Os 6 da Ponte do regueiro
XOÁN CARLOS GARRIDO
A represión informal é difícil de cuantificar por definición. Xa non digamos a identificación e a historia particular das vítimas, senón simplemente o número. Sobre o suceso da Ponte do Regueiro, tense dúbida da cantidade exacta de persoas que foron executadas. Imos comezar por recuperar o texto de Mario Blanco ao respecto: “Así seis hombres que aparecieron muertos unos metros más allá del Puente do Regueiro, yendo hacia Pontevedra, a la salida de nuestra población a unos 20 metros de la única casa allí existente, un poco retirada de la carretera, lo que hace suponer que los asesinos venían hacia La Estrada y no vieron la existencia de una casa tan cercana por ocultársela el mandarrón sobre el que dejaron a sus víctimas”. Outras informacións bastante fiables – duns irmáns do único que demos identificado - falan de 8 cadáveres.
En cambio, a hora de conversar con persoas – daquela nenos – que presenciaron o enterramento nunha fosa común destes inmolados no cemiterio de Figueroa, afirman que as caixas eran 5. Caixas de táboas, feitas na carpintería de Benito García Puente. Caixas pagadas do peto do crego, Don Nicolás Mato, que se empeñou en que se enterrase en sagrado a esas persoas – eran “almas de Dios” e non animais – e a pesar da oposición da Garda Civil e dos falanxistas, este crego buscou quen o acompañara para celebrarlle un enterro cristián, a pesares de que os que os asasinaran o fixeran no nome de dito cristo. Mais o que non puido evitar é que fixeran desaparecer calquera rastro da súa identidade, impedindo colocar calquera tipo de lápida que dera conta de quen estaba alí soterrado.
Outro relato que circula de boca en boca é o da viúva dunha destas vítimas que se di que recuperou o corpo. Viúva que algúns apuntan que posiblemente sexa de Callobre. Tamén senos conta que unha muller da Estrada ofreceu o seu panteón para enterrar un dos falecidos que coñecía. Máis dísenos que se negaron a deixar facelo.
Este caso é un exemplo das dificultades para pescudar a verdade no caso dos executados deste xeito polo que só podemos aceptar as especulacións dentro dunha lóxica plausible.
Por exemplo, neste caso, se fora certo o relato da muller que recupera o corpo do seu home, entón darían as contas, e efectivamente serían 6 mortos e 5 as caixas. Sendo pois tamén 5 os que foron enterrados nun dos corredores do cemiterio de Figueroa.
Agora ben, o lugar onde se levou a cabo o crime é bastante habitual. De feito os fusilamentos soen realizarse a altura o quilómetro 1 na saída das cidades. En Pontevedra podemos acreditalo nas actas de execución de sentenza e vemos como polas distintas vías de saída da capital, a 1 quilómetro de distancia, se sinala o lugar do patíbulo. Mais entón quedaría constancia documental, certificado de defunción e notificación de execución de sentenza, polo que posiblemente non se tratase dun fusilamento senón da aplicación da lei de fugas ou simplemente dun “paseo”, aínda que é estraño que este tipo de actuacións se practique de xeito tan masivo pola dificultade de facer branco a varios fuxitivos ao mesmo tempo.
Tendo en conta estas consideracións, imos dar por certa entón a versión que apunta a que os mortos non eran da Estrada, senón de fóra, posiblemente de Pontevedra, que un “escuadrón da morte” – por chamarlle dalgún xeito – quizais o capitaneado por Victor Lis Quivén, levaron a darlle “o paseo” e a torturalos lonxe de onde vivían. Parece ser que pasaron por Lalín, e logo xa no “cuartelillo” da Estrada, unha vez que xa estaban desfeitos polas malleiras que recibiran, foron sacados de noite e rematados na Ponte do Regueiro. Se efectivamente estaban case desmaiados polos golpes, tal como senos di, non tiveron dificultade en executalos a pesar do seu número, que a maioría das testemuñas sinalan que foron 8, aparecendo algúns dos corpos amontoados e outros dispersos nun camiño.
Un dos defuntos dise que é un mestre pontevedrés Manuel Guillán Abalo, casado cunha irmá da cuñada de Virxinia Pereiras (Muller de Castelao), isto é, cuñada do Comandante Angel Pereira Renda, militar implicado directamente no golpe de Estado, razón pola que se di que lle queimaba nas mans a pataca quente aos xefes do “cuartelillo” da Estrada e por iso se apresuraron a desfacerse deles antes de que se decatara o cuñado.
Dous irmáns seus estiveron cos estradenses na illa de San Simón. Temos noticias dun Manuel e Alfonso que eran militantes de Izquierda Republicana en Madrid o cal nos concorda coa testemuña que nos di que estaban de vacacións en Pontevedra. E mesmo aparece un Manuel Guillán Abalo no campo de refuxiados de Argelés, no sur de Francia, posiblemente o que descansa baixo terra estradense é Alfonso.
Cóntase que os Guillán Abalo chegaron a ser 25, dos cales 17 se sentaban a mesa, e todos eles chegaron a ter o bacharelato, por empeño do pai, secretario do xulgado de Pontevedra. Manuel, está aínda nun corredor do cemiterio sen lápida que os lembre pero na retina dalgún dos nenos que se achegaron á fosa común a contemplar a macabra escena, sen comprender nada daquela, pero sen esquecer aínda hoxe? Falouse moito de que os "olvidados" podían ser da Garda e de Tui, porque todos os anos, polo día de defuntos, viñan familiares desde estes lugares a pousar unhas flores sobre o chan no que atopan. Tamén estradenses anónimos substituían a estes familiares en loitar contra o esquecemento deixando flores neste corredor do cemiterio de paso que ían visitar aos seus.
Hoxe, grazas ao traballo de Manolo Igrexas, sabemos todos os datos e a historia de quen se atopa baixo terra en Figueroa: Severino García Teijeiro, José Domingo González Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Jesús Froiz Gómez.

Chamábanse Xesús Froiz, Severino García Teijeiro, Manuel Guillán Abalo, José Domingo González Boullosa e Ramón Muíños Lorenzo, e foron asasinados na Estrada
As asociacións e estudosos da memoria histórica dos respectivos concellos dos que eran as vítimas teñen feito un traballo de rescate destas persoas que mesmo se ten recollido nestas páxinas con motivo do seu 70 aniversario polo profesor Manuel Igrexas (Faro de Vigo, 8-10-2006). Mais compre lembrar que aínda que a súa relación coa Estrada resultou circunstancial, este feito foi fundamental na historia deste Concello.
Á altura do 9 de outubro de 1936 no que se produce o paseo de seis persoas ás portas da Estrada, o estado de ánimo na poboación apouvigada polo medo era de certa resignación pois non se vía ningunha posibilidade de amosar resistencia contra o que estaba a acontecer.
Moitas familias tiñan a alguén detido, no monte, ou mesmo falecido. Xa se producira algún paseo de Estradenses. Este é o caso de Ramiro Salgueiro Señarís, da Somoza, que segundo o certificado de defunción contaba con 46 anos, casado con Isolina Villamor Sangiao e tiña 5 fillos menores. Foi deixado o seu corpo en Montouto o 20 de agosto. Xunto con el dise que estaba un rapaz de 19 anos, Clementino Louzao, de Guimarei, do que nada se soubo, a igual que pasara con José Figueira Cabaleiro, natural de Ribeira, quen foran por el á casa o 24 de agosto (deixaba 4 fillos)
O cuartel da falanxe estaba especialmente activo coas malleiras e a miúdo estas causaban tamén a morte como foi o caso do mestre Bernardo Mato Castro (4 de setembro de 1936)
Xa comezaran os xuízo sumarísimos e producíronse as primeiras condenas a morte e execucións. A impotencia era xeneralizada se ben se deixou en evidencia certos cismas entre os falanxistas que nalgúns casos vían como contraproducente este tipo de accións que resultaban impopulares e xeraban terror, mais tamén rexeitamento social.
Con todo, a xefatura provincial aínda residía no concello estradense e aquí se daban cita algún dos elementos máis sanguinarios como o “cubano”, coñecido como Florentino, quen se gababa de ter eliminado “45 tíos”
Nese contexto se producen os feitos do 9 de outubro. Como queda debullado nos traballos de Manuel Igrexas a coincidencia destes 6 é circunstancial pois non só eran de diferentes ideoloxías ou zonas, senón que mesmo estaban implicados de xeito moi desigual. Quizais o que tiñan en común é que dificilmente poderían facer presentable nun Consello de Guerra a súa condena a morte, por moi esperpénticos que eran xa de por si ditos xuízos militares, pois carecían de calquera garantía.
O caso máis emblemático é o de Severino García Teijeiro quen foi xulgado en consello de Guerra 3 días antes pola posesión dunha arma que se demostraría no xuízo que era de caza e mesmo estaba inservíbel co cal sería absolto, e mesmo se decretaría a súa posta en liberdade o día 11 de outubro, isto é, dous días despois de ser executado na Estrada.
Por que na Estrada? Ademais de vivir aquí o Xefe Provincial, e sobre todo, a “garda pretoriana” deste, o único que parece que tiña certa relación con esta vila era o mestre Manuel Guillán Abalo, quen ademais de republicano, pola súa condición de Masón estaba dobremente en perigo pois os membros destas sociedades secretas nalgúns casos non se querían levar a uns tribunais nos que puideran dar nomes de correlixionarios que agora estaban a facer carreira política coas novas autoridades.
Guillán estaba casado con Josefa Agulló Barral, quen era irmá da muller do Comandante Angel Pereira Renda, figura clave nas telecomunicacións para que trunfara o golpe na provincia de Pontevedra. Testemuñas orais apuntan a que isto foi determinante para que decidiran desfacerse del e das testemuñas que o acompañaban pois era unha pataca quente que ninguén quería que quedase con vida para contar o calvario da noite do 8 de outubro no que foron sacados da cadea de Lalín e conducidos á Estrada. Mais estas especulacións non van poder ser contrastadas con documentación pois este tipo de represión extraxudicial basease fundamentalmente en borrar o rastro dos feitos.
E así estaba previsto, como noutros lugares acontecía, nalgúns casos nos que tamén temos que lamentar a presenza de estradenses dos que descoñecemos o seu paradoiro (por exemplo José Mª Agra Rey)
É nese contexto que se enmarca a actuación do Xuíz, Fermín Bouza Brey e o Crego, Nicolás Mato Varela. O primeiro de coñecidas simpatías co Partido Galeguista (no que militaba seu irmá e seu pai) e o segundo cunha fonda amizade cos dirixentes republicanos locais, sobre todo cos da Casa do Pobo, quen se posicionaran no seu favor nun conflito que mantiña con certa dirixente da dereita local.
A reacción popular catalizada a través da iniciativa do crego para soterrar aos paseados “como Dios manda” non se comprende en clave de fervor relixioso porque quen secunda masivamente a Nicolás Mato é o sector social estradense ameazado e perseguido pola nova situación, se ben compre aclarar que fundamentalmente o peso das protestas o levaron as mulleres, que pola súa condición eran mais toleradas pola ideoloxía machista dos alzados que non lles consideraba suxeitos políticos. En calquera caso a reivindicación de dar cristiá sepultura aos executados conectaba coa inmensa maioría da sociedade, mesmo cos grupos máis integristas que compartían unha cultura sobre a morte que non concibía outra alternativa. Por iso Nicolás Mato tivo éxito na súa estratexia que seguramente tiña como obxectivo denunciar o escándalo deste tipo de actuacións aínda que obviamente en ningún momento se explicitou dita denuncia. Mais o enterro – sufragado polo propio crego – foi motivo de manifestación simbólica do rexeitamento á represión, e mesmo o lugar onde foron soterrados foi un espazo no que moitas familias que perderon seres queridos puideron atopar consolo homenaxeando a estes descoñecidos diante do feito de que ignoraban o paradoiro dos seus parentes e amigos.
O xuíz de primeira instancia, Fermín Bouza Brey, a pesares de ser persuadido, inquiriu por escrito aos responsables da Garda Civil pedíndolle contas sobre este suceso. Daquela era moi difícil saber onde comeza a falanxe e onde remataba a Garda Civil, mesmo os seus locais estaban un fronte ao outro e a miúdo as actuacións eran conxuntas. Con todo ao abrirse unha investigación non poderían negarse a cando menos documentar os feitos grazas ao cal contamos con soporte escrito duns sucesos que normalmente quedaban sen acreditar. Certo que a Comandancia tiña na súa man dar as escusas pertinentes e loxicamente ía tirar da socorrida lei de fugas para xustificar o inxustificable, mais rexistrar os nomes dos caidos e identificar aos responsables (aínda que non se citen neste caso por razóns obvias aos membros da falanxe que interviñeron) ten, xa que logo, unha función persuasora.
Isto non quer dicir que se remataran os paseos e a maior parte das mortes -por xuízo sumarísimo- aínda estaban por chegar, pero si é posible estas actuacións de repulsa expliquen certa redución da represión informal. Aínda serían paseados nesta demarcación outros veciños da contorna. Este é o caso de Daniel Caamaño Eiras de Padrón (casado e con tres fillos) que apareceu cun tiro na caluga en San Xorxe de Vea o 23 de outubro, ou de Jaime Fernández Neira, de Santa Cruz de Ribadulla (casado con oito fillos) quen foi paseado en Castrovite (Orazo) o 29 de novembro. Mais estes casos xa son outra historia.

Quen leva flores a unha foxa común. O caso de Manuel Vázquez Cruz, Gaitas
Cando o 9 de outubro do 36 aparecen paseados na ponte do regueiro os corpos de Manuel Guillán Abalo, Ramón Muíños Lorenzo, Severino García Teijeiro, José Domínguez González Boullosa, Xesús Froiz Gómez e Juan Bacariza Sánchez, prodúcese un grande impacto na Estrada que é aproveitado por aqueles que están en posición de facer algo e que diante do goteo, un a un, non tiveron posibilidade de reacción, para dar unha resposta que intente pór freo á matanza continua.
Quen estaba nesa posición? O crego e o xuíz. E a quen se podía mobilizar? As mulleres que o fascismo non consideraba perigosas nin sequera potenciais actores políticos.
A estratexia do crego é evidente. Don Nicolás demostrou a súa simpatía cos perseguidos en múltiples ocasións nas que era testemuña habitual no seu favor en moitas causas militares que se asañaron co mellor da mocidade estradense. Utiliza a mesma retórica dos alzados baseada no nacional-catolicismo para esixir un enterro cristián. Claro que o problema non era o enterro senón o asasinato, mais el sabía que por esa vía non podía facer nada pois precisamente do que se trataba naquel momento era de matar no nome de Deus e contra iso só se podía esixir que se utilizaban o seu nome para iso que foran coherentes co que predicaban acatando esa doutrina no que respecta aos enterros relixiosos. Con iso deixaba en evidencia as conviccións católicas dos que executaban os crimes e axitaba as conciencias conservadoras nas que se apoiaba o alzamento para que reaccionaran fronte a barbarie.
Do xuíz, Fermín Bouza Brey, xa se ten comentado a estratexia de procesar pola vía civil a aqueles que ían ser paseados, para poñelos a custodia formal e evitar males maiores. Neste caso, como é a súa obriga, aínda que lle insisten que se absteña, esixe explicacións á Garda Civil para que se investigue eses crimes. Os mandos da benemérita persuádeno, máis el insiste en que hai que cumprir as leis e identificar e ordenar o levantamento dos cadáveres para o cal el é o único que ten esa potestade polo cal deben xustificarlle porque non procederon así.
Na praza do mercado, diante do cárcere e dos cuarteis da falanxe e da Garda Civil, reuníronse entorno a Don Nicolás ducias de mulleres que o acompañaban para esixir un enterro cristián. “Cómo os van enterrar no monte? como crego é a miña obriga darlles un enterro cristián!”
E é nese contexto que destaca unha muller que entre a multitude vai máis alá que o xuíz e o crego. Unha vez que Bouza Brey identificou os cadáveres e recibiu as explicacións da Garda Civil (que como eran de esperar mentían para encubrir aos falanxistas alegando unha suposta fuga) e que Don Nicolás logrou que se enterraran no cemiterio de Figueroa, aínda que nunhas caixas de pino e nun corredor sen ningunha lápida; unha moza leva a iniciativa de ir levarlle flores, e con ela moitas mulleres estradenses dan o paso de renderlle homenaxe aos caídos.
Esta moza é María Pereira Rial, quen fora tesoureira do Partido Galeguista, irmá do Concelleiro e dirixente dese partido, Camilo; prima de Virxinia, a muller de Castelao; dunha familia moi viva e activa na Estrada do primeiro terzo de século, agora tiña unha razón máis para levar flores. O seu home, co que viña de casar había menos dun ano, estaba a ser procesado e pedíase a pena de morte. Manuel Vázquez Cruz, o “Gaitas”. Un mecánico excepcional e xovial. A acusación, a de costume, os militares que se rebelaron contra o goberno impútanlle a el, que foi leal, o delito de “rebelión militar”. As testemuñas a favor, as de costume. Non podía faltar Don Nicolás: “dijo que les conoce por ser feligreses suyos y su concepto son personas honradas y que no les tiene por dirigentes de masas obreras ni nunca oyó a nadie que lo fueran”
Desta volta atopamos tamén outra testemuña de excepción, o xuíz Fermín Bouza Brey: “que conoce al procesado debido a que por poseer un garaje deposita en él el automóvil de sus padres políticos cuando éstos van a visitarle y por ello sabe que los días del movimiento y sucesivos no anduvo huído el VAZQUEZ, pues lo ha visto en el garaje y aun le dijo al declarante que los revolucionarios habían querido requisar el coche por ser este magnífico HISPANO SUIZO diciendo que ‘les gustaría darle al pedal’ a lo que se opuso el procesado diciendo que antes tendrían que pasar por encime de él que le consta también que gracias a la intervención del procesado no le faltó gasolina del coche ni en esta ocasión nin en las varias en que le tiene alguilado el garaje. Que el declarante por razón del cargo le consta que el procesado no es dirigente del elemento obrero ni se ha distinguido como elemento revolucionario, si bien no pude asegurar si perteneció o no a algún partido político”
Mesmo unha coñecida empresaria do moble da vila, da agrupación de dereitas e casada co xefe local da falanxe, foi de testemuña pois o coche no que se lle acusaba que ía o día 19 requisando armas para facer fronte ao alzamento, era da súa propiedade. Esta indica que cedeu o coche coa condición de que fóra conducida por “Gaitas” e el aceptou. E que ela nega que o Gaitas fora “peligroso”.
De nada valeu porque a maquinaria de matar necesitaba unha vítima máis para alimentarse e non escoitaba a ninguén. As 7´15 da mañá do día dous de decembro de 1936, foi conducido Manuel Vázquez Cruz, desde o instituto de Segunda Ensinanza no que estaba confinado en “Capilla” até o quilómetro 1 da estrada de Campañó onde se atopaba formada a forza armada. Alí colocado fronte ao piquete de execución recibe a morte. O certificado médico indica colapso cardíaco. Qué corazón non deixaría de latir logo dunha descarga dun pelotón de fusilamento, aínda que só tiña 29 anos?
A súa muller non puido recuperar o corpo mais rendeulle homenaxe no corpo sen vida dos que sufriran a súa mesma sorte na Estrada.