A Estrada*
Clara Iglesias Cortizo
- A CAÑOTEIRA: procede do substantivo común cañoto + o sufixo locativo ou abundancial –eira. Cañoto (ou canoto), “talo de certas plantas, como a col ou o millo; parte do talo que queda pegado á raíz despois de cortar a planta seca”, deriva, á súa vez, de cana (do latín CANNAM, “cana, xunco”) . É de supoñer que o topónimo fará referencia a que aquel lugar estivo nalgún tempo cuberto de canas ou restrollos.
- A ESTRADA: segundo Cabeza Quiles, este topónimo pode ter dúas procedencias diferentes, aínda que ben próximas e semellantes etimoloxicamente: 1) Podería proceder do sintagma VIAM STRATAM, en alusión a unha vía, ou camiño construído xa en tempos dos romanos, estrando (é dicir, superpoñendo laxes ou pedras). A palabra latina STRATAM proviría de STRATUS, participo do verbo STERNERE (“estender, cubrir” e, referido a un camiño, “empedrar, cubrir de pedras”); 2) A creación da vila da Estrada é moi recente, cando xa o latín non funcionaba como xerador de toponimia. Estrada podería ser, entón, o participio do verbo galego estrar, “estender estrume, xeralmente capas de toxo”, mais non nas cortes do gando, como é habitual, senón nas corredoiras, operación que parece ser que tamén se facía, sobre todo en inverno, cando había moita lama. Segundo afirma Cabeza Quiles, aínda persiste oralmente a palabra estrada co significado de “canella ou corredoira cuberta de estrume”. Sexa como for, pedras ou estrume, estamos diante dun hodotopónimo (nome de lugar referido ás vías de comunicación). E no que respecta á etimoloxía, acontece que nos dous casos vén a ser a mesma, posto que o verbo estrar procede do latín vulgar STRARE, derivado do mesmo STRATUS xa mencionado, participio de STERNERE, “estender”.
- FIGUEIROA DE ABAIXO / DE ARRIBA: deriva de FICARIOLAM, diminutivo latino de FICARIAM, “figueira”.
- O PEDREGAL: derivado de pedra (<latín PETRAM) + sufixo abundancial ou locativo –al, “lugar cheo de pedras”.
- O VILAR: é unha palabra do léxico común. Procede do latín vulgar VILLARE, “pequeno núcleo poboado”. Continúa a ser este o significado da palabra vilar na actualidade, por iso aparece moitas veces na toponimia.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
A Estrada (Parroquia rural)
Manuel Reimóndez Portela
É coñecida por este nome como parroquia desde que se estableceu alí a capitalidade do concello, a partir do ano 1840 ou máis ben dende 1855 en que ardeu a igrexa de Figueroa, parroquia á que pertencía A Estrada, da que falaremos máis adiante.
LINDES: os lindes da parroquia estradense son os seguintes: polo norte linda con Aguións, Santeles e Toedo, polo leste con Matalobos e Ouzande, polo sur tamén con Ouzande e Guimarei e polo oeste con Guimarei, Lagartóns e Aguións.
Atinxindo á orde alfabética do seu nome ocupa o número 19. Pola súa superficie ocupa o número 29 con 435 hectáreas. Ten un total de 7.953 habitantes.
Os lugares que compoñen na actualidade a parroquia rural estradense son os seguintes:

FREGUESÍA DA ESTRADA: componse da vila capital do Concello, da que non falaremos dado o carácter rural deste estudo, e duns lugares que a rodean e que poden considerarse rurais, aos que nos imos referir.
O día 21 de setembro do ano 1840 decidiron trasladar ao lugar chamado A Estrada o Concello de Cereixo que xa o compoñían as
51 parroquias actuais, solicitándolle á Deputación Provincial que en adiante se chamase "Ayuntamiento de La Estrada", petición que se lle concedeu coa data 23 de xaneiro de 1841.
O terreo que entón compoñía A Estrada era o seguinte: "El lugar de La Estrada ocupa tres ferrados y doce cuartillos de cavida. El salido de dicho lugar de La Estrada que es camino real y sitio en que se hacen las ferias, tiene de cavida catorce ferrados, tiene tres filas de robles".
Despois a este terreo engadíuselle a parroquia de Figueroa e terreos das tamén veciñas Ouzande e Guimarei. Rematou entón a freguesía da Estrada formada polos lugares ditos.
COMUNICACIÓNS: polo Pedregal, dotada de beirarrúas, pasa a estrada nacional 640, que cruza a vila de oeste a leste. Por Figueroa de Arriba pasa a estrada a Compostela e por Figueroa de Abaixo atópase entre a dita e mais a da Ulla, que sae polo lugar do Vilar cara a Sarandón e demais terras de Ponte Ulla.
É ben sabida a tradición estradense, comezando polo seu significado:
A Roma van as estradas A Roma van os romeiros A Estrada vén de calzadas e congostras... e vieiros...
Quen fora en romaría a San Paio da Estrada polos vellos camiños que á Estrada levaban...
Camiño de romeiros cara á cidade do Apóstolo que pasaba polo mesmo centro da vila de sur a norte polo que hoxe é o lugar do Cruceiro (que aínda se atopa de pé) seguindo pola Casa Grande de Figueroa cara a Ponte Vea e Santiago.
Xa na Estrada axeonllábanse os camiñantes vendo no alén o mesmo fulgor da cidade compostelá.
En Figueroa, na Zona Deportivo-Cultural, chama moito a atención a rúa da Cultura, unha avenida que dá acceso a toda esta zona educativa, cultural e deportiva, onde se colocaron esculturas que lembran a cada un dos persoeiros aos que se lles dedicou un ano cultural, empezando por M. García Barros no ano 1997. É un viario que chama verdadeiramente moito a atención. Tamén na Zona DeportivaCultural, ten moito tráfico a pista que a comunica co Pedregal.
Abríronse no ano 2002 dúas novas rúas que dan acceso ao casco urbano dende Figueroa de Arriba e que fai cruce coa prolongación da rúa Antón Losada Diéguez, así como a conformación de dúas rotondas que fan desta parroquia un cruce de vías en dirección a Santiago, principal acceso de tráfico rodado á vila.
HIDROGRAFÍA: o regueiro chamado río dos Sapos, que vén dende o Pedregal, corre entre esta parroquia e Matalobos polo oeste, sen que teña outras correntes de auga non sendo algunha presa coma a do San Paio, onde se encontra a fonte co nome do mesmo santo.
Polo Vilar pasa a chamada presa de Aguións.
FONTES: sen dúbida a máis sinalada é a fonte de San Paio en Figueroa de Abaixo, máis arriba, ao sur atópase o cemiterio e máis onde se erguía a capela de San Paio.
No lugar de Vilar atópanse a fonte da Abella e a de Eirín preto das casas da vía, con sona de moi boa auga. Tamén na Carballeira, na zona polideportiva está a de Figueroa, e ademais a chamada do Cagallón.
PEDRAS: na Carballeira do Rei ao sur norte da fonte San Paio, no linde entre Figueroa e Toedo, atópase aínda algún marco con R.
PONTES: as dúas principais son a ponte de Barcia e a do río de Figueroa.
HISTORIA: dinos o Cardenal Gerónimo del Hoyo (ano 1607) de San Paio de Figueroa:
"En esta feligresía de San Payo hay veinticuatro feligreses. Los frutos todos al rector, que valdrán como veinticuatro cargas de todo pan. Presentación de la capilla de Mondragón. La fábrica tiene de renta veinte ferrados y medio de centeno y diez y nueve de mijo. Hay en esta feligresía unha ermita de Santi Spiritus. Mandó Juan Gongález de Figueroa, su fundador, según dice se dixese en ella una misa cada semana y para ello mejoró a dos hijos en tercio y quinto, pero dicen que no han aceptado la herencia y así no se cumple el mandato del fundador.
Catastro de Ensenada. Canto se di da parroquia de Figueroa neste Catastro atópase onde se fala das parroquias que compoñen a xurisdición de Vea, á que pertencía a dita parroquia de Figueroa.
Dicionario de Madoz. Reflectimos os datos de Figueroa e mais da mesma Estrada como curiosidade Figueroa (San Pelagio): "feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leguas escasas) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (cuatro) Ayuntamiento de Estrada. Situación: parte en un plano inclinado formado por la colina donde se halla el lugar de La Estrada y parte en una llanura que se extiende desde la base de dicho plano. La combaten principalmente los aires del norte y sudoeste. El clima es templado y las enfermedades comunes algunas fiebres y pulmonías. Comprende los lugares de Castrelo, Figueroa de Abajo, Figueroa de Arriba, Río dos Sapos, Vilary parte de Estrada que reúnen 66 casas. La iglesia parroquial (San Pelagio) es aneja de la de Toedo; con la cual confina por norte; al este con la de Aguiones; por sur con Ouzande y Guimarey y por oeste con la de Arcos de Furcos de cuyos límites dista cuatro y media leguas poco más o menos. En el lugar de Figueroa de Arriba existe una casa perteneciente al Sr. de Sangro. El terreno en parte gredoso es de primera y segunda clase; le baña un riachuelo que no tiene nombre especial y se une al río Liñares por la feligresía de Aguiones. Los montes son poco considerables y la mitad sin arbolado. Atraviesa por esta parroquia el camino de Santiago a Carballino de norte a sur y el de Pontevedra y Caldas a Lalín de este a oeste. El correo se recibe de Santiago. Produce: maíz, centeno, trigo, patatas, habichuelas, nabos y outros frutos; mantiene ganado vacuno, mular, de cerda, lanar y cabrío; hay caza de liebres, conejos y perdices."
Industria y comercio: la agricultura, cuatro molinos harineros y tejidos de lienzos ordinarios y de ropas de lana para uso de los vecinos; se esportan cereales sobrantes y se introduce el vino.
Población: Sesenta y seis vecinos, trescientas veinte y dos almas.
Estrada (La): "aldea capital del ayuntamiento de su nombre y del partido de Tabeirós en la provincia de Pontevedra (51/2 leguas) perteneciente a la feligresía de Guimarey, Figueroa y Ouzande.
Situación: Sobre un cerro de poca altura combatida principalmente por los aires del norte, sur y noroeste; el clima es templado y muy sano. Tiene 44 casas, la municipal con la cárcel, cuyo edificio es moderno y de buena construcción fortificada con cuatro tambores de piedra sillar en sus cuatro ángulos; varias tiendas de comestibles, ropas y quincalla y una botica. Hay tambien administración subalterna de rentas estancadas y una escuela de primeras letras frecuentadas por 80 niños de ambos sexos, cuyo maestro percibe 1.500 reales anuales del fondo de propios. En la estremidad occidental del pueblo junto a la casa del ayuntmaiento se encuentra una buena ermita con la advocación de Nuestra Señora de la Peregrina. Confina el término con las tres mencionadas parroquias de Guimarey, Figueroa y Ouzande. El terreno es gredoso, de color obscuro de mediana calidad, brotan en varios puntos fuentes de aguas regias y poco gratas al paladar; cruza por el mismo un pequeño arroyo que baja de un monte limitado por el oeste con el partido de Caldas de Reyes. Atraviesan por el término dos caminos de los cuales uno se dirige de Santiago al Carballino y el otro desde Pontevedra y Caldas a Lalín y Chantada. El correo se recibe desde Santiago tres veces a la semana y desde la cartería de este pueblo se distribuye a las demás del ayuntamiento. Produce: trigo, maíz, centeno, patatas, habichuelas, nabos, lino, hortalizas y pocas frutas; se cría ganado vacuno, mular, de cerda, lanar y cabrío; hay caza de liebres, conejos y perdices.
Industria y comercio: La agricultura y telares de lienzos ordinarios y ropas de lana para uso de la clase labradora: consisten las operaciones mercantiles en la extracción de algunos cereales e importación de vino; celébrase una feria el día último de cada mes y un mercado los sábados de cada semana, cuyas especulaciones se reducen a ganado vacuno, cereales, pescado, carne salada, aperos de labranza, lino en rama y tegidos de lienzo y lana, con otros efectos de poca importancia. Población: cincuenta vecinos, doscientas almas".
Nomenclátor del Arzobispado de Santiago-1883:
"Estrada-s. Pelayo. Tabeirós. Pontevedra. Estrada. Estrada. Alternativo del Marqués de Santa Cruz y varios legos. Término 147 vecinos. 700 almas. Estrada. Gonzalo Penela. D. Francisco Parr. 47 años carrera breve. García Silva D. Manuel Presbítero 41 años. Carrera breve."
Álvarez Limeses dinos: entre outras cousas referentes á vila... "La iglesia parroquial era la de San Pelayo de Figueroa pero habiéndola reducido un incendio a cenizas se construyó en 1857 la actual iglesia en La Estrada, que vino a sustituir a aquella y que no corresponde a la importancia de esta entidad de población. Hace unos treinta años empezó a construirse otro templo parroquial, de buena planta y gusto artístico, pero la obra ha sido suspendida y actualmente está continuando su construcción. Hasta el citado año se decía misa en una capilla que vino a sustituir a la capilla del Espíritu Santo, demolida por acuerdo del Ayuntamiento, pero esta capilla que se llamaba de la Peregrina era muy pequeña. Al destruir un incendio la de Figueroa que era la más próxima se construyó la actual que tiene la misma advocación y a la cual se trasladaron las imágenes de las dos ermitas antes citadas y las que se salvaron de las llamas del incendio de la iglesia de S. Pelayo de Figueroa."
Tamén Álvarez Limeses cita de Otero Pedrayo... "Pero quizá no haya en Galicia ejemplo tan elocuente de pueblo nacido en el cruce de caminos como el que lleva su nombre latino y gallego del camino: La Estrada. A pesar de su señorío de sus puentes y hermosa ribera, el Ulla no creó ninguna ribera, pués el Padrón es más bien hijo de la ría y del obispado de Iria Flavia. En cambio la confluencia de seis caminos del Ulla, de Trasdeza, del Salnés, de Arosa y de la Tierra de Montes determinó el crecimiento de La Estrada mucho antes de que las carreteras vinieran a confirmarlo".
Sobre a creadón da vila que hoxe coñecemos publicaron: Ángel Miramontes Carballada, "Origen y evolución del municipio de A Estrada (Pontevedra). Factores geográficos y condicionantes históricos" e Mª Jesús Fernández Bascuas: "Aproximación á xénese urbanística da vila da Estrada leíI.A tradición urbanística" (Misc. hca. e cult. nº 3).
IGREXA E CAPELAS: non ten o rural da parroquia estradense igrexas nin capelas despois de arder a igrexa de Figueroa, que se encontraba á entrada dereita do actual cemiterio.
Os veciños dos lugares desta freguesía teñen o servizo relixioso na igrexa da vila.
CASA NOBRE: aínda hoxe están en pé restos moi desfeitos e mal tratados do que foi a importantísima casa nobre de Figueroa. Encóntrase en Figueroa de Arriba, ao norte da vila, a tamén chamada casa Grande, casa do Llano ou a de Sangro polo século XVIII. Dá mágoa atopar co abandono en ruínas destas nobres pedras coroadas aínda pola máis fermosa cheminea da redonda, poida que a máis belida de cantas campan en casas nobre§ estradenses.
Juan González de Figueroa e a súa dona Inés Álvarez Bermúdez de Cástro dan pé e fundamento a esta nobre casa señorial e a árbore xenealóxica sobe vertical cos Bermúdez de Castro. Pedro Bermúdez de Castro naceu en Lagartóns (16-xullo-1595), herdou o couto de Callobre foi cabaleiro do Hábito de Santiago e casou con Elvira de Mera ...despois os Bermúdez de Castro e Sangro, que máis tarde emparentaron cos Moscosos. A xenealoxía desta casa encóntrase reflectida no tomo 6 do Inventario de Pazos y Torres editadas polos "Amigos de los Pazos" de Vigo. Pax. 20 e seguintes.
FESTAS: son case que as mesmas da capital do Concello. As feiras son tamén as da Estrada. A industria e comercio é unha prolongación do da vila, que tiveron un gran desenvolvemento nos últimos anos.
En canto ao ENSINO no rural estradense situáronse os principais centros de ensino de nova creación. En Figueroa de Arriba o "CEIP de Figueroa" acolle a nenos e outros estudantes desta parroquia e de moitas outras do arredor. A Gardería Infantil, construída en 2003, ten grande afluencia de nenos/as da máis curta idade e xa se está a ampliar.
Na denominada zona deportivo-cultural, que como vía principal de acceso ten a rúa da Cultura, chea de estatuas depedra que lembran persoeiros aos que na Estrada se lle teñen dedicado anos culturais, constitúe un grande espazo verde no que as xeracións en proceso de formación poden combinar a adquisición de coñecementos, o lecer e o deporte.
Aquí están situados os institutos de Ensino Secundario "Manuel García Barros”, Antón Losada Diéguez” e "IES Nº1" que aglutinan a maioría dos estudantes de educación secundaria do municipios e dos arredores.
Lmportantísima é tamén a presenza do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade de Galicia CEXESGA) que, cunha superficie de 180.000 m2, no límite desta parroquia de Figueroa de Arriba con Matalobos, alí se forma a policía local de toda Galicia, a futura policía autonómica e impártense cursos de formación destinados aos corpos de seguridade do estado en xeral e colectivos implicados. Depende da Consellería da Presidencia. A súa dotación de instalacións fai que sexa das máis modernas do seu estilo.
A Fundación de Exposicións e Congresos, tamén nesta zona, ten como principal finalidade a organización de feiras e certames de divulgación da importante industria mobleira estradense e galega. Organiza a Feira do Moble de Galicia no mes de setembro, a Feira Profesional do Moble no mes de marzo e distintas feiras especializadas como as de antigüidades. Durante todo o ano lévanse a cabo na súa sede cursos de capacitación profesional relacionados co sector de transformación da madeira e éun centro de difusión máis que destacable da industria estradense.
As súas instalacións tamén son utilizadas de forma provisional para algunhas prácticas deportivas, concertos, mitins, xuntanzas, etc.
INDUSTRIA: a proliferación de industrias nos arredores da vila foi espectacular nos últimos anos, así dende O Pedregal, onde atopamos unha nave de almacén de peixe, unha moblería, un almacén de ferros, unha nave de secado de bacallau, un taller de electricidade, un taller mecánico, un importante forno de pan e a fábrica de mobles Martínez Otero, das máis desenvoltas de todo municipio, con amplos mercados abertos en todo o mundo e unha gran tradición ás súas costas, ata Figueroa de Arriba, onde se localizan 2 fábricas de mobles, 2 exposicións de mobles, 2 talleres mecánicos e 1 empresa de transportes. En Figueroa de Abaixo un taller de chapa e pintura. No Vilar unha empresa de pinturas, outra de carpintería en madeira e un taller de motos. Na Cañoteira, un taller de electricidade e outro de automóbiles
COMERCIO: no Pedregal hai un importante almacén maiorista e un bar actualmente sen actividade. En Figueroa de Arriba unha gran ferretería, exposición de mobles, unha pastelería cafetería e unha perruquería. No Vilar un bar.
DEPORTES: atopamos un novo campo de fútbol, o denominado "Campo de fútbol de Figueroa", onde leva a cabo a súa actividade o Club Sporting Estrada, coas súas ben nutridas escolas deportivas con máis de 200 nenos/as e 8 equipos nas categorías de benxamín ata afeccionados, con máis de 300 socios/as. Este club, con xa máis de 25 anos, é un bo aglutinante de xuventude da parroquia da Estrada e as dos seus arredores; foi merecedor do Premio S. Martiño en 2004.
As piscinas municipais, con tres vasos, entre os que se atopa o grande coas medidas de piscina olímpica, ten moita afiuencia de público no seu funcionamento durante os meses do verán.
A piscina climatizada do CEXESGA, dependente polo tanto da Xunta de Galicia, e que mediante un convenio dá acceso ao público en xeral, ademais de lles servir de importante lugar de formación aos alumnos/as do centro, supuxo un gran logro nas infraestruturas deportivas na comarca.
Pavillóns polideportivos, coma "Manuel Coto Ferreiro" de grande usopor ser o primeiro en construírse, o denominado "Frontón", por ser en orixe unha construción deste tipo e que agora se converteu en pavillón cuberto. De nova construción o Pavillón Multiusos, que con
3 pistas deportivas en uso combina a finalidade deportiva coa de exposicións dotando a Estrada dun grande espazo e multiplicando as posibilidades de organización de eventos e práctica do deporte nun municipio con máis de 15 escolas deportivas.
Outras instalacións deportivas moi frecuentadas son as 3 pistas de tenis, e unha fermosa carballeira, pulmón verde e lugar de lecer de estudantes, deportistas e moitos estradenses que pasean por ela todos os días.
EMBLEMAS ESTRADENSES. damos a coñecer nesta parroquia da vila estradense os emblemas oficiais de todo o Concello, ou sexa o escudo, a bandeira e o himno. É ben sabido que o Concello da Estrada é moi novo, do ano 1840, as terras que hoxe o compoñen formaban naquel tempo coutos, xurisdicións ou incluso concellos, por iso se atopan aínda algúns selos ou escudos coma o do chamado entón "Ayuntamiento de Cereijo", aparece o escudo ou estampilla oval no que se adiviña unha imaxe da Virxe cunha gran coroa relocente e arredor do óvalo a inscrición: "Ayuntamiento Constitucional de Estrada".
Coñecemos outros tres escudos en forma de selo e tamén ovais nos que se ve nun as armas do escudo de España, noutro óllanse dúas columnas e poida que a inscrición "Plus Ultra" e á súa dereita unha imaxe de pé que non se recoñece ben. Os dous teñen a inscrición "Ayuntamiento de La Estrada". Outro escudo máis é tamén oval con armas que non poden recoñecerse, coroa real e a inscrición "Ayuntamiento Constitucional de Estrada".
O Concello de La Estrada formouse no ano 1840, confirmándose oficialmente deica o ano 1869, usándose daquela un escudo que aínda hoxe se ve esculpido na parte superior dereita da parede da casa do concello. Aparece nun óvalo un anxo chorando axeonllado enriba dun cadaleito e na parte superior dúas espadas en X rodeadas por unha coroa de loureiro e unha inscrición arredor que di "Ayuntamiento de Estrada"; nel quérese lembrar os liberais Fernando Lorenzo, Eduardo Otero e Gonzalo Arén, fusilados na Estrada polos carlistas o día 7 de abril de 1836.
O actual escudo e selo da Estrada fíxose oficial por acordo do Pleno municipal do día 30 de maio do 1928, ratificando acordo da permanente do 5 do mesmo mes, como execución dun acordo que xa se producira o 22 de novembro de 1927.
Fórmano unhas pezas nobres asentadas nun óvalo cunha estrela de prata no centro superior, ou sexa na punta do xefe da que caen destelos do mesmo metal a pau cara o centro ou corazón do escudo iluminando dous camiños que serpean entre montes e vales, de cor natural, desde unha torre ameada, de ouro, con portas e fiestras de gules (vermellas) que aparece no flanco destro e outros en forma de S desde o lado sinistro dunha ponte románica de seis arcos e de cor natural que vai atravesando sobre un río (o Ulla) dun a outro cantón da punta do escudo todo sobre fondo (azul) e adoptando forma oval que rodea unha bordura caprichosa con puntas enroladas simetricamente ás superiores cara ao reverso e as inferiores cara ao anverso, envolvendo o destro un ramo de palma e o sinistro outro de carballo con landras que son de cor sinople (natural, ou sexa verde), debaixo, na punta unha cuncha de vieira de cor natural.
Os valores heráldicos das pezas, ademais do histórico, convencional etc., é o seguinte: a estrela é a imaxe da felicidade, significando grandeza, verdade, luz, maxestade, paz e prudencia. E igual á do escudo compostelán, é dicir a mesma que se encontra gardando os restos do apóstolo Santiago. A torre significa grandeza e elevación, asilo e salvagarda, e representa as torres feudais de Guimarei, A Barreira e o pazo de Oca. A bordura é peza honorable de primeira orde e privilexio de esforzados guerreiros. O ramo de carballo é símbolo de ánimo forte e constante, de fecundidade en empresas e o de palma representa o premio ao martirio, a vitoria e o triunfo. Os camiños refírense ao camiño real de peregrinaxe cara a terras de Compostela, cando os peregrinos descansaban na nacente vila dándolle puxanza; proviñan de terras de Montes, ourensás e portuguesas, pasaban por montes e vales que se refiren á nosa orografía, e pola ponte Vea, románica, que fala da nosa tradición neste senso de peregrinaxe cos seis arcos que aínda hoxe ten. A cunca de vieira é símbolo dos peregrinos a Santiago.
Bandeira da Estrada: creouse a bandeira da Estrada no Pleno municipal do día 16 de maio de 1984 cando o alcalde (o que escribe) presentou unha moción pedindo a súa aprobación despois de ter coñecido pareceres doutros estradenses. Ten forma rectangular cruzada dende o ángulo superior dereito ao inferior esquerdo e de arriba abaixo por unha franxa branca entronchada, quedando formados dous triángulos rectángulos, un na parte superior vermello e outro na inferior verde. A cor vermella escolleuse por telo tamén o estandarte do Concello e o verde claro significa auga, esperanza e forza e fainos lembrar a cor dos nosos vales e montañas.
No centro levará o escudo do Concello. A franxa de cor branca será na proporción de dous a dez en relación co ancho da bandeira.
Coa data 28 de marzo de 1985 (decreto 82/1985) foi aprobada pola Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.
Himno estradense: con data de maio de 1987 aprobouse o himno da Estrada con letra do poeta Salvador García Bodaño, que di como segue:
Terra nobre fidalga e ben labrada dende montes a ollar fecundos ríos.
Mociña florecida en amoríos que de cincuenta estrelas es gardada de pazos e de pontes adornada de castros e de rexos penedíos de soutos e camposas aduvíos de palabra que é lei dita na Estrada Sosegan na túa paz os bos viaxeiros e medran os teus fillos na irmandade e na fiel memória os devanceiros Con ramos de benvida e de lealdade sairemos todos xuntos aos carreiros cun cantar de esperanza e liberdade.
O himno novo das terras de bonanza a resoar polos vales e os outeiros ata onde o corazón á patria alcanza.
(Música do mestre Eulogio López Masid).
TOPONIMIA MENOR: son nomes a subliñar os Acivos, o Porto do Liño, o Outeiriño, a fonte de San Paio e a da Abella, o río dos Sapos, a Chapuza...
PLANTÍOS REAIS: di no Real de Legos do Catastro de Ensenada: "Dehesa Real. Una nombrada dehesa de SM. cabida cuarenta ferrados, L. río de porta Todo. P. monte de Figueroa de Abajo, N. con la dehesa de SM. de Santa María de Aguiones y S. con dicho río.
Vivero R. Uno nombrado de SM., cabida ferrado y medio, L. río PNN. y s. monte común".
HOTEL SUMMA A ESTRADA: situado no lugar do Pedregal, é a instalación hoteleira máis imporante do municipio. Pertencente a unha forte cadea hoteleira, e que coa súa capacidade de 41 habitacións, das que 4 son suites, de estilo moderno, están equipadas con TV e antena parabólica, teléfono directo, minibar e cuartos de baño. Algúns dos cuartos están adaptados para discapacitados. No exterior atópanse amplos xardíns, unha gran piscina e un acolledor patio.
O Hotel Summa conta con salóns para reunións, convencións ou calquera outro tipo de evento. Tamén ten servizo de aluguer de bicicletas e moitos outros servizos que xunto coa súa interesante situaáón estratéxica fan del un importante foco de atracción turística.
Tlf: 986 573 535-6-7/902 383 099. www.summahoteles.com
TURISMO RURAL: A casa do lagoeiro. En Vilar nº 17, con
catro cuartos dobres e un apartamento para 4 persoas. Teléfs. 986 584 964 / 686 466 803. www.casadolagoeiro.com
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Ao describir a vila sinalamos o número de habitantes, que é o que tamén corresponde á parroquia cos seus casaríos diseminados de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, O Pedregal, Vilabrasil e Vilar.
Linderos: norte, Aguións, Santeles e Toedo; sur, Ouzande e Guimarei; leste, Guimarei, Lagartóns e Aguións; e oeste, Ouzande e Matalobos.
No eclesiástico: nun incendio no ano 1855 quedou completamente destruída a igrexa de Figueiroa, feito que aproveitaron os estradenses para apropiarse da capitalidade municipal. Con este fin, apresuráronse a construír a actual igrexa da vila. Finalmente, conseguiron o seu obxectivo en 1859 despois de non poucos incidentes e enfrontamentos. Extinguida a freguesía de Figueiroa, quedaron os veciños deste punto dependendo da Estrada. Ouzande, a pesar dos intentos de anexión, foi manténdose independente ata 1869, data en que tamén pasou a depender da Estrada, como acontece hoxe. É o noso patrón San Paio, cuxa festividade se celebra o 26 de xuño de cada ano. O curato, presentación do marqués de Santa Cruz e outros, é de termo, e está servido por un distinguido párroco, D. Nicolás Mato Varela, e por un coadxutor.
VILA DA ESTRADA
É, indubidabelmente, a vila da Estrada unha das máis bonitas e modernas de Galiza; a súa existencia data “de onte”, como adoita dicirse en linguaxe familiar.
En 1836 non pasaba dunha aldea, tan modesta que só contaba con catro ou seis casas diseminadas, figurando como máis importantes as de D. José Vila, a de Mariño e a de D. Bonifacio Silva, hoxe reformadas e pertencentes respectivamente a D. Pedro Campos, herdeiros de D. José Puente e herdeiros de D. Miguel Losada.
Xa sabemos que, de antigo, dúas vías importantísimas se cruzaban na Estrada, facendo o punto moi concorrido e apropiado para que a poboación se estendese: o cruzamento tiña efecto, aproximadamente, no centro da que é hoxe Praza de Ramiro Ciorraga. Pola vía da parte de Montes circulaban con frecuencia nutridas peregrinacións portuguesas que ían orar ante a tumba do Apóstolo, Patrón das Españas, e abeirábanse para descansar nuns soportais adxacentes á capela advocación do Espírito Santo, que nas inmediacións do cruzamento se levantaba.
Á importancia das vías cruzadas, máis antigas que a aldea, e talvez aos peregrinos procedentes de Portugal, se debe o nome que leva a nosa vila, cuxo significado é “rúa”.
En varios puntos de Galiza, á vía ou camiño cuberto de estrume ou toxo para esterco, chámaselle estrada ou estrado.
Os portugueses por “rúa” escriben Estrada, os italianos, Strada; os ingleses, Street; os alemáns, Strasse e os latinos,Strata.
Os referidos camiños servían de divisorias ás parroquias de Ouzande, Guimarei e Figueiroa. Correspondía á primeira o territorio comprendido entre os lados do ángulo formado polas actuais rúas de Bedelle ou Serafín Pazo, e Peregrina; á segunda, o que é agora beirarrúa sur da rúa de Riestra e Ulla, a partir da desembocadura da rúa de Bedelle na Praza; á terceira, a beirarrúa norte da referida rúa de Riestra e Ulla a partir da mesma desembocadura.
O 8 de abril de 1836, o Sr. cura párroco de Guimarei, ao inscribir a defunción de D. Fernando Lorenzo, consigna que o cadáver se achou no camiño público do lugar da Estrada, término daquela parroquia; e o mesmo di en canto aos cadáveres de D. Eduardo Otero e D. Gonzalo Arén.
O Concello, en sesión do 28 de xaneiro de 1837, consignou: «na casa nomeada de Mariño do lugar da Estrada, etc.»Daquela había unha muralla ou forte improvisado onde agora está a casa da praciña que pertence a D. Manuel Constenla. Mellorada esta pequena fortaleza, acordouse en sesión do 15 de novembro de 1839, colocarlle portas. O destacamento desta viliña tiña o seu cuartel na casa de D. Bonifacio Silva.
Pode decirse que foi na sesión municipal do 17 de setembro de 1840, de acordo cunha Xunta provisional Directiva que acababa de nomearse, cando se puxeron os alicerces desta vila ao propoñer que o Concello levase para o sucesivo o nome de Concello da Estrada. Tamén se propuxo que no punto máis céntrico do entón pequeno poboado, se levantase un monumento dedicado á Constitución do Estado. E o monumento levantouse nun punto que actualmente comprende a Praza de Ramiro Ciorraga e consistía nunha columna, cunha placa metálica en que se lía: «Constitución 1840». Tiña, ademais, lateralmente gravadas en pedra, estas outras inscricións:
El cuerpo municipal
fija este punto en su historia
para perpetua memoria
del siete de abril fatal.
A un porvenir venturoso
consagra este lateral:
digno es pueblo tan leal
de paz, justicia y reposo.
Estaban dedicados estes sentidos versos á memoria dos liberais D. Fernando Lorenzo, D. Eduardo Otero e D. Gonzalo Arén, fusilados na Estrada polos carlistas o día 7 de abril de 1836. Compuxéraos o daquela cura de Ouzande don Juan Manuel Fontenla.
Un recordo deses sucesos sanguentos é o noso escudo municipal, no que resalta un anxo chorando sobre a tumba dos sacrificados.
O Xulgado de 1ª instancia, que non tiña residencia fixa e viña funcionando na Consolación e noutros puntos, estableceuse definitivamente na Estrada o devandito ano de 1840 e, reunido aquí co Concello, atraídos os seus elementos polo importante cruzamento de comunicacións, foron factores de moita importancia para o desenvolvemento da poboación.
A fortaleza da Estrada, o forte de defensa a que aludimos, mandouse demoler en 30 de outubro, tamén de 1840.
En 1841 o Concello funcionaba na casa do procurador D. José Vila del Pino, que mereceu o ditado de fundador desta vila. Non había Casa Consistorial propia, pero xestionábase a súa construción, que se viu rematada en 1842. Neste mesmo ano arruinouse a capela do Espírito Santo, que era antiquísima, e o 17 de setembro acordouse aplanar a praciña de fronte do cárcere e poñerlle árbores.
O 11 de xaneiro de 1843, acordou a Corporación municipal retirar os restos da capela do Espírito Santo, dando isto motivo a resentimento do seu propietario, que era o Sr. de Sangro.
O 27 de abril do ano indicado, D. Juan Ramón López solicitou autorización para fabricar unha casa contigua a esta pequena praza situada ao leste da antiga Casa Consistorial. A praciña estaba no lugar da travesía que comunica a rúa da Peregrina coa de San Lourenzo, pasando polo lado norte da casa de D. Camilo Pereira, e nela había uns carballos seculares dos que non se conserva ningún.
Na acta da sesión do Concello, en data tamén de 27 de abril de 1843, alúdese ao desenvolvemento da poboación e consígnase que vai adquirindo carácter de vila.
En 1856 estaba en construción a igrexa actual, que se fixo en parte por prestación da veciñanza. Os de Figueiroa loitaban neses tempos por reedificar a súa, que perecera nun incendio, provocado, segundo se di, polos da Estrada co obxecto de apropiarse da capitalidade parroquial.
O 16 de decembro de 1857, os veciños da vila pediron ao Concello que acordase o derrubamento dunha caseta propiedade de D. Miguel do Porto, de Figueiroa, que existía fronte á igrexa acabada de construír. E cando esta se abriu ao culto foi clausurada a capela dedicada á Peregrina que había ao lado do cárcere, pasando á propiedade de D. Benito María de Oca, coa advocación de Santa Lucía.
Uns vinte anos transcorreran dende que A Estrada era unha aldea, cando o 8 de xaneiro de 1859, tendo en conta o desenvolvemento da poboación, acordou a municipalidade dar ao barrio de Bedelle o nome de rúa da Consolación, comezando a numerala nas casas de D. Francisco Trigo e D. Francisco da Riva; púxose tamén título a outra rúa, a do Ulla, empezando nas casas de D. José Vilas e D. Felipe Trigo; a da Peregrina, empezando na casa de D. José María López e D.a María Ignacia Cadavid; a da rúa da Igrexa, empezando na casa de D. Francisco Trigo e D. Manuel Otero; a da travesía de Vea, empezando na casa de D. Benito Lafuente e D. Francisco Gestoso.
No ano 1859 tómase a decisión de demoler o monumento levantado á Constitución. Varios veciños da vila opuxéronse, acudiron ao Concello e conseguiron, tras unha dura contenda, que a lápida e inscricións se colocasen na fachada da Casa Consistorial, pasando os demais materiais a obras de mellora da Igrexa.
O 18 de abril do mesmo ano, acordouse urbanizar a praza pública, que naquel tempo estaba en grande parte dedicada a canteira; e tamén se acordou mellorar a praciña de fronte á Casa do Concello (casa do Concello antiga).
Por RD do 6 de xullo do devandito ano de 1859, concedeuse a esta poboación o título de villa12 e, en consecuencia, acordouse non permitir a construción de edificios nin a reforma dos xa existentes sen coñecemento e licenza da autoridade local. Tamén se mandou derrubar os alpendres e telladiños que había diante dalgunhas portas; prohibíronse as reixas e balcóns que sobresaísen máis de pé e medio da liña das casas no piso principal, un pé no segundo, e medio no terceiro; e mandouse encalar todos os edificios.
O 6 de abril de 1860 tomouse o acordo de cambiar o título de “Travesía de Vea” polo de: “Entrada do Val de Vea”. O campo da feira foi denominado «Feira de Santa Lucía da Estrada», por estar ao lado da capela do mesmo nome.
O 20 dese mesmo mes de abril creouse na vila unha estafeta de 7ª clase.
O 28 de setembro seguinte, estando a Corporación municipal reunida, presentáronse varios veciños ofrecéndolle a súa cooperación para introducir melloras na vila.
O 27 de outubro de 1865, a Xunta de Sanidade propuxo o derrubamento dalgúns alpendres ou cubertos da fronte das casas.
O 20 de xullo de 1866, recibiuse devolto do Goberno Civil, sen aprobar, o proxecto para a construción das casas escola desta vila.
O 16 de xuño de 1869, acordou o Concello a creación dunha banda de música e a súa correspondente subvención.
O 3 de setembro, deuse conta de que SA o Rexente do Reino mandou que o antigo xulgado de Tabeirós levase no sucesivo o nome de xulgado da Estrada.
O 21 de outubro de 1870, foi designado D. Vicente Novoa para director da banda musical.
O 17 de maio de 1872, D. Juan Pasarín deu conta ao Concello de ter rematadas as obras do matadoiro; e o 8 de agosto do mesmo ano disolveuse a banda de música.
Segundo a distribución que se facía da provincia nun decreto publicado na Gaceta de Madrid coa data de 17 de xuño de 1874, a esta vila correspondíalle un Tribunal de Partido.
En sesión do Concello en data de 10 de marzo de 1880, acórdase a creación dunha escola de párvulos para A Estrada.
O 28 de novembro de 1883 acordouse poñer a balaustrada da praza principal.
O 16 de xaneiro de 1884, a Corporación municipal acorda pedir para esta vila unha Escola de Artes e Oficios coa súa biblioteca, e unha subvención para o Hospital Municipal.
Por estes tempos foi demolida a capela da Peregrina ou de Santa Lucía, coa protesta dos veciños de Ouzande, que alegaban o seu dereito a ela baseándose en que fora construída con fondos da súa parroquia. .
En sesión da Corporación municipal en data de 9 de febreiro de 1887, acordouse non autorizar a construción de casa ningunha dentro do casco da vila, sempre e cando non alcanzase dous pisos.
Alá polo ano 1892, había na Estrada «A Lira», agrupación coral subvencionada polo Concello.
O 13 de setembro de 1895 acordouse pedir para esta vila un xulgado de ascenso.
En sesión do Concello, en data de 26 de marzo de 1898, foi nomeado D. Agustín Iglesias director da banda de música que acababa de crearse.
O 22 de abril de 1899 deuse conta á Corporación municipal dunha proposición de D. Camilo Pardo para establecer a iluminación pública por electricidade, e tamén das xestións de D. Miguel Nine en canto á adquisición do terreo do Calvario e Revillas para localización da nova Igrexa.
O 20 de maio do mesmo ano pediuse ao Sr. de la Vega de Armijo unha zona militar para esta vila. E o 4 de outubro de 1905 acordouse ceder ao Partido os altos da Casa-Cárcere.
Queda feita unha breve recensión da orixe e desenvolvemento desta vila. Tratarémola agora no seu ser e estado actual.
Oficialmente o casco de poboación é: dende a casa de Manuela Souto (a Xorda) ata a de Celestino Esmorís, de oeste a leste; e dende a de Antonia Pan á de Aurora Baños, en Bedelle, de norte a sur.
O casco real é máis amplo debido a novas edificacións.
Situada a vila nun outeiro ou elevación do terreo, con amplo horizonte e desaugadoiros polo norte, sur e leste, resulta ventilada e limpa: a súa exposición ao nacente, permite que a bañen os primeiros raios do sol, influíndo nas condicións hixiénicas; e todas esas vantaxes reunidas, fana moi sa. Así se explica a afluencia de xente á Estrada, especialmente no verán, para repoñer a súa saúde e, como isto case sempre se consegue, vai adquirindo cada día maior fama de punto climatérico de excepcionais condicións. É esta unha vila ideal, aínda que pequerrechiña; tan pequeniña que só aparece no padrón oficial con 258 cabezas de familia e 1810 habitantes (son datos de hai máis de dez anos, polo que debemos supoñer que estas cifras aumentaron, cando menos nun terzo).
Áchase a vila aos 42° 40'35" de latitude norte, e a 40º, 45’,30" ao oeste do meridiano de Madrid, e do de Greenwich a 8°26'45".
As temperaturas regulares que se rexistran na localidade son de 7 graos no inverno, 14 no outono, 12 na primavera e 17 no verán. Disto dedúcese que imperan os termos medios, tan apropiados para os individuos de saúde quebrantada. A altura de 287 metros sobre o nivel do mar, tampouco é extremada e, se a iso engadimos que abunda o arboredo, está todo dito.
Esta vila elegante e alegre produce unha grata impresión ao forasteiro, que sempre atopa hospitalidade entre os estradenses, xente de seu atenta e compracente.
Dúas prazas, a de Ramiro Ciorraga e a praciña do Mercado, serven de esparexemento e recreo nas horas de lecer. Na primeira, que é o corazón da vila, efectuase o cruzamento das estradas de Vilapouca a Pontevea e de Chapa a Carril. Nestas estradas, vías de moito tránsito, están as rúas máis importantes: a do Mercado; a Peregrina, se entramos polo oeste, é dicir, da parte de Cuntis ata o centro daquela praza; seguindo ata o leste, as de Riestra, Ulla e a avenida de Fernando Conde, en liña prolongada, constituíndo as tres unha zona que pola súa aliñación e latitude resulta espléndida e ben merecía levar o nome único de Rúa Real Principal. Na outra estrada, tamén en liña, temos as rúas de San Lourenzo e San Paio. Entre as rúas da Peregrina e do Mercado, desemboca a Travesía de Vea, continuando a avenida da Fonte. Da Travesía parte a rúa da Igrexa, que sae á praza de Ramiro Ciorraga. Da rúa de San Paio arranca outra nova, que enlaza coa de Vega de Armijo, conducindo á igrexa nova. Á Praza Principal dá acceso a antiga rúa de Bedelle, hoxe de Serafín Pazo e, enlazando esta coa de Riestra, está a de Justo Martínez, que conduce á Casa do Concello. Hai outra rúa aínda sen nome, que enlaza as da Peregrina e San Lourenzo.
Barrios: o Novo, o do Cruceiro, o de Bedelle, o da Feira, o da Baiuca. Da Estrada parte unha estrada nova á Ponte Ulla.
Edificios públicos: temos a Casa do Concello, obra nova que honra a nosa localidade, no que teñen cabida as oficinas municipais, as dos Xulgados Instrutor e Municipal, o Rexistro da Propiedade, o Arquivo notarial e o Laboratorio. Leva en construción máis de vinte anos unha igrexa fermosa, que tamén daría importancia á localidade se algún día chegásemos a vela rematada. Outros edificios a destacar son: a casa do cárcere que pola súa antigüidade deixa bastante que desexar e mais a igrexa vella que, aínda que está ben conservada, non reúne outras condicións; especialmente nótase a falta de capacidade para unha vila dos habitantes e categoría da nosa.
Para espectáculos públicos acaba de inaugurarse o Salón Novidades, propiedade de D. Manuel Constenla, de moi boas condicións.
A Caixa de Recruta, a Demarcación de Reserva, o Cuartel da Garda Civil e as escolas de primeiro ensino están en edificios particulares de cuxos alugueres se ocupa o Concello.
A edificación urbana do dominio privado está en auxe e conta A Estrada cun bo número de casas moi vistosas e confortábeis.
Comercio: esta vila é un grande centro comercial con establecementos de verdadeira importancia, como son: en ultramarinos, os de Esmorís, Bastida, Felipe Mato, Ismael Fernández, Nogueira, etc.; en ferraxaría, os de Sanmartín,Constenla e Brea; en louza e cristal, o de Alcobre e o de Matalobos; en moblaría e paquetaría, o de Consuelo Lorenzo; en moblaría, o de Barros; en peletaría, Muñíz, Ferrín e Carbón. Aquí, na nosa vila, confecciónanse traxes con tanto gusto e delicadeza como nas cidades inmediatas, diso ofrecen testemuño os Varelas, Casagrande, Andrés Gómez e Borrajeros. Hai boas barbarías como son a de Beiras, a de Enrique, a de Benito e algunha outra. Tres carnizarías abastécennos de rica carne, e son a de Gumersindo, a de D.a Olivia e a de Durán. Tres cafés están abertos ao público, o do Pintor, o de Pena e o de Vila. Abundan as casas de hóspedes, contándose entre elas as dos Constenlas, a de Mato, a do Pintor, a de Diego, a de Julio, a de Emilio Paz, etc.; existen dúas sombreirarías, a de Pío e a de Saturnino.
Industria: a nosa vila conta, dende o ano 1900, con iluminación eléctrica, grazas á pericia e tenacidade de D. Camilo Pardo que, con non demasiados medios, levou a cabo esa importante obra, coa que se beneficiou el e beneficiounos a nós. O fluído é aproveitado, ademais, en muíños e serradoiros. O salto está situado entre Aguións e Barbude, no río Liñares.
Outra fábrica de luz eléctrica acaba de inaugurarse: está o salto entre Aguións e Moreira e procede a auga do mesmo río Liñares. Pertence a unha sociedade na que figuran don Maximino Sanmartín, D. Manuel Saborido, D. Benigno Porto e algún outro. Ten tamén muíños.
Camiño do cemiterio atópase a fábrica de curtidos do Sr. López Juanatey e máis alá, no termo de Figueiroa, o serradoiro de D. Francisco Valcárcel. Hai tamén a fábrica de gasosas de D. José María Pena.
Servizo de automóbiles: hai servizo diario de automóbiles a Pontevedra, Lalín, Santiago, Forcarei e Portas. Unha forte compañía, «La Estradense», na que figura como principal factor D. Pedro Campos, dedícase a cubrir as liñas entre os tres primeiros puntos, cos seus coches que saen da Estrada para Pontevedra e Santiago das oito ás nove da mañá e regresan ás cinco da tarde para dirixirse a Lalín. Outro coche, «La Montañesa», sae tamén ás cinco da tarde para Forcarei, de onde regresa á mañá seguinte. Ás tres e media da tarde marcha «El Aguila» para Portas, levando o correo, e retorna ás dez da noite. «La Iberia», dunha sociedade de Lalín, percorre a liña da devandita vila a Pontevedra, e de Forcarei a Santiago.
Prestan tamén servizo por aquí os camións automóbiles de Carballeda, de Esmorís, o de Castro, que conduce peixe, e outros varios.
De aluguer hai catro bos automóbiles da sociedade Nogueira-Brey, dous de Manuel Nodar, un de Manuel Durán, dous de Pena e un de Francisco Sueiro.
Hai unha boa fotografía dos irmáns Campinas.
Os de Vigo hónrannos todos os veráns enviando aquí, como punto escollido, as súas colonias escolares, das que é protector altruísta D. Fernando Conde.
A excelencia das augas desta vila está por riba de toda ponderación.
Cosmopolitismo: pola súa condición de vila moderna, a poboación da Estrada é de esencia cosmopolita. Son moi contadas as persoas de mediana idade que naceron aquí. De Noia procede D. Miguel Nine; do Carballiño, D. Camilo Pereira; de Lalín, D. Segundo Santos; de Rodeiro, D. Maximino Araujo; de Silleda, D. José Martínez; de Ponteareas, D.Camilo Pardo; de Carballo, D. Manuel Leyes; e así outros varios.
Se a procedencia inflúe, como sosteñen moitos, no carácter e condición das persoas, ben poden atribuirse ao cosmopolitismo da Estrada as disputas e diverxencias que se observan entre os seus habitantes e que tanto conspiran en prexuízo de todos; porque a vila avanza, pero con mellor harmonía, sen dúbida avanzaría máis.
As distancias aproximadas desta localidade aos puntos máis importantes da contorna son: a Santiago, estación do ferrocarril, 25 quilómetros; a Portas, estación tamén do ferrocarril, 26 quilómetros; aos Baños de Cuntis, 9 quilómetros; a Silleda, 24 quilómetros; a Lalín, 35 quilómetros; e outros 35 a Pontevedra.
"Xa es algo, vila da Estrada!...
Onte non eras nada "
*Pedro Varela, A Estrada, 1923