Foi Álvaro Cunqueiro quen definiu o noso país como “o dos cen mil ríos”. Sendo así, Galicia terá tamén máis de cen mil concas fluviais que marcan a nosa xeografía e a nosa paisaxe e crean miles de ambientes diferentes dunha grande biodiversidade.
Son moitas as augas que corren pola comarca de Terra de Montes, en forma de arroios, regatos, regueiros, regueiriños, regos e reguiños, que se unen formando cinco importantes ríos. Catro deles nacen en Terra de Montes: o Lérez, o Umia, o Verdugo e o Deza. O Avia nace máis ao sur, pero parte das súas augas proceden da nosa comarca.
As augas de Montes chegan ao mar polo leste e polo sur do noso país, formando parte de dúas concas hidrográficas moi importantes: a vertente Rías Baixas (cos ríos Verdugo, Lérez, Umia e Deza) e a conca Miño-Sil.
• O río Verdugo nace na aba do monte do Outeiro Grande, entre as aldeas de Regotraveso, Fontegrande e Cernadelo (Sta. Mariña de Presqueiras, Forcarei) e, despois de percorrer 40 km, desemboca en Ponte Sampaio, dando orixe á ría de Vigo.
• O río Lérez nace na serra do Candán, no monte de San Bieito (Aciveiro, Forcarei), percorre 60 km e desemboca formando a ría de Pontevedra.
• O río Umia nace no lugar da Reigosa (Aciveiro, Forcarei) e percorre 68 km ata chegar á ría de Arousa. Verte as súas augas no espazo protexido da lagoa da Bodeira, en Cambados.
• O río Deza nace na serra do Candán (Zobra, Lalín) e percorre 60 km ata desembocar no río Ulla, de forma que o seu caudal acaba chegando ao mar da Arousa.
O río Avia, que forma parte da conca Miño-Sil, non nace en Terra de Montes, senón máis ao sur, na serra do Suído. Pero é alimentado no seu curso alto por augas de Montes, que baixan da serra do Candán e flúen polo sur da nosa comarca. Un dos afluentes máis importantes do Avia é o Doade, que discorre pola parroquia da Xirazga (Beariz).