Fervenza da Firvida
En plena serra do Cando, entre as parroquias de Seixido e a Barcia do Seixo (A Lama), o río Verdugo forma unha espectacular fervenza (ou fírveda) precipitándose dende unha altura de aproximadamente 15 metros e golpeando con forza os grandes bloques graníticos que o rodean. O espazo natural da contorna, o bosque de ribeira, sorprende pola enorme beleza e diversidade das súas especies vexetais: carballos, amieiros, bidueiros, freixos, fentos, musgos…