Forcarei (1936-1977)
Dionisio Pereira
Mortos:
- Armada (A Ponte): Chofer do ómnibus da familia López de Cachafeiro, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
- Balado Gil, José (¿?): Tenente do BON 219, albanel, afiliado ao PCE e á CNT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Bugallo Lois, Manuel (Cobas): Miliciano do BON 219, canteiro afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Caamaño (Soutelo de Montes): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
- Cachafeiro Fernández, Florentino (¿?): Miliciano do Exército Popular da República en Asturias, fusilado o 23 de novembro de 1937, con posterioridade á caída da fronte do Norte.
- Canabal, Manuel (A Hermida): Canteiro e membro destacado da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Unión Redentora”” (UGT) de Soutelo de Montes, distinguiuse polo seu labor sindical en Madrid. Segundo algunhas informacións sen confirmar, foi asasinado naquela capital polos falanxistas unha vez rematada a guerra.
- Canabal Cachafeiro, Antonio (¿Aciveiro?): Apareceu o seu cadáver, segundo consta no rexistro civil de Quiroga (Lugo), no lugar de Campodola neste Concello. Morte dubidosa datada o 31 de maio de 1938. ¿Irmán de José Canabal Cachafeiro?.
- Cendón Barros, Cesáreo (Sanguñedo): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
- Cendón Pernas, Manuel (Sanguñedo): Idem. Curmán do anterior.
- Crespo (Gaxín-Cachafeiro): Zapateiro de profesión, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
- Díaz Bugallo, Maximino (Millarada): Canteiro, afiliado á UGT. Foi sarxento de milicias no Exército Popular da República en Asturias. Foi asasinado en A Fonsagrada cando retornaba a Galiza. Soterrado na fosa común do cemiterio de A Fonsagrada.
- González González, Jesús, “Pernas” (Soutelo de Montes): De ideoloxía republicana, estivo integrado na Sociedad de Agricultores de Soutelo, en cuxa representación asistiu ao Congreso Agrario celebrado no Porriño en 1931. Foi asasinado así mesmo en Alba o 11 de agosto de 1936.
- Pampín García, Marcelino (¿?): Xornaleiro, 36 anos, apareceu morto por arma de fogo o 22 de setembro de 1936 na bisbarra de Ferrol e soterrado no cemiterio de Serantes. Foi inscrito no Rexistro Civil de Ferrol, onde consta que era natural de Forcarei.
- Pedreira Pazos, Manuel: Natural de Celas de Peiro (Coruña) e mestre de Meavía dende o ano 1935, estivo afiliado á FETE-UGT e ao PSOE xa dende 1931, ano no que exerceu como secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra. Integrado na loxia masónica “Helenes nº7” de Pontevedra e moi activo como orador en diversos mitins na contorna, foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” naquela capital o 4 de setembro de 1936. Sancionado e expulsado do Maxisterio no ano 1937, a título póstumo.
- Rivas Rey, Manuel (¿?): Sarxento do BON 219, canteiro de profesión e afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Taberneiro Fraiz, José Mª., “O Rolo”, (Vilapouca): Antigo emigrante en EEUU, onde traballou como picador na minería de carbón na zona dos Grandes Lagos a partir de 1920. Propietario dunha tenda, foi concelleiro do PCE en Forcarei no ano 1923 e durante a Fronte Popular formou parte da corporación municipal como segundo tenente de Alcalde, integrado no PSOE. Xunto con tres veciños de Cerdedo foi asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 de agosto de 1936. A muller nunca cobrou pensión de viudedade.
- Troitiño, Francisco (¿?): Membro cualificado de diversas colectividades cenetistas na provincia de Madrid. Segundo algunhas informacións sen contrastar, foi pasado polas armas na posguerra.
- Villaverde Arca, José (¿?): Canteiro, apareceu o seu cadáver en Sarria (Lugo) o 10 de outubro de 1938, segundo consta no rexistro civil deste concello. Morte dubidosa.
- Barreiro Campos, Daniel (¿?): Miliciano do BON 219, de profesión canteiro, morto en combate en La Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
- Bértolo Soto, Vitorino (A Grela): Miliciano morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
- Bugallo Pérez, Manuel (¿?): Combatente do Batallón 219 “Galicia”, de profesión canteiro e afiliado á UGT, morto na Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
- Caramés Gosende, Gumersindo (Cachafeiro): Miliciano, residente en Riberas-Soto del Barco (Asturias), morto en combate en Las Adoratrices, fronte de Oviedo, o 3 de marzo de 1937.
- Cardesín Fernández, Francisco (¿?): Miliciano do BON 219, mamposteiro afiliado á UGT, morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
- Dapena Carbajal, Francisco (Pardesoa): Miliciano no Exército Popular da República, morto en combate na fronte oriental de Asturias, o 27 de agosto de 1937.
- Espiña, Francisco (Forcarei): Capitán do 5º Regimiento de Líster, afiliado á CNT. Faleceu en combate na fronte de Madrid no ano 1937.
- Espiña, Manuel (San Marco): Combatente do Exército do Centro, morto en marzo de 1937 na toma de Brihuega aos italianos.
- Gulías Gulías, Francisco (¿?): Combatente da 98 Brigada Mixta 389 BON do Exército do Centro, afiliado ao “Sindicato Ünico de la Construcción” de Madrid (CNT) e ás “Juventudes Libertarias” de Cuatro Caminos, morto na fronte de Guadalajara en abril de 1938. Fichado na Sección Político-Social do AHNS.
- Lorenzo Fraiz, Jaime (Castrelo): Combatente do Exército de Andalucía, morto en data e lugar descoñecidos.
- Rilo Buján, José (Manduas/Silleda): Comerciante, do Partido Galeguista de Silleda. Torturado e asasinado na estrada de Acibeiro o día 16 de agosto de 1936.
- Alberte Cachafeiro, Benito (Soutelo de Montes): Estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
- Alonso Amaro, Erundina (Vilariño de Millarada): Muller de Manuel Fraiz Villar, pasou varios meses detida en 1951 por colaboración coa guerrilla tras ser sometida a xuízo.
- Alonso Cochón, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Álvarez, José (Soutelo de Montes): De ideario comunista foi perseguido tras o golpe militar, polo que debeu andar escapado durmindo nun nicho baleiro do cemiterio de Soutelo. Logrou pasar á zona republicana e tras a derrota pasou ao exilio en Venezuela. Descoñecemos se é José Álvarez Cardesín, elixido concelleiro en maio de 1931 e continúa en marzo de 1934.
- Arca Pereira, José (Meabia): Veciño de A Estrada nos anos 40, onde era propietario do bar “La Meabiense”. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de axudar á guerrilla comunista que actuaba na zona (grupos de “O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…). Malia ser absolto en ambos procesos, pasou nese período varios meses na cadea como preso preventivo.
- Barreiro Chamosa, José (Chamosa): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar” durante a IIª República. Foi ingresado na cadea de Lugo o 14/9/1939, ficando libre o 15/5/1940. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
- Barreiro Rozados, Enrique (Meabia): Carpinteiro, exerceu como enlace dos grupos guerrilleiros comunistas (“O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…) que actuaban entre Silleda, A Estrada e Forcarei nese período. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
- Barros Justo, Faustino: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Ventoxo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Beloso Lage, Apolinar: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Campo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Bértolo Candeira, Avelino (Alfonsín): Canteiro e afiliado á “Sociedad de Oficios Varios “La Lealtad”” (UGT) de Presqueiras, incorporouse en Asturias ao BON 219 “Galicia”. Ao caer a fronte do Norte fuxiu ao monte e, tras ser detido, foi internado na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Avelino foi, asemade, directivo da Agrupación Socialista de Presqueiras (Forcarei) durante a República.
- Bértolo Candeira, José (Alfonsín): Idem.
- Bértolo Diz, Dolores (Sixto-Pardesoa): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros. Un irmán seu, Francisco, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
- Blanco, Laureano: Depurado so seu cargo de mestre nacional de Millarada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Brea Cabada, Amado (Valadelo-Castrelo): Membro dunha cooperativa agraria, tras o golpe militar fuxiu ao monte. Cando se presentou á Guardia Civil, ficou preso no cuarteliño 1-2 semanas, ata que a intervención de Sabino Mariño conseguiu liberalo co compromiso de presentarse no cuarteliño da G. C. periódicamente durante un ano.
- Bobillo González, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Estaba casada co antigo Alcalde Sabino Mariño Pereira.
- Bugallo Iglesias, Manuel (Barciela-Castrelo): Irmán de Secundino Bugallo, asasinado na Ponte do Barco (Pedre). Retornado dos EEUU, tiña boa posición económica como propietario dun serradoiro na Barciela (Castrelo-Forcarei); cóntase que foi o primeiro en ter unha radio na contorna. Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular. Acusado de masón, foi extorsionado e perseguido. A súa muller foi maltratada polos falanxistas para que o descobrira. Tivo que se exiliar nos EEUU dende Lisboa no verán de 1937.
- Bugallo Pérez, José (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Bugallo Pérez, Luis (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Bugallo Sineiro, Mª Luisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Liñares. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Cabada, José (San Marco): Fillo de Antonio Cabada e sobriño de César e José María Cabada. Estivo durante a Guerra Civil en Catalunya co seu tío, ao que acompañou no exilio francés. Tamén foi obrigado a traballar no campo en territorio alemán. Rematada a contenda mundial, exiliouse co seu tío primeiro a Francia e posteriormente a Venezuela.
- Cabada Cabada, Antonio (San Marco): Canteiro e capataz de obras, participou no asalto ao madrileño Cuartel da Montaña e durante a contenda estivo integrado en diversas unidades do Exército Republicano do Centro, maiormente no 2º Ligero de Vicálvaro como xefe de abastecementos. Militou de maneira destacada no Partido Comunista e pasou máis de tres anos en diversas prisións (Madrid,…), acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid, acusación que resultou ser falsa. Cando saíu da cadea, exilouse en Venezuela onde faleceu.
- Cabada Cabada, César (San Marco/Vilapouca): Estudante en Madrid no intre do golpe militar. De simpatías socialistas, participou no asalto ao Cuartel da Montaña e logo estivo en varias unidades do Exército Republicano do Centro os tres anos de contenda. Rematada esta, foi xulgado por un tribunal militar por prófugo e condenado a facer de novo o servizo militar.
- Cabada Cabada, José María (San Marco): Irmán do anterior, garda de asalto destinado en Catalunya durante a República e a Guerra Civil. Exiliouse en Francia tras a derrota, sendo apresado polos alemáns que o retiveron como traballador forzado na agricultura durante boa parte da IIª Guerra Mundial. Cando finalizou a contenda, marchou a Venezuela, onde finou.
- Cabada Porto, Pedro (Soutelo de Montes): Tras a guerra foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, sobreseído en 1944 por atoparse no estranxeiro, exilado.
- Cabada Porto, Ángel (Soutelo de Montes): nos anos 40 na guerrilla de Foucellas, co nome de Fernando Varela Cabada. Enfermo de tise, puido se exiliar en Venezuela no ano 1949.
- Cachafeiro Cachafeiro, Mª Teresa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Cachafeiro Gulías, Daniel (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Cachafeiro Gulías, Enrique (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Caldera Manzano, Jacinto: Mestre de Millarada, depurado e sancionado con suspensión de emprego e soldo e translado en marzo de 1938, seica porque tras as elecións da Fronte Popular criticou a un cura. Tamén se distinguiu como dirixente da sociedade agraria de Vilar.
- Calvo, Amalia (Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Canabal Cachafeiro, José (Acibeiro): Canteiro de ideas anarcosindicalistas, debeu andar fuxido polo monte nos primeiros intres da Guerra Civil, ata que conseguiu entrar en territorio republicano pasando por Portugal. Combateu en diversas unidades do Exército Popular da República e, tras a derrota, pasou a Francia onde foi internado no campo de concentración de Tarne et Garonne. Exilado naquel país, non retornou nunca á súa terra.
- Canabal Troitiño, José (Andón): Canteiro, combateu no bando republicano e foi internado tras a caída da fronte de Cataluña no campo de Barcarés, sito no Mediodía francés. Exiliouse en Brasil no ano 1950, tras residir en Salies du Saiat no Departamento do Haut Garonne.
- Casado Gil, Manuel (A Madanela): Canteiro e veciño de Sanguñedo. A guerra civil o colle traballando en Madrid e participa inicialmente na contenda na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e José López Muradás en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940. Aparece no listaxe da Falange?.
- Castillo Ferreira, Ramón: Mestre de Liñares-Castrelo, suspendido tres anos de emprego e soldo en 1936, e separado do servizo en 1942.
- Cebreiros Moreno, Felisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Correa, Manuel (Outeiro): Fixo a guerra no exército republicano, onde exerceu cargos de responsabilidade. Coa derrota foi procesado e, posteriormente, encadeado nun penal da provincia de Pontevedra.
- Chan Ortigueira, Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Alfonsín. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Dapena Fraiz, Darío (Millarada): Canteiro e vicesecretario da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `Defensa y Justicia´” (UGT) de Millarada, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio.
- Dapena Pichel, Manuel Mª (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Dapena Quintillán, Avelino (Chamosa): Albanel, loitou no BON 219 “Galicia” e foi sometido a dous Consellos de Guerra en Asturias tras a derrota republicana no outono de 1937. Na mesma fronte pero no bando franquista, estivo o seu irmán Camilo, que actuou como garda cívico no verán de 1936.
- Dapena Seara, José Mª. (Ventoxo): Albanel, a contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os seus irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data, pero José María aínda pasou dous anos máis no Batallón Disciplinario de Soldados Trabajadores nº 14 radicado en Lesaka (Navarra). Unha vez libre, emigrou a Panamá cos seus irmáns Manuel e Adenso e alí se nacionalizaron no ano 1951; logo, recalaron no Brasil no ano 1952.
- Dapena Seara, Arturo (Ventoxo): A contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data.
- Dapena Seara, Adenso (Ventoxo): Albanel, a contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data. Unha vez libre, seguíu o mesmo roteiro que os seus irmáns José María e Manuel.
- Dapena Viéitez, Isaura “da Bernardina” (Aldea de Arriba-Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Madanela por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Dobarco, Secundino (Presqueiras): Secretario da “Agrupación Socialista Obrera ´La Lealtad¨” de Presqueiras en abril de 1936, foi perseguido nos primeiros días do golpe, polo que se tivo que agachar no monte e nas minas de estaño de Presqueiras. O seu domicilio foi rexistrado varias veces polos falanxistas de Cerdedo e Presqueiras.
- Doval Cosme, Constante (Cachafeiro): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar”. Loitou en Asturias no exército republicano. Tras a derrota pasou por un campo de concentración extremeño, alén doutros centros de reclusión. Casado con Edelmira López Varela.
- Doval Gulías, María (¿?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Eiriz López, José (Millarada): Canteiro, foi detido en Forcarei no mes de agosto de 1939, tras participar na guerra civil no Exército republicano na zona Centro, acadando o grao de tenente.
- Escobar Lemos, Restituto: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse aos eu cargo.
- Espiño Gulías, María (¿?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Fernández Rozados, Manuel (Meabia): Industrial, veciño do Cruceiro-Meabia. Aturou dous Consellos de Guerra nos anos 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
- “O Fino” (Vilar/Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por declararse republicano.
- Fraiz Fernández, Severino (¿?): Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias.
- Fraiz Gamallo, Manuel (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Fraiz, Morgade, Manuel (¿?): Pertenceu ás Milicias Gallegas. Rematada a Guerra Civil, pasou a Francia e estivo ingresado no campo de refuxiados de Argeles (1939) formando parte da 1ª Compañía, Grupo Gallego e, posteriormente, no campo de Vernet d´Arriege. No verán de 1939, exiliouse en México.
- Fraiz Rivas, Jesús (Cachafeiro): De profesión canteiro, antigo integrante do Sindicato “La Polar” durante a República. Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias
- Fraiz Sieiro, Luis (Vilariño de Millarada): De profesión labrego. Detido en xaneiro de 1949 por posuír propaganda comunista relacionada coa guerrilla, foi xulgado no ano devandito en Consello de Guerra acusado de “auxilio a malhechores”; non obstante ser absolto, pasou varios meses no depósito municipal de Lalín e na cadea de Pontevedra como preso preventivo. No ano 1951 estivo varios meses en prisión acusado de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, tras ser xulgado na Coruña pola xurisdicción militar.
- Fraiz Villar, Manuel (Vilariño de Millarada): Fillo de Luis Fraiz Sieiro, foi condenado en Consello de Guerra celebrado na Coruña en 1951 a un ano de prisión, por colaboración coa guerrilla.
- Gamallo Simal, Donosa Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- García Taboada, Daniel (Quintillán): Foi encausado en rebeldía o 22 de setembro de 1936, debido ao achádego duns cartuchos de dinamita nunha finca. Se lle instruíu Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1941.
- Garrido Eirín, Amparo: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Castrelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- González Rey, José (Cachafeiro): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar” durante a IIª República. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Nas torturas reventáronlle os puntos dunha operación recente. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
- Graña Gulías, José (¿?): De oficio albanel, exerceu como primeiro tenente de Alcalde durante a Fronte Popular. Foi xulgado o 11 de setembro de 1936 en Vitoria por tenencia ilícita de armas e condenado a 19 anos de prisión. Estivo en San Cristóbal e na cadea de Orduña.
- Gulías Troitiño, Manuel (¿Sanguñedo?): Canteiro, 38 anos, casado. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Gutiérrez Barreiro, Vicente (Cotaredo-Forcarei): Foi un dos membros fundadores da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”. Panadeiro e carteiro de Forcarei, sometido a expediente polo Goberno Civil en decembro de 1938. En 1940 foi separado do servizo e dado de baixa no escalafón.
- Gutiérrez Chamosa, José Mª. (Cotaredo-Forcarei): Electricista, era Presidente da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´” cando se produciu o golpe militar. Internado no depósito municipal de Forcarei, foi posto a disposición da autoridade gobernativa en marzo de 1937.
- Gutiérrez Mansilla, Prudencio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Iglesias Álvarez, Alfredo (Alfonsín): Dirixente da “Agrupación Socialista Obrera” e da “Sociedad de Oficios Varios `La Lealtad´” (UGT) de Presqueiras e canteiro de profesión, exerceu como líder agrario e obreiro no Concello de Forcarei dende os anos vinte do século pasado ate a Guerra Civil. Primeiro tenente de alcalde no Concello de Forcarei polo PSOE antes da Ditadura de Primo de Rivera, repetiu como xestor interino do Concello na Fronte Popular. Detido en Codeseda (A Estrada) tras o golpe militar, foi xulgado nun Consello de Guerra e condenado a cadea perpetua. Estivo preso máis de catro anos en A Estrada, Pontevedra, San Simón, Penal de San Cristóbal (Pamplona) e a Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Con posterioridade, entre setembro de 1940 e agosto de 1943, se lle aplicou a prisión atenuada no seu domicilio de Presqueiras e na localidade leonesa de Villablino, e, ao cabo, ficou en liberdade condicional no verán de 1943. En 1938, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidad Civil.
- Iglesias Blanco, José (Guisande): Fillo de Alfredo Iglesias Álvarez. De ideas socialistas, residía en Madrid no intre do golpe militar, polo que loitou durante toda a Guerra Civil no Exército Republicano. Rematada a contenda, estivo preso varios meses tras o que retornou a Presqueiras antes de exilarse en Venezuela a comezos dos anos 40, unha vez que pasou clandestinamente a fronteira francesa por Irún.
- Iglesias Ogando, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Vilar. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Igrexas Frecha, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Lola (¿?) (Agrela de Millarada): Torturada polos falanxistas souteláns na cheka da Praza dos Xuíces Merinos, para que delatase ao seu home, que estaba no monte. Segundo algunhas fontes orais, pode ser irmá dalgún dos forcareicenses asasinados na Fonsagrada (Maximino Díaz Bugallo?).
- López Cores, Ángel (Vilariño de Millarada): Combatente no Exército Republicano e afiliado á CNT. Xulgado na Coruña polo militar en 1951, pasou dous anos na cadea por colaboración coa guerrilla. Torturado durante os interrogatorios.
- López López, Laureano: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Presqueiras. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- López Muradás, José (Portela de Lamas): Canteiro, afiliado á CNT. A guerra civil o colle en Madrid e participa inicialmente como voluntario na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e Manuel Casado Gil en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940.
- López Varela, Fermín (Cachafeiro): Mestre de Pardesoa, pertencente ao PSOE e á FETE-UGT. Detido nos primeiros intres da contenda civil, estivo preso 9 ou 10 meses no depósito de Cerdedo e na Escuela Normal de Pontevedra. Logo, incautáronlle a súa biblioteca e foi depurado e expulsado do Maxisterio en 1940. A partir de entón, tivo moitos problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes, debido a continuas denuncias por parte de mestres falanxistas. Aos seus pais confiscáronlles un omnibus sen indemnización, e á súa irmá Edelmira (militante do PCE) os falanxistas quixeron cortarlle o pelo ao rape en Forcarei. Veuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sufrindo un translado ao cuartelillo da Garda Civil de Lalín.
- López Varela, Jesús (Cachafeiro): Irmán do anterior e simpatizante comunista, foi detido e transladado a Lalín en 1948, no transcurso da caída que afectou ao PCE en toda a provincia de Pontevedra. Posteriormente exiliouse en Venezuela.
- López Varela, Josefina (Cachafeiro): Irmá dos anteriores. Foi detida a fins dos anos 40, acusada de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, sendo transladada ao cuartelillo de Lalín. Exiliouse en Venezuela a partir de 1949.
- Lorenzo Fraiz, Francisco (Liñares-Castrelo): Canteiro de profesión, loitou co grao de tenente no Exército Republicano en diversas unidades no Centro, Levante e Andalucía, . Preso no campo de concentración de Los Almendros (Alicante) ao remate da contenda, foi condenado a morte, sentenza conmutada máis tarde; non obstante, pasou algún tempo no Castelo de Santa Bárbara e na cadea de Elche. Logo, voltou ao seu Castrelo natal debéndose presentar periódicamente no cuartel da Garda Civil de Cerdedo.
- Lubián Villanueva, Julio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Quintillán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Mariño Pereira, Sabino (Cotaredo-Forcarei): Avogado e alcalde de Forcarei ata xullo de 1934, data na que dimitiu ao ser nomeado Delegado Provincial de Trabajo na Coruña mercé á influencia de Emiliano Iglesias; porén, seguíu de concelleiro no municipio. Próximo aos liberais-demócratas na alborada republicana, exerceu como apoderado das dereitas nas elecións de febreiro de 1936. Logo do alzamento militar substituiu ao derradeiro Alcalde republicano, Francisco Gamallo Racamonde, ao ser nomeado o 25 de xullo daquel ano Delegado de Orden Público. En marzo de 1937 foi denunciado polos seus antecedentes políticos e por facilitar supostamente documentación a catro veciños de Millarada de ideas esquerdistas que desexaban emigrar a América. Procesado por auxilio á rebelión, foi absolto pero resultou despoxado do seu cargo e debeu pagar unha multa de 10.000 pts, que depositou en agosto daquel ano. En 1941, afiliado a Falange, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, do que saíu indultado. Posteriormente, mediados os anos 40, exerceu como Xuiz Municipal.
- Mato (A Estrada): Mancebo da botica de Soutelo de Montes, detido nos primeiros días do golpe militar e maltratado no cuartel da Garda Civil de Forcarei. Era de “Izquierda Republicana”.
- Méndez Méndez, José “O Cambote” (Soutelo de Montes): Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Foi torturado nos interrogatorios. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949.
- Méndez Rodríguez, Benito: Mestre de Acibeiro, expulsado do Maxisterio en 1937 e obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas do que foi indultado no ano 1941.
- Méndez Rodríguez, Isolina: Mestra de Dúas Igrexas, suspendida de emprego e soldo en 1936 e logo expulsada en 1940.
- Montes Barcia, Eugenio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Montes Barcia, Sebastián: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cernadelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Morgade, José (Cachafeiro?): Foi detido na caida do PCE en setembro de 1948.
- Muras Barreiro, Jesús (Dúas Igrexas): De profesión cereiro e tamén mineiro, veciño no ano 1949 do concello ourensán de Sarreaus, lugar de O Freixo. Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de enlace da mesma, pasou dous meses na cadea provincial de Pontevedra como preso preventivo, sen que fora procesado.
- Novo Cerviño, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Pardo Fernández, Manuel (Forcarei): Chófer con residencia na Estrada malia que nacera no Concello de Forcarei. De filiación socialista, foi procesado no ano 1937 por requisar armas no intre do golpe militar, sendo sobreseída a causa de xeito provisorio.
- Penas Varela, José Mª (Soutelo de Montes): Xuiz municipal, comerciante e axente de embarques. Afecto ao alzamento militar, nembargantes foi detido e ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra a fins de decembro de 1936, acusado de proporcionar documentación a catro veciños que desexaban embarcar para América por temor a ser perseguidos, xa que figuraban como socios da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios” (UGT) de Millarada. Foi posto en liberdade sen cargos en marzo de 1937.
- Pepa “de Aurora” (Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Pérez, Ramón (¿Cachafeiro?): Loitou en Asturias, no bando republicano. Tras a caída do Norte, regresou a Forcarei e foi perseguido, de maneira que pasou máis de dous anos agachado no monte. No ano 1939 presentouse, e morreu aos poucos dunha pulmonía.
- Pérez Sabor, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- “O Petelo” (Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
- Quintillán Cardesín, Francisco (Sorribas-Forcarei): Da familia dos “Cereiros” de Sorribas, canteiro, membro do “Sindicato Único da Construcción” de Madrid (CNT) e da FAI da capital do Estado. En Forcarei estaba afiliado á “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”, chegando a ostentar na Fronte Popular o cargo de vicesecretario. Integrado nun principio nas Milicias Confederales e logo en diversas unidades do Exército do Centro, ao rematar a contenda foi xulgado e pasou once anos na cadeas de Burgos e Santoña, para rematar facendo estradas no Pirineo vasco-navarro nun Batallón de traballos forzados.
- Quintillán Cardesín, Dionisio (Sorribas): Vello líder agrarista de tendencia republicano-socialista pertencente á familia dos “Cereiros” de Sorribas, afincouse dende comezos dos anos vinte do século pasado en Poio, onde foi secretario municipal e mesmo deputado provincial. No intre do golpe militar exercía como secretario do Concello de Poio e salvou a vida mercé á intervención dos Mercedarios do Convento, sendo confinado primeiro na cadea de Pontevedra e logo durante varios anos, ate 1941, en Ribadavia, onde traballou en malas condicións nun obradoiro de cadaleitos. Suxeito a Expediente de Responsabilidades Políticas a comezos dos anos 40, debeu se enfrontar á pretensión dos franquistas de expropiarlle as súas propiedades.
- Quintillán Rey, Dionisio (Sorribas/Poio): Fillo do anterior, foi arrestado en Poio no mes de setembro de 1948 nunha redada contra o Comité Comarcal de Pontevedra do PCE, procesado en marzo de 1949 e condenado a un ano de prisión menor que cumpriu na cadea de Vigo. Un irmán seu, José, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
- Rivas Basteiro, Francisco: Mestre de Meabia, suspendido tres anos de emprego e soldo.
- Rodríguez Mariño, Donoso (A Ponte-Forcarei): Canteiro de ideario socialista e membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Polar”” de Forcarei no ano 1933; no comezo da República, encabezaría así mesmo a “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `El Porvenir´” de Forcarei, sendo elixido xestor interino nas elecións municipais do 14 de Abril de 1931. Foi detido nos primeiros intres do golpe militar.
- Rodríguez Pérez, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Pardesoa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Saborido Taboada, Angelina: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Santamaría Pesqueira, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Meabía. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Seara Castro, Eladio (¿?): Canteiro afiliado á UGT e integrado no BON 219 “Galicia”, co que participou na defensa de Asturias. Tras a caída da fronte do Norte, continuou loitando noutras unidades do Exército republicano ata que, en 1939, debeu se exilar en Francia. Rexistramos a súa presenza a comezos daquel ano no campo de concentración de Septfonds.
- Taboada Cachafeiro, Francisco: De Folgoso, con dous irmáns, Jesús e Manuel, falanxistas. Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo, foi mobilizado e no ano 1938 foi nomeado Alférez Provisional. Emigrou a México en 1947.
- Taboada Tabanera, Isidro: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Leboso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Touriño Gómez, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Codesás. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Varela, José Mª. (Soutelo de Montes): Antigo emigrante en San Francisco (EEUU), a guerra sorprendéuno traballando en Madrid. De ideario socialista, loitou no exército republicano e, tras a derrota, foi encausado con Antonio Cabada e outros acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid. Tras pasar pouco tempo na cadea, foi exculpado.
- Varela Míguez, Mª del Pilar: Depurada do seu cargo de mestre nacional de Guisande. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Varela Soto, Enrique (Soutelo de Montes): Foi encausado en rebeldía en abril do ano 1937 por traición e deserción; estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
- Varela Varela, Camilo (¿?): Electricista de profesión, foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940.
- Vázquez Rey, Ramón (Soutelo de Montes): Canteiro e afiliado á UGT afincado en Riera de Somiedo (Asturias), tivo o grado de capitán no BON 219 “Galicia”. Tras a desfeita do Exército Republicano, foi obxecto de Consello de Guerra e condenado á pena de morte, conmutada o 3 de xullo de 1939. Estivo na cadea de El Coto (Oviedo) e na de Coruña.
- Vázquez Soto, Domingo (Cernadelo-Presqueiras): Canteiro, 34 anos, casado, foi ingresado na cadea de Ourense por orde do Gobernador Militar o 9/11/1944 e foi inculpado nun proceso militar “por averiguación de conducta”, sendo sobreseído sen formación de Consello de Guerra. Ficou en liberdade o 17/1/1945.
- Vázquez Troitiño, Manuel (¿?): Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Viéitez Firvida, Manuel “O Velliscos” (Soutelo de Montes): Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular. Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
- Viéitez Caramés, Donoso (Forcarei): Xulgado en Pontevedra o 13 de maio de 1937 por rebelión militar, foi condenado a 30 anos de cadea, que cumprirá en San Simón e o penal de San Cristóbal (Pamplona). En 1940 estaba en réxime de prisión “atenuada”, conmutándolle a condena por 4 anos correndo 1942. Era xastre de profesión e residía en Silleda, aínda que nacera en Forcarei.
- Vilar Vilas, Alfredo (Millarada): Incorporado a unha unidade de Infantería de Marina do exército nacional, foi encausado en rebeldía polo delito de deserción en abril de 1937.
Mortos:
- Armada (A Ponte): Chófer do ómnibus da familia López de Cachafeiro, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
- Balado Gil, José (¿?): Tenente do BON 219, albanel, afiliado ao PCE e á CNT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Bugallo Lois, Manuel (Cobas): Miliciano do BON 219, canteiro afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Caamaño (Soutelo de Montes): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
- Cachafeiro Fernández, Florentino (¿?): Miliciano do Exército Popular da República en Asturias, fusilado o 23 de novembro de 1937, con posterioridade á caída da fronte do Norte.
- Canabal, Manuel (A Hermida): Canteiro e membro destacado da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Unión Redentora”” (UGT) de Soutelo de Montes, distinguiuse polo seu labor sindical en Madrid. Segundo algunhas informacións sen confirmar, foi asasinado naquela capital polos falanxistas unha vez rematada a guerra.
- Canabal Cachafeiro, Antonio (Acibeiro?): Apareceu o seu cadáver, segundo consta no rexistro civil de Quiroga (Lugo), no lugar de Campodola neste Concello. Morte dubidosa datada o 31 de maio de 1938. ¿Irmán de José Canabal Cachafeiro?.
- Cendón Barros, Cesáreo (Sanguñedo): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
- Cendón Pernas, Manuel (Sanguñedo): Idem. Curmán do anterior.
- Crespo (Gaxín-Cachafeiro): Zapateiro de profesión, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
- Díaz Bugallo, Maximino (Millarada): Canteiro, afiliado á UGT. Foi sarxento de milicias no Exército Popular da República en Asturias. Foi asesinado en A Fonsagrada cando retornaba a Galiza. Soterrado na fosa común do cemiterio de A Fonsagrada.
- González González, Jesús, “Pernas” (Soutelo de Montes): De ideoloxía republicana, estivo integrado na Sociedad de Agricultores de Soutelo, en cuxa representación asistiu ao Congreso Agrario celebrado no Porriño en 1931. Foi asasinado así mesmo en Alba o 11 de agosto de 1936.
- Pampín García, Marcelino (¿?): Xornaleiro, 36 anos, apareceu morto por arma de fogo o 22 de setembro de 1936 na bisbarra de Ferrol e soterrado no cemiterio de Serantes. Foi inscrito no Rexistro Civil de Ferrol, onde consta que era natural de Forcarei.
- Pedreira Pazos, Manuel: Natural de Celas de Peiro (Coruña) e mestre de Meabia dende o ano 1935, estivo afiliado á FETE-UGT e ao PSOE xa dende 1931, ano no que exerceu como secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra. Integrado na loxia masónica “Helenes nº7” de Pontevedra e moi activo como orador en diversos mitins na contorna, foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” naquela capital o 4 de setembro de 1936. Sancionado e expulsado do Maxisterio no ano 1938, a título póstumo.
- Rivas Rey, Manuel (¿?): Sarxento do BON 219, canteiro de profesión e afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
- Taberneiro Fraiz, José Mª., “O Rolo”, (Vilapouca): Antigo emigrante en EEUU, onde traballou como picador na minería de carbón na zona dos Grandes Lagos a partir de 1920. Propietario dunha tenda, foi concelleiro do PCE en Forcarei no ano 1923 e durante a Fronte Popular formou parte da corporación municipal como segundo tenente de Alcalde, integrado no PSOE. Xunto con tres veciños de Cerdedo foi asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 de agosto de 1936. A muller nunca cobrou pensión de viudedade.
- Troitiño, Francisco (¿?): Membro cualificado de diversas colectividades cenetistas na provincia de Madrid. Segundo algunhas informacións sen contrastar, foi pasado polas armas na posguerra.
- Villaverde Arca, José (¿?): Canteiro, apareceu o seu cadáver en Sarria (Lugo) o 10 de outubro de 1938, segundo consta no rexistro civil deste concello. Morte dubidosa.
- Barreiro Campos, Daniel (¿?): Miliciano do BON 219, de profesión canteiro, morto en combate en La Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
- Bértolo Soto, Vitorino (A Grela): Miliciano morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
- Bugallo Pérez, Manuel (¿?): Combatente do Batallón 219 “Galicia”, de profesión canteiro e afiliado á UGT, morto na Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
- Caramés Gosende, Gumersindo (Cachafeiro): Miliciano, residente en Riberas-Soto del Barco (Asturias), morto en combate en Las Adoratrices, fronte de Oviedo, o 3 de marzo de 1937.
- Cardesín Fernández, Francisco (¿?): Miliciano do BON 219, mamposteiro afiliado á UGT, morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
- Dapena Carbajal, Francisco (Pardesoa): Miliciano no Exército Popular da República, morto en combate na fronte oriental de Asturias, o 27 de agosto de 1937.
- Espiña, Francisco (Forcarei): Capitán do 5º Regimiento de Líster, afiliado á CNT. Faleceu en combate na fronte de Madrid no ano 1937.
- Espiña, Manuel (San Marco): Combatente do Exército do Centro, morto en marzo de 1937 na toma de Brihuega aos italianos.
- Gulías Gulías, Francisco (¿?): Combatente da 98 Brigada Mixta 389 BON do Exército do Centro, afiliado ao “Sindicato Ünico de la Construcción” de Madrid (CNT) e ás “Juventudes Libertarias” de Cuatro Caminos, morto na fronte de Guadalajara en abril de 1938. Fichado na Sección Político-Social do AHNS.
- Lorenzo Fraiz, Jaime (Castrelo): Combatente do Exército de Andalucía, morto en data e lugar descoñecidos.
- Mínguez Barros, Manuel (¿?): Miliciano en Euskadi radicado en Alonsotegi, faleceu na fronte de Markina o 16/10/1936.
- Persoas de fora que apareceron mortas no Concello de Forcarei no período 1936-1953:
- Rilo Buján, José (Manduas/Silleda): Comerciante, do Partido Galeguista de Silleda. Torturado e asasinado na estrada de Acibeiro o día 16 de agosto de 1936.
- Janeiro Rozados, Manuel (¿?): Xornaleiro. Faleceu o 13/6/1937 en Barakaldo (Bizkaia), nun bombardeo. Está soterrado no cemiterio de Alonsotegi.
- Alberte Cachafeiro, Benito (Soutelo de Montes): Estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
- Alonso Amaro, Erundina (Vilariño de Millarada): Muller de Manuel Fraiz Villar, pasou varios meses detida en 1951 por colaboración coa guerrilla tras ser sometida a xuízo.
- Alonso Cochón, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Álvarez, José (Soutelo de Montes): De ideario comunista foi perseguido tras o golpe militar, polo que debeu andar escapado durmindo nun nicho baleiro do cemiterio de Soutelo. Logrou pasar á zona republicana e tras a derrota pasou ao exilio en Venezuela. Descoñecemos se é José Álvarez Cardesín, elixido concelleiro en maio de 1931 e continúa en marzo de 1934.
- Arca Pereira, José (Meabia): Veciño de A Estrada nos anos 40, onde era propietario do bar “La Meabiense”. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de axudar á guerrilla comunista que actuaba na zona (grupos de “O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…). Malia ser absolto en ambos procesos, pasou nese período varios meses na cadea como preso preventivo.
- Barreiro Chamosa, José (Chamosa): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar” durante a IIª República. Foi ingresado na cadea de Lugo o 14/9/1939, ficando libre o 15/5/1940. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
- Barreiro Rozados, Enrique (Meabia): Carpinteiro, exerceu como enlace dos grupos guerrilleiros comunistas (“O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…) que actuaban entre Silleda, A Estrada e Forcarei nese período. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
- Barros Justo, Faustino: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Ventoxo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Beloso Lage, Apolinar: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Campo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Bértolo Candeira, Avelino (Alfonsín): Canteiro e afiliado á “Sociedad de Oficios Varios “La Lealtad”” (UGT) de Presqueiras, incorporouse en Asturias ao BON 219 “Galicia”. Ao caer a fronte do Norte fuxiu ao monte e, tras ser detido, foi internado na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Avelino foi, asemade, directivo da Agrupación Socialista de Presqueiras (Forcarei) durante a República.
- Bértolo Candeira, José (Alfonsín): Idem.
- Bértolo Diz, Dolores (Sixto-Pardesoa): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros. Un irmán seu, Francisco, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
- Blanco, Laureano: Depurado so seu cargo de mestre nacional de Millarada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Brea Cabada, Amado (Valadelo-Castrelo): Membro dunha cooperativa agraria, tras o golpe militar fuxiu ao monte. Cando se presentou á Guardia Civil, ficou preso no cuarteliño 1-2 semanas, ata que a intervención de Sabino Mariño conseguiu liberalo co compromiso de presentarse no cuarteliño da G. C. periódicamente durante un ano.
- Bobillo González, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Estaba casada co antigo Alcalde Sabino Mariño Pereira.
- Bugallo Iglesias, Manuel (Barciela-Castrelo): Irmán de Secundino Bugallo, asasinado na Ponte do Barco (Pedre). Retornado dos EEUU, tiña boa posición económica como propietario dun serradoiro na Barciela (Castrelo-Forcarei); cóntase que foi o primeiro en ter unha radio na contorna. Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular. Acusado de masón, foi extorsionado e moi perseguido. En agosto de 1936 salvouse de ser “paseado” unha noite polos falanxistas forcareicenses encabezados por Francisco Filgueiras, polo aviso do cura da Barciela; porén, os falanxistas levaron á súa muller, que foi maltratada e ameazada de morte para que o descobrira. Tivo que se exiliar nos EEUU dende Lisboa no verán de 1937.
- Bugallo Pérez, José (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Bugallo Pérez, Luis (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Bugallo Sineiro, Mª Luisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Liñares. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Cabada, José (San Marco): Fillo de Antonio Cabada e sobriño de César e José María Cabada. Estivo durante a Guerra Civil en Catalunya co seu tío, ao que acompañou no exilio francés. Tamén foi obrigado a traballar no campo en territorio alemán. Rematada a contenda mundial, exiliouse co seu tío primeiro a Francia e posteriormente a Venezuela.
- Cabada Cabada, Antonio (San Marco): Canteiro e capataz de obras, participou no asalto ao madrileño Cuartel da Montaña e durante a contenda estivo integrado en diversas unidades do Exército Republicano do Centro, maiormente no 2º Ligero de Vicálvaro como xefe de abastecementos. Militou de maneira destacada no Partido Comunista e pasou máis de tres anos en diversas prisións (Madrid,…), acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid, acusación que resultou ser falsa. Cando saíu da cadea, exilouse en Venezuela onde faleceu.
- Cabada Cabada, César (San Marco/Vilapouca): Estudante en Madrid no intre do golpe militar. De simpatías socialistas, participou no asalto ao Cuartel da Montaña e logo estivo en varias unidades do Exército Republicano do Centro os tres anos de contenda. Rematada esta, foi xulgado por un tribunal militar por prófugo e condenado a facer de novo o servizo militar.
- Cabada Cabada, José María (San Marco): Irmán do anterior, garda de asalto destinado en Catalunya durante a República e a Guerra Civil. Exiliouse en Francia tras a derrota, sendo apresado polos alemáns que o retiveron como traballador forzado na agricultura durante boa parte da IIª Guerra Mundial. Cando finalizou a contenda, marchou a Venezuela, onde finou.
- Cabada Porto, Pedro (Soutelo de Montes): Tras a guerra foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, sobreseído en 1944 por atoparse no estranxeiro, exilado.
- Cabada Porto, Ángel (Soutelo de Montes): nos anos 40 na guerrilla de Foucellas, co nome de Fernando Varela Cabada. Enfermo de tise, puido se exiliar en Venezuela no ano 1949.
- Cachafeiro Cachafeiro, Mª Teresa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Cachafeiro Gulías, Daniel (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Cachafeiro Gulías, Enrique (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Caldera Manzano, Jacinto: Mestre de Millarada, depurado e sancionado con suspensión de emprego e soldo e translado en marzo de 1938, seica porque tras as elecións da Fronte Popular criticou a un cura. Tamén se distinguiu como dirixente da sociedade agraria de Vilar.
- Calvo, Amalia (Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Canabal Cachafeiro, José (Acibeiro): Canteiro de ideas anarcosindicalistas, debeu andar fuxido polo monte nos primeiros intres da Guerra Civil, ata que conseguiu entrar en territorio republicano pasando por Portugal. Combateu en diversas unidades do Exército Popular da República e, tras a derrota, pasou a Francia onde foi internado no campo de concentración de Tarne et Garonne. Exilado naquel país, residiu en Tarbes militando na CRG no exilio e non retornou nunca á súa terra.
- Canabal Troitiño, José (Andón): Canteiro, combateu no bando republicano e foi internado tras a caída da fronte de Cataluña no campo de Barcarés, sito no Mediodía francés. Exiliouse en Brasil no ano 1950, tras residir en Salies du Saiat no Departamento do Haut Garonne.
- Casado Gil, Manuel (A Madanela): Canteiro e veciño de Sanguñedo. A guerra civil o colle traballando en Madrid e participa inicialmente na contenda na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e José López Muradás en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940. Aparece no listaxe da Falange?.
- Castillo Ferreira, Ramón: Mestre de Liñares-Castrelo, suspendido tres anos de emprego e soldo en 1936, e separado do servizo en 1940.
- Cebreiros Moreno, Felisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Correa, Manuel (Outeiro): Fixo a guerra no exército republicano, onde exerceu cargos de responsabilidade. Coa derrota foi procesado e, posteriormente, encadeado nun penal da provincia de Pontevedra.
- Chamosa Rey, Jesús (A Ponte): Canteiro. Traballaba no camino de ferro Zamora-Ourense, en Lubián. Fuxido a Portugal nos primeiros días do golpe militar, foi preso no posto da PVDE de Bragança o 4/8/36 e internado no forte de San Joâo de Deus, daquela capital portuguesa. Puido saír de Lisboa no “Nyassa” o 10/10/36 e desmbarcou pouco despois en Tarragona.
- Chan Ortigueira, Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Alfonsín. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Dapena Fraiz, Darío (Millarada): Canteiro e vicesecretario da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `Defensa y Justicia´” (UGT) de Millarada, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio.
- Dapena Pichel, Manuel Mª (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
- Dapena Quintillán, Avelino (Chamosa): Albanel, loitou no BON 219 “Galicia” e foi sometido a dous Consellos de Guerra en Asturias tras a derrota republicana no outono de 1937. Na mesma fronte pero no bando franquista, estivo o seu irmán Camilo, que actuou como garda cívico no verán de 1936.
- Dapena Seara, José Mª. (Ventoxo): Albanel, a contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os seus irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data, pero José María aínda pasou dous anos máis no Batallón Disciplinario de Soldados Trabajadores nº 14 radicado en Lesaka (Navarra). Unha vez libre, emigrou a Panamá cos seus irmáns Manuel e Adenso e alí se nacionalizaron no ano 1951; logo, recalaron no Brasil no ano 1952.
- Dapena Seara, Arturo (Ventoxo): A contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data.
- Dapena Seara, Adenso (Ventoxo): Albanel, a contenda sorprendéulle xunto cos seus irmáns traballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, domiciliado Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data. Unha vez libre, seguíu o mesmo roteiro que os seus irmáns José María e Manuel.
- Dapena Viéitez, Isaura “da Bernardina” (Aldea de Arriba-Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Madanela por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Dobarco, Secundino (Presqueiras): Secretario da “Agrupación Socialista Obrera ´La Lealtad¨” de Presqueiras en abril de 1936, foi perseguido nos primeiros días do golpe, polo que se tivo que agachar no monte e nas minas de estaño de Presqueiras. O seu domicilio foi rexistrado varias veces polos falanxistas de Cerdedo e Presqueiras.
- Doval Cosme, Constante (Cachafeiro): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar”. Loitou en Asturias no exército republicano. Tras a derrota pasou por un campo de concentración extremeño, alén doutros centros de reclusión. Casado con Edelmira López Varela.
- Doval Gulías, María (¿?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Eiriz López, José (Millarada): Canteiro, foi detido en Forcarei no mes de agosto de 1939, tras participar na guerra civil no Exército republicano na zona Centro, acadando o grao de tenente.
- Escobar Lemos, Restituto: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse aos eu cargo.
- Espiño Gulías, María (¿?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Fernández Rozados, Manuel (Meabia): Industrial, veciño do Cruceiro-Meabia. Aturou dous Consellos de Guerra nos anos 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
- Fernández Varela, Félix (¿?): Procesado nun Batallón de Zapadores en Sevilla, por non se presentar na Caja de Recluta de Pontevedra, en Abril de 1937.
- “O Fino” (Vilar/Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por declararse republicano.
- Fraiz Fernández, Severino (¿?): Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias.
- Fraiz Gamallo, Manuel (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Fraiz, Morgade, Manuel (¿?): Pertenceu ás Milicias Gallegas. Rematada a Guerra Civil, pasou a Francia e estivo ingresado no campo de refuxiados de Argeles (1939) formando parte da 1ª Compañía, Grupo Gallego e, posteriormente, no campo de Vernet d´Arriege. No verán de 1939, exiliouse en México.
- Fraiz Rivas, Jesús (Cachafeiro): De profesión canteiro, antigo integrante do Sindicato “La Polar” durante a República. Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias
- Fraiz Sieiro, Luis (Vilariño de Millarada): De profesión labrego. Detido en xaneiro de 1949 por posuír propaganda comunista relacionada coa guerrilla, foi xulgado no ano devandito en Consello de Guerra acusado de “auxilio a malhechores”; non obstante ser absolto, pasou varios meses no depósito municipal de Lalín e na cadea de Pontevedra como preso preventivo. No ano 1951 estivo varios meses en prisión acusado de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, tras ser xulgado na Coruña pola xurisdicción militar.
- Fraiz Villar, Manuel (Vilariño de Millarada): Fillo de Luis Fraiz Sieiro, foi condenado en Consello de Guerra celebrado na Coruña en 1951 a un ano de prisión, por colaboración coa guerrilla.
- Gamallo Simal, Donosa Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- García Taboada, Daniel (Quintillán): Foi encausado en rebeldía o 22 de setembro de 1936, debido ao achádego duns cartuchos de dinamita nunha finca. Se lle instruíu Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1941.
- Garrido Eirín, Amparo: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Castrelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- González Rey, José (Cachafeiro): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar” durante a IIª República. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Nas torturas reventáronlle os puntos dunha operación recente. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
- Graña Gulías, José (¿?): De oficio albanel, exerceu como primeiro tenente de Alcalde durante a Fronte Popular. Foi xulgado o 11 de setembro de 1936 en Vitoria por tenencia ilícita de armas e condenado a 19 anos de prisión. Estivo en San Cristóbal e na cadea de Orduña.
- Gulías Troitiño, Manuel (¿Sanguñedo?): Canteiro, 38 anos, casado. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcelado o 5/10/1938.
- Gutiérrez Barreiro, Vicente (Cotaredo-Forcarei): Foi un dos membros fundadores da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”. Panadeiro e carteiro de Forcarei, sometido a expediente polo Goberno Civil en decembro de 1938. En 1940 foi separado do servizo e dado de baixa no escalafón.
- Gutiérrez Chamosa, José Mª. (Cotaredo-Forcarei): Electricista, era Presidente da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´” cando se produciu o golpe militar. Internado no depósito municipal de Forcarei, foi posto a disposición da autoridade gobernativa en marzo de 1937.
- Gutiérrez Mansilla, Prudencio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Iglesias Álvarez, Alfredo (Alfonsín): Dirixente da “Agrupación Socialista Obrera” e da “Sociedad de Oficios Varios `La Lealtad´” (UGT) de Presqueiras e canteiro de profesión, exerceu como líder agrario e obreiro no Concello de Forcarei dende os anos vinte do século pasado ate a Guerra Civil. Primeiro tenente de alcalde no Concello de Forcarei polo PSOE antes da Ditadura de Primo de Rivera, repetiu como xestor interino do Concello na Fronte Popular. Detido en Codeseda (A Estrada) tras o golpe militar, foi xulgado nun Consello de Guerra e condenado a cadea perpetua. Estivo preso máis de catro anos en A Estrada, Pontevedra, San Simón, Penal de San Cristóbal (Pamplona) e a Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Con posterioridade, entre setembro de 1940 e agosto de 1943, se lle aplicou a prisión atenuada no seu domicilio de Presqueiras e na localidade leonesa de Villablino, e, ao cabo, ficou en liberdade condicional no verán de 1943. En 1938, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidad Civil sendo condenado a unha multa de 200 pts..
- Iglesias Blanco, José (Guisande): Fillo de Alfredo Iglesias Álvarez. De ideas socialistas, residía en Madrid no intre do golpe militar, polo que loitou durante toda a Guerra Civil no Exército Republicano. Rematada a contenda, estivo preso varios meses tras o que retornou a Presqueiras antes de exilarse en Venezuela a comezos dos anos 40, unha vez que pasou clandestinamente a fronteira francesa por Irún.
- Iglesias Blanco, Manuel (Guisande?): Procesado en Sevilla nun Batallón de Zapadores por non se presentar na Caja de Recluta de Pontevedra, en Abril de 1937.
- Iglesias Ogando, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Vilar. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Igrexas Frecha, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- Lola (¿?) (Agrela de Millarada): Torturada polos falanxistas souteláns na cheka da Praza dos Xuíces Merinos, para que delatase ao seu home, que estaba no monte. Segundo algunhas fontes orais, pode ser irmá dalgún dos forcareicenses asasinados na Fonsagrada (Maximino Díaz Bugallo?).
- López Cores, Ángel (Vilariño de Millarada): Combatente no Exército Republicano e afiliado á CNT. Xulgado na Coruña polo militar en 1951, pasou dous anos na cadea por colaboración coa guerrilla. Torturado durante os interrogatorios.
- López López, Laureano: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Presqueiras. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- López Muradás, José (Portela de Lamas): Canteiro, afiliado á CNT. A guerra civil o colle en Madrid e participa inicialmente como voluntario na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e Manuel Casado Gil en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940.
- López Varela, Fermín (Cachafeiro): Mestre de Pardesoa, pertencente ao PSOE e á FETE-UGT. Detido nos primeiros intres da contenda civil, estivo preso 9 ou 10 meses no depósito de Cerdedo e na Escuela Normal de Pontevedra. Logo, incautáronlle a súa biblioteca e foi depurado e expulsado do Maxisterio en 1940. A partir de entón, tivo moitos problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes, debido a continuas denuncias por parte de mestres falanxistas. Aos seus pais confiscáronlles un omnibus sen indemnización, e á súa irmá Edelmira (militante do PCE) os falanxistas quixeron cortarlle o pelo ao rape en Forcarei. Veuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sufrindo un translado ao cuartelillo da Garda Civil de Lalín.
- López Varela, Jesús (Cachafeiro): Irmán do anterior e simpatizante comunista, foi detido e transladado a Lalín en 1948, no transcurso da caída que afectou ao PCE en toda a provincia de Pontevedra. Posteriormente exiliouse en Venezuela.
- López Varela, Josefina (Cachafeiro): Irmá dos anteriores. Foi detida a fins dos anos 40, acusada de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, sendo transladada ao cuartelillo de Lalín. Exiliouse en Venezuela a partir de 1949.
- Lorenzo Fraiz, Francisco (Liñares-Castrelo): Canteiro de profesión, loitou co grao de tenente no Exército Republicano en diversas unidades no Centro, Levante e Andalucía, . Preso no campo de concentración de Los Almendros (Alicante) ao remate da contenda, foi condenado a morte, sentenza conmutada máis tarde; non obstante, pasou algún tempo no Castelo de Santa Bárbara e na cadea de Elche. Logo, voltou ao seu Castrelo natal debéndose presentar periódicamente no cuartel da Garda Civil de Cerdedo.
- Lubián Villanueva, Julio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Quintillán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Mariño Pereira, Sabino (Cotaredo-Forcarei): Avogado e alcalde de Forcarei ata xullo de 1934, data na que dimitiu ao ser nomeado Delegado Provincial de Trabajo na Coruña mercé á influencia de Emiliano Iglesias; porén, seguíu de concelleiro no municipio. Próximo aos liberais-demócratas na alborada republicana, exerceu como apoderado das dereitas nas elecións de febreiro de 1936. Logo do alzamento militar substituiu ao derradeiro Alcalde republicano, Francisco Gamallo Racamonde, ao ser nomeado o 25 de xullo daquel ano Delegado de Orden Público. En marzo de 1937 foi denunciado polos seus antecedentes políticos e por facilitar supostamente documentación a catro veciños de Millarada de ideas esquerdistas que desexaban emigrar a América. Procesado por auxilio á rebelión, foi absolto pero resultou despoxado do seu cargo e debeu pagar unha multa de 10.000 pts, que depositou en agosto daquel ano. En 1941, afiliado a Falange, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, do que saíu indultado. Posteriormente, mediados os anos 40, exerceu como Xuiz Municipal.
- Mato (A Estrada): Mancebo da botica de Soutelo de Montes, detido nos primeiros días do golpe militar e maltratado no cuartel da Garda Civil de Forcarei. Era de “Izquierda Republicana”.
- Méndez Méndez, José “O Cambote” (Soutelo de Montes): Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Foi torturado nos interrogatorios. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949.
- Méndez Rodríguez, Benito: Mestre de Acibeiro, expulsado do Maxisterio en 1937 e obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas do que foi indultado no ano 1941.
- Méndez Rodríguez, Isolina: Mestra de Dúas Igrexas, suspendida de emprego e soldo en 1936 e logo expulsada en 1940.
- Montes Barcia, Eugenio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Montes Barcia, Sebastián: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cernadelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Morgade, José (Cachafeiro?): Foi detido na caida do PCE en setembro de 1948.
- Muras Barreiro, Jesús (Dúas Igrexas): De profesión cereiro e tamén mineiro, veciño no ano 1949 do concello ourensán de Sarreaus, lugar de O Freixo. Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de enlace da mesma, pasou dous meses na cadea provincial de Pontevedra como preso preventivo, sen que fora procesado.
- Novo Cerviño, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Pardo Fernández, Manuel (Forcarei): Chófer con residencia na Estrada malia que nacera no Concello de Forcarei. De filiación socialista, foi procesado no ano 1937 por requisar armas no intre do golpe militar, sendo sobreseída a causa de xeito provisorio.
- Penas Varela, José Mª (Soutelo de Montes): Xuiz municipal, comerciante e axente de embarques. Afecto ao alzamento militar, nembargantes foi detido e ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra a fins de decembro de 1936, acusado de proporcionar documentación a catro veciños que desexaban embarcar para América por temor a ser perseguidos, xa que figuraban como socios da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios” (UGT) de Millarada. Foi posto en liberdade sen cargos en marzo de 1937.
- Pepa “de Aurora” (Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
- Pérez, Ramón (¿Cachafeiro?): Loitou en Asturias, no bando republicano. Tras a caída do Norte, regresou a Forcarei e foi perseguido, de maneira que pasou máis de dous anos agachado no monte. No ano 1939 presentouse, e morreu aos poucos dunha pulmonía.
- Pérez Sabor, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
- “O Petelo” (Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
- Quintillán Cardesín, Francisco (Sorribas-Forcarei): Da familia dos “Cereiros” de Sorribas, canteiro, membro do “Sindicato Único da Construcción” de Madrid (CNT) e da FAI da capital do Estado. En Forcarei estaba afiliado á “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”, chegando a ostentar na Fronte Popular o cargo de vicesecretario. Integrado nun principio nas Milicias Confederales e logo en diversas unidades do Exército do Centro, ao rematar a contenda foi xulgado e pasou once anos na cadeas de Burgos e Santoña, para rematar facendo estradas no Pirineo vasco-navarro nun Batallón de traballos forzados.
- Quintillán Cardesín, Dionisio (Sorribas): Vello líder agrarista de tendencia republicano-socialista pertencente á familia dos “Cereiros” de Sorribas, afincouse dende comezos dos anos vinte do século pasado en Poio, onde foi secretario municipal e mesmo deputado provincial. No intre do golpe militar exercía como secretario do Concello de Poio e salvou a vida mercé á intervención dos Mercedarios do Convento, sendo confinado primeiro na cadea de Pontevedra e logo durante varios anos, ate 1941, en Ribadavia, onde traballou en malas condicións nun obradoiro de cadaleitos. Suxeito a Expediente de Responsabilidades Políticas a comezos dos anos 40, debeu se enfrontar á pretensión dos franquistas de expropiarlle as súas propiedades.
- Quintillán Rey, Dionisio (Sorribas/Poio): Fillo do anterior, foi arrestado en Poio no mes de setembro de 1948 nunha redada contra o Comité Comarcal de Pontevedra do PCE, procesado en marzo de 1949 e condenado a un ano de prisión menor que cumpriu na cadea de Vigo. Un irmán seu, José, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
- Rivas Basteiro, Francisco: Mestre de Meabia, suspendido tres anos de emprego e soldo; probablemente expulsado do Maxisterio.
- Rodríguez Mariño, Donoso (A Ponte-Forcarei): Canteiro de ideario socialista e membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Polar”” de Forcarei no ano 1933; no comezo da República, encabezaría así mesmo a “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `El Porvenir´” de Forcarei, sendo elixido xestor interino nas elecións municipais do 14 de Abril de 1931. Foi detido nos primeiros intres do golpe militar.
- Rodríguez Pérez, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Pardesoa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Saborido Taboada, Angelina: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Santamaría Pesqueira, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Meabía. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Seara Castro, Eladio (¿?): Canteiro afiliado á UGT e integrado no BON 219 “Galicia”, co que participou na defensa de Asturias. Tras a caída da fronte do Norte, continuou loitando noutras unidades do Exército republicano ata que, en 1939, debeu se exilar en Francia. Rexistramos a súa presenza a comezos daquel ano no campo de concentración de Septfonds.
- Soto Varela, Enrique (¿?): Procesado en Villablino (León) por deserción e traición en Abril de 1937.
- Taboada Cachafeiro, Francisco: De Folgoso, con dous irmáns, Jesús e Manuel, falanxistas. Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo, foi mobilizado e no ano 1938 foi nomeado Alférez Provisional. Emigrou a México en 1947.
- Taboada Tabanera, Isidro: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Leboso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Touriño Gómez, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Codesás. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Varela, José Mª. (Soutelo de Montes): Antigo emigrante en San Francisco (EEUU), a guerra sorprendéuno traballando en Madrid. De ideario socialista, loitou no exército republicano e, tras a derrota, foi encausado con Antonio Cabada e outros acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid. Tras pasar pouco tempo na cadea, foi exculpado.
- Varela Míguez, Mª del Pilar: Depurada do seu cargo de mestre nacional de Guisande. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Varela Soto, Enrique (Soutelo de Montes): Foi encausado en rebeldía en abril do ano 1937 por traición e deserción; estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
- Varela Varela, Camilo (¿?): Electricista de profesión, foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940.
- Vázquez Rey, Ramón (Soutelo de Montes): Canteiro e afiliado á UGT afincado en Riera de Somiedo (Asturias), tivo o grado de capitán no BON 219 “Galicia”. Tras a desfeita do Exército Republicano, foi obxecto de Consello de Guerra e condenado á pena de morte, conmutada o 3 de xullo de 1939. Estivo na cadea de El Coto (Oviedo) e na de Coruña.
- Vázquez Soto, Domingo (Cernadelo-Presqueiras): Canteiro, 34 anos, casado, foi ingresado na cadea de Ourense por orde do Gobernador Militar o 9/11/1944 e foi inculpado nun proceso militar “por averiguación de conducta”, sendo sobreseído sen formación de Consello de Guerra. Ficou en liberdade o 17/1/1945.
- Vázquez Troitiño, Manuel (¿?): Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
- Viéitez Firvida, Manuel “O Velliscos” (Soutelo de Montes): Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular. Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
- Viéitez Caramés, Donoso (Forcarei): Xulgado en Pontevedra o 13 de maio de 1937 por rebelión militar, foi condenado a 30 anos de cadea, que cumprirá en San Simón e o penal de San Cristóbal (Pamplona). En 1940 estaba en réxime de prisión “atenuada”, conmutándolle a condena por 4 anos correndo 1942. Era xastre de profesión e residía en Silleda, aínda que nacera en Forcarei.
- Vilar Vilas, Alfredo (Millarada): Incorporado en San Fernando (Cádiz) a unha unidade de Infantería de Marina do exército nacional, foi encausado en rebeldía polo delito de deserción en abril de 1937.