"Casa Varela” en Pereiras. Curantes
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Pereiras da parroquia de Curantes pertencente a este concello de A Estrada encóntrase situada unha casa que na actualidade é coñecida co sobrenome de “Casa Varela” e que agora está deshabitada. Trátase dunha casa de dúas plantas alto e baixo con máis de 200 metros cadrados construídos, en cuxa fachada Oeste sobresae o escudo da Inquisición entre dúas ventás. No centro, cruz que repousa sobre a cabeza dun anxo, á destra unha palma e á sinistra a espada, armas propias da Santa Inquisición. Rodea o conxunto fermosos lambrequíns vexetais con follas de acanto. Timbrado de coroa de marqués. Baixo estes símbolos unha pedra de forma rectangular, cunha inscrición que hoxe se atopa ilexible pola erosión, liques e factores atmosféricos. Este escudo foi posto aí por don Juan Antonio Pereira Somoza, comisario do Santo Oficio, pois era a súa casa natal.
A casa pertencía, pois, a seus pais, don Domingo Pereira, fillo lexítimo de don Andrés Pereira e de dona Mariña Mendoza, e á súa muller dona María Somoza, filla de don Pedro da Somoza e de dona María Godoi. Dona María Somoza, veciña do lugar de Pereiras, fixo testamento verbal sen deixar ningunha fundación e foi enterrada o 26 de agosto de 1749 na capela maior desta parroquia en sepultura de 22 reais, asistindo aos actos doce sacerdotes, incluído o cura párroco. Deste matrimonio quedaron por seus fillos Juan Antonio, Ángeles, Apolonia e Dominga Pereira Somoza.
Don Juan Antonio Pereira Somoza, que naceu no lugar de Pereiras e foi bautizado o 29 de xaneiro de 1703, tivo por padriños a don Alonso Somoza e a súa esposa dona María Pereiras, veciños de Olives. No ano 1729 ordenouse de prima tonsura, no ano 1731 de grados e epístola a título de patrimonio, e neste mesmo ano de evanxeo e misa. Estivo desde 1735 como reitor en San Miguel de Valga ata a súa morte e foi comisario do Santo Oficio da Inquisición en Santiago polo menos desde 1757.
Nunca estivo sen preitos “ni dejó de dar muchas veces de palos a los feligreses aún dentro de la iglesia, por cuyos hechos los más de sus feligreses se han aniquilado y están destruidos y pobres, y así por ello como por el temor que le tienen no tienen valor a resistir sus impertinencias, ni oponérsele a cosa que pretenda, aunque lo sea lícita”.
Tivo pois moitos preitos con veciños, sexa por augas de rega, por un souto de seu polo que un veciño pasaba cos carros, por azoutar a dous homes aos que acusou de ladróns, por inxurias, e por lutuosas e unhas misas que non lle pagaran. Así por exemplo mantivo un preito co escribán real don Francisco Antonio García, veciño da freguesía de Santa María de Janza, por malos tratos e inxurias, sendo condenado o comisario con dúas multas de 6 e 50 ducados e tendo a cidade de Santiago por cárcere, onde permaneceu por mais de tres meses.
No ano 1778 firmou a súa última partida de bautismo en Valga onde faleceu e foi enterrado o 2 de abril de 1779, debaixo do altar maior nunha "de losa entera", con asistencia de 32 sacerdotes.
Dito don Juan Antonio foi quen ordenou colocar o escudo da Santa Inquisición e a inscrición na casa de Pereiras, onde nacera. Actualmente a casa pertence a Elvira Pereiras Pérez, nacida en Pereiras e que, celebrou o seu matrimonio na igrexa parroquial de san Miguel de Curantes o 19 de setembro de 1957, con Manuel Eugenio Rey Asorey, natural de Agar. Elvira é filla de José María Pereiras Varela, natural de Curantes e de Filomena Pérez Nogueira, natural de Rubín, e neta por liña paterna de Pedro Pereiras Cortés, natural de Agar (A Estrada) e de Josefa Varela Nogueira, nacida no lugar de Pereiras. É por iso que dita casa sexa coñecida tamén por casa Varela.
De Elvira Pereiras e Manuel Eugenio quedan dous fillos, José Manuel e Miguel Ángel Rey Pereiras, que casou na capela do pazo de Oca o 23 de setembro de 1995 con María del Rosario Fernández Fuentes, natural de Oca.
* Capicúa. 8-5-2013