O 15 de setembro de 1936, Perfecto Ventín Barreiro e mais os seus sobriños Ramiro Lois Ventín e Manuel, Erundino e Olegario Ventín Rivas son detidos en Cerdedo pola Garda Civil. Conducidos á prisión provincial de Zamora, os cinco Ventín non regresarían nin vivos nin mortos.
Perfecto Ventín Barreiro (53 anos), natural de Tres Aldeas (Quireza-Cerdedo) era irmán de Vítor Ventín Barreiro. Vítor Ventín Barreiro casara nas Quintas (Codeseda-A Estrada) con María Xosefa Rivas Touriño. Vítor e María Xosefa foron pais de Manuel (29 anos, faría 30 en novembro do 36), Perfecto Erundino (28 anos, faría 29 en novembro do 36) e Olegario Ventín Rivas (23 anos, faría 24 en decembro do 36), todos tres, sobriños de Perfecto Ventín Barreiro. Así mesmo, Perfecto Ventín Barreiro era irmán de Severina Ventín Barreiro, casada en Piñeiro (Quireza-Cerdedo) con Xosé Lois, que trouxeron ao mundo a Ramiro Lois Ventín (21 anos), tamén sobriño de Perfecto Ventín Barreiro.
O tío Perfecto, de profesión canteiro, formou cuadrilla cos seus catro sobriños aprendices, e na compaña do Chusco (o can de Olegario), despois de choiar pola comarca, partiron cara a Puebla de Sanabria (Zamora), empregándose nas obras do camiño de ferro Zamora-Ourense. Os cinco Ventín aveciñáronse no lugar do Campamento de Nueva Puebla, compartindo vivenda e destino. Orgullosos da súa condición social, os Ventín militaban no PSOE, afiliándose ao sindicato da UXT para mellor defender os dereitos da súa clase e os intereses dos carrilanos.
Os cinco Ventín enfrascáronse na construción do túnel do Padornelo (o chamado “Túnel 12”, de case 6 km de lonxitude), unha obra faraónica na que se investiron uns 25 anos de traballo (comezou a furarse en 1929 e inaugurouse en 1957) e o esforzo de máis de 4.000 obreiros (entres eles, presos republicanos, os escravos do franquismo). Os Ventín das Quintas bromeaban coa súa nai Xosefa: “Empezamos unha obra que, cando a acabemos, xa estaremos xubilados”.
Moitos destes operarios faleceron prematuramente, por mor da silicose (“o mal da vía”) e dos accidentes laborais. Do imprescindíbel documental Carrilanos, os túneles dun tempo (Rafael Cid, 2003) reproducimos a voz dun dos seus protagonistas: “Aquelo era unha esclavitú que hoxe non habería quen a puidera aturar; ningún ser humano”.
Túnel 12, Túnel 12,
túnel de la boca negra;
la perdición de los hombres,
de la juventud gallega.
A empresa construtora do camiño de ferro Ourense-Vigo era a MZOV (Compañía del Ferrocarril de Medina del Campo a Zamora y de Orense a Vigo). A empresa MZOV (a actual Acciona, SA) fixérase coa adxudicación das obras en 1926, encargándose así mesmo da construción do poboado de Nueva Puebla (ou de Santa Bárbara) en 1932.
Unha das empresas subcontratadas pola MZOV era a dos Cachafeiro de Cerdedo. Asociado con Ramón Cachafeiro Varela (Xenio de foghete), o tamén cerdedés Francisco González Caramés Majito beneficiouse da concesión dos comedores para os operarios. Segundo a causa 1.306/36, que condenou a morte a Francisco Varela Garrido (secretario do concello de Cerdedo e activista republicano), Ramón Cachafeiro Cabano e o seu fillo Ramón Cachafeiro Varela, homes fortes da dereita cerdedesa, entregaron a Pancho Varela (cuñado e tío dos devanditos) aos carniceiros fascistas.
Túnel 12, Túnel 12,
túnel de mucha largura;
que a más de 4.000 hombres
tú le has dado sepultura.
O poboado do Campamento de Nueva Puebla, tamén coñecido por Campamento de Santa Bárbara, situábase no concello de Requejo de Sanabria (Zamora) e, superando en prestacións á capital do municipio, contaba con escola, enfermaría, fonda, economato, posto da Garda Civil, igrexa e subministración eléctrica. O poboado de Nueva Puebla situábase a 1 km da boca sur do túnel. Os últimos vestixios do poboado abandonado desapareceron en 2018 por mor das obras do AVE. No Campamento de Nueva Puebla (ou de Santa Bárbara) chegaron a residir unhas 1.500 persoas, vinculadas coa construción do camiño de ferro.
Conforme a causa 513/1936, os cinco Ventín foron acusados de participar, canda centos de obreiros (os mal chamados “rebeldes de Requejo”), na defensa da democracia e da legalidade constitucional e contra as forzas represoras que apoiaron o golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. Cando a resistencia republicana foi dobregada (polos verdadeiros “rebeldes”), os cinco Ventín abandonaron Nueva Puebla e emprenderon o camiño de retorno ao fogar.
A causa 513/1936, iniciada con carácter sumarísimo o 25 de agosto de 1936 contra os Ventín e outros 59 procesados, era consecuencia do acontecido o día 21 de xullo “en Puebla de Sanabria, en la zona del ferrocarril en construcción Zamora a La Coruña, grandes núcleos de obreros armados y capitaneados por un alférez y un sargento de Carabineros asaltaron el cuartel de la Guardia Civil de Campamento”. No ataque resultaron mortos e feridos moitos obreiros e feridos dous gardas civís.
Case dous meses despois de iniciada a rebelión fascista, a orde de detención chegou a Quireza. O tío Perfecto aconsellou os seus sobriños que non se entregasen, que o deixasen ir a el só, que el falaría por todos. Os seus sobriños negáronse de xeito tallante (as súas mans non estaban manchadas de sangue) e, xuntos, foron conducidos pola Garda Civil á prisión provincial de Zamora (a máis de 320 km de distancia), onde ingresaron o día 16.
A súa detención fora requirida polo gobernador civil de Zamora, o tenente coronel de Infantaría Raimundo Hernández Comes, nun escrito datado o 28 de agosto dese mesmo ano. Xa en prisión, os Ventín ficaron a disposición do xuíz instrutor, o comandante de Infantaría José de Mora y Requejo.
Procedérase á detención dos Ventín vinte días despois das declaracións realizadas por Manuel Lorenzo Campos, de 31 anos, canteiro, natural de Beariz (Ourense), empregado nas obras do ferrocarril Zamora-Ourense, afiliado á CNT e detido no cárcere de Zamora.
O 26 de agosto, na Comisaría de Investigación y Vigilancia de Zamora, Manuel Lorenzo Campos exculpouse e acusou de integrar e dirixir “la columna roja”, entre outros, a un tal Galera [Juan Galera Galera], presidente da Casa do Pobo de Lubián; a Francisco Martín [Francisco Martínez Fernández], presidente da Casa do Pobo do Padornelo; a Felipe Luciano [Luciano Felipe Martín (ou Martínez)], presidente da Casa do Pobo de Requejo; a Ricardo [Ricardo López Fabián], alférez de Carabineiros; a Pichel [Andrés López Pichel], sarxento de Carabineiros; e a Perfecto Ventín, capataz da canteira. Así mesmo, acusou de integrar a devandita “columna”, entre outros, aos irmáns Manuel, Olegario e Erundino Ventín Rivas, do lugar das Quintas (Codeseda). Manuel Lorenzo Campos declarou tamén que: “Estos individuos obligaban a todo el que encontraban a su paso a subirse en los camiones que la citada columna y se ...naran al campamento de Nueva Puebla para continuar a Puebla de Sanabria y apoderarse de ella para implantar el comunismo. Que la citada columna estaba compuesta de siete u ocho camiones, llevando cada uno de ellos unos cincuenta individuos, todos armados con escopetas y pistolas, llevando solamente fusiles los carabineros que los acompañaban ... La columna partió de Villavieja [A Vilavella, A Mezquita-Ourense], proveyéndose de bombas en casa de un tal Piro, donde ... fabricado con dinamita que habían sustraído del ... de las obras del ferrocarril, que éstas las lle... cajones y cada camión llevaba cuatro de ellos; una vez llegados al Campamento, bombardearon el cuartel de la Guardia Civil, hiriendo a un Guardia Civil ... que el que hirió al guardia fue un tal Manuel Villaverde, que reside en Acibeiros [Aciveiro, Forcarei-Pontevedra], ayuntamiento ... (Pontevedra)...”.
Nas declaracións efectuadas o 27 de agosto perante o xuíz instrutor, Manuel Lorenzo Campos reafirmouse e volveu citar, entre os obreiros que ían nos camións a: “Perfecto Ventín, también capataz, que iba con sus tres sobrinos Manuel, Arentino y Olegario, que supone están en su pueblo, Quireza, de Pontevedra, ayuntamiento de Cerdedo; también iba otro sobrino del citado capataz, llamado Ramiro Eloy. Todos estos obligaban a cuantos encontraban por el camino a subir a los camiones, diciendo iban a Puebla a implantar el comunismo...”.
Oídas as súas pormenorizadas declaracións, o xuíz instrutor considerou a Manuel Lorenzo Campos participante nos sucesos de Nueva Puebla e procesouno por rebelión militar.
Ao día seguinte, Manuel Lorenzo Campos volveu declarar perante o xuíz, querendo facer constar que “ante la policía manifestó que el obrero que había disparado y herido a uno de los guardias civiles se llamaba Manuel Villaverde, pero que hace constar que no fue este obrero a quien vio en Campamento con armas, pero que no puede asegurar fuera el que hirió al guardia civil; sólo sabe que fue un cantero que cree sigue trabajando, y cuyo nombre ignora”.
Transcrita a declaración de Manuel Lorenzo Campos, o xuíz instrutor engadiu: “En Zamora, a veintiocho de agosto de mil novecientos treinta y seis, S. S. acuerda por la presente pasar oficio al gobernador civil de la provincia, para que sean detenidos y puestos a disposición de este Juzgado cuantos cita como complicados en los hechos Manuel Lorenzo en su primera declaración y no están ya detenidos”.
En Zamora, o 2 de setembro de 1936, a preguntas do xuíz instrutor, David Méndez Domínguez, de 27 anos, natural do lugar de Sotillo (Cobreros-Zamora), xornaleiro na obra do ferrocarril e afiliado á CNT, declarou que: “sobre las ocho de la tarde del citado día veinte, le entregó una escopeta un tal Manuel Ventín, con la que hizo guardia en la carretera y frente a Campamento hasta las once, que se acostó hasta las cuatro y media de la mañana del día veintiuno, enterándose por la mañana de que iba ser asaltado el puesto de la Guardia Civil...”.
O 10 de setembro o comandante de Infantaría José de Mora y Requejo foi substituído na instrución da causa 513, verbo dos sucesos de Nueva Puebla, polo alférez Antonio de la Hoz Rodríguez.
En Zamora, o 6 de outubro de 1936, Perfecto Ventín compareceu perante o xuíz e prometeu dicir a verdade. Perfecto Ventín Barreiro tiña 54 anos, estaba casado, exercía a profesión de capataz de canteiros, era natural de Quireza (Cerdedo) e estaba aveciñado no Campamento de Nueva Puebla.
O xuíz instrutor preguntoulle a Perfecto Ventín Barreiro se era certo que, o día 21 de xullo, xuntamente cos seus sobriños Manuel, “Arentino”, Olegario e Ramiro “Eloy”, obrigaran a todos cantos se atopaban polo camiño a subir aos camións, dicindo que ían a Puebla (a uns 11 km de distancia) a implantar o comunismo.
Perfecto Ventín respondeu que non era certo, que el non tivera participación ningunha nin coaccionara a ninguén para que subisen aos camións.
O xuíz, vendo que as declaracións de Perfecto Ventín Barreiro entraban en contradición coas de Manuel Lorenzo Campos (tamén detido), ordenou ese mesmo día 6 un careo entre ambos os dous.
Na dilixencia de careo, Manuel Lorenzo afirmou que vira a Perfecto Ventín armado de escopeta arredor do cuartel do Campamento de Nueva Puebla. Así e todo, nesta ocasión Manuel contestou con evasivas ás acusacións de coacción vertidas anteriormente contra Perfecto Ventín. Perfecto Ventín, no uso da palabra, afirmou que, como xa dixera, naquela altura se atopaba no Campamento, pero que non levaba armas, e que era totalmente falso que coaccionase ou obrigase a ninguén a subir aos camións. O xuíz considerou as acusacións de Manuel Lorenzo “debilitadas por completo”. Perfecto Ventín pediu que o seu testemuño fose corroborado polo garda civil Domingo Blanco, “herido en el ataque por parte de los obreros”. (Perfecto Ventín amenta a un Domingo Blanco, mais, ao parecer, o garda civil aludido chamábase Domingo Rodríguez). Perfecto, co seu puño e letra, asinou ao pé: “Perfecto Bentín Barreiro”.
O 6 de outubro tamén compareceu perante o xuíz Manuel Ventín Rivas, de 29 anos de idade, casado, de profesión canteiro, natural de Codeseda (A Estrada) e aveciñado no Campamento de Nueva Puebla. Prometeu dicir a verdade.
Manuel Ventín negou ter participado nos sucesos do Campamento, negou ter estado alí, pois estaba durmindo a sesta cando oíu o rebumbio dos camións e as explosións das bombas. Afirmou, así mesmo, que non coaccionou a ninguén para que subisen aos camións. Manuel, co seu puño e letra, asinou “Manuel Ventín”.
O 6 de outubro tamén compareceu perante o xuíz Perfecto Erundino Ventín Rivas, de 28 anos de idade, casado, de profesión canteiro, natural de Codeseda (A Estrada) e aveciñado no Campamento de Nueva Puebla. Prometeu dicir a verdade.
Erundino Ventín negou estar presente no Campamento a tarde do asalto, xa que estaba na súa casa, dende onde escoitou as explosións das bombas. Tamén negou ter coaccionado ou obrigado a ninguén a subir aos camións co obxectivo de marchar cara a Puebla. Perfecto Erundino, co seu puño e letra, asinou “Perfecto Ventín”.
O 6 de outubro tamén compareceu perante o xuíz Olegario Ventín Rivas, de 24 anos de idade, casado, de profesión canteiro, natural de Codeseda (A Estrada) e aveciñado no Campamento de Nueva Puebla. Prometeu dicir a verdade.
Olegario Ventín afirmou estar na casa o día do asalto e que, ao oír as explosións, pechouse no seu cuarto, do que non saíu até despois de cesado o tiroteo. Tamén negou ter coaccionado ou obrigado a ninguén a subir aos camións. Olegario, co seu puño e letra, asinou “Olegario Ventín”.
O 6 de outubro tamén compareceu perante o xuíz Ramiro Lois Ventín, de 21 anos de idade, solteiro, de profesión canteiro, natural de Piñeiro (Quireza-Cerdedo) e aveciñado no Campamento. Prometeu dicir a verdade.
Ramiro Lois declarou que o día do asalto estaba durmindo. Espertárono as detonacións e, por medo a que lle pegasen un tiro os obreiros, saltou por unha ventá e botou a correr cara ao monte. Negou as acusacións de coacción. Ramiro, do seu puño e letra, asinou “Ramiro Elois Ventín”.
Na documentación procesual, o apelido Lois vai ser transcrito “Eloy”, “Elois” ou “Eloys”. O nome Erundino vai ser transcrito, de primeiras, “Arentino”.
O día 8 de outubro de 1936 compareceu perante o xuíz o garda civil Domingo Rodríguez Barrio. Rodríguez Barrio identificou a Manuel Lorenzo Campos como un dos principais dirixentes do asalto ao cuartel da Garda Civil de Campamento. E preguntado pola actuación de Perfecto Ventín e dos seus sobriños, respondeu que, por “rumores de dominio general”, os citados eran “significados izquierdistas revolucionarios”.
O 10 de outubro de 1936, Antonio de la Hoz Rodríguez, xuíz instrutor da causa contra os Ventín e outros, chamou a declarar ao alférez da Garda Civil de Puebla de Sanabria Alonso Marino Prieto, que participara na defensa do cuartel do Campamento o día do asalto. O alférez Alonso Marino Prieto, “por no poder abandonar su servicio”, declarou o día 23 en Puebla de Sanabria, sendo remitida a súa declaración escrita a Zamora.
Nas súas manifestacións, o garda civil Alonso Marino Prieto, de primeiras, nomeou un por un os principais asaltantes do cuartel do Campamento de Nueva Puebla: 20 dos nomeados xa foran detidos e 65 “y otros muchos” estaban fuxidos. Entre os citados polo alférez Marino Prieto non figuran os Ventín de Cerdedo.
A continuación, o xuíz preguntoulle ao garda civil Alonso Marino se Perfecto Ventín Barreiro e os seus sobriños Manuel, Erundino, Olegario e Ramiro “Eloy” Ventín se atopaban entre os asaltantes ao cuartel ou se, pola contra, se puxeran ao lado da forza pública. O alférez respondeu que “todos estos individuos, tanto tíos como sobrinos, desde antes del Movimiento, eran conocidos como de ideas revolucionarias, y el veintiuno de julio tomaron parte directa en el asalto al puesto de la Guardia Civil del Campamento”. Parafraseando a Groucho: “se non lle gusta a miña declaración, teño outra”.
O 27 de outubro de 1936, o xuíz De la Hoz Rodríguez procesou a Perfecto Ventín Barreiro, Manuel Ventín Rivas, Perfecto Erundino Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas e Ramiro “Elois” Ventín, xa que “dada la significación extremista de los acusados, se pueden apreciar indicios suficientes de criminalidad y, al mismo tiempo, participación directa y voluntaria en los hechos que se les imputan” e tamén que “los hechos realizados por los acusados son claramente constitutivos de un delito de rebelión militar”. Os Ventín continuarían en situación de prisión provisional incondicional comunicada.
O procesamento dos Ventín baseouse nas declaracións do garda civil Alonso Marino Prieto, nas declaracións do canteiro de Beariz Manuel Lorenzo Campos (tamén procesado) e mais nas do garda civil Domingo Rodríguez, a cuxo testemuño se acollera Perfecto Ventín. O garda civil Domingo Rodríguez (que Perfecto nomeou Domingo Blanco) declarara: “Tanto el Perfecto como sus sobrinos eran significados izquierdistas revolucionarios”.
Dende a prisión provincial de Zamora, o mesmo día 27 de outubro, Ramiro “Elois” Ventín, sen alcume, fillo de Xosé e Severina, nado o 22 de abril de 1915, de 21 anos de idade, natural de Piñeiro (Quireza-Cerdedo), solteiro, de oficio canteiro, sabendo ler e escribir, sen antecedentes penais, de face redonda, ollos garzos (azulados), boca pequena, nariz chato, pelo negro, cellas “al pelo” e estatura regular, dixo saber por que era procesado, ratificou as súas declaracións do 6 de outubro, refugou engadir máis nada e asinou “Ramiro Lois Ventín”.
No mesmo día e lugar, Olegario Ventín Rivas, sen alcume, fillo de Vítor e (María) Xosefa, nado o 11 de decembro de 1912, de 23 anos de idade, natural de Codeseda (A Estrada), casado, pai dun neno, de oficio canteiro, sabendo ler e escribir, sen antecedentes penais, de face corrente, ollos negros, boca grande, nariz ancho, pelo negro, cellas “al pelo” e estatura regular, dixo saber por que era procesado, ratificou as súas declaracións do 6 de outubro, refugou engadir máis nada e asinou “Olegario Ventín”.
No mesmo día e lugar, Perfecto Erundino Ventín Rivas, sen alcume, fillo de Vítor e (María) Xosefa, nado o 21 de novembro de 1907, de 28 anos de idade, natural de Codeseda (A Estrada), casado, pai dun neno, de oficio canteiro, sabendo ler e escribir, sen antecedentes penais, de face delgada, ollos negros, boca corrente, nariz regular, pelo negro, cellas “al pelo”, estatura corrente e cunha cicatriz na meixela dereita, dixo saber por que era procesado, ratificou a súa declaración do 6 de outubro, refugou engadir máis nada e asinou “Perfecto Ventín”.
No mesmo día e lugar, Manuel Ventín Rivas, sen alcume, fillo de Vítor e María Xosefa, nado en novembro de 1906, de 29 anos de idade, natural de Codeseda (A Estrada), casado, pai de dúas nenas, de oficio canteiro, sabendo ler e escribir, sen antecedentes penais, de face corrente, ollos negros, boca grande, nariz recta, pelo negro, cellas “al pelo” e estatura alta, dixo saber por que era procesado, ratificou a súa declaración do 6 de outubro, refugou engadir máis nada e asinou “Manuel Ventín”.
No mesmo día e lugar, Perfecto Ventín Barreiro, sen alcume, fillo de Manuel e de Dolores, nado o 25 de marzo de 1883, de 53 anos de idade, natural de Quireza (Cerdedo), casado, de oficio canteiro, sabendo ler e escribir, sen antecedentes penais, de face longa, ollos claros, boca regular, nariz achatado, pelo entrecano, cellas “al pelo” e estatura 1’75, dixo saber por que era procesado, ratificou a súa declaración do 6 de outubro e engadiu que, o día 21 de xullo, a súa actuación fora presenciada por Manuel Quideu[?] Barros e unha tal Manuela, muller de Xosé Porto Picáns (da parroquia estradesa de Vinseiro), tamén procesado. Perfecto Ventín insistiu, así mesmo, en que o garda civil Domingo o mandara retirar do seu lado porque estaba en perigo, e que disto podían dar testemuño Xosé Porto Picáns e o seu sobriño Perfecto Ventín Rivas. Perfecto Ventín Barreiro asinou “Perfecto Bentín Barreiro”.
O 8 de setembro, o alcalde de Cerdedo Xerardo Lorenzo González remitiulle ao xuíz un certificado de boa conduta dos seus veciños Perfecto Ventín Rivas e do seu sobriño Ramiro Lois Ventín: “son tenidos por personas de buena conducta, tanto moral como política, habiéndosele conocido siempre en esta localidad como individuos de orden y de tendencia moderada y derechista”.
O 9 de setembro, o cura da parroquia de Quireza (Cerdedo) Xosé Rey Rivas remitiulle ao xuíz un certificado de boa conduta dos seus fregueses Perfecto Ventín Barreiro e do seu sobriño Ramiro Lois Ventín: “cumplieron siempre, mientras aquí estuvieron, con la Iglesia y no se significaron en actuaciones marxistas”.
No tocante á Igrexa cerdedesa, sabemos da postura conciliadora do cura de Quireza Xosé Rey Rivas, en contraste coa actitude vingatíbel de Xesús Rodríguez Anllo, o cura de Castro; ou de Manuel López Vizcaíno, o cura de Figueiroa. O extremismo da dereita cerdedesa fica ben esclarecido tendo en conta que o quirezán Xerardo Lorenzo González, o primeiro alcalde franquista de Cerdedo, acusado de “brando” polos falanxistas, recibiu unha malleira dos propios ao pouco de chegar á alcaldía. En 1950, será substituído no cargo por Manuel Gutiérrez Torres, xefe da Falange local.
O 9 de setembro, o cura da parroquia de Codeseda (A Estrada) Antonio Rodríguez Souto remitiulle ao xuíz un certificado de boa conduta dos seus fregueses Manuel, Perfecto Erundino e Olegario Ventín Rivas: “son de buena conducta civil y moral y como tales los tiene aquí el vecindario, pues no se sabe de ellos nada en contrario, y son también de padres honrados y apreciados en la parroquia”.
O 30 de novembro de 1936, o fiscal xurídico militar da División (apelidado Santaló) formulou as conclusións provisionais:
“El día 19 de julio de 1936, los elementos del Frente Popular, especialmente los marxistas, al tener conocimiento de la iniciación del movimiento llevado a cabo por el glorioso Ejército Nacional, y que tenía como finalidad la salvación de la Patria, acordaron oponerse por todos los medios a la consecución de tan noble propósito.
Así sucedió en la zona de la provincia de Zamora, donde están enclavados los pueblos de Nueva Puebla, Padornelo, Lubián y Campamento, en los que los procesados que después se señalan, puestos de común acuerdo, los días 20 de julio y siguientes, exigieron violentamente armas a los particulares, robaron los polvorines de la Sociedad constructora del ferrocarril de Zamora a Orense y, organizados en grupos numerosos, atacaron los cuarteles de la Guardia Civil de Nueva Puebla y Campamento, en el último de los cuales hubo de sufrir bajas el benemérito instituto, y volaron además con dinamita un puente de la carretera.
En estos hechos tomaron parte los procesados cuyo nombre y actuación es la que sigue: (figuran 64 nomes, e entres eles:) “[...] José Porto Picáns fabricó explosivos y los transportó [...] Manuel Lorenzo Campos asaltó el cuartel de Campamento [...] Manuel Bentín Ribas, Perfecto Erundino Bentín Ribas y Perfecto Bentín Barreiro obligaron a la gente a montar en camiones que iban a Nueva Puebla para realizar los actos de rebelión indicados [...] Olegario Bentín Ribas adoptó idéntica actitud que sus hermanos Manuel y Perfecto [...] Ramiro Elois Bentín adoptó la actitud de su tío Perfecto Bentín [...]
Estos hechos probados [...] constituyen un delito de rebelión militar [...] Son autores de este delito y por ello responsables criminalmente todos y cada uno de los procesados [...] Procede imponer la pena de reclusión perpetua a muerte”.
O 2 de decembro de 1936, o tenente de Infantaría Serapio Vaquero Chimeno substitúe o alférez Antonio de la Hoz Rodríguez (destinado á fronte) como xuíz instrutor da causa 513/1936.
O mesmo 2 de decembro, na prisión provincial de Zamora, os 64 procesados, de entre unha listaxe de candidatos, escollen por unanimidade como avogado defensor ao tenente da Comandancia de Carabineiros de Zamora Rafael Bahamonde Romero. Nesa listaxe de 64, aínda figura Ramiro Lois Ventín, porén, o de Piñeiro (Cerdedo), o sábado 7 de novembro, coa escusa de trasladalo de prisión, fora vítima de “saca” e “paseo” a mans dos fascistas.
O mesmo 2 de decembro, o gobernador civil de Zamora informou o xuíz instrutor de que durante a condución do detido Ramiro “Elois” Ventín “para trasladarle de prisión por exigirlo las necesidades del servicio, intentó fugarse, viéndose obligada la fuerza conductora a tratar de impedirlo por medio de las armas, de cuyo accidente resultó muerto”.
No extracto da acta de defunción figura que, polas causas anteditas, Ramiro Lois Ventín falecera en Zamora o día 7 de novembro de 1936. Déuselle sepultura ao seu cadáver no cemiterio municipal de Zamora (San Atilano).
O mesmo 2 de decembro, o xuíz instrutor fíxolle entrega da causa “para su estudio” ao tenente de Carabineiros Rafael Bahamonde Romero, defensor dos 63 procesados. O xuíz salientou que “por tratarse de un procedimiento sumarísimo, sólo podía tenerla en su poder tres horas”.
Na Audiencia Provincial de Zamora, ás dez horas do 3 de decembro de 1936 comezou o consello de guerra. O presidente do consello era o tenente coronel da Garda Civil José Redondo Crespo. Actuaron como vocais os capitáns Agustín Martín Rodríguez, Ángel Espías Bermúdez, Agustín Marquina Laviano, Luis García Calvo e Ignacio López García.
Nas “Memorias de Ángel Espías Bermúdez”, editadas en 2004 por Gabriel Jackson (Ebre 38 nº 2), lemos que o gobernador civil de Zamora, o tenente coronel de Infantaría Raimundo Hernández Comes, decretaba “sacas” de presos a cotío, levadas a cabo por partidas de falanxistas con nocturnidade e aleivosía. Estes escuadróns da morte estaban liderados, entre outros, polos pistoleiros Martín Mariscal, Segundo Viloria, Juan Luis Rodríguez, José Avedillo Brioso, Luis Valera o Manuel Girón (Fonte: Foro por la Memoria de Zamora).
Celebrado o xuízo-farsa, deuse a coñecer a sentenza:
“Resultando: Que en el sector de la provincia de Zamora, comprendido entre los pueblos de Requejo, Lubián, Aciveros, Padornelo, Hermisende y otros próximos a Puebla de Sanabria, desde el día diez y ocho de julio próximo pasado, los elementos extremistas del anarco-sindicalismo, socialistas y comunistas, se alzaron en armas para imponer el régimen rojo en contra del Movimiento Nacional iniciado por el Ejército, procediendo a requisar por la violencia las armas entre el vecindario de los pueblos de la comarca, apoderándose de éstas y de explosivos de los polvorines de trabajos de cantería en gran cantidad, así como de vehículos automóviles para transportarse por caminos y carreteras. El día veintiuno de julio último, un grupo armado muy cercano a los quinientos hombres atacaron, con fuego de armas cortas y largas y bombardeo con dinamita, el cuartel de la Guardia Civil del Campamento de Nueva Puebla, cuyas fuerzas se resistieron heroicamente, no obstante tener dos guardias heridos gravemente, consiguiendo salir del cuartel y replegarse al monte, donde se vieron libres de los rebeldes, a quienes ocasionaron por su parte varios muertos y heridos. Continuaron desde ese día los extremistas, dueños de la situación en la comarca, montando guardias armadas para impedir el paso de las fuerzas del Ejército Nacional, volando algunos puentes para interceptar las carreteras, hasta que el día treinta y uno de julio, después de algunos bombardeos de la aviación nacional, las fuerzas de la Guardia Civil, consiguieron reducir el núcleo revolucionario, restableciendo el orden y procediendo a la escalonada detención de muchos de los participantes en estos sucesos.
Resultando: Que como dirigentes y excitadores de los extremistas, antes de los sucesos, y dirigentes efectivos en todos y cada uno de los mismos, aparecen los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, todos ellos con armas y destacados especialmente en el ataque despiadado al cuartel de la Guardia Civil de Nueva Puebla, lo mismo que lo fueron en el resto de los acontecimientos, hasta que fueron detenidos y distinguidos en excitar y llevar a sus huestes, hasta con amenazas y violencias, a la comisión de los hechos”.
A sentenza atribúelle ao veciño de Xirarga (Beariz) Manuel Lorenzo Campos formar parte dos grupos armados atacantes do cuartel de Nueva Puebla e executores dos servizos de garda montados para oporse ás forzas do exército. Segundo o texto da sentenza, Xosé Porto Picáns “no aparece que tuviese participación definida en los hechos de autos, llegando tan solo a una actuación pasiva...”. A seguir, a sentenza recolle o falecemento de “Ramiro Eloys Ventín”, e segue:
“[...] Considerando: Que del primero de los delitos calificados, o sea del de rebelión militar consumada, aparecen como responsables en el concepto de autores por participación directa y voluntaria los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, siendo de destacar con relación a ellos, como circunstancia agravante muy calificada, [...] la mayor transcendencia de sus hechos y acreditada peligrosidad resultante de sus antecedentes y actuación, dirigiendo y aún obligando a muchos a intervenir en los hechos...
[...] Fallamos: 1º Que debemos condenar y condenamos a la pena de muerte a los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, como autores de un delito de rebelión militar con la calidad de dirigentes en el mismo y con la concurrencia de una circunstancia agravante muy calificada”.
O bearicés Manuel Lorenzo Campos é condenado á pena de trinta anos de reclusión maior (de cumprila íntegra, a pena extinguiríase en agosto de 1966). O estradés Xosé Porto Picáns é absolto. O 16 de outubro, a xefatura de Falange da Estrada remitíralle ao xuíz instrutor un certificado de boa conduta de Xosé Porto Picáns. O 19 de outubro, a xefatura de Falange de Beariz remitíralle ao xuíz instrutor un certificado de boa conduta de Manuel Lorenzo Campos.
En Valladolid, o 29 de decembro de 1936, o auditor ratifica a sentenza a morte dos Ventín. En Zamora, o 30 de decembro, o xuíz instrutor solicítalle permiso ao coronel-gobernador militar para cumprir a sentenza. O mesmo día, o xuíz instrutor recibe un oficio do coronel-gobernador militar sinalando a data, lugar e hora da execución da sentenza: “ha sido designado las proximidades del cementerio (de Zamora) y hora de las siete del día de mañana (31 de diciembre)”. O 30 de decembro, o defensor trasladouse á prisión provincial de Zamora e, en presenza dos condenados, leulles a sentenza.
Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas, Perfecto Erundino Ventín Rivas e Perfecto Ventín Barreiro, canda outros catorce compañeiros, son fusilados (vilmente asasinados) ás 7 da mañá do día 31 de decembro de 1936 por un piquete formado por 175 falanxistas, 70 requetés e 175 soldados do Rexemento de Infantaría de Toledo nº 26: “Dichos reos han sido pasados por las armas y, hecha la descarga por el piquete, el oficial médico don Dídimo Temprano Martínez, certificó la defunción de todos los condenados”. O oficial médico anotou como causa da morte: “shock traumático”. Na mesma explanada do cemiterio, o 16 de agosto un piquete de carabineiros executara o alférez de Carabineiros Ricardo López Fabián (deitado nunha padiola, pois estaba ferido) e o sarxento de Carabineiros Andrés López Pichel.
O cadáver de Perfecto Ventín Barreiro (53 anos) foi inhumado na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 7 do cemiterio de Zamora (San Atilano); o cadáver de Manuel Ventín Rivas (30 anos), na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 5; o cadáver de Perfecto Erundino Ventín Rivas (29 anos), na parcela de San Roque 6ª, fila 5ª, número 108; e o cadáver de Olegario Ventín Rivas (24 anos), na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 3. Descoñecemos o lugar exacto do cemiterio de San Atilano no que fora sepultado, a comezos de novembro, Ramiro Lois Ventín (21 anos).
En 2006, o historiador Xoan Carlos Garrido publicou na web Tabeirós-Montes o artigo “Os 5 Ventín: Masacre dunha familia”. Baixo o epígrafe “A decisión de Josefa”, Garrido plasmou un estarrecedor testemuño recollido de fontes orais: “Entre o 3 e o 31 de decembro, tivo tempo a súa nai Josefa de achegarse a Zamora a pedir clemencia. Alí, vendo que era viúva e que precisaba dun home na casa para soster a familia, o tribunal mostrouse ‘magnánimo’ e concedeulle unha graza: ‘Elija usted al hijo que quiere que se salve’. Evidentemente, iso sería tanto como deixala a ela elixir quen quería que morrese; cousa que non puido facer”. (Léase ademais: David Otero: Nun bambán de non virar baldo, 2009).
Concluímos. O colectivo Capitán Gosende, que dende hai anos vén traballando en prol da recuperación da Memoria Histórica en Cerdedo, fincará en datas próximas a sétima lauda no seu Campo das Laudas (As Raposeiras-Meilide-Cerdedo). A sétima estela (coma sempre, obra do escultor Marcos Escudero), honrará coa lembranza o sacrificio dos 5 Ventín e, asemade, a afouta dignidade da matriarca Xosefa Rivas Touriño. A sétima lauda destilará da oseira de San Atilano (Zamora) o recordo emocionado destes nosos paisanos, e canda aos monolitos de Xosé Otero Espasandín, Antonio Sueiro Cadavide, Francisco Varela Garrido, Xosé Torres Paz, Martiño Ferreiro Álvarez, Manuel Garrido o Resucitado e a súa dona Esperanza Barros García, consolidará e daralle continuidade ao proxecto de reivindicación das vítimas do franquismo: permanencia dos seus nomes, gabanza do seu compromiso e transmisión do seu legado ideolóxico.
Lauda a lauda, o colectivo Capitán Gosende teima na rehabilitación de todos e cada un dos cerdedeses que, valedores da democracia e da liberdade, se arrepuxeron con heroísmo á barbarie fascista desatada no verán de 1936. Nada esperamos das autoridades locais da comarca de Montes, pois, tamén lauda a lauda, veñen demostrando, fronte ao xenocidio e a mentira oficial imposta pola ditadura, a súa tendenciosa, ignorante ou covarde insensibilidade. Nestes tempos convulsos de reafirmación fascista, tan perigoso para a convivencia é facer alarde da simboloxía franquista coma permanecer, babeco, ao pairo dos acontecementos.

Os sucesos de Nueva Puebla: A matanza dos cinco Ventín
Calros Solla
Os 5 Ventín: Masacre dunha familia
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Se a represión se cebou co movemento agrario, prohibindo as súas organizacións, incautando os seus locais e perseguindo e executando aos seus dirixentes; a respecto do movemento obreiro esta non foi menor, alcanzando algunhas veces cotas realmente brutais. Este é o caso dos canteiros das Quintas (Codeseda), que como moitos outros canteiros de Terra de Montes, ían buscar a vida polo mundo a diante e o 18 de xullo atopounos ciscados polo Estado, moitos deles en Madrid – que como agora é onde máis obras se facía – e outros, como os Ventín, nas obras do ferrocarril de Zamora a Ourense.
Aínda que este é un estudio local, neste caso non queda máis remedio que traspasar os límites da Estrada para reconstruír este acontecemento. Límites artificiais que non entenden de comarcas naturais, como foi no caso da Ulla, e desta volta, Terra de Montes. Comarcas nas cales se estrutura a convivencia comunitaria de tal xeito que os acontecementos dun ou doutro lado da fronteira municipal son imposíbeis de separar para comprendelos en toda a súa dimensión. Por iso nos temos que apoiar en testemuñas de ambas as dúas beiras e en libros, como o que esta semana vai tirar do prelo Dionisio Pereira sobre a represión en Cerdedo, así como os datos que para un traballo literario ten extraído o escritor estradense David Otero.
Xa que logo, despois de todo, os tres Ventín de Codeseda, e os dous de Cerdedo, sempre traballaron xuntos, viviron xuntos na emigración, sufriron prisión xuntos, xuntos foron fusilados e xuntos descansan nunha foxa común do Bierzo.
A casa matriz dos Ventín Barreiro podemos situala en Tres Aldeas, parroquia de Quireza, Concello de Cerdedo. De alí veu casar ás Quintas (Codeseda) un dos once fillos, Victor, con Josefa Rivas Touriño. Tiveron 5 fillos dos cales saíron arriba tres: Manuel, Erundino e Olegario. O propio Victor morrería novo. Perfecto, quedaría en Quireza e a irmá Severina casaría en Piñeiro, tendo dous fillos, un estudou para crego, Lisardino, e o outro, Ramiro, o quinto protagonista desta traxedia, faríase tamén canteiro.
O tío Perfecto, levou consigo a aprender o oficio aos tres das Quintas e a Ramiro. Farían obras menores pola zona e co tempo colleron camiño de Puebla de Sanabria e alí se instalaron nunha casa todos xuntos, aos que hai que engadir un can, “Chusco”, que se di que cando volveu a Codeseda, ao cheirar as roupas do seu amo morto Olegario, morreu no instante. Puxéronse a traballar nas obras do camiño de ferro que ía ir até Ourense. Comentábanlle os das Quintas a súa nai: “empezamos unha obra que cando a acabemos xa estaremos xubilados”. Ao fin, desde o alto do monte das Quintas, Josefa avistou a columna de fume do primeiro tren que logo de moitos anos pasou por esa vía, non puido máis que chorar ao lembrar esas palabras dos seus fillos, que nunca chegarían a vellos.
Perfecto, Olegario, Manuel e Erundino, non so eran obreiros senón que tiñan conciencia de se selo e orgullosos da súa condición, estaban organizados como tais nun sindicato, a UGT, e nun partido, o PSOE, militando aló na Gudiña onde traballaron e onde loitaron sindicalmente, mesmo nos momentos tráxicos de xullo do 36 cando tiveron que defender o réxime lexítimo da República até a chegada das columnas de artillería que facía imposible calquera resistencia.
Logo da derrota militar dos obreiros, os Ventín acordaron volver para a súa terra. Consideraban que non fixeran nada malo, e mesmo cando se presentaron no cuartel da Garda Civil de Cerdedo, o xefe do posto díxolles que senón tiñan as mans manchadas de sangue non lle ía pasar nada. Co cal – sen saber moi ben que facer con eles – acordou mandalos para a casa. Cando se entregaron, o tío, Perfecto, xa lles advertira que deixaran que fose el só, pero os sobriños insistiron, mesmo os da Estrada, que querían ir con el. Dicían que sempre estiveran xuntos e xuntos tiñan que seguir.

A cuestión relixiosa
Mais non tardarían en ir buscalos ás casas. En Cerdedo actuaba un escuadrón falanxista tristemente célebre xunto co da Consolación, aos que a miúdo se lle engadían os Gardas Cívicos de Lis Quivén, que subían desde Pontevedra. Estes grupos non dubidaban en ampliar a súa área de acción segundo conviñera e contaban nalgúns casos coa colaboración dos cregos que como neste caso vai ser decisiva na incriminación dos Ventín. Tamén hai que ter en conta que a cuestión relixiosa foi un motivo de confronto fundamental durante todo o período republicano. A Igrexa institucionalmente opúxose con todas as súas forzas á república, logo houbo individualmente exemplos de cregos que se centraron nos seu labor pastoral e non interviñeron no conflito. Na Estrada temos exemplos de ambos os dous casos, e a resposta dos republicanos tamén foi desigual, respectuosa nalgúns casos como vimos no das autoridades municipais a respecto dos cultos na igrexa parroquial e procesións, en cambio tamén hai que sinalar actuacións anticlericais sen moita virulencia polo que simplemente podemos cualificar de “trasnadas” e como tales eran tomadas por algún crego, como o de Oca cando lle pintaron unha fouce e un martelo na reitoral, o cal restou importancia ao entendelo como unha “rapazada”, deixando estar así cousa, nin sequera borrou a pintada, “tampouco fai mal ningún” – comentaría logo – non tirando deste feito maiores consecuencias. Mais noutros casos, estas “trasnadas” pasarían a figurar no prego de cargos para determinar a execución de moitos veciños da comarca. Este é o caso dos Ventín, aos que se lle acusará de “sacar os santos dunha Igrexa” con motivo dunha asemblea que se celebrou nese templo, sen provocar ningún dano material nin físico a ningunha persoa, pero si resultando unha profanación ou un atentado ás crenzas relixiosas, que levou a que se considerara que este delito debía ser castigado coa morte, como se esa execución non fora un atentado máis grave contra ditas crenzas que sitúan como cabezallo un mandamento que di “non matarás”.
Quizais haxa que lembrar aquí como contraste as palabras que pronunciaría o párroco da Estrada Nicolás Mato na defensa da corporación Estradense e que literalmente nolas transmitira a profesora galeguista, Fita Varela, cando o fiscal militar lle dixo: “Venga usted que con su cara de santo es tan bueno como los que estaban ahí sentados”, respondéndolle: “Entre mis feligreses no hay ningún hombre malo. Todos eses hombres que ves ahí sentados son honrados trabajadores y amantisimos padres de familia; y si mi cabeza te sirve para salvar a uno de eses hombres, puedes disponer de ella. Cristo murió por todos, y que importa mi cabeza por uno de mis feligreses”
É preciso lembrar as honrosas excepcións cando a pauta foi tan diferente, isto é, máis na liña do crego de Castro, José Rodríguez Anllo, , a cuxa parroquia pertencia Piñeiro, onde vivía Ramiro Lois Ventín. Este crego enfrontado cos seus fregueses non dubida en presumir de que se por el fora non quedaría na parroquia máis de tres homes. De feito, coñécese un documento asinado por el no 1938 de denuncia de veciños e pedindo que se actúe sobre eles, cun listado de máis de 50 nomes.

A decisión de Josefa
O caso é que o 19 de setembro ingresan na prisión de Zamora os 5 Ventín, enviados desde Cerdedo, axuntándolles os informes preceptivos e determinantes. O 3 de decembro se leva a cabo o Consello de Guerra e o 31 de decembro son executados no alto do Padornelo, na Canteiro do Suspiro. Hoxe seguen todos eles enterrados nunha foxa común.
Dos tres irmáns das Quintas, Manuel era o máis vello, con 29 anos. Tiña dúas fillas, Manuela e Nelida, esta última nacería o mesmo día en que era executado. Erundino casara nos Campos e tiña un fillo. Olegario casara en Monteagudo, Xubrei, con Teresa, e tiña un fillo. Entre o 3 e o 31, tivo tempo a súa nai, Josefa de achegarse a Zamora a pedir clemencia. Alí, vendo que era viúva e que precisaba dun home na casa para soster a familia, mostráronse “magnánimos” e concedéronlle unha graza: elixa vostede o fillo que quere que se salve. Evidentemente iso sería tanto como deixarlle a ela elixir quen quería que morrese, cousa que non puido facer. Sobre un caso semellante hai unha película clásica de Alan J. Pakula, protagonizada por Meryl Streep. Foi no seu momento un filme que conmoveu a todo o mundo con esa historia baseada nun caso real. Unha historia que tiñamos a beira e que descoñecíamos mentres nos emocionaba o caso dunha vítima da represión do nazismo na Alemaña. Así era como se constrúe a nosa memoria histórica, sen saber o que nos pasou a nós, pero revivindo o que lle pasou a outros a miles de quilómetros.