MADANELA DE MONTES: en principio Madanela parece un topónimo haxiográfico, é dicir, que fai referencia a unha santa. Segundo os distintos Evanxeos a Madanela era unha seguidora de Xesús á que curou tras expulsarlle sete demos. Seguiu a Cristo na súa predicación. Dise que por ser a única dos seus discípulos que o acompañou até o último momento na cruz, foi a primeira á que lle anunciou a súa resurrección.
Mais é posible que o topónimo non teña nada que ver con isto e que se trate dunha cristianización en Madanela do que orixinariamente era medanela, diminutivo de meda, “construción en forma de cono que se fai cos mollos de cereal” (derivado do latín METAM, “montón, morea”). Esta palabra meda aparece en bastantes ocasións na nosa toponimia para designar elevacións no terreo con forma cónica e, en concreto, enterramentos megalíticos, como os podemos encontrar na parroquia da Madanela: o Campo das Mámoas, o Coto da Mámoa, a Braña dos Mouros.