Beariz
Dionísio Pereira
Mortos
Persoas de fora que apareceron mortas no Concello de Beariz no período 1936-1953:
Persoas de fora represaliadas en territorio do Concello de Beariz:
Unha primeira achega aos veciños e naturais de Beariz encadeados, perseguidos e exiliados:
- Espiña Muradas, Francisco (Os Liñares): Canteiro, afiliado á CNT, traballou nas obras do camiño de ferro domiciliándose en Requejo (Zamora). Detido e preso na cadea de Puebla de Sanabria, foi procesado o 11 de agosto de 1936 e condenado a 15 anos de cadea; sen embargo, foi asasinado en Zamora o 4 de xaneiro de 1937, cando tiña 42 anos.
Persoas de fora que apareceron mortas no Concello de Beariz no período 1936-1953:
- Barreiro Cortizo, Jesús (Barcia do Seixo/A Lama): Asasinado na Porta Feixa-Doade-Xirarga o 17 de decembro de 1937.
Persoas de fora represaliadas en territorio do Concello de Beariz:
- Gómez, Celedonio (San Xoán de Río): Deportado a Beariz entre 1936 e 1938.
Unha primeira achega aos veciños e naturais de Beariz encadeados, perseguidos e exiliados:
- Amaro Conde, Evaristo: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Beariz.
- Barbazán Ramos, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Xirarga.
- Cores Muradas, Julio (Muradas): Exiliado tras a guerra civil en Sao Paulo (Brasil); retornou no ano 1954.
- Cortizo Cortizo, Florentino (Alén-Xirarga): Canteiro afiliado á CNT e ao grupo libertario “Luiggi Fabri”, operativo en Xirarga nos derradeiros tempos da República. Participou nunha marcha cara O Carballiño nos días do golpe militar cun grupo de persoas do seu lugar, sendo interceptados pola Garda Civil, logo de derrubar algún cruceiro. Ao se iniciar a contenda, puido pasar á zona republicana enrolándose en Madrid no Exército Popular na zona Centro, polo que unha vez rematada aquela foi perseguido incoándoselle un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
- Cortizo Cortizo, Manuel (Alén-Xirarga): Participou a carón do seu irmán na marcha a O Carballiño. Máis tarde salvouse de ser “paseado” pola intervención do crego de Xirarga, pero obrigárono a reconstruír os cruceiros derrubados.
- Cortizo Diz, Albino (Abeleira-Xirarga): Canteiro de profesión, participou en Asturias na contenda civil formado parte do Exército Republicano. Tras pasar dez meses en prisión froito da delación dun parente, foi encartado nun sumario baixo a xurisdición militar no ano 1939, sen que fora procesado xa que foi arquivado en xaneiro de 1942. Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939, do que foi indultado.
- Cortizo Diz, Encarnación (Abeleira-Xirarga): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
- Cortizo Diz, Manuel (Abeleira-Xirarga): Canteiro, 38 anos, casado, afincado en Cernadelo (Santa Mariña de Presqueiras); foi detido e inculpado en Ourense o 9/11/1944, sobreséndose a Causa militar e ficando en liberdade o 7/1/1945.
- Domínguez Pérez, Asunción: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Magros.
- Fernández Crespo, Cristeta: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Beariz.
- Fortes Janeiro, Benito (Muradás): Chofer de profesión, foi detido en setembro de 1940 por orde da autoridade militar e liberado dous meses máis tarde.
- Gea Navarro, Inocencio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Magros.
- Grego Roubín, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Xirarga.
- Gulías Gulías, Ramiro (Muradás): Ferreiro, de 62 anos. Detido o 6/11/1941 por orde do Gobernador Civil e ingresado na cadea de Ourense. Foi liberado o 13/12/1941.
- Janeiro Fortes, Francisco (Beariz): Era carpinteiro. Xulgado en Ourense baixo a xurisdición militar o 17 de setembro de 1936 acusado de roubar dinamita para voar pontes, a causa ficou sobresida en xullo de 1947.
- Lamas Gulías, Benito: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Beariz.
- López González, Adolfo (A Ermida-Lebozán): Labrego, foi detido o 21/1/1949, acusado de encubridor da partida guerrilleira que o día 8/1/1949 axustizou ao mestre falanxista Jesús Couceiro e á súa muller en Soutelo de Montes. Foi condenado a un ano de cadea.
- López González, Ramón (A Ermida-Lebozán): Irmán do anterior. Idem.
- Marcos, Leopoldo: Peón camiñeiro de Doade. Xulgado pola xurisdición militar en 1940.
- Miras Azor, Aurelio: Depurado do seu cargo de mestre nacional en Lebozán.
- Moure Trelles, Rodolfo: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Doade.
- Muradás Samos, Manuel (Alvite): Empregado, 21 anos, ingresou na cadea de Ourense por orde do Gobernador Militar o 3/4/1940 e foi excarcerado o 4/6/1940.
- Pardo, Manuel (Magros): Capitán do Exército Republicano durante a guerra, debeu se agachar na súa localidade natal dous ou tres anos antes de se exiliar, primeiro en Francia e logo no Brasil.
- Pérez, Serafín (Bouza): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
- Pérez Rodríguez, Blanca: Depurada do seu cargo de mestre nacional de Lebozán.
- Pérez Rodríguez, María Gloria: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Alvite.
- Ruso Janeiro, Victorino (Magros): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.