la nave dentro de esa extraordinaria variedad que ofrece los motivos utilizados por la simbología románica". Moi importante é tamén a relación desta igrexa coa desaparecida Torre de Tabeirós ou da Barreira.
Por outra banda o 28 de febreiro do 1744 )uan Antonio del Río, cura de Remesar, contratou con Luis Parcero un retablo para a capela maior desta igrexa na cantidade de 1800 reais, abranguería todo o testeiro. A ábsida ten forma de cascarón e por iso lle daríalle forma circular colocando imaxes do Rosario, San Martíño bispo, San Brais e San Roque. En vez de columnas poñeríanlles estípites pegados coas froitas, flores, cogollos, etc., e mándalle a talla e maneira de imitar a custodia, segundo o modelo que eles tiñan feito.
Ao longo, en vez de cartóns, poríanlles láminas (unha delas a que xa tiña a igrexa) e a outra faríaa o mestre coa imaxe de Santa Bárbara. Couselo Bouzas "Galicia Artística" p. 489.
Domingo González de Traba, prateiro santiagués, labrou entre 1600 e 1624 varias cruces procesionais para esta igrexa de Riobó, por unha totalidade de nove marcos.
Pérez Constanti "Diccionario de Artistas" p. 112.
Campás da igrexa parroquial: a campá grande pon: MARÍA Y JOSÉ AÑO 1849 JHS, HIZOSE SIENDO ABAD JOAQUÍN BARCALA. A campá pequena pon: AÑO 1831 MARÍA Y JOSÉ."
Reformaron o tellado no ano 1996, con madeira do tellado uralita e tella. Arranxouse a sancristía, no ano 2000 restauráronse os santos do retablo da dereita. Recuperouse tamén unha pintura da última Cea, aparentemente moi antiga, sen sinatura de autor, e que actualmente situaron na tribuna. Destaca porque un dos apóstolos ten na man dereita seis dedos.
A igrexa parroquial ten un reloxo de parede, moi antigo, restaurado e depositado na igrexa parroquial.
A TORRE DE BARREIRA: histórica torre de Barreira en canto atinxe á chamada xurisdición de Tabeirós, ou Tabeirolos, dando nome tamén ao río de Barreira, hoxe Río Bo, figura no escudo da Estrada coa súa torre que representa a esta e mais a de Guimarei e o pazo de Oca.
Torre defensiva, centro dunha comarca de moita importancia, cunha tradición do medievo chea de feitos históricos que sempre xiraron dentro de contexto de circunstancias feitos e vicisitudes propias do natural sometemento á tan sabida influencia en Galicia de poderoso Arcebispado de Santiago de Compostela.
A súa influencia abranguía 44 freguesías que compoñían a xurisdición con 750 habitantes. Situada xeograficamente na parroquia de Riobó do Concello da Estrada á marxe dereita do río que se chamaba de Barreira e máis tarde río Bo, afluente do Ulla a uns 200 metros río abaixo da ponte tamén chamada Ponte Riobó na estrada Callobre-Ponte Lédesma, quilómetros oito ou nove, nun promontorio que forma un recuncho do río, que o envolve, deixándolle só unha entrada doada polo norte, cunha subida, a chupe, polo levante, o sur e o poñente por onde ten aínda un muro de sostemento do terreo é obstáculo para a subida... por iso, a defensa da Torre era fácil, non sendo polo noreste, onde se atopaba a entrada ao recinto, aínda que non á torre. Isto mesmo deixóunolo dito López Ferreiro en "Galicia Histórica"... "Levantábase en otro tiempo la fortaleza en la parroquia de San Martín de Riobó anejo a San Cristóbal de Remesar (partido Judicial de La Estrada) sobre un pequeno cerro erizado de peñascos y rodeado casi por todas partes del río Boo. Su planta era de un rectángulo más bien trapecio, cuyos dos lados maiores medidos interiormente,daban 22 metros de larga. De los dos lados menores el que daba al este, medido también por la parte de dentro, tenía 14 metros de largo y el opuesto quince metros y medio. Los muros tenían cerca de más de dos metros de espesor.
Los cuatro ángulos estaban reforzados por cuatro contrafuertes, los dos del lado del este de forma cuadrangular y sentido diagonal, y la del lado del poniente constituídos por dos cubos o torreones de planta circular. La puerta de entrada no se hallaba abierta normalmente en uno de los muros sinó en un cuerpo saliente que la protegía y comunicaba con el edificio por medio de otra puerta practicamente en la planta baja.
La vivienda señorial que contaba con tres pisos estaba en un ángulo del patio que cerraban los muros exteriores y tenía catorce metros de largo por cuatro y medio de ancho. El espesor de las paredes alcanzaba cerca de un metro.
El cerro que servía de base a la fortaleza estaba minado en todas direcciones por caminos subterráneos que iban a dar al río.
Algunos de ellos era de tales proporciones que permitía el paso a carros y bestias de cargo... no nos fué dado encontrar escultura o inscripción por la que pudiéramos precisar la fecha de su edificación".
Como dixemos esta fortaleza influíu no desenvolvemento e a mesma historia da bisbarra naquelas guerras entre señores feudais, entre si e en contra o Arcebispado Compostelán que tivo que sitiala cando os "golfines" (aventureiros que se apoderaron da torre e maltrataban os veciños) obrigaron a atacalos aparecendo alí coas súas tropas e poñéndolles cerco cun novo artiluxo chamado "jato", especie de torre ou bastida propia para talmentes. Nesta ocasión os "golfines" déronse por vencidos.
Como en tantas outras ocasións, desta torre tamén se comenta a afluencia que nela tiveron os famosos "Churruchaos" desde que Fernán Pérez Churruchao de terras de Terra de Deza (Camba) e Alonso Gómez Gallinato asasinaron o arcebispo Suero Gómez de Toledo e o deán Pedro Álvarez, o día 29 de xuño de 1366. A lenda de que a destruíron non ten consistencia histórica. Máis polo miúdo, a historia dinos que esta torre foi construída por un persoeiro moi discutido e alborotador de nome ignorado, do que ten noticias desde o ano 1111, data en que con outros máis da súa mesma idea invade a terra de Deza e Tabeirós e, en xeral, toda a comarca comprendida entre o Miño e o Ulla.
Arias Pérez, máis tarde, non prestou acatamento e sublevouse contra do recén coroado rei Alfonso VII.
A "Historia da Igrexa”, conservada no Centro para a promoción comarcal de Tabeiros Terra de Montes, dinos que Xelmirez se fai coa Barreira e as Torres de Tabeirós, a cambio nada menos que da Torre de Hércules:
"O arzebispo Xelmirez consegue en 1126 a rica Terra de Tabeirós a cambio de cederlle ó rei Alfonso VII o castelo do faro, "porque estaba moi lonxe do Señorío de Santiago (...) e todos os anos tiña quegastar moito cos cabaleiros en vixialo e gardalo... segundo se afirma na Historia Compostelana. Dende a arruianada torre da Barreira, en Riobó, a igrexa compostelana exerceo o seu dominio en Tabeiros".
Por estes tempos o arcebispo Xelmírez fai un exército para atacar e destruír esta torre defendida por foxos e trincheiras partidarias de Arias Pérez e foi tomada con axuda do artiluxio que xa nomeamos como "jato" polo que podían achegarse e destruír a cantería... máis tarde foi reconstruída pola Mitra Compostelá no século XIV dinos... López Ferreiro... "los golfines, caballeros aventureros que al frente de sus mesnadas cometían tropelías en aquellos tiempos revueltos y latrocinios y atropellos hicieron la situación insostenible siendo entonces cuando el rey Alfonso XI (el
5 de Abril de 1342, estando en Tordesillas mandó al caballero Vasco Pérez que hiciese homenaje al Arzobispo Martín II (Martín Fernández de Gres de ilustre familia de la comarca de Deza) la torre de la Barreira situada en la "pértiga" o Señorío de Santiago y procedió así el rey en vista de la representación en el Arzobispo hiciera en Sevilla el año anterior y del voto emitido por "caballeros ancianos et de buena fama vasalos de la dicha Iglesia" Requerido Vasco Pérez se negó a prestar homenaje, pero fingiendo gran lealtad se prestó a servir al rey en el Real de sobre Algeciras, dejando bien guardada la fortaleza por hombres desalmados y dispuestos a acometer toda clase de atropellos, contando con que al arzobispo concurriese también al cerco de algeciras y mientras sus hombres se apoderarían de cuando pudieran.
Así las cosas el Arzobispo se dedicó a deshacerse de aquel nido de malhechores antes de partir para Algeciras poniéndose él mismo al frente de sus tropas y de las operaciones contra la torre de Barreira, le acompañaba el Chantre D. Suero Gomez y otros canónigos de Santiago. Cerco el castillo y construyó una gran bastida (torre movible de madera) con la que atacó. Hallándose en estas faenas el 24 de septiembre de 1 342 llegó a deshora un correo del Rey D. Alfonso que traía una carta y escrito de intimación, la carta fechada en el real de Sobre Algeciras el 22 de Agosto y le pedía al Arzobispo que cesase en el cerco según había pedido Vasco Pérez que estaba con él y a su servicio, mientras no decidiese en derecho lo que había que hacerse. Leída la carta traída por Juan Pérez conteniendo la intimación y emplazamiento al arzobispado indicando que había acogido bajo su Guarda y encomienda a Vasco Pérez con todas sus casas.
D. Martín mandó que se le dejase copia y dos días después presento un escrito de contestación donde acompañaba una carta que había mandado a Vasco Pérez que le hiciese el correspondiente homenaje diciendo que en vez de éllo entregó la torre a malhechores, que estropeaban las tierras y cometían toda clase de fechorías diciendo además que le había imitado a que entregase la fortaleza a López Díaz de Rojas Merino Maior de Galicia y de que todo ello ya había dado cuenta al Monarca por conducto del onrra de Santiago que tenese por bven de veer a dita senteb^a que por el fora dada..."
O notario Juan Paz fixo dúas copias quedando cunha o arcebispo e outra levouna o correo Juan Pérez ao Rey.
Existen mais datos soltos sobre a fortaleza:
No ano 1375 o conde Pedro Enríquez de Castro contando co pouco carácter do seu curmán o rei Juan perseguiu furioso á Igrexa Compostelá apoderándose da torre que destruíu.
Máis adiante no 1384 foi motivo dun preito.
O rei Juan obriga o seu curmán, o conde Pedro, a facer entrega da Barreira ao que non accedeu alargando o asunto ata que someteron a unha arbitraxe sendo árbitros D. Enrique II e Fernando Pérez de Andrade "O Bo" e o Conde Juan Rodríguez de Biedma, acordándose ademais que se fixese falla algún outro membro que fose Lope Gómez de Lira. Outorgou poder o día 24 de novembro de 1388 e decidiuse entregarlle a torre ao arcebispo en Medina del Campo o 10 de decembro do mesmo ano.
O 22 de abril de 1402 recibiu a Tenencia da Barreira de parte do arcebispo Gonzalo Ozores de Ulloa.
En 1420 o arcebispo dalle en encomenda a casa forte da Barreira a Fadrique, duque de Arjona como tivese seu pai o conde Pedro.
Tamén Luis Soga de Lobera, demandou a súa posesión ao arcebispo coas súas xurisdicións e fóronlle concedidas e dela tomou posesión o 22 de xaneiro do 1424.
Fernán Casas de Cordido era alcalde da Barreira o 15 de febreiro de 1477.
En 1450 era alcalde Suero Gómez de Sotomayor e Alonso Sánchez de Sevilla o seu mordomo.
Entre 1468 e 1470 foi destruída parece que polos "Irmandiños".
Polo remate do outono de 1524 o Cabido recibiu xuramento a Arias Pardo (Pai do Arcebispo D. Juan de Tabara) como alcalde da Barreira. Jerónimo del Hoyo en 1607 dinos: "Esta fortaleza está en el Juzgado de Tabeirós en un hoyo, casi cerca de un río. Está ya por el suelo y no tiene sino ruínas de los edificios antiguos... cando cita
as freguesías do Arciprestao de Tabeirós tamén di "en el distrito de esta feligresía está la fortaleza que llaman de la Barrera. Está mal parada: es de la Dignidad Arzobispal".
Mais xa antes en 1526 dinos Rodriguez González no seu libro "Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños" o seguinte referente á fortaleza da Barreira...
"Se nombraron peritos para llevar a cabo una inspección y valoración de desperfectos en la misma y estos fueron Juan de Álava y Juan Gil, que dixeron y tasaron los desperfectos desta manera:
Falta una almena en el adarve de afuera entrando por la puerta a mano izquierda cuya valoración fue de dos ducados.
Se encuentran tres almenas desbaratadas sobre la puerta principal: seis ducados.
Devastado el pretil susodicho: trescientos maravedises.
Una puerta de madera, en la puerta segunda: Dos ducados.
E remataba dicindo que se corte e limpe de silvas que están nas paredes da torre: catro ducados".
A Barreira hoxe: na actualidade esta torre, capital de Tabeirós certo tempo, case non existe, só uns poucos vestixios podemos ollar. Chama a atención a disposición do terreo para situar un forte, case que inalcanzable desde o rfo que pasa ao seu pé dándolle unha aperta polo sur e o oeste. O montiño ten unha subida lixeira polo nordeste e no cume estaba a torre, a vivenda e as dependencias das que desapareceron as pedras, aproveitadas polos veciños para outras construcións sen decatarse do mal histórico que fixeron. Parte das pedras foron utilizadas par a cimentación da escola.
No suroeste da cima unhas pedras que puidera ser o ángulo sueste, máis ben a parte de dentro de tal esquina da edificación. O terreo que baixa de súpeto polo oeste está sostido por un muro de protección, que debeu de ser máis alto facendo de muralla de defensa; alá no fondo, xa a raso co río, aparece unha especie de cova.
Tamén polo sur tiña un furado con arco semicircular de pedras; que o desfixeron, puideran ser pasos soterrados para a fortaleza, que segundo López Ferreiro tiña. Na cara leste aínda se ven restos dunha muralla e un camiño cara ao río, que tamén se ve desde a entrada norte arrodeando o monte polo leste ata o sur.
No mes de xullo do ano 1986 presentámoslle ao Congreso Internacional de Glytografía unha comunicación en que aparecían 51 marcas de canteiros que, despois de moito traballo, encontramos en pedras de casas, cubertos, fábrica de papel de Riobó, e incluso pedras de valos que pertenceran á edificación da torre da Barreira.
Incluímos uns debuxos e outros datos do devandito traballo.
"Marcas halladas y su situación: Hemos hallado cincuena y dos marcas de canteros que pertenecieron con toda seguridad de la Torre de Barreira, encontradas todas ellas en un radio no muy lejano a donde estuvo situada la misma. Ello no quiere decir que no procurásemos su búsqueda en lugares más lejanos por tener noticia que podrían tener materiales pétreos procedentes de la Torre; parte de la iglesia de Riobó y Loimil, Palacio de Oca, casas solariegas como en RibadullaArnois, iglesia de Codeso-Boquexón-A Coruña en la que nos consta se usaron materiales de la misma, capillas y muchas cosas antiguas.

Los canteros alcanzaron en Galicia una gran relevancia construyendo obras civiles, militares o religiosas muy destacadas; antes y después del medioevo aparecen en estas actividades de forma destacada los moriscos y se sospecha fundadamente que también los hebreos sobre todo en reconstrucción de caminos y calzadas romanas aunque en estos trabajos tomaban parte más como capataces que como peones. Hay evidentes muestras en el Monasterio de Moreruela (Zamora) donde se encuentra en varias ocasiones la estrella de David grabada en su estructura o una cruz con un circulito en uno de sus extremos que también se cree pertenecen a canteros judíos que firmaban sus piedras con esos signos obligados por los demás canteros, creyéndose que se trataba de conversos diferenciándose así de los cristianos viejos.
Como queda dicho en la introducción, este trabajo sirve para dejar constancia de esas marcas desperdigadas a las que buscamos con tesón y constituyen el único recuerdo material de una torre o fortaleza que en su día desempeñó un importantísimo papel en nuestra historia local y regional."
Sobre o tema ten publicado Manuel Mosquera Agrelo "Aproximación ó mundo das fortalezas na Galicia medieval. As Torres da Barreira en Riobó" (Misc. hca. e cult. n-2)
PAZOS: Casa da Mota ou dos Outeiros. Situada no lugar da Mota en Riobó. É un dos exemplos máis sobranceiros de pazos ou casas nobres, de planta de L composta por planta baixa e alta. Portalón de entrada con van alintelado rodeado de moldura plana acodada remata en espadana dun van. No piso e nos baixos ten ventás rectangulares, recercadas de molduras planas acodadas. No interior do patio unhas fermosas escaleiras que levan a unha solaina reformada. Unha capeliña entrando o portalón á esquerda, que forma corpo coa vivenda e diante xa fora un xardín con fonte e escudo e un moi grande e fermoso hórreo de 10 claros de presenza impresionante. Escudo: está a pedra armeira sobre da fonte coas armas dos Guntín e dos Taboada que fai supoñer a súa relación coas liñaxes de terras do Deza. Está moi ben conservado sendo propiedade da familia dos Otero desde xeracións.
O Pazo da Mota ten unha grande adega, totalmente empedrada que os veciños consideran que foi cárcere. Na actualidade épropiedade da familia De la Calle Otero, e constitúe un atractivo turístico relevante. Nel rodaronse películas coma "El Camino de Santiago" con actores da talla de Charlon Heston, Imanol Arias, etc.
Outra importante casa nobre é a de Ferreirós ou de Oca, xa que os seus señores levaban os apelidos Oca-Ferreirós (Francisco e Benito Oca, xefe político da provincia e o primeiro foi escribán; segundo a súa criada Jesusa Souto era un personaxe peculiar, cando tronaba metíase dentro dunha tinalla virada por medo á tronada. Como anécdota o coro de Figueiras cantáballe aquel verso popular: "Alegría no inferno / Que morreu o escribán / a pluma e mailo tinteiro / quedan na mesa bailando".
FESTAS PARROQUIAIS: San Martiño é o patrón desta parroquia e a súa festa celébrase o día 11 de novembro de cada ano.
Anualmente celébranse tamén como festas fixas a do Santo Cristo o día da Ascensión, ademais da do Rosario e a do Carme.
A festa do San Blas ou Brais celébranse o día 3 de febreiro, e coma de costume, trátase dun santo avogoso dos que padecen da gorxa.
Teñen dúas imaxes de San Brais grande e o pequeno, e tiñan por costume levar ao San Braiss pequeno á ponte de San Brais e téndoa alí polo día mentres a xente collía auga para gardar polo ano adiante, sendo milagreira a auga do santo.Tamén hai dous San Martiños; San Martiño Bispo e o Soldado.
INDUSTRIA: a fábrica de papel de Riobó. Dinos Ofelia Rey Castelao que Lucas Labrada na súa "Descrición económica del Reino de Galicia" fala da existencia nos termos da parroquia de S. Xulián de Arnois dun muíño de papel que pareceu ser creado uns anos antes "y que era uno de los de que Galicia disponía a finales del siglo XVIII" ...fálase del no dicionario Madoz onde indica que pertence á parroquia de Arnois cando en realidade se encontra situada en terreo da parroquia de Riobó. O erro pode deberse a que o seu fundador era de alí, de Arnois, Casa da Silva, preto do lugar de Rivadulla, da parroquia de Arnois... mais sigamos oíndo á autora que ten toda a razón cando di tal como lembramos moitos que deixou de facer papel hai uns anos e danos a saber que por casualidade encontrou "el poder a través del cual D. Andrés de Silva vecino de Santiago en 1729 y según el Catastro de Ensenada, vecino de Arnois en 1 752 iniciaba las gestiones para crear esta fábrica de papel. En Santiago en septiembre de 1729 D. Andrés de Silva otorga su poder al Dr. Don Pedro Martinez Feijoo. Procurador de la Real Audiencia de Canarias y a D. Francisco Javier Ruíz de Mazmuela, vecino de Madrid para que presenten ante la Real Junta de Comercio y demás organismos competentes su solicitud de crear una fábrica de papel y al mismo tiempo demandar los privilegios que la Corona otorgaba a los intentos industrializadores... la facultad de su beneficio así en la fábrica como fuera de ella por criados o factores libremente sin derecho alguno por la primera venta y para la compra y conducción del papel..." "Es decir la esencia fiscal sobre aquellos que trabajan en la fábrica y sobre la comercialización tanto de la materia prima como del producto elaborado... D. Andrés de Silva va a actuar en solitario ya que el capital básico le pertenece por entero. Cuenta con las primeras bases de la empresa; un caudal de agua abundante, el río de la Barreira de pendiente acusad y corriente rápida que atraviesa sus propias tierras y la opinión de expertos por el reclamados " algunas personas practicas y fabricantes" (un deles -e moi destacadofoi José Pazos Somoza que fabricaba papel no lugar de Outeiro de Loimil, no mesmo río e de forma caseira) ...un mercado favorable ya que en Galicia contaba con solo una fábrica y esta no era capaz de surtirla en todo lo necesario. "... D. Andrés de Silva se ha establecido la meta de producir entre 30 y 40 resmas diarias a lo que se obliga cuando menos durante un espacio de 40 años comprometiéndose a dar empleo a unas veinte personas; diez de las resmas serán siempre de calidad superior o " florete" y el resto de papel común".
Rey Castelao Ofelia " Aproximación a la Historia Rural de la Comarca de la Ulla (Siglos XVII y XVIII) Universidad de Santiago, 1981.
Fábrica de Papel no Catrasto de Ensenada: Interrogatorio da Xurisdicción de Tabeirós encontramos:
"Fábrica de papel, una sita en el río que llaman de Besteiros de dos ruedas, es de un Andrés Antonio de Silva vecino de la Villa de Cangas en el Obispado de Tuy. La tiene por arriendo Thomas Ruxido que asiste en ella y paga de arrendamiento mil y quatro cientos reales vellón y dos resmas de papel florete al año y la consideramos le quedará e esta utilidad a año mil y quinientos reales de vellón".
Esta fábrica deixou de facer papel (xeralmente papel de estraza ou máis ben para envolver chocolate) hai uns anos. Desde a casa da Trapeira en Ribadulla levaban o trapo pola ponte de Mario (de madeira) para moelo na fábrica.
Actualmente están en funcionamento unha fáhrica de mobles, unha piscifactoría, un taller mecánico, tres talleres de torneiría,una fábrica de gaitas, unha empresa de transportes,e unha empresa de construcións.
COMERCIO: atopamos nesta parroquia de Riobó un barrestaurante.
CENTROS CULTURAIS: á casa da escola no Mota, en bo estado, botóuselle o piso recentemente.
MUÍÑOS: tamén case que desapareceron os muíños, que, aínda que non se esmoreasen xa deixaron de moer case que todos e eran o muro do Río (lugar do Río, o muíño da Barreira, o de Cabaleiro ó lado de baixo da ponte de Riobó que aínda moe, o de Badoucos, o da Triqueriza, o da Pena e o muíño de Gontén.
Os muíños de Outeiro: tres muíños en Portecelo, pertencentes ao pazo da Mota.
O muiño de Manuel Pazos Oubel no río de Portecelo.
Interesante é o estudo de Juan Femández Casal "Breve aproximación ós muíños da parroquia de Riobó" (Misc. hca. e cult. nQ5).
ENSINO: tivo esta parroquia una escola parvulario ou de preescolar e os demais alumnos asisten ó Colexio Público de EXB situado en Oca que abrangue toda esta bisbarra, usando o correspondente transporte escolar, e algúns ó Foxo.
DEPORTES: o río Bo e o Mao teñen pesca e a caza hai pouca nesta parroquia correspondendo ós coellos nalgún monte e algunhas perdices. Hai un campo de futbol ou campo da festa.
A CONSTRUCIÓN DE GAITAS EN RIOBÓ: a "saga" da familia García: entre os moitos oficios desenvolvidos en Galicia no que presenta unha gran variedade e matices tamén moi interesantes, todos levan aparellados unhas esixencias de dedicación e perfección permanentes.
Moitos vense desbordados ou desprazados polo desfase ante o adianto seguido da sociedade presente, onde algúns seguen firmes e tradicionais, isto é o que sucede en Riobó coa construción de gaitas, o tan antigo instrumento musical segue un ritmo uniforme sen pasar por grandes altibaixos, máis nunca esquecida xa que esta arte vai unida á máis nobre esencia das nosas raíces célticas e galaicas.
De calquera maneira a gaita é o símbolo material permanente que se achega máis ao fondo dos nosos íntimos sentimentos.... onde queira que nos encontremos e ¿canto máis? a miles de légoas co mar por fronteira.
A construción deste primorosos instrumentos require unha especial sensibilidade e son poucos os talleres que se dedican ao oficio, é en calquera caso un verdadeiro traballo de artesanía pura á que se dedican un pequeno fato de familias galegas a pesar de ser tan popular. É recoñecida a fama das gaitas feitas a man, coidando os artífices cada detalle ano tras ano, co degoiro de espallar unha das máis belidas das artes.
Non pode saberse a ciencia certa cal foi o comezo desta actividade na parroquia de Riobó, ou máis concretamente na familia García; mais ata onde coñecen datos sábese que joaquín García Rei que naceu en Riobó probablemente no ano 1 790 xa as construíu.
Pénsase tamén que os seus comezos artesanais foron facendo peites en campaña do seu veciño Gómez pasando despois a facer requintos e frautas, mais é seguro que ademais fixo gaitas, ben boas por certo, como lle da creto un magnífico diploma que di así:
"Exposicións de los productos Agrícolas de la Península, islas adyacentes y posiciones ultramarinas"
Celebrada en Madrid en 1857
"A D. Antonio García por la construcción de instrumentos que ha presentado en nombre del Ayuntamiento de la Estrada" en tiempos de Isabel II"
Asina o ministro de Fomento o 24 de xuño de 1909.
Este fixo gaitas, requintos e frautas, traballou no oficio dende os 16 anos ata os 78, en que morreu (ano 1934) ....con iso truncouse a liña directa masculina, pois de 4 fillos que tivo só era un varón e morreu do neno.
Aquí empeza a saga dos garcía de Riobó... a construción de gaitas no seu taller familiar de Riobó sin interupción ata os nosos tempos.
Séguelle no taller o seu fillo Xaquín García García do que tamén se conserva un diploma que non é doado ler, ainda que sí se ve que di "exposición Regional Gallega 1909. El jurado concede Medalla de Oro a D. Joaquín García de Riobó por una gaita gallega.
Santiago de Compostela noviembre de 1909".
...Mais seguiu o oficio sen interrupción posto de Xaquín, o seu neto (fillo da súa filla Xesusa), tivo a Xesús, de apelido Espiño en García que por moitos anos fabricou gaitas no mesmo taller e coas mesmas ferramentas os que seus antigos cunha perfección da que podemos dar testemuña e do que coñecemos ademais a súa seriedade e ben manifesta.
Como anécdota diremos que non coñecía música e axudábase dun diapasón para afinar os instrumentos que saían das súas mans co mellor dos sons. O seu traballo era tan perfecto e solicitado que non daba abasto ós pedidos.
A morte de Xaquín (tan lembrado) segue a súa estirpe fabricando gaitas que fan a ledicia e lles arrincan sentimentos e emocións aos galegos de aquí e de alá ...agora é o seu fillo, tamén chamado, Xaquín (Espiño Martínez) que de moi novo colleu o relevo do seu pai, dedicándolle todos os seus fans para soster o prestixio a Riobó por coidar con tanto agarimo a construción da sempre lembranda gaita galega... debémoslles a eles que o singular e melodioso destas gaitas faga espertar os máis nobres sentimentos ancestrais da raza.
Este taller vén sendo o mesmo desde hai uns 200 anos, aínda que pasou por suposto do torno de varas é de pedal e na actualidade ao eléctrico, da aquí saíron gaitas para o estranxeiro, principalmente Arxentina, Cuba, Venezuela, Inglaterra, Francia e coidan algúns que puidera atoparse algunha incluso en Rusia, Xapón ou Australia.
Os seus donos pertencen a todas as clases sociais, desde o profesional ao afeccionado, ricos ou pobres, deste taller saíron gaitas para duques e marqueses e moi altas personalidades políticas.
Conservan cuños cos que " firmaban os seus traballos de gran valor. O de Xaquín García García e o de Antonio García Oca...e o actual que segue a firma de "Joaquín García García".
Ten escrito Valentín García "De gaiteiros, gaitas e fábrica en Riobó" (Tab. Terra nQ II).
Non poden esquecer entre os INDUSTRIAIS os torneiros de Riobó, aínda que sexan unha derivación do miolo desta industria que son os de Berres.
Nesta parroquia teñen FÁBRICAS de obxectos típicos feitos en Berres os seguintes talleres: O Casal, o de Carro, o S.A. Feiba, o de Martín e o de Pazos.
Nos campos, SANITARIO, ECONÓMICO, etc.... a parroquia ten un bo nivel, con amplas melloras na vivendas,auga, luz,eléctrica,aparatos electrodomésticos. No que atinxe á medicina, un médico da Seguridade Social en Oca resolve os problemas de primeira intención, ademais dun ambulatorio na Estrada e os servizos hospitalarios en Pontevedra ou Santiago.
PERSONAXES FOLCLÓRICOS: o crego Jesús Manuel Pazos Viz, máis coñecido como Batallán, era coñecido polas súas bebedelas e un día de tantos foi acompañado por Antonio Bahamonde e Xaquín Espiño, fabricante de gaitas, até a Ponte das Rabudas; co medo de que caese no río ofrecéronse a pasalo, tendo que desistir ante a negativa do crego. Quedaron pendentes do paso do río deste cura un tanto ebrio, e vixiáronlle a manobra. O crego en vez de pasar por riba da Ponte, que non tiña varandas, meteuse ao río e apoiouse na ponte que lle fixo de varanda, chegándolle a auga á barriga pero el non caeu no río.
José Baltar, ou Baltariño, o único compoñente do grupo dos Cristovos que non era de Arnois, o señor Baltar era de Riobó e foi músico completo. Tocou gaita e requinta cos Cristovos, e en solitario, así como curioso cultivador da música sacra, pois tocaba en enterros, funerais e cabodanos un harmonio que carrexaba ao lombo por corredoiras e carreiros. En certas épocas foi acompañado no canto por outro bombeiro eminente, Pablo Paíno, de Oca vaia tamén esta mención para os dous, aos que tivemos a inmensa sorte de coñecer e escoitar.
PERSOAS SOBRANCEIRAS: persoeiros históricos que tiveron unha grandísima influencia nesta parroquia e as veciñas foron Os Outeiro, por tradición donos do pazo da Mota, do que xa faladomos. Dirixiron a fábrica de papel de Riobó fundada por Silva de Ribadulla de Arnois (tamén casa moi importante), a fábrica de aserrar madeira de Balboa, foi incendiada no ano 1936 6 mesmo tempo que tiñan unha grande autoridade e poder, así como algún deles ocupou importantes postos políticos a nivel local e da mesma presidencia da Deputación de Pontevedra.
A casa señorial dos Outeiros ou da Mota lémbranos a Ramón Otero que foi varias veces alcalde do noso concello e o seu fillo Gumersindo foi tamén alcalde, presidente da Deputación, e gobernador civil de Ourense. Mais tarde Gonzalo Otero que foi deputado provincial e seu irmán Martín concelleiro tamén deste concello.
José Figueiras Baltar: José Figueiras Baltar naceu nesta parroquia de San Martiño de Riobó o día 25 de novembro de 1903 chegando a ser un home sobranceiro na súa bisbarra.
Foi sarxento no Rexemento de Radiotelegrafía y Automobilismo en Madrid; xa co título de suboficial-radiotelegrafísta exerceu tamén como mestre de equitación no hipódromo de la Zarzuela. Ten ademais o título de mecánico naval da mariña mercante.
Mais Figueiras Baltar é moito máis, empezou a estudar música aos 13 anos, sendo os seus mestres Manuel e Xosé Liste, directores de bandas musicais e naturais de Orazo, e tocaba frauta, frautín e trompeta, afección que tivo que deixar para pasar á milicia e mais ás súas andanzas nos traballos que exerceu segundo os oficios que dixemos.
En canto volveu a Galicia meteuse con moita forza pola arte musical adiante e chegou a ser director dun so ado coro chamado "Airiños da Ulla". Na súa parroquia formábanse parrandas no Entroido ou no Nadal para ir gañar o aguinaldo, Figueiras argallaba ou sobresaía entre os demais compoñentes e a alguén ocorréuselle propoñer por qué non formamos un coro? Así xurdiu un importantísimo coro naqueles anos.
Vexamos máis polo miúdo como aconteceron as cousas: conquiría a idea de formar un coro galego en Riobó, foi vencendo Figueiras moitísimas atrancos ata chegar á realidade da idea en decembro do ano 1933, cando conseguiron un local que lles cederon de balde, empezando 8 homes e 4 mulleres para ensaiar unha misa a dúas voces, ós poucos días pasaron a ser 17 empezando entón o ensaio dun "alalá" de volverse e outras pezas de música galega. E chegou o día grande, que foi o 10 de maio, festa do Santísimo Cristo de Riobó, cando cantaron en público por primeira vez a misa de "Cosme y de Benito" e pola tarde actuaron no campo da romaría co seguinte programa.
"Alalá" de Valverde", "Mais o que ben quixo un día", "Mozos e Mozas" "Canto d'arada" e Himno Galego.
Despois actuaron na Estrada nunha moi importante festa no pazo da Mota dos Outeiros e no pazo de Oca para os visitantes congresistas do Congreso Internacional de Ciencias; e en Ponte Ulla, Lalín e tantos outros pobos. Axudáronlles economicamente os xa nomeados Srs. de Outeiro, os duques de Terranova, os marqueses de Camarasa e outros. Por Constantino Neira fixeron contacto co gran compositor galego Xosé Torres; creo que lles axudou canto puido. Xa entón contaban con 26 voces.
Foi un grande éxito a súa presentación no Salón Novedade da Estrada, alí foille entregada a bandeira ó coro (a mesma que hoxe cederon e se conserva no museo da Estrada), de todo iso deu contra o xornal local "La Palanca" e Figueiras agradeceuno con fermosas verbas: "Somos como vedes unha xuventude aldeán... Non se me agacha que para prenda a chama do entusiasmo nesta bisbarra dos nosos sonos, como en toda a nosa dourada Galicia...por todo o enxebre había que chegar a chamada dos que coma nos recollendo o eco doa que souberon contar e sentir os primores de terra meiga dispuxéronse a sementalo por todos lados... con pena fonda estabamos vendo como a muiñeira morría nas nosas ruadas, como o aturuxo afogaba nas gorxas dos nosos mozos... o traxe galego só servía para facer unha máscara no tempo do Entroido..." Para todos noso agradecemento perenne e sentido... E para ti, miña patria, nos beizos un cantar, nos peitos a ledicia, da nosa mocidade"
Aínda e con todo Figueiras é un home cheo de humanidade, de sinxeleza, de grandeza de alma e do máis afervoado amor pola terra nai, procédese unha fonda orgulleza lembrar as interpretacións por
el dirixidas "A oración de media noite" "O cantar de Saramago" e "Queridiña dóenche os ollos". Gran amigo de García Barros (Ken Keirades) que lle compañía letras para ás súas cancións.
O 25 de Abril de 1987 tivemos a honra de ofrecerlle unha merecidísima homenaxe a este petrucio que tanto o merecía pola súa obra a prol de folclore galego, cóubonos a sorte de ter a iniciativa e o honor de presidilo. Sobre deste home que escribiu a "Aiñoranza pola velliña pá do meu forno" ou a "Romaxe da Virxe de Gundián"... e tantos outros con verbas enxebres e doces... do que dixemos alí que foi, e segue sendo, un home fondamente namorado da súa terra, dos seus camiños, dos seus ríos e camposas, das súas incomparables carballeiras, das floriñas campesías, de toda a natureza e dos irmáns que o admiran e o entenden. Canta sensibilidade cando escribe. ¡canta lenda en ti se encerra!, "Soidades" ou ¡home está só! Cargado de anos e de soidades"
Mais fundado o Coro Airiños da Ulla realizou verdadeiramente a súa grande ilusión e con iso levou ós máis altos cumes o nome desta fermosísima terra da Ulla. Unha boa entrevista a este persoeiro, realizouna X. Carlos Garrido. "Folclorista e conversador Xosé Figueiras Baltar" (Contrarretranca nº 9).
Os Airiños da Ulla corpo instrumental
Máis tempo existiu o corpo instrumental da máis veterana agrupación folclórica que existiu no val, e que fachendosamente seguiu levando o nome da comarca por toda Galicia.
Así foi, se algunha manifestación houbo nas nosas terras que levase o nome e a cultura deste val ao redor do río que naceu da unión de xentes de Berres, Orazo e Riobó e que se formaba de dúas gaitas, dúas requintas, tamboril e bombo.
Deste equipo de cinco ou seis compoñentes que levaban música sabida de rutina para tocar polo menos dous días seguidos, formaron parte Juan Iglesias Calveiro (bombo), Pepe de Orosa (gaita), Eugenio Fortes (caixa), Baltar (requinta), Luís de Henrique (gaita) e Pepe da Estrada (gaita).
Foron tempos de percorrer toda a franxa oeste de Galicia, de Vigo a Compostela; da Pascua a Padrón a Camanzo ou do Santiaguiño de Tomonde a Ribeira, as súas gaitas fabricadas por García de Riobó levaron durante case medio século as nosas alboradas, xotas, rumbas e muiñeiras por toda a xeografía galega.
Nos ensaios Pepe da Estrada quitaba as pezas por complicadas que fosen, e de contado era seguido polo resto do grupo. Pepe, que tamén era transportista de Bastida, traía moitas contratas con el de andar polo mundo adiante, e así chegando o día, co traxe tradicional por abrigo e os instrumentos por ferramenta, chamaban a andar monte arriba ou val abaixo para dicirlle cos sons á xente daquelas terras que chegara o día da festa.
Os gaiteiros, que tocaban todo o díapor 75 ou 100 ptas., quitaban máis soldo que calquera obreiro daquel tempo e acompañaban na festa de mellor gana a unha banda que a unha orquestra, pois non tiñan por norma nin por gusto tocar arriba das dúas da mañá, costume pouco seguido no futuro polas festas de hoxe.
Hoxe é testemuña desta formación Juan Iglesias Calveiro que xunto con Pepe da Estrada andan ao redor dos 80 anos, e seguen estrañando as romarías dos Airiños da Ulla e os seus ilusionados ollos ilumínanse un pouco máis cando lles mostran aos visitantes os meirandes tesouros das súas vidas, o seu bombo de parches de pel, o gorro de poñer á cabeza ou o chaleco dos Airiños da Ulla.
Para Juan Iglesias Calveiro, fiel testemuña do que foi aquel grupo e aquel tempo, de voz clara de cantar cantigas, acompañado por gaitas e requintas, recorda os reices que comenzaban en Vista Alegre ás tres da tarde, baixaban a Riomao e remataban ao outro día en Castrotión.
Recorda tamén eses tempos de xuventude e de "andar de rumba"ao redor dunha gaita, unha xerra de viño e das mozas que alí paseaban e admiraban a este garrido bombeiro e ao lanzal gaiteiro, tan elegantemente vestidos, que aínda por riba sabían cantar no máis meloso verbo da nosa terra.
Foron de sona tamén as actuacións nas festas das flores ou na Pascua de Padrón... por ter levado a nosa idea de Galicia na cabeza e a nosa música da Ulla no corazón, foron homenaxeados no IV memorial Manuel Texo que anualmente organiza a Asociación Cultural Ullán en colaboración coa Asociación Folclórica de Santa Cruz de Ribadulla. Publicou Valentín García "Homenaxe ós Airiños da Ulla" (Tab. Terra n-Xl).
José Quinteiro: outro persoeiro digno de terse en conta foi Xosé Quinteiro, a quen todos coñecían por este só apelido era Albeite, e non era un albeite calquera, tiña moita sona na comarca e nas anécdotas que se contan del son moitas e a cada cal máis enxeñoso, foi un home neste senso moi célebre dentro da comarca.
Temos que empezar dicíndolles que tiña un pecadiño ...gustáballe moito o viño, e mais a augardente ...el era ademais capador e para poñerse "a tono" primeiro botáballe o seu grolo de augardente, e remataba con outro máis grande para celebrar o éxito da operación. Para curarlles a ferida ós porcos e porcas que capaba usaba só vinagre e barro. Unha muller nunha aldea alí preto decidiu chamar a Quinteiro xa que os porcos lles adelgazaban que parecían esqueletos, ...a dona da casa xa o dicía "nin que tivera o demo, berran de cote no cortello, ábreselle e saen correndo cara á pía e ó chegaren alí dan volta e non comen... e así unha e outra vez.
Chegando Quinteiro pasou á cociña e a muller explicoulle coidando que eran cousas dunha veciña... ó que lle respostou a albeite que querían ver cómo facían. Pasaron ó curral e Quinteiro observou como lle abriron ós porcos que berraban e saían escentellados cara á pía..mirouna ben e ditou a súa sentenza:
"Non che é cousa do demo o que pasa, é que os porcos ó chegar á pía e ver o seu retrato na auga asústanse. " A muller entendeu e aumentoulle moito á fariña para que os porcos non se puidese ver no espello da auga da maseira.
Polo estilo foi o seguinte: chamaron a Quinteiro para que lle vise unha vaca que lle inchara moito a xugueira..despois de mirala preguntoulle ó dono "e logo que lle dás para botarlle na xugueira" ...pois unha cousa namais ...tes que queimar o xugo, aproveitar ben a borralla e untarlle á xugueira de cando en cando con ela.
Cada veciño sabe un conto (histórico) do Quinteiro... a vaca de Gonzalo Otero, dando o seu diagnóstico o doutor Saturno de La Calle, que a quería operar. Atragantóuselle unha mazá na gorxa, xa coidaban que a tiñan que vender "á libra" 'cando chamaron ó veterinario e díxolles que tiña que operala.. foron por Quinteiro, veuna, deitou a vaca, pediu dous macicos, un púxollo debaixo da gorxa onde tiña a mazá e co outro petoulle, fortemente esmagándolla.
Quinteiro atopou na romaría de Gundián co seu amigo e veciño Gañete... alá enredaron e volveron xa ben de noite para a casa e por suposto, coma daquela,andando.
Primeiro atopábase a casa de Quinteiro e empeñouse en acompañar a Gáñete ata a súa casa... Gáñete por non ser menos non entrou... acompañou a Quinteiro á súa, asf pasaron a noite mentres non lle baixaron os vapores do viño.
Cando o chamaron para que vise unha cabra que non andaba... segundo a súa dona porque debía ter reuma... Quinteiro foi por un toxo, meteullo debaixo do rabo e pasoulle o reuma á cabra.
Así era Quinteiro o Albeite, que cobraba por arrendo cada ano unha cesta de millo ou unha ola de viño.
José Quinteiro Martínez, nacido en Riobó, é vicepresidente da Lrmandade Gallega de Venezuela e empresario de recoñecido prestixio en Caracas.
Gonzalo Figueiras Rey, empresario, foi presidente da Asociación de Mobleiros e Comeráantes do Moble da Estrada e na actualidade exerce os cargos de concelleiro no concello da Estrada, presidente da Asiciación Comarcal de Empresarios (ACE), vicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía e administrador da Fundación Ducal de Medinacelli,
TOPONIMIA MENOR DA PARROQUIA: entre os seus topónimos chámanos a atención un, o que lle din A Bastida, río Boo por medio coa que foi torre de Barreira, o que nos fai lembrar a máquina de guerra ou de cerco que puido terse situado alí para bater a célebre torre.
A pena do Rei da que xa falamos cando nos referimos á pedra... nomes tan suxestivos coma Liñaredo. O forno telleiro que nos indican onde houbo un forno para facer tella, moi preto da ponte Riobó, ou o pontillón das Rabudas ou Pardiñeiros (cápsulas medio desfeitas). E como non a carballeira do Rei.
PLANTÍOS REAIS: no Arquivo Histórico Provincial non teñen os tomos do Catastro del Marqués de la Ensenada que corresponden á parroquia de Riobó polo que ignoramos as dimensións da devesa do Rei e se tiña tamén viveiro de SM.
Sabemos que tiña Devesa xa que un pouco arriba do lugar de Tramallancos se atopa a chamada devesa do Rei, na que aínda hai dous marcos con R, está no lugar de Castiñeira; os marcos atópanse ó norte onde hai unha fonte de terreo máis baixo e de boa calidade e sen dúbida o Viveiro á Carballeira e leva o nome de Cercadiño.
TELEFONÍA: maioría con cable e dous sen cable.

Riobó*
Pedro Varela
Parroquia de 94 cabezas de familia e 453 habitantes, situada a uns dez quilómetros da Estrada, na zona do Ulla.
Deu nome a esta freguesía o río que a cruza, coñecido de moi antigo por Riobó, “río bo”.
Lugares: Os Besteiros, As Cancelas, O Río, Barcia, A Mota, San Martiño, Tamallancos, Portecelo, A Pena, Casaldorido e Casa do Monte.
En canto ao nome do lugar de Besteiros, atémonos ao dito do que leva o mesmo nome na parroquia de Orazo. Cancelas e “pechadura de leiras” son a mesma cousa. A proximidade ao río deu nome ao lugar que se chama Río. Barcia quere dicir “maleza ou breixeira situada nunha lomba” e a esa situación responde o lugar en cuestión. Mota significa “terreo alto” e, certamente, nunha altura está o casarío que así se denomina. Tamallancos quere dicir “anacos de terreo separados por cortes ou quebraduras naturais”. Portecelo deriva de portelo: “porta ou abertura de entrada a leiras rústicas”. Casaldoridopode derivar de Casaldorado e debe a súa denominación, segundo parece, a que dada a súa especial exposición e a condición das edificacións, por un fenómeno especial da luz solar, vese desde algúns puntos o que semella unha cor dourada.
Lindeiros: norte, Arnois e Oca; sur, Ancorados e Remesar; leste, Remesar e Oca; e oeste, Berres.
Vías de comunicación: a estrada de Callobre a Ponte Ledesma e camiños rurais. Na estrada está a ponte de Riobó e tamén hai varios pontillóns: Barcia, Portecelo, Lamas (entre a Pena e Remesar) e Pardiñeira (entre San Martiño e Pena).
O Concello, en sesión de 5 de agosto de 1859, acordou a execución das obras do pontón de Riobó.
Bañan o territorio desta parroquia o río xa mencionado, bo pola utilidade que reporta á agricultura e á industria, que xorde na Cruxeira de Remesar e desemboca no Ulla. Tamén o regato da Galiñeira, que vén de Ancorados e desemboca no Riobó, no lugar da Mota, e o de Trigueira.
O ensino primario consiste nunha escola nacional atendida por unha mestra. Os labradores teñen un sindicato agrícola con seguro de gandos.
No eclesiástico: Riobó é anexo de Remesar e ten por patrón San Martiño. O curato é presentación do marqués de Camarasa; antes presentaban alternativamente o marqués e os veciños do lugar de Barcia, despois do mosteiro de Sar. A construción da igrexa corresponde ao século XIII.
Festas anuais: San Martiño, o 11 de novembro; ao seguinte día, as do Rosario; ao outro, o Carme; San Brais, o 3 de febreiro.
Outras particularidades: en termos desta parroquia, nun lugar á beira do río, levantábase a famosa Torre da Barreira, da que se falou noutro lugar. Do edificio só quedan algúns cimentos; a pedra dos muros foi empregada na igrexa de Codeso.
Na Mota, nun dos puntos máis pintorescos do país, radica a casa señorial dos Otero. Aínda lembramos a D. Ramón Otero, persoa destacada, que desempeñou varias veces o cargo de alcalde do noso concello; e ao seu fillo D. Gumersindo, que tamén foi alcalde, deputado provincial e gobernador de Ourense. A viúva Dª Dolores García representa hoxe a casa, xunto cos seus fillos D. Gonzalo Otero, ex-deputado provincial, e D. Martín Otero, concelleiro. Ten esa familia unha capela na quinta.
Da Mota foron tamén D. Francisco e D. Benito Oca, escribán o primeiro e xefe político do distrito o segundo.
Rexen os Otero unha fábrica de papel procedente de D. Bonifacio Silva, que xa funcionaba en 1843 e posúen outra fábrica de serrar, moldear e tornear. Antigamente houbo nese sitio fábrica de curtidos.
De Riobó, do lugar dos Besteiros, eran fillos aqueles notábeis artistas que fixeron os retablos da capela das Ánimas de Santiago. Non lles desmereceu D. Antonio García, gañador de varios premios en exposicións de Madrid, Santiago e outros puntos, onde presentou máquinas agrícolas da súa invención, así como instrumentos musicais. Distínguese tamén o seu fillo D. Joaquín como grande artista, diplomado na exposición de Santiago o ano 1909, pola construción dunha preciosa gaita con combinacións de metal branco e marfil.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017