Sociedades agrarias na Estrada
Pedro Varela Castro*
Alá polo ano 1903, algunhas persoas de bo criterio, entre as que sobresaía o defunto notario D. Miguel Losada, iniciaron a asociación dos labradores deste Concello. En 1905 funcionaban algunhas entidades con bastante entusiasmo; pero, por enredárense demasiado en cuestións políticas e preocupárense pouco dos problemas agrarios, sufriron sensíbeis quebrantos que as deixaron moi malparadas. No entanto, a semente estaba no suco, dérase o primeiro paso cara á emancipación e nos corazóns latexaba o desexo de continuar a campaña labrega. De Lavadores chegaban noticias confortadoras; un grupo de denodados campesiños facíase célebre alí enarborando o estandarte redencionista e paseándoo con singular valentía por aqueles agros. De entre ese grupo destacou o simpático e venerábel Chinto Crespo que veu percorrer os campos estradenses a fins de 1911 e en 1912, realizando unha verdadeira propaganda; houbo múltiples mitins e conferencias. Asistiu a algún deses actos e deixouse oír a xove e entusiasta propagandista Elena Estévez. Completou ese cadro de grandiosa actividade o culto e elocuentísimo cura de Beiro, D. Basilio Alvárez, a quen en ocasións acompañaron Lustres Rivas e López Aydillo. Pensouse nun xefe de altura, nun deputado a Cortes que no Congreso expuxese o programa agrario e o defendese con calor; ese xefe foi D. Manuel Portela Valladares, quen, invitado oportunamente, veu á Estrada e foi obxecto dunha acollida e dunha manifestación de cariño tan grande como nunca se presenciara nesta vila.
El Eco de La Estrada, órgano das Sociedades Agrarias, lideraba naquel tempo unha valente campaña contra o caciquismo local e provincial; as masas labregas engrosaban dun modo sorprendente e o movemento redencionista chegou a adquirir proporcións xigantescas, causando a admiración de propios e estraños: Joaquín Núñez de Couto non foi alleo a eses traballos.
Como o número de sociedades e sindicatos era moi avultado, para uniformar a marcha e proceder de común acordo, redactouse un regulamento e constituíuse a famosa “Federación Agrícola” da Estrada, Silleda, Forcarei e Cercedo, cuxos estatutos, despois de non poucos traballos e desgustos, foron aprobados polo Goberno Civil o 9 de agosto de 1913.
O novo organismo resultou dunha eficacia sorprendente; empezou o seu labor con actividade, abnegación e fe, acurralando de tal xeito o caciquismo, que o puxo ao bordo do precipicio. É de recordar o feito insólito da prohibición establecida entre os asociados en canto a comerciar coa vila, por non secundar esta na desexada medida as aspiracións dos agrarios; durante o mes de maio de 1915, a paralización pode dicirse que foi absoluta: nin unha feira, nin un mercado puido celebrarse; faltaron os legumes, faltou o leite, faltou todo, menos o tesón das sociedades, tesón que non foron quen de atepedar nen os alardes de forza armada nen os encarceramentos do presidente da Federación, señor Señarís Junquera, do secretario Sr. Baloira Gañete e doutros moitos.
A fins do mes referido, mediante xestións do comercio que estaba en perigo, chegouse a unha transacción, baseada na supresión do déficit, e na promesa da máis estrita xustiza nas eleccións municipais que se achegaban. Cesou o boicot e nas rúas da Estrada, que se viran case desertas durante 30 días, rexurdiu a animación.
En novembro do mesmo ano foron proclamados polo artigo 29 da Lei Electoral, concelleiros coa clasificación de agrarios, os señores D. Ramiro Ulloa, José Varela, Juan Peiteado, Jenaro Pena, Manuel Blanco, José Rodríguez, Benigno Quesada, Claudio Baloira, Juan Manuel Rodríguez, Felipe García, Marcelino Vilas, José Señarís, Manuel Couceiro e Pedro Varela, que, cos elixidos anteriormente D. José Porto e D. Manuel Sanlouzáns, constituíron unha respectábel maioría encargada do goberno do Municipio en xaneiro de 1916. O agrarismo vencera aquí mediante a súa firmeza, demostrada moi especialmente no memorábel día 16 de maio de 1915, ao ser detido no campo de Lagartóns o Sr Señarís.
Para conmemorar esa data e a vitoria obtida, levantouse no mesmo campo unha columna triunfal coroada por unha piña que simboliza a unión agraria; unha reixa de ferro fabricada gratuitamente polo acreditado artista D. Manuel Amigo de Oca, encerra o monumento que leva estas catro inscricións labradas en pedra: «Unión agraria estradense. Aquí se consolidó» «Fraternidad, agrarismo, democracia y libertad» «La Federación agraria en conmemoración del 16 de mayo de 1915» «El Labrador es el Rey de la Naturaleza». (1)
Había que descubrir o monumento e fixar «o día dos agrarios» e, con este fin, preparouse unha festa para o 16 de maio de 1916, que pola excepcional importancia que tivo hai que salientar.
Con milleiros de follas voantes distribuídas oportunamente neste concello e na comarca, convocouse ao agrarismo. El Eco de La Estrada non cesou, durante os tres meses anteriores á festa, de facer un chamamento en regra e, para completalo, tirou un extraordinario o 24 de abril. Entre orlas, primeira plana e grandes caracteres, líase “Grandes festas. Loor aos perseguidos. A Federación agraria, en conmemoración do 16 de maio de 1915, celebrará o mesmo día de 1916, no campo de Lagartóns, as festas máis grandes que Galiza recorda. Agrarios! A presenciar o descubrimento do primeiro monumento que se levanta en España como símbolo de unión e de triunfo labrego. Saudemos aos mártires que sufriron os rigores da prisión loitando polo goberno do pobo, polo pobo”.
Contiña o mesmo extraordinario do Eco uns artigos saturados de entusiasmo e o programa da festa que era aproximadamente como segue:
“Ás seis da mañá, disparo de seis bombas dende o local de cada sociedade federada; ás oito, misa en Lagartóns; ás nove, entrada das sociedades no campo, por grupos cos seus estandartes despregados e acompañados por bandas de música. Á cabeza da comitiva entrará a moza elixida polas compañeiras da súa zona, e seguirana as designadas polas sociedades, agrupadas cada unha ao seu estandarte e ás músicas graduadas.
Grupo do Ulla: compóñeno as sociedades de Orazo, Loimil, San Miguel de Castro, Amois, Oca, Ancorados, Pardemarín, Callobre, Moreira, Berres, Ribeira e Paradela-Barbude (presidenta, Felisa Brea Marque de Rubín coas súas damas de honra).
Grupo de Vea: componse destas sociedades: Santeles, Aguións, Toedo, Baloira, Vea Santa Cristina, San Xiao, Santo André, San Xurxo, Couso, Cora, os Barcalas e Matalobos (presidenta, María Luisa Armadáns).
Grupo da Montaña: compoñen este grupo as sociedades de Cereixo, Vinseiro, Lagartóns, Guimarei, Parada, Ribela, Arca, Souto e Somoza (presidenta, Rosalía Torres Villaverde coas súas damas de honra).
Os tres grupos entrarán no campo con intervalos de dez minutos; a directiva da Federación estará constituída na tribuna onde recibirá as presidentas e as súas damas, obsequiándoas con ramos de flores e adornándoas con moñas cintadas en que aparecerán inscricións alusivas ao acto”.
Esta parte do programa cumpriuse ás mil marabillas: amenceu o día arelado, 16 de maio de 1916, con toda a fermosura dunha mañá espléndida de primavera e moi axiña comezou a chegar, atronador, de todos os recantos do Concello, o ruído das bombas disparadas polas sociedades. Era a chamada ao Exército Labrego, que deu o resultado apetecido: observouse decontado un movemento inusitado, os camiños e vereas enchéronse de persoas que se dirixiron aos puntos sinalados para a formación dos grupos e ás nove entraban estes, nutridísimos, graduados, no campo de Lagartóns, coas súas músicas, gaitas e estandartes. Foi un momento emocionante, indescritíbel, só superado cando o alcalde, D. Ramiro Ulloa, descubriu o monumento, porque entón o entusiasmo acabou de desbordarse; milleiros de persoas aplaudían freneticamente, as músicas e gaitas executaban as máis alegres composicións e no ambiente resoaba a dinamita. O mesmo alcalde pronunciou despois un discurso alusivo á festa e rematou a recepción. Houbo profusión de premios para traxes típicos do país e outros; para bailadores con castañolas; para os postos de comidas e bebidas máis artísticos e orixinais; para os gaiteiros que mellor executaron a “Alborada” de Veiga e a Muiñeira; para as merendas máis farturentas e colocadas con máis arte sobre a herba; e outros moitos. Tamén houbo concurso escolar, que resultou moi lucido, e sorteáronse numerosos obxectos.
Chegou a hora de comer e apareceu o enorme campo de Lagartóns cuberto de brancos manteis, en torno dos que se foron reunindo familiares e parentes do xefe de cada casa; coméronse de moi boa gana suculentos manxares e bebeuse a máis non dar, mentres unha verdadeira invasión de músicos de menor contía, cegos, coxos e outros ambulantes, buscaban o codelo de pan coas súas ripiosas e mal medidas coplas; todo era lecer e alegría.
Do Concello da Estrada só faltaron as persoas imposibilitadas e aquelas materialmente precisas nos domicilios. De Lalín, Silleda, Carbia, Vedra, Teo, Cesures, Padrón, Caldas, Cuntis, Pontevedra, Barro, O Campo, Cerdedo e Forcarei houbo moita xente. Dá idea de cal sería a concorrencia o feito de que unha persoa ben coñecida se afastou pola mañá dos seus familiares e non foi quen de atopalos até a noite.
Pola tarde os numerosos músicos e gaiteiros fixeron as delicias da multitude. Desenvolveuse este magnífico festival sen unha soa nota discordante.
Foi, sen dúbida ningunha, o acontecido en Lagartóns o 16 de maio de 1916 o acto desa índole máis grande rexistrado na Galiza. Debeuse o resultado á boa marcha da Federación e á comisión organizadora composta dos señores D. Claudio Baloira, José Brea, Manuel Fernández, Gumersindo Iglesias e Benigno Fraga.
Un xornal publicaba por aqueles días un artigo que contiña, entre outros, este parágrafo: «Viaxeiro! Cando pases polo Campo de Lagartóns, ao pé dunha columna que se levantará maxistralmente alzando ao ceo a piña simbólica da unión campesiña, párate e descúbrete, non para deixar unha esmola, porque o único que se pide é un bo corazón, senón para dedicar un recordo mental aos que sufriron pola causa redentora, e admirar a súa constancia. E se non es agrario, se non figuras nas lexións honradas dos teus veciños, fuxe, porque ese monumento tanto glorifica e perpetúa a actuación dos bos, como serve de baldón para os malvados.»
A Federación declarou festa agraria o 16 de maio de cada ano
El Eco de La Estrada publicou despois unha revista luxosa dedicada ás festas que quedan salientadas e dela distribuíronse miles de exemplares porque tivo moita aceptación.
O 16 de maio de 1917 repetiuse a festa en Lagartóns e, se ben estivo moi concorrida, non revestiu aquela grandiosidade do primeiro ano.
O número de entidades agrarias durante o período álxido do agrarismo chegou a ser moi respectábel. Reuníanse na Federación as de Pardemarín, Ancorados, Oca, Berres, Callobre, Cereixo-Vinseiro, Ribela-Parada, Codeseda, Souto, Aguións, Lagartóns, Cora, San Xiao, Santa Cristina, San Xurxo e Santo André de Vea; Arnois, Castro, Orazo-Loimil, Riobó, Paradela-Barbude, Moreira, Guimarei, Somoza, Matalobos, Toedo, Sabucedo, Nigoi, Santeles, Baloira, Couso, Frades, Santa Mariña e San Miguel de Barcala.
Presidiron a Federación: en 1913, D. Antonio Camino; en 1914 e 15, D. José Señarís; en 1916, D. Ignacio Vilas Carbón; 1918, D. José Louzao; 1919, D. José María Barreiro; 1920, Señarís; 1921. 22, D. Antonio Fernández; 1922, D. Erundino Bergueiro; 1923, D. José Campos, presidente actual. Despacharon a secretaría: primeiro, D. Pío Losada; despois, o Sr. Baloira Gañete; despois, o Sr. Ríos Eiriz, D. José Otero Abelleira, D. Bernardo Mato e actualmente, D. José Paseiro.
A Federación tivo o seu esplendor e despois a súa decadencia; como sucede coa temperatura, despois da calor vén o frío; e as causas do frío social foron varias: os elementos principais do rexurdimento agrario local pasaron ao Concello e, «mal se aras, boi, mal se non aras»: ora, sostíñase que os concelleiros do agrarismo debían asistir ás sesións daquela entidade; ora, que non debían facelo, porque a súa presenza coartaba liberdades; chegouse a dicir que a presenza dalgúns era unha coacción e, cando non aparecían por alí, eran acusados de abandono, de inconsecuentes, de pouco entusiastas, de fachendosos cos seus cargos e outras cousas parecidas. Isto produciu a uns concelleiros decepción e aburrimento; outros, menos escrupulosos, responderon co afastamento e o desdén. Con opinións enfrontadas e falta de freo para as susceptibilidades, non podía reinar o concerto: o «divide e vencerás» actuaba con todas as súas fatais consecuencias, tanto na Federación coma no Concello. Así se ía gastando o agrarismo municipal, como se gastan sempre os que gobernan, por bo desexo que teñan de acertar.
As masas populares teñen esixencias, case sempre lexítimas; pero cando non as ven satisfeitas adoitan reflexionar pouco nos motivos. Todas as culpas recaen nas corporacións municipais, aínda que estas se esforcen en servir o pobo e non se repara en que dende un concello non se fan leis e hai que cumprir, en cambio, as que dimanan de Madrid, que non sempre son acaídas. Ademais os nosos labradores, desconfiados de antigo, recean sempre dos gobernantes, sobre todo cando por intereses partidarios se explota esa innata desconfianza.
O Concello agrario da Estrada non se librou deses inconvenientes e tropezou tamén co problema grave de non ter protección nas alturas, pois, dado o seu matiz de independencia, foi ollado con desconfianza e receo.
A todos eses males houbo que engadir os desgustos ocasionados por algúns intransixentes, ávidos de satisfacer caprichos e verse a última hora invadidas as sociedades por elementos sen entusiasmo e pouco escrupulosos, moitas veces enviados con consignas disolventes. Ía aparecendo unha especie de caciquismo no seo de cada entidade, cancro que as corroía e aniquilaba; pero agora parece que os verdadeiros agrarios se decatan do perigo e tenden a reorganizarse. Xa veremos se non reinciden nos seus erros e se procuran, como é de desexar, non perder o tempo en nimiedades para empregar todas as enerxías en cuestións como estas:
1.a: Acabar co analfabetismo procurando a maior perfección posíbel no ensino elemental e que nas escolas se impoña como obrigatorio un curso de Agricultura; 2.a: Difusión do emprego de novos sistemas de cultivo e apeiros ou máquinas de labranza; 3.a : Selección de sementes e gando, estimulando os gandeiros con concursos ben organizados; 4.a :Procurar a apertura de novas vías de comunicación, especialmente o Ferrocarril Central tantas veces ofrecido; 5.a : Creación de Caixas rurais de aforros e empréstitos, seguros de gando e colleitas e cooperativas de consumos. Todo isto sen esquecer a resolución dun problema que pola súa transcendencia merece capítulo especial:
Redención de foros
O foro só é coñecido na Galiza, Asturias e León; e descoñecido, por conseguinte, nas demais partes de España. Suponse moi fundadamente que o contrato do foro data da Idade Media, cando, donos de extensos territorios, os señores que axudaron aos reis na loita da reconquista e os mosteiros que os adquirían por devota doazón, «de montes a fontes e dende a folla da árbore ata a pedra do río», pensaron facelos produtivos.
Os antigos magnates non se contentaban co goberno de tal ou cal comarca, senón que, consentidos polos monarcas, facíanse donos das terras que reconquistaban, tomándoas coma propias, sen dar participación ás tropas. No sacrificio e nas penalidades da guerra, a peor parte levábana os labregos que regaron os campos co seu sangue; os loureiros e o botín eran só para o señor, que daba a lei.
Desta orixe ilegal da propiedade deriváronse enormes males que aínda hoxe, a pesar do transcurso dos séculos, se están a sentir. Hai que agradecer aos lexisladores de Cádiz que aboliran os señoríos xurisdicionais e borraran os ditados de señor e de vasalo, facilitando a liberdade da terra.
Mediante o contrato de foro entregábanse aos cultivadores aqueles mesmos terreos que eles axudaran a reconquistar; mais temporalmente, de ordinario pola vida de tres señores reis e 29 anos máis, coa condición de revertilos despois ao dono do directo dominio con todas as melloras, sen dereito a indemnización ningunha aos colonos, que ademais debían contribuír cun imposto, pagadoiro xeralmente en especie, cada ano, pena de comiso. Por se todo iso fose pouco, reservábase o dono o directo dominio, o dereito de tenteo en caso de venda e o de percibir o laudemio que consistía na quincuaxésima parte do prezo, na vixésima, a décima e aínda na quinta algunhas veces. Aos foros seguiron os subforos, que todos os galegos saben, desgraciadamente, en que consisten.
Cando as vidas dos tres señores reis transcorreran e o prazo de moitos foros pasara, cando os campos, antes incultos, se poboaran, grazas ao traballo humano, de árbores, plantas e froitos, varios donos do directo dominio expulsaron dos seus fogares innumerábeis familias que, botadas das terras que os seus pais e avós fixeran frutíferas, percorrían os camiños en cuadrillas, levando das mans os meniños famentos e clamando contra a avaricia. Con iso empezou o calvario dos nosos antepasados e tamén a emigración; unha xigantesca loita social que se facía cada día máis encarnizada, ata que o Consejo de Castilla decidiu na súa célebre Orde do 10 de maio de 1763 que se librase despacho «para que a Audiencia da Galiza fixese suspender os preitos, demandas e accións que estivesen pendentes neste territorio e outros do reino sobre foros, sen permitir despoxos, pagando os demandados e foreiros o canon e pensión que entón e até aquela data satisfixeran. Ínterin que por S. M. e a consulta do Consejo se resolvese o que for do seu agrado.» Tan nobre como atrevida disposición, apesar de ditarse con carácter de interinidade, continúa en vigor.
Para agravar máis o peso dos foros, viñeron os minifundios, subdivisión excesiva da propiedade inmóbel, que algúns chaman pulverización do chan. Como consecuencia dos minifundios chegou a división e subdivisión das cargas que resultan, nalgúns casos coñecidos nesta bisbarra, dunha verdadeira ridiculez: hai algún anaco de terreo gravado con un ou dous céntimos de cuartillo en gran, hai parcela tasada nun real. Na parroquia de Orazo vimos un terreo dividido entre herdeiros, forma un trapecio e na base superior houbo a imposibilidade de colocar marcos… porque non cabían!, e houbo que botar man dunhas variñas de salgueiro.
Esas divisións e subdivisións, despois de transcorridos algúns anos, ofrecen dificultades para determinar cales son os terreos suxeitos á pensión foral e quen os pagadores. Como, ademais, nos perceptores hai xeralmente a tendencia a oprimir e nos foreiros a non pagar, chega o prorrateo xudicial con todas as súas desastrosas consecuencias, que pode repetirse de dez en dez anos. Os gastos a que dá lugar cada procedemento desta clase exceden moitas veces o valor do foral prorrateado e o anaco de terra que o labrador miraba con cariño chega a serlle aborrecido como causa da súa ruína. E isto ocasiónano leis desacertadas.
Teñen dereito a promover o prorrateo, tanto o dono do dominio directo como calquera dos do útil e déronse casos en que algún empregado de xustiza de mala fe, á caza de negocios, se valeu, con ofrecementos, do máis desgraciado dos pagadores para entrar naquel xuízo e arruinar unha comarca.
Para que o prorrateo estivese revestido de todos os males, non carece do de castigar o labrador máis laborioso e favorecer o máis lacazán, posto que a repartición da pensión eféctuase a base do valor actual da fincabilidade, de onde resulta que o foreiro que máis capital e máis traballo impuxo, máis renda paga, e viceversa.
No acto de aprobar o prorrateo elíxese cabezaleiro ou colector ao maior pagador, que ten o encargo de cobrar por menor a cada un dos co-foreiros e a obriga de pagar por enteiro ao dominio directo. Estas “cabezalarías” causan horror aos nosos paisanos polas graves continxencias propias do cargo; co transcurso do tempo os terreos vanse facendo descoñecidos; tamén se van facendo descoñecidos os levadores; destes, algúns abandonan o país deixando inculta a súa terra, xa sexa para buscar en país estranxeiro o pan que lles falta no seu, xa fuxindo da inxustiza, e así aparecen dificultades para o cobramento e o desgraciado cabezaleiro ten que cubrir as cotas falidas.
A facultade atribuída ao dominio directo de poder dirixir a reclamación da renda total contra un, dous, catro máis ou menos dos pagadores, constitúe unha verdadeira calamidade. Ao amparo desa xurisprudencia estanse a cometer iniquidades sen conto.
Primitivamente os moradores reguengos ou foreiros estaban obrigados a pagar “hogazas luctuosas”, “gayosas”, “maníadigo”, “colecta”, “pertiguería”, “fosadaría”, e outros “pechos”. A “hogaza” consistía nun saco de trigo ou centeo de sesenta puños, e outra de cebada, oito diñeiros e unha galiña. (2)
Os foros son perturbadores, restos aínda dos antigos señoríos, do feudalismo e da vasalaxe. Hainos tan ridículos que dan noxo: unha libra de cera; unha pela de manteiga; un cuartillo de mel; un día de malla, etc., dan idea de pequenez nos perceptores primitivos. Dinnos que na Ulla hai unha escritura de constitución dun foro, mediante a cal se impoñía ao foreiro a obriga, todos os días que o amo permanecese por alí, dunha cunca de papas para o can de caza. E podía darse o caso de que o pobre labrego non tivese para alimentarse e tivese que dar aquela fariña, que non podía faltar para as papas do can.
Isto, lectores, é ignominoso; irrita. En asembleas e congresos, en mitins e conferencias, dende hai moitos anos, vénse clamando, sen conseguilo, pola redención de foros. Se fose en Cataluña, habían conseguila ben pronto.
Sigamos os redencionistas traballando con tesón e fe, en tan interesante cuestión, que algún día se ha impoñer a xustiza contra todos aqueles que non queren a liberdade da terra porque leva consigo a liberdade das persoas.

NOTAS
Do libro “La Estrada”, de Pedro Varela Castro (1923)
Tradución e notas de Clara Iglesias
Tradución e notas de Clara Iglesias
- Non traducimos o texto destas inscricións para respectar o realismo da descrición.
- Os nomes dos distintos tipos de imposto non puidemos traducilos por descoñecermos a correspondente palabra en galego. Tendo en conta que se trata de terminoloxía “legal”, moi posibelmente non exista denominación na nosa lingua. En canto ao significado en español, unicamente encontramos constancia da palabra pecho (“tributo que se pagaba ao rei ou señor territorial por razón dos bens ou facendas”, segundo a RAE)