Fervenza da Cova do Lago
O regueiro das Penices nace entre o monte Moutouto e o pico dos Aguillóns a unha altura duns 750 metros. O pequeno río cae cara o suroeste pola parroquia de Quireza (Cerdedo) e entrega as súas augas ao río Quireza, afluente do Lérez. A máis alta desas fervenzas, duns 10 metros de caída vertical, é denominada habitualmente fervenza do regueiro das Penices, aínda que parece que o seu nome tradicional é fervenza da Cova de Lago.