Naceu en Sabucedo (A Estrada) no ano 1935. Aos dez anos vai estudar para o Colexio dos Xesuítas de Camposancos(A Garda). Pasará aquí dous anos e continuou cos estudos de bacharelato no tamén Colexio dos Xesuítas de Carrión de los Condes(Palencia) no que cursou cinco anos máis. Acontinuación ingresou na Orde da Compafiía de Xesús, no ano 1952, onde botou catro anos. Entre o 1956 e o 59 iniciouse nos estudos de licenciatura eclesiástica en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas(Santander). Despois pasará un ano facendo de “maestrillo” no Seminario Menor desta localidade. O seu destino seguinte foi en Innsbruck(Austria), ondc se adicou á teoloxía durante catro anos. Será aquí onde recibirá a orde do presbiterado no ano 1963. Acadada no ano seguinte a licenciatura de Teoloxía, tras unha estadía dun ano de formación xesuística en Salamanca, voltou a centroeuropa, a Múnich. Co título de doutor en Filosofía pola Universidade muniquesa, despois de catro anos de estadía alí, voltará á península no ano 1969, para Madrid, onde comezará a súa docencia na Facultade de Filosofía (agora Ciencias Humanas e Sociais) da Universidade Pontificia Comillas de Madrid. Dende o curso 78-79 simultanea esta docencia coas clases na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense, onde é profesor titular dende o ano 1986, acadando tamén o doutorado en Filosofía por esta Universidade Complutense.
Ao longo da súa vida recibiu numerosas distincións e asimesmo é membro de numerosas asociacións: así temos que é membro da “Enxebre Orde da Vieira” (Madrid, 1975); membro da Asociación “Amigos de Terra de Montes” (Cerdedo); membro da Asociación de “Fillos e Amigos da Estrada”; ten a Insignia do “Salmón de Ouro”(A Estrada, 1992); Premio “San Martiño” para a Normalización Lingüística e Cultural (A Estrada, 1995); “Enseña de Ouro” e “Diploma de Honra” concedidos pola “Asociación Amigos de Terra de Montes” (2001)...
Canto á súa obra, ten publicados tres ensaios: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DUNHA TRADICIÓN (Ed. Ir Indo,1992); XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ. OBRA COMPLETA. POEMAS E OUTROS ESCRITOS (Fundación Cultural da Estrada, 2001) e PAIXÓN POÉTICA E MILITANCIA GALEGUISTA. ESTUDIO BIOGRÁFICO SOBRE XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ (Ed. Do Castro, 2001). Tamén ten colaborado con todo tipo de temáticas en revistas e xornais, destacando as súas colaboracións nas revistas “Encrucillada”, “Grial”, “Revista Galega do Ensino”, “Cotaredo”... e en xomais coma “Tabeirós Terra”, “Faro de Vigo”... Asimesmo colaborou na “A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural” (Fundación Cultural da Estrada) e tamén na homenaxe ao estradense Manuel Reimóndez Portela MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA. NA LEMBRANZA (Ed. Do Castro, 1996) coa colaboración “Manuel Reimóndez Portela, na lembranza”.