Orazo
Clara Iglesias Cortizo
- ORAZO: probabelmente se trate dun topónimo de posesor, derivado do antropónimo latino ORATIUS. Outra posibilidade é unha orixe prerromana, a partir do lexema *or, “altura, monte”, que se correspondería co emprazamento elevado da parroquia.
- BALDARÍS: trátase dun topónimo de posesor, derivado do sintagma VILLAM BALDARICI, xenitivo do antropónimo xermánico Baldaricus. Esta forma Baldarís, rematada en –s, correspóndese coa zona dialectal de seseo parcial ou implosivo (en posición final de sílaba), fronte á forma sen seseo Baldariz, que tamén aparece na toponimia galega.
- BESTEIROS: é un topónimo profesional, derivado do latín vulgar BALISTARIUM, “o que empregaba a bésta ou se servía dela na guerra”, ou mellor, “o que tiña por oficio construír béstas”. BALISTARIUM formouse sobre BALISTAM, forma do latín tardío que veu substituír o clásico BALLISTAM. A palabra besteiro aínda existe no léxico común, aínda que, como é lóxico, non ten moito uso. Parece ser que estes profesionais eran moi apreciados na Idade Media, pois sábese que moitos núcleos de poboación medievais concedían franquías, foros e outras vantaxes fiscais para que os besteiros se instalasen nelas. Isto acabou dando lugar a topónimos e a forma Besteiro ten moita presenza na toponimia e antroponimia galegas.
- CASTROVITE: trátase dun topónimo que indica o posesor do castro, a partir do sintagma CASTRUM BITTI, xenitivo do antropónimo xermánico Bitto.
- CURRELO: é diminutivo de curro, formado co sufixo –elo. A orixe da palabra curro non está moi clara: é posíbel que derive do latín vulgar CURRALEM, “lugar pechado para gardar o carro”; tamén pode provir do lexema prerromano *kor, “rocha, monte”; e aínda podería ser que estivese relacionada co verbo latino CURRERE, “correr”. É posíbel que o lexema prerromano acabase confluíndo co latín, de forma que sexan certas todas as hipóteses. O que si está claro é o seu significado na lingua común: “lugar descuberto e cercado onde se encerran as bestas bravas traídas do monte; recinto cerrado e cercado ao carón da casa labrega que serve para recoller o gando e outros animais domésticos; en xeral, espazo circular”. Segundo Cabeza Quiles, este topónimo pode tamén facer referencia a anacos de monte cercados ou valados para a produción de toxo.
- IGREXA: procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia.
- OROSA: son posíbeis dúas explicacións para este topónimo; A) Podería proceder da mesma raíz que Orazo, o lexema prerromano *or, que, como vimos máis arriba, ten o significado de “altura”. Corresponderíase coa orografía do lugar, xa que a aldea de Orosa está situada nun lugar alto con respecto ao resto da parroquia; B) Outra posibilidade é a de considerar Orosa un fitotopónimo, tal e como fai, entre outros, Paulo Martínez Lema. Segundo esta interpretación, o lexema proviría do latín HEDERAM, “hedra”. Sobre esta raíz formaríase, xa en latín, o adxectivo HEDEROSAM, que caracterizaría un lugar como “abondoso en hedra”. O lexema HEDERAM, así como os seus múltiples derivados, coñeceu unha certa diversificación no que respecta aos seus resultados romances en galego-portugués, ao existiren dúas vías evolutivas principais: a primeira delas consistiu na desaparición da vogal postónica e, que deu como resultado a forma hedra do galego común. A esta variante remiten directamente moitos topónimos galegos, como Hedrosa, Hedrada ou Os Edreiros. A segunda posibilidade evolutiva consistiu na desaparición da consoante intervocálica -d-. Este fenómeno é o que explica o topónimo Orosa, xunto con outros moitos que aparecen na nosa toponimia, como Erosa/Herosa ou Oroso. En portugués actual a forma do léxico común é hera.
- PAZOS: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- O SAN LOIS: é o nome do lugar onde está a capela adicada a este santo. Lois é un antropónimo de orixe xermánica.
- VENDEXA: trátase dun topónimo de difícil explicación. O lexema vend- podería proceder da palabra do celta antigo vindo ou windo, “branco, luminoso, puro”, que, por unha extensión de significado facilmente comprensíbel, acabou por adquirir tamén o sentido de “lugar sagrado ou santo”. Topónimos descendentes desta base céltica atopámolos por todos os países celtas do occidente europeo: Escocia, Irlanda, Gales, Bretaña; e tamén no norte da Península Ibérica: en concreto, en Cantabria existe un Vendejo, que sería o correspondente á nosa Vendexa.
- VILANOVA: é un nome de lugar de significado transparente. Posibelmente este topónimo se formase xa en época galega. En todo caso, a súa etimoloxía é o latín VILLAM NOVAM. O substantivo VILLAM, en latín, designaba “propiedade rural, quinta, casa de campo”; en galego estendeu o seu significado ao actual “entidade de poboación.
Orazo (San Pedro)
Manuel Reimóndez Portela
Co nome de San Pedro de Orazo é coñecida a parroquia dende todos os tempos.
Pertence á zona da Ulla Alta coas demais, Loimil, Remesar, Agar, San Pedro e San Tomé de Ancorados.
LINDES: Orazo ten os seguintes lindes: polo norte limítana Loimil e Dornelas de Silleda, polo sur Agar, polo leste Cervaña e Piñeiro de Silleda e polo oeste Remesar e parte de Agar.
Por razón alfabética do seu nome correspóndelle o número 31.
Tendo en conta as superficies das parroquias do concello a esta correspóndelle o número 9 con 745 hectáreas. Ten 490 habitantes de feito. Na actualidade 382
Os lugares que compoñen hoxe Orazo son os seguintes:

HIDROGRAFÍA: ten a parroquia o regato de Orosa, nace en fonte Cemil, pasa polo fondo de Valiñas en Agar, seguindo a Remesar e ao remate ás augas do Riobó. Regato de Portamoledo que nace en Tatín, pasa a Baldarís e Vendexa para axudar a formar o río Mao, en Loimil. O chamado regato de Regueiro. O regato do Bosque que vai a Currelo para ir ciscándose...e vai á fonte de Abades.
PONTES OU PONTELLAS: a de Orosa chamada de Portaburros. A de Baldarís. O pontillón de Portamodelo e a ponte de Vendexa sobre do mesmo regueiro de Vendexa, que pasa pola Silva e vai dar ao río Mao en Loimil.
FONTES: a fonte Martelo, preto de Vendexa. A de Currelo no mesmo lugar. A da Chousa de Calvo. A de Saborido no monte de Castrovite. A da Chousa do Trigo, a de Vilanova a e dos Canaváros. A do Ouxido en Vendexa; está restaurada dende 1997. Púxoselle unha imaxe de Santa Lucía, a de Baldarís que no verán daba de beber aos moitos sachadores do millo nas leiras veciñas e en ocasións tiñan que gardar quenda para beber. Afonte da Chousa de Ulloa. A fonte Abruñeda e a fonte do Trulleiro. Ademais a fonte de San Paio abaixo da igrexa. A fonte Tola (chámanlle así xa que tanto está vertendo moita auga como aparece seca) e a fonte da Rega con lenda. E aínda máis a fonte, de Súa Eira en Orosa e a fonte do mesmo nome, para rematar. A fonte de Bixa, restaurada e no camiño de Santiago en Castrovite. Fonte Fría entre Currelo e Orosa.
OROGRAFÍA: Orazo ábrese cara o N-O e ten acochado o horizonte polas bandas do nacente e o mediodía. Subidos estes montes do leste aparece toda a terra de Trasdeza e Deza diante dos ollos; e o sur atópase tapado polo monte de San Sebastián. A visibilidade cara ás ribeiras estradenses do Ulla e cara a Santiago co Pico Sacro polo medio, é excelente.
COMUNICACIÓNS: Orazo é unha parroquia moi ben comunicada hoxe en día, polo norte atópase cruzada pola estrada nacional 525, Santiago-Ourense camiño a Madrid. Desde esta mesma estrada, en Castrovite, arranca a que cruza polo leste da parroquia, pasando á de Agar ata chegar á de Chapa-Carril. Desde Loimil tamén se chega polo oeste á parroquia, aínda que os lugares de Orosa e O San Lois están máis preto da dita Chapa-Carril. Cada un dos lugares comunícase por pistas ademais dos camiños de carro que soben aos montes de leiras.
Autoestrada AP-53, atravesa por Vendexa, Currelo, Baldarís. Estase construíndo o que será o acceso da Estrada a esta autoestrada Santiago-Ourense, por Penalobeira, San Lois e Pazos.
Camiño real: o máis antigo camiño era o que vindo desde A Estrada por Pía e Pica e Monte Molide, entraba na parroquia por Vendexa, seguindo ata a igrexa e San Marcos, onde atopaba o camiño real que vindo de terras de Deza-Trasdeza seguía a Santiago por Ponte Ulla.
Continúa o camiño a mesma dirección a poñente, uns cen metros, por camiño de carro só transitable a pé cando cruza a pista antiga dende Castrovite a Orazo introducíndose a continuación entre as casas deste lugar por pista asfaltada, sempre baixando cara a oeste; antes de pasar todas as casas do lugar atópase un cruceiro no bordo esquerdo e en terreo máis alto, que debe de ser moi antigo, e xa a continuación torce á dereita, onde aparecen un lavadoiro amplo e unha fonte que curiosamente era coñecida co nome de "fonte da Bixa”. Este nome non é propio da comarca, onde din Picho pero ao parecer dise así na comarca de Chaves; trataríase con iso de lembrar os peregrinos portugueses? O camiño xira aquí a dereita e segue buscando a marxe do monte chamado Castrovite, por terreo de labradío e alcanza a faldra do castro xustamente no encontro da estrada a Orazo coa N-525 na súa marxe esquerda.
Dende aquí o camiño coincide coa actual estrada a Santiago, aparece á súa esquerda unha casa que foi taberna e apousento dende moi antigo, que aínda conserva gravado nun lintel "JESTA Nº1", ademais dunha argola para atar os ronzais das cabalerías e unha estreita ventá enreixada por onde atendían a algún cliente nocturno. Este camiño atópase sinalizado polo Xacobeo. E está descrito por Reimóndez, Espiño e Sinde en "El Camino de Santiago por el Sudeste".
CASTRO DESTA PARROQUIA: Castrovite, no lugar de Castrovite desta parroquia, está o castro do mesmo nome ben á vista dereita da estrada Santiago-Ourense, seguindo unha recta que fai a estrada antes de chegar a ollarse perfectamente o castro; na súa aba do oeste amolárono cun palco de música e campo de baile. Fixeran ademais unha pista para chegar alí que arranca doutra que vai desde a estrada, dita a igrexa de Orazo, por un camiño vello que hoxe se usa pouco ao ter outra pista mellor máis ao oeste. Dende o seu cume vese unha fermosa vista paisaxística, o que fixo que se relacionase co castro de Boa Vista. Lémbranse restos de máis dun foxo defensivo protexendo a entrada. O cume é circular, máis ou menos, e nel atópase unha capela antiga dedicada a Santa Mariña. Castrovite ten ás súas costas unha forte carga histórica, incluso alí estivo Diego Xelmírez polo século XII nunha xuntanza cos cabaleiros da redonda. Igual ca noutros moitos castros unha canteira esnaquizou un bo anaco do monte polo leste. Atopáronse alí restos de cerámica e tamén no rebaixe para o campo e palco.
Trátase posiblemente dun dos castros do concello con máis carga histórica e que máis influencia tivo no pasado, do que xa iremos falando.
PAISAXE: a paisaxe é moi fermosa ollada dende o cume do Castrovite e dos montes que rodean a parroquia. Poden verse terras de Santiago e cara á Coruña, Touro e Ordes, terras de Arzúa e Melide e de Vila de Cruces, incluíndo os concellos de Terra de Montes e cara ao Reino en Ourense. O val que compón a parroquia cara a Loimil e Oca engade fermosura a esta bisbarra. Modificouno a AP-53, cos rebaixes dos montes.
MÁMOAS: atopamos só unha mámoa en Miroi (pasoulle por riba a AP-53) noutros tempos gran carballeira e hoxe cuberta de piñeiros e eucaliptos, que linda polo sur co chamado A Mámoa, atópase dentro desta propiedade onde se linda; xa co concello de Silleda; coma todas está profanada máis presenta con toda claridade unhas pedras (laxes) chantadas de punta formando un rectángulo estreito digno de ollalo como exemplo destes restos tan mal tratados.
Había outra ao norte da igrexa onde aínda hoxe lle chaman a Mámoa, nuns labradíos, e desfixérona. Actualmente hai un novo cemiterio con 135 panteóns que chama a atención pola súa construción en pedra.
PEDRAS: importantes son a Laxe, preto de Castrovite; A pedra Maior e a Chousa do Penedo, preto do linde con Cervaña; A pedra de Rañar os Pés, marco linde con Silleda, e por suposto o penedo do Aro ou da Ara, coñecido por estes dous nomes, e que ten unha fermosa lenda. Tamén 4 marcos con R que ten a antiga devesa do Rei, da que falaremos.
Hórreos: os hórreos que os veciños teñen para máis antigos son:
o da casa de Ulloa, o de Baldarís (cuberto de laxes), o de Moreira en Currelo, o de Pampín, o de Faluante e o de Rodríguez.
Pedras, moi importantes porsuposto son os cruceíros que hoxe nesta parroquia están en pé.
1 situacíón: parroquia de Orazo, á beira da escada de subida ao adro da súa igrexa parroquial, o quepermite unha curiosaperspectiva pois a Virxe das Angustias pode ser observada de preto dende a cima da escalinata.
Descrición: plataforma: 3 chanzos cuadrangulares. Pedestal: cúbico liso.
Columna: comeza e remata cadrada, resto octogonal, lisa. Capitel: cúbico con cuñas e catro querubfns, un en cada cara. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso: Cristo crucificado, testa á dereita; reverso, imaxe da Nosa Señora das angustias. Altura: cinco metros aproximadamente.
Inscricións: non se observan
Conservación: boa, restaurada recentemente.
Tradición: sábese que foi trasladado dende un lugar inmediato.
Propiedade: pública
2 Situación: parroquia de Orazo, lugar de Castrovite, nunha eira de casa particular no centro do lugar, situado na aba do antigo castro con historia medieval.
Descrición: Plataforma: non a ten. Pedestal: pirámide cuadrangular truncada. Columna: empeza e remata cadrada. Resto de sección octogonal, espiñenta. Capitel: non o ten, a cruz arrinca directamente da columna. Cruz: latina. Anverso: Cristo crucificado con catro cravos, testa ergueita; reverso, a Virxe de pé co fillo do colo. Altura: menos de catro metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala
Tradición: non hai tradición escrita nin oral apreciable. Debe tratarse dun cruceiro de moitísima antigüidade.
Propiedade: articular, de Manuel Calveiro, hoxe de Xosé Calveiro.
A parroquia ten ademais na saída oeste do lugar entrando no monte e a vindeira dun camiño unha cruz alta de máis de dous metros de altura, sen imaxes aínda que si con sinais que tivo unha inscrición, posiblemente da data en que foi feito.
LENDAS: fermosa lenda é a da Peneda do Aro. Foi recollida esta lenda na parroquia por máis dunha persoa, todas de idade, que a contan de maneira semellante.
Para entendela falemos do monte que separa esta parroquia das lindantes. Agar e Remesar á man dereita, onde lle chaman o monte Sistalto atópase esta gran peneda denominada a pedra da Ara ou do Aro. Peneda grande pouco alta, chea de pozos ou fochancas coma aras (supoñemos que de alí lle veu o nome).
É moi vella a crenza que naquela peneda apareceu unha tenda arraiada. Foi polo verán cando unha rapaza andaba co gando ceibe naquel monte... de súpeto apareceu unha tenda arraiada enriba da peneda.. a rapaza ficou abraiada e non sabendo qué facer, achegouse paseniñamente decatándose que á súa fronte estaba unha moza moi fermosa, seguiu ollando cantas cousas a tiñan chea de pasmo, tantas cousas por ela descoñecidas.
A moza, vendo que a rapaza seguía engaiolada polo prodixio, preguntoulle:
-que cousa che gusta máis de todas estas?
Sen saber que responder deu unha volta ao redor da tenda e rematou dicíndolle con voz medoñenta:
-¡Isto!... sinalando unhas tesoiras de ouro.
-Podes collela... doucha...
A rapaza colleuna con medo e envolveuna nun pano da man... coa mesma botou a correr falándolle ao gando, dirixíndoo para a súa casa, onde chegou toda alporizada chamando a berros polos seus pais e mais polos veciños, dicíndolles que traía unhas tesoiras de ouro da Pena do Aro. Ante o degaro dos demais foi desenvolvendo o pano paseniñamente e atopouse con que... non tiña nada, desaparecéranlle as tesoiras... era un encanto.
No lugar de Vendexa nunha fonte entre este lugar e a igrexa, nun terreo cunha fochanca onde as mulleres ían cos seus baldes a coller auga, ningunha tiña o atrevemento de ir por ela polo serán. Pois nesta fonte de cando en cando aparecíase unha galiña grande cunha recua de pitiños de ouro, non sabían de onde saía, aínda que só con mirala arrepiaba, os pitos picaban no chan e a galiña miraba de fite sen moverse se se achegaban á fonte.
Se a muller poñía o balde debaixo do picho a galiña atacábaa feramente feríndoa, facéndoas fuxir ao mesmo tempo que fuxía ela cos seus pitos... por encantamento.
Na chamada fonte da Rega tamén ten a tenda arraiada tal e como se describiu na pena da Ara, aínda que cunha variante que aparece en máis parroquias, cando a rapaza lle pide as tesoiras, a belida moza respóndelle... bota fóra a lingua que chaa vou cortar!
Ao leste do lugar de Orosa hai unha peneda coa lenda seguinte:
O avó de Rendo andando alí co gando atopou unha imaxe de Santo Antón... envolveuna coa chaqueta e foi recoller as ovellas para volver á casa, e cando volveu polo santo non viu nin santo nin chaqueta.
Din os veciños que no castro (Castrovite) estiveron moitos anos os mouros.
No mesmo Castrovite había un tesouro que non se sabía del...
E tamén ten unha viga de ouro e outra de alcatrán, que os veciños non se atrevían a descubrir por se atopaban a de alcatrán e estoupaban.
Outra lenda fala que a imaxe de San Paio, que se adora na igrexa, apareceu na fonte que leva o seu nome Fonte San Paio.
HISTORIA: Jerónimo del Hoyo: recolle 1607: "San Pedro de Orazo (Cabeza). Esta feligresía tiene treinta feligreses.
Los fructos se hacen dos partes, la una lleva la cura y la otra el collegio de Sanctiago, vale al rector su parte treinta cargas de pan. Presentación (fol. 405 v) del monasterio de Sar. La fábrica tiene de renta veinte ferrados y medio de centeno y más siete ferrados de una casa con una huerta que traye un labrador arrendada. Hay una hermita de Santa Marina de Castrovite que está en un alto; antiguamente fué parrochia y dicen tiene dos lugares y los diezmos della se hacen tres partes y lleva la una el rétor y la otra el collegio de Sanctiago y la otra el prior".
Catastro de Ensenada: os importantes datos desta parroquia incluidos no catastro poden atoparse no capítulo dedicado ás parroquias de couto de Tabeirós.
Pascual Madoz: no seu gran dicionario dinos (nos anos 184650): "Orazo (San Pedro): feligresía de la provincia de Pontevedra (8 leg.) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (4), ayuntamiento de La Estrada (2) situada en una encañada a la falda de un cerro que la rodea por el SO. El clima es templado y sano y los aires más frecuentes los del N. y E. Tiene 64 casas distribuidas en los lugares de Barro, Besteiros, Vendeja, Castrovite, Currelo, Iglesia, Orosa, Pazos, Silva y Vilanova. Hay escuela de primeras letras frecuentaba por 30 niños de ambos sexos el maestro está dotado con cierta cantidad de maíz. La iglesia parroquial (San Pedro) es aneja de la de Lomil. Tamén hay unha hermita dedicada a Santa Marina sobre una altura al extremo E. de Castrovite y otra a San Luís en un monte. Confina con el N. Loimil, E. Abades y Dornelas S. Lamela y O. Remesar y Oca.
El terreno es arcilloso y de mediana calidad, comprende hacia el SO. El indicado monte que es una ramificación del de San Sebastián o Rocha. Nace en el lugar de Currelo en una propiedad del marqués de Santa Cruz el riachuelo Oca que después de regar diversas feligresías penetra en El Ulla más allá de Arnois. Atraviesa por esta parroquia la vereda que desde Santiago va a Orense en regular estado. El correo se recibe de la estafeta de Chapa, habiendo, una parada de postas en el lugar de Castrovite en la carretera de Castilla a Orense y Santiago. Produce, maíz, centeno, patata, nabos, lino y castañas y otros frutos, se cría ganado vacuno, de cerda, lanar y cabrío y caza de liebres, conejos y perdices.
Industria: La agrícola y molinos harineros, dedicándose algunos a elaborar copas de paja para guadecerse de las lluvias. Población, 64 vecinos, 310 almas.
Vivió en esta feligresía, lugar de la Iglesia. D. Juan Antonio de la Vega, avogado muy instruído que escribió una obra de Derecho Civil de España, dos tomos en octavo maior, edición 1832, fué juez de primera Instancia de Lalín en la época constitucional de 1820 al 1823, murió en 1838 muy apreciado no sólo por su erudición sinó por sus buenas cualidades.
Nomenclátor do Arcebispado de Santiago: ver datos na parroquia de Loimil.
No curso do ano 1924 tiña 859 habitantes:
Segundo Álvarez Limeses: "Orazo (San Pedro) dista 53 kilómetros de Pontevedra y 13 de La Estrada y limita: N. con la parroquia de Loimil de la cual es anexo, al S. con Remesar, al E. con Lamela con Silleda y al O con Riobó.
Entidades: Barro con 70 habitantes Besteiro 50, Castrovite 101, Currelo 148, Iglesia 59, Orosa 88, Pazos 28, San Luís 37, Vendeja 177, Vilanova 64 y disenimados 37 que arrojan un total de 859 habitantes para los que existen dos escuelas unitarias. Está instalada en la falda N. del monte de la Rocha y sus elevaciones principales reciben el nombre de Peón y Outeiro. En el lugar de Correlo y en una finca propiedadd del Marqués de Santa Cruz nace un riachuelo que se denomina Oca o Mouro. La atraviesan las carreteras de Santiago a Lalín y La Estrada a Silleda con servicio diario de automovil... tienen varios molinos y hubo en ella na fábrica de fundición de campanas. Además de la iglesia que es románica del siglo XII existen las hermitas de Santa Marina y San Luís. Sus principales fiestas son estas dos y además las de San Pedro y Santa Lucía. El terreno es de regular calidad y se dan en él cereales, frutas y algún vino."
IGREXA: a igrexa de Orazo pertence con moitas outras da bisbarra ao século XII, aínda que con moitas modificacións, sabemos por López Ferreiro unha data que cita na súa Arqueología Sagrada: "Era MCLIIII, Kalendas Martinus", anque sufriu moitas modificacións... no 1640 cerraron a ventá da ábsida, no 1642 fíxose o retablo do altar maior que custou 302 reais, no 1684 alargouse a igrexa desaparecendo a fachada principal, o coro levantouse no 1705. En 1794 roubaron todos os obxectos sacros de valor entrando pola subida á torre. No lateral do altar maior di " Este retablo se hizo en el año 1642, se doró en 1644, se restauró en 1911".
Entrando pola porta principal na parede dereita aínda se ven unhas pedras, unha inscrición latina cuxa tradución é: "En honor de San Salvador, de Santa María, de los apóstoles Pedro y Pablo y de todos los Santos. Rodeiro hizo".
No ano 1 797 o orfebre Santiagués Jacobo Pecoul Montenegro Crespo fixo una cruz, un incensario, un cáliz e un viril para esta igrexa. Tamén José López Lemos, plateiro da mesma cidade fixo outra cruz a "manera de guión, llevando carteis en el pie con sus artesones al nuevo uso entre otros anos 1608-1647". Colocaron tamén nesta igrexa unha imaxe do Carme a devoción de Bernardino de Groba, párroco e fregueses da parroquia de Loimil, da que Orazo era anexo.
Foi restaurado o teito a principio da década dos 90.
Outros datos: esta igrexa ten unha planta de tres naves. Fachada de tres partes, a central alintelada con portada de arco deprimido flanqueados por pilastras que rematan en frixo e sobre del unha ornacina rodeada de imposta ou volutas en forma de semicírculo. Remata cun campanario central de corpos, as partes dos lados levan a ventá e pilastras que enmarcan a fachada e rematan nuns picachos. Ábsida destacada en altura e sancristía pegada ao muro norte.
X. Luna Sanmartín: da primitiva igrexa románica de San Pedro de Orazo doada a Santiago no ano 1115 pola raíña Urraca quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo. Segundo o restaurador desta igrexa, Rafael Fontoira Surís, estariamos diante dunha importantísima igrexa aínda por descubrir, construída no século X.
A igrexa é de planta hasilical, de tres naves e unha áhsida de planta cuadrangular. A nave central é o dobre de ancha que as laterais. Segundo Fontoira Suris, a pesar de que o aspecto exterior da igrexa, polos seus muros, a súa portada occidental e a súa torre campanario, asemella a típica igrexa galega construída no estilo denominado " barroco compostelán" o seu aspecto interior é moi diferente. Os muros de separación de 3 naves conservan case intacta a súa obra orixinal do século X e asemade seis arcos formeiros de medio punto, de similares dimensións, apoiados en pilastras cuadrangulares con arestas achaflanadas.
Ermida de Santa María de Orazo: ten unha planta e unha ábsida rectangulares. Fachada con portada alintelada e remate en espadana central dun van. Ábsida máis baixa e estreita cá nave e tellado a dúas augas e pórtico con lateral sur. Tivo esta capela unha cruz que era unha xoia de 65 cm por 63 de ancho. Era de cobre dourado ao lume con pedras preciosas de 2 cm de diámetro; hai anos desapareceu. Actualmente está depositada en Santiago.
Capela de San Lois: ten a portada alintelada; sobre dela ventá de arco debaixado, remarcada de moldura plana. Rematá en espadana central de dobre van e pináculos nos extremos. Ábsida máis estreita cá nave, tellado a dúas augas.
O día 25 de agosto celébrase a festa do santo e do día 26 é o Santo Antón. Alí ofréceselles aos santos pitos, coellos, rosquillas e incluso porcos...que ao saír da misa $on poxados entre a xente a ver quén dá máis.
A fonte do San Lois está uns 300 metros abaixo da capela, ten auga todo o ano e cando non chove e os campos desexaban auga os veciños sacaban o santo e íano bañar á fonte.
Tamén se lle ofreceron ao San Lois mans, pés, cabezas, etc.... de cera, para curar o reuma. Antigamente estaba o campo da romaría a carón da dita fonte e a festa celebrábana alí nas camposas das árbores cos mellores xantares...o costume deixou de existir, aínda que no amplo campo da festa de nova construción seguen celebrando unha boa festa.
Datos Históricos: o día 3 de xaneiro de 1115 doaba dona Urraca, entre outras, as parroquias de San Miguel (Castro) Orazo, Cira, etc. e San Salvador de Riomalo á igrexa Compostelá (Xelmírez) "con sus siervos, su caractere" e demais dereitos. Foi propiedade do mosteiro de San Salvador e Santa María (Loimil). Confirmaron os privilexios da igrexa o Pontífice Anastasio IV en Bula do 8 de abril de 1154 e Alejandro III en Bula do 20 de marzo de 1178.
Segundo López Ferreiro: "a principios de 1110 estuvo Gelmírez en Castrovite citado allí por los Irmandiños para prestarles juramento y elegirlo como jefe (los hirmandiños formaban una coalición en la que figuraban Pedro Arias -Sr. de Deza-, su hijo Arias Pérez, Pedro Gudesteiz, Juan Díaz, Aduerio Ordóñez. Su oponente era el Conde de Traba que apoyaba a Alfonso VII. No fué necesario
el juramento porque la maiyoría de los hirmandiños ya lo habían hecho al recibir los feudos o sueldos que la mayoría tenían de la Iglesia de Santiago.
...en donde después de larga discusión quedaron muy amigos y juraron que nunca jamás habían de faltar a las palabras que se dieran y promesas que se hicieran porque todo el reino de Galicia estaba revuelto; unos querían por Rey al actual emperador Alfonso
VII, que era un niño y otros por ir contra el Conde de Traba pretendían que no había de haber más rey que Doña Urraca.
Del año 1508 es una escritura por virtud de la que el regidor Juan de Otero da en foro a Gonzalo por dos "rapadas"de centeno (la rapada equivale a dos ferrados y medio de Ávila), la octava parte del lugar de Besteiros, correspondiente a la feligresía de Castrovite y San Julián de Piñeiro".
"...En un título expedido en el siglo XV a favor de Bacheller Álvarez se manda dar posesión de las parroquias de Orazo y Castrovite. En la bula de Clemente VII, año 1525, día 25 de marzo aparece como tributaria esta parroquia del Colegio Mayor de Fonseca. De otro Documento del año 1794 autorizado por el escribano Agustín Varela Vaamonde, aparece que Orazo pertenece a la jurisdicción y Coto de Piñeiro de Valenzuela."
Atopáronse restos dunha lousa sepulcral que se ve formando parte do interior da parede esquerda e que di: IN HONOREM SANCTI SALVATORIS, SANCTAE MARIAE, APOSTOLORUM PETRI ET PAULI ET OMNIUM SANTORUM. Rodecirus fecit... é do ano 1085.
Inscrición das campás da igrexa: a grande son: AÑO DE 1913, JHS MARÍA Y JOSÉ... Fundida por J. Liste en Orazo.
Campá intermedia: J H S JOSE Y MARIA... AÑO 1967 me hizo Taboada en MonejillasLalín. Campá pequena: J H S MARIA Y JOSÉ HONTAÑÓN. Me hizo en Sto..
Campás da capela de Santa Mariña: campá grande: AÑO 1929... OCAMPO... ARCOS DE LA CONDESA. Campá pequena: AÑO 1958... OCAMPO... ARCOS DE LA CONDESA.
Campás da Capela do San Lois: a maior: 1930... Ocampo... Arcos. A máis pequena: AÑO 1906... Liste en Orazo.
Dinos Bouza Brey que no cemiterio ao abrir un sartego apareceron anacos de tixolo vello, vermello, mal traballado, que tiñan letras antigas que descubriu así que "equie... D (e) Go... teaes... Kalen... ser... que interpreta: (HIC) requievit (famula) ¿Dei Gitina? ...tiaes (obiet... Kalendas... Di: "se trata de una inscripción sepulcral cristiana de la Sierva de Dios Gotina (o Goto su otro nombre)"... e coida que é do século XI.
CASAS NOBRES
Casa de Ulloa: foi construída polo cura Bernardino Grove Carrera que morreu no ano 1 758.
Herdouna súa irmá María, que casou con Gabriel de la Vega, natural do val de Hoc en Santander, tiveron dous fillos, José que foi famoso médico no hospital de Santiago, e Juan, avogado, tamén famoso que escribiu unha obra sobre Dereito Civil e foi xuíz de Laín desde 1820 a 1823, morrendo en 1838. Traballou moito para crear o Concello de Orazo. Cando a invasión francesa queimaron a casa, mataron (ano 1809) a Domingo Liste do lugar, Simón Calveiro de Castrovite, María Josefa Rey do lugar da Igrexa e Xacoba Rey de Vendexa.
A casa de Ulloa pasou despois a mans de Dna. Juana Villar Ulloa, muller de Faustino Ulloa, importante xefe político local. Faustino Ulloa procedía dos UlloaAller de Lalín. Din que era un home dominante pois á súa casa puxéranlle de alcume "a casa de Austria" ...cando un xornaleiro comía moito caldo, cunca tras cunca, el dicíalles ás criadas. ¡colgádelle o pote ao lombol... era parente do célebre astrónomo Aller.
Casa do lugar de Vendexa: é un edificio de planta en L. Con baixo e piso. No piso ventás rectangulares con trebatel e doselete. Tellado cuberto a tres augas. Porta baixa con ventás troneiras e na fachada balcón con ménsula corrida. Actualmente fíxoselle á propiedade un gran cerramento de pedra.
A casa da Silva: aínda hoxe se atopan restos de edificación primitiva desde a antiga casa nobre no lugar da Silva lindando coa pista a Vendexa...na entrada, polo norte, aparece o seu fermoso patín de grandes pedras e na parede preto da porta da entrada a planta alta (o baixo é máis ben o soto) ten un escudo acuartelado, no cuartel superior da destra (do xefe) ten 5 reais, no da esquerda un león rampante. No inferior dereito un piñeiro cun león rampante a cada lado, e no cuartel esquerdo a cabeza dun lobo. Din que foi propiedade duns familiares dos donos da casa do Piñeiro en Oca, é dicir de Castrotión. Sábese que a súa dona polo remate do século pasado foi a chamada Señora da Silvadona Ramona Taboada, muller que foi do sobranceiro ferreiro de Oca Manuel Amigo. Deste matrimonio non houbo fillos e deixáronlle unha parte dos bens a un tal D. Albino de Codeseda e outra parte a Ribas de Silleda.
O escudo rematado por unha cimeira e un letreiro que di AVE... MA...
Outros din: "En 1535, Álvaro Neto vende el lugar de Besteiros da Devesa a Juan de Otero, antecesor del Conde de Amarante. El 30 de Julio de 1537, el señor del Coto de Piñeiro estando en el lugar y aldea de Besteiros, feligresía de Castrovite, da posesión a Andrés González, del referido lugar, por ante el escribano Antonio Gómez. En 24 noviembre 1564, fué cedida la cuarta parte del lugar de Besteiros da Devesa, feligresía de Castrovite por Alvaro Neto a María de Neira. En el último tercio del siglo XVI fué disuelta o extinguida la feligresía de Castrovite, tanto es así que en el año 1605, el 15 de noviembre, López Seara, por ante el escríbano Juan Paseiro, hace cesión en favor del regidor Juan de Neira de una rapada de centeno en Besteiros, parroquia de Orazo. También por otra escritura del año 1674 se demuestra que Besteiros se incorporó a la indicada parroquia de Orazo. Demostrando que al desaparecer la feligresía de Castrovite, pasó este lugar a Orazo, diremos ahora que Besteiros corrió la misma suerte; que Rosedo fue agregado a Dornelas y que Quitimil fue incluído en la parroquia de Lamela".
No eclesiástico dinos Pedro Varela p. 192... "Orazo tuvo por filial a Dornelas hasta el año 1553 en que se separaron: hoy es filial de Loimil, cuyo arreglo parroquial empezó a regir en 1 de julio de 1869. El curato dependió del prior y canónigos regulares de Fernández, provisor Juan Arias y arzobispo D. Alonso de Fonseca; actualmente es patronato de la Corona. La iglesia data del siglo XII de ella es una inscripción que el Sr. López Ferreiro anota en su Arqueología Sagrada y que en síntesis dice: "Era MVCIIII, Kalendas Martinus". Sufrió el templo varias reformas: en 1640 se mandó cerrar la ventana de atrás; al año siguiente fué aserrado el nogal para el altar mayor, que se hizo en 1642, costando el tallarlo 302 reales, en 1684 se alargó la iglesia; el coro se levantó en 1 705.
En 1 794 fueron robadas todas las alhajas del templo...AI lado del altar mayor el letrero que dice: "Este retablo se hizo en el año 1642. Se donó en 1644. Se restauró en 1911."
Tamén nos di que: "...a capilla de San Lois es antiquísima como que dicho lugar perteneció al Priorato de San Juan de Cova"...
"...Por la comarca se extendió la creencia de que en la de Santa Marina, debajo del altar principal había un tesoro enterrado; y a esa especie se debió que en enero de 1920 entraron unos cacos por el tejado y levantaron parte de dicho altar, abriendo una profunda fosa y atopando un rústico monumento formado por dos o tres piedras de buen tamaño, especie de túmulo, dolmen o sepulcro... dejaron sobre el altar una nota que dice: "Se respetó todo como si fuera nuestro".
No lugar de Vilanova, na casa nova de Paio, cobrábase a renda para o Marqués de Santa Cruz de Ribadulla.
En Vilalén, lugar de Vilanova, houbo dous curas (D. Joaquín) e o mestre D. Ramón... tiña un escudo que rompeu e unha parte del pasou ao pazo de Ximonde.
Cando cambiou de donos deron moito que falar, desde un dos donos cando chegaba á casa Dionisio Vicente esixíalles aos donos que fosen buscarlle un año para comelo, viño, etc... tanto abusou que o acabaron matando na mesma casa.
Tamén na mesma casa de Vilalén houbo un importante colexio e despois unha sociedade agraria. O colexio foi dun cura e un mestre, fillos de Paio.
OUTROS DATOS: o día 24 de agosto de 1839 foi invadida a parroquia polos "facciosos" (carlistas) e para rematar cos abusos enviaron a Orazo un destacamento de soldados que se situou na casa de Ricardo Carbón de Castrovite (ano 1840). Xa antes en 1836, acampara en Castrovite unha columna para opoñerse ao rebelde Gómez.
En 1840 o lugar de Besteiros pasou a pagar a contribución a Piñeiro (hoxe parroquia de Silleda). Tamén nos derradeiros anos do século pasado este lugar foi engadido á parroquia de Dornelas, ao que se opuxeron os veciños conseguindo que o vicario José María Casanova deixase sen efecto a orde (1872-1873).
No agro de Lamas entre Orosa e Rabo de Gato houbo unhas casas polas que cobraban renda os Valenzuela.
En Miroi na chamada cerrada do Marqués (de Santa Cruz de Ribadulla) houbo tamén un casal (aínda hoxe se ven restos de paredes), preto onde hai tamén unha mámoa. Hoxe cerrada de Antonio Liste.
O CAMPANEIRO DE ORAZO: poida que moitos estradenses non saiban quén foi o artista que fundiu as campás da igrexa ou capela da súa parroquia, esas campás que soan cada día sen que nos decatemos máis que da súa harmonía... tendo en conta tamén aqueles que só oen campás"; case ninguén coñece a identidade de quen lles deu corpo.
Difícil arte esta de fundir campás, teñen que ter ademais dos coñecementos, incluso un oficio que se adquire co tempo. O fundido é unha arte como tamén é a das inscricións e por suposto as notas musicais que se lle imprimen.
Non son caprichosas precisamente as notas musicais que emite cada campá, ten que ver por exemplo directamente co diámetro inferior da súa parte, da súa altura e do seu peso, como tamén do peso do badal. Despois a sabia man do "tañedor" sabe arrancarlles notas a morto con aire tristeiro, a "arrebato" con notas anguriosas, as serias chamadas relixiosas ou saltarinas e vivaces para solazarse.
Este instrumento tan antigo débelle o seu nome á Campania, italiana, e foron en tempos de celtas ou irlandeses, cuadradas ou cilíndricas alongadas, mitriformes ou semellando un barril.
A campá nas aldeas forma parte sentimental evidente do seu cotián vivir, lévase dentro con agarimo, cos seus alegres recordos, as angurias da tristeza... e incluso a chamada ás armas contra os franceses; A Estrada pagou moitas veces con sangue esa chamada.
Cómpre sinalar que a afinación da campá faina emitir unha nota definida e distinta das demais, o que identificaba a parroquia e mesmo o lugar. Isto permitía non só transmitir sinais complexos senón saber a súa procedencia. Esa afinación vai depender de moitísimos factores coma a man do campaneiro, as distintas medidas e o badal (xa sinalado) pero tamén a cantidade de metal fundido, a temperatura e o modo de fundición e mesmo as cantidades empregadas na mestura na aleación (de cobre e estaño). Por eso cada campá dá un son distinto a todas as da súa redonda.
Orazo existiu un célebre campaneiro; polo ano 1835 apareceu por esta parroquia Pedro Hontañón (ao parecer de Santander), de profesión campaneiro coa finalidade de plantar un forno para fundir campás cumprindo uns encargos que tiña, xa que daquela o oficio en ocasións era itinerante. Buscando sitio para cumprir a súa pretensión, atopou acomodo na casa de Liste de Orazo establecendo o seu forno e taller coa axuda de dous mozos da mesma casa, os irmáns Xan e Xosé Liste... así, día a día con ese mestre santanderino foron adquirindo arte e oficio, admirados de canto vían e aprendían. Engaden outros que Xan Liste traballaba en Santiago e alí coñeceu a Hontañón, que por aqueles tempos viña de Toledo e construía campás en Santiago. Liste encargoulle unha campá para Orazo, polo que deu orixe a novos encargos na bisbarra, decidíndose a poñer o taller na casa de Xan Liste. Apoiando esta teoría contada polos familiares de Liste está o feito de que a campá pequena da igrexa de Orazo di: AÑO 1848 J H S MARIA Y JOSE Hontañón me hizo en Sto. (Santiago).
Os irmáns Liste quedaron á fin coa industria. Xan era o irmán "listo" atendía os encargos e as "finanzas" e Xosé o traballo duro da fundición. O feito deixouse ben gravado no recordo dos veciños; os carrexos de leña de carballo polas fondas e difíciles corredoiras de Orazo, veciños que admiraban día a día cómo saía á luz do día unha fermosa campá sacada de mesturar nas súas xustas proporcións cobre e estaño, moldes de finísimo barro, traído de Loimil do Carballo, alí preto na parroquia de Loimil, cera tratada con agarimo convertida en letras, cruces e datas que ao fundirse rapidamente deixaba entrar alí o bronce fixando para sempre uns datos para a posteridade.
Morto Xan en 1909 seguiu construíndoas Xosé, que, ao casar, trasladou o forno á casa da súa muller en Currelo, aínda hoxe segue sendo a transformada casa "do campaneiro", aínda que desapareceu todo vestixio de taller e de forno.
Foi moi importante e celebrado o campaneiro de Orazo polo perfecto son das súas campás aínda que nunha ocasión perdese unha importante aposta.
Tendo decidido os veciños da parroquia de Moalde, en Silleda, alí preto, mercar unha campá, xurdiu a discusión de se encargarlla a Liste (alí veciño) ou ao campaneiro de Arcos da Condesa en Caldas... impúxose unha decisión salomónica; que un e outro trouxesen a súa campá ao adro da igrexa de Moalde e alí os veciños decidirían con cál quedar... a tirapuxa xuntou alí a veciños das parroquias de preto facendo unha festa entre todos... soou unha campá... soou a outra, e perdeu Liste. Os veciños decidiron comprar as dúas xa que dicían as malas linguas que a campá do de Caldas non a fundira el, que a trouxera de Toledo.
Liste fundiu moitas campás que se espallaron por Galicia, España, e incluso Francia, e aínda máis, cando un parente de Xosé Liste (César Liste) emigrou a Venezuela hai uns anos atopou en Caracas cun cura que ao saber o apelido Liste e lugar de orixe, lle dixo...
Suba comigo ao campanario... e alí leu unha campá: ME HIZO JUAN LISTE EN ORAZO.
Tratou o tema o filólogo e profesor nado nesta parroquia Miguel Louzao, en "Orazo, a fábrica das badaladas" (Tab. Terra nQV).
BANDA DE MÚSICA DE ORAZO: na parroquia de Orazo dicían todos os veciños nos derradeiros anos do século pasado e nos primeiros nestes "en Orazo hai dúas industrias que lle dan gran renome á parroquia; o campaneiro e a Banda de música". Tiñan de sobra razón e ademais a familia Liste andaba metida nas dúas cousas... vexamos cómo foi:
Algúns músicos de Orazo tocaban na banda de Lamela, que se desfixo en 1890, decidíndose entón crear unha banda propia sendo os fundadores Ignacio Calvo e os irmáns Adolfo e Manuel Liste Villaverde. Foi Ignacio o primeiro xefe como se lle chamaba daquela ao director e despois Manuel Liste e máis adiante seu irmán Xosé... desfacéndose polo ano 1921. Cando por aqueles "heroicos" tempos a dirixía Manuel Liste, algunhas bandas xa tocaban "polos papeis"...entón Liste mal como puido ensaiou cos seus compañeiros unha sinxela peza musical moi de actualidade que se chamaba "El Tren" para poder facer coma as outras bandas... mercou "papeis" e atrís e chegou a ocasión... chamárono para unha festa na mesma vila da Estrada, onde tamén viña unha banda que sabía tocar por partirura e tiña moita sona.
Cando a rivalidade estaba máis quente entre as dúas bandas Liste sacou de papeis e deullelos aos músicos, que se puxeron a interpretar "El Tren"...que marchaba sobre rodas nos seus comezos ata que o do bombo perdeu o compás e aquilo foi unha desfeita. Cando máis tarde o director lle preguntou agarimosamente ao do bombo:
"Pero oh, que foi o que che pasou...
É que quere señor Manoel... que lle imos facer... descarrilou o tren."
Despois de desfeita esta banda (en1941 como dixemos) ...fundouse a de Remesar con parte destes músicos.
FESTAS: a festa do patrón, San Pedro, celébrase o día 29 de xuño e o seguinte o San Roque. Santa Lucía, 2domingo de maio, avogosa das enfermidades dos ollos, e Santa Mariña o 25 de xullo, avogosa das vacas preñadas e dos nenos.
FEIRAS: houbo unha feira en Orazo que autorizou o Concello coa data 10 de marzo de 1892 e se celebra en Riazós, paraxe que aínda hoxe leva o mesmo nome, preto de Castrovite polo SO.
INDUSTRIA: houbo unha importante industria de fundición de campás (o campaneiro de Orazo) do que xa falamos.
Ten a parroquia os seguintes muíños de regueiro: o de Varcielos no San Lois. O de Orosa. O de Vilanova. Dous en Currelo (o de arriba e o de abaixo) no regato de Portamoledo. En Vendexa hai o da casa Nova e o dos Calveiros e ademais dous na Silva.
Unha empresa de instalacións eléctricas, 2 talleres mecánicos e unha empresa de construción.
COMERCIO: hai un supermercado, 2 bares e 2 perruquerías.
DEPORTES: o deporte que pode practicarse aquí é o da caza, coellos e perdices (antes tamén lebres) nos montes que rodean Orazo. Fixeron un campo de futbol en Baldarís.
PERSOAS SOBRANCEIRAS
José M. Maceira, directivo da Fundación Enclave de Santiago e escritor.
María del Carmen Besteiro, ilustre avogada en Bos Aires, filla de emigrantes desta parroquia.
José Manuel Besteiro, irmán da anterior, tamén recoñecido avogado en Bos Aires e directivo do Club de Fútbol River Play da capital bonaerense.
Exerceu nesta parroquia de mestre o egrexio estradense Marío Blanco Fuentes.
O ENSINO: os rapaces van ao colexio de Oca, e algúns ao de Bandeira de Silleda, aínda que tenden a prohibirllelo, actualmente é moi rara a asistencia a estes centros debido á proximidade do de Oca.
CENTROS CULTURAIS: teñen unha escola no lugar da Igrexa, na que vive xente, un teleclub no campo da festa, unha asociación de veciños que fixeron un amplo cemiterio e arranxaron a fonte do Ouxido e xunta parroquial. Hai un grupo de gaitas.
ASOCIACIÓNS: a Asociación Veciñal e Cultural "Coto Manguelo" organiza un festival flok e diversos cursos e actividades ao longo do ano.
SANIDADE: a asistencia diaria téñena nun médico da Seguridade Social, hoxe con consulta no Centro de Saúde Castrotión de Oca, outros van ao Foxo e algúns á Bandeira de Silleda, e por suposto o servizo dalgunhas especialidades na Estrada así como o servizo de urxencias no mesmo ambulatorio da Seguridade Social. Melloraron moitísimo na vivenda, servizos domésticos e economía igualándose coas demais parroquias da comarca.
TOPONIMIA MENOR: Castrovite é un nome a ter en conta, así como Riazós, onde estivo a feira da parroquia, que como dixemos aínda hoxe se atopa co mesmo nome. A carballeira de Miroi, onde houbo casas e aínda hoxe se atopan restos dunha mámoa. A fonte Fría, a fonte Tola. A pedra da Edra cunha cruz e linde do Concello con Silleda. A pedra de Rañar aos pés, para curar os sabañóns, marco no monte de Orazo, así como o marco de San Marcos, e por suposto a pena do Aro. Mámoa, A Laxe, a pedra Maior, Portamoledo, Valalén e outros...
PLANTÍOS REAIS: segundo o catastro de Ensenada: "Dehesa y Vivero Real. La dehesa se halla sita en el monte llamado Formigueiro y Peón, su cavida 115 ferrados, primera calidad. O. P.N y M. dicho monte de Formigueiro.
El bibero se halla inmediato a la dehesa real en dicho monte, cavida dos ferrados y doce quartillos. Primera calidad, cerrado sobre sí".
TELEFONÍA: Orosa e San Lois sen cable, o resto con cable.
RURALCENTRO: instalaron un Ruralcentro do proxecto "aestradadoxital" no antigo teleclub no campo da festa, que lles dá acceso libre e gratuíto a Internet a todos os veciños.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Orazo*
Pedro Varela
Alá, cara a nordés, fronteiriza con Silleda, e a uns 15 quilómetros da Estrada, está a parroquia de Orazo, composta de 147 cabezas de familia e 748 habitantes.
O significado da palabra Orazo, se atendemos á súa raíz vasca or-, pode ser un aumentativo de can, como canzazo;porque or é o mesmo que can en éuscaro. Se nos fixamos nas condicións especiais da localidade e algunhas opinións que debemos atender, Orazo vén de areazo, da area que, cando as choivas son torrenciais, adoita baixar dos montes altos que limitan a parroquia por leste e sur, cara o val onde están os principais casaríos e a igrexa. Esta crenza reafírmase coa circunstancia de que, elevado nun outeiro destes montes está o lugar de Orosa, antigamente Areosa, segundo puidemos comprobar en documentos remotos, e cuxo nome responde ás condicións do terreo.
A antigüidade desta parroquia é moita, segundo veremos. A raíña Dª Urraca, no ano 1115, doou á igrexa de Santiago a de Orazo “cos seus servos e o seu carácter, o dereito de poñer saión ou alguacil e demais atribucións señoriais». Nun título expedido no século XV a favor do bacharel Álvarez mándase dar posesión das parroquias de Orazo e Castrovite. Na bula de Clemente VII, no ano 1525, día 25 de marzo, aparece como tributaria esta parroquia para o colexio maior de Fonseca. Doutro documento do ano 1794, autorizado polo escribán Agustín Varela Vaamonde, aparece que Orazo pertence á Xurisdición e Coto de Piñeiro de Balanzuela.
Lugares: Besteiros, Castrovite, Barro, Sobreira, Silva, Vendexa, Baldarís, Currelo, Vilanova, A Igrexa, Pazos, O San Lois e Orosa.
Aínda hoxe, no lugar de Besteiros, que chaman indebidamente Basteiros, abundan as bestas e hai algún arrieiro con recua. O lugar de Barro debe o seu nome á condición barrenta do chan. O de Sobreira débeo á abundancia desa árbore por alí. Silva é planta moi común en Galiza. Baldarís é o mesmo que “baldío”. Currelo, se atendemos á súa raíz vasca, significa “ouro”; pero mellor nos parece quedar co significado galego que se deriva de curro, “terreo pechado sobre si”, pois isto axéitase ben á condición do casarío. Orosa ten raíz grega e nesa lingua equivale a palabra a “marco” ou “límite”, mais xa deixamos dito que, en realidade, vén de areosa.
Deixamos para comentar en último termo o lugar de Castrovite, “castro de boa vista”, que foi nalgún tempo punto de etapa e de posta, pola importancia histórica que ten. Foi parroquia en tempos pretéritos e a súa igrexa, como a de Orazo, doada pola raíña Dª Urraca no ano 1115 á igrexa de Santiago, «cos seus servos e o seu carácter, o dereito de poñer saión ou alguacil e demais atribucións señoriais». Compoñíase esta freguesía dos lugares de Castrovite, Besteiros, Quitimil e Rosedo. En vida da famosa raíña galega Dª Urraca, celebrouse un concilio en Castrovite, ao que asistiron os notábeis Arias Pérez, Pedro Gudesteiz, Xan Díaz, Paio Gudesteiz e outros, co bispo de Santiago D. Diego Xelmírez, «onde, despois de longa discusión, quedaron moi amigos e xuraron e perxuraron que nunca xamais habían de faltar ás palabras que se deran e promesas que se fixeran, porque todo o reino de Galiza estaba revolto; uns querían por rei ao actual emperador Afonso VII, que era un neno; e outros, por ir contra o conde de Traba, pretendían que non debía haber outro rei que Dª Urraca ».
Do ano 1508 é unha escritura por virtude da que o rexedor Juan de Otero dá en foro a Gonzalo Soutelo, por dúas rapadas de centeno (a rapada equivale a dous ferrados e medio de Ávila), a oitava parte do lugar de Besteiros, correspondente á freguesía de Castrovite e San Xiao de Piñeiro.
En 1535, Álvaro Neto vende o lugar de Besteiros da Devesa a Juan de Otero, devanceiro do conde de Amarante. No 30 de xullo de 1537, o señor do Coto de Piñeiro, estando no lugar e aldea de Besteiros, freguesía de Castrovite, dá posesión a Andrés González do referido lugar, perante o escribán Antonio Gómez. O 22 de novembro de 1564, foi cedida a cuarta parte do lugar de Besteiros da Devesa, freguesía de Castrovite, por Álvaro Neto, a María de Neira. No último terzo do século XVI foi disolta ou extinguida a freguesía de Castrovite; tanto é así que no ano 1605, a 15 de novembro, López Teara, perante o escribán Juan Paseiro, fai cesión en favor do rexedor Juan de Neira, de unha rapada de centeo en Besteiros, parroquia de Orazo. Tamén por outra escritura do ano 1674 se demostra que Besteiros se incorporou á parroquia de Orazo. Unha vez demostrado que, ao desaparecer a freguesía de Castrovite, pasou este lugar a Orazo, diremos agora que Besteiros correu a mesma sorte; que Rosedo foi agregado a Dornelas e que Quitimil foi incluído na parroquia de Lamela.
Na revista Galicia Diplomática, con data de 20 febreiro de 1884, trátase da cruz parroquial de Castrovite e dedícaselle unha extensa recensión que, en síntese, di: «a antiga e primitiva cruz da extinguida parroquia de Castrovite é unha alfaia de cobre que conta preto de sete séculos de antigüidade; mide de altura 60 centímetros e 33 de ancho; nos paus do globo tiña pedras preciosas de dous centímetros de diámetro (hoxe non as ten); mostra aínda manchas do seu antigo dourado ao lume; ten desperfectos que fan case imposíbel unha restauración de tan curiosísimo monumento. Cantas xeracións viu pasar para nunca volver esta muda testemuña de varios séculos! Ela subiu aos castelos e entrou nas humildes casoupas; ela recorda a Idade Media coas súas funestas guerras señoriais, as andanzas lutuosas dos nobres e as revoltas dos Irmandiños.»
No inventario que se realizou o ano 1621, nos efectos correspondentes á freguesía de Orazo, xa consta anotada esta cruz.
O castro, inmediato ao casarío de Castrovite, é dos más notábeis do país; vese desde longas distancias como un cono truncado, coa súa capeliña na chaira. Levántase nas inmediacións da estrada de Ourense a Santiago, nun punto estratéxico desde o que se domina moitísimo terreo; tiña enormes fosos e cintos de fortificación, dos que aínda se conservan restos que testemuñan a súa antigüidade e importancia, como tamén son proba do antigo da obra, os arcaicos ladrillos atopados alí. Pénsase que foi unha posición moi vantaxosa para o célebre arcebispo D. Diego Xelmírez, que se ocupaba moito dela, pola súa proximidade ao castelo de Cira e debido a estar inmediata á liña divisoria da diócese de Lugo e do Condado dos Dezas.
Lindeiros: norte, Dornelas; sur, Curantes; leste, Piñeiro, Lamela e Cervaña; e oeste, Agar, Remesar e Loimil.
Vías de comunicación: a estrada de Santiago a Ourense pasa pola parte norte da parroquia, e a de Chapa a Carril pola parte sur. Saíndo da primeira, entre Castrovite e Besteiros, arrinca un ramal que chega ás proximidades da igrexa, obra do finado D. Faustino Ulloa; case do mesmo punto parte outra ramificación para o lugar de Besteiros, obra de D. Faustino Villaverde. Completan as comunicacións camiños rurais e os pontillóns de Barro e Vendexa.
Corre por Orazo un regato que xorde en Miroi e baixa por Baldarís, Vendexa e Silva.
En canto a instrución primaria, contan aqueles pais de familia cunha escola nacional atendida por un mestre. Foi aprobado no ministerio o expediente para a creación dunha escola de nenas. O Concello, en sesión de 10 de marzo de 1880, creara a escola incompleta de Orazo-Loimil. Os labradores teñen unha sociedade agraria.
No eclesiástico: Orazo tivo por filial a Dornelas, ata o ano 1553, en que se separaron. Hoxe é filial de Loimil, cuxo arranxo parroquial comezou a rexer o 1 de xullo de 1869. O curato dependeu do prior e cóengos regulares de Santo Agostiño de San Xoán da Cova, fronte a Gundián, ata o 21 xullo de 1463, en que se uniu ao Priorado de Sar, sendo prior Vasco Fernández, provisor, Juan Arias, e arcebispo, D. Alonso de Fonseca; actualmente é padroado da Coroa. A igrexa data do século XII; dela é unha inscrición que o señor López Ferreiro anota no seu Arqueología Sagrada, e que, en síntese, di: «Era MCLIIII, Kalendas Martinus». Sufriu o templo varias reformas: en 1640 mandouse pechar a fiestra de atrás; o ano seguinte serraron a nogueira para o altar maior, que se fixo en 1642 e custou esta talla 302 reais; en 1684 alongouse a igrexa; o coro levantouse en 1705. En 1794 entraron os ladróns pola subida á torre e roubaron todas as alfaias do templo. Á beira do altar maior hai un letreiro que di: «Este retablo se hizo en el año 1642. Se doró en 1644. Se restauró en 1911.» O patrón de Orazo é San Pedro.
Separadas da igrexa existen dúas capelas; unha a de Santa Mariña, no castro de Castrovite; e outra a de San Lois, que deu nome ao lugar. Esta é antiquísima, tanto como que pertenceu ao priorado de San Xoán da Cova. Pola comarca estendeuse a crenza de que na de Santa Mariña, debaixo do altar principal, había un tesouro enterrado. A ese convencemento debeuse que, en xaneiro de 1920, entrasen uns ladróns polo tellado e levantasen parte do altar; abriron unha profunda foxa e atoparon un rústico monumento formado por dúas ou tres pedras de bo tamaño, unha especie de túmulo, dolmen ou sepulcro. Os curiosos exploradores deixaron sobre o devandito altar unha nota que dicía: «respectouse todo coma se fose noso».
Festas anuais: San Pedro, o 29 de xuño; San Antonio, o día seguinte; Corpus, o domingo seguinte; o Carme, o domingo seguinte; Santa Lucía, en maio; as Flores, o domingo seguinte; Santa Mariña, en xullo; San Lois, o 25 de agosto.
Outras particularidades: No lugar da Igrexa hai unha casa señorial que foi construída polo cura licenciado D. Bernardino Grove y Carrera, finado no ano 1758; herdou o inmóbel a súa irmá Dª María, quen contraeu matrimonio con D. Gabriel de la Vega, natural de Val de Hoz (Santander); tiveron dous fillos: D. José, que foi médico destacado no Hospital de Santiago, e D. Juan, famoso avogado que escribiu unha atinada obra de Dereito Civil, foi xuíz de Lalín desde 1820 a 1823, morreu en 1838 e sempre foi moi querido e respectado por cantos o trataban. Traballara moito para crear o Concello de Orazo e sufriu o desgusto de ver a súa casa incendiada polos franceses. Hoxe esa propiedade pertence aos herdeiros de Dª Juana Villar Ulloa, que foi esposa de D. Faustino Ulloa, finado cando era célebre xefe da política local. Un deses herdeiros é o deputado provincial D. Ramiro Ulloa. Herdáraa Dª Juana do seu pai, un boticario de Lalín, que a comprara aos herdeiros de de la Vega.
Volvendo ao dos franceses que incendiaron a casa de D. Juan, temos a obriga de consignar que non pararon aí as súas atrocidades: o 1.° de maio de 1809 mataron a Domingo Liste, do lugar de Besteiros, estando no prado da Laxe; tamén mataron a Francisco de Orosa, igualmente veciño de Besteiros; a Simón Colmeiro, de Castrovite; a María Josefa Rey, do lugar da Igrexa e a Jacoba Rey, de Vendexa.
Tamén padeceu a parroquia de Orazo unha invasión dos facciosos o 24 de agosto de 1839 e, para evitar esas incursións, enviouse no ano 1840 un destacamento de tropas que estaba instalado na casa de Ricardo Carbón, de Castrovite. Xa antes, o 20 de agosto de 1836, sendo Capitán Xeral de Galiza don Manuel de Lastra, acampara en Castrovite unha columna de operacións para opoñerse ao rebelde Gómez.
Nesta parroquia existe a curiosa industria de fundición de campás a cargo de D. José Liste Villanueva. Alá polo ano 1835, chegou á localidade D. Pedro Hontañón, fundidor ambulante, natural de Santander, e en Orazo detívose unha longa tempada para cumprir con varios encargos; auxiliouno no traballo Juan Liste Pereiras; foise afeccionando este á fundición e, cando tiña trinta anos de idade, montou o seu taller, á fronte do cal estivo ata que faleceu en 1909 e sucedeuno na industria o seu fillo, o actual campaneiro José Liste Villanueva. As campás que se constrúen en Orazo teñen lexítima fama pola súa resistencia e sonoridade. O sino pequeno da igrexa parroquial ten unha inscrición que di: «Me hizo Hontañón en Santiago, año 1848»; o mediano tamén o fixo Hontañón en 1839; e o maior é obra de Liste.
Por acordo do Concello, en data de 9 abril de 1840, deuse orde aos do lugar de Besteiros de que concorresen a pagar as contribucións a Piñeiro. O mesmo lugar foi, hai uns 50 anos, agregado a Dornelas para efectos eclesiásticos; mais os veciños, dando unha verdadeira proba de enteireza, opuxéronse e, despois dunha loita tenaz, chegaron a conseguir que o vicario capitular S. V. Dr. D. José María Canosa deixase sen efecto a disposición. A corporación municipal en acordos dos anos 1872 e 1873 apoiou aos de Besteiros nas súas lexítimas pretensións.
O Concello, en sesión de 10 de marzo 1892, autorizou a creación dunha feira, a celebrar o sete de cada mes, no punto de Riazós; hoxe non existe.
Da familia dos Paio houbo en Orazo un sacerdote e un mestre, haberá uns 60 anos, que tiñan un colexio importante na Vilalén, local que actualmente ocupa a sociedade agraria. Para o lugar de Currelo e casa de Requeixo foi en matrimonio unha descendente dos infanzóns de Oca.
Houbo un casarío, que desapareceu, entre Orosa e Rabo de Gato, no punto do Agro de Lamas, polo que aínda cobran rendas os Valenzuela. También en Miroi, cerrada do marqués, houbo outro casarío do que aínda se conservan vestixios.
Sosteñen os de Orazo que na fonte de San Paio, que está á beira do camiño que comunica o lugar da Igrexa con Vendexa, apareceu a imaxe de San Paio que se venera no templo parroquial.
Na localidade hai unha música moi ben afinada, que goza de sona en toda a contorna. Tamén hai cartería.
A xente desta parroquia vense distinguindo desde os tempos antigos pola súa unión e laboriosidade. Os mozos de distintas xeracións deron evidentes probas de valentía cando eran fustrigados nesas batallas campais que tanto fixeron desmerecer as nosas típicas romarías.
* Pedro Varela, A Estrada, 1923. Edición Deputación de Pontevedra. 2017