Naceu na Coruña no ano 1953. E Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1977. Historiador especializado no estudo dos movementos sociais na Galiza contemporánea. Conferenciante habitual en todo tipo de Seminarios, Congresos e Xornadas ao longo de todo o país. Formou parte do Colectivo “Xerminal”, co que obtivo o Premio de Investigación en Ciencias Sociais concedido pola Deputación de Pontevedra no ano 1988. Nos últimos anos traballou así mesmo no eido da historia e da cultura marítima de Galiza, sendo cofundador do Grupo Etnográfico “Mascato” (Cambados) e da Federación Galega pola Cultura Marítima, da que foi o seu primeiro Presidente. Na actualidade reside en Vilar(Cerdedo), exercendo como asesor do Centro Tecnológico del Mar, Fundación CETMAR (Bouzas-Vigo), na posta en marcha da exposición permanente do Museo do Mar de Galicia (Vigo-AIcabre).
A súa andaina literaria comezou coa publicación de A CNT NA GALICIA (1922-1936) (Ed. Laiovento, 1994) para, despois duns anos, volver con GALEONS DE AROUSA (Grupo Etnográfico “Mascato”, 1996 e 1997), SINDICALISTAS E REBELDES (A Nosa Terra, 1998) e continuou con IMAXES DA FATIGA. CRÓNICA GRÁFICA DO TRABALLO NA GALIZA (A Nosa Terra), O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA (Federación Galega pola Cultura Marítima, 2000 e 2003), O ASOCIACIONISMO DOS PESCADORES NA GALIZA DE ANTEGUERRA: Unha ollada de conxunto (Ateneo Libertario “Ricardo Mella”, 2001 e 2004), APUNTES PARA A HISTORIA DUNHA SOCIEDADE OBREIRA E MARIÑEIRA: “La protección obrera de Porto do Son” (Concello de Porto do Son, 2003) e rematar, polo de agora, co ensaio en col do cerdedense XOSE OTERO ESPASANDÍN. VIDA E PENSAMENTO DUN CERDEDENSE DESTERRADO (Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, 2004).
Pero tamén temos que considerar a súa actividade colaboracionista en múltiples obras conxuntas. Así temos, “Crise económica e loitas sociais na Galicia republicana” en MOVEMENTO OBREIRO EN GALICIA: CATRO ENSAIOS (Ed. Xerais de Galicia, 1990), “Asociacionismo e conflictividade mariñeira (1870-1936) e asimesmo o “Limiar” á obra OS CONQUISTADORES MODERNOS: Movemento obreiro na Galicia de Anteguerra (A Nosa Terra, 1992), “Os montes veciñais en man común e o agrarismo de anteguerra” en O MONTE COMUNAL NA GALICIA CONTEMPORÁNEA. UNHA HISTORIA DE RESISTENCIA (Ed. Fouce, 1999), “Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra” en TEMPOS DE SERMOS. GALICIA NOS SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (Universidade de Vigo, 2002) e “Só viñeron a matar e roubar: o alzamento fascista na bisbarra Frieiras” en O CAMBEDO DA RAIA. SOLIDARIEDADE GALEGO-PORTUGUESA SILENCIADA (Asociación Amigos da República, 2004). Tamén cómpre salientar a obra O ANARQUISMO NA GALIZA. APUNTES PARA UNHA ENCICLOPEDIA (Ed. Positivas, 2004), en colaboración con Eliseo Fernández.