Simboloxía franquista en Cerdedo
Calros Solla
O colectivo Capitán Gosende elaborou o inventario da simboloxía franquista aínda existente en Cerdedo
O 7 de xuño de 2017, Diario de Pontevedra titulaba “Cerdedo-Cotobade celebrará unha homenaxe anual aos represaliados”. Deseguido, na entradiña, o xornal engadía: “O PP está a favor de retirar os símbolos do franquismo, agás a rúa de Manuel Gutiérrez”. No corpo da noticia explicitábanse as rebaixas, pois Xurxo Cubela, alcalde da andrómena fusionada, despois de mostrar a súa adhesión á proposta presentada polo PSOE, moito se apuraba en matizar que o tal acto sería na memoria de todas as vítimas e que de ningún xeito se retiraría a placa do alcalde franquista (1950-54; 1958-65) e destacado falanxista Manuel Gutiérrez Torres do rueiro de Cerdedo. Cómpre lembrar que as vítimas que a dereita considera propias (as caídas combatendo a democracia republicana) xa recibiran no seu tempo sentida homenaxe; porén, as vítimas da represión fascista seguen agardando na Galiza e no Estado o merecido recoñecemento. Aínda por riba, o alcalde eximía o concello de asumir con fondos propios as actuacións conducentes a eliminar os emblemas da ditadura dos espazos e edificios públicos. Segundo o alcalde, estas tarefas abordaríanse cando se determinasen con exactitude os elementos que se debían retirar. Como dirían en Abelaíndo: “Xuntémonos e vaian”, ou como engadiría Bertrand Russell: “Os científicos esfórzanse por facer posíbel o imposíbel; os políticos, por facer imposíbel o posíbel”.
Chovía sobre mollado.
En marzo de 2003, sendo alcalde de Cerdedo Xosé L. Jorge Caramés (PP), o pleno da Corporación aprobou por unanimidade celebrar no municipio un acto en resarcimento das vítimas da Guerra Civil (Faro de Vigo, 16-3-2003). Ao ano seguinte, e tras trinta anos no cargo (dende 1974), Caramés entregoulle o mando a Xosé Balseiros, o seu xenro, e aquel compromiso unánime que axudaría a satisfacer unha débeda histórica, caeu, por desgraza, no esquecemento.
En 2007, con Balseiros (PP) ocupando a alcaldía, o boletín Verbo Xido (nº 17, febreiro de 2007), baixo o titular “Un paso atrás”, publicaba: Na primeira metade da década dos noventa do século pasado, o concello de Cerdedo acordaba dedicar unha rúa a Manuel Gutiérrez. Pasados case vinte anos des que morrese Franco, voltaba a sombra do ditador. O Partido Popular apoiou en solitario a iniciativa. En abril de 2006, a Corporación, por unanimidade, decidía retirar a placa dedicada a quen fora alcalde e, en 1936, destacado falanxista. Oito meses despois, o 15 de decembro, o grupo do Partido Popular revogou o acordo e optou por mantela no rueiro. O BNG votou en contra e o PSOE abstívose. Impúñase o marxismo: “Estes son os meus principios. Se non lles gustan, teño outros”.
Cincuenta anos despois da sublevación franquista, a escolla por parte do PP do controvertido Manuel Gutiérrez Torres para nomear unha rúa de Cerdedo supuña toda unha declaración de intencións. En 2006, o historiador Dionísio Pereira afirmaba no libro A II República e a represión en Cerdedo que, segundo moitos testemuños recadados, Gutiérrez era unha persoa sinalada pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión. A familia, ofendida, demandouno, mais a Xustiza acaboulle dando a razón ao investigador.
O historiador Xosé Ramón Ermida (Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (coord.)), nunha entrevista concedida ao xornal Público (14-9-2017), declaraba: O problema non é que os poderes públicos non se interesasen por descubrir e probar quen foron os autores e instigadores dos asasinatos, senón que fixeron todo o posíbel para que non se coñecese. O historiador Dionísio Pereira foi procesado en 2007 tras unha denuncia dos familiares do exalcalde franquista e xefe de Falange de Cerdedo, Manuel Gutiérrez [...] A denuncia a Pereira [que sería absolto] exemplifica que o poder sempre evitou que se mostrase a outra cara da represión: os verdugos.
O 22 de setembro de 2015, o xornal Faro de Vigo informaba que, novamente, o poder absoluto do PP na Corporación presidida por Balseiros, tumbaba unha moción do PSOE ao respecto da eliminación da simboloxía franquista en Cerdedo. O propio Balseiros, rexeitando o acordo para celebrar a homenaxe aos mortos, aducía que ya se habían puesto en contacto en anteriores ocasiones con las familias de las víctimas y estas no querían que se realizasen actos de este tipo en el municipio. Estes argumentos, amais de electoreiros, resultaron ser falsos.
Fartos de tanta impostura e de tanta inxustiza, en decembro de 2016, o colectivo Capitán Gosende colocou nas Raposeiras (Meilide) a primeira pedra no seu Campo das Laudas (Lugar da Memoria), unha iniciativa cultural que fixo realidade en Cerdedo aquilo que os seus gobernantes teimaron en impedir. Velaquí o texto do panel informativo: Honroso, necesario e edificante tributo ás persoas que, en Cerdedo, deron a vida ou comprometeron o seu benestar en prol da democracia e da liberdade. O proxecto Campo das Laudas é unha iniciativa privada que non se beneficia de subvención oficial ningunha, senón das achegas do compromiso particular. O Campo das Laudas, que se irá erixindo pedra a pedra, derroga o interesado esquecemento e resarce unha tendenciosa anomalía, xa que neste territorio, carente de xenerosidade e tolerancia política, non se cumpre a Lei de Memoria Histórica.
Levamos fincadas cinco laudas en desagravio doutros tantos cerdedeses memorábeis: Xosé Otero Espasandín, Antonio Sueiro Cadavide, Francisco Varela Garrido, Xosé Torres Paz e Martiño Ferreiro Álvarez. Todos eles, torturados, asasinados, perseguidos, maltratados ou esquecidos por defenderen os valores democráticos e a legalidade fronte á sublevación fascista de xullo de 1936. Capitán Gosende agradece as mostras de apoio e agarimo recibidas das familias dos homenaxeados e promete que non dará por concluído este proxecto até que a honra das vítimas cerdedesas do franquismo fique restituída. Xaora, os descendentes dos mártires republicanos participaron emocionados nos actos inaugurais, ofrecéndonos mesmo a súa colaboración económica para a pronta consecución do propósito: erixir na campa unha vintena de laudas. Fica así demostrada a necesidade do recordatorio e, asemade, a actitude tendenciosa do exalcalde Balseiros.
Feita a esclarecedora analepse, tornemos ao presente. A piques de rematar o ano 2019 constatamos que aquela pírrica adhesión do alcalde Cubela do ano 2017, influída ben seguro pola bicefalia conxuntural, tamén quedou en auga de bacallau. Dous anos antes, en agosto de 2015, Cubela, aínda monocéfalo, reclamaba a atención dos medios ao pedir dende Cotobade que se institucionalizase o 18 de agosto como Día da Galiza Mártir. No xornal Faro de Vigo (20-8-2015), o mandatario alegaba que tomara esta decisión “atendendo a principios éticos e morais” e que a súa adhesión “era un acto de coherencia”. Víndose arriba, Cubela engadía que “Alexandre Bóveda fora unha persoa vil e cruelmente asasinada por defender a súas ideas, por defender a Galicia e por que tivésemos un futuro mellor, e que era unha mágoa que tivésemos que agardar 37 anos de democracia para que se empezase a falar de rehabilitación moral”. Falou o boi e dixo: muu! Dous anos despois, aquela “coherencia” e aqueles “principios éticos e morais” ían polo Lérez abaixo.
Xa nada nos abraia e hoxe menos, pois nos tempos que corren o PP non vai escatimar esforzos para que o seu núcleo duro e disidente torne á casa común. Di a sabenza popular que dunha mula só se pode esperar unha patada, daquela, afeitos a emprender tarefas que xamais asumirá a autoridade local, o colectivo Capitán Gosende emprendeu, en virtude da Lei de Memoria Histórica (52/2007), o inventariado da simboloxía franquista aínda existente no noso territorio co obxectivo da súa pronta erradicación. Mesmo así, cómpre lembrarlle á alcaldía que unha administración que alardea do incumprimento das leis, xamais poderá facer valer a súa autoridade moral sobre ningún dos seus administrados.
A devandita lei, no seu artigo 15 (“Símbolos y monumentos públicos”), apartado 1 di: Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura... E no seu apartado 3: El Gobierno colaborará con las Comunidades Autónomas y las Entidades Locales en la elaboración de un catálogo de vestigios relativos a la Guerra Civil y la Dictadura... Fideis ao noso voluntariado desinteresado e arelando resarcir as vítimas do fascismo e os seus descendentes da inacción institucional, o colectivo Capitán Gosende ofrécelle a quen competa o “catálogo de vestigios” achados na terra de Cerdedo e co obxectivo da súa pronta eliminación.
Mesmo así, lembrando as palabras do historiador Xosé Álvarez Castro, pronunciadas no Campo das Laudas (10-12-2016): Que non se cumpra xa non unha lei, senón os máis elementais principios de recoñecemento ás vítimas e a condena dos crimes contra a humanidade cometidos polos golpistas.
Dende o colectivo Capitán Gosende facemos un chamamento a outras asociacións ou colectivos irmáns para que, nos territorios baixo a súa xurisdición, promovan ou emprendan esta tarefa tan lexítima coma necesaria.
Sen présa pero sen pausa, demos concluído o traballo. Xa que logo, botamos arestora man dos medios que temos ao noso dispor para dar a coñecer, aos poucos, o resultado das nosas pescudas, sempre en beneficio das arcas públicas e do interese xeral, pois esta misión, coma todas as que enfrontamos, é de balde pero non en balde. Abstéñase o alcalde de esgrimir a escusa da falta de fondos; a desculpa, por manida, acabaría soando a “por non ter, non teño nin para pagar as consecuencias dos meus actos”.
Non queremos rematar esta introdución sen deixar por escrito que o 20 de novembro de 2019, o xornalista Fernando Salgado, en representación do colectivo Capitán Gosende, falou na sede do Parlamento Europeo da existencia en Cerdedo (Galiza) do Campo das Laudas, co gallo da xornada “O franquismo despois de Franco”, acto organizado polo grupo de Memoria Histórica da Eurocámara. Porque a cacicaxe xamais foi quen de poñernos o bozo.
INVENTARIO
Simboloxía franquista na parroquia de Parada
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Parada.
Lugar: Framil.
Coordenadas: X: 552.101; Y: 4.711.679
Inmóbel: Fonte pública con placa memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1949, cadrando coa alcaldía de Xerardo Lorenzo, o primeiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Fonte, bebedoiro e lavadoiro. Restaurada recentemente (Faro de Vigo, 20-4-2017). Os traballos de acondicionamento (chapado en pedra) foron realizados pola brigada municipal de Obras (Pontevedra Viva, 19-4-2017) que se preocupou de manter os símbolos preconstitucionais. O texto e o emblema da placa (xugo e frechas) foron esborranchados con spray negro. Posteriormente, borrouse a pintura do texto, mais non o borrancho do emblema. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Placa de mármore gris con inscrición.
Dimensións: 53 cm x 20 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange (á esquerda)]
J.A.M. AÑO 1949,
SIENDO ALCALDE
GERARDO LORENZO
Accións pendentes: Retirada da placa, destrución ou entrega á familia Lorenzo, no caso de que a reclamen. No sitio, pódese inscribir o ano de construción do inmóbel: “1949”.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Parada.
Lugar: O Milladoiro.
Coordenadas: X: 552.124; Y: 4.711.236
Inmóbel: Fonte pública con placa memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Fonte, pío, bebedoiro e lavadoiro. Restaurada recentemente (Faro de Vigo, 20-4-2017). Os traballos de acondicionamento (rexuntado da pedra) foron realizados pola brigada municipal de Obras (Pontevedra Viva, 19-4-2017) que se preocupou de manter os símbolos preconstitucionais. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Placa de mármore branco con inscrición.
Dimensións: 29 cm x 19 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] J.A.M.
1950
Accións pendentes: Retirada e destrución do elemento. No sitio, pódese inscribir o ano de construción “1950”.
* Fonte pública da Insua: Segundo o testemuño dos veciños, os traballos de acondicionamento levados a cabo recentemente (ano 2017) no inmóbel ocultaron a simboloxía de Falange tallada na cabeceira.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Folgoso
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Folgoso.
Lugar: O Outeiro.
Coordenadas: X: 553.642; Y: 4.709.816
Inmóbel: Perpiaño de pedra de gran con inscrición preconstitucional, fragmento da cabeceira da antiga fonte pública do Outeiro. Orixinalmente, o inmóbel constaba de fonte e pío; despois engadíuselle un lavadoiro. A pedra inscrita (coa inscrición cara a arriba) pousa, a xeito de sentadoiro, na parte superior dun valo de pouca altura, que acouta o espazo que antes ocupaban a fonte e mais o lavadoiro. A fonte, da que só fican vestixios, localízabase a uns 6 m doutro lavadoiro tradicional. A fonte fora inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Os sucos do emblema de Falange (xugo e frechas) aínda conservan restos de pintura vermella. Parte do material construtivo da fonte foi reutilizado no muro dunha vivenda adxacente. Identificamos entre a cachotaría do valo, a peza coa inscrición “Outeiro”, que coroaba a cabeceira do inmóbel. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración. En 2011, a escasos metros cara ao sur, instalouse unha nova fonte pública.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: Dimensións do soporte: 100 cm de longo x 47 cm de largo x 12 cm de fondo. Dimensións da inscrición: 66 cm x 35 cm.
Texto e/ou emblema:
AÑO [emblema de Falange] 1950
J. A. M.
Accións pendentes: Restauración da antiga fonte. Abuxardado da pedra inscrita, respectando a data de construción.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Folgoso.
Lugar: Covas.
Coordenadas: X: 553.070; Y: 4.710.456
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Restaurado recentemente, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro cuberto. Non se aproveitou a restauración para eliminar a simboloxía preconstitucional. A cabeceira da fonte consta de tres perpiaños de pedra de gran. Na peza intermedia, rectangular, talláronse o emblema de Falange (xugo e frechas) e debaixo a data de construción. Os sucos do emblema de Falange aínda conservan restos de pintura negra. Na superior, de menores dimensións, rectangular cos vértices superiores achafranados, talláronse o nome da aldea “Cobas” (grafado con “b”) e debaixo as siglas J.A.M. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: Dimensións da inscrición inferior: 40 cm x 32 cm. Dimensións do soporte superior: 58/29 cm de longo x 34 cm de alto.
Texto e/ou emblema:
COBAS
J. A. M.
[Emblema de Falange]
1952
Accións pendentes: Abuxardado da pedra inscrita, respectando o topónimo (debidamente corrixido “COVAS”) e a data de construción.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Pedre
* Na parroquia de Pedre non se localizou ningún inmóbel sinalado con simboloxía franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha fotografía da fonte do Peto (Pedre) que data da súa inauguración (1950). Na foto, a cabeceira da fonte exhibe a simboloxía franquista que, en época recente, uns veciños retiraron e fixeron desaparecer.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Quireza
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Cuíña.
Coordenadas: X: 544.296; Y: 4.710.965
Inmóbel: Fonte pública con placa memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1949, cadrando coa alcaldía de Xerardo Lorenzo, o primeiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Fonte e pío. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.

Accións pendentes: Retirada da placa, destrución ou entrega á familia Lorenzo, no caso de que a reclamen. No sitio, pódese inscribir o ano de construción “1949”.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.537; Y: 4.714.398
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falange (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada apegou unha lámina cun galo pintado. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas. En tempos da República, a aldea de Laxoso era coñecida pola “Rusia pequena”.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 32 cm x 18 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.605; Y: 4.714.350
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pía. No centro da cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou unha pomba da paz. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 41 cm x 26 cm.

Coordenadas: X: 547.644; Y: 4.714.292
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. O cano non verte auga. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falange (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou dúas margaridas. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 25 cm x 12 cm.

* Na aldea de Tresaldeas (lugar da Xesteira) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “AÑO 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar dos Sieiros) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “año 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar do Quinteiro) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro cuberto) en cuxa pedra cabeceira se labrou a inscrición “AÑO 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Tomonde
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Barbeira.
Coordenadas: X: 548.296; Y: 4.714.574
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedoiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 73 cm x 25 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M. [Emblema de Falange] 1952

Coordenadas: X: 548.383; Y: 4.714.647
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 70 cm x 30 cm.

Lugar: Tomonde (O Barral).
Coordenadas: X: 549.038; Y: 4.714.248
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e dous sentadoiros. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 53 cm x 34 cm.

Coordenadas: X: 549.123; Y: 4.714.291
Inmóbel: Lavadoiro cuberto, con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1954, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange) ou coa de Antonio Peleteiro Fernández (o cuarto alcalde da ditadura en Cerdedo). Na cabeceira do lavadoiro tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas O.S.M. e mais a data de construción. As siglas O.S.M. correspóndense a “Obra Social del Movimiento”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
O. S. M. 1954

Lugar: A Vilalén (Aldea de Baixo).
Coordenadas: X: 548.808; Y: 4.713.492
Inmóbel: Fonte con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. O inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo labrárase a data de construción, mais, na actualidade, só é visíbel un “1”. Os riscos aínda conservan a pintura negra (trazo orixinal ou repintado).
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 78 cm x 40 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
DIPUTACIÓN ∙ P
COOPERACIÓN ∙ AÑO 1 [...]
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional. Inquirir a data de construción do inmóbel e gravala no sitio (probabelmente, 1953).
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Devesa.
Coordenadas: X: 548.105; Y: 4.714.580
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía, bebedeiro e lavadoiro. O inmóbel foi recentemene restaurado. Os labores de restauración respectaron a inscrición preconstitucional. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 35 cm.

Coordenadas: X: 548.128; Y: 4.714.532
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, bebedeiro e lavadoiro. O cano non verte auga. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 66 cm x 39 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1952

Simboloxía franquista na parroquia de Castro
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Castro.
Lugar: Castro do Medio.
Coordenadas: X: 547.076; Y: 4.712.004
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, lavadoiro grande e lavadoiro pequeno (que se empregaba para a bogada de crianzas e enfermos). Na parte superior da pedra cabeceira encaixouse un pequeno remate cúbico cuxa cara frontal presenta o emblema de Falange (xugo e frechas) e, debaixo, as siglas J.A.M. Na actualidade, só se conservan as letras; o emblema de Falange luíuse. Por debaixo, na mesma pedra cabeceira, riscáronse de novo as siglas J.A.M. e mais a data de construción. Aínda por debaixo de letras e números, labrouse de segundas o emblema de Falange. Esta inscrición tallouse posteriormente á que figura no remate. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdanse dúas fotos da fonte que datan da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 49 cm x 43 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] (luído)
J. A. M.
1950 J. A. M.

Simboloxía franquista na parroquia de Figueiroa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.761; Y: 4.710.224
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 31 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1950

Coordenadas: X: 549.756; Y: 4.710.312
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e desaugadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 55 cm x 33 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
────

Coordenadas: X: 549.723; Y: 4.710.354
Inmóbel: Fonte pública con dúas inscricións memorativas. Na pedra cabeceira orixinal (inf.) tallouse a data de construción: “1929”, enmarcada por trazos xeométricos. Posteriormente, sobre a cabeceira orixinal asentouse unha cornixa soportando un remate trilobulado. En cada un dos lobos riscouse un motivo floral (un hexapétalo e dous tripétalos). Os motivos florais encadran o emblema de Falange. Por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data da reconstrución: “1950”, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. Esta fonte é un claro exemplo de usurpación (non é o único caso, pero si o máis evidente). Restaurado recentemente, o inmóbel consta de fonte e pía. Non se aproveitou a restauración para eliminar a simboloxía preconstitucional. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa segunda inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto orixinal ocupa unha superficie de 100 cm x 26 cm. O texto franquista ocupa unha superficie de 44 cm x 28 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1950
1929
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando os motivos florais, os xeométricos e as datas de construción e reconstrución: “1929” / “1950”.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.646; Y: 4.710.344
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte, o emblema de Falange (xugo e frechas) tallouse á esquerda e, á dereita, riscáronse a data de construción (sup.) e as siglas J.A.M. (inf.). As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 59 cm x 21 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] 1952

Lugar: Vilar.
Coordenadas: X: 549.152; Y: 4.710.677
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 33 cm.

Parroquia: Figueiroa (converxencia dos lindes parroquiais de Castro, Figueiroa e Tomonde).
Lugar: Cruceiro de Antas.
Coordenadas: X: 549.382; Y: 4.712.406
Elemento: Cruz posfranquista. No sitio erguíase un cruceiro de feitura tradicional, derrubado supostamente por veciños leais á República o 21 de xullo de 1936. A comezos da década de 2000, a dereita cerdedesa (á fronte da alcaldía dende a sublevación fascista de xullo do 36) ordenou chantar unha cruz en homenaxe e desagravio. A cruz non posúe valor artístico ningún. O lugar do Cruceiro de Antas é un sitio arqueolóxico catalogado por Patrimonio (2001): neolítico e calcolítico.
Dimensións: A cruz acada uns 5 m de altura. A embergadura dos brazos é de 2’80 m. Fuste e brazos cuadrangulares de 30 x 28 cm. Sen plataforma nin pedestal. Tallada en granito rosa Porriño.
Texto e/ou emblema: Carece de inscrición.
Accións pendentes: Derruba ou traslado.
* Na aldea de Deán localizamos unha fonte e lavadoiro. Na pedra do muro acaroado ao inmóbel labrouse a inscrición “FT / DO / AGRO / 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha fotografía dunha fonte de Figueiroa (rueiro da Cruz) que data da súa inauguración (1950). Na foto, a cabeceira da fonte exhibe a simboloxía franquista que, en época recente, uns veciños retiraron e fixeron desaparecer.
* No lugar de Loureiro (Aldea Pequena) consérvase a única fonte cerdedesa cuxa inscrición data da II República: “AÑO 1933”.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Cerdedo
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Arén (O San Miguel).
Coordenadas: X: 551.556; Y: 4.709.340
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía, bebedeiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 26 cm x 21 cm.

Lugar: Arén (O Quintelo).
Coordenadas: X: 551.524; Y: 4.709.208
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1959, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (segundo mandato), o quinto alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 36 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
[Emblema de Falange]
1959

Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.740; Y: 4.709.096
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedeiro e lavadoiro cuberto. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción. Encol da pedra da cabeceira, pousouse a imaxe dunha virxe. O inmóbel foi restaurado recentemente. Unha placa de metacrilato lembra o feito: “Obradoiros de Emprego: Este lavadoiro de Barro foi rehabilitado polo Obradoiro de Emprego ‘Cerdedo II’. Promovida polo Concello de Cerdedo. Subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e Fondo Social Europeo. Decembro de 2011”. As tarefas de restauración non se aproveitaron para eliminar a simboloxía preconstitucional.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 50 cm x 41 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
DIPUTACIÓN. P.
COOPERACIÓN
AÑO 1953
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.706; Y: 4.709.020
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 62 cm x 42 cm.

Lugar: Cerdedo.
Coordenadas: X: 549.893; Y: 4.709.035
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pía. Na cabeceira da fonte, o emblema de Falange (xugo e frechas) tallouse á esquerda e, á dereita, riscáronse as siglas J.A.M. (sup.) e a data de construción (inf.). As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 40 cm x 20 cm, aprox.

Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Cerdedo.
Coordenadas: X: 549.898; Y: 4.709.036
Elemento ilegal: Placa da rúa Manuel Gutiérrez. A comezos da década dos 90, a maioría absoluta do Partido Popular no concello determinou que unha rúa do núcleo urbano de Cerdedo levase o nome do que foi o terceiro e quinto alcalde durante a ditadura (dous mandatos: 1950-54 e 1958-65) e mais xefe local de Falange. En abril de 2006, a mesma maioría prometeu retirala e, oito meses despois, a mesma maioría incumpriu o acordo. Moitos son os historiadores e moitos os testemuños orais recadados que, presuntamente, vinculan a Gutiérrez con episodios da represión en Cerdedo. A controversia debera ser pretexto abondo para a súa eliminación da vía pública.
Texto e/ou emblema: “Manuel Gutiérrez”.
Accións pendentes: Retirada da placa, destrución ou entrega á familia, no caso de que a reclamen. En substitución, o colectivo Capitán Gosende propón que a devandita rúa se lle dedique a Xosé R. Otero Espasandín (1900-1987). Natural do lugar de Castro do Medio (parroquia de Castro), Otero Espasandín foi mestre, divulgador científico e poeta. Eis un retallo da súa biografía enviada ao xornal Faro de Vigo (2-8-2015):
Xosé Roxelio Otero Espasandín, mestre e poeta, fillo de labregos, naceu na parroquia cerdedesa de Santa Baia de Castro, lugar de Castro do Medio, en novembro de 1900. Amén da súa obra poética e xornalística en galego, é autor, en castelán, de máis dunha trintena de libros de divulgación histórica e científica, elaborados, boa parte, durante a súa estadía bonaerense. O pintor e escritor Luís Seoane, camarada na diáspora, exclamaría: “realizó en seis o siete años una labor enciclopédica sin igual”.
Intelectual comprometido coa educación, a liberdade e a democracia, viuse obrigado a fuxir dunha España esgazada polas poutas do fascismo. Padeceu a condición de refuxiado no campo francés de Saint-Cyprien (1939) e o posterior exilio en Inglaterra (1939-41), Arxentina (1941-47) e Estados Unidos. Otero Espasandín, que non voltaría a Galiza, faleceu en Washington o 15 de outubro de 1987, após unha vida entregada ao estudo e á docencia...
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Cerdedo.
Coordenadas: X: 549.984; Y: 4.709.046
Elemento ilegal: Na parede norte da igrexa, embutíronse dúas placas cadradas de mármore branco nas que figuran (nomes e apelidos) unha escolla de cerdedeses caídos combatendo no bando golpista. Lemos en A II República e a represión franquista en Cerdedo (Dionísio Pereira, 2006) que dos 36 combatentes mortos, 17 non figuran nos mármores. As placas flanquean unha cruz riscada de grandes dimensións. En cada placa inscribiuse cadansúa listaxe de nomes. Os elencos acompáñanse da exclamación ¡Presentes!
Accións pendentes: Retirada das placas, destrución ou entrega ás familias, no caso de que as reclamen.
*
Entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020 deuse elaborado este inventario de simboloxía franquista que vén ratificar o flagrante incumprimento da Lei de Memoria Histórica en Cerdedo, trece anos despois da súa entrada en vigor. Con certeza, Cerdedo convértese así no primeiro territorio galego (e probabelmente, do Estado) en contar cun catálogo rigoroso de simboloxía franquista.
Percorridas as oito parroquias do municipio, o número de fontes públicas sinaladas co emblema de Falange (xugo e frechas) ascende na actualidade a 27 (segundo o noso arquivo de fotografías antigas, o número puido superar a corentena). Cómpre lembrar que militantes ou simpatizantes do partido político Falange Española estiveron directamente implicados nos asasinatos dos republicanos cerdedeses Xosé Torres Paz e Xosé Cortizo González (11 de agosto de 1936), Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias (13 de agosto de 1936), Xerardo Bugallo Lois (1939)...; así como en innúmeros episodios de represión.
A maiores consignamos a cruz posfranquista do Cruceiro de Antas, as inscricións na honra dos mortos do bando nacional labradas en mármore na parede norte da igrexa parroquial de San Xoán de Cerdedo e, no mesmo núcleo urbano, a placa que nomea unha rúa dedicada a Manuel Gutiérrez Torres, alcalde durante a ditadura (dous mandatos) e xefe local de Falange.
Concluído o inventario, unha copia do mesmo foille entregada a cada un dos representantes dos partidos da oposición no concello (BNG e PSOE), co fin de esixirlle á autoridade o cumprimento da lei.
Se a maioría absoluta do Partido Popular impide a observancia do artigo 15 da Lei 52/2007, o colectivo Capitán Gosende anima o pobo soberano a que, obviada a reparación, adopte a coñecida “Solución Laxoso” e tome a xustiza pola man.
Sabés que ben acaba quen ben anda, e que val máis no peito ter virtude que muito colgarello, cruz nin banda, nin usía, excelencia ou beatitude (Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega).
* Colectivo Capitán Gosende. Cerdedo, 15 de xaneiro de 2020

- Fonte pública de Framil

- Fonte pública do Milladoiro (fonte de Portabarcia)

- Fonte pública do Outeiro

- Fonte pública de Covas

- Fonte pública de Cuíña
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Cuíña.
Coordenadas: X: 544.296; Y: 4.710.965
Inmóbel: Fonte pública con placa memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1949, cadrando coa alcaldía de Xerardo Lorenzo, o primeiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Fonte e pío. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Placa de mármore gris con inscrición.
Dimensións: 53 cm x 20 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange (á esquerda)]
J.A.M. AÑO 1949,
SIENDO ALCALDE
GERARDO LORENZO
Accións pendentes: Retirada da placa, destrución ou entrega á familia Lorenzo, no caso de que a reclamen. No sitio, pódese inscribir o ano de construción “1949”.
- Fonte pública de Laxoso (fonte de Riba)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.537; Y: 4.714.398
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falange (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada apegou unha lámina cun galo pintado. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas. En tempos da República, a aldea de Laxoso era coñecida pola “Rusia pequena”.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 32 cm x 18 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Laxoso (fonte do Medio)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.605; Y: 4.714.350
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pía. No centro da cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou unha pomba da paz. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 41 cm x 26 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Laxoso (fonte de Baixo)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.644; Y: 4.714.292
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. O cano non verte auga. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falange (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falange (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou dúas margaridas. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 25 cm x 12 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar da Xesteira) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “AÑO 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar dos Sieiros) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “año 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar do Quinteiro) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro cuberto) en cuxa pedra cabeceira se labrou a inscrición “AÑO 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Tomonde
- Fonte pública de Barbeira
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Barbeira.
Coordenadas: X: 548.296; Y: 4.714.574
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedoiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 73 cm x 25 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M. [Emblema de Falange] 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barbeira
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Barbeira.
Coordenadas: X: 548.383; Y: 4.714.647
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 70 cm x 30 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M. [Emblema de Falange] 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Tomonde (O Barral)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Tomonde (O Barral).
Coordenadas: X: 549.038; Y: 4.714.248
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e dous sentadoiros. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 53 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Lavadoiro público de Tomonde (O Barral)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Tomonde (O Barral).
Coordenadas: X: 549.123; Y: 4.714.291
Inmóbel: Lavadoiro cuberto, con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1954, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange) ou coa de Antonio Peleteiro Fernández (o cuarto alcalde da ditadura en Cerdedo). Na cabeceira do lavadoiro tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas O.S.M. e mais a data de construción. As siglas O.S.M. correspóndense a “Obra Social del Movimiento”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
O. S. M. 1954
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública da Vilalén (fonte da Aldea de Baixo)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Vilalén (Aldea de Baixo).
Coordenadas: X: 548.808; Y: 4.713.492
Inmóbel: Fonte con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. O inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo labrárase a data de construción, mais, na actualidade, só é visíbel un “1”. Os riscos aínda conservan a pintura negra (trazo orixinal ou repintado).
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 78 cm x 40 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
DIPUTACIÓN ∙ P
COOPERACIÓN ∙ AÑO 1 [...]
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional. Inquirir a data de construción do inmóbel e gravala no sitio (probabelmente, 1953).
- Fonte pública da Devesa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Devesa.
Coordenadas: X: 548.105; Y: 4.714.580
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía, bebedeiro e lavadoiro. O inmóbel foi recentemene restaurado. Os labores de restauración respectaron a inscrición preconstitucional. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 35 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública da Devesa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Devesa.
Coordenadas: X: 548.128; Y: 4.714.532
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, bebedeiro e lavadoiro. O cano non verte auga. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 66 cm x 39 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Castro
- Fonte pública de Castro do Medio
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Castro.
Lugar: Castro do Medio.
Coordenadas: X: 547.076; Y: 4.712.004
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, lavadoiro grande e lavadoiro pequeno (que se empregaba para a bogada de crianzas e enfermos). Na parte superior da pedra cabeceira encaixouse un pequeno remate cúbico cuxa cara frontal presenta o emblema de Falange (xugo e frechas) e, debaixo, as siglas J.A.M. Na actualidade, só se conservan as letras; o emblema de Falange luíuse. Por debaixo, na mesma pedra cabeceira, riscáronse de novo as siglas J.A.M. e mais a data de construción. Aínda por debaixo de letras e números, labrouse de segundas o emblema de Falange. Esta inscrición tallouse posteriormente á que figura no remate. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdanse dúas fotos da fonte que datan da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 49 cm x 43 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] (luído)
J. A. M.
1950 J. A. M.
[Emblema de Falange]
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Figueiroa
- Fonte pública de Figueiroa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.761; Y: 4.710.224
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 31 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1950
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Figueiroa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.756; Y: 4.710.312
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e desaugadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 55 cm x 33 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
────
J. A. M. 1950
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Figueiroa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.723; Y: 4.710.354
Inmóbel: Fonte pública con dúas inscricións memorativas. Na pedra cabeceira orixinal (inf.) tallouse a data de construción: “1929”, enmarcada por trazos xeométricos. Posteriormente, sobre a cabeceira orixinal asentouse unha cornixa soportando un remate trilobulado. En cada un dos lobos riscouse un motivo floral (un hexapétalo e dous tripétalos). Os motivos florais encadran o emblema de Falange. Por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data da reconstrución: “1950”, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. Esta fonte é un claro exemplo de usurpación (non é o único caso, pero si o máis evidente). Restaurado recentemente, o inmóbel consta de fonte e pía. Non se aproveitou a restauración para eliminar a simboloxía preconstitucional. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa segunda inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto orixinal ocupa unha superficie de 100 cm x 26 cm. O texto franquista ocupa unha superficie de 44 cm x 28 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1950
1929
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando os motivos florais, os xeométricos e as datas de construción e reconstrución: “1929” / “1950”.
- Fonte pública de Figueiroa
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Figueiroa.
Coordenadas: X: 549.646; Y: 4.710.344
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte, o emblema de Falange (xugo e frechas) tallouse á esquerda e, á dereita, riscáronse a data de construción (sup.) e as siglas J.A.M. (inf.). As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 59 cm x 21 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] 1952
J. A. M.
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Vilar (fonte do Quinteiro de Baixo)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa.
Lugar: Vilar.
Coordenadas: X: 549.152; Y: 4.710.677
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 33 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
J. A. M. 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Cruz do Cruceiro de Antas
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa (converxencia dos lindes parroquiais de Castro, Figueiroa e Tomonde).
Lugar: Cruceiro de Antas.
Coordenadas: X: 549.382; Y: 4.712.406
Elemento: Cruz posfranquista. No sitio erguíase un cruceiro de feitura tradicional, derrubado supostamente por veciños leais á República o 21 de xullo de 1936. A comezos da década de 2000, a dereita cerdedesa (á fronte da alcaldía dende a sublevación fascista de xullo do 36) ordenou chantar unha cruz en homenaxe e desagravio. A cruz non posúe valor artístico ningún. O lugar do Cruceiro de Antas é un sitio arqueolóxico catalogado por Patrimonio (2001): neolítico e calcolítico.
Dimensións: A cruz acada uns 5 m de altura. A embergadura dos brazos é de 2’80 m. Fuste e brazos cuadrangulares de 30 x 28 cm. Sen plataforma nin pedestal. Tallada en granito rosa Porriño.
Texto e/ou emblema: Carece de inscrición.
Accións pendentes: Derruba ou traslado.
* Na aldea de Deán localizamos unha fonte e lavadoiro. Na pedra do muro acaroado ao inmóbel labrouse a inscrición “FT / DO / AGRO / 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha fotografía dunha fonte de Figueiroa (rueiro da Cruz) que data da súa inauguración (1950). Na foto, a cabeceira da fonte exhibe a simboloxía franquista que, en época recente, uns veciños retiraron e fixeron desaparecer.
* No lugar de Loureiro (Aldea Pequena) consérvase a única fonte cerdedesa cuxa inscrición data da II República: “AÑO 1933”.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Cerdedo
- Fonte pública de Arén (fonte do San Miguel)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Arén (O San Miguel).
Coordenadas: X: 551.556; Y: 4.709.340
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía, bebedeiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 26 cm x 21 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
[Emblema de Falange]
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Arén (fonte do Quintelo)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Arén (O Quintelo).
Coordenadas: X: 551.524; Y: 4.709.208
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1959, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (segundo mandato), o quinto alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 36 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
[Emblema de Falange]
1959
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barro (fonte do Medio do Lugar)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.740; Y: 4.709.096
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedeiro e lavadoiro cuberto. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción. Encol da pedra da cabeceira, pousouse a imaxe dunha virxe. O inmóbel foi restaurado recentemente. Unha placa de metacrilato lembra o feito: “Obradoiros de Emprego: Este lavadoiro de Barro foi rehabilitado polo Obradoiro de Emprego ‘Cerdedo II’. Promovida polo Concello de Cerdedo. Subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e Fondo Social Europeo. Decembro de 2011”. As tarefas de restauración non se aproveitaron para eliminar a simboloxía preconstitucional.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 50 cm x 41 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
DIPUTACIÓN. P.
COOPERACIÓN
AÑO 1953
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barro (fonte da Estrada)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.706; Y: 4.709.020
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falange (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 62 cm x 42 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange]
DIPUTACIÓN. P.
COOPERACIÓN
AÑO 1953
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Cerdedo (fonte da casa das Capitás)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Cerdedo.
Coordenadas: X: 549.893; Y: 4.709.035
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local de Falange. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pía. Na cabeceira da fonte, o emblema de Falange (xugo e frechas) tallouse á esquerda e, á dereita, riscáronse as siglas J.A.M. (sup.) e a data de construción (inf.). As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 40 cm x 20 cm, aprox.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falange] J.A.M.
1950
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
- Placa de rúa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Cerdedo.
Coordenadas: X: 549.898; Y: 4.709.036
Elemento ilegal: Placa da rúa Manuel Gutiérrez. A comezos da década dos 90, a maioría absoluta do Partido Popular no concello determinou que unha rúa do núcleo urbano de Cerdedo levase o nome do que foi o terceiro e quinto alcalde durante a ditadura (dous mandatos: 1950-54 e 1958-65) e mais xefe local de Falange. En abril de 2006, a mesma maioría prometeu retirala e, oito meses despois, a mesma maioría incumpriu o acordo. Moitos son os historiadores e moitos os testemuños orais recadados que, presuntamente, vinculan a Gutiérrez con episodios da represión en Cerdedo. A controversia debera ser pretexto abondo para a súa eliminación da vía pública.
Texto e/ou emblema: “Manuel Gutiérrez”.
Accións pendentes: Retirada da placa, destrución ou entrega á familia, no caso de que a reclamen. En substitución, o colectivo Capitán Gosende propón que a devandita rúa se lle dedique a Xosé R. Otero Espasandín (1900-1987). Natural do lugar de Castro do Medio (parroquia de Castro), Otero Espasandín foi mestre, divulgador científico e poeta. Eis un retallo da súa biografía enviada ao xornal Faro de Vigo (2-8-2015):
Xosé Roxelio Otero Espasandín, mestre e poeta, fillo de labregos, naceu na parroquia cerdedesa de Santa Baia de Castro, lugar de Castro do Medio, en novembro de 1900. Amén da súa obra poética e xornalística en galego, é autor, en castelán, de máis dunha trintena de libros de divulgación histórica e científica, elaborados, boa parte, durante a súa estadía bonaerense. O pintor e escritor Luís Seoane, camarada na diáspora, exclamaría: “realizó en seis o siete años una labor enciclopédica sin igual”.
Intelectual comprometido coa educación, a liberdade e a democracia, viuse obrigado a fuxir dunha España esgazada polas poutas do fascismo. Padeceu a condición de refuxiado no campo francés de Saint-Cyprien (1939) e o posterior exilio en Inglaterra (1939-41), Arxentina (1941-47) e Estados Unidos. Otero Espasandín, que non voltaría a Galiza, faleceu en Washington o 15 de outubro de 1987, após unha vida entregada ao estudo e á docencia...
- Placas memorativas na parede norte da igrexa parroquial