Biografía dun precursos no Rexurdimento galego
Xosé A. Fernández Salgado
Limiar
Aínda nesta nova centuria que está comezando a andar, o século XIX, e en particular o movemento coñecido como “Rexurdimento”, segue a ser un dos períodos máis atractivos da historia de Galicia para os investigadores actuais de varias disciplinas, sen dúbida, pola transcendencia que tivo no afiuzamento de Galicia como pobo. Nese tempo produciuse entre os membros da elite intelectual galega, a semellanza do que ocorreu noutros territorios da península e europeos, unha toma de consciencia sobre o que era singular e identificador de Galicia. Comezaron, daquela, a interesarse polo seu pasado, polo cultivo da súa lingua e literatura e por estudar os seus costumes e tradicións. Dese xeito, escribíronse as primeiras historias de Galicia (Verea Aguiar 1838, Martínez Padín 1849, Vicetto 1865, Murguía 1865), promoveuse o cultivo literario na lingua vernácula, inicialmente só na poesía (Añón, Alberto Camino, Valladares, os irmáns De la Iglesia, Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Pondal...), redactáronse os primeiros dicionarios (Rodríguez 1863, Cuveiro 1876, Valladares 1884) e gramáticas do galego (Mirás 1864, Cuveiro 1868, Saco Arce 1868, Valladares 1892), e leváronse a cabo tamén as primeiras recolleitas de folclore (López de la Vega, Valladares, Casal Lois, Saco Arce...).
Como se deixa ver, Marcial Valladares aparece mencionado en varias ocasións, porque, abofé, o autor de Vilancosta foi dentro da intelectualidade oitocentista un dos que máis entusiasmo puxo en traballar polas cousas da súa terra, con contribucións temperás en varias disciplinas relacionadas coas letras. A el se debe unha das recolleitas de literatura popular de máis cedo en Galicia, o Cantigueiro popular (1867), que iría acrecentando cos anos; o mellor dos nosos dicionarios decimonónicos, o Diccionario Gallego-Castellano (1884); os apuntamentos gramaticais titulados Elementos de Gramática Gallega (1892), inéditos ata tempos recentes; a primeira novela moderna en galego, Majina ou a filla espúrea, rematada en 1870, aínda que non viu luz ata 1880 nas páxinas da prensa; e máis de medio cento de composicións poéticas dispersas polas follas dos xornais da época, que só recentemente foron recollidas nun volume. Amais disto, a tradución, a botánica, a historia, a economía, a xeografía, a música... son algunhas das parcelas ás que se adscriben outros títulos do polifacético autor ullán, menos coñecidos pero non por iso fútiles na súa dilatada carreira como escritor e investigador durante máis de sesenta anos.
Dicía o poeta francés Lamartine, nunha sentencia que Valladares fixo súa ó traducila ó galego e incluíla en Elementos de Gramática Gallega, que “os homes júsganse non po-l-a sua fortuna senón po-l-as suas obras”. E así é como quixemos xulgar nosoutros a -este home nas follas que seguen, cando xa se cumpriu o centenario da súa morte. A nosa biografía segue, en xeral, unha liña cronolóxica, combinada ás veces con bloques temáticos, que se estrutura en etapas conforme a idade, as ocupacións e os lugares en que viviu o autor. En cada unha delas tentamos contextualizar a súa andaina vital cos acontecementos políticos, culturais, sociais e literarios máis sobranceiros do século XIX.
Algunhas destas páxinas, agora reformadas e ampliadas en moitos aspectos, formaron parte no seu día do capítulo inicial da miña tese de doutoramento, titulada Marcial Valladares (1821-1903). Lingua Literatura e Folclore, que foi defendida en xuño de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela. Por iso quería amosarlles aquí a miña gratitude á directora da tese, a profesora Rosario Alvarez, e ós membros do tribunal que a xulgaron, os profesores Xesús Alonso Montero, Camino Noia Campos, Xosé María Dobarro Paz, Antón Palacio Sánchez e Ernesto González Seoane, polas indicacións suxeridas tras a súa lectura.
As miñas obrigas quero facelas extensibles á familia Ferreirós, a actual propietaria da casa onde viviu, escribiu e morreu Valladares, en especial a Carmen Domínguez del Campo, viúva de don Carlos Ferreirós Espinosa, e á súa filla, Mari Carmen Ferreirós del Campo, por me abriren as portas da casa e a biblioteca de Vilancosta.
Tamén me gustaría lembrar aquí as persoas que me facilitaron o traballo nas bibliotecas, arquivos e hemerotecas que visitei nos anos que durou esta investigación. Os meus agradecementos van dirixidos a todo o persoal da Biblioteca da Fundación Penzol (Vigo), en especial a Marián Vidal; ó do Museo de Pontevedra (Pontevedra); ó da Real Academia Galega (A Coruña), en especial a Mercedes; ó da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago; ó do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago; ó do Consello da Cultura Galega (Santiago); ó da Biblioteca Provincial de Pontevedra (Pontevedra), en especial a Gema López; ó da Biblioteca da Deputación de Lugo; ó do Arquivo Histórico da Deputación de Pontevedra; ó da hemeroteca de El Correo Gallego (Santiago); ó da Biblioteca do Arsenal e do Ateneo Ferrolán (Ferrol); ó da Hemeroteca do Faro de Vigo; e ó da Biblioteca do Instituto da Lingua Galega (Santiago), en especial a Pilar Vilaboy.
Finalmente, quero agradecer a toda a miña familia o apoio^ e afecto que sempre me amosaron neste traballo: a meus pais Pepe e Anxela; a meus sogros Domingo (na memoria) e Pilar; a meus irmáns Antonio, Xavier, Ana, Carlota e, particularmente, o alento de Benigno. Por último, unha memoria especial á miña muller Pili e ó noso fillo Héitor, polo tempo que lles roubei nestes anos.
Vigo, outubro de 2003.

A familia, a Ulla e a infancia (1821-1833)
Unha autobiografía: Memorias de familia
"¡Oh tu, sin igual Carulla
Que en verso la Biblia has puesto:
Préstame de tu paciencia,
Job de los tiempos modernos,
Un adarme solamente
Para salir de este aprieto!
A don Marcial Valladares
En la revista hoy pretendo
Dar a luz (hablo en metáfora)
Y narrar todos sus hechos".
E. LABARTA POSSE (1888)
Con tan enxeñosos versos principiaba o poeta Labarta Posse a composición dedicada a Marcial Valladares en 1888, que constitúe a primeira glosa da vida do autor. Con todo, un estudo bio-bibliográfico detallado sobre o polígrafo de Vilancosta, como o que nos propuxemos, estaba por facer. Existían traballos previos que, non obstante, resultaban esquemáticos e obviaban longos períodos da súa vida. Boa parte deses lapsus temporais, dos que nada ou pouco se sabía, puidemos reconstruílos grazas a que a familia Ferreirós, actual herdeira do legado de don Marcial, permitiu que consultásemos un diario manuscrito autógrafo, que permanece inédito na casa patrucial de Vilancosta.
Memorias de familia (MF) é o título con que Valladares encabezou estes apuntamentos que sobre a súa familia comezou a anotar a pouco de chegar a Zamora a mediados da década de 1840, cando apenas tiña vinte anos3. O tomo, redactado en castelán, abrangue noticias do período da historia familiar dende finais do século XVIII ata finais de 1878. O volume estrutúrase en tres libros e estes á súa vez en capítulos numerados en romanos. A obra non está paxinada, aínda que cada 50 follas se lle lembra ó lector o seu número. O manuscrito, de esguía letra de feitío decimonónico, un pouco deitada á dereita, ofrécese nunha presentación coidada que compendia finalmente 735 páxinas, se ben cada un dos libros presenta numeración independente. O “Libro primeiro” consta de 188 páxinas distribuídas en 37 capítulos. A historia narrada iníciaa Valladares na década de 1780, dando información sobre os pais e as respectivas familias, e abrangue ata 1849, ano de cesamento do pai como Intendente de Zamora. Valladares comeza a súa escritura en 1844. Pola súa banda, o "Libro segundo” consta de 203 páxinas repartidas en 23 capítulos e reúne os sucesos familiares ocorridos entre 1850, cando o pai é nomeado gobernador civil de Ourense, e 1854, ano da morte de dona Concha, a súa nai. Valladares inicia o relato deste libro en 1850, nos primeiros días da súa estancia en Ourense. Finalmente, o "Libro terceiro”, o máis longo de todos, contén 344 páxinas, divididas en 18 capítulos, e recolle os acontecementos que van dende xullo de 1854 ata novembro de 1878, ano en que Valladares nos informa da morte do seu cuñado Antonio Velón e do comezo do segundo ano universitario do seu sobriño Laurentino Espinosa.
Polas novas dos seus herdeiros actuais temos noticia da existencia dun volume segundo no que se continúa a historia familiar. Non nos foi posible consultalo e, polo tanto, descoñecemos o contido e o período que abrangue. Podemos, non obstante, ofrecer algunha referencia sobre el seguindo as informacións achegadas por Luis Losada Espinosa (1985: 53):
Coa escritura destas memorias biográficas Valladares non quería fachendear de familia, nin tampouco era o seu fin que un día visen a luz impresas, pois para el non encerraban nada o bastante interesante para un público lector. Soamente pretendía dar fe dos feitos cotiáns e domésticos que atinguían á familia, e que as súas notas servisen de lembranza dos tempos pasados e dos lugares en que viviran, para que eses recordos se perpetuasen nas posteriores xeracións. Afirma nas Memorias (Ll: cap. I):
Canto ó primeiro aspecto, as Memorias de familia son importantes como documento sociolóxico e histórico, xa que por entremedias das miudezas familiares van aboiando referencias ós grandes acontecementos políticos e sociais da Galicia dos tres primeiros cuartos do século XIX, coma os episodios da guerra da Independencia contra os franceses, as guerras carlistas, o reinado de Isabel II, os cambios e alternancias no goberno entre liberais e moderados, os procesos das eleccións, as viaxes reais a Galicia (a de Isabel II en 1858 e, máis tarde, a do seu fillo, xa como Afonso XII), as exposicións agrícolas en boga na década dos 50, a chegada da República... Pero as Memorias tamén resultan suxestivas para o historiador e o antropólogo, porque relatan o xeito do vivir cotián dunha familia do século XIX, con "sus costumbres, vulgares aunque sanas”, aínda que o seu modo é o dunha familia fidalga galega, ilustrada, sen apuros económicos, a medio camiño entre o rural e o urbano. Precisamente, esa posición intermedia na sociedade galega oitocentista permitiu que as súas relacións coas outras clases fosen tanto cara arriba coma cara abaixo. Por iso, no diario, as referencias ás maneiras de vida vilegas, encarnadas pola burguesía e aristocracia media de Santiago e Pontevedra coas que se relaciona Valladares e a súa familia cando pasan tempadas nestas cidades, coexisten con alusións ós usos e costumes do mundo rural galego, aínda que estes son vistos e xulgados dende a posición de señor de aldea que el ostenta en relación cos seus caseiros e labregos. Non faltan tampouco mencións ó outro estamento de poder rural: o clero, entre o cal se atopaban algúns parentes e achegados da familia.Amais do interese como documento para a microhistoria da Galicia decimonónica, o volume manuscrito contén, sobre todo no “Libro primeiro”, anacos textuais de auténtica valía literaria, dominados por un estilo de prosa intimista encadrable na corrente romántica e, por tema, no costumismo, que xustamente nestas décadas centrais do século XIX triunfa no panorama literario español. Valladares enche páxinas do seu diario con descricións sobre as romarías da Ulla, dando detalles dos bailes, da música, do xeito de vivir a relixión... Outras veces o cadro pintoresco xorde durante o relato dalgunha viaxe a través de descricións da paisaxe percorrida, dos personaxes, dalgunha lenda sobre un lugar...
Finalmente, as Memorias de familia constitúen unha especie de álbum depositario, onde o autor recolle, como independentes, pezas literarias propias e alleas, correspondencia e outros tipos de documentos. Así atopamos Cadernos e Diarios de viaxes, coma o escrito durante o seu periplo acabalo en xullo de 1844 dende a súa aldea de Vilancosta a Zamora, para reunirse co pai (MF, Ll: cap. XXVIII); e o que relata a súa viaxe ás feiras de Valladolid en setembro de 1845 (MF, Ll: cap. XXIX), no que anota minuciosas descricións da cidade, dos monumentos e dos seus museos. As Memorias gardan tamén fragmentos dunha Historia da cidade de Zamora (MF, L2: cap. II), redactada por el mesmo durante a súa estadía nesta cidade, que logo deviría nunha verdadeira Crónica, aínda inédita. Figuran así mesmo incluídas no diario familiar varias cartas persoais e doutros membros da familia. Da correspondencia persoal resultan reveladores algúns fragmentos da establecida co seu irmán Sergio; da de carácter oficial son significativas as que lles comunican, por exemplo, o nomeamento ou a obtención dalgún título. Encontramos, igualmente, o discurso que el mesmo pronunciou nos Xogos Florais de Pontevedra en que actuou como Presidente (MF, L3: cap. VII) e algún artigo xornalístico, coma o titulado “Dos palabras sobre la agricultura é industria agrícola de Galicia” (MF, L3: cap. IV), que se publicou en 1858 no xornal LA EXPOSICIÓN COMPOSTELANA. En fin, tamén acertamos nas páxinas do diario con algunha mostra poética en castelán da súa autoría, coma o poema "Zamora tiene una flor”, ou da súa irmá Avelina, coma os versos dedicados á súa irmá Segunda con motivo do seu ingreso como noviza nun convento.
Desgrazadamente, nas Memorias escasean as referencias ás súas relacións con outros persoeiros da intelectualidade galega oitocentista. Apenas anotamos as mencións ós santiagueses Antonio Neira de Mosquera e José Ma Gil, ambos encadrables no primeiro provincialismo. Son tamén limitados os parágrafos que aluden a como concibiu e foi confeccionando as súas principais obras. Para reconstruír estas parcelas da súa biografía tivemos que valernos da cativa correspondencia que atopamos en arquivos e bibliotecas e mais das informacións que el mesmo incluíu nos seus prólogos. Pola contra, si é abundante no diario a nómina de políticos do momento, tanto a nivel estatal (o caso do Xeneral O’Donnell ou do ministro Martínez Posada), coma do Goberno provincial da Pontevedra de mediados do século XIX (entre eles o señor Riestra).
O nacemento
Marcial Valladares Núñez viu a luz o 14 de xuño de 1821 na casa grande de Vilancosta, na parroquia de Berres (actualmente concello da Estrada). Era fillo de don José Dionisio Valladares e dona María de la Concepción Núñez. O seu nacemento veu consolar a tristeza do matrimonio pola perda de Petra, a filla máis vella que acababa de morrer. Segundo a súa partida de nacemento, foi bautizado o mesmo día de nacer na igrexa de San Vicente de Berres polo cura da parroquia, e os seus padriños foron os avós maternos. Impuxéronselle os nomes de Marcial, Ramón, Josef, María del Pilar, aínda que nas súas obras máis importantes só utilizou o primeiro6, seguido normalmente dos dous apelidos. Parece que o pai se decidira polo nome de Marcial” como lembranza da batalla vitoriosa que tivera lugar contra os franceses na localidade vasca deste mesmo nome o día 31 de agosto de 1813. Nela combatera don José como Tenente do 4° exército que partindo do centro de Galicia saíra cara ó río Bidasoa en pos das tropas napoleónicas, que se batían en retirada para Francia. Neste acontecemento guerreiro de San Marcial, segundo relata Bouza-Brey (1970: 432), don José caera ferido e, como queira que lle invocara fervorosamente ó santo a salvación e se lle concedera, quixo perpetuar o ocorrido no nome dun dos fillos.
A data de nacemento que ofrecemos arriba é a recollida por don Marcial nas Memorias (Ll: cap. V) e a que figura na súa partida de bautismo. Con isto desmentimos outros anos que figuran noutras recensións biográficas sobre o autor, coma na de Lanza (1951), que daba o ano de 1823; a de Carballo Calero (1970), que escribe por erro 1812 (coas dúas últimas cifras trabucadas de orde); ou a aparecida no Diccionario da literatura galega /, onde figura 1825.

- Terminadas as notas de meu pai, recurro ás do meu avó materno, Laurentino Espinosa Valladares, sobriño de Marcial Valladares Núñez, filólogo e notable literato e folclorista. Meu avó, Laurentino, avogado, fora alcalde da Estrada, onde tiña bufete. [...]. En 1920 decidiu proseguir as Memorias defamilia de Marcial Valladares, cheas de interesantísimos datos e que permanecen inéditas na casa de Vilancosta.
Coa escritura destas memorias biográficas Valladares non quería fachendear de familia, nin tampouco era o seu fin que un día visen a luz impresas, pois para el non encerraban nada o bastante interesante para un público lector. Soamente pretendía dar fe dos feitos cotiáns e domésticos que atinguían á familia, e que as súas notas servisen de lembranza dos tempos pasados e dos lugares en que viviran, para que eses recordos se perpetuasen nas posteriores xeracións. Afirma nas Memorias (Ll: cap. I):
- No es mi objeto, al escribir estas biográficas memorias ó apuntaciones, rendir elójio á mi familia, humilde como numerosa; querer inmortalizar su nombre, haciendo alarde de sus costumbres, vulgares aunque sanas y que varias otras familias pudieran alegar sin salir de mi propio país, mucho menos que dichas memorias ó apuntaciones hayan de imprimirse en tiempo alguno, cuando nada encierran bastante á interesar al público bajo cualquier aspecto que se las considere, destituidas de acontecimientos notables, de episódios amenos, sin pintorescas descripciones tan en voga y que tanto cautivan la imajinación de la juventud. Hijas en su mayor parte del hogar doméstico, monótonas como la vida del labrador, reducidas á bien estrecho círculo, efecto de no haber variado apenas de horizontes, ni cruzado otros países que el natal, es si mi objecto ofrecer á esta familia, conservar en ella, perpetuo recuerdo de lo pasado y de sitios mas ó menos tiempo habitados, trasunto fiel de las vicisitudes de mi padre en las diferentes épocas de su vida á través de los sacudimientos políticos, en medio de cuya veleidad vió nacer sus hijos, no sin trabajo educados, pájina palpitante, en fin, de la existencia de éstos mismos hijos feliz más veces, azarosa otras y llena de incertidumbre.
Canto ó primeiro aspecto, as Memorias de familia son importantes como documento sociolóxico e histórico, xa que por entremedias das miudezas familiares van aboiando referencias ós grandes acontecementos políticos e sociais da Galicia dos tres primeiros cuartos do século XIX, coma os episodios da guerra da Independencia contra os franceses, as guerras carlistas, o reinado de Isabel II, os cambios e alternancias no goberno entre liberais e moderados, os procesos das eleccións, as viaxes reais a Galicia (a de Isabel II en 1858 e, máis tarde, a do seu fillo, xa como Afonso XII), as exposicións agrícolas en boga na década dos 50, a chegada da República... Pero as Memorias tamén resultan suxestivas para o historiador e o antropólogo, porque relatan o xeito do vivir cotián dunha familia do século XIX, con "sus costumbres, vulgares aunque sanas”, aínda que o seu modo é o dunha familia fidalga galega, ilustrada, sen apuros económicos, a medio camiño entre o rural e o urbano. Precisamente, esa posición intermedia na sociedade galega oitocentista permitiu que as súas relacións coas outras clases fosen tanto cara arriba coma cara abaixo. Por iso, no diario, as referencias ás maneiras de vida vilegas, encarnadas pola burguesía e aristocracia media de Santiago e Pontevedra coas que se relaciona Valladares e a súa familia cando pasan tempadas nestas cidades, coexisten con alusións ós usos e costumes do mundo rural galego, aínda que estes son vistos e xulgados dende a posición de señor de aldea que el ostenta en relación cos seus caseiros e labregos. Non faltan tampouco mencións ó outro estamento de poder rural: o clero, entre o cal se atopaban algúns parentes e achegados da familia.Amais do interese como documento para a microhistoria da Galicia decimonónica, o volume manuscrito contén, sobre todo no “Libro primeiro”, anacos textuais de auténtica valía literaria, dominados por un estilo de prosa intimista encadrable na corrente romántica e, por tema, no costumismo, que xustamente nestas décadas centrais do século XIX triunfa no panorama literario español. Valladares enche páxinas do seu diario con descricións sobre as romarías da Ulla, dando detalles dos bailes, da música, do xeito de vivir a relixión... Outras veces o cadro pintoresco xorde durante o relato dalgunha viaxe a través de descricións da paisaxe percorrida, dos personaxes, dalgunha lenda sobre un lugar...
Finalmente, as Memorias de familia constitúen unha especie de álbum depositario, onde o autor recolle, como independentes, pezas literarias propias e alleas, correspondencia e outros tipos de documentos. Así atopamos Cadernos e Diarios de viaxes, coma o escrito durante o seu periplo acabalo en xullo de 1844 dende a súa aldea de Vilancosta a Zamora, para reunirse co pai (MF, Ll: cap. XXVIII); e o que relata a súa viaxe ás feiras de Valladolid en setembro de 1845 (MF, Ll: cap. XXIX), no que anota minuciosas descricións da cidade, dos monumentos e dos seus museos. As Memorias gardan tamén fragmentos dunha Historia da cidade de Zamora (MF, L2: cap. II), redactada por el mesmo durante a súa estadía nesta cidade, que logo deviría nunha verdadeira Crónica, aínda inédita. Figuran así mesmo incluídas no diario familiar varias cartas persoais e doutros membros da familia. Da correspondencia persoal resultan reveladores algúns fragmentos da establecida co seu irmán Sergio; da de carácter oficial son significativas as que lles comunican, por exemplo, o nomeamento ou a obtención dalgún título. Encontramos, igualmente, o discurso que el mesmo pronunciou nos Xogos Florais de Pontevedra en que actuou como Presidente (MF, L3: cap. VII) e algún artigo xornalístico, coma o titulado “Dos palabras sobre la agricultura é industria agrícola de Galicia” (MF, L3: cap. IV), que se publicou en 1858 no xornal LA EXPOSICIÓN COMPOSTELANA. En fin, tamén acertamos nas páxinas do diario con algunha mostra poética en castelán da súa autoría, coma o poema "Zamora tiene una flor”, ou da súa irmá Avelina, coma os versos dedicados á súa irmá Segunda con motivo do seu ingreso como noviza nun convento.
Desgrazadamente, nas Memorias escasean as referencias ás súas relacións con outros persoeiros da intelectualidade galega oitocentista. Apenas anotamos as mencións ós santiagueses Antonio Neira de Mosquera e José Ma Gil, ambos encadrables no primeiro provincialismo. Son tamén limitados os parágrafos que aluden a como concibiu e foi confeccionando as súas principais obras. Para reconstruír estas parcelas da súa biografía tivemos que valernos da cativa correspondencia que atopamos en arquivos e bibliotecas e mais das informacións que el mesmo incluíu nos seus prólogos. Pola contra, si é abundante no diario a nómina de políticos do momento, tanto a nivel estatal (o caso do Xeneral O’Donnell ou do ministro Martínez Posada), coma do Goberno provincial da Pontevedra de mediados do século XIX (entre eles o señor Riestra).
O nacemento
Marcial Valladares Núñez viu a luz o 14 de xuño de 1821 na casa grande de Vilancosta, na parroquia de Berres (actualmente concello da Estrada). Era fillo de don José Dionisio Valladares e dona María de la Concepción Núñez. O seu nacemento veu consolar a tristeza do matrimonio pola perda de Petra, a filla máis vella que acababa de morrer. Segundo a súa partida de nacemento, foi bautizado o mesmo día de nacer na igrexa de San Vicente de Berres polo cura da parroquia, e os seus padriños foron os avós maternos. Impuxéronselle os nomes de Marcial, Ramón, Josef, María del Pilar, aínda que nas súas obras máis importantes só utilizou o primeiro6, seguido normalmente dos dous apelidos. Parece que o pai se decidira polo nome de Marcial” como lembranza da batalla vitoriosa que tivera lugar contra os franceses na localidade vasca deste mesmo nome o día 31 de agosto de 1813. Nela combatera don José como Tenente do 4° exército que partindo do centro de Galicia saíra cara ó río Bidasoa en pos das tropas napoleónicas, que se batían en retirada para Francia. Neste acontecemento guerreiro de San Marcial, segundo relata Bouza-Brey (1970: 432), don José caera ferido e, como queira que lle invocara fervorosamente ó santo a salvación e se lle concedera, quixo perpetuar o ocorrido no nome dun dos fillos.
A data de nacemento que ofrecemos arriba é a recollida por don Marcial nas Memorias (Ll: cap. V) e a que figura na súa partida de bautismo. Con isto desmentimos outros anos que figuran noutras recensións biográficas sobre o autor, coma na de Lanza (1951), que daba o ano de 1823; a de Carballo Calero (1970), que escribe por erro 1812 (coas dúas últimas cifras trabucadas de orde); ou a aparecida no Diccionario da literatura galega /, onde figura 1825.
Os pais e os irmáns
O meniño Marcial viña ser o terceiro fillo de don José e dona Concepción, e o primeiro home. Do matrimonio nacerían outros nove máis que, por orde de nacemento, levaron por nome Petra, Jacoba, -o dito Marcial—, Engracia, Sergio, Avelina, Luisa, Prima, Segunda e Isabel. Destas oito mulleres e dous homes, só lograrían sobrevivir sete, xa que Petra, Engracia e Prima, xemelga de Segunda, finaron de nenas, cando apenas chegaban ó ano de idade.
Valladares entendía o concepto de "familia” nun senso amplo, baseado no criterio de habitar ou non no mesmo casal. Para el, amais dos pais, irmáns e avós maternos, formaban parte da familia tamén dúas tías por vía materna, chamadas dona Gabriela e dona Manuela Núñez, que conviviron co matrimonio na casa de Vilancosta axudándolles a criar os fillos en moitas épocas da súa vida. Neste labor participou especialmente a tía Gabriela, pois será precisamente ela quen se encargue en Santiago dos aínda rapaces Marcial e Sergio, cando estes inician os estudos de Bacharelato en 1833. Dela lembrarase uns anos máis tarde Avelina cando en 1846, durante a estancia da familia en Zamora, lle dedique estes agarimosos versos en castelán, cheos de soidade (Luna Sanmartín 2000: 119):
Allá... tal vez a la sombra
Del limonero florido,
Hay un ser por mi querido
Que la mente sólo nombra,
Hay una prenda adorada
Que mi infancia acarició;
Un ser tierno de quien yo
Lloro infeliz alejada [...].
O pai foi para Marcial un espello no que mirarse. Sentiu por el, amais do cariño propio de fillo, unha veneración grande polas virtudes que encarnaba como persoa en todas as ordes da vida. Algúns destes aspectos da personalidade de don José axudan a explicar tamén a conduta do fillo; de feito, unha parte da biografía deste corre parella ás vicisitudes que lle ocorreron ó pai en diferentes épocas e lugares, en función dos cargos políticos e militares que desempeñaba. Don José Dionisio Valladares nacera o 23 de xuño de 1787 en Santa María de Grava, parroquia da antiga xurisdición de Trasdeza, do partido xudicial de Lalín, no daquela concello de Chapa (actualmente concello de Silleda). Era fillo de dona María Gómez e don Bernardo Antonio Valladares, descendente de casa antiga e rica de Galicia, aínda que vida a menos, segundo o comentario que recolle nas Memorias (Ll: cap. iii) porque:
A longa campaña militar valeulle a don José a condecoración con nove cruces, o retiro en febreiro de 1815 con dereito a uso de uniforme e goce de foro militar, amais da concesión do grao de capitán de infantaría en xuño dese mesmo ano. Tamén se lle expediu o correspondente título de avogado para poder despachar. Don José regresou a Fontao, á casa paterna, a finais de maio de 1815 despois de estar combatendo máis de sete anos. Nas Memorias (L3: cap. X), don Marcial fixo un breve retrato físico e psicolóxico del, xa maior, con motivo do seu pasamento. Como bo fillo, na semblanza enaltece certos trazos da súa persoa e sobrancea, sobre todo, a súa profunda relixiosidade:
Pola súa preparación, don José converteuse nun persoeiro de referencia nas teiras da Ulla, Tabeirós e Deza para os diferentes gobernos políticos e para aqueles que precisaron de información erudita de calquera tipo sobre a zona. Axudou a Domingo Fontán no debuxo da súa Carta Xeométrica de Galicia. Foi colaborador nos partidos de Lalín e Tabeirós de Pascual Madoz para o seu Diccionario Geográfico; correspondente, tamén, das Sociedades Económicas de Amigos do País de Santiago e Lugo, e de mérito das de Pontevedra e Ourense. Foi en varias ocasións elixido deputado nas Cortes e mais da provincia, e tamén senador. Desempeñou, por outra parte, varios cargos políticos e militares polas diferentes provincias galegas: o de xefe político da provincia de Ourense e o de intendente de Pontevedra e Lugo e, máis tarde, tamén de Zamora.
Estando nesta cidade, en 1846, coincidindo co enlace matrimonial da raíña Isabel II, foi distinguido polos servizos prestados como "caballero de la Real Orden española de Carlos III” e nomeado “secretario honorario de Su Majestad”.
Sobre as afeccións literarias de don José, amais da súa participación no Diccionario de Madoz, sabemos que compuxo algúns versos relixiosos en castelán, coma os devanditos á virxe do Tránsito e algúns outros devotos da virxe da Guía, que se incluíron nun libriño de novenas que o propio don José custeou en 1856 (vid. Bouza-Brey 1956: 20-23).
A admiración de Marcial polo pai é doadamente rastrexable en moitas páxinas das Memorias defamilia e ponse de manifesto neste fragmento que lle dedicou en 1864 con motivo da súa morte (MF, L3: cap. X):
O pouco de casar xa o matrimonio tivo a primeira filla, Petra, que desgrazadamente "la muerte vino a arrancar del maternal regazo en el albor de su adolescencia” (MF, Ll: cap. V). En decembro de 1819, estando don José de comisionado en Santiago, naceu alí outra nena, que recibiu o nome de Jacoba. A este propósito, cómpre recordar que o pai tivo certo costume en bautizar os fillos con nomes evocadores ou cargados de certo simbolismo. Algúns deles lembran batallas ou accións nas que el mesmo participara durante a guerra contra os franceses: o caso de Jacoba, en memoria da acción de Santiago contra os franceses ocorrida en maio de 1809 (MF, Ll: cap. V), o xa dito de Marcial, e tamén o de Engracia, que evoca a acción de 1811 no Campo de Santa Engracia, onde resultara prisioneiro. Noutras ocasións, os nomes inspíranse en feitos máis cotiáns, como é o caso da orde de nacemento nas xemelgas Prima e Segunda. Marcial Valladares, chegado o tempo e de xeito semellante a seu pai, elixirá tamén nomes simbólicos para os personaxes da súa novela Majina. Pénsese no da propia Majina, que parece aludir nun xogo ambiguo a máxica e maja (‘guapa’); no de Salvio, a salvador; ou no de Veranio, a bravo.
Cando en 1820, tras a rebelión do Xeneral Riego, se reinicia o período constitucional coñecido como “Trienio liberal” (1820-23), don José é nomeado en setembro dese ano xuíz interino de la instancia do partido xudicial do Barco de Valdeorras pola Xunta Suprema do Goberno da Provincia de Galicia. Permanecerá no cargo ata 1823. Neste tempo, inicialmente, dona Concepción permaneceu en Vilancosta e, embarazada novamente, deu a luz un novo fillo en xuño de 1821 que bautizarían co nome de Marcial, o personaxe ó que dedicamos este libro. Reposta do parto, dona Concha trasladarase co novo fillo ó Barco a xunta o marido e alí, en setembro de 1822, naceralles outra filla, Engracia, que finaría en setembro do ano seguinte. Uns días antes, o 15 de setembro de 1823, na vila valdeorresa vería a luz o outro fillo home, Sergio.
Cesado en outubro de 1823 como xuíz don José, e "impurificado y encausado luego por espacio de 10 años” (MF, Ll: cap. V), o matrimonio deixa O Barco e retírase cos dous novos fillos outra volta a Vilancosta, onde a familia residirá case permanentemente ata 1833. Durante este tempo aínda virán ó mundo outros cinco fillos. A mediados da década, en outubro de 1825, naceu Avelina; dous anos despois, en decembro de 1827, Luisa; e en setembro de 1830, dúas xemelgas: Prima, que finou ó pouco de nacer, e Segunda. Dona Concepción aínda daría a luz unha última filla en novembro de 1831, que bautizarían como Isabel. Dez fillos en total nun espazo de pouco máis de 14 anos, dos que só lograron sobrevivir sete ós primeiros anos.
Os irmáns de Marcial correron sorte desigual. Jacoba, a máis vella, casou en 1837 con Antonio Ma Blanco, presidente da municipalidade de Vedra —o equivalente actual a alcalde—. Vivían no lugar da Torre, na outra beira do Ulla, e tiveron tres fillos, que tempos andados acabarían en preitos pola herdanza co seu tío Marcial. Tanto Jacoba coma Antonio morreron de repente, aínda novos. Pola súa parte, Luísa casou con Bernardo Espinosa en 1860 e quedaron a vivir na casa patrucial de Vilancosta. Do seu matrimonio nacería en 1861 Laurentino Espinosa Valladares, afillado de Avelina e, ó final, herdeiro de don Marcial. Segunda ingresou de noviza no convento da “Enseñanza” de Santiago en 1864, aínda que ó ano seguinte renunciou. Isabel, a máis nova, casou con don Angel Velón Taboada, uhijo de una de las familias más distinguidas del País de Deza” (MF, L3: XI) e instalaríanse na veciña parroquia de Moalde (Silleda). Os dous irmáns restantes, Sergio e Avelina, destacaron tamén nas letras.
Sergio era o quinto fillo do matrimonio e entre el e Marcial existiu unha especial relación de complicidade, xa que compartiron a nenez e case toda a mocidade: os momentos de xogo en Vilancosta, os estudos de Leis en Santiago, as confidencias dos primeiros amores nas cartas intercambiadas... Tíñalle unha gran querencia e admiración, e nótase no xeito de se referir a el nas Memorias familiares. Pese a ser dous anos máis novo, recoñecía en Sergio máis enxeño, talento, valía e predisposición. Con motivo da súa temperá e inesperada morte en 1855, don Marcial escribiu estas reflexións nos días seguintes ó desgraciado suceso (MF, L3: cap. I):
Se hundieron con el las ilusiones todas de la familia, los mortales restos del hijo queridísimo, del hijo en quien desde niño descubría á cada paso el padre arranques de gran talento y porvenir, del hermano mío único, del esposo tierno y del buen amigo..! La Providencia querrá, empero, llegue ocasion en que pueda trasladar yo esos inolvidables restos al lado de los de mi madre y madre de Serjio, entre quien y yo nada en vida había separado, nada: juntos empezaramos una carrera misma, juntos tambien en un año, en un mes, en un sitio mismo la concluyeramos y juntos nos verá el mundo en el tremendo instante de su muerte, á no estorbarlo la decision de la viuda.
Sergio casou cunha sobriña do conde de Pallares e ocupou varios cargos administrativos na Deputación de Pontevedra e o de visitador da renda de papel selado en Zamora. Tamén probou sorte na política e, así, presentouse como candidato nalgunhas eleccións de deputados a Cortes, aínda que non resultou elixido. Como poeta, compuxo en castelán o "Canto a SS. AA. RR. los Duques de Montpensier” (1852), do que se recolle un fragmento no Album de la Caridad (1862), e algúns versos relixiosos dedicados á virxe da Guía. Colaborou tamén coa prensa da época, onde publicou varias memorias e discursos.
Pola súa parte, Avelina Valladares ten nome de seu na historia da literatura galega decimonónica. Foi escritora en castelán e en galego. Destacou sobre todo como poeta, xa que se lle contan arredor de medio cento de poemas, dos cales cinco están redactados en galego, seguindo a estela iniciada por Rosalía. E tamén autora de tres artigos en castelán de temática varia. Unha parte da súa obra foi publicada na prensa da época; outra permaneceu inédita ata que en tempos recentes foi editada parcialmente por Aurora Marco (1984), cun breve estudo inicial, e logo por Xosé Luna Sanmartín (2000), que fixo a compilación completa da súa obra.
A lingua dos cinco poemas de Avelina escritos en galego segue as directrices gráficas do irmán Marcial. Trátase de composicións cultas, con abondosos elementos costumistas que enxalzan a paisaxe nativa, coma as oitavas tituladas “A Ulla” (1879), que se publicaron no santiagués El PORVENIR e tamén en El ECO DE GALICIA de Bos Aires. Dicía a terceira estrofa (Luna Sanmartín 2000: 95):
¡Ulliña! ¿Quen te veu que, namorado
D’a hermosura qu’encerras non quedase
E suidades ¡coitado! non levase
N’o seu peito o adios cando che dou?...
Ti meliño pra todos atesouras;
Ti o triste non negas un consolo,
Es naiciña amorosa, e n’o teu cólo
Sempre alivio o pesar sempre atopou.
Máis reivindicativo é "Miña joia” (1883), publicado tamén en El PORVENIR e mais por Castro López no Almanaque gallego para 1905. Neles, tras a loa dos encantos de Galicia, Avelina exhórtaa a que se espreguice, porque os tempos son chegados, como se pode ver nas primeiras estrofas (Luna Sanmartín 2000: 106):
Joiña d’España, adorada Galicia,
Verjel d’os encantos d’os puros amores
Espérta, qu’o tempo chegou d’a justicia
E á pórtas alleas non pides favores.
Ja a loucomotora de gozo asubía
Téu chán pintoresco garbosa ó cruzar,
Ond’as laberquiñas de noite e de dia
A alma enajenan con doce cantar.
Espérta, ña prenda, prendiña arrequéce,
Que loito d’abondo trougueche abatida
E en carro dourado risoña se méce
Alá n’o hourizonte j’aurora de vida.
Pola súa parte, nos sentidos versos de “A pobre orfiña”, publicados inicialmente en El PORVENIR e logo tamén por Carré (1911: 301-303), e en “Os qu’emigran” (1889), aparecidos en El ECO DE GALICIA de Bos Aires (1892) e en La GRAN PATRIA de Santiago (1902), Avelina denuncia os problemas da emigración e a orfandade, respectivamente. Os de “Os qu’emigran” rematan con esta lastimeira estrofa (Luna Sanmartín 2000: 110):
A Ultramar non vayás pois meniños,
Ond’andromenas hai noite e día
Pr’os incautos cazar a porfía
Ofrecéndolles outro a rodar;
E dempois que d’acá vos arrancan
¡Mal pocados! pra sempre quezais...
¡Ay d’os fillos que s’hachan sin páis!
¡Ay d’os pais á quén mata o pesar!
Finalmente, o bilingüe e longo "Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un Labriego” (1879), publicado no tomo VIII de El HERALDO GALLEGO, e tamén en El ECO DE GALICIA de Bos Aires, trata aspectos relativos ó apóstolo Santiago.
Se a obra de Avelina é apenas coñecida, débese en parte á propia modestia da escritora. Ela mesma afirmou que non tiña aspiracións nin pretensións literarias e consideraba as súas composicións, segundo as palabras de Álvarez Insua (1902):
En Vilancosta, no teu
mais costaneiro lugar
ó mundo dous xenios deche:
¡ben te podes alabar!
Vilancosta e a Ulla
Fuxin d’o mundo engañoso
y-en Vilancosta atopei
o que no mundo non vía
e manda Dios na sua lei.
Esta copla composta polo propio Valladares, en gabanza do seu lugar e seguindo o modo popular, dan idea do que Vilancosta representaba para o noso escritor. Como fidalgos que eran, os Valladares sentiron un especial apego pola terra onde naceran e polas herdades que posuían; de feito, don José dedicará parte dos seus aforros a incrementar o patrimonio familiar coa compra de novas posesións. Sentíase particularmente orgulloso dunha propiedade á que dedicará, unha vez xubilado, boa parte do seu tempo: un prado á beira do río Ulla que os seus paisanos coñecían como uprado do Intendente”. Sinalaba Bouza Brey (1970: 431) que a familia estaba identificada co mundo labrego, vivindo na aldea e para a aldea, exercitando un cristián padroado, comprendendo os problemas do agro e desempeñando un eminente rol social á fronte dos seus herdos. Este sentimento abrolla de xeito contundente nestoutra cantiga composta tamén por don Marcial:
O señor de Vilancosta,
soilo a ela ten apego,
vive entre os seus labradores,
hónrase de ser galego.
Vilancosta sempre foi para os membros da familia, estivesen onde estivesen, o seu punto de referencia. “¡Vilancosta...! ¡Hogar querido de mis mas dulces recuerdos!” (MF, Ll: cap. IV), suspiraba o escritor, soidoso, nos seus tempos de estadía en Zamora. Porque a casa e a aldea ullá funcionaron para os Valladares políticos como lugar terapéutico ó que retirarse á espera de tempos mellores en momentos non propicios para os seus intereses. Nun intre deses retiros don Marcial escribiu sobre Vilancosta (MF, Ll: cap. X):
mentras as labores estas,
os ollos me regalaban ,
discurría pra comigo,
decía pr’as miñas barbas:
“¡Dichosos, vós, labradores,
meus amiguiños d’a alma,
qu’anque cheos de traballo
mil privacions e mil ánsias,
de Dios o nome invocando
salides d’a vosa casa,
con Dios andades no monte
e con Dios n’a vosa arada!”
A "casa grande” de Vilancosta, como era coñecida entre os veciños, era un espazo de portas abertas para os máis pobres e necesitados, que o propio Valladares nos describe deste xeito nas Memorias (MF, Ll: cap. IV):
A ucasa grande” de Vilancosta foi construída nunha lomba, de xeito que dende o seu patio e xardín e, sobre todo, dende a galería da fachada existen unhas impresionantes vistas paisaxísticas cara ó nordés e noroeste que dominan boa parte do país da Ulla baixa. Neste delicioso e ameno val, como é referido literariamente por varios autores, destacan dúas unidades xeográficas, o Pico Sagro e o río Ulla, inspiradores ambos de varios escritos dos irmáns Valladares e tamén doutros literatos. Don Marcial poetizou esta vista nestoutra copla (Fernández Salgado 2002: 628):
Vilancosta é maravilla,
meu encanto, porque vexo
de Pico-Sacro o abanico,
en lindura sin parexos
O cónico Pico dedicoulle don Marcial un dos seus poemas en galego máis celebrados, o titulado “A Fonte do Pico-Sagro” (1851), cheo de referencias ás crenzas e lendas populares que arrodean o monte (Fernández Salgado 2002: 586):
Filla d’esa altura agora
Pico-Sagro noméada
Mons sacer cando en mal hora
mina era süa esplotada
do mundo po-la Señora;
Viciña da erguida Serra
que en tempos disque abrigou
mouro de condicion perra,
rico c-o grau que roubou
ós propietarios da terra.
Foi tamén o Pico Sagro, e a romaría que alí se celebra dedicada a san Sebastián, o escenario elixido para no capítulo XIII desvelar parte da trama da historia da súa novela Majina (1870). E constitúese en referente dalgunhas coplas populares do cantigueiro por el anotado, coma a seguinte das "Cantigas da Ulla” (1867), que alude precisamente ós numerosos devotos que se congregaban arredor da capela do santo o día da romaxe:
¿Canta xent’alá n’o Pico,
do Pico-Sagro n’a cima!
Parece un pucho de rosas
caído sobr’unha piña.
É igualmente tema dalgúns refráns da súa colección, nos que se recolle a crenza popular de que é do Pico Sagro de onde proveñen os tronos e relustros os días de tormenta e, en xeral, o mal tempo:
Cando o Pico-Sagro pón capelo, rapazas d’a Ulla, cubrid’o mantelo.
Cando Pico-Sagro pón tóuca, auga temos, móita ou póuca.
Con anterioridade, Marcial Valladares xa consagrara á descrición do monte algunhas páxinas nas Memorias defamilia (Ll: IV), nas que reunía varias informacións de tipo xeográfico, histórico e lendario, poetizadas logo en “A fonte do Pico Sagro”:
[...] Así, n unhas, pé d’as casas relocian
Delicados bermellos pejegueiros
Que con blancas cerdeiras garnecian
Das hortas camposiñas e roleiros.
N’outras, leiras de formas caprichosas En
qu’o trigo e o centeo verdejaban,
E moitas, terrejando case oceosas,
Mais qu’os donos pra o millo ja labraban.
Redor d’élas, n’o medio, n’as ladeiras,
E d’a Serra tamén hasta n’a cima
Yia soutos, pinales, carballeiras
E tojares cargados de chorima.
Via templos e pousas de señores
Qu’en Santiago, ou Madril, o inverno botan
Po-l-a aquéla de qu’entr’os labradores
As potencias á alguns se lles embotan.
Via, en fin, dend’o Seijo, á Sarandon,
Figura d’abanico despregado,
Grave o Ulla correr coma un feston
D’ese mismo abanico dibujado.
E dunha e doutra banda n’as orélas,
Salgueiros e amenales alí en fila,
Ond’os cucos ja s’oyen e as bubélas
E Martin-pica-peije agudo chila.
Mentras, non lonj’as vacas apacendo,
Canta con doce vós tenra pastora
E brincan os rapaces ollecendo,
Libres d’ánsias, de coita róedora.
Fóra da Ulla, Marcial Valladares tivo como espazos urbanos de referencia fundamentalmente as cidades de Santiago e Pontevedra. A vila pontevedresa era a capital administrativa da súa provincia e nela pasou tempadas tanto de adolescente coma en época xa máis adulta cando o seu pai ou el mesmo desempeñaban algún posto na Deputación ou no Goberno provincial. Pola súa parte, Santiago, amais da súa atracción como capital relixiosa e cultural, era a vila de referencia natural para os ulláns, e, sen ningunha dúbida, don Marcial sempre se sentiu moi apegado a ela, pois alén de distar poucas leguas de Vilancosta, fora a cidade na que estudara a carreira e onde se atopaban as súas mellores amizades.
Non obstante o dito, Valladares sempre se considerou da Ulla, comarca natural con entidade propia á que daba nome e unidade o río que a percorría e que só a Lei administrativa de división provincial de 1833 acabou xebrando en dúas zonas: as terras dunha beira pasaban a pertencer á nova "provincia” da Coruña, e as da outra ourela pasaban á uprovincia” de Pontevedra28. Vilancosta acaía nun recuncho do río desta última ribeira e nesta provincia quedou integrada administrativamente, aínda que varias herdades da familia acaían na outra beira. Antes desta división provincial, a terra de Tabeirós pertencía á antiga provincia de Santiago, xurisdición formada por vintecatro freguesías da ribeira esquerda do Ulla, dende sempre relacionadas e ben comunicadas coa outra marxe por medio de pontes e de barcas, coma as famosas de Sarandón, upor donde pasa un camino bastante frecuentado desde Santiago al Ribero de Abia (sic), Carballiño y Orense”, e dende 1835 por unha sólida ponte ade piedra berroqueña y de tres arcos”, erguida na estrada que ía de Santiago a Ourense, segundo recolleo Diccionario de Madoz (1845, s.v. TABEIRÓS. Da popularidade do sistema de barcas para atravesar o río queda constancia en varias cantigas da Ulla recollidas do pobo polo propio Valladares, coma estas que din:
De Vilancosta a Santiago
non vayas pola Riveira;
non vayas a Sarandon;
vay pol-a barca de Neira.
N’a barca de Sarandon
entrando c’a miña prenda,
n’un remo remaba eu,
n’o outro remaba ela.
Por empeño do pai, en 1852, a propia familia Yalladares acabou botando unha barca ó río que durante bastantes anos pasaría o río moitas veces. Así lembra don Marcial a súa botadura (MF, L2: cap. XVII):
Bonita é a barca de Neira,
a barca de Valladares;
aposto a que mais bonita
n’a viron estos lugares”
Teño n’o río unha barca
e n’a granxa un palomar;
casa chea en Vilancosta,
¿que mais podo desexar?
Xa que logo, no antigo mapa do Reino de Galicia, a parroquia natal de Valladares figura como integrada na antiga provincia de Santiago, e posto que eclesiasticamente (quizais máis determinante nesta época), a xurisdición de Tabeirós seguiu pertencendo á diocese compostelá, Santiago continuou sendo por tradición e por proximidade para os ulláns e para os Valladares o centro vilego de referencia. De feito, na dicotomía entre rural e urbano que deseña na novela Majina, don Marcial tomara como modelo os dous espazos que mellor coñece: as aldeas da Ulla e a cidade de Santiago.
A feliz nenez na “casa grande”
En outubro de 1823, os Valladares deixan O Barco de Valdeoiras ó cesar o pai no seu posto de xuíz e regresan a Vilancosta. Neste intre contaba Marcial pouco máis de dous anos. En Vilancosta, a familia establecerá a súa residencia permanente nos dez anos vindeiros, o tempo que don José permaneceu inhabilitado para ocupar cargos públicos e o mesmo que dura no trono Femando VII, tras a caída do gobemo constitucional (1820-1823). Nestes anos don José dedicarase a despachar como avogado na propia casa de Vilancosta, realizará algúns traballos de comisionado, como o do “arreglo de Coirejimientos y Alcaldías reales” en 1826, e auxiliará ó seu amigo o doutor Fontán durante 1829 no debuxo da súa Carta Xeométrica de Galicia, que gravada en París foi publicada en 1847.
Os biógrafos de don Marcial pouco ou nada achegaron sobre a súa nenez, porque realmente nada lle sucedeu de importancia. Apenas Labarta Posse (1888) e Marino Dónega (1970) lle dedican algunhas lifias. Nos versos Labarta refírese a esta etapa humoristicamente así:
La infancia de Valladares
Por alto lo pasaremos.
¡Fue una infancia como todas
Con sus sonrisas, sus juegos,
Lloros, arrullos, caricias,
Azotes... y otros excesos!
Pola súa banda, Dónega, coñecedor e lector das Memorias, afirma que permaneceu en Vilancosta ata os dez anos de idade, antes de se trasladar canda seu irmán Sergio a Santiago para principiar os estudos de Bacharelato.
En efecto, os primeiros anos do neno Marcial decorreron na casa de Vilancosta, onde foi medrando entre risos, choros e xogos cos outros irmáns, sobre todo con Sergio, á calor dos arrolos da nai e o cariño das súas tías Gabriela e Manuela, alí udonde en risueño paisaje, besado por el Ulla, y al compás de sus tiernos sencillísimos cantares, se meció la cuna de nuestra infancia”, escribiu xa de adulto no prólogo do seu Diccionario. Estes anos son lembrados nas Memorias como ulos más felices de nuestra vida, sin embargo en medio de los trastornos y acontecimientos políticos” (Ll: cap. IV).
Don José sentiu unha especial preocupación pola educación dos seus fillos, e mesmo consagrou a ela unha parte do tempo libre que lle deixaron as súas actividades. Home de moral recta, e fondas conviccións relixiosas, que se acrecentaron cos anos, impregnou ós fillos deses mesmos valores e, certamente, na personalidade de don Marcial esas ensinanzas deixaron pegada, como ben se pode apreciar nalgunhas follas da súa obra literaria. Nas Memorias (Ll: cap. V) recóllese que o pai facía vir diariamente un mestre a Vilancosta para que os fillos máis vellos, Jacoba, Marcial e Sergio, empezasen co estudo das primeiras letras e iso “sin perjuicio de las que á horas extraordinarias y en ratos desocupados nos daba nuestro propio padre”, as cales recoñece don Marcial que uvalían bien por cuatro de las que el maestro nos daba”. Nesta iniciática aprendizaxe cobraban unha especial relevancia as ensinanzas da doutrina cristiá, labor do que se encargaron fundamentalmente as tías maternas. Foron elas as que os encarreiraron nas prácticas relixiosas cotiás, fosen os rezos da mañá, as oracións do toque a Ave-Marías ou as da noite ó se deitaren. No caso dos fillos homes aínda quixo don José que os coñecementos de gramática castelá se completasen cos de latín en vistas a nun futuro cursaren o Bacharelato, cometido que lle foi encargado a don Franscisco Picáns, o cura da parroquia de Berres. Pola súa parte, a irmá máis vella, Jacoba, “no obstante sus bellas disposiciones y su aficción a los libros” (MF, Ll: cap. VI), pasou a encargarse do coidado das irmás máis pequenas, Avelina e Isabel.
O tempo de estudo do latín co presbítero alternábanas os rapaces con outras de descanso. Relata don Marcial que mentres que na casa e durmía a sesta el e mais o irmán, cando tiñan nove ou dez anos, pasaban o tempo a xogar ós birlos, subir ás árbores, coller froita, andar ós niños de paxaros... e xa á noitiña, antes da cea, entretíñanse en escoitar algún conto ou historia de encantamentos narrado por algún dos xornaleiros ou criados da casa, en tanto a nai e as tías fiaban ou cosían. Sen dúbida, algúns dos contos populares que don Marcial transcribirá por volta de 1880 poida que foran oídos por primeira vez nalgunhas destas veladas. Unha xornada normal remataba coa cea e co rezo do rosario, que guiaba sempre o avó materno. Esta práctica xunto coas doutros rezos nunca se abandonaría na casa de Vilancosta (MF, Ll: cap. VI).
Don José foi “purificado” en 1832 e ó ano seguinte a Real xunta de camiños encargoulle a inspección das obras da nova ponte que se estaba a construír na Ponte Ulla. Pola súa parte, en 1833 Marcial e Sergio deron tamén por concluídos os estudos do latín co cura da parroquia e o pai resolveu envialos a Santiago para que comezasen o estudo da Filosofía. O empeño nos estudos do latín viña motivado porque o seu dominio era requisito imprescindible para poder acceder a calquera dos estudos superiores da Universidade, fose cal fose a carreira elixida. Confírmanolo o documento manuscrito que figura no expediente académico de Valladares estendido por Felipe Picáns, o cura da parroquia:

- la prodigalidad y escesos de algunos parientes dejaron reducidas en Don Bernardo a casa simple aunque distinguido y honrado labrador.
A longa campaña militar valeulle a don José a condecoración con nove cruces, o retiro en febreiro de 1815 con dereito a uso de uniforme e goce de foro militar, amais da concesión do grao de capitán de infantaría en xuño dese mesmo ano. Tamén se lle expediu o correspondente título de avogado para poder despachar. Don José regresou a Fontao, á casa paterna, a finais de maio de 1815 despois de estar combatendo máis de sete anos. Nas Memorias (L3: cap. X), don Marcial fixo un breve retrato físico e psicolóxico del, xa maior, con motivo do seu pasamento. Como bo fillo, na semblanza enaltece certos trazos da súa persoa e sobrancea, sobre todo, a súa profunda relixiosidade:
- Paréceme aún ver su despejada frente; sus salientes azules ojos que abarcaban y penetraban de un solo golpe cualquier objeto, cualquier asunto, comprendiéndolo instantaneamente en su imaginacion, siempre la una y viva; su aguileña nariz; su boca, poblada de todos dientes hasta los dias últimos de existencia, en que uno solo se le aflojó y quiso le sacáran; su barba un tanto redondeada, el sonrosado color de sus mejillas, dando á su fisonomía toda un cierto aire de generosidad, dulzura e intelijencia que cautivaban; su pelo castaño oscuro, sin calva, ni apenas canas; y verle entre la familia, rezando con ardiente fé ese rosario mismo, la letanía dolorosa de la Virgen, cierta oracion de Sabatina, y la letanía del Santo Nombre de Jesús; tomar seguidamente su sopita y quedarse luego á solas rezando, ademas, sus devociones, algunas en latín, mientras los demas cenábamos, devociones á que iba unida la siguiente en verso, compuesta por su merced y que hizo escribiera Avelina en una estampa de la imagen de Na Sa del Tránsito, cuyo cuadro pendía en la pared frente de su cama: En el paso peligroso/de mi muerte, madre mía, /por tu tránsito glorioso,/ sé mi amparo, luz y guía.
Pola súa preparación, don José converteuse nun persoeiro de referencia nas teiras da Ulla, Tabeirós e Deza para os diferentes gobernos políticos e para aqueles que precisaron de información erudita de calquera tipo sobre a zona. Axudou a Domingo Fontán no debuxo da súa Carta Xeométrica de Galicia. Foi colaborador nos partidos de Lalín e Tabeirós de Pascual Madoz para o seu Diccionario Geográfico; correspondente, tamén, das Sociedades Económicas de Amigos do País de Santiago e Lugo, e de mérito das de Pontevedra e Ourense. Foi en varias ocasións elixido deputado nas Cortes e mais da provincia, e tamén senador. Desempeñou, por outra parte, varios cargos políticos e militares polas diferentes provincias galegas: o de xefe político da provincia de Ourense e o de intendente de Pontevedra e Lugo e, máis tarde, tamén de Zamora.
Estando nesta cidade, en 1846, coincidindo co enlace matrimonial da raíña Isabel II, foi distinguido polos servizos prestados como "caballero de la Real Orden española de Carlos III” e nomeado “secretario honorario de Su Majestad”.
Sobre as afeccións literarias de don José, amais da súa participación no Diccionario de Madoz, sabemos que compuxo algúns versos relixiosos en castelán, coma os devanditos á virxe do Tránsito e algúns outros devotos da virxe da Guía, que se incluíron nun libriño de novenas que o propio don José custeou en 1856 (vid. Bouza-Brey 1956: 20-23).
A admiración de Marcial polo pai é doadamente rastrexable en moitas páxinas das Memorias defamilia e ponse de manifesto neste fragmento que lle dedicou en 1864 con motivo da súa morte (MF, L3: cap. X):
- ¡Que estraño, si en él, permítase a un hijo esta narracion, con su individualidad sola, se reunían el jurisconsulto de reconocida nota, el hombre práctico nunca ocioso, siempre utilmente ocupado y de la frivolidad enemigo; el filósofo, el agricultor, el dibujante de casi toda la hermosa carta de Galicia, debida al señor Fontan y en París gravada; el servidor leal y probo de su patria y de su Reina; el buen patricio que jamás conoció la intriga, jamas pretendió destino alguno y mereció en todas partes, en todos sus destinos el aprecio de sus jefes y superiores, el de toda persona honrada, por su prudencia, su rectitud, su aplicacion y su saber!
- Dotada de una complexion robusta y fuerte, ninguna enfermedad puede decirse padeció hasta los 50 años; así es que crió al propio pecho sus siete primeros hijos, dejando de criar unicamente dos de las tres niñas últimas, no tanto por falta de leche, cuanto por no aumentar la debilidad producida en los dos inmediatos postreros partos.
- Velé entonces en su sosiego y oré por mi madre, por la esposa escelente, de sus hijos amante hasta el delirio, modesta y virtuosa, cuya alma al parecer se elevaba.
O pouco de casar xa o matrimonio tivo a primeira filla, Petra, que desgrazadamente "la muerte vino a arrancar del maternal regazo en el albor de su adolescencia” (MF, Ll: cap. V). En decembro de 1819, estando don José de comisionado en Santiago, naceu alí outra nena, que recibiu o nome de Jacoba. A este propósito, cómpre recordar que o pai tivo certo costume en bautizar os fillos con nomes evocadores ou cargados de certo simbolismo. Algúns deles lembran batallas ou accións nas que el mesmo participara durante a guerra contra os franceses: o caso de Jacoba, en memoria da acción de Santiago contra os franceses ocorrida en maio de 1809 (MF, Ll: cap. V), o xa dito de Marcial, e tamén o de Engracia, que evoca a acción de 1811 no Campo de Santa Engracia, onde resultara prisioneiro. Noutras ocasións, os nomes inspíranse en feitos máis cotiáns, como é o caso da orde de nacemento nas xemelgas Prima e Segunda. Marcial Valladares, chegado o tempo e de xeito semellante a seu pai, elixirá tamén nomes simbólicos para os personaxes da súa novela Majina. Pénsese no da propia Majina, que parece aludir nun xogo ambiguo a máxica e maja (‘guapa’); no de Salvio, a salvador; ou no de Veranio, a bravo.
Cando en 1820, tras a rebelión do Xeneral Riego, se reinicia o período constitucional coñecido como “Trienio liberal” (1820-23), don José é nomeado en setembro dese ano xuíz interino de la instancia do partido xudicial do Barco de Valdeorras pola Xunta Suprema do Goberno da Provincia de Galicia. Permanecerá no cargo ata 1823. Neste tempo, inicialmente, dona Concepción permaneceu en Vilancosta e, embarazada novamente, deu a luz un novo fillo en xuño de 1821 que bautizarían co nome de Marcial, o personaxe ó que dedicamos este libro. Reposta do parto, dona Concha trasladarase co novo fillo ó Barco a xunta o marido e alí, en setembro de 1822, naceralles outra filla, Engracia, que finaría en setembro do ano seguinte. Uns días antes, o 15 de setembro de 1823, na vila valdeorresa vería a luz o outro fillo home, Sergio.
Cesado en outubro de 1823 como xuíz don José, e "impurificado y encausado luego por espacio de 10 años” (MF, Ll: cap. V), o matrimonio deixa O Barco e retírase cos dous novos fillos outra volta a Vilancosta, onde a familia residirá case permanentemente ata 1833. Durante este tempo aínda virán ó mundo outros cinco fillos. A mediados da década, en outubro de 1825, naceu Avelina; dous anos despois, en decembro de 1827, Luisa; e en setembro de 1830, dúas xemelgas: Prima, que finou ó pouco de nacer, e Segunda. Dona Concepción aínda daría a luz unha última filla en novembro de 1831, que bautizarían como Isabel. Dez fillos en total nun espazo de pouco máis de 14 anos, dos que só lograron sobrevivir sete ós primeiros anos.
Os irmáns de Marcial correron sorte desigual. Jacoba, a máis vella, casou en 1837 con Antonio Ma Blanco, presidente da municipalidade de Vedra —o equivalente actual a alcalde—. Vivían no lugar da Torre, na outra beira do Ulla, e tiveron tres fillos, que tempos andados acabarían en preitos pola herdanza co seu tío Marcial. Tanto Jacoba coma Antonio morreron de repente, aínda novos. Pola súa parte, Luísa casou con Bernardo Espinosa en 1860 e quedaron a vivir na casa patrucial de Vilancosta. Do seu matrimonio nacería en 1861 Laurentino Espinosa Valladares, afillado de Avelina e, ó final, herdeiro de don Marcial. Segunda ingresou de noviza no convento da “Enseñanza” de Santiago en 1864, aínda que ó ano seguinte renunciou. Isabel, a máis nova, casou con don Angel Velón Taboada, uhijo de una de las familias más distinguidas del País de Deza” (MF, L3: XI) e instalaríanse na veciña parroquia de Moalde (Silleda). Os dous irmáns restantes, Sergio e Avelina, destacaron tamén nas letras.
Sergio era o quinto fillo do matrimonio e entre el e Marcial existiu unha especial relación de complicidade, xa que compartiron a nenez e case toda a mocidade: os momentos de xogo en Vilancosta, os estudos de Leis en Santiago, as confidencias dos primeiros amores nas cartas intercambiadas... Tíñalle unha gran querencia e admiración, e nótase no xeito de se referir a el nas Memorias familiares. Pese a ser dous anos máis novo, recoñecía en Sergio máis enxeño, talento, valía e predisposición. Con motivo da súa temperá e inesperada morte en 1855, don Marcial escribiu estas reflexións nos días seguintes ó desgraciado suceso (MF, L3: cap. I):
Se hundieron con el las ilusiones todas de la familia, los mortales restos del hijo queridísimo, del hijo en quien desde niño descubría á cada paso el padre arranques de gran talento y porvenir, del hermano mío único, del esposo tierno y del buen amigo..! La Providencia querrá, empero, llegue ocasion en que pueda trasladar yo esos inolvidables restos al lado de los de mi madre y madre de Serjio, entre quien y yo nada en vida había separado, nada: juntos empezaramos una carrera misma, juntos tambien en un año, en un mes, en un sitio mismo la concluyeramos y juntos nos verá el mundo en el tremendo instante de su muerte, á no estorbarlo la decision de la viuda.
Sergio casou cunha sobriña do conde de Pallares e ocupou varios cargos administrativos na Deputación de Pontevedra e o de visitador da renda de papel selado en Zamora. Tamén probou sorte na política e, así, presentouse como candidato nalgunhas eleccións de deputados a Cortes, aínda que non resultou elixido. Como poeta, compuxo en castelán o "Canto a SS. AA. RR. los Duques de Montpensier” (1852), do que se recolle un fragmento no Album de la Caridad (1862), e algúns versos relixiosos dedicados á virxe da Guía. Colaborou tamén coa prensa da época, onde publicou varias memorias e discursos.
Pola súa parte, Avelina Valladares ten nome de seu na historia da literatura galega decimonónica. Foi escritora en castelán e en galego. Destacou sobre todo como poeta, xa que se lle contan arredor de medio cento de poemas, dos cales cinco están redactados en galego, seguindo a estela iniciada por Rosalía. E tamén autora de tres artigos en castelán de temática varia. Unha parte da súa obra foi publicada na prensa da época; outra permaneceu inédita ata que en tempos recentes foi editada parcialmente por Aurora Marco (1984), cun breve estudo inicial, e logo por Xosé Luna Sanmartín (2000), que fixo a compilación completa da súa obra.
A lingua dos cinco poemas de Avelina escritos en galego segue as directrices gráficas do irmán Marcial. Trátase de composicións cultas, con abondosos elementos costumistas que enxalzan a paisaxe nativa, coma as oitavas tituladas “A Ulla” (1879), que se publicaron no santiagués El PORVENIR e tamén en El ECO DE GALICIA de Bos Aires. Dicía a terceira estrofa (Luna Sanmartín 2000: 95):
¡Ulliña! ¿Quen te veu que, namorado
D’a hermosura qu’encerras non quedase
E suidades ¡coitado! non levase
N’o seu peito o adios cando che dou?...
Ti meliño pra todos atesouras;
Ti o triste non negas un consolo,
Es naiciña amorosa, e n’o teu cólo
Sempre alivio o pesar sempre atopou.
Máis reivindicativo é "Miña joia” (1883), publicado tamén en El PORVENIR e mais por Castro López no Almanaque gallego para 1905. Neles, tras a loa dos encantos de Galicia, Avelina exhórtaa a que se espreguice, porque os tempos son chegados, como se pode ver nas primeiras estrofas (Luna Sanmartín 2000: 106):
Joiña d’España, adorada Galicia,
Verjel d’os encantos d’os puros amores
Espérta, qu’o tempo chegou d’a justicia
E á pórtas alleas non pides favores.
Ja a loucomotora de gozo asubía
Téu chán pintoresco garbosa ó cruzar,
Ond’as laberquiñas de noite e de dia
A alma enajenan con doce cantar.
Espérta, ña prenda, prendiña arrequéce,
Que loito d’abondo trougueche abatida
E en carro dourado risoña se méce
Alá n’o hourizonte j’aurora de vida.
Pola súa parte, nos sentidos versos de “A pobre orfiña”, publicados inicialmente en El PORVENIR e logo tamén por Carré (1911: 301-303), e en “Os qu’emigran” (1889), aparecidos en El ECO DE GALICIA de Bos Aires (1892) e en La GRAN PATRIA de Santiago (1902), Avelina denuncia os problemas da emigración e a orfandade, respectivamente. Os de “Os qu’emigran” rematan con esta lastimeira estrofa (Luna Sanmartín 2000: 110):
A Ultramar non vayás pois meniños,
Ond’andromenas hai noite e día
Pr’os incautos cazar a porfía
Ofrecéndolles outro a rodar;
E dempois que d’acá vos arrancan
¡Mal pocados! pra sempre quezais...
¡Ay d’os fillos que s’hachan sin páis!
¡Ay d’os pais á quén mata o pesar!
Finalmente, o bilingüe e longo "Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un Labriego” (1879), publicado no tomo VIII de El HERALDO GALLEGO, e tamén en El ECO DE GALICIA de Bos Aires, trata aspectos relativos ó apóstolo Santiago.
Se a obra de Avelina é apenas coñecida, débese en parte á propia modestia da escritora. Ela mesma afirmou que non tiña aspiracións nin pretensións literarias e consideraba as súas composicións, segundo as palabras de Álvarez Insua (1902):
- Simples recuerdos de mi vida —decía hablando de sus versos la Srta. Valladaresimpresiones trasmitidas al papel sin reglas artísticas, harapos que no pueden constituir sus trajes que nada valen y solo sirven para descansar en nuestra biblioteca de familia.
- Más que hermana, ha sido madre y madrina en las bodas de sus hermanas, madrina en los bautizos de los hijos de éstas, amparo, nervio y alma, en fin, de toda la familia.
- Llóranla también, ¡sí! los pobres, entre los cuales, aún en la última noche buena repartió, entre otras cosas, seis mantas fabricadas por sus propias manos. ¡Y eso que era una anciana de cerca de setenta y ocho años! Llóranla, sí, los necesitados á quienes socorría con mano pródiga, porque Abelina (sic) Valladares, era ferviente católica, cristiana de verdad, y, como tal, se pasó la vida haciendo bien á todos en cuanto le fué posible.
- ¡Que desdicha para su familia, una de las pocas que van quedando de aquella generación que opuesta al escepticismo de la época presente, mantenía incólumes las tradiciones del hogar paterno y el culto merecido por los que nos acompañaron en la tortuosa senda de la vida!
En Vilancosta, no teu
mais costaneiro lugar
ó mundo dous xenios deche:
¡ben te podes alabar!
Vilancosta e a Ulla
Fuxin d’o mundo engañoso
y-en Vilancosta atopei
o que no mundo non vía
e manda Dios na sua lei.
Esta copla composta polo propio Valladares, en gabanza do seu lugar e seguindo o modo popular, dan idea do que Vilancosta representaba para o noso escritor. Como fidalgos que eran, os Valladares sentiron un especial apego pola terra onde naceran e polas herdades que posuían; de feito, don José dedicará parte dos seus aforros a incrementar o patrimonio familiar coa compra de novas posesións. Sentíase particularmente orgulloso dunha propiedade á que dedicará, unha vez xubilado, boa parte do seu tempo: un prado á beira do río Ulla que os seus paisanos coñecían como uprado do Intendente”. Sinalaba Bouza Brey (1970: 431) que a familia estaba identificada co mundo labrego, vivindo na aldea e para a aldea, exercitando un cristián padroado, comprendendo os problemas do agro e desempeñando un eminente rol social á fronte dos seus herdos. Este sentimento abrolla de xeito contundente nestoutra cantiga composta tamén por don Marcial:
O señor de Vilancosta,
soilo a ela ten apego,
vive entre os seus labradores,
hónrase de ser galego.
Vilancosta sempre foi para os membros da familia, estivesen onde estivesen, o seu punto de referencia. “¡Vilancosta...! ¡Hogar querido de mis mas dulces recuerdos!” (MF, Ll: cap. IV), suspiraba o escritor, soidoso, nos seus tempos de estadía en Zamora. Porque a casa e a aldea ullá funcionaron para os Valladares políticos como lugar terapéutico ó que retirarse á espera de tempos mellores en momentos non propicios para os seus intereses. Nun intre deses retiros don Marcial escribiu sobre Vilancosta (MF, Ll: cap. X):
- predilecto nido, consolador asilo nuestro abierto siempre para sus dueños y en el que se refujiaban estos, cual en mansion sagrada, al abrigo de todo contratiempo.
- Filósofos de la naturaleza [refírese a el e ó pai]; admiradores de sus contrastes variados, sin advertir la falta de ajitacion y atormentador bullicio de las ciudades, viviamos en tan apacible y dulce tranquilidad; saliendo de nuestra casa y entrando en ella con la sonrisa siempre en los labios, hija del placer doméstico, de ese indefinible goce de la familia; goce que no todos conocen que forma y ha formado constantemente una de las mayores delicias de mi padre.
mentras as labores estas,
os ollos me regalaban ,
discurría pra comigo,
decía pr’as miñas barbas:
“¡Dichosos, vós, labradores,
meus amiguiños d’a alma,
qu’anque cheos de traballo
mil privacions e mil ánsias,
de Dios o nome invocando
salides d’a vosa casa,
con Dios andades no monte
e con Dios n’a vosa arada!”
A "casa grande” de Vilancosta, como era coñecida entre os veciños, era un espazo de portas abertas para os máis pobres e necesitados, que o propio Valladares nos describe deste xeito nas Memorias (MF, Ll: cap. IV):
- Situada en una pequeña pendiente o cuesta de donde deriva sin duda el nombre que retiene ahora, consta de unos 13 vecinos colonos casi todos de nuestra casa, que los mismos dieron en apellidar la casa grande, no porque en efecto la sea en rigor de la palabra, sino porque, diferenciábase mucho de las que estos habitan.
A ucasa grande” de Vilancosta foi construída nunha lomba, de xeito que dende o seu patio e xardín e, sobre todo, dende a galería da fachada existen unhas impresionantes vistas paisaxísticas cara ó nordés e noroeste que dominan boa parte do país da Ulla baixa. Neste delicioso e ameno val, como é referido literariamente por varios autores, destacan dúas unidades xeográficas, o Pico Sagro e o río Ulla, inspiradores ambos de varios escritos dos irmáns Valladares e tamén doutros literatos. Don Marcial poetizou esta vista nestoutra copla (Fernández Salgado 2002: 628):
Vilancosta é maravilla,
meu encanto, porque vexo
de Pico-Sacro o abanico,
en lindura sin parexos
O cónico Pico dedicoulle don Marcial un dos seus poemas en galego máis celebrados, o titulado “A Fonte do Pico-Sagro” (1851), cheo de referencias ás crenzas e lendas populares que arrodean o monte (Fernández Salgado 2002: 586):
Filla d’esa altura agora
Pico-Sagro noméada
Mons sacer cando en mal hora
mina era süa esplotada
do mundo po-la Señora;
Viciña da erguida Serra
que en tempos disque abrigou
mouro de condicion perra,
rico c-o grau que roubou
ós propietarios da terra.
Foi tamén o Pico Sagro, e a romaría que alí se celebra dedicada a san Sebastián, o escenario elixido para no capítulo XIII desvelar parte da trama da historia da súa novela Majina (1870). E constitúese en referente dalgunhas coplas populares do cantigueiro por el anotado, coma a seguinte das "Cantigas da Ulla” (1867), que alude precisamente ós numerosos devotos que se congregaban arredor da capela do santo o día da romaxe:
¿Canta xent’alá n’o Pico,
do Pico-Sagro n’a cima!
Parece un pucho de rosas
caído sobr’unha piña.
É igualmente tema dalgúns refráns da súa colección, nos que se recolle a crenza popular de que é do Pico Sagro de onde proveñen os tronos e relustros os días de tormenta e, en xeral, o mal tempo:
Cando o Pico-Sagro pón capelo, rapazas d’a Ulla, cubrid’o mantelo.
Cando Pico-Sagro pón tóuca, auga temos, móita ou póuca.
Con anterioridade, Marcial Valladares xa consagrara á descrición do monte algunhas páxinas nas Memorias defamilia (Ll: IV), nas que reunía varias informacións de tipo xeográfico, histórico e lendario, poetizadas logo en “A fonte do Pico Sagro”:
- Con embelesadoras vistas al Este y especialmente al N.E. y N.O. [refírese á casa de Vilancosta] domina las pintorescas haldas de un estribo de la sierra del Amenal, conocido con el nombre de monte Ilicino en la antigüedad y Pico-sacro en el día, elevada pirámide de 2138 pies sobre el nivel del mar, cruzada de galerías subterráneas, oculta habitación de antiguos moros segun las leyendas y tradiciones del país; pirámide donde jentiles celtas daban culto á infernal Dragon, cuenta un autor, hasta que los discípulos del Apostol fueron al sitio para bendecirle consagradas ceremonias y esterminar de él tan supersticioso culto; pirámide á que llamaron Mons sacer los romanos, por el mucho oro, dicen que criaba, y llena de divertidas fábulas que los naturales creen todavía y se complacen en referir, siendo lo cierto haberse visto en su cima, en años no muy lejanos un monasterio de benedictinos fundado por el obispo Sisnando en la era de 252, correspondiente al año 914, dedicado á San Sebastian del cual ha quedado solo la iglesia, erijida hacia 1617 en capilla ó ermita del propio Santo, donde en la actualidad se celebran anualmente dos romerías, que son el 20 de enero y domingo último de mayo; una torre cuadrada de 30 pies de altura, cuyos lados miraban a los cuatro vientos ordinales, desmoronada en 1815 ó 1816; y ultimamente en 1831 una cruz de 36 cuartas de elevación que el eminentísmo Arzobispo de Santiago Fr. Rafael de Velez mandó poner con el piadoso fin de que el Señor no aflijiese con la peste del Cólera-morbo á todos los fieles de su arzobispado y en desagravio de los ultrajes que se hicieron y hacían á la sazon en Francia a la Santa Cruz, concediendo al mismo tiempo 80 días de indulgencia a los que devotamente rezasen un Padre Nuestro, ó la saludasen con el adorámoste Cristo &. Pero esta Cruz llegó á desaparecer tambien de allí a causa de haberla hecho astillas un rayo el día sábado de Ramos de 1836.
[...] Así, n unhas, pé d’as casas relocian
Delicados bermellos pejegueiros
Que con blancas cerdeiras garnecian
Das hortas camposiñas e roleiros.
N’outras, leiras de formas caprichosas En
qu’o trigo e o centeo verdejaban,
E moitas, terrejando case oceosas,
Mais qu’os donos pra o millo ja labraban.
Redor d’élas, n’o medio, n’as ladeiras,
E d’a Serra tamén hasta n’a cima
Yia soutos, pinales, carballeiras
E tojares cargados de chorima.
Via templos e pousas de señores
Qu’en Santiago, ou Madril, o inverno botan
Po-l-a aquéla de qu’entr’os labradores
As potencias á alguns se lles embotan.
Via, en fin, dend’o Seijo, á Sarandon,
Figura d’abanico despregado,
Grave o Ulla correr coma un feston
D’ese mismo abanico dibujado.
E dunha e doutra banda n’as orélas,
Salgueiros e amenales alí en fila,
Ond’os cucos ja s’oyen e as bubélas
E Martin-pica-peije agudo chila.
Mentras, non lonj’as vacas apacendo,
Canta con doce vós tenra pastora
E brincan os rapaces ollecendo,
Libres d’ánsias, de coita róedora.
Fóra da Ulla, Marcial Valladares tivo como espazos urbanos de referencia fundamentalmente as cidades de Santiago e Pontevedra. A vila pontevedresa era a capital administrativa da súa provincia e nela pasou tempadas tanto de adolescente coma en época xa máis adulta cando o seu pai ou el mesmo desempeñaban algún posto na Deputación ou no Goberno provincial. Pola súa parte, Santiago, amais da súa atracción como capital relixiosa e cultural, era a vila de referencia natural para os ulláns, e, sen ningunha dúbida, don Marcial sempre se sentiu moi apegado a ela, pois alén de distar poucas leguas de Vilancosta, fora a cidade na que estudara a carreira e onde se atopaban as súas mellores amizades.
Non obstante o dito, Valladares sempre se considerou da Ulla, comarca natural con entidade propia á que daba nome e unidade o río que a percorría e que só a Lei administrativa de división provincial de 1833 acabou xebrando en dúas zonas: as terras dunha beira pasaban a pertencer á nova "provincia” da Coruña, e as da outra ourela pasaban á uprovincia” de Pontevedra28. Vilancosta acaía nun recuncho do río desta última ribeira e nesta provincia quedou integrada administrativamente, aínda que varias herdades da familia acaían na outra beira. Antes desta división provincial, a terra de Tabeirós pertencía á antiga provincia de Santiago, xurisdición formada por vintecatro freguesías da ribeira esquerda do Ulla, dende sempre relacionadas e ben comunicadas coa outra marxe por medio de pontes e de barcas, coma as famosas de Sarandón, upor donde pasa un camino bastante frecuentado desde Santiago al Ribero de Abia (sic), Carballiño y Orense”, e dende 1835 por unha sólida ponte ade piedra berroqueña y de tres arcos”, erguida na estrada que ía de Santiago a Ourense, segundo recolleo Diccionario de Madoz (1845, s.v. TABEIRÓS. Da popularidade do sistema de barcas para atravesar o río queda constancia en varias cantigas da Ulla recollidas do pobo polo propio Valladares, coma estas que din:
De Vilancosta a Santiago
non vayas pola Riveira;
non vayas a Sarandon;
vay pol-a barca de Neira.
N’a barca de Sarandon
entrando c’a miña prenda,
n’un remo remaba eu,
n’o outro remaba ela.
Por empeño do pai, en 1852, a propia familia Yalladares acabou botando unha barca ó río que durante bastantes anos pasaría o río moitas veces. Así lembra don Marcial a súa botadura (MF, L2: cap. XVII):
- Echóse por la tarde al río entre algazára y risa, bogando en ella luego mi padre, tías, hermanos, eriados y veeinos, no sin especial satisfaeeión del constructor que contemplabala desde la concurrida orilla y al cual mi padre alargaba algún cigarro de cuando en cuando.
Bonita é a barca de Neira,
a barca de Valladares;
aposto a que mais bonita
n’a viron estos lugares”
Teño n’o río unha barca
e n’a granxa un palomar;
casa chea en Vilancosta,
¿que mais podo desexar?
Xa que logo, no antigo mapa do Reino de Galicia, a parroquia natal de Valladares figura como integrada na antiga provincia de Santiago, e posto que eclesiasticamente (quizais máis determinante nesta época), a xurisdición de Tabeirós seguiu pertencendo á diocese compostelá, Santiago continuou sendo por tradición e por proximidade para os ulláns e para os Valladares o centro vilego de referencia. De feito, na dicotomía entre rural e urbano que deseña na novela Majina, don Marcial tomara como modelo os dous espazos que mellor coñece: as aldeas da Ulla e a cidade de Santiago.
A feliz nenez na “casa grande”
En outubro de 1823, os Valladares deixan O Barco de Valdeoiras ó cesar o pai no seu posto de xuíz e regresan a Vilancosta. Neste intre contaba Marcial pouco máis de dous anos. En Vilancosta, a familia establecerá a súa residencia permanente nos dez anos vindeiros, o tempo que don José permaneceu inhabilitado para ocupar cargos públicos e o mesmo que dura no trono Femando VII, tras a caída do gobemo constitucional (1820-1823). Nestes anos don José dedicarase a despachar como avogado na propia casa de Vilancosta, realizará algúns traballos de comisionado, como o do “arreglo de Coirejimientos y Alcaldías reales” en 1826, e auxiliará ó seu amigo o doutor Fontán durante 1829 no debuxo da súa Carta Xeométrica de Galicia, que gravada en París foi publicada en 1847.
Os biógrafos de don Marcial pouco ou nada achegaron sobre a súa nenez, porque realmente nada lle sucedeu de importancia. Apenas Labarta Posse (1888) e Marino Dónega (1970) lle dedican algunhas lifias. Nos versos Labarta refírese a esta etapa humoristicamente así:
La infancia de Valladares
Por alto lo pasaremos.
¡Fue una infancia como todas
Con sus sonrisas, sus juegos,
Lloros, arrullos, caricias,
Azotes... y otros excesos!
Pola súa banda, Dónega, coñecedor e lector das Memorias, afirma que permaneceu en Vilancosta ata os dez anos de idade, antes de se trasladar canda seu irmán Sergio a Santiago para principiar os estudos de Bacharelato.
En efecto, os primeiros anos do neno Marcial decorreron na casa de Vilancosta, onde foi medrando entre risos, choros e xogos cos outros irmáns, sobre todo con Sergio, á calor dos arrolos da nai e o cariño das súas tías Gabriela e Manuela, alí udonde en risueño paisaje, besado por el Ulla, y al compás de sus tiernos sencillísimos cantares, se meció la cuna de nuestra infancia”, escribiu xa de adulto no prólogo do seu Diccionario. Estes anos son lembrados nas Memorias como ulos más felices de nuestra vida, sin embargo en medio de los trastornos y acontecimientos políticos” (Ll: cap. IV).
Don José sentiu unha especial preocupación pola educación dos seus fillos, e mesmo consagrou a ela unha parte do tempo libre que lle deixaron as súas actividades. Home de moral recta, e fondas conviccións relixiosas, que se acrecentaron cos anos, impregnou ós fillos deses mesmos valores e, certamente, na personalidade de don Marcial esas ensinanzas deixaron pegada, como ben se pode apreciar nalgunhas follas da súa obra literaria. Nas Memorias (Ll: cap. V) recóllese que o pai facía vir diariamente un mestre a Vilancosta para que os fillos máis vellos, Jacoba, Marcial e Sergio, empezasen co estudo das primeiras letras e iso “sin perjuicio de las que á horas extraordinarias y en ratos desocupados nos daba nuestro propio padre”, as cales recoñece don Marcial que uvalían bien por cuatro de las que el maestro nos daba”. Nesta iniciática aprendizaxe cobraban unha especial relevancia as ensinanzas da doutrina cristiá, labor do que se encargaron fundamentalmente as tías maternas. Foron elas as que os encarreiraron nas prácticas relixiosas cotiás, fosen os rezos da mañá, as oracións do toque a Ave-Marías ou as da noite ó se deitaren. No caso dos fillos homes aínda quixo don José que os coñecementos de gramática castelá se completasen cos de latín en vistas a nun futuro cursaren o Bacharelato, cometido que lle foi encargado a don Franscisco Picáns, o cura da parroquia de Berres. Pola súa parte, a irmá máis vella, Jacoba, “no obstante sus bellas disposiciones y su aficción a los libros” (MF, Ll: cap. VI), pasou a encargarse do coidado das irmás máis pequenas, Avelina e Isabel.
O tempo de estudo do latín co presbítero alternábanas os rapaces con outras de descanso. Relata don Marcial que mentres que na casa e durmía a sesta el e mais o irmán, cando tiñan nove ou dez anos, pasaban o tempo a xogar ós birlos, subir ás árbores, coller froita, andar ós niños de paxaros... e xa á noitiña, antes da cea, entretíñanse en escoitar algún conto ou historia de encantamentos narrado por algún dos xornaleiros ou criados da casa, en tanto a nai e as tías fiaban ou cosían. Sen dúbida, algúns dos contos populares que don Marcial transcribirá por volta de 1880 poida que foran oídos por primeira vez nalgunhas destas veladas. Unha xornada normal remataba coa cea e co rezo do rosario, que guiaba sempre o avó materno. Esta práctica xunto coas doutros rezos nunca se abandonaría na casa de Vilancosta (MF, Ll: cap. VI).
Don José foi “purificado” en 1832 e ó ano seguinte a Real xunta de camiños encargoulle a inspección das obras da nova ponte que se estaba a construír na Ponte Ulla. Pola súa parte, en 1833 Marcial e Sergio deron tamén por concluídos os estudos do latín co cura da parroquia e o pai resolveu envialos a Santiago para que comezasen o estudo da Filosofía. O empeño nos estudos do latín viña motivado porque o seu dominio era requisito imprescindible para poder acceder a calquera dos estudos superiores da Universidade, fose cal fose a carreira elixida. Confírmanolo o documento manuscrito que figura no expediente académico de Valladares estendido por Felipe Picáns, o cura da parroquia:
- Certifico que Dn. Marcial Ramón Valladares vecino de la misma de Berres asistió con aplicación y aprovechamiento a todas las lecciones de gramática latina, á cuya enseñanza me dedico en virtud de facultad superior. EL mismo ha observado la mejor conducta religiosa y política.
Un estudante en Compostela (1833-1843)
Tempos de axitación e guerra
Coincidindo co comezo dos estudos de bacharel do adolescente Marcial produciuse a morte de Fernando VII (1833) e tras esta a primeira guerra carlista (1833-1839), que unha vez rematada había asegurar no trono a Isabel II en contra de don Carlos, tío seu e pretendente dos absolutistas á coroa. Non obstante, a raíña non foi proclamada maior de idade ata 1843 e, mentres tanto, exercerá de rexente a raíñanai María Cristina. Neste período, en 1834, ten lugar a promulgación do Estatuto Real de Martínez de la Rosa e os liberais, que apoiaran a Isabel no trono, acaban escindíndose en “moderados” e “progresistas”, os cales nas décadas vindeiras protagonizarán constantes enfrontamentos entre deles. En 1835 prodúcese unha ondada anticlerical, que desemboca en 1836 coa supresión das ordes relixiosas e a desamortización eclesiástica de Mendizábal. O ano de 1837 traera unha nova constitución, moderada, que suporá maiores cotas de liberdade de imprenta e a elección de deputados por sufraxio dos contribuíntes. En 1839 asínase o Convenio de Vergara, que pon fin á guerra carlista, e en 1940 o progresista Espartero asume o goberno e impón a correxencia con María Cristina. A raíña-nai acabará marchando ó estranxeiro en 1841 e a rexencia quedará só en mans de Espartero, que en 1842 disolverá as cortes e iniciará a súa ditadura ata xullo de 1843, ano en que dimite tras a sublevación dos xenerais moderados Serrano e Narváez, entre outros. Iníciase agora a década moderada (1843-1853), con Espartero exiliado en Inglaterra. Isabel II é declarada maior de idade ós 13 anos, disólvese a Milicia Nacional e créase a Garda Civil. O goberno será presidido ditatorialmente polo moderado Narváez entre 1844 e 1846, ano en que casa a Raíña. En 1845 apróbase unha nova Constitución que amplía as prerrogativas reais e suprime o control parlamentario da Facenda; o Senado pasa a ser de designación real.
En Galicia, e sobre todo arredor da Universidade compostelá, dende 1840 van xermolando e madurando as ideas galeguistas dos primeiros provincialistas, que constituirán a base política e cultural do que andado o século será o rexionalismo e o renacemento cultural en varias ordes. A primeira manifestación de forza deste nacente movemento reivindicativo do ser de Galicia terá lugar en abril de 1846 co levantamento do xeneral Solís, acto que, malia o fracaso e a seguinte represión coas mortes dos "Mártires de Carral”, quedará xa para sempre instaurado na memoria galeguista como un dos acontecementos históricos.
Neste período, don José Valladares desempeñou varios cargos políticos e militares por varias provincias de Galicia, aínda que por breve espazo de tempo, como fugaces eran os gobernos ós que representaba. Máis inclinado á banda moderada, atopámolo en 1836 substituíndo interinamente ó gobernador da provincia de Ourense; en 1838, de Intendente efectivo da provincia de Pontevedra; e, posteriormente, na de Lugo. Sobre a guerra carlista en si e o papel xogado nela por don José contamos co testemuño de Castro López (1913: 64):
Os estudos de Filosofía
Así pois, en outubro de 1833, cos certificados dos estudos de latín e de boa conduta político-relixiosa e logo dos exames previos de ingreso, Marcial, con 12 anos, e seu irmán Sergio, de 10, despídense de Vilancosta, entre os choros e apertas da familia, e toman rumbo a Santiago para comezar os cursos de Filosofía. Debido á pouca idade dos rapaces e co temor de que se maleasen nunha pousada, o pai decidiu arrendar unha casa en Santiago e que os acompañase a tía Gabriela, unha criada e o seu curmán Pepe, que coma eles empezaba tamén os estudos.
Neste intre, os estudantes podían cursar en Compostela Artes, Teoloxía, Cánones, Leis, Medicina e Cirurxía (vid. Barreiro Fernández 1991: 171-175). Os estudos de Filosofía incluíanse na rama de Artes e resultaban necesarios para acceder posteriormente a outras carreiras. Dende un primeiro momento, Marcial Valladares parece que xa se sentiu atraído pola carreira de Leis, en tanto que o seu irmán Sergio mostraba certa vocación pola Medicina, aínda que á fin acabou decidíndose tamén pola Xurisprudencia, cedendo desa forma ós consellos do pai. Nas súas preferencias, os dous irmáns sentiron as mesmas inclinacións cá maioría dos 600 alumnos que de media cursaron estudos na Universidade de Santiago entre 1834 e 1842. Os estudos na Facultade de Leis contiñan dous cursos de Institucións Civís, un de Dixesto, dous de Institucións Canónicas, un de Dereito Público e, finalmente, outro de Dereito Real (vid. Barreiro Fernández 1991: 171). Esixíanse como estudos previos dous cursos de Filosofía e un de Filosofía Moral. En cuarto obtíñase o título de bacharel e no oitavo, os de licenciado e doutor. Marcial Valladares realizou os cursos preparatorios de primeiro e segundo de Filosofía nos anos académicos de 1833/34 e 1834/35, respectivamente. Así consta en dous certificados asinados polo seu profesor, de cadanseu curso, gardados no Expediente universitario do alumno, onde se recolle que uDn. Marcial Ramón Valladares [...] asistió á la Cátedra de mi cargo con puntualidad, aplicación y aprovechamiento”. Na parte final dos dous documentos figuran as datas de 1 de xuño de 1834 e 1 de xuño de 1835, o “examinado y aprobado” e as tres sinaturas dos profesores examinadores.
Tras instalarse en Santiago na casa arrendada da rúa da Senra, os primeiros meses foron duros para os dous irmáns adolescentes, e deseguida xurdiron as soidades pola familia e por Vilancosta. Nas rúas compostelás amosábaselles o espazo vilego, un mundo novo que nunca viran, estraño, afeitos como estaban á vida na aldea. Deste xeito o describe nas Memorias (Ll: cap. IX):
Durante as vacacións do verán de 1835, rematado o 2° curso de Filosofía, Marcial Valladares foi operado na cabeza detrás dunha orella e, como queira que a intervención non tivo o éxito esperado (MF, Ll: cap. X), os médicos aconselláronlle á nai envialo a Ourense, onde dende xaneiro estaba o pai destinado no Goberno civil, exercendo de secretario. Por este motivo e ante o comezo do novo curso 1835/36, Sergio e o curmán Pepe trasladáronse tamén a Ourense e xunto con Marcial cursarán nesta cidade o terceiro ano de Filosofía no Seminario Conciliar de San Fernando, incorporado á Universidade de Santiago. Integrado na vida da cidade, don José participará en 1836, como socio de mérito, na fundación da Sociedade Económica de Amigos do País de Ourense, e por uns meses será nomeado xefe político da provincia.
Marcial, Sergio e Pepe rematan o 3° curso e, como a guerra carlista arreciaba, deixan Ourense e marchan para Vilancosta, onde os agardaban os restantes membros da familia. Axiña o pai se reunirá con eles, posto que a mediados de agosto de 1836 cesará no seu posto.
A licenciatura en Xurisprudencia
No curso 1836/37, tanto Marcial coma Sergio realizan o primeiro ano de Dereito Romano e, conforme o seu Expediente, tamén segundo de Leis, como consta nun certificado que di: “habiendo abonado el curso de Derecho Natural y de Gentes con arreglo a la orden de la Dirección de Estudios de veinte de Enero de 1837”, que estendera o licenciado don Ramón Vázquez Mosquera, “abogado de la Real Audiencia de este Reino”:
Nos seguintes anos académicos de 1837/38, 1838/39 e 1839/40, Marcial e Sergio estudan terceiro, cuarto e quinto de Leis, tras os cales calquera alumno obtiña o título de bacharel. O proceso administrativo que se debía seguir reconstruímolo a partir dos documentos certificados que aparecen no seu Expediente. O 15 de xuño de 1840, segundo se recolle na instancia ó "Sr. Rector de la Universidad Nacional de Santiago”, o alumno Marcial suplica que lle mande ó secrétario da Universidade que lle expida o utestimonio” dos cursos anteriores esixidos para a obtención do grao de bacharel na facultade de Leis. No mesmo documento, o secretario da Universidade certifica que o alumno “tiene ganado en la misma, de treinta y tres a treinta y cuatro primero de Filosofia [...]” e así, por anos académicos, vanse enunciando as distintas materias e os cursos en que se realizaron, ata xuño de 1840. O Expediente contén outra instancia ó rector de tamén datada do 15 de xuño de 1840, na que alumno expón ter acreditado a proba dos cursos que a lei esixe para poder graduarse de bacharel, e suplica que se fixe o día en que “ha de entrar á recibir el dicho grado”. O día 16 de xuño de 1840, Marcial Valladares presentouse na Facultade de Leis, ante o decano e outros profesores, ual que se le dio puntos” para o grao de bacharel na devandita facultade, "a cuyo fin salieron las tres suertes siguientes: la suerte n° 138, la suerte n° 106, la suerte n° 10”. Das tres opcións, Marcial elixiu a primeira proposición, que defendeu, segundo consta no seu Expediente, o 17 de xuño de 1840 ás 4 da tarde, día e hora en que foi examinado e aprobado “nemine discrepante”.
No transcurso destes anos finais da década dos trinta, o pai é nomeado intendente de Pontevedra en setembro de 1837, con destino na capital, e elixido deputado en Cortes pola provincia de Ourense, cargo do que toma asento no Congreso en Madrid en novembro de 1837 (MF,Ll: cap. XI). Alí permanecerá ata o verán de 1838. momento en que regresa a Galicia por causa da enfermidade da súa muller. Don José reincorpórase, logo, como intendente en Pontevedra e en xaneiro de 1839 pasa tamén a ocuparse da xefatura política. O matrimonio e as fillas máis novas pasan daquela a residir en Pontevedra, e alí tamén se incorporan dende Santiago Marcial e Sergio nas épocas de vacacións. De especial recordo para os dous irmáns é o verán de 1839, xa mozos de arredor de 18 anos, debido ás frecuentes excursións polos arredores da capital na compafia de José Ma Gil, amigo da familia. Visitan Ponte San Paio, Vigo, Redondela, a Illa de San Simón..., e percorren en barco varias vilas da ría pontevedresa, entre elas Marín e Beluso.
En setembro de 1839, Marcial e Sergio alístanse de voluntarios en Pontevedra na compañía de “Nacionales Movilizados”, máis por desexo do pai do que deles, e participan como soldados nalgunha escaramuza contra faccións carlistas que actuaban polos arredores da cidade. O alistamento dura pouco, apenas un mes, tras o cal pasan á reserva. En outubro deste ano, antes de saír para Santiago para comezar o 5° curso de Leis, reciben a noticia do traslado do pai como intendente a Lugo, nova que coincide con dous acontecementos desagradables para a familia: a morte da súa avoa paterna e a comunicación de que a casa de Vilancosta fora asaltada polos facciosos cando ían á busca do pai e o fillo.
Rematado o 5° curso e graduados xa como bachareis en Leis, Marcial e Sergio pasan en Lugo as vacacións de 1840, onde se atopaba o pai destinado coa nai e as irmás máis novas. Nesta cidade e por uns meses, os dous irmáns dedicaranse a copiar algúns mapas da provincia e aproveitarán para tomar leccións de música xunto coas irmás (MF, Ll: cap. XIX). En outubro deste ano, como consecuencia do pronunciamento do xeneral Espartero e das mudanzas de signo político que carrexa, don José é separado do seu posto e daquela toda a familia volta de novo a Vilancosta. A reunión é por pouco tempo, posto que o pai sae elixido en novembro deputado provincial por Lalín, co que ten que trasladarse de novo a Pontevedra, en tanto que Marcial e Sergio, xa con 19 e 17 anos respectivamente, saen para Santiago ante o comezo do curso 1840/41.
Acabado o 6° ano de Leis, os dous irmáns estudantes pasan as vacacións en Vilancosta. Deste verán, recoñece don Marcial nas Memorias, que son as súas primeiras poesías, imitadoras das dos seus poetas románticos favoritos, e mailos seus primeiros apuntamentos de danzas e melodías populares das romarías da contorna; todo isto alternándoo co “repaso de lo estudiado, la caza, la música y mil distracciones propias enteramente del campo” (MF, Ll: cap. XX).
Durante o curso 1841/42 os irmáns estudan o sétimo e último ano de Leis, que, unha vez aprobado, daba opción ó grao de licenciado en Xurisprudencia. Segundo o seu Expediente, o 16 de xuño de 1842 en instancia ó rector, o bacharel Marcial suplicaba ó secretario da Universidade que se lle expedise o acreditativo ós cursos realizados na Facultade de Leis. Remitidos estes, polos certificados que obran no seu Expediente, entendemos que superou dúas probas, consistentes cada unha delas na defensa oral, previa preparación, dun tema elixido entre tres posibles. Para o primeiro exercicio foi convocado o 20 de xuño de 1842 ás 7 da mañá, hora en que o alumno se presentou á tentativa perante o tribunal formado polo vicerrector, o decano e todos os doutores da Facultade de Leis, entre os que se atopaba o poeta Vicente Turnes. Saíronlle a Marcial as sortes n° 353, n° 90 e n° 27, das que escolleu a terceira, que debía ler e defender unha semana máis tarde. O día 27 ás 4 da tarde, nunha das cátedras da Universidade de Santiago e ante a presenza do tribunal, Valladares urecitó por espacio de una hora la disertación que compuso sobre el punto que escogió”, segundo un certificado do Expediente, e “en seguida le reflecsionó” un bacharel e despois os doutores. Por fin, o 8 de xullo de 1842, o graduando comezou o último exercicio. Volveu presentarse ante o tribunal, formado agora por dous doutores, para que se lle desen “puntos para el ecsamen secreto de capilla del Grado de Licenciado en la facultad de Leyes”. Saídas as sortes n° 52, n° 229 e n° 384, escolleu a primeira para defender47. A mañá seguinte uDn. Marcial Yalladares precedida señal con la campanilla por el Sr. Vicerrector leyó por el tiempo que previene el Plan la disertación que compuso sobre el punto que escogió”. Concluída a lectura, o graduando saíu en dúas ocasións e tamén en dúas ocasións use tomó juramento á los que han de reflecsionarle” e despois “á los que han de preguntarle”, todos doutores, ude no haber comunicado con el graduando especie directa ni indirecta sobre las reflecsiones que han de hacerle” nin ude haber comunicado con el graduando cosa alguna”. Finalmente, tras tomarlles xuramento ós membros do tribunal, estes debían emitir “aprobacion ó reprobacion”. Entregóuselle para iso a cada membro os signos A e R para votaren, resultando que “se hallaron en la caja las siguientes: 34 A, por lo que dicho señor se dijo habia salido aprobado nemine discrepante” para o grao de licenciado na Facultade de Leis. Acto continuo, na Igrexa da Universidade, ás 10 da mañá do 9 de xullo de 1842, o vicerrector e decano e os doutores das Facultades de Leis e Cánones confirmáronlle a cualificación de aprobado sen discrepancia ó noso autor, a partir daquela xa licenciado en Xurisprudencia.
O manuscrito da disertación final gárdase no Expediente. Forma un caderniño cosido de 34 páxinas, 17 cuartillas sen numerar escritas polas dúas caras, agás o reverso da primeira e última que son brancas. Na portada do caderno figura o seguinte título:
Seu irmán Sergio tamén se licenciou en Xurisprudencia ese mesmo día. O pai, que en xuño fora nomeado "Membro corresponsal da Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo”, asiste ós actos satisfeito de ver rematada a carreira literaria dos fillos. De volta en Vilancosta, ámbolos irmáns foron recibidos pola familia con foguetes, abrazos e bulicio, ude una manera, en fin9 sumamente tierna y cual si viniéramos de ganar una gran batalla” (MF Ll: cap. XXI).
Referirémonos, finalmente, a dous aspectos sobre os datos biográficos que da época de estudante de Valladares aparecen noutras biobibliografías. O primeiro ten que ver cos estudos de Filosofía en Ourense, dos que só Dobarro Paz (1987) e González Blasco na Gran Enciclopedia Galega se refiren a eles. O segundo remite ó ano de licenciatura. Nos traballos de Bergueiro (1970a), Dónega (1970) e Dobarro Paz (1987) indícase que esta se produciu en 1842, como así foi. Pola contra, dáse erradamente 1844 na biografía aparecida en El ECO DE GALICIA de Bos Aires (1898) e en Couceiro Freijomil (195054), Bouza-Brey (1970), Carballo Calero (1970a) e Tarrío (1992). Noutros traballos simplemente se recolle o feito de que realizou estudos de Dereito, pero non se dá ningunha data de remate. A confusión neste punto semella vir arrastrada dende a biografía de 1898 e pode estar provocada polo feito de que foi, efectivamente, en maio de 1844 cando tanto Marcial coma Sergio recibiron en Vilancosta os títulos do Ministerio de Gobernación para poder despachar en calquera lugar da península, segundo consta nas Memorias (Ll: cap. XVII).

- La guerra provocada por Carlos V, conocida por la de los siete años, y una de las que más regaron de sangre el suelo de la patria, no sólo fue la brutal lucha entablada entre absolutistas y liberales, entre el pasado, que pugnaba por renacer, é isabelinos: a su sombra cometiéronse innumerables venganzas personales, injustificadas y terribles. ¡Cuántos, que nada tenían de carlistas, cayeron como tales, y, viceversa, al golpe del plomo y del sable! Pues bien, el señor Valladares rescató entonces de la vida a no pocas personas comprometidas en las facciones de Galicia y que indudablemente morirían fusiladas a no obtener, como obtuvo dicho señor, indultos, pasaportes y salvo-conductos para las mismas, de los capitanes generales don Pablo Morillo, don Manuel Lastre, don Jerónimo Valdés y don Laureano Sanz, de los dos primeiros en los años 1835 y 1836 y de los últimos en 1838, 1839 y 1840.
Os estudos de Filosofía
Así pois, en outubro de 1833, cos certificados dos estudos de latín e de boa conduta político-relixiosa e logo dos exames previos de ingreso, Marcial, con 12 anos, e seu irmán Sergio, de 10, despídense de Vilancosta, entre os choros e apertas da familia, e toman rumbo a Santiago para comezar os cursos de Filosofía. Debido á pouca idade dos rapaces e co temor de que se maleasen nunha pousada, o pai decidiu arrendar unha casa en Santiago e que os acompañase a tía Gabriela, unha criada e o seu curmán Pepe, que coma eles empezaba tamén os estudos.
Neste intre, os estudantes podían cursar en Compostela Artes, Teoloxía, Cánones, Leis, Medicina e Cirurxía (vid. Barreiro Fernández 1991: 171-175). Os estudos de Filosofía incluíanse na rama de Artes e resultaban necesarios para acceder posteriormente a outras carreiras. Dende un primeiro momento, Marcial Valladares parece que xa se sentiu atraído pola carreira de Leis, en tanto que o seu irmán Sergio mostraba certa vocación pola Medicina, aínda que á fin acabou decidíndose tamén pola Xurisprudencia, cedendo desa forma ós consellos do pai. Nas súas preferencias, os dous irmáns sentiron as mesmas inclinacións cá maioría dos 600 alumnos que de media cursaron estudos na Universidade de Santiago entre 1834 e 1842. Os estudos na Facultade de Leis contiñan dous cursos de Institucións Civís, un de Dixesto, dous de Institucións Canónicas, un de Dereito Público e, finalmente, outro de Dereito Real (vid. Barreiro Fernández 1991: 171). Esixíanse como estudos previos dous cursos de Filosofía e un de Filosofía Moral. En cuarto obtíñase o título de bacharel e no oitavo, os de licenciado e doutor. Marcial Valladares realizou os cursos preparatorios de primeiro e segundo de Filosofía nos anos académicos de 1833/34 e 1834/35, respectivamente. Así consta en dous certificados asinados polo seu profesor, de cadanseu curso, gardados no Expediente universitario do alumno, onde se recolle que uDn. Marcial Ramón Valladares [...] asistió á la Cátedra de mi cargo con puntualidad, aplicación y aprovechamiento”. Na parte final dos dous documentos figuran as datas de 1 de xuño de 1834 e 1 de xuño de 1835, o “examinado y aprobado” e as tres sinaturas dos profesores examinadores.
Tras instalarse en Santiago na casa arrendada da rúa da Senra, os primeiros meses foron duros para os dous irmáns adolescentes, e deseguida xurdiron as soidades pola familia e por Vilancosta. Nas rúas compostelás amosábaselles o espazo vilego, un mundo novo que nunca viran, estraño, afeitos como estaban á vida na aldea. Deste xeito o describe nas Memorias (Ll: cap. IX):
- Criados hasta entonces en el campo, estraños enteramente al ruido y vida de las ciudades, sin idea apenas de lo que eran estas, lanzados de repente en un mundo nuevo, sentimos á pocos días vacíos que nada bastaba á llenar, cierta falta de libertad, cierta indefinible melancolía, esas soledades en una palabra.
Durante as vacacións do verán de 1835, rematado o 2° curso de Filosofía, Marcial Valladares foi operado na cabeza detrás dunha orella e, como queira que a intervención non tivo o éxito esperado (MF, Ll: cap. X), os médicos aconselláronlle á nai envialo a Ourense, onde dende xaneiro estaba o pai destinado no Goberno civil, exercendo de secretario. Por este motivo e ante o comezo do novo curso 1835/36, Sergio e o curmán Pepe trasladáronse tamén a Ourense e xunto con Marcial cursarán nesta cidade o terceiro ano de Filosofía no Seminario Conciliar de San Fernando, incorporado á Universidade de Santiago. Integrado na vida da cidade, don José participará en 1836, como socio de mérito, na fundación da Sociedade Económica de Amigos do País de Ourense, e por uns meses será nomeado xefe político da provincia.
Marcial, Sergio e Pepe rematan o 3° curso e, como a guerra carlista arreciaba, deixan Ourense e marchan para Vilancosta, onde os agardaban os restantes membros da familia. Axiña o pai se reunirá con eles, posto que a mediados de agosto de 1836 cesará no seu posto.
A licenciatura en Xurisprudencia
No curso 1836/37, tanto Marcial coma Sergio realizan o primeiro ano de Dereito Romano e, conforme o seu Expediente, tamén segundo de Leis, como consta nun certificado que di: “habiendo abonado el curso de Derecho Natural y de Gentes con arreglo a la orden de la Dirección de Estudios de veinte de Enero de 1837”, que estendera o licenciado don Ramón Vázquez Mosquera, “abogado de la Real Audiencia de este Reino”:
- Certifico que en las vacaciones de Sn. Juan del año ultimo de ochocientos treinta y seis hasta noviembre inclusibe (sic) del propio año he dado leeciones de Derecho natural y de gentes á Dn. Marcial Valladares, vecino de Sn. Vicente de Beixes, diocesis de Sto. y para los efectos que haya lugar firmo el presente en Sto. a 1 de Abril de 1837.
Nos seguintes anos académicos de 1837/38, 1838/39 e 1839/40, Marcial e Sergio estudan terceiro, cuarto e quinto de Leis, tras os cales calquera alumno obtiña o título de bacharel. O proceso administrativo que se debía seguir reconstruímolo a partir dos documentos certificados que aparecen no seu Expediente. O 15 de xuño de 1840, segundo se recolle na instancia ó "Sr. Rector de la Universidad Nacional de Santiago”, o alumno Marcial suplica que lle mande ó secrétario da Universidade que lle expida o utestimonio” dos cursos anteriores esixidos para a obtención do grao de bacharel na facultade de Leis. No mesmo documento, o secretario da Universidade certifica que o alumno “tiene ganado en la misma, de treinta y tres a treinta y cuatro primero de Filosofia [...]” e así, por anos académicos, vanse enunciando as distintas materias e os cursos en que se realizaron, ata xuño de 1840. O Expediente contén outra instancia ó rector de tamén datada do 15 de xuño de 1840, na que alumno expón ter acreditado a proba dos cursos que a lei esixe para poder graduarse de bacharel, e suplica que se fixe o día en que “ha de entrar á recibir el dicho grado”. O día 16 de xuño de 1840, Marcial Valladares presentouse na Facultade de Leis, ante o decano e outros profesores, ual que se le dio puntos” para o grao de bacharel na devandita facultade, "a cuyo fin salieron las tres suertes siguientes: la suerte n° 138, la suerte n° 106, la suerte n° 10”. Das tres opcións, Marcial elixiu a primeira proposición, que defendeu, segundo consta no seu Expediente, o 17 de xuño de 1840 ás 4 da tarde, día e hora en que foi examinado e aprobado “nemine discrepante”.
No transcurso destes anos finais da década dos trinta, o pai é nomeado intendente de Pontevedra en setembro de 1837, con destino na capital, e elixido deputado en Cortes pola provincia de Ourense, cargo do que toma asento no Congreso en Madrid en novembro de 1837 (MF,Ll: cap. XI). Alí permanecerá ata o verán de 1838. momento en que regresa a Galicia por causa da enfermidade da súa muller. Don José reincorpórase, logo, como intendente en Pontevedra e en xaneiro de 1839 pasa tamén a ocuparse da xefatura política. O matrimonio e as fillas máis novas pasan daquela a residir en Pontevedra, e alí tamén se incorporan dende Santiago Marcial e Sergio nas épocas de vacacións. De especial recordo para os dous irmáns é o verán de 1839, xa mozos de arredor de 18 anos, debido ás frecuentes excursións polos arredores da capital na compafia de José Ma Gil, amigo da familia. Visitan Ponte San Paio, Vigo, Redondela, a Illa de San Simón..., e percorren en barco varias vilas da ría pontevedresa, entre elas Marín e Beluso.
En setembro de 1839, Marcial e Sergio alístanse de voluntarios en Pontevedra na compañía de “Nacionales Movilizados”, máis por desexo do pai do que deles, e participan como soldados nalgunha escaramuza contra faccións carlistas que actuaban polos arredores da cidade. O alistamento dura pouco, apenas un mes, tras o cal pasan á reserva. En outubro deste ano, antes de saír para Santiago para comezar o 5° curso de Leis, reciben a noticia do traslado do pai como intendente a Lugo, nova que coincide con dous acontecementos desagradables para a familia: a morte da súa avoa paterna e a comunicación de que a casa de Vilancosta fora asaltada polos facciosos cando ían á busca do pai e o fillo.
Rematado o 5° curso e graduados xa como bachareis en Leis, Marcial e Sergio pasan en Lugo as vacacións de 1840, onde se atopaba o pai destinado coa nai e as irmás máis novas. Nesta cidade e por uns meses, os dous irmáns dedicaranse a copiar algúns mapas da provincia e aproveitarán para tomar leccións de música xunto coas irmás (MF, Ll: cap. XIX). En outubro deste ano, como consecuencia do pronunciamento do xeneral Espartero e das mudanzas de signo político que carrexa, don José é separado do seu posto e daquela toda a familia volta de novo a Vilancosta. A reunión é por pouco tempo, posto que o pai sae elixido en novembro deputado provincial por Lalín, co que ten que trasladarse de novo a Pontevedra, en tanto que Marcial e Sergio, xa con 19 e 17 anos respectivamente, saen para Santiago ante o comezo do curso 1840/41.
Acabado o 6° ano de Leis, os dous irmáns estudantes pasan as vacacións en Vilancosta. Deste verán, recoñece don Marcial nas Memorias, que son as súas primeiras poesías, imitadoras das dos seus poetas románticos favoritos, e mailos seus primeiros apuntamentos de danzas e melodías populares das romarías da contorna; todo isto alternándoo co “repaso de lo estudiado, la caza, la música y mil distracciones propias enteramente del campo” (MF, Ll: cap. XX).
Durante o curso 1841/42 os irmáns estudan o sétimo e último ano de Leis, que, unha vez aprobado, daba opción ó grao de licenciado en Xurisprudencia. Segundo o seu Expediente, o 16 de xuño de 1842 en instancia ó rector, o bacharel Marcial suplicaba ó secretario da Universidade que se lle expedise o acreditativo ós cursos realizados na Facultade de Leis. Remitidos estes, polos certificados que obran no seu Expediente, entendemos que superou dúas probas, consistentes cada unha delas na defensa oral, previa preparación, dun tema elixido entre tres posibles. Para o primeiro exercicio foi convocado o 20 de xuño de 1842 ás 7 da mañá, hora en que o alumno se presentou á tentativa perante o tribunal formado polo vicerrector, o decano e todos os doutores da Facultade de Leis, entre os que se atopaba o poeta Vicente Turnes. Saíronlle a Marcial as sortes n° 353, n° 90 e n° 27, das que escolleu a terceira, que debía ler e defender unha semana máis tarde. O día 27 ás 4 da tarde, nunha das cátedras da Universidade de Santiago e ante a presenza do tribunal, Valladares urecitó por espacio de una hora la disertación que compuso sobre el punto que escogió”, segundo un certificado do Expediente, e “en seguida le reflecsionó” un bacharel e despois os doutores. Por fin, o 8 de xullo de 1842, o graduando comezou o último exercicio. Volveu presentarse ante o tribunal, formado agora por dous doutores, para que se lle desen “puntos para el ecsamen secreto de capilla del Grado de Licenciado en la facultad de Leyes”. Saídas as sortes n° 52, n° 229 e n° 384, escolleu a primeira para defender47. A mañá seguinte uDn. Marcial Yalladares precedida señal con la campanilla por el Sr. Vicerrector leyó por el tiempo que previene el Plan la disertación que compuso sobre el punto que escogió”. Concluída a lectura, o graduando saíu en dúas ocasións e tamén en dúas ocasións use tomó juramento á los que han de reflecsionarle” e despois “á los que han de preguntarle”, todos doutores, ude no haber comunicado con el graduando especie directa ni indirecta sobre las reflecsiones que han de hacerle” nin ude haber comunicado con el graduando cosa alguna”. Finalmente, tras tomarlles xuramento ós membros do tribunal, estes debían emitir “aprobacion ó reprobacion”. Entregóuselle para iso a cada membro os signos A e R para votaren, resultando que “se hallaron en la caja las siguientes: 34 A, por lo que dicho señor se dijo habia salido aprobado nemine discrepante” para o grao de licenciado na Facultade de Leis. Acto continuo, na Igrexa da Universidade, ás 10 da mañá do 9 de xullo de 1842, o vicerrector e decano e os doutores das Facultades de Leis e Cánones confirmáronlle a cualificación de aprobado sen discrepancia ó noso autor, a partir daquela xa licenciado en Xurisprudencia.
O manuscrito da disertación final gárdase no Expediente. Forma un caderniño cosido de 34 páxinas, 17 cuartillas sen numerar escritas polas dúas caras, agás o reverso da primeira e última que son brancas. Na portada do caderno figura o seguinte título:
- Disertación / leída por el Ber. en la facultad / de Leyes / Don Marcial Valladares / en el último ejercicio para reci/bir el grado de Licenciado / en dicha facultad.
- Queda á mi modo de ver sencillamente demostrado que es válido el legado de prenda y en que casos está obligado el heredero á rescatar la cosa empeñada que es, según creo, a lo que se reduce la proposición cuya defensa os dignasteis escuchar, sabios jueces, con aquella afabilidad que os es tan natural y encanta el corazon del que vuestros nombres jamas dejará de ensalzar.
Seu irmán Sergio tamén se licenciou en Xurisprudencia ese mesmo día. O pai, que en xuño fora nomeado "Membro corresponsal da Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo”, asiste ós actos satisfeito de ver rematada a carreira literaria dos fillos. De volta en Vilancosta, ámbolos irmáns foron recibidos pola familia con foguetes, abrazos e bulicio, ude una manera, en fin9 sumamente tierna y cual si viniéramos de ganar una gran batalla” (MF Ll: cap. XXI).
Referirémonos, finalmente, a dous aspectos sobre os datos biográficos que da época de estudante de Valladares aparecen noutras biobibliografías. O primeiro ten que ver cos estudos de Filosofía en Ourense, dos que só Dobarro Paz (1987) e González Blasco na Gran Enciclopedia Galega se refiren a eles. O segundo remite ó ano de licenciatura. Nos traballos de Bergueiro (1970a), Dónega (1970) e Dobarro Paz (1987) indícase que esta se produciu en 1842, como así foi. Pola contra, dáse erradamente 1844 na biografía aparecida en El ECO DE GALICIA de Bos Aires (1898) e en Couceiro Freijomil (195054), Bouza-Brey (1970), Carballo Calero (1970a) e Tarrío (1992). Noutros traballos simplemente se recolle o feito de que realizou estudos de Dereito, pero non se dá ningunha data de remate. A confusión neste punto semella vir arrastrada dende a biografía de 1898 e pode estar provocada polo feito de que foi, efectivamente, en maio de 1844 cando tanto Marcial coma Sergio recibiron en Vilancosta os títulos do Ministerio de Gobernación para poder despachar en calquera lugar da península, segundo consta nas Memorias (Ll: cap. XVII).
Valladares e os primeiros románticos galegos (1840-1846)
A Academia Literaria: escola do provincialismo
En outubro de 1842, Marcial, Sergio e o seu curmán Pepe, co comezo dun novo curso, volven para Santiago outro ano máis. O curmán debía rematar a carreira de Leis e os dous irmáns, aínda que xa licenciados, querían completar a súa formación, entre outras actividades, tomando leccións de francés, ben que Sergio só o fará ata a primavera de 1843, intre no que pasa a traballar á Deputación de Pontevedra e, xa que logo, a residir alí. Queda, daquela, só Marcial en Compostela, perfeccionando o idioma estranxeiro e ademais asistindo á cátedra de Historia natural do doutor Casares (MF, Ll: cap. XXII).
A Compostela destes primeiros anos da década de 1840, que cadran cos últimos anos de carreira de Valladares en Santiago, é un fervedoiro de reunións á marxe das aulas ás que asiste unha mocidade universitaria ansiosa por saber e debater sobre temas diversos. A calor da rexencia do xeneral Espartero e imbuídos dos ideais do Romanticismo e da corrente costumista que triúnfa en todo o reino, rexorde con forza en Santiago a súa Academia Literaria, que integran un animoso grupo de críticos estudantes de ideoloxía liberal, e tamén algúns profesores.
En efecto, antes de promediar o século XIX asoman en Compostela os primeiros románticos galegos: poetas, xornalistas, historiadores, ideólogos... entre os que se poden citar Neira de Mosquera, os irmáns Faraldo, Díaz de Robles, Añón, os irmáns Camino, Valladares... Viñan informados polas tradicións do pasado e por un propósito de reforma porvirista. Nas páxinas do xornal EL RECREO COMPOSTELANO (n° 1, xaneiro de 1843), Antolín Faraldo, un dos estudantes de espírito máis apaixonado, que ardía en desexos de superación intelectual, definiu á mocidade universitaria do seu tempo dicindo:
Todas estas reflexións foron xermolando arredor da Academia Literaria compostelá sobre todo entre 1840 e 1843. Os seus membros reuníronse inicialmente no refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario, que lles fora cedido polas daquela autoridades progresistas do concello. A actividade desenvolta foi extraordinaria: pronunciáronse discursos, presentáronse proposicións sobre temas científicos, históricos, xurídicos e literarios, léronse composicións de tipo variado e publicáronse obras poéticas e xornais literarios. Barreiro Fernández (1992: 438-443) destaca da Academia, en primeiro lugar, a imparcialidade ideolóxica e política que a presidía, malia que o sector máis numeroso fose o progresista; en segundo lugar, o interese por lle dar publicidade ás cuestións estudadas e debatidas no seu seo, sempre dende a liberdade de expresión, para o cal contaron cunha serie de revistas e publicacións que acolleron a publicación dos traballos máis curtos, coma os poemas, pero tamén publicaron libros; en terceiro lugar, as cuestións debatidas eran tematicamente modernas e non tiñan cabida nas aulas universitarias do momento: por exemplo, a emancipación da muller, a ilicitude da pena de morte, o socialismo utópico, o colonialismo como forma de depredación dos pobos, etc.; por último, a Academia foi tamén unha escola de galeguidade, pois a partir de 1842 a maior parte das actividades orientáronse nun ton provincialista moi marcado. Por iso, en palabras de Barreiro Fernández (1992: 443), cando no ano 1846 houbo que poñer a proba todo o que se ensaiara e discutira nos anos precedentes, uos socios da Academia responderon afirmativamente á hora histórica que soaba para Galicia”.
As revistas que máis se vencellaron á Academia entre 1840 e 1843 foron El IDÓLATRA DE GALICIA (1841/42), de Domingo Díaz Robles; a REVISTA DE GALICIA (1841/42), de Manuel Rúa Figueroa; e El RECREO COMPOSTELANO (1842/43), a mellor delas, dirixida e redactada inicialmente por Antonio Neira de Mosquera e Antolín Faraldo, e posteriormente, só polo primeiro. Faraldo dirixiría tamén despois a radical e progresista El PORVENIR (1845). Todas elas forman un conxunto onde se poden atopar as bases para a formación ideolóxica do primeiro galeguismo e os alicerces do rexurdimento literario. As súas páxinas estaban redactadas en castelán. A presenza do galego é anecdótica e testemuñal, circunscribible a algún poema de Añón ou Camino.
Sen dúbida, as dúas personalidades máis brillantes e influentes do grupo foron Neira de Mosquera e Antolín Faraldo, o primeiro no cultural e literario e o segundo no filosófico e político. Neira de Mosquera (1823-1854) foi o primeiro secretario da Academia e o principal instigador cultural dela ata a súa marcha a Madrid en 1843 (vid. Vicetto 1874, Varela Jácome 1950, Ríos Panisse 2000: 159-162). Del recoñeceu Vicetto na semblanza que lle dedicou na REVISTA GALAICA (15/8/1874) que:
Pero, ¿cal foi a relación do universitario Valladares coa Academia Literaria? Está claro que o escritor ullán se encadra na xeración destes primeiros románticos de ideoloxía provincialista á que pertencen Neira de Mosquera, Faraldo... e tamén Añón e Alberto Camino, cos cales iniciará o carreiro do cultivo do galego como lingua poética. Valladares pertencía á clase de mozos instruídos cos libros da época de que falaba Faraldo e, por iso, aínda que o seu nome non aparece en ningunha das nóminas de socios da Academia que se adoitan manexar hoxe, o mozo de Vilancosta non puido ser alleo a todos os debates suscitados no seu seo nin ás reflexións recollidas na prensa, como doadamente se pode comprobar rastrexando os escritos valladarianos desta época. Valladares compartiu xuventude coa grande parte dos membros da Academia (naceran a maioría arredor de 1820), asistiu con eles ás mesmas aulas na Universidade e participou dos seus mesmos gustos estéticos e ideolóxicos, esteados estes nos ideais románticos e costumistas, pero tamén dos derivados do socialismo utópico dos franceses Saint-Simon e Fourier e mais da democracia cristiá (vid. Davies 1985: 44 e ss.).
Mesmo con algúns dos seus socios máis meritorios mantivo certo trato persoal, como foi o caso de Neira de Mosquera, os irmáns Gil ou Díaz de Robles. O santiagués Neira de Mosquera é un dos poucos nomes propios relacionados coa cultura galega que son mencionados por Valladares nas Memorias defamilia (L2: cap. IX). Del lémbrase en agosto de 1851, cando foi pasar uns días á súa casa:
Pola súa parte, o ferrolán Domingo Díaz de Robles (1812-1867), socio fundador da Academia e vicepresidente dela, foi director de EL IDÓLATRA DE GALICIA, o primeiro xornal provincialista. Sabemos del que tivo trato coa familia Valladares, pois uns poucos anos máis tarde, en 1849, Avelina Valladares dedicaríalle unha composición titulada UA1 amigo D. Domingo Díaz Robles”, na que gaba a súa dobre faceta de militar e poeta, e rememora, dende a distancia, unha posible relación amorosa con el. Escribe Avelina dende Zamora (Luna Sanmartín 2000: 126):
[...] Y recuerdos a tu mente
Lleve tambien el cantor
De amante hermosa que ausente
Llora tal vez tristemente
De su destino el rigor.
De amor fugaces momentos
Recuérdente mis canciones
Que, aunque de duros acentos,
Hijas son de sentimientos
en que no caben ficciones
En fin, malia a súa ausencia da lista de socios da Academia, non cabe máis que pensar que Valladares foi partícipe do ambiente cultural e do intercambio de ideas novidosas que circulaban polos diferentes escenarios da cidade compostelá entre 1840 e 1843, pois como escribía Neira de Mosquera no primeiro exemplar de El RECREO COMPOSTELANO (n° 1, 1/1843):
Primeiros amores e primeiros versos
Os provincialistas puxeron unha especial énfase sobre o literario como forma de evitar a censura. De feito, case todos tentaron o terreo da poesía lírica. Marcial Valladares non foi menos e, así, dos primeiros anos da década de 1840 son as súas primeiras composicións líricas. Trátase de poemas de afeccionado, inspiradas e modeladas polas lecturas dos escritores románticos españois do momento, coma Meléndez Valdés e Espronceda, e logo polo francés Lamartine. Escribe don Marcial referíndose ós anos 1843 e 1844 (MF, Ll: cap. XVI):
Recoge, recoge
Casilda, el suspiro
que en este retiro
tu nombre arrancó:
Recógele, y dime
si el aire ligero
fué fiel mensagero
del bien que llevó.
Diraslo, Casilda,
diraslo al ausente
que mora impaciente
distante de ti.
A aquel que otro tiempo
te vió mas hermosa
que cándida rosa
narciso ó alelí.
As informacións do seu paisano e estudoso Manuel Bergueiro (1970a) e mais das Memorias vefien igualmente a redundar en que son dos primeiros anos da década de 1840 os primeiros versos do escritor ullán. Certamente, Valladares deu comezo en 1842 a un caderno de poemas titulado Juguetes poéticos cunha poesía en castelán titulada uBrindis” (1842), manuscrito que clausuraría definitivamente en 1862 cos versos relixiosos "El pecador contrito”, tamén en castelán. De 1842 data tamén o principio do poemario Enredos poéticos, por M.V, e de 1843, outra colección titulada Album: poesía, que asina co seudónimo de "Maiclar”, xogando coas letras do seu nome. Nas súas Memorias, Valladares refírese a estes poemas chamándolles udos ó tres juguetes” e sinala que os conserva en diferentes coleccións manuscritas (MF, Ll: cap. XXVI):
Tras a marcha de Sergio á Deputación na primavera de 1843, a correspondencia entre os dous irmáns era frecuente, “en español unas veces, y en mal francés, otras”, indica Valladares (MF, Ll: cap. XXIV). Nestas cartas contábanse as preocupacións típicas de dous mozos de pouco máis de 20 anos: os primeiros amores, os divertimentos propios da idade e a asistencia ás romarías, utan abundantes en Galicia que no acabaría si á hablar fuera de las que durante aquella me hallé”, sinala don Marcial nas páxinas do diario por esta altura (MF9 Ll: cap. XXV). Da relación epistolar entre os irmáns cópianse algúns fragmentos nas Memorias que resultan interesantes, porque conteñen descricións das festas da Ulla que son verdadeiros artigos ou ucadros de costumes” emulando os que nese intre triúnfan na prensa literaria española con firmas coma a de Mesonero Romanos. Escribe Valladares referíndose a estas cartas que ucopiaré también parte de lo que yo en ociosos ratos á mi vez escribía desde la aldéa” (MF, Ll: cap.XXV e inclúe apuntamentos de tintura costumista sobre as romarías de Gundián do 8 de setembro, as Dolores do 17 de setembro, e a do Sacramento en Santa Cruz, tamén do 18 de setembro. As cartas tamén revelan o namoramento de don Marcial por estes anos dunha rapaza da que, como cabaleiro que era, garda celosamente a identidade. Sempre alude a ela coas iniciais C.V.A., ben que sabemos por outras referencias que pertencía á burguesía ou aristocracia santiaguesa, con casa na Ulla no lugar que el refire como “G*”57? a onde adoitaba acudir polo verán para gozar das romarías. Con motivo das festas do Sacramento, en Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla), a mediados de setembro, don Marcial describiulle por carta a seu irmán Sergio cómo fora o encontro con ela (MF, L1: cap XXV):
Era do mes de setembre un-a tarde,
a poñerse o sol iba na ladeira
e habia foliada en Ortigueira
e gaita e tamboril.
Do Sacramento era o dia, me acordo,
dia en que mozos é mozas campaban
e todos, de pracer loucos, bailaban
con aire señoril.
E remataba con dous serventesios e dúas oitaviñas agudas, que describían o namorado acompañando á dama a súa casa:
Pasadas dúas horas meu ben se levant
e a danza deixando, ao quererse partir,
aquel corre, este ven, un outro se adianta
e ao meu sol todos se querian ir.
Pró era o meu sol o ben enamorado
e juntos salimos e juntos baixamos
e juntos nos indo camiño rodado
dos brazos collidos a casa chegámos;
Onde as froles
recendian
que subian
do xardin;
E onde, á nay
sua a entregando
suspirando
volta din.
Estes mesmos encontros aínda o inspiraron noutra composición máis por estas mesmas datas, da que desgrazamente só coñecemos o fragmento que Valladares incluíu no seu Diccionario, na voz NlÑADA, que di:
Rula, de tempran niñada,
esperada
n’o souto de Guimarans.
Ruliña, qu’ó fin chegache
e acalache
d’o meu pesar os afans...
A relación con C.V.A. truncaríase a comezos do verán de 1844, cando don Marcial tivo que trasladarse a Zamora acompañando o pai. Non obstante, antes da partida para a cidade castelá, aínda pasará uns días en Santiago a finais de xuño co fin de poder despedirse dela. O encontro produciuse na Alameda compostelá o 29 de xuño e é lembrado nas Memorias (Ll: cap. XXV) deste xeito:
¡Moito cantas, Paxariño,
moito escoitarte m’agrada;
que sempre na madrugada
es o primeiro á cantar..!
Das abéllas como o mel
son os teus cantares dóces;
asi tanto entre os mais lóces,
cando empezan á chiar.
Ollos tés namoradeiros
é que o meu ben t’asemellan;
pró, cal os meus; solo arrellan
tristes suidades d’amor.
Canta, pois si, Paxariño,
ó pé de min que aqui choro,
lonxe da prenda que adoro,
morto d’afan é delor [...]
A C.VA. tamén lle dedicou un dos máis sentidos e logrados poemas que levaban por título uSuidades. Á C*** (1845), composto xa cando está en Zamora, aínda que non se publicará ata 1862 noAlbum de la Caridad. Trátase duns versos de ausencia de amor, escritos en galego, tipicamente románticos, dos que Carballo Calero (1979: 91) sinalou que lembran o sentimentalismo que Alberto Camino amosa no seu poema “O desconsolo”, da mesma data. Valladares lembra así aquela relación na distancia no serventesio terceiro e os seguintes (Femández Salgado 2002: 571):
Tristura me dá todo e me desvela
Desque da terra miña m’apartei:
Todo, prendiña, todo, desque nela,
Desleigado dirás, eu te deixei.
Deixeite, si deixei, alá en mal hora,
A sorte por seguir dos páis meus;
Pró sempre te chorou e ainda chora
Quen tan de ménos sinte amores teus.
Lémbrome, miña joya, ainda me lembro,
De cando o labio meu te requebrou...
¡Ai! Destónces acá suspiros sembro
E na garganta a fala s’añudou.
Se nos atemos ó inventario de poesías que nos achega Dobarro Paz (1995) do primeiro Rexurdimento, Marcial Valladares é un dos poetas pioneiros en empregar o galego como lingua literaria, xunto con Añón e Alberto Camino, de idade similar, e con Pintos e Turnes, algo máis vellos, cos cales comparte xeración. Das trece composicións que Dobarro lista destes autores no período 1840-1845 (algunhas delas só manuscritos), dúas son de Valladares59. Neste sentido, facemos nosas as palabras de Carballo Calero (1970) cando afirma que unon se lle pode negar ao bo fidalgo ullán un posto na primeira fía da vangarda de restauración das letras galegas”, e que iso abonda para facer o seu nome significativo, como un dos fundadores ou precursores da renacencia literaria. Téñase en conta que os escritos poéticos e prosísticos xurdidos dos membros da Academia Literaria entre 1840-1846, como Neira de Mosquera, Faraldo, Posada... presentan temática galega, pero están escritos maioritariamente en castelán. Obsérvese, igualmente, que, agás Añón, dos restantes autores que versifican en galego (Camino, Pintos, A. de la Iglesia, Vicente Turnes e o propio Valladares) non hai constancia da súa pertenza como socios á Academia.
Nesta xeración de mozos, coñecida como dos uprovincialistas”, uprecursores”, uxeración do 46” e tamén “primeiros románticos”, comezou a abrollar a conciencia de Galicia como pobo singular e diferenciado, ben que aldraxado cultural, política e eeonomicamente polo poder central. Víronse, daquela, na obriga de comezar unha rexeneración nestas ordes, para o cal tentaron inicialmente dotalo duns sinais de identidade, que a súa clase —pertencían maioritariamente á burguesía urbana— non podía ofrecerlles. Tiveron que buscalos, daquela, nas clases máis populares, nas aldeas, onde consideraban que seguían gardadas as esencias culturais do pobo, e tomar de aí os seus elementos máis caracterizadores: a lingua, os costumes, as tradicións, a historia... e realzalos, prestixialos, enaltecelos. Neste senso, para Marcial Valladares, criado na aldea no seo dunha familia fidalga e coñecedor da cultura popular e do idioma ("dialecto que mamamos”, “y hablo ordinariamente” recoñeceu en ocasións), a viaxe na procura deses sinais de identidade foi relativamente curta. E neste contexto de ideoloxía provincialista, romántica e costumista onde cómpre situar as pioneiras composicións valladarianas en galego e tamén as súas primeiras anotacións de danzas e melodías populares60, que se revelan como os precedentes do que será o seu labor nas décadas posteriores de colector de folclore.
Certamente, o uso iniciático do galego como medio literario por parte da primeira xeración dos románticos galegos cinguiuse ás composicións líricas, pois a realidade cultural do país nese momento non propiciaba outro uso que non fose unha introdución na poesía moi dosificada ou por algún motivo relacionado co folclore.
A colaboración con Madoz
Valladares pasa o verán de 1843 na súa aldea da Ulla, en tanto o pai repartía o tempo entre as súas actividades na Deputación provincial e o coidado da facenda de Vilancosta. Durante unha destas estadías, produciuse en xullo de 1843 o pronunciamento que depuxo ó xeneral Espartero, no poder dende 1840. O acontecemento, cualificado por Valladares nas Memorias como “parodia de pronunciamento”, engade que se viviu de xeito exaltado na vila da Estrada e con certa preocupación na casa de Vilancosta, onde tanto el coma o pai temendo ser asaltados, decidiron refuxiarse no monte por uns días á espera de que a situación se aclarase para poder volver á casa.
Alén diso, Valladares pasou boa parte deste verán despachando en Vilancosta como avogado consultas ós labradores, lendo libros e periódicos e dedicado a uescribir artículos para el Diccionario del señor Madoz, de quien era mi padre corresponsal respecto de los partidos de Lalín y Tabeirós” (MFV Ll: cap. XXIII). Tense discutido en varias lugares se foi don José ou don Marcial quen colaborou con Pascual Madoz, pois de certo as informacións sobre ambos entrecrúzanse por veces.
Pola cita anterior queda definitivamente claro que tanto o pai coma o fillo participaron na redacción de artigos sobre os partidos citados. Amais dos Valladares, foron colaboradores de Madoz en Galicia Domingo Fontán e o irmán do autor, Fernando Madoz (Fraguas 1948: 173). Esta cuestión foi abordada tamén por Filgueira Valverde (1957: 118), que engade un nome máis, o de Claudio González de Zúñiga.
A colaboración conxunta de pai e fillo chegou ata febreiro de 1844, data en que don José, que fora elixido en outubro de 1843 senador por Pontevedra e renunciara, é nomeado Intendente de Zamora. Quedou daquela don Marcial ucorresponsal único del señor Madoz en los enunciados partidos” (MF, Ll: cap. XXVI), aínda que só por uns meses, pois enseguida pai, soidoso en Zamora, resolve que o seu fillo máis vello se traslade á cidade castelá para facerlle compaña.

- Los jóvenes de esta edad son jóvenes arrullados en la infancia con canciones de libertad, jóvenes instruídos con libros de la época, jóvenes a quienes se enseña lo que valen y lo que pueden; no dudamos en afirmar que aspiran a introducir en Galicia el aprecio a la antigüedad el amor a los estudios históricos.
Todas estas reflexións foron xermolando arredor da Academia Literaria compostelá sobre todo entre 1840 e 1843. Os seus membros reuníronse inicialmente no refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario, que lles fora cedido polas daquela autoridades progresistas do concello. A actividade desenvolta foi extraordinaria: pronunciáronse discursos, presentáronse proposicións sobre temas científicos, históricos, xurídicos e literarios, léronse composicións de tipo variado e publicáronse obras poéticas e xornais literarios. Barreiro Fernández (1992: 438-443) destaca da Academia, en primeiro lugar, a imparcialidade ideolóxica e política que a presidía, malia que o sector máis numeroso fose o progresista; en segundo lugar, o interese por lle dar publicidade ás cuestións estudadas e debatidas no seu seo, sempre dende a liberdade de expresión, para o cal contaron cunha serie de revistas e publicacións que acolleron a publicación dos traballos máis curtos, coma os poemas, pero tamén publicaron libros; en terceiro lugar, as cuestións debatidas eran tematicamente modernas e non tiñan cabida nas aulas universitarias do momento: por exemplo, a emancipación da muller, a ilicitude da pena de morte, o socialismo utópico, o colonialismo como forma de depredación dos pobos, etc.; por último, a Academia foi tamén unha escola de galeguidade, pois a partir de 1842 a maior parte das actividades orientáronse nun ton provincialista moi marcado. Por iso, en palabras de Barreiro Fernández (1992: 443), cando no ano 1846 houbo que poñer a proba todo o que se ensaiara e discutira nos anos precedentes, uos socios da Academia responderon afirmativamente á hora histórica que soaba para Galicia”.
As revistas que máis se vencellaron á Academia entre 1840 e 1843 foron El IDÓLATRA DE GALICIA (1841/42), de Domingo Díaz Robles; a REVISTA DE GALICIA (1841/42), de Manuel Rúa Figueroa; e El RECREO COMPOSTELANO (1842/43), a mellor delas, dirixida e redactada inicialmente por Antonio Neira de Mosquera e Antolín Faraldo, e posteriormente, só polo primeiro. Faraldo dirixiría tamén despois a radical e progresista El PORVENIR (1845). Todas elas forman un conxunto onde se poden atopar as bases para a formación ideolóxica do primeiro galeguismo e os alicerces do rexurdimento literario. As súas páxinas estaban redactadas en castelán. A presenza do galego é anecdótica e testemuñal, circunscribible a algún poema de Añón ou Camino.
Sen dúbida, as dúas personalidades máis brillantes e influentes do grupo foron Neira de Mosquera e Antolín Faraldo, o primeiro no cultural e literario e o segundo no filosófico e político. Neira de Mosquera (1823-1854) foi o primeiro secretario da Academia e o principal instigador cultural dela ata a súa marcha a Madrid en 1843 (vid. Vicetto 1874, Varela Jácome 1950, Ríos Panisse 2000: 159-162). Del recoñeceu Vicetto na semblanza que lle dedicou na REVISTA GALAICA (15/8/1874) que:
- Aunque poco más jóvenes que él, admirabamos nosotros entonces no solo su estilo florido y poético, sino sus tradiciones del país. [...] Reconociamos en el señor Neira una superioridad intelectual inmensa —sin embargo de no haber escrito él una poesía jamás-, pues sus leyendas de Galicia, si bien eran defectuosas, pálidas e insustanciales, tenían para nosotros el encanto de ser gallegas, de hablarnos de nuestro país, de hablarnos de cerca, de hacer, en fin, real y no positivo aquel mundo lejano de las novelas de Walter Scott.
Pero, ¿cal foi a relación do universitario Valladares coa Academia Literaria? Está claro que o escritor ullán se encadra na xeración destes primeiros románticos de ideoloxía provincialista á que pertencen Neira de Mosquera, Faraldo... e tamén Añón e Alberto Camino, cos cales iniciará o carreiro do cultivo do galego como lingua poética. Valladares pertencía á clase de mozos instruídos cos libros da época de que falaba Faraldo e, por iso, aínda que o seu nome non aparece en ningunha das nóminas de socios da Academia que se adoitan manexar hoxe, o mozo de Vilancosta non puido ser alleo a todos os debates suscitados no seu seo nin ás reflexións recollidas na prensa, como doadamente se pode comprobar rastrexando os escritos valladarianos desta época. Valladares compartiu xuventude coa grande parte dos membros da Academia (naceran a maioría arredor de 1820), asistiu con eles ás mesmas aulas na Universidade e participou dos seus mesmos gustos estéticos e ideolóxicos, esteados estes nos ideais románticos e costumistas, pero tamén dos derivados do socialismo utópico dos franceses Saint-Simon e Fourier e mais da democracia cristiá (vid. Davies 1985: 44 e ss.).
Mesmo con algúns dos seus socios máis meritorios mantivo certo trato persoal, como foi o caso de Neira de Mosquera, os irmáns Gil ou Díaz de Robles. O santiagués Neira de Mosquera é un dos poucos nomes propios relacionados coa cultura galega que son mencionados por Valladares nas Memorias defamilia (L2: cap. IX). Del lémbrase en agosto de 1851, cando foi pasar uns días á súa casa:
- Corriendo agosto abracé en Vilancosta á mi joven amigo Neira de Mosquera, literato, periodista, autor de varias obras, entre ellas la que, bajo el título de Monografías de Santiago, publica actualmente en esta ciudad con bastante aceptación.
Pola súa parte, o ferrolán Domingo Díaz de Robles (1812-1867), socio fundador da Academia e vicepresidente dela, foi director de EL IDÓLATRA DE GALICIA, o primeiro xornal provincialista. Sabemos del que tivo trato coa familia Valladares, pois uns poucos anos máis tarde, en 1849, Avelina Valladares dedicaríalle unha composición titulada UA1 amigo D. Domingo Díaz Robles”, na que gaba a súa dobre faceta de militar e poeta, e rememora, dende a distancia, unha posible relación amorosa con el. Escribe Avelina dende Zamora (Luna Sanmartín 2000: 126):
[...] Y recuerdos a tu mente
Lleve tambien el cantor
De amante hermosa que ausente
Llora tal vez tristemente
De su destino el rigor.
De amor fugaces momentos
Recuérdente mis canciones
Que, aunque de duros acentos,
Hijas son de sentimientos
en que no caben ficciones
En fin, malia a súa ausencia da lista de socios da Academia, non cabe máis que pensar que Valladares foi partícipe do ambiente cultural e do intercambio de ideas novidosas que circulaban polos diferentes escenarios da cidade compostelá entre 1840 e 1843, pois como escribía Neira de Mosquera no primeiro exemplar de El RECREO COMPOSTELANO (n° 1, 1/1843):
- lo que conviene es ese roce continuo de inteligencias, ese delirio perpetuo, ese instinto creador de la época, ese vago deseo de alcanzar gloria, esa juventud que se apiña en todas partes y esa madura edad que sobre todo filosofa i medita: de esta tempestad, de este tumulto saldrá un rico presente para nuestro hijos, i ellos bendecirán nuestros esfuerzos.
- sosteniamos animadas discusiones, sobre diferentes puntos científicos ó literarios; esforzándonos algunas veces en querer rasgar el velo de nuestro oculto porvenir, que rodeábamos de halagüeñas ilusiones, como todo lo que brota de la imajinacion ardiente é inesperta de la juventud.
- ¿En que teatro, en que soirée, en que reunion artisticamente combinada hallará el hombre ese encanto que naturaleza ofrece en sus diferentes estaciones, que tan bien consuena con las dulzuras y misterios de nuestra relijion? Todos los placeres, todos los goces que no parten de la naturaleza y de la relijion son imperfectos, incompletos; duran solo mientras dura la ilusion que las produce, ilusion fugaz, por otra parte, y que en su huella no deja siempre puros recuerdos á la conciencia escrupulosa, ó no viciada al menos.
Primeiros amores e primeiros versos
Os provincialistas puxeron unha especial énfase sobre o literario como forma de evitar a censura. De feito, case todos tentaron o terreo da poesía lírica. Marcial Valladares non foi menos e, así, dos primeiros anos da década de 1840 son as súas primeiras composicións líricas. Trátase de poemas de afeccionado, inspiradas e modeladas polas lecturas dos escritores románticos españois do momento, coma Meléndez Valdés e Espronceda, e logo polo francés Lamartine. Escribe don Marcial referíndose ós anos 1843 e 1844 (MF, Ll: cap. XVI):
- entusiasta á la sazón, mas que en la actual edad por la poesia lírica, habiendo leido ya varios de nuestros modernos poetas; deslumbrado con la belleza en el modo de decir de algunos, y ganoso de imitarlos, aprendía trozos de poesías que recitaba luego en alta voz, corriendo el campo. ¡Cuantas veces sobre la verde marjen del Ulla recité versos de Moratín, Melendez y Espronceda! ¿Cuantas tardes y mañanas pasé sentado allí en la campestre alfombra, con mi escopeta al pié, bajo los sauces y los alisos! Y ¿cuantas, cuantas ¡ay! pasé tambien componiendo yo mismo versos en extremo malos, tan pésimos que, no obstante esmerarme á recitarlos igualmente en alta voz, no hallaba en ellos aquella profundidad de sentimiento, aquella dulzura y fuerza de imajinacion, aquel no se que, en fin, admirado en mis modelos?
Recoge, recoge
Casilda, el suspiro
que en este retiro
tu nombre arrancó:
Recógele, y dime
si el aire ligero
fué fiel mensagero
del bien que llevó.
Diraslo, Casilda,
diraslo al ausente
que mora impaciente
distante de ti.
A aquel que otro tiempo
te vió mas hermosa
que cándida rosa
narciso ó alelí.
As informacións do seu paisano e estudoso Manuel Bergueiro (1970a) e mais das Memorias vefien igualmente a redundar en que son dos primeiros anos da década de 1840 os primeiros versos do escritor ullán. Certamente, Valladares deu comezo en 1842 a un caderno de poemas titulado Juguetes poéticos cunha poesía en castelán titulada uBrindis” (1842), manuscrito que clausuraría definitivamente en 1862 cos versos relixiosos "El pecador contrito”, tamén en castelán. De 1842 data tamén o principio do poemario Enredos poéticos, por M.V, e de 1843, outra colección titulada Album: poesía, que asina co seudónimo de "Maiclar”, xogando coas letras do seu nome. Nas súas Memorias, Valladares refírese a estes poemas chamándolles udos ó tres juguetes” e sinala que os conserva en diferentes coleccións manuscritas (MF, Ll: cap. XXVI):
- no con objeto de legar á la posteridad flores que una a una van los días marchitando, si con el de recordar pasadas impresiones en cada vez que yo las lea, reir ó llorar sobre esas marchitas flores que ya no reverdecerán.
Tras a marcha de Sergio á Deputación na primavera de 1843, a correspondencia entre os dous irmáns era frecuente, “en español unas veces, y en mal francés, otras”, indica Valladares (MF, Ll: cap. XXIV). Nestas cartas contábanse as preocupacións típicas de dous mozos de pouco máis de 20 anos: os primeiros amores, os divertimentos propios da idade e a asistencia ás romarías, utan abundantes en Galicia que no acabaría si á hablar fuera de las que durante aquella me hallé”, sinala don Marcial nas páxinas do diario por esta altura (MF9 Ll: cap. XXV). Da relación epistolar entre os irmáns cópianse algúns fragmentos nas Memorias que resultan interesantes, porque conteñen descricións das festas da Ulla que son verdadeiros artigos ou ucadros de costumes” emulando os que nese intre triúnfan na prensa literaria española con firmas coma a de Mesonero Romanos. Escribe Valladares referíndose a estas cartas que ucopiaré también parte de lo que yo en ociosos ratos á mi vez escribía desde la aldéa” (MF, Ll: cap.XXV e inclúe apuntamentos de tintura costumista sobre as romarías de Gundián do 8 de setembro, as Dolores do 17 de setembro, e a do Sacramento en Santa Cruz, tamén do 18 de setembro. As cartas tamén revelan o namoramento de don Marcial por estes anos dunha rapaza da que, como cabaleiro que era, garda celosamente a identidade. Sempre alude a ela coas iniciais C.V.A., ben que sabemos por outras referencias que pertencía á burguesía ou aristocracia santiaguesa, con casa na Ulla no lugar que el refire como “G*”57? a onde adoitaba acudir polo verán para gozar das romarías. Con motivo das festas do Sacramento, en Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla), a mediados de setembro, don Marcial describiulle por carta a seu irmán Sergio cómo fora o encontro con ela (MF, L1: cap XXV):
- Fue entonces cuando tuve el gusto de saludar á C.V.A y a su amiguita Carlota, invitadas, cual dos lindas flores sobre su tallo, entre las señoras y señoritas de la víspera; el de dirijirlas mil espresivas miradas; contemplarlas estasiado, en tanto que largo círculo de mozas y de mozos ejercitaban sus muiñeiras al son de las castañetas, la gaita y el tamboril, en tanto que la hora de pasar por segunda vez a casa de *** y dar principio á nuestro baile no se acercaba. Llegada al fin, la ansiada hora, corrí a su lado y hablé con ellas de diferentes cosas, acompañándolas despues del baile a G***, cuya casa me ha ofrecido C.V.A.
Era do mes de setembre un-a tarde,
a poñerse o sol iba na ladeira
e habia foliada en Ortigueira
e gaita e tamboril.
Do Sacramento era o dia, me acordo,
dia en que mozos é mozas campaban
e todos, de pracer loucos, bailaban
con aire señoril.
E remataba con dous serventesios e dúas oitaviñas agudas, que describían o namorado acompañando á dama a súa casa:
Pasadas dúas horas meu ben se levant
e a danza deixando, ao quererse partir,
aquel corre, este ven, un outro se adianta
e ao meu sol todos se querian ir.
Pró era o meu sol o ben enamorado
e juntos salimos e juntos baixamos
e juntos nos indo camiño rodado
dos brazos collidos a casa chegámos;
Onde as froles
recendian
que subian
do xardin;
E onde, á nay
sua a entregando
suspirando
volta din.
Estes mesmos encontros aínda o inspiraron noutra composición máis por estas mesmas datas, da que desgrazamente só coñecemos o fragmento que Valladares incluíu no seu Diccionario, na voz NlÑADA, que di:
Rula, de tempran niñada,
esperada
n’o souto de Guimarans.
Ruliña, qu’ó fin chegache
e acalache
d’o meu pesar os afans...
A relación con C.V.A. truncaríase a comezos do verán de 1844, cando don Marcial tivo que trasladarse a Zamora acompañando o pai. Non obstante, antes da partida para a cidade castelá, aínda pasará uns días en Santiago a finais de xuño co fin de poder despedirse dela. O encontro produciuse na Alameda compostelá o 29 de xuño e é lembrado nas Memorias (Ll: cap. XXV) deste xeito:
- Bella entonces como nunca, llevaba en la mano un clavel verde pálido, luciendo otro encarnado en el pelo al lado de la mantilla que sobre los hombros donosamente la caía. Acompañábala V.L.J. su amiga y juntas sostenían animada conversación. Visitela el siguiente dia en su casa, hallándola linda, como la víspera, y afable, como siempre. Prestóme las poesías de Gertrudis de Avellaneda58, de quien nada hasta entonces había leído aún, poesías entre las cuales me gustaron mucho el soneto á Cuba y las tituladas A El, El niño dormido9 A Francia y El Cazador, esta última del gusto tambien de C.V.A.
- Señora sumamente afable, delante de la cual tuve el honor de ojear entonces el nuevo Album de su digna hija; album que, entre otras composiciones poéticas, contenía una de mi buen amigo Don José María Gil y diferentes dibujos de C***, uno sobre todo, hecho en G*** que recuerdo bien, imitando nidos medios desechos con pequeños huevecillos dentro.
¡Moito cantas, Paxariño,
moito escoitarte m’agrada;
que sempre na madrugada
es o primeiro á cantar..!
Das abéllas como o mel
son os teus cantares dóces;
asi tanto entre os mais lóces,
cando empezan á chiar.
Ollos tés namoradeiros
é que o meu ben t’asemellan;
pró, cal os meus; solo arrellan
tristes suidades d’amor.
Canta, pois si, Paxariño,
ó pé de min que aqui choro,
lonxe da prenda que adoro,
morto d’afan é delor [...]
A C.VA. tamén lle dedicou un dos máis sentidos e logrados poemas que levaban por título uSuidades. Á C*** (1845), composto xa cando está en Zamora, aínda que non se publicará ata 1862 noAlbum de la Caridad. Trátase duns versos de ausencia de amor, escritos en galego, tipicamente románticos, dos que Carballo Calero (1979: 91) sinalou que lembran o sentimentalismo que Alberto Camino amosa no seu poema “O desconsolo”, da mesma data. Valladares lembra así aquela relación na distancia no serventesio terceiro e os seguintes (Femández Salgado 2002: 571):
Tristura me dá todo e me desvela
Desque da terra miña m’apartei:
Todo, prendiña, todo, desque nela,
Desleigado dirás, eu te deixei.
Deixeite, si deixei, alá en mal hora,
A sorte por seguir dos páis meus;
Pró sempre te chorou e ainda chora
Quen tan de ménos sinte amores teus.
Lémbrome, miña joya, ainda me lembro,
De cando o labio meu te requebrou...
¡Ai! Destónces acá suspiros sembro
E na garganta a fala s’añudou.
Se nos atemos ó inventario de poesías que nos achega Dobarro Paz (1995) do primeiro Rexurdimento, Marcial Valladares é un dos poetas pioneiros en empregar o galego como lingua literaria, xunto con Añón e Alberto Camino, de idade similar, e con Pintos e Turnes, algo máis vellos, cos cales comparte xeración. Das trece composicións que Dobarro lista destes autores no período 1840-1845 (algunhas delas só manuscritos), dúas son de Valladares59. Neste sentido, facemos nosas as palabras de Carballo Calero (1970) cando afirma que unon se lle pode negar ao bo fidalgo ullán un posto na primeira fía da vangarda de restauración das letras galegas”, e que iso abonda para facer o seu nome significativo, como un dos fundadores ou precursores da renacencia literaria. Téñase en conta que os escritos poéticos e prosísticos xurdidos dos membros da Academia Literaria entre 1840-1846, como Neira de Mosquera, Faraldo, Posada... presentan temática galega, pero están escritos maioritariamente en castelán. Obsérvese, igualmente, que, agás Añón, dos restantes autores que versifican en galego (Camino, Pintos, A. de la Iglesia, Vicente Turnes e o propio Valladares) non hai constancia da súa pertenza como socios á Academia.
Nesta xeración de mozos, coñecida como dos uprovincialistas”, uprecursores”, uxeración do 46” e tamén “primeiros románticos”, comezou a abrollar a conciencia de Galicia como pobo singular e diferenciado, ben que aldraxado cultural, política e eeonomicamente polo poder central. Víronse, daquela, na obriga de comezar unha rexeneración nestas ordes, para o cal tentaron inicialmente dotalo duns sinais de identidade, que a súa clase —pertencían maioritariamente á burguesía urbana— non podía ofrecerlles. Tiveron que buscalos, daquela, nas clases máis populares, nas aldeas, onde consideraban que seguían gardadas as esencias culturais do pobo, e tomar de aí os seus elementos máis caracterizadores: a lingua, os costumes, as tradicións, a historia... e realzalos, prestixialos, enaltecelos. Neste senso, para Marcial Valladares, criado na aldea no seo dunha familia fidalga e coñecedor da cultura popular e do idioma ("dialecto que mamamos”, “y hablo ordinariamente” recoñeceu en ocasións), a viaxe na procura deses sinais de identidade foi relativamente curta. E neste contexto de ideoloxía provincialista, romántica e costumista onde cómpre situar as pioneiras composicións valladarianas en galego e tamén as súas primeiras anotacións de danzas e melodías populares60, que se revelan como os precedentes do que será o seu labor nas décadas posteriores de colector de folclore.
Certamente, o uso iniciático do galego como medio literario por parte da primeira xeración dos románticos galegos cinguiuse ás composicións líricas, pois a realidade cultural do país nese momento non propiciaba outro uso que non fose unha introdución na poesía moi dosificada ou por algún motivo relacionado co folclore.
A colaboración con Madoz
Valladares pasa o verán de 1843 na súa aldea da Ulla, en tanto o pai repartía o tempo entre as súas actividades na Deputación provincial e o coidado da facenda de Vilancosta. Durante unha destas estadías, produciuse en xullo de 1843 o pronunciamento que depuxo ó xeneral Espartero, no poder dende 1840. O acontecemento, cualificado por Valladares nas Memorias como “parodia de pronunciamento”, engade que se viviu de xeito exaltado na vila da Estrada e con certa preocupación na casa de Vilancosta, onde tanto el coma o pai temendo ser asaltados, decidiron refuxiarse no monte por uns días á espera de que a situación se aclarase para poder volver á casa.
Alén diso, Valladares pasou boa parte deste verán despachando en Vilancosta como avogado consultas ós labradores, lendo libros e periódicos e dedicado a uescribir artículos para el Diccionario del señor Madoz, de quien era mi padre corresponsal respecto de los partidos de Lalín y Tabeirós” (MFV Ll: cap. XXIII). Tense discutido en varias lugares se foi don José ou don Marcial quen colaborou con Pascual Madoz, pois de certo as informacións sobre ambos entrecrúzanse por veces.
Pola cita anterior queda definitivamente claro que tanto o pai coma o fillo participaron na redacción de artigos sobre os partidos citados. Amais dos Valladares, foron colaboradores de Madoz en Galicia Domingo Fontán e o irmán do autor, Fernando Madoz (Fraguas 1948: 173). Esta cuestión foi abordada tamén por Filgueira Valverde (1957: 118), que engade un nome máis, o de Claudio González de Zúñiga.
A colaboración conxunta de pai e fillo chegou ata febreiro de 1844, data en que don José, que fora elixido en outubro de 1843 senador por Pontevedra e renunciara, é nomeado Intendente de Zamora. Quedou daquela don Marcial ucorresponsal único del señor Madoz en los enunciados partidos” (MF, Ll: cap. XXVI), aínda que só por uns meses, pois enseguida pai, soidoso en Zamora, resolve que o seu fillo máis vello se traslade á cidade castelá para facerlle compaña.
A estada en Zamora (1844-1850)
A viaxe a Zamora e as soidades pola Terra
Así versificaba Labarta (1888), no poema xa outras veces referido, esta etapa da vida do autor:
Se hizo Abogado en Santiago,
A Zamora pasó luego
Y allí ejerció carrera
Con mucho aprovechamiento.
Después fué Visitador
De papel sellado. ¡Cielos!
¡Aquellas visitas eran
Sin guantes ni cumplimientos!
Marcial Valladares sae de Vilancosta o 4 de xullo de 1844 e tras case unha semana de viaxe abraza ó pai en Zamora. Ten neste momento 23 anos. Da súa viaxe existe un diario, en castelán, anotado por el mesmo, que se reproduce en Memorias de familia (Ll: cap. XXVIII). Neste caderno vai describindo por xornadas os tramos realizados e os lugares de paso. Conta anécdotas, dá conta do estado das pousadas, fai descricións das paisaxes e da xente, apunta notas xeolóxicas e recolle tamén algunha lenda historiada63. Destas informacións parécennos interesantes as novas que ofrece sobre os aspectos antropolóxicos no tramo das Portelas, entre as provincias de Ourense e Zamora. Sobre á liña divisoria das provincias, escribe:
Nesta cidade, Valladares ocupou interinamente postos en diferentes comisións e auxiliou tamén ó pai en tarefas administrativas e de goberno. Foi nomeado en setembro Comisionado interino especial de venta de bens nacionais, que acepta obrigado, segundo escribe nas Memorias (L1 cap. XXIX), uno sin repugnancia, á causa de no haber persona en Zamora de confianza que quisiera encargarse de esta comisión”. Aproveitou tamén estes primeiros meses para facer excursións e viaxes ás cidades e lugares da contorna. Nas súas Memorias recóllense as anotacións en forma de diario da súa estancia en Valladolid, durante as feiras de setembro de 184464, tamén en Toro, Villalar, Tordesillas, Simancas... Non obstante, a pesar destes intres de lecer, a vida na cidade castelá comeza a facerse dura coa chegada do inverno. Tanto o pai coma o fillo séntense en terra allea e sen apenas círculo de amizades, reducido, segundo el, a “tres o cuatro empleados” da Administración, tamén galegos. Por causa disto, o tempo de lecer que lle deixa o seu traballo dedícao á lectura e á música. Escribe nas Memorias (Ll: cap. XXXI) que boa parte destas horas as pasaba:
PAROLAS ¡ai! d’amor ja non escoito
Longe do val mimoso en que nacin:
Cubrénseme alma e corazon de loito
E a alegría fugir vexo de min.
Negra coita despértame o leito,
Magóame de dia e fai layar
E as xingelas paredes do meu peito,
Pouco a pouco escalándoas, arrolar.
Tristura me dá todo e me desvela
Desque da terra miña m’apartei:
Todo, prendiña, todo, desque nela,
Desleigado dirás, eu te deixei.
Outras composicións desta época veñen inspiradas das súas lecturas de Lamartine. Polas referencias contidas nas Memorias, de 1846 debe ser a súa adaptación libre ó galego dalgúns versos do escritor francés que compuxera durante a súa viaxe a oriente66. Valladares titula a composición "A un-a flor”, está repleta dun suave lirismo e comeza así (Fernández Salgado 2002: 577):
De Caífás nos xardins
hay un-a frol feiticeira
que, á través d’alta palmeira,
os rayos buscan do sol.
Mais doces que os da gacela
tén esta frol dous olliños,
bélos cal resplandoriños
de matinal arrebol.
O escritor ullán foi un grande admirador de Alphonse de Lamartine67. Alude a el en varias pasaxes das súas Memorias e nos apéndices dos Elementos de Gramática Gallega (1892) incluíu varias citas súas que quizais proveñan de anotacións realizadas xa nesta primeira lectura da obra do francés.
Finalmente, tamén por soidade do tempo que foxe e, sen dúbida, aguilloado pola súa lectura neste tempo de biografías de grandes homes, principia agora, en 1844, a redacción das Memorias de familia.
A familia reunida en Zamora
Así e todo, a melancolía do pai e do fillo víronse aliviadas na primavera de 1845 ó se trasladaren tamén a Zamora dende Vilancosta a nai e os seus irmáns, co que a familia volvía quedar reunida, agora na cidade castelá.
Marcial Valladares incorpórase o 1 de abril de 1845 ó colexio de avogados de Zamora e, pola súa parte, seu irmán Sergio é nomeado para ocupar o posto de “visitador de la renta del papel sellado de Zamora”, comisión máis honorífica ca produtiva, segundo recoñece o propio Valladares (MF, Ll: cap. XXXII), que antes xa ocupara el interinamente. Xuntos de novo os dous irmáns, dedicáronse durante ese verán a facer excursións polas vilas e cidades de arredor: Benavente68, Ponte de Castrogonzalo, Ciudad-Rodrigo, Salamanca, Toro... Estas uexpedicións”, como son denominadas por don Marcial, aproveitounas para tomar apuntamentos e debuxos dos monumentos, anotar romances, consultar crónicas antigas nas bibliotecas e arquivos e recadar todo tipo de informacións históricas para o que logo constituirá a súa obra Crónica de la ciudad de Zamora, que comeza a redactar precisamente agora, aínda que non lle dará cabo ata 1855. Na actualidade a crónica segue inédita. Algúns fragmentos podemos lelos nas Memorias de familia. O inicio arrinca xustificando a necesidade de contar a historia desta cidade, moi vinculada a Galicia por ser cabeza dela nas Cortes de noutrora, e expón as dificultades que atopa en levala adiante (L2, cap. II):
A mediados de setembro deste ano de 1846 Valladares viaxa a Madrid, onde permanecerá ata os primeiros días de novembro. Desgrazadamente desta viaxe non anotou nada nas Memorias, debido, segundo el, a que uescrito le conservo en cuaderno separado, bajo el título de Recuerdos” (MF, Ll: cap. XXVI). Con todo, supoñemos que os últimos días na capital, coincidentes cos primeiros días de novembro, deberon inspiralo na composición en galego que titulou “A un cementerio en Madrid el día de difuntos de 1846”. Nela volvemos atopar o Valladares máis romántico, con pose meditabunda e escéptica, neste caso a través da descrición dun cemiterio (Fernández Salgado 2002: 573):
Tristes sitios ós mortos destinados,
abertos xá dende onte ás oracions;
campo santo, que escondes sepultados
pecadores de cen mil condicions;
Silencioso retiro, onde algun día
descanse quezais eu, mañan acaso,
hasta esas cruces, números d’agonía,
deixa, déixame chegue paso á paso.
Neste poema versifica un dos temas máis típicos do romanticismo: o sepulcral. Reflexiona sobre a fugacidade da vida, a morte, a orfandade, a soidade... Pinta o campo santo madrileño como un lugar triste, un “vasto arquivo de corpos mesturados”, e ós defuntos, como “números d’agonía”; ante a morte todos somos iguais, pois a tumba é unha umorada d’igualdá”; en tanto que a vida aparece como uviaxe fatigoso”, uval mísero”. A composición remata cunha pregaria lastimeira, chea de soidade pola súa terra, distante de Madrid a máis de cen leguas :
Ela ofrenda é ás almas dirixida
de parentes virtuosos que perdin
é alá lonxe reposan na querida
natal patria, á cen leguas ¡ay! de min.
A estadía en Zamora de seis anos e as dúas “escapadiñas” dende esta cidade á de Valladolid, en 1845, e á Madrid, en 1846, foron os momentos en que Valladares puxo o pé fóra de Galicia. Da viaxe a Madrid, descoñecemos as súas imprensións, recollidas no dito caderno inédito titulado Recuerdos. Non obstante, podemos aventurar que as sensacións experimentadas na capital da Corte non deberon ser moi diferentes das melancólicas que el mesmo describiu no capítulo XI da súa novela Majina, cando Ermelio e a propia Majina chegan a Madrid da man dos seus protectores:
Si en las alas del destino
cruzas el mundo algún día,
Galicia la patria mía
con amor te acogerá
y en sus floridos vergeles,
en sus mágicos recintos,
que embalsaman los jacintos,
Allí mi aldea estará.
¡Ah! Corre do ella a gustar
La incomparable delicia:
Corre a mi amada Galicia
Que es de amores el edén
Surca esa mar proceloso,
Que apaga mi débil voz,
Hiende el espacio, veloz:
A mi aldea vuela, ven.
A composición de Valladares é en galego, titúlase “Á miña aldéa” e permanecerá inédita ata a década de 1860. Nos seus versos agroman o pesar que sente por ter que abandonar os campos nativos de Vilancosta e o desexo de regresar a eles, aínda que teme non o poder dar cumprido. Así o recollen as tres últimas oitavas de pentasílabo con que remata o poema (Fernández Salgado 2002: 575):
Si, caros sitios,
onde por mayo
a rula é o gayo
de novo irán
E,amores novos
ahí esparcindo,
niños urdindo
vos cantarán.
Amigos leales,
anque vos deixen
é alá s’aleixen
á seu placer,
E porque saben,
saben demáis,
fillos é páis
que han de volver.
E volven, chegan
ledos, ufanos,
tódo-los anos.
Sin un faltar.
¡Sólo eu, coitado,
sólo eu non chego!
¿Será despego...?
--¡E o meu azár...!
Os últimos anos en Zamora
Entremedias das soidades e recordos por Galicia, Valladares seguiu desempeñando diversos postos na Administración provincial de Zamora. Nestes anos foi comisionado especial de ventas ata xuño de 1847, en que cesa ó se suprimiren os comisionados por orde do Ministro de Faeenda, e logo ocupou a vacante do seu irmán Sergio, á que renunciou en xaneiro de 1848. Durante a primavera encargarase da reorganización do Liceo artístico e literario de Zamora, sociedade da que será elixido Secretario xeral e na cal acabarán inscribíndose tamén tres das súas irmás: Luisa, na sección de declamación, e Avelina e Isabel, na de música. Xa en setembro deste ano de 1848, don Marcial é nomeado uvocal supernumerario del consejo administrativo de Zamora” e, pola súa banda, seu irmán Sergio é igualmente designado uvocal supernumerario”, pero do Consello provincial de Pontevedra, pasando logo a ocupar o posto de conselleiro provincial. Entre tanto, o pai, recibe a concesión de honores como secretario real a principios de 1849.
En xaneiro de 1850, o Goberno puxo en práctica a varias veces anunciada Reforma da Administración provincial do Estado, o que supuña entre outras cousas a refundición nunha soa autoridade da Administración civil e a económica. Ante isto, don José cesa no seu posto de Intendente en Zamora e é nomeado Gobernador da provincia de Ourense. Antes da partida, o pai recibirá unha infinidade de homenaxes que son recordados así nas Memorias (L2: cap. I):

- A cinco horas y cuarto están en el llano de frondosa cañada la venta y linda iglesia de Tuíza; donde termina la provincia de Orense y empieza la de Zamora. Aquí desaparece del todo la pizarra, quedando solo el granito.
- está a una hora y cuarto Padornélo primer lugar de Castilla la vieja, pero sus vecinos, jente de mala catadura, hablan gallego. Concluyen aquí las Portillas y á dos horas menos cuarto está la cruz de piedra que separa a Galicia de Castilla.
Nesta cidade, Valladares ocupou interinamente postos en diferentes comisións e auxiliou tamén ó pai en tarefas administrativas e de goberno. Foi nomeado en setembro Comisionado interino especial de venta de bens nacionais, que acepta obrigado, segundo escribe nas Memorias (L1 cap. XXIX), uno sin repugnancia, á causa de no haber persona en Zamora de confianza que quisiera encargarse de esta comisión”. Aproveitou tamén estes primeiros meses para facer excursións e viaxes ás cidades e lugares da contorna. Nas súas Memorias recóllense as anotacións en forma de diario da súa estancia en Valladolid, durante as feiras de setembro de 184464, tamén en Toro, Villalar, Tordesillas, Simancas... Non obstante, a pesar destes intres de lecer, a vida na cidade castelá comeza a facerse dura coa chegada do inverno. Tanto o pai coma o fillo séntense en terra allea e sen apenas círculo de amizades, reducido, segundo el, a “tres o cuatro empleados” da Administración, tamén galegos. Por causa disto, o tempo de lecer que lle deixa o seu traballo dedícao á lectura e á música. Escribe nas Memorias (Ll: cap. XXXI) que boa parte destas horas as pasaba:
- leyendo por vez primera en ratos desocupados el encantador viaje de Mr. Alfonso de Lamartine al Oriente, biografías de diferentes hombres célebres, alguna de las obras de los españoles Larra y Mesonero Romanos; tocando otras veces en violin prestado [...], aprendiendo escalas y lecciones de piano, instrumento que empezaba a manejar entonces y abandoné más tarde, por dedicarse á él mis hermanas y no tener ya paciencia yo para sujetarme, como ellas, a su pesada y difícil música.
- aburrido en fin, bastantes días eran mis mas dulces momentos los en que componía versos, escribía á mi familia, á los amigos de mi pais; ó recibía nuevas de una y otro. Cartas guardo de aquella época llenas de ternura, de sentimiento y algunas hasta de poesía, cartas estimables solo para mi, conocedor de las circunstancias en que escritas fueron y motivos que las dictaron.
- esas soledades en una palabra, que más o menos esperimentan los jóvenes por algun tiempo, al ser arrancados del paterno hogar, sobre todo los gallegos, tan apegados al buen ó mal albergue que los vió nacer y en el que dejan sus recuerdos tiernos y mas gratas sensaciones.
PAROLAS ¡ai! d’amor ja non escoito
Longe do val mimoso en que nacin:
Cubrénseme alma e corazon de loito
E a alegría fugir vexo de min.
Negra coita despértame o leito,
Magóame de dia e fai layar
E as xingelas paredes do meu peito,
Pouco a pouco escalándoas, arrolar.
Tristura me dá todo e me desvela
Desque da terra miña m’apartei:
Todo, prendiña, todo, desque nela,
Desleigado dirás, eu te deixei.
Outras composicións desta época veñen inspiradas das súas lecturas de Lamartine. Polas referencias contidas nas Memorias, de 1846 debe ser a súa adaptación libre ó galego dalgúns versos do escritor francés que compuxera durante a súa viaxe a oriente66. Valladares titula a composición "A un-a flor”, está repleta dun suave lirismo e comeza así (Fernández Salgado 2002: 577):
De Caífás nos xardins
hay un-a frol feiticeira
que, á través d’alta palmeira,
os rayos buscan do sol.
Mais doces que os da gacela
tén esta frol dous olliños,
bélos cal resplandoriños
de matinal arrebol.
O escritor ullán foi un grande admirador de Alphonse de Lamartine67. Alude a el en varias pasaxes das súas Memorias e nos apéndices dos Elementos de Gramática Gallega (1892) incluíu varias citas súas que quizais proveñan de anotacións realizadas xa nesta primeira lectura da obra do francés.
Finalmente, tamén por soidade do tempo que foxe e, sen dúbida, aguilloado pola súa lectura neste tempo de biografías de grandes homes, principia agora, en 1844, a redacción das Memorias de familia.
A familia reunida en Zamora
Así e todo, a melancolía do pai e do fillo víronse aliviadas na primavera de 1845 ó se trasladaren tamén a Zamora dende Vilancosta a nai e os seus irmáns, co que a familia volvía quedar reunida, agora na cidade castelá.
Marcial Valladares incorpórase o 1 de abril de 1845 ó colexio de avogados de Zamora e, pola súa parte, seu irmán Sergio é nomeado para ocupar o posto de “visitador de la renta del papel sellado de Zamora”, comisión máis honorífica ca produtiva, segundo recoñece o propio Valladares (MF, Ll: cap. XXXII), que antes xa ocupara el interinamente. Xuntos de novo os dous irmáns, dedicáronse durante ese verán a facer excursións polas vilas e cidades de arredor: Benavente68, Ponte de Castrogonzalo, Ciudad-Rodrigo, Salamanca, Toro... Estas uexpedicións”, como son denominadas por don Marcial, aproveitounas para tomar apuntamentos e debuxos dos monumentos, anotar romances, consultar crónicas antigas nas bibliotecas e arquivos e recadar todo tipo de informacións históricas para o que logo constituirá a súa obra Crónica de la ciudad de Zamora, que comeza a redactar precisamente agora, aínda que non lle dará cabo ata 1855. Na actualidade a crónica segue inédita. Algúns fragmentos podemos lelos nas Memorias de familia. O inicio arrinca xustificando a necesidade de contar a historia desta cidade, moi vinculada a Galicia por ser cabeza dela nas Cortes de noutrora, e expón as dificultades que atopa en levala adiante (L2, cap. II):
- Zamora, célebre en pasados tiempos [...], patria de diferentes sabios varones; corte en otra edad de nuestros reyes; digna ciertamente de una historia completa y exacta, á la par que concienzuda, carece, empero, de tan interesante obra, nombre que no merecen las pocas crónicas que en el siglo último y anteriores se escribieron y he leído, de esta poblacion, hallándole en la cual y queriendo acometer mil veces la empresa de semejante obra; no obstante mis debilísimas fuerzas, hube de desmayar otras tantas, á vista de obstáculos y dificultades, como eran, entre otras, las no pequeñas de la disputa no decidida todavia para mi sobre la famosa Numancia; cuestion de que muchos se ocuparon, que graves historiadores resuelven en favor de Zamora y cuestion de que tanto por la oscuridad en que se encuentra aún como por lo espinoso y delicado de la materia, prescindiré, quizá, si, ordenando la no escasa porcion de materiales que cuento en mi poder, logre escribir un dia la historia de dicha población. No siendo mi objeto, pues, hacer aquí ese trabajo histórico, compendiaré unicamente en pocas pájinas lo mas notable y bastante á dar lijera idea acerca del orijen, acontecimientos y actual estado de una ciudad, en que vine á residir casi seis años; cabeza un tiempo de Galicia, por la cual habló en nuestras antiguas cortes, hasta que en 1623 concediósele hablar por si, enviando ya en el reinando de Felipe 4° siete procuradores las ciudades y provincias de la Coruña, Betanzos, Lugo, Orense, Pontevedra, Tuy y Santiago.
A mediados de setembro deste ano de 1846 Valladares viaxa a Madrid, onde permanecerá ata os primeiros días de novembro. Desgrazadamente desta viaxe non anotou nada nas Memorias, debido, segundo el, a que uescrito le conservo en cuaderno separado, bajo el título de Recuerdos” (MF, Ll: cap. XXVI). Con todo, supoñemos que os últimos días na capital, coincidentes cos primeiros días de novembro, deberon inspiralo na composición en galego que titulou “A un cementerio en Madrid el día de difuntos de 1846”. Nela volvemos atopar o Valladares máis romántico, con pose meditabunda e escéptica, neste caso a través da descrición dun cemiterio (Fernández Salgado 2002: 573):
Tristes sitios ós mortos destinados,
abertos xá dende onte ás oracions;
campo santo, que escondes sepultados
pecadores de cen mil condicions;
Silencioso retiro, onde algun día
descanse quezais eu, mañan acaso,
hasta esas cruces, números d’agonía,
deixa, déixame chegue paso á paso.
Neste poema versifica un dos temas máis típicos do romanticismo: o sepulcral. Reflexiona sobre a fugacidade da vida, a morte, a orfandade, a soidade... Pinta o campo santo madrileño como un lugar triste, un “vasto arquivo de corpos mesturados”, e ós defuntos, como “números d’agonía”; ante a morte todos somos iguais, pois a tumba é unha umorada d’igualdá”; en tanto que a vida aparece como uviaxe fatigoso”, uval mísero”. A composición remata cunha pregaria lastimeira, chea de soidade pola súa terra, distante de Madrid a máis de cen leguas :
Ela ofrenda é ás almas dirixida
de parentes virtuosos que perdin
é alá lonxe reposan na querida
natal patria, á cen leguas ¡ay! de min.
A estadía en Zamora de seis anos e as dúas “escapadiñas” dende esta cidade á de Valladolid, en 1845, e á Madrid, en 1846, foron os momentos en que Valladares puxo o pé fóra de Galicia. Da viaxe a Madrid, descoñecemos as súas imprensións, recollidas no dito caderno inédito titulado Recuerdos. Non obstante, podemos aventurar que as sensacións experimentadas na capital da Corte non deberon ser moi diferentes das melancólicas que el mesmo describiu no capítulo XI da súa novela Majina, cando Ermelio e a propia Majina chegan a Madrid da man dos seus protectores:
- O que chegaron á Madrí e viron tanto caserío como alí hai e cousas que nunca viran, bonitas, si, pró co-as que nunca tampouco s’encariñáran, nin eran pra disfruta-l-as eles, lonje de quedar pasmados, coma en Santiago, quedaron tristísimos, ja porque separados foran n’o viaje, ja porqu’en distintas casas s’atopaban, ja, en fin, porqu’, aleijados d’a aldea, en que tiñan as suas afeucions, qu’era coma o seu praíso, nada acostumados ós castellanos, nin á terra d’estes, todo cósta arriba se lles facía, especialmente n’os primeiros dias; henchérons’unha e outro de suidades.
Si en las alas del destino
cruzas el mundo algún día,
Galicia la patria mía
con amor te acogerá
y en sus floridos vergeles,
en sus mágicos recintos,
que embalsaman los jacintos,
Allí mi aldea estará.
¡Ah! Corre do ella a gustar
La incomparable delicia:
Corre a mi amada Galicia
Que es de amores el edén
Surca esa mar proceloso,
Que apaga mi débil voz,
Hiende el espacio, veloz:
A mi aldea vuela, ven.
A composición de Valladares é en galego, titúlase “Á miña aldéa” e permanecerá inédita ata a década de 1860. Nos seus versos agroman o pesar que sente por ter que abandonar os campos nativos de Vilancosta e o desexo de regresar a eles, aínda que teme non o poder dar cumprido. Así o recollen as tres últimas oitavas de pentasílabo con que remata o poema (Fernández Salgado 2002: 575):
Si, caros sitios,
onde por mayo
a rula é o gayo
de novo irán
E,amores novos
ahí esparcindo,
niños urdindo
vos cantarán.
Amigos leales,
anque vos deixen
é alá s’aleixen
á seu placer,
E porque saben,
saben demáis,
fillos é páis
que han de volver.
E volven, chegan
ledos, ufanos,
tódo-los anos.
Sin un faltar.
¡Sólo eu, coitado,
sólo eu non chego!
¿Será despego...?
--¡E o meu azár...!
Os últimos anos en Zamora
Entremedias das soidades e recordos por Galicia, Valladares seguiu desempeñando diversos postos na Administración provincial de Zamora. Nestes anos foi comisionado especial de ventas ata xuño de 1847, en que cesa ó se suprimiren os comisionados por orde do Ministro de Faeenda, e logo ocupou a vacante do seu irmán Sergio, á que renunciou en xaneiro de 1848. Durante a primavera encargarase da reorganización do Liceo artístico e literario de Zamora, sociedade da que será elixido Secretario xeral e na cal acabarán inscribíndose tamén tres das súas irmás: Luisa, na sección de declamación, e Avelina e Isabel, na de música. Xa en setembro deste ano de 1848, don Marcial é nomeado uvocal supernumerario del consejo administrativo de Zamora” e, pola súa banda, seu irmán Sergio é igualmente designado uvocal supernumerario”, pero do Consello provincial de Pontevedra, pasando logo a ocupar o posto de conselleiro provincial. Entre tanto, o pai, recibe a concesión de honores como secretario real a principios de 1849.
En xaneiro de 1850, o Goberno puxo en práctica a varias veces anunciada Reforma da Administración provincial do Estado, o que supuña entre outras cousas a refundición nunha soa autoridade da Administración civil e a económica. Ante isto, don José cesa no seu posto de Intendente en Zamora e é nomeado Gobernador da provincia de Ourense. Antes da partida, o pai recibirá unha infinidade de homenaxes que son recordados así nas Memorias (L2: cap. I):
- Ni un solo hombre de bien había en Zamora que no sintiese la marcha de mi padre, al paso que no se alegrára de mirar recompensado en cierto modo sin pretensión ni intriga el celo, intelijencia y méritos del empleado antiguo y probo.
O reencontro con Galicia (1850-1852)
O paso fugaz por Ourense e regreso a Vilancosta
A primeiros de 1850, axustada unha “galera” e un carro para o transporte das pertenzas, inician os Valladares o camiño de volta a Galicia, acompañados de dous criados zamoranos, Maruja e Andrés, e escoltados por cinco carabineiros de infantaría. Contrariamente á ida, a viaxe de regreso realízana por Lugo.
En pleno inverno polos Montes de León, a viaxe faise lenta e fatigosa por mor da neve, o que os obriga a permanecer algúns días en Astorga antes de cruzar o porto do Manzanal e, logo, en Vilafranca para cruzar os montes do Cebreiro e pasar Pedrafita, uprimera aldea de Galicia”, segunda as Memorias. Chegan a Lugo tras dez días de duro camiño, onde se atopan coa agradable sorpresa de que Sergio viñera dende Pontevedra esperalos. Fan un alto duns días na cidade e, contratadas novas mulas de carga e dous carros do país, emprenden o tramo final da súa ruta ata Ourense onde pai e fillo debían tomar posesión dos seus novos cargos. Entran nesta cidade tras trece días de marcha dende Zamora, que malia facerse uen esta estación tan cruda, con tanto número de personas y tan mal camino, sobre todo de Lugo a Orense”, rematou felizmente, Ucual pocas veces acontece en correrías de esta clase así largas y peligrosas” (MF, L2: cap. III).
O día 30 de xaneiro de 1850 xurou don José ante o Consello provincial como novo gobernador de Ourense e don Marcial, como vocal supernumerario daquela corporación. Así e todo, apenas estiveron mes e medio nos seus postos, pois o pai foi declarado cesante polo ministro da Gobernación a mediados de marzo de 1850 inxustamente, segundo se recolle nas Memorias, por mor de maquiavélicas manobras levadas a cabo polos partidarios da facción eontrincante do seu partido, ante as eleccións xerais que se prevían. E nestes intres cando don José decide renunciar definitivamente á política, tal e como el mesmo o relata nunha carta que lle dirixe a un deputado galego, na que lle refire o seu desencanto coa vida pública e a pretensión de retirarse a Vilancosta:
Neira de Mosquera en Vilancosta e as angueiras literarias
Tras o regreso de Zamora, Valladares leva en Vilancosta unha vida de señorito de aldea, de folganza, non moi diferente da que el mesmo pintou en Majina para Salvio, o señorito de Rebordán, sen dúbida, inspirado na súa propia persoa: de estatus social semellante, bo cristián, de amores atormentados, amante da vida acougada da aldea, da caza e sempre disposto a acompañar a algunha amizade que o visitase para coñecer as paraxes da Ulla, coma na novela Salvio ó Marqués.
E abofé, a tranquilidade e monotonía neste recuncho da Ulla viuse alterada en agosto de 1851 coa visita de Antonio Neira de Mosquera, literato, periodista, cultivador do costumismo e autor de varias obras, entre elas as Monografías de Santiago, que naquel intre estaba a publicar nesa cidade. A súa estada en Vilancosta cos Valladares demoraríase por unha ducia de días e tiña como fin documentarse sobre a historia daquelas terras, coñecer as súas ruínas, os pazos e quintas importantes, e mais saber máis das súas romarías. Durante eses días Valladares exerceu de anfitrión e guía de Neira nas distintas excursións que realizaron pola contorna (MF, L2: cap. IX). Irían á Toire da Baireira; ó Pico Sagro en dúas ocasións (na primeira descenderían pola galería que alí existe); á quinta de Ortigueira, dos Ribadulla, coa súa carreira de buxos e oliveiras e a fonte da Nogueira; ó pazo de Oca e os seus xardíns, bastante descoidados naquela época75; e ó pazo de Ximonde. Tamén acudiron á romaría de San Agustín e á “feira do 1" no lugar do Foxo, preto da Estrada. A mediados de setembro regresaría de novo Neira a Vilancosta, nesta ocasión para participar nas romarías das Dolores en Ximonde e na do Sacramento en Santa Cruz? e mais para coñecer en barca o desfiladeiro de San Xoán da Cova, preto da Ponte Ulla. As anotacións realizadas por Neira nestas viaxes aparecerían posteriormente redactadas en forma de artigo no madrileño SEMANARIO PlNTORESCO ESPAÑOL e no santiagués El ECO DE GALICIA, que el mesmo estaba a dirixir en Santiago.
Estas expedicións polas terras da Ulla trouxéronlle a Valladares unha morea de recordos dos tempos de mocidade e resultaron unha excelente fonte de suxestións para poetizar. De feito, en 1851 data dúas poesías en galego relacionadas tematicamente coas expedicións feitas con Neira por estas terras. En concreto, a segunda subida ó cume do Pico Sagro, durante a cal ucorrimos á la fuentecilla, que llamaré de los alcornoques por dos que a su lado crecen, [...] y de cuya agua hemos bebido” (MF\ L2: cap IX), debéreno inspirar na composición “A Fonte do Pico-Sagro”, que non publicará ata a década de 1860. O poema comeza xustamente con estas quintillas enxalzadoras daquela fonte (Femández Salgado 2002: 586):
Fontiña d’homilde traza
en que o pastoriño ullan
saltando pol-a carpaza,
á beber chega no vran
é ó lado teu se solaza;
Baixo esas dúas sobreiras,
decote xuntas amigas,
adorno d’estas ladeiras,
como ti non tan antigas,
pró coma ti hospitaleiras;
A humildade da fonte contrasta coa magnificencia do Pico, exemplificada nas estrofas seguintes co recordatorio da historia do monte (o Mons Sacer, as minas romanas, as ruínas do mosteiro e da torre...) e das lendas e contos que foi xerando (os mouros que habitan dentro do Pico, a raíña Lupa, a parella de bois que trasladou o corpo do Apóstolo...).
Pola súa parte, as dúas visitas á quinta de Ortigueira e as romarías de setembro, sobre todo a do Sacramento, trouxéronlle á memoria os tempos de mozo en que asistira para ver e falar coa señorita C.V.A. O poema, titulado “Un recordo”, lembra a relación con aquela dama, se ben aproveita para introducir abondosos elementos costumistas sobre o ambiente popular que envolve a romaxe. Fíxase sobre todo na vestimenta e nas danzas dos labregos ulláns (Fernández Salgado 2002: 581):
A muiñeira bailaban do país
e dispian os homes as chaquetas,
repicando á compás as castañetas
xunto á ilesia no adral.
Estiraban as mozas á sua cofia
de puntilla de encaixe moy rizada
e con cinta de seda colorada
en todas desigual.
Asentaban de grana logo o dengue
ribeteado de estreito terciopelo
e o polvo sacudindo do mantelo,
bailaban sin parar
en corro cada unalí bailaba,
amostrando garboso a sua maxeza
pra volver ó outro diasin pereza
no campo a traballar [...]
A composición aparecería neste mesmo mes de setembro nas páxinas de El ECO DE GALICIA de Santiago (n° 53, 27/9/1851), e constitúe o primeiro poema en galego publicado por Valladares. Os versos ían precedidos dunha nota introdutoria do redactor, supoñemos que de Neira de Mosquera, na que gababa ó poeta de modesto e bo versificador, e á composición, pola temática costumista e o idioma en que estaba escrito:
Da autoría de Valladares é tamén outra composición en castelán aparecida en novembro neste mesmo xomal que leva por título “La rosquillera” (El ECO DE GALICIA, n° 71, 29/11/1851), poema costumista, que recolle o pregón desta personaxe rebuscadora e viaxeira pedestre dos camiños de Galicia. A primeira estrofa di así (Femández Salgado 2003a: 245):
Soy rosquillera viuda
de un sargento de marina
con seis diablejos ó hijos,
de mis ahorros polilla.
No tengo padres ni patria;
llámame el vulgo Lucia
y son mi hacienda peroles
y una sarten de cocina.
¡Rosquillas! ¡Buenos ginetes!
¿Ojaldre, mi señorita?
A composición convértese no antecedente doutro dos seus poemas costumistas máis celebrados, “A castañeira en Santiago”, publicada en 1882, que comezaba así (Fernández Salgado 2002: 610):
Mosiñas madrugadeiras
que, todas cheas de frio,
Á sidá vindes lijeiras
Á fase-l-o voso avío
E volvés ás vosas leiras
A travallar de cotío,
Castañas cosidas vendo.
¡Ai que ricas fervendo!
Sen dúbida, nos soportais das rúas do Santiago de mediados do século XIX, o eco dos pregóns dos personaxes máis diversos anunciando as súas mercadorías eran algo moi cotián e Valladares debía ter oído estes e outros semellantes moitas outras veces.
Nestes anos iniciais da década de 1850, de relativo vagar en Vilancosta, data tamén o comezo da redacción do seu Diccionario, segundo Valladares indica no seu prólogo (1884: VI): “desde mil ochocientos cincuenta venimos ocupándonos en tareas parecidas á las del Señor Rodríguez”, en alusión ó dicionario de Francisco Javier Rodríguez, editado en 1863 por Antonio de la Iglesia. Precisamente, na última páxina do exemplar n° 2 de El ECO DE GALICIA de Santiago (3/4/1851) insírese unha información relativa á elaboración dun dicionario que polos datos ofrecidos apunta ó de Rodríguez. Informa o redactor:
Trala marcha de Neira de Vilancosta a finais de setembro, chegou o outono e con el as saudades e melancolías foron acrecentándose en don Marcial, refuxiado na pródiga natureza ullá e identificándose cada vez máis coa forma de vida do labrador (MF, L2: cap. XV):
Marcial Valladares permaneceu solteiro ata o final da súa vida, igual cás súas irmás Avelina e Segunda. O seu celibato mesmo aparece como motivo dalgunha das cantigas dedicadas a Vilancosta que el mesmo compuxo, como a que dicía (Fernández Salgado 2002: 628):
O señor de Vilancosta
é xa vello e non casou:
fortuna para os seus sobriños
se levan o que el herdou.
Non obstante, nas súas Memorias, Valladares manifestou en varias ocasións o seu desexo de casar e mais as vantaxes deste estado para o home. Escribía aló por 1846 recordando unha excursión a Benavente cunha señora e a súa sobriña, unha tal F*** usoltera y joven” (Ll: cap. XXXIII):
O primeiro amor platónico dun aínda adolescente Marcial foi unha rapaza ourensá por volta de 1836, sendo el estudante de 3° ano de Filosofía no Seminario de Ourense. Pasados os anos, en 1850, de volta nesta cidade para ocupar un posto na Administración do Goberno civil volverá facer memoria, con cariño, desta muller. Escribe Valladares por esta altura con motivo de acudir a un baile de entroido que se organizara na cidade (MF, Ll: cap. IV):
Xa de mozo e coa carreira rematada, mantivo tamén galanteos coa señorita C.VA. de Santiago, iniciados a finais do verán de 1843 nas romarías da Ulla e continuados despois en 1844 en Santiago. A relación frustrouse no momento da marcha de don Marcial a Zamora. Xa nos referimos a ela anteriormente e ós poemas “A un Paxariño” (1844) e "Suidades” (1845) que este amor inspirou no daquela poeta namorado en terras castelás, e xa de regreso en Galicia, outros coma “Un recordo” (1851).
Non obstante, foi en Zamora cunha dama da cidade con quen Valladares mantivo unha relación máis sólida. Os sentimentos por esta muller durante a súa estancia alí e mais o seu nome (refírese a ela como ***) son celosamente agochados nas Memorias de familia. De feito, non temos noticia deles ata as páxinas que lle dedica en 1851 (MF, L2: cap. VII), xa de volta en Vilancosta:
[...] Garrida flor de Castilla,
en su hospitalaria tierra
la vida me arrebató
y todo mi amor en ella.
¡Si acá se hiciera!
Flor que asaz de menos echo
en pátria mía gallega,
cabe el Ulla trasplantada
holgárame yo de verla.
¡Si acá se hiciera!
Mas ¡ay! que la suerte impía
á ella se opone terca
y lucho con la inquietud
en tanto que el tiempo vuela.
¡Si acá se hiciera!
Contento, no obstante, aun
luchára yo enhorabuena,
si en mi, hoy triste, verjel
lograse al fin poséerla,
que en el se hiciera.
En 1853 aínda volvería dedicarlle outra composición encabezada pola enigmática dedicatoria Volven ser versos amorosos de queixa, desta vez en galego, que expresan o temor a que a amada xa fose seducida por outro e que, premonitoriamente, auguran un enlace matrimonial próximo (Fernández Salgado 2002: 590):
Direi que a punto
d’enmaridar,
teu pensamento
non forme ja
de min recordo
quezáis cabal:
¿Houbera-o alguén
d’adiviñar...?
¿Qué é de ti agora,
meu ai ai ai?
Baixade, bágoas,
Vinde a regar
Nun alelí
Espresión ¡ah!
D’amor primeira
Que a seu galan
Muller querida
Chegoulle a dar...
¿Qué é de ti agora,
Meu ai ai ai?
E certamente, a premonición do poeta cumpriuse nos primeiros meses de 1854 cando de Zamora recibiu carta anunciándolle o enlace de madama *** con don J. O., empregado en Burgos. No tempo transcorrido dende 1854 ano da rotura do compromiso, ata ese momento de 1854, Valladares aínda albergara algunhas ilusións por recobrar o amor desa muller, esperanzas que se evaporaron con esta triste nova para el. Desta relación quedaranlle reminiscencias dun amor pasado non superado que levará no corazón mentres viva, aínda que sexa só para atormentalo. Confesa empregando unha cita do francés Lamartine (MF, L2: cap. XXIII):
Foi no verán de 1866 en Pontevedra e con 45 anos cando en Valladares prendeu a última labarada de amor. Era ela unha dama madrileña da que tampouco di o nome (refírese a ela como M***), amiga da familia pontevedresa dos Riestra (a quen don Marcial trataba dende había tempo polas súas actividades na Deputación), que veraneaba na quinta destes da Caeira, ujoven lindísima, a quién con especialidad traté un poco”. Foi unha relación breve, pero sentida en palabras de don Marcial, que ocorreu neses días de 1866 en que a acompañou en Pontevedra e logo en Santiago, visitando a cidade antes da súa marcha a Madrid coa súa familia.
Só anotaremos unha similitude entre as palabras que lle dedica nas Memorias de familia con algún fragmento da novela Majina referido á protagonista Maxina. Valladares escribiu sobre M*** (L3: cap. XV e XVI):

- Dentro de dos o tres dias marcho a mi casa de Vilancosta; pediré luego mi jubilación y me retiraré para siempre de los negocios públicos, a no ser que se me antoje ser también Diputado.
- ¡Campos de Vilaneosta, florestas de la patria mia, recintos testigos todos de mis impresiones primera, confidentes de muchos de mis pesares y alegrías, que el labio que os saluda hoy nunca cese de elogiaros, que siempre me consoleis cuando en horas atribuladas mi alma hacia vos elevo y que cuando el endeble hilo de mi existencia romper plazca al Omnipotente, sepultados queden entre vosotros mis pobres restos...!
Neira de Mosquera en Vilancosta e as angueiras literarias
Tras o regreso de Zamora, Valladares leva en Vilancosta unha vida de señorito de aldea, de folganza, non moi diferente da que el mesmo pintou en Majina para Salvio, o señorito de Rebordán, sen dúbida, inspirado na súa propia persoa: de estatus social semellante, bo cristián, de amores atormentados, amante da vida acougada da aldea, da caza e sempre disposto a acompañar a algunha amizade que o visitase para coñecer as paraxes da Ulla, coma na novela Salvio ó Marqués.
E abofé, a tranquilidade e monotonía neste recuncho da Ulla viuse alterada en agosto de 1851 coa visita de Antonio Neira de Mosquera, literato, periodista, cultivador do costumismo e autor de varias obras, entre elas as Monografías de Santiago, que naquel intre estaba a publicar nesa cidade. A súa estada en Vilancosta cos Valladares demoraríase por unha ducia de días e tiña como fin documentarse sobre a historia daquelas terras, coñecer as súas ruínas, os pazos e quintas importantes, e mais saber máis das súas romarías. Durante eses días Valladares exerceu de anfitrión e guía de Neira nas distintas excursións que realizaron pola contorna (MF, L2: cap. IX). Irían á Toire da Baireira; ó Pico Sagro en dúas ocasións (na primeira descenderían pola galería que alí existe); á quinta de Ortigueira, dos Ribadulla, coa súa carreira de buxos e oliveiras e a fonte da Nogueira; ó pazo de Oca e os seus xardíns, bastante descoidados naquela época75; e ó pazo de Ximonde. Tamén acudiron á romaría de San Agustín e á “feira do 1" no lugar do Foxo, preto da Estrada. A mediados de setembro regresaría de novo Neira a Vilancosta, nesta ocasión para participar nas romarías das Dolores en Ximonde e na do Sacramento en Santa Cruz? e mais para coñecer en barca o desfiladeiro de San Xoán da Cova, preto da Ponte Ulla. As anotacións realizadas por Neira nestas viaxes aparecerían posteriormente redactadas en forma de artigo no madrileño SEMANARIO PlNTORESCO ESPAÑOL e no santiagués El ECO DE GALICIA, que el mesmo estaba a dirixir en Santiago.
Estas expedicións polas terras da Ulla trouxéronlle a Valladares unha morea de recordos dos tempos de mocidade e resultaron unha excelente fonte de suxestións para poetizar. De feito, en 1851 data dúas poesías en galego relacionadas tematicamente coas expedicións feitas con Neira por estas terras. En concreto, a segunda subida ó cume do Pico Sagro, durante a cal ucorrimos á la fuentecilla, que llamaré de los alcornoques por dos que a su lado crecen, [...] y de cuya agua hemos bebido” (MF\ L2: cap IX), debéreno inspirar na composición “A Fonte do Pico-Sagro”, que non publicará ata a década de 1860. O poema comeza xustamente con estas quintillas enxalzadoras daquela fonte (Femández Salgado 2002: 586):
Fontiña d’homilde traza
en que o pastoriño ullan
saltando pol-a carpaza,
á beber chega no vran
é ó lado teu se solaza;
Baixo esas dúas sobreiras,
decote xuntas amigas,
adorno d’estas ladeiras,
como ti non tan antigas,
pró coma ti hospitaleiras;
A humildade da fonte contrasta coa magnificencia do Pico, exemplificada nas estrofas seguintes co recordatorio da historia do monte (o Mons Sacer, as minas romanas, as ruínas do mosteiro e da torre...) e das lendas e contos que foi xerando (os mouros que habitan dentro do Pico, a raíña Lupa, a parella de bois que trasladou o corpo do Apóstolo...).
Pola súa parte, as dúas visitas á quinta de Ortigueira e as romarías de setembro, sobre todo a do Sacramento, trouxéronlle á memoria os tempos de mozo en que asistira para ver e falar coa señorita C.V.A. O poema, titulado “Un recordo”, lembra a relación con aquela dama, se ben aproveita para introducir abondosos elementos costumistas sobre o ambiente popular que envolve a romaxe. Fíxase sobre todo na vestimenta e nas danzas dos labregos ulláns (Fernández Salgado 2002: 581):
A muiñeira bailaban do país
e dispian os homes as chaquetas,
repicando á compás as castañetas
xunto á ilesia no adral.
Estiraban as mozas á sua cofia
de puntilla de encaixe moy rizada
e con cinta de seda colorada
en todas desigual.
Asentaban de grana logo o dengue
ribeteado de estreito terciopelo
e o polvo sacudindo do mantelo,
bailaban sin parar
en corro cada unalí bailaba,
amostrando garboso a sua maxeza
pra volver ó outro diasin pereza
no campo a traballar [...]
A composición aparecería neste mesmo mes de setembro nas páxinas de El ECO DE GALICIA de Santiago (n° 53, 27/9/1851), e constitúe o primeiro poema en galego publicado por Valladares. Os versos ían precedidos dunha nota introdutoria do redactor, supoñemos que de Neira de Mosquera, na que gababa ó poeta de modesto e bo versificador, e á composición, pola temática costumista e o idioma en que estaba escrito:
- Debemos á la buena amistad del Señor Don Marcial Valladares, joven tan estudioso como modesto, la siguiente composicion poética escrita en gallego, la que será acojida por nuestros lectores como una exacta e intelijente descripcion de costumbres provinciales del campo esplicadas en el antiguo dialecto de los valles.
Da autoría de Valladares é tamén outra composición en castelán aparecida en novembro neste mesmo xomal que leva por título “La rosquillera” (El ECO DE GALICIA, n° 71, 29/11/1851), poema costumista, que recolle o pregón desta personaxe rebuscadora e viaxeira pedestre dos camiños de Galicia. A primeira estrofa di así (Femández Salgado 2003a: 245):
Soy rosquillera viuda
de un sargento de marina
con seis diablejos ó hijos,
de mis ahorros polilla.
No tengo padres ni patria;
llámame el vulgo Lucia
y son mi hacienda peroles
y una sarten de cocina.
¡Rosquillas! ¡Buenos ginetes!
¿Ojaldre, mi señorita?
A composición convértese no antecedente doutro dos seus poemas costumistas máis celebrados, “A castañeira en Santiago”, publicada en 1882, que comezaba así (Fernández Salgado 2002: 610):
Mosiñas madrugadeiras
que, todas cheas de frio,
Á sidá vindes lijeiras
Á fase-l-o voso avío
E volvés ás vosas leiras
A travallar de cotío,
Castañas cosidas vendo.
¡Ai que ricas fervendo!
Sen dúbida, nos soportais das rúas do Santiago de mediados do século XIX, o eco dos pregóns dos personaxes máis diversos anunciando as súas mercadorías eran algo moi cotián e Valladares debía ter oído estes e outros semellantes moitas outras veces.
Nestes anos iniciais da década de 1850, de relativo vagar en Vilancosta, data tamén o comezo da redacción do seu Diccionario, segundo Valladares indica no seu prólogo (1884: VI): “desde mil ochocientos cincuenta venimos ocupándonos en tareas parecidas á las del Señor Rodríguez”, en alusión ó dicionario de Francisco Javier Rodríguez, editado en 1863 por Antonio de la Iglesia. Precisamente, na última páxina do exemplar n° 2 de El ECO DE GALICIA de Santiago (3/4/1851) insírese unha información relativa á elaboración dun dicionario que polos datos ofrecidos apunta ó de Rodríguez. Informa o redactor:
- Una persona recomendable de esta ciudad y que por su destino puede consultar las autoridades competentes para su empresa, hace algunos meses se ocupa en coordinar un Diccionario de voces gallegas, trabajo que á juzgar por lo que hemos podido ver, llamará la atención de los inteligentes.
- Segun tenemos entendido, esta publicación será tan elegante como esmerada y contendrá poesías escojidas y composiciones escritas en diversos dialectos provinciales. Galicia tambien celebrará en el lenguage empleado en sus valles y montañas, la memoria del célebre diplomático y literato Azara. Los escritores y poetas que dediquen una rama de laurel á esta corona poética tambien encontrarán al pie de sus composiciones una reseña biográfica-bibliográfica de su vida literaria.
Trala marcha de Neira de Vilancosta a finais de setembro, chegou o outono e con el as saudades e melancolías foron acrecentándose en don Marcial, refuxiado na pródiga natureza ullá e identificándose cada vez máis coa forma de vida do labrador (MF, L2: cap. XV):
- [...] henos aquí á nosotros pobres labradores aldeanos pegados a nuestro nido y al terruño, como a su concha el caracol, en medio constantemente de la sencilla naturaleza; admirándola en todas sus estaeiones [...] ¡Oh dulce sosegada vida del aldeano honrado!
Marcial Valladares permaneceu solteiro ata o final da súa vida, igual cás súas irmás Avelina e Segunda. O seu celibato mesmo aparece como motivo dalgunha das cantigas dedicadas a Vilancosta que el mesmo compuxo, como a que dicía (Fernández Salgado 2002: 628):
O señor de Vilancosta
é xa vello e non casou:
fortuna para os seus sobriños
se levan o que el herdou.
Non obstante, nas súas Memorias, Valladares manifestou en varias ocasións o seu desexo de casar e mais as vantaxes deste estado para o home. Escribía aló por 1846 recordando unha excursión a Benavente cunha señora e a súa sobriña, unha tal F*** usoltera y joven” (Ll: cap. XXXIII):
- Entonces me acordaba yo de cuan tristes y largas deben ser las horas de los que viven continuamente solos; creía entonces y creo todavía que al lado de una mujer amable, de una mujer buena, la vida será paraíso de delicia.
O primeiro amor platónico dun aínda adolescente Marcial foi unha rapaza ourensá por volta de 1836, sendo el estudante de 3° ano de Filosofía no Seminario de Ourense. Pasados os anos, en 1850, de volta nesta cidade para ocupar un posto na Administración do Goberno civil volverá facer memoria, con cariño, desta muller. Escribe Valladares por esta altura con motivo de acudir a un baile de entroido que se organizara na cidade (MF, Ll: cap. IV):
- [...] tuve el gusto de valsar dos veces con Margarita ***, casada en la actualidad y mujer que hacía catorce años despertára en mi ilusiones de un primer amor, amor que la recordé entonces, á la vez que mi pasion de niño cuando, en noche como aquella, en baile también de máscaras y en esta misma capital seguíala, cual sombra importuna al cuerpo, á través de largo colisco.
Xa de mozo e coa carreira rematada, mantivo tamén galanteos coa señorita C.VA. de Santiago, iniciados a finais do verán de 1843 nas romarías da Ulla e continuados despois en 1844 en Santiago. A relación frustrouse no momento da marcha de don Marcial a Zamora. Xa nos referimos a ela anteriormente e ós poemas “A un Paxariño” (1844) e "Suidades” (1845) que este amor inspirou no daquela poeta namorado en terras castelás, e xa de regreso en Galicia, outros coma “Un recordo” (1851).
Non obstante, foi en Zamora cunha dama da cidade con quen Valladares mantivo unha relación máis sólida. Os sentimentos por esta muller durante a súa estancia alí e mais o seu nome (refírese a ela como ***) son celosamente agochados nas Memorias de familia. De feito, non temos noticia deles ata as páxinas que lle dedica en 1851 (MF, L2: cap. VII), xa de volta en Vilancosta:
- Mi corazon, que había quedado en Zamora, latía en el entretanto á impulsos de un amor puro como virjinal sonrisa y casto cual infantil ensueño, amor contraido en 1846 con madama *** de aquella ciudad.
- [...] hé ahí caídos de un solo golpe al suelo proyectos e ilusiones de tanto tiempo, por falta de cierta independencia que circunstancias no aquí del caso me impiden ofrecer á la que sin ella no puede unir, dice, su suerte á la mía, ser mi esposa, por mas que reconocida esté al partido y consideraciones que mis padres en su casa la aseguraban al lado mío y de mis hermanas.
- No tengo mas patrimonio que mi profesion decadente hoy y miserable derecho a cierta porcion de tierra, que habrá de dividirse entre siete hermanos, y el honroso nombre de mi padre.
- Su merced díjome una tarde: "No veo en ti, hijo mio, esa especie de cortesanía popular indispensable para el que haya de lanzarse al mundo y hacer en él carrera. Serás buen ciudadano, buen esposo, buen padre; no prosperarás, empero, como empleado ni hombre público, á no tener gran proteccion, vacilarás en asuntos graves; te amedentrará la intriga y, envolviéndote en sus terribles pliegues, no sabrás desprenderte de ellos. Todas las probabilidades me anuncian que serás bien poco; ó nada, hijo mio.
- ¡Desconsoladora idea! Presente y porvenir mío ¡cual me asustais...! Seré poco, si; desconoceré la intriga; seré impopular ante la adulacion é hipocresía mal vistas de nuestra epoca; arrastraré en rincon oscuro mi existencia trabajosa; careceré de honores vanos; de amigos lisonjeros y engañosos, pero despertaré al día y bendeciré en mi humilde lecho al Criador, dueño de las existencias todas, con la conciencia pura y dormiré tranquilo sobre mis acciones sin que enemigos me acechen ni ambiciones me atormenten. Una sola me restaba ayer, la de ese frustrado enlace, la de ese amor que alimenté en vano y ya no me pertenece...
- On n’est heureux oil avec une bonne femme, dice Bernardino de SaintPierre. L’amour peut étre regardé comme un plaisir des sens, mais dans l’homme il s’allie avec tant d’autres sentiments que ce serait lui faire tort que de n’en faire qu’un besoin physique... Tous les celibataires sont tristes... Si le bonheur est l’harmonie des plaisirs, dans une femme aimée se trouve toute la felicité dont l’homme est susceptible, dans une femme aimable on trouve á satisfaire a la fois les sens, l’ésprit et le coeur: c’est lá le secret de la nature qui rend l’amour si puissant...
[...] Garrida flor de Castilla,
en su hospitalaria tierra
la vida me arrebató
y todo mi amor en ella.
¡Si acá se hiciera!
Flor que asaz de menos echo
en pátria mía gallega,
cabe el Ulla trasplantada
holgárame yo de verla.
¡Si acá se hiciera!
Mas ¡ay! que la suerte impía
á ella se opone terca
y lucho con la inquietud
en tanto que el tiempo vuela.
¡Si acá se hiciera!
Contento, no obstante, aun
luchára yo enhorabuena,
si en mi, hoy triste, verjel
lograse al fin poséerla,
que en el se hiciera.
En 1853 aínda volvería dedicarlle outra composición encabezada pola enigmática dedicatoria Volven ser versos amorosos de queixa, desta vez en galego, que expresan o temor a que a amada xa fose seducida por outro e que, premonitoriamente, auguran un enlace matrimonial próximo (Fernández Salgado 2002: 590):
Direi que a punto
d’enmaridar,
teu pensamento
non forme ja
de min recordo
quezáis cabal:
¿Houbera-o alguén
d’adiviñar...?
¿Qué é de ti agora,
meu ai ai ai?
Baixade, bágoas,
Vinde a regar
Nun alelí
Espresión ¡ah!
D’amor primeira
Que a seu galan
Muller querida
Chegoulle a dar...
¿Qué é de ti agora,
Meu ai ai ai?
E certamente, a premonición do poeta cumpriuse nos primeiros meses de 1854 cando de Zamora recibiu carta anunciándolle o enlace de madama *** con don J. O., empregado en Burgos. No tempo transcorrido dende 1854 ano da rotura do compromiso, ata ese momento de 1854, Valladares aínda albergara algunhas ilusións por recobrar o amor desa muller, esperanzas que se evaporaron con esta triste nova para el. Desta relación quedaranlle reminiscencias dun amor pasado non superado que levará no corazón mentres viva, aínda que sexa só para atormentalo. Confesa empregando unha cita do francés Lamartine (MF, L2: cap. XXIII):
- ¡Que quereis!, diré con Mr. Alfonso de Lamartine. Aun cuando hubiese una tan Amable y tan Bella para mi tendría siempre un defecto, el de no ser ***. Eramos dos granos de una misma mata, los demas granos pueden ser muy buenos, pero no se ajustan, encuentran y conocen en la espiga.
Foi no verán de 1866 en Pontevedra e con 45 anos cando en Valladares prendeu a última labarada de amor. Era ela unha dama madrileña da que tampouco di o nome (refírese a ela como M***), amiga da familia pontevedresa dos Riestra (a quen don Marcial trataba dende había tempo polas súas actividades na Deputación), que veraneaba na quinta destes da Caeira, ujoven lindísima, a quién con especialidad traté un poco”. Foi unha relación breve, pero sentida en palabras de don Marcial, que ocorreu neses días de 1866 en que a acompañou en Pontevedra e logo en Santiago, visitando a cidade antes da súa marcha a Madrid coa súa familia.
Só anotaremos unha similitude entre as palabras que lle dedica nas Memorias de familia con algún fragmento da novela Majina referido á protagonista Maxina. Valladares escribiu sobre M*** (L3: cap. XV e XVI):
- Era nieta de un Virrey de Méjico y había en su mirada, en todo su semblante y continente, un no se que de superior y grande.
- [...] la mujer más linda, mas despejada, que hasta hoy también hirió mis ojos.
- Volveus’estonces o marqués á Salvio e esclamou: --¡Cuanto, amigo mío, me gusta esta niña! ¡Qué linda es y que despejada! ¿No advierte V. una especie de señorío en todo su continente?
Un político na deputación de Pontevedra
A elección como Deputado
Luego fué... ¡la mar de cosas!
y tuvo tantos empleos
Que algún cesante se haría
Feliz con el mas pequeño.
Una vez, gobemador
De Pontevedra lo hicieron,
Y dos veces diputado
Fué por Tabeirós electo.
E. LABARTA POSSE (1888)
De novo, humoristicamente, os versos de Labarta compendian o que vai ser o paso de Valladares pola vida pública, dende 1852 en que é elixido Deputado ata o seu retiro en 1866.
En efecto, nos primeiros meses de 1852 procedeuse á renovación das Deputacións. Nesas eleccións resultou elixido Deputado por Tabeirós, feito que non foi totalmente do seu agrado, como recoñece nas Memorias, usin jesto alguno de mi parte y hasta casi con repugnancia mía” (MF, L2: cap. XVI). Tomou posesión da súa acta o 2 de abril de 1852. Nesa sesión inaugural Valladares foi nomeado con outros tres deputados upara que presenten el proyecto de repartimiento”. As súas actividades na Deputación, da que é nomeado inicialmente Vicesecretario, e a certa regularidade con que se celebraban sesións90 obrigárono tempo a altemar como residencia Vilancosta e a capital provincial. Na sesión do 28 de xuño de 1853, segundo o Libro de actas, sería nomeado Secretario da Deputación, polo que, entre outras misións, debía redactar as actas de sesión. E abofé que a designación ten certas repercusións, xa que reparando no estilo das actas atopamos trazos sintácticos que vemos logo na prosa de Majina.
Segundo tódalas crónicas, o ano de 1853 fora un ano de fame terrible en toda Galicia por causa das malas colleitas do ano anterior, escaseza que se prolongaría ata 1855. Así se describen estas fames nas Memorias (L2: cap. XIX)92:
Consonte o exame das actas do período 1852-54, Valladares só estivo ausente en catro sesións, todas en novembro de 1853, debido a Uuna súbita indisposición física” (acta de 10/10/1853). Non obstante, sabemos polas Memorias que esa non foi a verdadeira causa.
Tempo de desgrazas en Vilancosta
Amais de ser ano de fame en toda Galicia, 1853 foi un ano en que comezou unha serie de desventuras inesperadas para os Valladares. Mencionamos que Valladares non acudira en novembro a ningunha sesión da Deputación. A causa non fora unha usúbita indisposición” senón a morte repentina da súa irmá máis vella Jacoba, cando aínda non contaba 34 anos, e nos oito días seguintes, por mor das febres, a do seu marido Antonio, de 42, ó que Valladares sempre considerara un irmán. O matrimonio falecido deixaba tres fillos orfos que quedaron baixo a tutela dos seus tíos. Esta desgraza producíase cando a familia acababa de superar outro contratempo: un mal parto de Manuela, a muller do seu irmán Sergio, que trouxera como consecuencia a perda do fillo e unha longa recuperación de Manuela, na que don Marcial participou activamente, acompañando á cuñada longas tempadas nos baños de Cuntis.
Mais non acabaron aí as contrariedades. A súa nai, encamada dende 1853 a causa ude inexplicable melancolía [...], enflaqueciendo poco á poco” e sumida nun continuo padecer, finaba en maio de 1854, cando contaba 68 anos. Antes, en marzo de 1854, don Marcial recibira de Zamora outra amarga noticia, a do casamento de Catalina, ó que xa nos referimos. Todas estas adversidades fixéronlle meditar sobre o destino e o papel xogado por Deus nel nos seguintes termos (MF, L2: cap. XXIII):
¿Será que contribuyen á hacernos mas y mas sumisos á la voluntad del ordenador de las estaciones, las noches y los días, único que distribuye los talentos y la hermosura, los goces y los pesares, árbitro de los destinos todos y en todo siempre omnipotente, voluntad que locura inútil y anticristiana fuera tratase el mortal de inquirir, neutralizar o suspender?
Pero se no terreo familiar e afectivo os desgustos son continuos, tampouco no terreo político os ventos son propicios. En xuño de 1854 cambiou completamente a face política de España coa sublevación dos xenerais Dulce e O’Donnell, o que conducirá ó poder ós progresistas, provocando a volta de Espartero e o inicio do período chamado “bienio progresista” (1854-1856). Unha das consecuencias do novo goberno será o restableeemento das Deputacións provinciais existentes en 1843 e a supresión dos Consellos de todas as provincias da monarquía. Por tal motivo, Valladares foi relevado do cargo de Deputado provincial e el mesmo renunciou á Vocalía da Xunta inspectora de camiños de Tabeirós, da que formaba parte dende marzo de 1854. Pola súa banda, tamén o seu irmán Sergio cesou como conselleiro provincial e ese mesmo ano presentouse ás eleccións a Cortes, nas que non saíu elixido.
Son anos de infortunio para a familia. O desgraciado parto de Manuela en 1852, á morte a deshora de Jacoba e o seu marido a finais de 1853 e ó pasamento da nai en maio de 1854 veu xuntárselle aínda outra desgraza maior: o falecemento en marzo de 1855 de seu irmán Sergio cando só tiña 31 anos. A morte sobreviñéralle repentinamente a causa dun ataque cando se atopaba en Laiás, ó sur da provincia de Lugo, onde estaba a arranxar uns asuntos para o conde de Pallares, o tío da súa muller. Ata alí se trasladou don Marcial para amañar o enterro, que se fixo alí mesmo. E aínda recente esta morte, finou igualmente en abril deste ano 1855 a irmá do pai, afectada en extremo pola morte do seu sobriño, e pouco máis tarde tamén o fillo máis vello dos falecidos Jacoba e Antonio, que con 12 anos estaba comezando os estudos en Santiago: “Espiró cual espiran los justos, lleno de inocecia, de fé y en los brazos de sus tíos y tutores el cura de Sarandón y yo”5 escribiu Valladares nas Memorias (L3: cap. I).
Todas estas desgrazas, súbitas e inesperadas, ás que Valladares tivo que facer fronte como cabeza da familia, acolléronas el e os outros membros da familia con resignación, afianzando máis aínda as súas crenzas na Providencia e refuxiándose nas prácticas relixiosas.
Os Valladares e a vivencia da relixión
Os Valladares foron unha familia de profundas conviccións cristiás e moi practicante, tanto no cumprimento do rezo de oracións coma na execución de obras sociais e de axuda ós desvalidos. O propio pai, don José, moi amante da relixión católica e da execución dos seus preceptos, encargouse de que estes estivesen tamén presentes na educación dos fillos xa dende os primeiros anos. No caso de Marcial e de Avelina a relixión forma parte fundamental do pensamento que se reflicte na súa obra literaria.
Segundo conta Valladares, un dos recordos da infancia que máis o impresionaron fora o fastoso espectáculo que se organizaba coas misións que algunha familia piadosa traía ás veces polas aldeas. Era espectacular, segundo el, a voz dos relixiosos misioneiros sermonando no medio dunha carballeira ante unha multitude, con explicacións que (MF, Ll: cap. VI):
cual saludable rocío, refrescaba los corazones de los fieles y hacía desaparecer de entre ellos los rencores, purificando sus costumbres; alentándolos al trabajo y á sobrellevar con resignación las tribulaciones de la vida.
De todos os xeitos, albíscase no pai e no fillo dúas formas diferentes de ver a relixión. No caso de don José é máis aparatosa, material, de cara a fóra. Pola contra, do que se tira das Memorias, dá a sensación de que don Marcial vive unha relixiosidade máis reflexiva e íntima, buscando o conforto interior que é atopado na Providencia95. A concepción relixiosa valladariana ten como base o catolicismo tradicional e o concepto de moral que este defende, aínda que aparece adobiada das interpretacións que da relixión realizaron os románticos franceses, como Lamartine (observable no exaltado canto á confianza na Providencia nun mundo ben feito), ou de Bernardin de Saint-Pieire (na defensa romántica da natureza). Relixión e Natureza, “ese maravilloso templo de Dios”, como a ela se refire nalgunha ocasión, aparecen unidas para Valladares, coma para moitos outros autores románticos (MF, Ll: cap. XX):
Todos los placeres, todos los goces que no parten de la naturaleza y de la relijion son imperfectos, incompletos.
A exaltación da natureza e o ton reflexivo e moralista que adopta sobre a figura dun Deus providencial, creador e rector dese Universo harmónico en que o home é un elemento natural máis, volverán aparecer en composicións da súa autoría máis tardías, coma en uRomance” e uUnha tarde na Ulliña”, publicadas en 1883 na santiaguesa GALICIA CATÓLICA. Nelas Valladares medita sobre a omnipotencia de Deus, patentizada na grandeza das paisaxes nativas da Ulla, e presenta o aldeán labrego como paradigma de vida fronte ó materialismo que representan os “farulleirós”, “ateos” e uimpíos”. Di en “Romance” (Fernández Salgado 2002: 613):
Mentras d’o Ulla n’as beiras
Homes e mulleres andan
C’o arado po-l-a rabéla
Tras d’as vaquiñas que labran.
E, uns, o esterco esparexen
Qu’o carro en montons deixara,
Outros, ó puño espaxoan
O millo con certa gracia
E outros, a térra cotean
Sobre canizos de varas,
Levando n’a man dereita
A indispensable aguillada,
N’asquerda, pra non caer
O rabo d’unha d’as vacas
Que po-l-a corda guiando
Yan meniños e rapazas;
Mentras as labores estas
Os ollos me regalaban,
Discurria pra comigo,
Decía pr’as miñas barbas:
“¡Dichosos, vos labradores,
Meus amiguiños d’a alma,
Qu’anque cheos de traballo
Mil privacions e mil ánsias,
De Dios o nome invocando
Salides d’a vosa casa,
Con Dios andades no monte
E con Dios n’a vosa arada.
Como exemplo de eloxio da natureza galega, e da ullá en particular, que presenta como espazo arcádico e solidario cos seus habitantes, poden servir calquera das estrofas do outro poema citado, uUnha tarde na Ulliña”, ou as seguintes sextillas do enigmático "A...***”, que, dedicadas a algunha muller da que descoñecemos a identidade, publicou en 1879 (Fernández Salgado 2002: 596):
Hay viñedos, hay veiguiñas
E fontiñas:
Hay regueiros trasparentes;
Florestas encantadoras,
Templadoras
Dos rayos do sol ardentes.
Rústicos dosés verdosos,
Ond’ansiosos
Namoran os pajariños
E cantan a rula e o gayo,
Dende Mayo,
Facendo ali seus niñiños.
Hay froitiñas delicadas;
Hay rüadas
Nos soutiños da ladeira,
En qu’o son d’alegre gaita,
Bombo e flaita,
Bailan nenas a muiñeira.
Hay mercados e feiriñas,
Con tendiñas
Po-l-o chan, ou sobre lousas,
Con postiños, tentadores,
De licores,
Rosquilliñas e outras cousas.
Os Valladares foron particularmente devotos da Virxe da Guía96, como ben se encargou de poetizar o propio Valladares na seguinte cantiga de feitura popular (Fernández Salgado 2002: 628):
En Berres os Valladares
de Vilancosta festexan
á Madre Virgen d’a Guia,
amparo d’os que a desexan.
Esta veneración mariana particular proviña de 1852. A primeiros de setembro deste ano, don José organizou unha función relixiosa para solemnizar o depósito dunha imaxe da virxe no altar da igrexa parroquial de Berres. O acontecemento foi de tal envergadura que durou todo o día e contou con misa, coro, procesión, sermón, bombas e foliada final. Fixo asistir a toda a familia e mais ós sacerdotes das parroquias veciñas. Incluso conseguiu do arcebispo de Santiago, daquela don Miguel García Cuesta, a concesión de 80 días de indulxencia para os que devotamente rezasen unha Avemaría ante a nova imaxe, bautizada como "Virxe da Guía” polo cura que fixo o sermón (MF, L2: cap. XX). Para lembrar o acontecemento parece que foi composta estoutra cantiga, tamén de Valladares (Fernández Salgado 2002: 628):
De Vilancosta pra a iglesia
a xente corre a porfía
que hai misa a Nosa Señora,
Nosa Señora d’a Guía.
Don José aínda volveu dar mostras desta devoción en setembro de 1855. Coincidindo coa súa festividade, depositou no seu altar un relicario de prata, que había de vello en Vilancosta, cun anaco do veo da virxe, a súa correspondente “auténtica” e un papeliño no que dicía (MF, L3: cap. II):
Anteriormente, en marzo de 1856, don José correra tamén coas custas dun debuxo da virxe executada polo retratista Cancela, que logo se reproduciu en pedra litográfica. E segundo as Memorias (L3: cap. III), tamén pagou a impresión dunha novena dedicada a ela, que vén corroborar as informacións de Bouza-Brey (1956) sobre a colaboración dos Valladares neste libriño relixioso titulado “Novena a la Santísima Virgen de la Guía” (1856)98. Pero a súa colaboración non se cinguiu só á parte económica que posibilitou a súa edición, senón que os homes da familia participaron con cadansúa composición poética.
Certamente, na parte dos “Gozos” figuran tres composicións poéticas asinadas coas iniciais de “J. V.”, “S. V.” e "M. V.”, que corresponden ó pai e ós fillos: José, Sergio (os seus versos son póstumos) e Marcial Valladares. Algúns fragmentos reproduciunos Bouza (1956: 21-22) e deles afirma que son ude corrente vulgaridade”, salvo os de don Marcial. Os deste, escritos en romance octosílabo en a, levan inserido un retrouso pedindo o amparo da virxe (pp. 33-38). Comeza deste xeito (Fernández Salgado 2003a: 248):
Amparadnos de la Guía
Virgen madre soberana.
Matinal, lúcida estrella,
rosa insigne nacarada;
fuente límpida, incansable
de asequible, cordial agua;
tesoro de piedad lleno
y escelsa virtud sin tacha;
consuelo de atribulados,
del católico esperanza.
Sen dúbida, estraña non ver asinando algunha composición na novena á poetisa da familia, Avelina Valladares. Pero, se ben non participou nestes “gozos”, si compuxo outros para outras novenas, como a consagrada a San Plácido mártir (1894) e a San Román (1898). Dedicou tamén versos ós padres Redentoristas con motivo dunha misión en 1898 e no mesmo ano compuxo a uSúplica a la Virgen Santísima del Perpétuo Socorro”, publicada na revista do Perpetuo Socorro de Madrid. Anos antes tamén consagrara outros a San Xosé (1864) e á Virxe María (1878) (vid. Luna Sanmartín 2000: 67-71).
A compoñente e os motivos relixiosos aparecen con frecuencia na obra valladariana. Están presentes nos poemas que anteriormente citamos, "Unha tarde na Ulliña” e “Romance” e mais en varias pasaxes da novela Majina, por exemplo, a peregrinaxe do marqués de Triacastela, acompañado de Salvio, para dirimir o pecado do fillo. Igualmente, son relixiosos os versos que lle dedicou á uVirgen de la Soledad”, datados da década de 1860, dos que reproducimos a seguir as redondillas seguintes (Bergueiro López 1950):
Yo que al nacer de esta vida
la postrimera jornada,
siento mi alma agitada
y ante el pesar abatida;
Yo Virgen Madre y Señora,
humilde a tus pies me postro
y en el suelo eon el rostro
te invoco mi protectora.
En fin, mostra das boas relacións coa Igrexa é tamén o feito de que Valladares publicará o seu Diccionario (1884) no xornal católico compostelán El LlBREDÓN, que se imprimía nas prensas do Seminario Conciliar, e farao preceder dunha licenza eclesiástica onde se informa de que non contén nada ofensivo á moral cristiá, informe realizado polo cóengo e amigo Antonio López Ferreiro. O Diccionario acabaría ocupando en 1887 o seu lugar nos andeis da Biblioteca do Vaticano, ó lle ser regalado ó Papa León XIII por un grupo de distinguidos literatos galegos co gallo das súas vodas de ouro como pontífice (García Barros 1903; Bergueiro 1950).
Por outra banda, en 1864, a súa irmá Segunda ingresaría no convento da "Enseñanza” en Santiago, ben que abandonou ó outro ano. A noviza tomara amizade co capelán do “Ospizio spagnolo di Monserrato” en Roma, o cal, en 1878, en recordo desa estima, conseguiría do papa León XII unha credencial de bendición apostólica e indulxencia plenaria válida para ela e os familiares cosanguíneos afíns ata o terceiro grao. A credencial recibiríase nese ano de 1878 en Vilancosta, segundo o relato do propio Valladares (MF, L3: cap. XIX).
Alén das manifestacións materiais de devoción relixiosa e das relacións cos diferentes estamentos eclesiásticos, os Valladares gañaron fama entre os seus paisanos por auxiliar con actos humanitarios e de caridade ós máis desvalidos da súa parroquia nas épocas en que a necesidade asolaba as aldeas galegas, como a fame de 1853. Cómpre lembrar que a casa de Vilancosta era coñecida polos seus veciños como a ucasa grande”, non tanto polas dimensións en si, que eran grandes respecto das outras, senón porque, segundo Valladares (MF, Ll: cap. IV), “viene á ser como asilo benéfico, almacen provisto, al cual acuden en sus apuros hasta los mejor acomodados”. Nos actos de valimento foi especialmente destacada a vontade demostrada por Avelina, que desempeñou dende 1859 ata 1865 o cargo de Secretaria da Xunta parroquial de beneficencia de Berres, nun primeiro momento baixo a dirección do pai. O labor nas tarefas humanitarias non pasaría inadvertida para a Asociación de beneficencia de Pontevedra, xa que a finais de 1862, en instancia ó Gobernador provincial, sobranceaba os seus servizos e propúñaa para o ingreso na uOrde civil de beneficencia de Pontevedra”. Na instancia, recollida nas Memorias, pedíase recompensar a Avelina (L3: cap. IX):
Amais destas preocupacións por socorrer os máis necesitados, a obra literaria de Avelina e de Marcial amosa unha especial sensibilidade con dous problemas sociais que estaba a padecer Galicia: dunha banda, a alta taxa de fillos con pais descoñecidos, que mantiña as inclusas provinciais ateigadas de meniños; e, doutra, a emigración da xente nova, que estaba a deixar sen man de obra o campo galego e as familias, estragadas afectivamente. Avelina tratou da orfandade no poema “A pobre orfiña” (c.1879), no que unha nena orfa vai enumerando as súas tristuras. Comeza así (Luna Sanmartín 2000: 104):
Orfiña quedei n’o mundo
Desqu’ á lus d’o mundo vin
Nunca agarimo sentin
D’os páis que me deron ser
Prendiña d’o seu amor,
Vidiña da süa vida,
A negra morte estrevida
Non m’os deijou conocer.
E trata o da emigración en “Os qu’emigran” (1889), onde denuncia o sufrimento e soidade das mulleres ó ver partir os fillos e maridos e mais o seu maltrato en Ultramar (Luna Sanmartín 2000: 109):
Non ll’importa que náis coitadiñas
Afigidas se queden chorando,
O mirar que d’o niño escapando
Os filliños d’a alma lle van.
¡Cantas veces con eles no cólo,
As bagullas d’os ollos caindo,
Iban ¡ai! o grauciño esprimindo
Pra farta-l-os ó menos de pan!
Pola súa parte, Valladares abordou o tema dos fillos ilexítimos na novela Majina ou a filla espúrea (1870) e volveuno facer en Los tres expósitos (1883), publicada parcialmente por entregas en 1888 na coruñesa GALICIA. REVISTA REGIONAL. No capítulo III daquela, ante a intención da criada Fara de querer levar a meniña para a inclusa, Valladares pon en boca de Inés, a nai de leite de Maxina, as seguintes reflexións:
“Dicen qu’esta térra é nósa,
sabendo que n’é verdá.
póis de todo canto rinde,
n’é pra nós nin a mitá”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
"Fojen d’o país as gentes,
pórqu’aqui todo é pagar, e
quédas, ¡próbe Galicia! sin
brazos pra traballar”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
O mesmo tema abordouno especificamente no seu artigo “Emigración”, publicado en 1888 en GALICIA. REVISTA REGIONAL. Nel enxerga algúns dos problemas sociais derivados dos económicos que padecía a Galicia rural daquel tempo: o dilapidamento e a falta de planificación económica por parte do Estado; a pobreza do labrador, que lonxe de poder reinvestir os beneficios da súa produción na mellora propia ven como estes van parar a impostos; ou a emigración, que deixa a Galicia sen os brazos máis novos e traballadores, ó igual có recrutamento para o exército:
Unha mostra do seu código moral
Con motivo de comezar o seu sobriño Laurentino en 1878 o segundo ano de Xurisprudencia en Santiago, Valladares dedicoulle uns consellos que pechan o "Libro terceiro” e o tomo I de Memorias de familia. Dos consellos, que abranguen seis páxinas, extraemos algunhas pautas do que podería ser o código moral de don Marcial:

- Triste era ver cuajados los senderos de quejumbrosos escualidos mendigos descendiendo de las montañas y dirijiéndose, ora á las casas de los curas, ora á las de los hidalgos y jente acomodada de los valles en que se había recojido algo, y triste verlos un dia y otro dia sin esperanza próxima de cambio en tan angustosia situacion agravada con no pequeño número de enfermedades y de muerte. [...] ¡1853 ¡Quien no recordará las lágrimas, los ayes, los tormentos, las agonías, la ruina!

- El ilustrísimo señor Dn. Jose Valladares y sus hijos Dn. Marcial, Dna. Avelina, Da. Luisa, Da. Segunda y Da. Isabel, vecinos de Vilancosta, cedieron esta santa reliquia a la iglesia de su parroquia el dia de la festividad de Na. Sra. de la Guia, 2 de septiembre de 1855.
Anteriormente, en marzo de 1856, don José correra tamén coas custas dun debuxo da virxe executada polo retratista Cancela, que logo se reproduciu en pedra litográfica. E segundo as Memorias (L3: cap. III), tamén pagou a impresión dunha novena dedicada a ela, que vén corroborar as informacións de Bouza-Brey (1956) sobre a colaboración dos Valladares neste libriño relixioso titulado “Novena a la Santísima Virgen de la Guía” (1856)98. Pero a súa colaboración non se cinguiu só á parte económica que posibilitou a súa edición, senón que os homes da familia participaron con cadansúa composición poética.
Certamente, na parte dos “Gozos” figuran tres composicións poéticas asinadas coas iniciais de “J. V.”, “S. V.” e "M. V.”, que corresponden ó pai e ós fillos: José, Sergio (os seus versos son póstumos) e Marcial Valladares. Algúns fragmentos reproduciunos Bouza (1956: 21-22) e deles afirma que son ude corrente vulgaridade”, salvo os de don Marcial. Os deste, escritos en romance octosílabo en a, levan inserido un retrouso pedindo o amparo da virxe (pp. 33-38). Comeza deste xeito (Fernández Salgado 2003a: 248):
Amparadnos de la Guía
Virgen madre soberana.
Matinal, lúcida estrella,
rosa insigne nacarada;
fuente límpida, incansable
de asequible, cordial agua;
tesoro de piedad lleno
y escelsa virtud sin tacha;
consuelo de atribulados,
del católico esperanza.
Sen dúbida, estraña non ver asinando algunha composición na novena á poetisa da familia, Avelina Valladares. Pero, se ben non participou nestes “gozos”, si compuxo outros para outras novenas, como a consagrada a San Plácido mártir (1894) e a San Román (1898). Dedicou tamén versos ós padres Redentoristas con motivo dunha misión en 1898 e no mesmo ano compuxo a uSúplica a la Virgen Santísima del Perpétuo Socorro”, publicada na revista do Perpetuo Socorro de Madrid. Anos antes tamén consagrara outros a San Xosé (1864) e á Virxe María (1878) (vid. Luna Sanmartín 2000: 67-71).
A compoñente e os motivos relixiosos aparecen con frecuencia na obra valladariana. Están presentes nos poemas que anteriormente citamos, "Unha tarde na Ulliña” e “Romance” e mais en varias pasaxes da novela Majina, por exemplo, a peregrinaxe do marqués de Triacastela, acompañado de Salvio, para dirimir o pecado do fillo. Igualmente, son relixiosos os versos que lle dedicou á uVirgen de la Soledad”, datados da década de 1860, dos que reproducimos a seguir as redondillas seguintes (Bergueiro López 1950):
Yo que al nacer de esta vida
la postrimera jornada,
siento mi alma agitada
y ante el pesar abatida;
Yo Virgen Madre y Señora,
humilde a tus pies me postro
y en el suelo eon el rostro
te invoco mi protectora.
En fin, mostra das boas relacións coa Igrexa é tamén o feito de que Valladares publicará o seu Diccionario (1884) no xornal católico compostelán El LlBREDÓN, que se imprimía nas prensas do Seminario Conciliar, e farao preceder dunha licenza eclesiástica onde se informa de que non contén nada ofensivo á moral cristiá, informe realizado polo cóengo e amigo Antonio López Ferreiro. O Diccionario acabaría ocupando en 1887 o seu lugar nos andeis da Biblioteca do Vaticano, ó lle ser regalado ó Papa León XIII por un grupo de distinguidos literatos galegos co gallo das súas vodas de ouro como pontífice (García Barros 1903; Bergueiro 1950).
Por outra banda, en 1864, a súa irmá Segunda ingresaría no convento da "Enseñanza” en Santiago, ben que abandonou ó outro ano. A noviza tomara amizade co capelán do “Ospizio spagnolo di Monserrato” en Roma, o cal, en 1878, en recordo desa estima, conseguiría do papa León XII unha credencial de bendición apostólica e indulxencia plenaria válida para ela e os familiares cosanguíneos afíns ata o terceiro grao. A credencial recibiríase nese ano de 1878 en Vilancosta, segundo o relato do propio Valladares (MF, L3: cap. XIX).
Alén das manifestacións materiais de devoción relixiosa e das relacións cos diferentes estamentos eclesiásticos, os Valladares gañaron fama entre os seus paisanos por auxiliar con actos humanitarios e de caridade ós máis desvalidos da súa parroquia nas épocas en que a necesidade asolaba as aldeas galegas, como a fame de 1853. Cómpre lembrar que a casa de Vilancosta era coñecida polos seus veciños como a ucasa grande”, non tanto polas dimensións en si, que eran grandes respecto das outras, senón porque, segundo Valladares (MF, Ll: cap. IV), “viene á ser como asilo benéfico, almacen provisto, al cual acuden en sus apuros hasta los mejor acomodados”. Nos actos de valimento foi especialmente destacada a vontade demostrada por Avelina, que desempeñou dende 1859 ata 1865 o cargo de Secretaria da Xunta parroquial de beneficencia de Berres, nun primeiro momento baixo a dirección do pai. O labor nas tarefas humanitarias non pasaría inadvertida para a Asociación de beneficencia de Pontevedra, xa que a finais de 1862, en instancia ó Gobernador provincial, sobranceaba os seus servizos e propúñaa para o ingreso na uOrde civil de beneficencia de Pontevedra”. Na instancia, recollida nas Memorias, pedíase recompensar a Avelina (L3: cap. IX):
- merced á los esfuerzos, intelijencia y sentimientos humanitarios de cuya señorita ha podido funcionar y funciona dicha junta en bien de los menesterosos y enfermos desvalidos de aquella misma parroquia, y conviniendo que ejemplos de tan piadoso celo, actos de caridad cristiana, tan dignos de imitacion no queden en olvido o pasen desapercibidos, antes si se jeneralicen sobre todo en los campos, donde los recursos son pequeños, grandes las dificultades y donde, en fin, hay escasez de personas a propósito que voluntariamente quieran prestar servicios extraordinarios en favor de la humanidad doliente y desamparada.
Amais destas preocupacións por socorrer os máis necesitados, a obra literaria de Avelina e de Marcial amosa unha especial sensibilidade con dous problemas sociais que estaba a padecer Galicia: dunha banda, a alta taxa de fillos con pais descoñecidos, que mantiña as inclusas provinciais ateigadas de meniños; e, doutra, a emigración da xente nova, que estaba a deixar sen man de obra o campo galego e as familias, estragadas afectivamente. Avelina tratou da orfandade no poema “A pobre orfiña” (c.1879), no que unha nena orfa vai enumerando as súas tristuras. Comeza así (Luna Sanmartín 2000: 104):
Orfiña quedei n’o mundo
Desqu’ á lus d’o mundo vin
Nunca agarimo sentin
D’os páis que me deron ser
Prendiña d’o seu amor,
Vidiña da süa vida,
A negra morte estrevida
Non m’os deijou conocer.
E trata o da emigración en “Os qu’emigran” (1889), onde denuncia o sufrimento e soidade das mulleres ó ver partir os fillos e maridos e mais o seu maltrato en Ultramar (Luna Sanmartín 2000: 109):
Non ll’importa que náis coitadiñas
Afigidas se queden chorando,
O mirar que d’o niño escapando
Os filliños d’a alma lle van.
¡Cantas veces con eles no cólo,
As bagullas d’os ollos caindo,
Iban ¡ai! o grauciño esprimindo
Pra farta-l-os ó menos de pan!
Pola súa parte, Valladares abordou o tema dos fillos ilexítimos na novela Majina ou a filla espúrea (1870) e volveuno facer en Los tres expósitos (1883), publicada parcialmente por entregas en 1888 na coruñesa GALICIA. REVISTA REGIONAL. No capítulo III daquela, ante a intención da criada Fara de querer levar a meniña para a inclusa, Valladares pon en boca de Inés, a nai de leite de Maxina, as seguintes reflexións:
- — ¡Señoritas! ¡Señoritas! ¡Pra coller fillos, n’hai vergonza, e lógo pra cria1-os, si ...! ¡Collé-los cheas d’amor, cheas, tal ves, de vicio e, desleigadas, ó pari-l-os, guindades co-éles ós cans! ¡Señoritas! ¡Señoritas ...!
“Dicen qu’esta térra é nósa,
sabendo que n’é verdá.
póis de todo canto rinde,
n’é pra nós nin a mitá”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
"Fojen d’o país as gentes,
pórqu’aqui todo é pagar, e
quédas, ¡próbe Galicia! sin
brazos pra traballar”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
O mesmo tema abordouno especificamente no seu artigo “Emigración”, publicado en 1888 en GALICIA. REVISTA REGIONAL. Nel enxerga algúns dos problemas sociais derivados dos económicos que padecía a Galicia rural daquel tempo: o dilapidamento e a falta de planificación económica por parte do Estado; a pobreza do labrador, que lonxe de poder reinvestir os beneficios da súa produción na mellora propia ven como estes van parar a impostos; ou a emigración, que deixa a Galicia sen os brazos máis novos e traballadores, ó igual có recrutamento para o exército:
- Galicia es eminentemente agrícola, y sus labradores, por más apego que sientan á la natal patria, tienen necesariamente que abandonarla, ya porque en el estado actual de cosas los impuestos públicos absorben casi el valor íntegro de los productos de la tierra, ya porque el resto no alcanza para gastos de cultivo, alimento y satisfacción de rentas dominicales. De ahí que las tierras no mejoren , por falta de capitales, que las cosechas disminuyan y que multitud de cosecheros, obligados á vivir como pobres y á contribuir al Estado como ricos, lo cual es un absurdo, prescindan á veces de afecciones y se lancen á remotos climas siquiera no sea más que en busca de alimento, no cegados por el ánsia de hacer fortuna, ó con devoradora sed de riquezas.
Unha mostra do seu código moral
Con motivo de comezar o seu sobriño Laurentino en 1878 o segundo ano de Xurisprudencia en Santiago, Valladares dedicoulle uns consellos que pechan o "Libro terceiro” e o tomo I de Memorias de familia. Dos consellos, que abranguen seis páxinas, extraemos algunhas pautas do que podería ser o código moral de don Marcial:
- Non buscar unha relixión a capricho que combata os designios da Providencia.
- Cumprir cos deberes propios do oficio ou profesión, sen faltar á confianza depositada nun.
- Non estar nunca ocioso, mesmo nos intres de descanso elevar o corazón a Deus a través da oración para obter amparo e conforto.
- Non incorrer en vicios, faltas ou censuras.
- Ser sincero e honrado.
- Non murmurar do próximo.
- Esquecer os agravios dos inimigos, pero nunca o ben que nos fixeron.
- Tratar sempre á muller con respecto e consideración, sen ofendela.
- Fuxir dos praceres impuros que fan perder o tempo e a saúde: segundo un coida da limpeza do corpo, coide tamén a da alma, máis importante có corpo.
- Visitar algún enfermo para decatarse do mísero e efémero da vida do ser humano.
- Non anoxarse cos pobres; ó contrario, darlles esmola.
O reconecemento do home publico (1856-1866)
"De novo na Deputación e na vida pública
Individuo, lo nombraron
De sociedades á cientos,
De suerte que es individuo
Por mas de cuatro conceptos.
Vocal, de un millón de juntas:
Vocal de varios consejos;
Y en fin, fué vocal de tantos
Y tantos ramos diversos,
¡Que solo le faltó ser Vocal...
en el alfabeto!
E. LABARTA POSSE (1888)
Unha vez máis, os versos de Labarta sobre a vida de Marcial Valladares sintetizan as súas actividades públicas a finais da década de 1850 e no primeiro lustro de 1860.
O bienio progresista (1854-1856), que coincide con Valladares arredado dos postos públicos, dáse por rematado en xullo de 1856 ó asumir o goberno O’Donnell, que destitúe a Espartero, disolve as cortes e restablece a constitución de 1845. Iníciase agora o usegundo período moderado” (1856-1868), no que se sucederán os gobernos de Narváez, Armero e Isturiz e de novo O’Donnell dende 1858 ata 1863 (vid. Cepeda Gómez 2000: 79-80). Será nestes anos, sobre todo os coincidentes cos gobernos de O’Donnell e o seu partido da Unión Liberal, ideoloxicamente á esquerda dos moderados e á dereita dos progresistas, cando Valladares consiga as súas máximas responsabilidades de poder como político na capital pontevedresa. En política exterior, entre 1859 e 1860 pasouse a Guerra de Africa. No interior, a época da Unión Liberal coincide en xeral cun período de certo desenvolvemento económico. Constitúe a época de inicio da construción dos camiños de ferro, aínda que tamén houbo varias revoltas campesiñas.
Restablecido, pois, en xullo de 1856 o sistema administrativo que mudara en 1854, o Gobernador militar da provincia de Pontevedra disolveu a Deputación existente e organizou outra nova na que Valladares foi nomeado vocal desta, e confirmado polos sucesivos gobernadores que se sucederon nos meses seguintes. Nesta nova etapa no seo do goberno provincial, amosarase especialmente interesado con todo o relacionado coas "Exposicións”, en voga nesa altura, e coa mellora da agricultura do país. En xuño de 1857 o gobernador Quiñones de León noméao vocal da Xunta provincial encargada de elixir na “Exposición agrícola de Pontevedra” dese ano os representantes da provincia para a exposición de produtos agrícolas de toda a Península, que se ía celebrar posteriormente en Madrid. Por idea do propio Valladares, a provincia de Pontevedra concorreu cunha colección de aveños de labranza realizada por labradores da Estrada, coa que conseguiu unha mención honorífica. A colección pasaría logo en cesión ó Instituto de Pontevedra.
En 1858 comeza para Marcial Valladares unha etapa expansiva dende o punto de vista da súa carreira administrativa e política na capital pontevedresa. Relacionado cos certames feirais, o seu labor máis destacado foi en pro da “Exposición agrícola industrial y artística de Galicia”, que se celebrou en Santiago polas festas do Apóstolo, do 24 ó 27 de xullo de 1858, coincidindo con que era ano santo e que se conmemoraba tamén o nacemento do príncipe de Asturias. A organización corría a cargo da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e para lle dar publicidade ó acontecemento fundárase un xornal co título de LA EXPOSICIÓN COMPOSTELANA (1858). Valladares foi invitado a colaborar nel e de feito participaría cun artigo de carácter económico titulado “Dos palabras sobre la agricultura é industria agrícola de Galicia” (n° 8, 20/6/1858; reproducido tamén en Memorias de familia L3: cap. IV). Nel remarcaba a importancia da exposición en si e analizaba a situación agrícola de Galicia, facendo fincapé nalgúns males inherentes do campo galego como ula diseminada población de nuestras aldeas”9 “los resultados funestísimos de la estremada subdivisión de la propiedad opuesta a todo adelantamiento”, “multitud de variadas producciones”; pero destacaba como positivo a fertilidade do noso chan e a bondade do clima, e tamén propuña o auxilio dos fertilizantes e da rega. Na mesma revista (n° 10, 4/7/1858) publicaría a súa irmá Avelina unha carta-artigo na que informaba á Sociedade Económica de dúas plantas que poderían ser vantaxosas para o país (a granza ou rubia e a gualda) e dun tubérculo “que el país conoce con el [nombre] de Freijós”.
Valladares participaba na Exposición como Individuo representante da Deputación pontevedresa e o seu traballo no certame foi eloxiado dende varias institucións e mais polos seus superiores provinciais. El mesmo recoñeceu que “lleno de mayor celo trabajé cuanto me ha sido posible así fuera como dentro de la diputacion” (MF, L3: cap. IV). Todas estas actividades seríanlle compensadas en novembro de 1858 ó recibir da Sociedade Económica do País de Santiago o recoñecemento de uIndividuo de mérito”, á que xa pertencía o pai105. A comunicación, que lle foi enviada a Valladares a Pontevedra o 21 de novembro de 1858 polo seu director don Antonio Casares, dicía o seguinte:
A maiores da vicepresidencia e das interinidades como Gobernador, dende outubro de 1858 Valladares pasa a ocupar unha vocalía na Xunta provincial de beneficencia. Chegado 1860, en xaneiro, é nomeado vocal da Xunta provincial de instrución pública, en abril vocal da Comisión para organizar os traballos do ferrocarril e, en setembro, individuo da Comisión provincial de estatística que levou a cabo a verificación do censo, traballo este polo que recibiu varias felicitacións dos superiores. Xa en xaneiro de 1861 é tamén designado vocal da Xunta provincial de agricultura, industria e comercio (MF, L3: cap. VI). Entre medias de todos estes postos, o 1 de xuño de 1860 foi recoñecido por orde da SS. MM. cos honores de uXefe de Administración Civil”. Durante 1861, en varias ocasións, Valladares volverá ocupar transitoriamente o cargo de Gobernador civil da provincia, coincidindo nunha delas coa celebración dos Xogos Florais na cidade, ós que logo aludiremos. Volveu ocupar este cargo interinamente durante xaneiro e febreiro de 1862, outra vez entre abril e xullo dese ano e, de novo, en decembro de 1863. Xa en 1864, o 13 de xaneiro, sería nomeado Presidente do Consello administrativo da provincia.
Por outra banda, en setembro de 1858, a raíña Isabel II e mais a familia real visitaran algúns lugares de Galicia, entre eles as vilas de Ferrol, A Coruña e Santiago. Con tal motivo, Valladares, daquela vicepresidente do goberno administrativo, participou na delegación encargada de representar á provincia na visita da raíña a Compostela. Durante a estancia real, os membros da delegación pontevedresa tomaron parte no acto de “besamanos” á raíña, no cal lle transmitiron a invitación a visitar Pontevedra, e ó día seguinte entrevistáronse co daquela presidente do Consello de ministros, o xeneral O’Donnell. Xa pola noite, asistiron cos reis e outros convidados ó teatro, usiendo yo uno de los á quién tocó palco principal”, anota Valladares, engadindo que durante o descanso da obra apareceron no escenario “con graciosísima soltura parejas ensayadas de labriegos, bailando nuestra muiñeira al compás de la orquesta”.
A viaxe da raíña foi motivo dun libro en que se relata a crónica da viaxe. O volume, titulado Viaje de SS. MM. y AA.por Castilla, LeónAsturias y Galicia en el verano de 1858, foi encomendado ó almeriense don Juan de Dios de la Rada y Delgado. Nel figuran varias cantigas populares, como “Airiños, airiños aires” e mais “Castellanos de Castilla” (antes de que os poetizara Rosalía de Castro), e outras composicións en galego motivadas pola viaxe real. Filgueira (1979: 376-378) sinala que en Ferrol dirixira un “Noraboa” Romualdo Casal, Santiago Montenegro unha “Cantiga gallega” ó príncipe de Asturias e Quintín García Calvo un soneto á infanta María Isabel Francisca. Na Coruña fixeron gala dos seus dotes versificadores Francisco de la Iglesia con "Cantigas da espera de SS.MM. no porto” e Francisco Pérez Villaamil coa oda “Chega, ven, Reina ilustre á nosa terra”. En Santiago de Compostela, o saúdo do agro estivo a cargo de Xoán Manuel Pintos con u0s labregos de Galicia á Reina de España doña Isabel II”, na que se queixaba polos trabucos e mais o servizo ó rei, e pedía unha rebaixa no sal. Vicente Turnes dedicara un "Himno gallego”, unha “Letrilla gallega” e un aHimno en dialecto gallego” (vid. Dobarro Paz 2000). Pola súa parte, Xosé García Mosquera fixérao coa "Cantinela Gallega”, a peza de mellor fasquía, e Domingo Gómez con “Dun aldeano ó príncipe Alfonsiño”. A maior parte destas composicións foron recollidas posteriormente no Album de la Caridad (1862), onde, ademais, figuraban tamén outras inspiradas na viaxe, com o “Romance gallego: A Reina en Santiago. Fragmento do seor Pedro”, de M. Fernández Magariños e “O príncipe D. Alfons’o gallego”, "A vida da Reina” e “A Reina na Atocha”, de Antonio de la Iglesia. Non nos consta que Valladares versificase este asunto, pero si o fixo a súa irmá Avelina, que compuxo en castelán para a ocasión o poema "A SS. MM. la Reina Dña. Isabel II en su venida a Compostela” (vid. Luna Sanmartín 2000: 141).
A presidencia nos Xogos florais de Pontevedra
Chegado agosto de 1861, nunha das ocasións en que Valladares ocupaba interinamente o posto de Gobernador civil de Pontevedra correspondeulle presidir a entrega dos premios dos Xogos Florais que se celebraron nesa cidade en 1861, pouco tempo despois dos exitosos celebrados na Coruña. Sobre a importancia dos Xogos Florais destacou Hermida (1992: 72) que:
No primeiro aspecto, na base la do programa indicábase que formaban o tribunal sete xuíces mantedores, encabezados por D. Ramón M. Suárez, Gobernador civil da provincia, quen en calidade de tal e como upresidente de este Liceo lo será también del tribunal”, como rezaba na base 2a. Os outros membros do tribunal eran D. Luis M. Sobrino, D. Ricardo Díaz de Rueda, D. José Benito Amado, D. Antolín Esperon, D. Antonio Montenegro e D. Evaristo A. Mosquera. Conforme a información da GALICIA. REVISTA UNIVERSAL, Valladares non aparece entre os xuíces mantedores; non obstante, sabemos que fora elixido para tal evento, segundo a confirmación que el mesmo nos ofrece nas Memorias defamilia (L3: cap. VII):
No intervalo que foi do 8 de xuño, data en que se fan públicas as bases, e o día de entrega dos premios, o daquela Gobernador civil de Pontevedra, Ramón M. Suárez, foi trasladado á provincia da Coruña, polo que a sesión do acto solemne da adxudicación de premios celebrada a noite do 11 de agosto de 1861, día da festividade da Peregrina na cidade, estivo presidida por Valladares, conforme se recolle nas crónicas dos xornais da época e nas páxinas iniciais do Album de las composiciones premiadas (1861) dos Xogos:
A información ofrecida polo cronista M. A. Couto destacando que o premio da composición en galego quedara deserto desmente as afirmacións achegadas polos nosos estudosos da literatura, entre eles Couceiro Freijomil (1951: 37), Carballo (1981: 74-75) ou a contida no Diccionario de Literatura Galega (1995: I 209), que sinalan ó pontevedrés Francisco Fernández Anciles como autor premiado nestes Xogos Florais coa composición titulada “A noite de San Xoán" Non obstante, o contido do Album de las composiciones premiadas (1861) parece dar a razón a M. A. Couto, xa que ningún dos cinco textos publicados está en galego nin corresponde a ningún poema de Fernández Anciles. Amais, ó comezo do seu prólogo insístese en que:
O desencanto da política
O ano de 1864 non comezou mal para Valladares no plano político, xa que foi confirmado polo novo Gobemador como vocal de número no Consello administrativo provincial e, ademais, nomeado Presidente deste. Contaba daquela con 43 anos e este posto era o máximo escalafón ó que podía aspirar segundo deixa entrever nas Memorias.
Así e todo, dende o punto de vista familiar, 1864 non foi un ano feliz. O pai seguía moi enfermo dende o último ataque sufrido no verán de 1862. A doenza fórase agravando e pasaba a maior parte do tempo encamado, atendido polas fillas. Unha delas, Segunda, sorprendeu á familia a principios deste ano coa nova de querer ingresar nas Xesuítas da “Enseñanza” en Santiago de Compostela. E de certo, tras a desconfianza inicial do pai por temor a que non tivese vocación, Segunda tomou os hábitos de noviza con 24 anos, en febreiro de 1864. Con motivo desta decisión, Avelina dedicoulle a poesía "A mi querida hermana Segunda”, da que extractamos a súa terceira e cuarta estrofa:
A ti, hermana querida, que del mundo
Altiva al atractivo renunciaste
Y al Dios, que ve del alma lo profundo,
Risueña tu pureza consagraste...
Del sacrificio augusto la memoria
Gravada en mí quedó, aquí en mi mente,
Y, en ella acariciada, ya con Gloria
Vivirá ¡Oh Segunda! eternamente.
Unhas semanas despois deste feliz suceso para os Valladares, o día 24 de marzo de 1864 finaba ós 76 anos don José, “o Intendente”, como era coñecido na veciñanza. Foi enterrado no cemiterio da parroquia, se ben as honras non se puideron celebrar ata unhas semanas despois por coincidir a data da súa morte con Xoves Santo e non podérense celebrar nese día funcións fúnebres. A xeito anecdótico, diremos que asistiron a elas 58 sacerdotes.
En poucos meses a familia dos Valladares parece desintegrarse e Vilancosta parece ir quedando cada vez máis soa, pois á ausencia de Segunda e do pai únese tamén en xullo o casamento da irmá máis nova, Isabel, que pasa a vivir a Moalde co marido. A casa de Vilancosta por eses días parecía un “desierto cementerio”, e señardoso e desilusionado escribiu don Marcial a finais do verán de 1864 nas Memorias, recordando outros momentos de algarabía familiar (L3: cap. XI):
Vendo todas estas intrigas que en nada ían co seu carácter, Valladares decide nese momento deixar Pontevedra e a vida pública e refuxiarse nos eidos nativos en busca do sosego e do cariño familiar que sempre atopaba en Vilancosta (MF, L3: cap. XII):
Aínda en outubro de 1865, cando “mas reconcentrado estaba yo en el seno de la familia”, escaso de noticias, cando non contaba tampouco con que os seus amigos se acordasen del para ningún cargo público, recibiu unha carta do señor Riestra un tanto sorprendente. Nela pedíalle que se presentase en Pontevedra para ocupar o cargo de conselleiro de número. Este ofrecemento feriu en certa maneira o orgullo de Valladares, quen en carta de resposta lle fixo saber a súa negativa por razóns varias, entre outras por considerar que o ofrecemento significaba un rebaixamento despois de ser, como fora, presidente do Consello. En varias cartas de ida e volta, Riestra tentou convencelo de que o posto que lle ofrecía non era de ningún modo un rebaixe, xa que sendo sobre todo como era un nomeamento político podía servirlle mesmo de lanzamento a postos máis altos. Pero a decisión de Valladares seguíu sendo negativa, ata que nunha última carta, pola amizade con Riestra, decidiu aceptar o posto de conselleiro, que ó cabo duns meses se converteu en presidente tras as eleccións de decembro de 1865. Estivo no cargo ata xullo de 1866. Neste mes volveu Narváez ó poder e tan axiña como o soubo Valladares en Pontevedra presentou a súa demisión, que lle foi aceptada a finais de agosto. E agora cando definitivamente decide retirarse a Vilancosta co firme propósito de non volver formar parte xa da vida política provincial. O seu biógrafo de El REGIONAL (1903) recorda que o abandono foi motivado:

- La sociedad, reconocida á los servicios prestados por Vs. en los trabajos de la esposicion agrícola, indüstrial y artística de Galicia que tuvo lugar en esta ciudad, acordó en sesión de 16 del corriente nombrar a Vs. su sócio de mérito.
- Agradezco, lleno de complacencia sincera, tan distinguida honra, no porque mis pequeñísimos trabajos, con motivo de la esposición agrícola, industrial y artística de Galicia, la mereciesen, si por pertenecer, aunque miembro indigno, a una coporacion que, encerrando en su seno ilustres varones, patricios respetables y de gran talento, tiene por objeto fomentar del saber y lleva, además, el nombre de una poblacion, en cuya universidad corrieron los mas felices dias de mi vida
A maiores da vicepresidencia e das interinidades como Gobernador, dende outubro de 1858 Valladares pasa a ocupar unha vocalía na Xunta provincial de beneficencia. Chegado 1860, en xaneiro, é nomeado vocal da Xunta provincial de instrución pública, en abril vocal da Comisión para organizar os traballos do ferrocarril e, en setembro, individuo da Comisión provincial de estatística que levou a cabo a verificación do censo, traballo este polo que recibiu varias felicitacións dos superiores. Xa en xaneiro de 1861 é tamén designado vocal da Xunta provincial de agricultura, industria e comercio (MF, L3: cap. VI). Entre medias de todos estes postos, o 1 de xuño de 1860 foi recoñecido por orde da SS. MM. cos honores de uXefe de Administración Civil”. Durante 1861, en varias ocasións, Valladares volverá ocupar transitoriamente o cargo de Gobernador civil da provincia, coincidindo nunha delas coa celebración dos Xogos Florais na cidade, ós que logo aludiremos. Volveu ocupar este cargo interinamente durante xaneiro e febreiro de 1862, outra vez entre abril e xullo dese ano e, de novo, en decembro de 1863. Xa en 1864, o 13 de xaneiro, sería nomeado Presidente do Consello administrativo da provincia.
Por outra banda, en setembro de 1858, a raíña Isabel II e mais a familia real visitaran algúns lugares de Galicia, entre eles as vilas de Ferrol, A Coruña e Santiago. Con tal motivo, Valladares, daquela vicepresidente do goberno administrativo, participou na delegación encargada de representar á provincia na visita da raíña a Compostela. Durante a estancia real, os membros da delegación pontevedresa tomaron parte no acto de “besamanos” á raíña, no cal lle transmitiron a invitación a visitar Pontevedra, e ó día seguinte entrevistáronse co daquela presidente do Consello de ministros, o xeneral O’Donnell. Xa pola noite, asistiron cos reis e outros convidados ó teatro, usiendo yo uno de los á quién tocó palco principal”, anota Valladares, engadindo que durante o descanso da obra apareceron no escenario “con graciosísima soltura parejas ensayadas de labriegos, bailando nuestra muiñeira al compás de la orquesta”.
A viaxe da raíña foi motivo dun libro en que se relata a crónica da viaxe. O volume, titulado Viaje de SS. MM. y AA.por Castilla, LeónAsturias y Galicia en el verano de 1858, foi encomendado ó almeriense don Juan de Dios de la Rada y Delgado. Nel figuran varias cantigas populares, como “Airiños, airiños aires” e mais “Castellanos de Castilla” (antes de que os poetizara Rosalía de Castro), e outras composicións en galego motivadas pola viaxe real. Filgueira (1979: 376-378) sinala que en Ferrol dirixira un “Noraboa” Romualdo Casal, Santiago Montenegro unha “Cantiga gallega” ó príncipe de Asturias e Quintín García Calvo un soneto á infanta María Isabel Francisca. Na Coruña fixeron gala dos seus dotes versificadores Francisco de la Iglesia con "Cantigas da espera de SS.MM. no porto” e Francisco Pérez Villaamil coa oda “Chega, ven, Reina ilustre á nosa terra”. En Santiago de Compostela, o saúdo do agro estivo a cargo de Xoán Manuel Pintos con u0s labregos de Galicia á Reina de España doña Isabel II”, na que se queixaba polos trabucos e mais o servizo ó rei, e pedía unha rebaixa no sal. Vicente Turnes dedicara un "Himno gallego”, unha “Letrilla gallega” e un aHimno en dialecto gallego” (vid. Dobarro Paz 2000). Pola súa parte, Xosé García Mosquera fixérao coa "Cantinela Gallega”, a peza de mellor fasquía, e Domingo Gómez con “Dun aldeano ó príncipe Alfonsiño”. A maior parte destas composicións foron recollidas posteriormente no Album de la Caridad (1862), onde, ademais, figuraban tamén outras inspiradas na viaxe, com o “Romance gallego: A Reina en Santiago. Fragmento do seor Pedro”, de M. Fernández Magariños e “O príncipe D. Alfons’o gallego”, "A vida da Reina” e “A Reina na Atocha”, de Antonio de la Iglesia. Non nos consta que Valladares versificase este asunto, pero si o fixo a súa irmá Avelina, que compuxo en castelán para a ocasión o poema "A SS. MM. la Reina Dña. Isabel II en su venida a Compostela” (vid. Luna Sanmartín 2000: 141).
A presidencia nos Xogos florais de Pontevedra
Chegado agosto de 1861, nunha das ocasións en que Valladares ocupaba interinamente o posto de Gobernador civil de Pontevedra correspondeulle presidir a entrega dos premios dos Xogos Florais que se celebraron nesa cidade en 1861, pouco tempo despois dos exitosos celebrados na Coruña. Sobre a importancia dos Xogos Florais destacou Hermida (1992: 72) que:
- foron un gran paso no camiño da normalización e reivindicación literaria do galego; e non só por potenciaren o seu uso, senón porque, na súa celebración, a intelectualidade e a alta sociedade da Coruña e de Pontevedra escoitou unha poesía en galego e un discurso no que, non só se cantaban a historia e mais as excelencias dunha lingua [...], senón que tamén se facía unha chamada ó seu cultivo.
No primeiro aspecto, na base la do programa indicábase que formaban o tribunal sete xuíces mantedores, encabezados por D. Ramón M. Suárez, Gobernador civil da provincia, quen en calidade de tal e como upresidente de este Liceo lo será también del tribunal”, como rezaba na base 2a. Os outros membros do tribunal eran D. Luis M. Sobrino, D. Ricardo Díaz de Rueda, D. José Benito Amado, D. Antolín Esperon, D. Antonio Montenegro e D. Evaristo A. Mosquera. Conforme a información da GALICIA. REVISTA UNIVERSAL, Valladares non aparece entre os xuíces mantedores; non obstante, sabemos que fora elixido para tal evento, segundo a confirmación que el mesmo nos ofrece nas Memorias defamilia (L3: cap. VII):
- Proyectados juegos florales en Pontevedra por la seccion de Literatura del Liceo, elegido yo en 5 de julio uno de los jueces del Tribunal de mantenedores para la censura y clasificación de las composiciones que al certamen se presentasen y Vicepresidente luego de dicho Tribunal R. Decreto, fecha 12 del mismo julio [...].
No intervalo que foi do 8 de xuño, data en que se fan públicas as bases, e o día de entrega dos premios, o daquela Gobernador civil de Pontevedra, Ramón M. Suárez, foi trasladado á provincia da Coruña, polo que a sesión do acto solemne da adxudicación de premios celebrada a noite do 11 de agosto de 1861, día da festividade da Peregrina na cidade, estivo presidida por Valladares, conforme se recolle nas crónicas dos xornais da época e nas páxinas iniciais do Album de las composiciones premiadas (1861) dos Xogos:
- El Sr. Marcial Valladares, Gobernador interino de la provincia y Vicepresidente del Tribunal, inaugurando la sesión, consagró algunas palabras á la memoria del Presidente Sr. D. Ramón María Suárez, Gobernador propietario recien trasladado á la provincia de la Coruña.
A información ofrecida polo cronista M. A. Couto destacando que o premio da composición en galego quedara deserto desmente as afirmacións achegadas polos nosos estudosos da literatura, entre eles Couceiro Freijomil (1951: 37), Carballo (1981: 74-75) ou a contida no Diccionario de Literatura Galega (1995: I 209), que sinalan ó pontevedrés Francisco Fernández Anciles como autor premiado nestes Xogos Florais coa composición titulada “A noite de San Xoán" Non obstante, o contido do Album de las composiciones premiadas (1861) parece dar a razón a M. A. Couto, xa que ningún dos cinco textos publicados está en galego nin corresponde a ningún poema de Fernández Anciles. Amais, ó comezo do seu prólogo insístese en que:
- no habiendo obtenido premio ni accesit producción alguna de las presentadas sobre el primer tema anoite de san Xoán”, leyose acto continuo sobre el segundo el lema de poesía “A la Patria”.
O desencanto da política
O ano de 1864 non comezou mal para Valladares no plano político, xa que foi confirmado polo novo Gobemador como vocal de número no Consello administrativo provincial e, ademais, nomeado Presidente deste. Contaba daquela con 43 anos e este posto era o máximo escalafón ó que podía aspirar segundo deixa entrever nas Memorias.
Así e todo, dende o punto de vista familiar, 1864 non foi un ano feliz. O pai seguía moi enfermo dende o último ataque sufrido no verán de 1862. A doenza fórase agravando e pasaba a maior parte do tempo encamado, atendido polas fillas. Unha delas, Segunda, sorprendeu á familia a principios deste ano coa nova de querer ingresar nas Xesuítas da “Enseñanza” en Santiago de Compostela. E de certo, tras a desconfianza inicial do pai por temor a que non tivese vocación, Segunda tomou os hábitos de noviza con 24 anos, en febreiro de 1864. Con motivo desta decisión, Avelina dedicoulle a poesía "A mi querida hermana Segunda”, da que extractamos a súa terceira e cuarta estrofa:
A ti, hermana querida, que del mundo
Altiva al atractivo renunciaste
Y al Dios, que ve del alma lo profundo,
Risueña tu pureza consagraste...
Del sacrificio augusto la memoria
Gravada en mí quedó, aquí en mi mente,
Y, en ella acariciada, ya con Gloria
Vivirá ¡Oh Segunda! eternamente.
Unhas semanas despois deste feliz suceso para os Valladares, o día 24 de marzo de 1864 finaba ós 76 anos don José, “o Intendente”, como era coñecido na veciñanza. Foi enterrado no cemiterio da parroquia, se ben as honras non se puideron celebrar ata unhas semanas despois por coincidir a data da súa morte con Xoves Santo e non podérense celebrar nese día funcións fúnebres. A xeito anecdótico, diremos que asistiron a elas 58 sacerdotes.
En poucos meses a familia dos Valladares parece desintegrarse e Vilancosta parece ir quedando cada vez máis soa, pois á ausencia de Segunda e do pai únese tamén en xullo o casamento da irmá máis nova, Isabel, que pasa a vivir a Moalde co marido. A casa de Vilancosta por eses días parecía un “desierto cementerio”, e señardoso e desilusionado escribiu don Marcial a finais do verán de 1864 nas Memorias, recordando outros momentos de algarabía familiar (L3: cap. XI):
- el siete de setiembre de 1864 ni ilusiones, ni esperanzas: en este dia, falta y falta para siempre de aquellos hermanos mismos que juntos allí comiéramos; [...] falta y falta para siempre de mis escelentes padres, vivos en aquel otro dia, aunque ausentes; falta de Segunda, novicia en la Enseñanza, y separación de nuestra queridísima Isabel, separacion que mucho en verdad me afecta todavía; porque, despues del niño Laurentino, ella era como si dijéramos el encanto y poesía de la casa; la flor de Vilancosta; la alegría de su jardín y sus florestas.
Vendo todas estas intrigas que en nada ían co seu carácter, Valladares decide nese momento deixar Pontevedra e a vida pública e refuxiarse nos eidos nativos en busca do sosego e do cariño familiar que sempre atopaba en Vilancosta (MF, L3: cap. XII):
- Contentísimo en esta aldea, en este rincon hermoso, heredado de mis padres; cuidando de mis bienes, haciendo ingertos, unha vida enteramente campestre, al lado de mis señoras tias, de Avelina y Luisa, mis hermanas, Bernardo, marido de la última, y su ya travieso hijo Laurentino, alegría de casa á la sazon, vino junio de 1865.
Aínda en outubro de 1865, cando “mas reconcentrado estaba yo en el seno de la familia”, escaso de noticias, cando non contaba tampouco con que os seus amigos se acordasen del para ningún cargo público, recibiu unha carta do señor Riestra un tanto sorprendente. Nela pedíalle que se presentase en Pontevedra para ocupar o cargo de conselleiro de número. Este ofrecemento feriu en certa maneira o orgullo de Valladares, quen en carta de resposta lle fixo saber a súa negativa por razóns varias, entre outras por considerar que o ofrecemento significaba un rebaixamento despois de ser, como fora, presidente do Consello. En varias cartas de ida e volta, Riestra tentou convencelo de que o posto que lle ofrecía non era de ningún modo un rebaixe, xa que sendo sobre todo como era un nomeamento político podía servirlle mesmo de lanzamento a postos máis altos. Pero a decisión de Valladares seguíu sendo negativa, ata que nunha última carta, pola amizade con Riestra, decidiu aceptar o posto de conselleiro, que ó cabo duns meses se converteu en presidente tras as eleccións de decembro de 1865. Estivo no cargo ata xullo de 1866. Neste mes volveu Narváez ó poder e tan axiña como o soubo Valladares en Pontevedra presentou a súa demisión, que lle foi aceptada a finais de agosto. E agora cando definitivamente decide retirarse a Vilancosta co firme propósito de non volver formar parte xa da vida política provincial. O seu biógrafo de El REGIONAL (1903) recorda que o abandono foi motivado:
- por no presentarse su noble caracter a transigir con las miserias con que suelen tropezar los que se dedican á la vida política.
Valladares e o segundo grupo provincialista
O segundo grupo provincialista
O fracaso do levantamento galego de 1846 trouxera como consecuencia a dispersión do primeiro grupo provincialista (vid. Vázquez Cuesta 1976: 745 e ss.). A forte represión seguinte exercida polos moderados sobre a prensa tamén conseguira apagar durante varios anos a vida intelectual galega, moi ligada ó xornalismo político. Así e todo, pouco e pouco volverán ir aparecendo novos xornais menos comprometidos cós provincialistas, pero nos que xa se comeza a descubrir certa mentalidade galeguista: á santiaguesa REVISTA LlTERARIA (1848), dirixida por Neira de Mosquera, séguena as tamén compostelás REVISTA DE GALICIA, (1850) de M. Vázquez de Parga, e EL ECO DE GALICIA (1851), do mesmo Neira; o coruñés El ECO DE LA REVISTA (1852), de Puente Brañas e o vigués FARO DE VIGO (1853), fundado por José Carvajal y Pereira.
Tamén se crea en Santiago en 1847 o “Liceo de la Juventud”. Arredor del comeza a congregarse a mocidade que dará o relevo, en canto as circunstancias o permitan, a aqueloutra promoción universitaria queimada en parte tralo fracaso da revolución de 1846, que constituía a primeira xeración romántica (ou do “primeiro provincialismo”). A este novo grupo, que conforma o “segundo provincialismo” ou "xeración do 54”, fundamentalmente de ideoloxía progresista, a oportunidade chegaralles tras o triúnfo da revolución de 1854, que dará paso ó bienio progresista, e con el o restablecemento da liberdade de prensa e a emerxencia da vida política e intelectual galega. Isto resulta visible na prensa que nace agora, sobre todo coruñesa e viguesa. Na Coruña edítase El CLAMOR DE GALICIA (1854), dirixido por Vicetto,EL DIARIO DE GALICIA (1856), de Francisco de la Iglesia ou El DEFENSOR DE GALICIA (1856) de Ricardo Puente Brañas. En Vigo nace o progresista LA OLIVA (1856), o máis emblemático, que comandaban Murguía, Alejandro Chao e Compañel, que ó ser suspendido por razóns políticas, pasaría a ser El MlÑO (1857), editor do folletón El ALBUM DEL MlÑO (1858). Seguiríanos outros xornais noutras capitais galegas, ligados tamén ás ideas provincialistas, coma os pontevedreses El PAÍS (1857), fundado polos irmáns Rodríguez Seoane e Fernández Anciles, e LA PRESERVERANCIA (1859), de M. A. Couto, con Pintos como redactor. Xa na década de 1860 xurdiría a coruñesa Galicia, Revista Universal de este Reino (1860-65), dirixida e editada polos irmáns De la Iglesia, a primeira gran revista cultural galega e de máis longa duración.
Estas publicacións darán acollida ás composicións literarias e ensaísticas dos membros da segunda xeración provincialista, na que destacarían Aguirre, Murguía, os irmáns De la Iglesia, Pondal, Fernández Anciles, Rosalía de Castro, Pérez Ballesteros, Vicetto, os Puente Brafias... Pero tamén participan directamente nos xornais ou inclúense poemas e traballos dos membros da xeración provincialista máis vella9 coma os de Neira de Mosquera, Añón, Pintos, os irmáns Camino, Posada, o propio Valladares...
Así e todo, en contra do que se poida pensar e salvo raras excepcións, a lingua maioritaria da súa produción é o castelán. En xeral, o grupo provincialista ignorou inicialmente a lingua do país como apta para a escrita, pois o galego seguía a ser considerado un dialecto e non conseguía desprenderse do pesado desprestixio entre as clases sociais acomodadas. Non obstante, foron dándose pasos pequenos no seu uso, circunscrito sempre á poesía, e apareceu tamén unha maior sensibiliación. En 1853 Xoán Manuel Pintos publica^l gaita gallega, obra que amalgama prosa e verso e na que, aínda que bilingüe, o galego é maioritario. Nela Pintos fai unha descrición social do galego, observacións lingüísticas e alenta o seu estudo e emprego. Ese mesmo ano publica tamén o Breve diccionario gallego para facilitar a comprensión do seu libro; máis tardío, de arredor de 1865, é o outro Vocabulario gallegocastellano seu editado recentemente por Neira e Riveiro (s.d.). Nos anos seguintes, tras o bienio progresista, seguirán producíndose pronunciamentos chamando ó cultivo da lingua. En 1856, a iniciativa será dos irmáns De la Iglesia; en 1858, de Fernández Anciles co artigo uImportancia que debe darse al dialecto gallego”; e en 1859, de Pintos, outra vez, co poema uRecramo” (vid. Hermida 1992: 68 e ss.). De especial interese para nós e o realizado polos irmáns De la Iglesia en 1856, polo que toca á súa relación directa con Valladares.
Valladares e os irmáns De la Iglesia
A tarefa que cumpría facer na década de 1850, segundo Antonio de la Iglesia, era galeguizar Galicia, combater o absentismo lingüístico e producir en grande cantidade obras galegas, aínda que fose a custo da calidade.
Corría o ano 1856 e don Antonio decidiu escribir a todos os poetas da rexión en termos semellantes a esta carta que dirixiu ó ferrolán Pedro Pueyo o 17 de marzo de 1856 (G. Placer 1953):
Con anterioridade, De la Iglesia xa lle escribira tamén a Pontevedra a Xoán Manuel Pintos solicitándolle igualmente información ou poemas en galego. Na carta de resposta, datada a fins de febreiro, o pontevedrés dáballe as grazas polo eloxio da súa obra A gaita gallega e indicáballe que apenas coñecía a ninguén que compuxese en galego.
Remitíalle, así e todo, os nomes de Francisco Fernández Anciles, Alberto Camino e Marcial Valladares e indicáballe que el mesmo copiara e dispuña das 1.200 coplas de Sarmiento. Reproducimos a carta de reposta de Pintos (G. Placer 1953):
O contido das cartas anteriores entre os escritores galegos de mediados do século XIX demostran, por unha parte, a escaseza do cultivo do galego e, por outra, o descoñecemento que tiñan uns autores da obra dos outros. Tamén son indicativas de que a sociedade e as institucións rexeitaban o galego. Son elocuentes as afirmacións neste tempo de Pueyo con referencia a unha vila como Ferrol: “punto donde menos se transije con el dialecto gallego”, ou sobre o que lle ocorreu a Francisco de la Iglesia, cando comezaba a publicar en galego. Sinala del G. Placer (1953: 399) que:
O primeiro de outubro de 1860, na portada da GALICIA. R.U., no artigo de presentación da revista, don Antonio, o seu director, volverá insistir nas dúas ideas comunicadas en carta a Valladares: a caricatura que se fai de Galicia fóra do país:
Pero volvamos por un intre a mediados da década de 1850. Neste momento, dende as páxinas dos xornais progresistas galegos (El PAÍS, LA PRESERVERANCIA, LA OLIVA...), que se consideran a si mesmos como “restauracionistas” ou rexeracionistas, comeza a reivindicarse unha nova Galicia, e a compoñerse poemas nos que os escritores ofrecen a imaxe de Galicia adormecida á que cómpre espertar para que se espreguice. Albíscase tamén unha maior concienciación cara ó idioma e por iso comezan a facerse “reclamos”, chamadas xerais ós ilustres de Galicia, convidándoos a que usen o galego e loiten por el. Un dos primeiros en exhortalos foi Francisco de la Iglesia nun poema de 1856 titulado “O espertador dos cantores gallegos”, publicado no coruñés El DEFENSOR DE GALICIA (n° 4, 9/10/1856), que arrincaba no seu primeiro verso “Espertá, rapaces, d’ese fondo sono” e seguía na súa cuarta e sexta estrofa:
Temprad’a gaitiña, temprade rapaces
Que feitos muy grandes terés que cantar,
E probade á España que sodes capaces
De falar co as musas da terra e do mar. [...]
Mostralle á esa xente q’a lingua gallega
E tenra se canta cántigas d’amor,
Terribel se manda, brandiña se prega;
E humilde se s’ergue fasta ó seu criador.
Nas estrofas seguintes acordábase da identidade dos ucantores”, engarzando unha longa lista de nomes de escritores que cultivaran a lingua. Don Francisco, seguramente sabedor do caderniño de poemas galegos que Valladares lle enviara ó seu irmán, incluíu ó noso autor nesa nómina na estrofa dezaseis:
Virían Valladares, Turnes e Samartiño,
Pondales e outros moitos que non poso nomear,
Q’anque parez que teñen aspeito de meniños
Abofellas que saben a gaita frolear.
Pola súa parte, Pintos no seu poema “Recramo”, publicado inicialmente en LA PRESERVERANCIA (n° 23, 22/5/1859) de Pontevedra (vid. Chacón 1984), incluía tamén a Valladares entre os “fillos de Galicia / que son dignos de loar / e forman a gran coroa / que a sua nai fai palpitar”, na copla 97:
Puga, Alvarados, e Queipos,
Ponte Brañas, Pondal,
Arandas, e Valladares,
e Ozores do Rial.
Os traballos literarios nesta época
Todos os poemas en galego que don Marcial lle enviou a Antonio de la Iglesia e que este, posteriormente, incluíu na revista GALICIA. REVISTA UNIVERSAL ou escolmou no Album de la Caridad datan de antes de 1854. A partir deste ano e sobre todo de 1856, cando a súa carreira administrativa e política se torna máis intensa, a súa actividade literaria como poeta lírico irá decrecendo (como el mesmo recoñece nas Memorias recordando a xuventude: “entusiasta á la sazón, mas que en la actual edad por la poesia lírica...”), en favor da poesía de tintura popular e costumista. Por outra banda, mesmo a faceta de poeta irá quedando relegada ante a de narrador e apuntador de cantigas, refráns e palabras, actividades que xustamente despuntan agora, a mediados da década.
Amais dalgunha composición relixiosa en castelán para a novena á Virxe da Guía, publicada en 1856 e da que xa falamos, Valladares afirma no comezo do seu prólogo "Al lector” que principiou en 1855 a redacción dos Elementos de Gramática Gallega:
Aproveitando igualmente esta paréntese na carreira administrativa, en 1855 dá por concluído o voluminoso traballo histórico, aínda inédito, Crónica de la muy noble y leal ciudad de Zamora, comezado sobre 1847 nesta cidade (Castro López 1913: 66); e en febreiro de 1857, en Vilancosta, remata un caderno manuscrito, “compuesto en ociosos ratos”, titulado Escenas contemporáneas: Flora, ó hasta donde llega una mujer. Dela ten suxerido Bergueiro (1950), coñecedor da obra de Valladares, que se trata dun antecedente da súa outra novela Majina (1870). A inédita Flora semella ser cadros costumistas autobiográficos conforme inferimos do que el mesmo sinala nas Memorias (L3: cap. III):
No es un trabajo filosófico, ni tampoco una novela. Coleccion monótona, pero verídica, de escenas mas, ó menos, vivas y tiernas, cuadros mas, o menos, interesantes; es si empezada pagina de mi existencia que quise conservar y nunca concluiré, tal vez...
Estes textos de Valladares están escritos en castelán. Será tras o seu primeiro retiro a Vilancosta en 1865, cando data o seu primeiro cantigueiro musical, Ayes de mi país, e sobre todo o definitivo de 1866, cando, de volta ás orixes e centrado na recolla folclórica, volva renacer nel o interese polo estudo e o cultivo do galego.

- Muy Sr. Mío y amigo: He de merecer de la atención de Vd. se sirva proporcionarme cuantas poesías en gallego se hayan publicado en esa, pues quiero dar a luz una coleción de todos los autores que hayan versificado en dicho idioma. Estimaría que si le fuera posible se hiciese Vd. hasta con las inéditas, y apreciaría mucho que si Vd. tiene algo de su númen en este género, me lo enviase también y si no lo tiene, fácil le será el hacerlo. Siempre que Vd. halle inconveniente en dirigirse a los que posean alguna composición, dígame Vd. quienes sean para yo escribirles.
- Sr. D. Antonio de la Iglesia. Muy Sr. mío: Aunque algo tarde, contesto a la muy favorecida de Vd. con el sentimiento de no haber conseguido nada sobre su encargo. Me he dirigido a algunas personas, las únicas tal vez que en esta población podrían servirme en el particular, pero nada he conseguido porque acaso de toda Galicia es este el punto donde menos se transije con el dialecto gallego. Yo nada tengo, y hace muchos años que abandoné la literatura; sin embargo en La Antorcha de Cubí hay algo y bueno, que con mucho gusto remitiré á Vd. Siempre que no tenga Vd. proporción de ver dicho periódico en esa.
Con anterioridade, De la Iglesia xa lle escribira tamén a Pontevedra a Xoán Manuel Pintos solicitándolle igualmente información ou poemas en galego. Na carta de resposta, datada a fins de febreiro, o pontevedrés dáballe as grazas polo eloxio da súa obra A gaita gallega e indicáballe que apenas coñecía a ninguén que compuxese en galego.
Remitíalle, así e todo, os nomes de Francisco Fernández Anciles, Alberto Camino e Marcial Valladares e indicáballe que el mesmo copiara e dispuña das 1.200 coplas de Sarmiento. Reproducimos a carta de reposta de Pintos (G. Placer 1953):
- Sr. D. Antonio de la Iglesia.
- Pontevedra, Febrero 29 de 1856.
- Muy Sr. mío de todo mi aprecio: he recibido su favorecida en que tanto elogia La Gaita Gallega, obra que me puse a escribir con ánimo de escitar la afición de mis paisanos al estudio de la lengua patria, a fin de que llegase a depurarse de todo lo malsonante y áspero, a uniformarse, y a ser, como debe, dülce, melosa, abundante, sonora, llena y enérgica. He trabajado solo, y he creído que aquel producto de mi escaso ingenio no sería hoy leído; pero siempre una voz secreta me halagaba diciendo que lo sería con el tiempo [...]. No sé que por aquí haya aficionados, y unicamente creo que algo compone D. Francisco Fernández Anciles, a quien hablaré. He visto y copiado mil doscientas coplas, compuestas por el eruditísimo Sarmiento en el dialecto gallego, y supongo las habrá Vd. leído también, pues dieron algo de ellas a luz en Santiago y aún en la Coruña. Compone tambien en gallego D. Marcial Valladares, y en Santiago salieron cosas buenas, especialmente de la pluma de Sr. Camino.
O contido das cartas anteriores entre os escritores galegos de mediados do século XIX demostran, por unha parte, a escaseza do cultivo do galego e, por outra, o descoñecemento que tiñan uns autores da obra dos outros. Tamén son indicativas de que a sociedade e as institucións rexeitaban o galego. Son elocuentes as afirmacións neste tempo de Pueyo con referencia a unha vila como Ferrol: “punto donde menos se transije con el dialecto gallego”, ou sobre o que lle ocorreu a Francisco de la Iglesia, cando comezaba a publicar en galego. Sinala del G. Placer (1953: 399) que:
- al mostrarse por vez primera en la Coruña, en su campo prácticoperiodístico, y hacerlo en gallego, oyó algunas, honradas quizá, pero engañosas advertencias, invitándole a que escribiese en castellano; ya que no había público —argüían— para leer gallego.
- Muy Sr. mio de todo mi respecto: Noticioso de que podra V. facilitarme algunas poesias suyas compuestas en idioma gallego y teniendo proyectado dar á luz, en una coleccion todas las de nuestros antiguos y modernos poetas galicianos, para memoria de nuestro idioma [...]; me dirijo á V. con la esperanza que se dignará honrar con algunas de sus obras, de calquier género á la citada colección.
- Su reconocido amor á nuestra abatida Galicia, me hace creer que no dejará V. de depositar en sus aras la ofrenda que ella tajantemente reclama, no solo por hacer noble gala [...] de nuestra lengua, [...] sino para desengañar a los españoles de allende el Cebrero que queriendo pintar á los gallegos en el teatro y en artículos de costumbres, escriben y forjan un idioma inapropiado y motejando [...] habla y costumbres de ellos no conocidas, haciendo cabalmente lo mismo con nosotros, pobres gallegos, que los extrangeros hacen con todos los españoles, de lo que saben quejarse luego, con sentidos lamentos, aquellos ibéricos escritores que nos agravian, sin ver que es mas enorme todavía su pecado contra Galicia.
O primeiro de outubro de 1860, na portada da GALICIA. R.U., no artigo de presentación da revista, don Antonio, o seu director, volverá insistir nas dúas ideas comunicadas en carta a Valladares: a caricatura que se fai de Galicia fóra do país:
- De Galicia no acostumbramos á ver retratos, sinó caricaturas. Su tierra, hasta hace pocos días, era, en boca de españoles no gallegos, la imágen de la esterilidad.
- ¿Por qué no hemos de mostrar al mundo desde luego las obras de nuestros antepasados y tambien las de los contemporáneos nuestros? Unas y otras probarían lo que es Galicia y lo que ha sido en todos tiempos.
- Por eso os pedimos en testimonio de ella, la exhibición de aquellas obras vuestras escogidas en que se ha reflejado mejor el don que os ha concedido la divinidad.
Pero volvamos por un intre a mediados da década de 1850. Neste momento, dende as páxinas dos xornais progresistas galegos (El PAÍS, LA PRESERVERANCIA, LA OLIVA...), que se consideran a si mesmos como “restauracionistas” ou rexeracionistas, comeza a reivindicarse unha nova Galicia, e a compoñerse poemas nos que os escritores ofrecen a imaxe de Galicia adormecida á que cómpre espertar para que se espreguice. Albíscase tamén unha maior concienciación cara ó idioma e por iso comezan a facerse “reclamos”, chamadas xerais ós ilustres de Galicia, convidándoos a que usen o galego e loiten por el. Un dos primeiros en exhortalos foi Francisco de la Iglesia nun poema de 1856 titulado “O espertador dos cantores gallegos”, publicado no coruñés El DEFENSOR DE GALICIA (n° 4, 9/10/1856), que arrincaba no seu primeiro verso “Espertá, rapaces, d’ese fondo sono” e seguía na súa cuarta e sexta estrofa:
Temprad’a gaitiña, temprade rapaces
Que feitos muy grandes terés que cantar,
E probade á España que sodes capaces
De falar co as musas da terra e do mar. [...]
Mostralle á esa xente q’a lingua gallega
E tenra se canta cántigas d’amor,
Terribel se manda, brandiña se prega;
E humilde se s’ergue fasta ó seu criador.
Nas estrofas seguintes acordábase da identidade dos ucantores”, engarzando unha longa lista de nomes de escritores que cultivaran a lingua. Don Francisco, seguramente sabedor do caderniño de poemas galegos que Valladares lle enviara ó seu irmán, incluíu ó noso autor nesa nómina na estrofa dezaseis:
Virían Valladares, Turnes e Samartiño,
Pondales e outros moitos que non poso nomear,
Q’anque parez que teñen aspeito de meniños
Abofellas que saben a gaita frolear.
Pola súa parte, Pintos no seu poema “Recramo”, publicado inicialmente en LA PRESERVERANCIA (n° 23, 22/5/1859) de Pontevedra (vid. Chacón 1984), incluía tamén a Valladares entre os “fillos de Galicia / que son dignos de loar / e forman a gran coroa / que a sua nai fai palpitar”, na copla 97:
Puga, Alvarados, e Queipos,
Ponte Brañas, Pondal,
Arandas, e Valladares,
e Ozores do Rial.
Os traballos literarios nesta época
Todos os poemas en galego que don Marcial lle enviou a Antonio de la Iglesia e que este, posteriormente, incluíu na revista GALICIA. REVISTA UNIVERSAL ou escolmou no Album de la Caridad datan de antes de 1854. A partir deste ano e sobre todo de 1856, cando a súa carreira administrativa e política se torna máis intensa, a súa actividade literaria como poeta lírico irá decrecendo (como el mesmo recoñece nas Memorias recordando a xuventude: “entusiasta á la sazón, mas que en la actual edad por la poesia lírica...”), en favor da poesía de tintura popular e costumista. Por outra banda, mesmo a faceta de poeta irá quedando relegada ante a de narrador e apuntador de cantigas, refráns e palabras, actividades que xustamente despuntan agora, a mediados da década.
Amais dalgunha composición relixiosa en castelán para a novena á Virxe da Guía, publicada en 1856 e da que xa falamos, Valladares afirma no comezo do seu prólogo "Al lector” que principiou en 1855 a redacción dos Elementos de Gramática Gallega:
- Empezados estos elementos en 1855, por mera distracción en ratos de ócio; cuando Alberto Camino, Añón y Rosalía empezaban también a publicar hermosos versos ría fala d’a terra”, lejos de la cual huyó rapidamente nuestra juventud, tres cosas nos mueven a continuarlos...
Aproveitando igualmente esta paréntese na carreira administrativa, en 1855 dá por concluído o voluminoso traballo histórico, aínda inédito, Crónica de la muy noble y leal ciudad de Zamora, comezado sobre 1847 nesta cidade (Castro López 1913: 66); e en febreiro de 1857, en Vilancosta, remata un caderno manuscrito, “compuesto en ociosos ratos”, titulado Escenas contemporáneas: Flora, ó hasta donde llega una mujer. Dela ten suxerido Bergueiro (1950), coñecedor da obra de Valladares, que se trata dun antecedente da súa outra novela Majina (1870). A inédita Flora semella ser cadros costumistas autobiográficos conforme inferimos do que el mesmo sinala nas Memorias (L3: cap. III):
No es un trabajo filosófico, ni tampoco una novela. Coleccion monótona, pero verídica, de escenas mas, ó menos, vivas y tiernas, cuadros mas, o menos, interesantes; es si empezada pagina de mi existencia que quise conservar y nunca concluiré, tal vez...
Estes textos de Valladares están escritos en castelán. Será tras o seu primeiro retiro a Vilancosta en 1865, cando data o seu primeiro cantigueiro musical, Ayes de mi país, e sobre todo o definitivo de 1866, cando, de volta ás orixes e centrado na recolla folclórica, volva renacer nel o interese polo estudo e o cultivo do galego.
O retiro en Vilancosta (1866-1903)
A vida apousada de “señor de aldea”
Andiven n’o mundo
De baijo pr’arriba;
Corrin as provincias
D’a nosa Galicia;
Botei uns seis anos
Alá por Castilla
E digo e direi,
Direi sin mentira,
Terriña por terra,
A terra d’a Ulliña.
MARCIAL VALLADARES (1883)
Estes versos autobiográficos de "Terriña por terra...” (Fernández Salgado 2002: 618), escritos dende o seu retiro na Ulla e publicados en 1883 no habaneiro El ECO DE GALICIA (8/7/1883), sintetizan o amor pola terra que o viu nacer despois de, certamente, andar polas catro provincias e botar seis anos en Zamora. Para o Valladares máis soidoso e sentimental, o seu recuncho de Berres representaba a volta ás orixes, o feliz mundo da infancia, a natureza e a calor da familia.
En efecto, logo da volta ó goberno de Narváez, que representaba a facción máis conservadora do partido moderado, a finais do verán de 1866 Valladares decidiu abandonar a vida pública e retirarse á casa patrucial de Vilancosta en busca do acougo e a tranquilidade que lle proporcionaban os campos da Ulla e a familia achegada. Así o poetizou el mesmo segundo o modo popular nesta copla que lle dedicou a Vilancosta (Fernández Salgado 2002: 628):
Fuxin d’o mundo engañoso
y-en Vilancosta atopei
o que n’o mundo non vía
e manda Dios n’a sua lei.
Nesta etapa da súa vida, os ingresos económicos proviranlle fundamentalmente da produción das abundantes propiedades da familia, como el mesmo o recordou nestoutra copla en que tamén se chancea do seu estado civil (X. A. Fernández Salgado 2002: 628):
O señor de Vilancosta
é xa vello e non casou:
fortuna para os seus sobriños
se levan o que el herdou.
E sustamente, en 1866 o pai morrera había dous anos e, en parte, como único fillo varón e cabeza de familia, o regreso a Vilancosta ten tamén por motivo facerse cargo da administración do considerable legado herdado. Así e todo, a súa vida non será de labrego, senón que exercerá de useñor de aldea”, como ben o definiu Carballo Calero (1970a: 2). Porque certamente, a vida de señorito que don Marcial vai levar de agora en diante, ocioso, gozando dos prados, montes e ribeiras da Ulla, ou encerrado no seu despacho mirando ó Pico Sagro, absorto nas súas afeccións de literato erudito, será posible grazas a que a verdadeira administradora de Vilancosta era a súa irmá Avelina, segundo as palabras do veciño seu García Barros (1903):
D’este val deleitoso n’un recuncho,
Loucuras d’outro tempo recordando,
As horas docemente vou pasando
Sin sentir que se van pra non volver.
E, libre d’a farandula d’as vilas,
Qu’á mais d’unha cabeza henche de vento,
Deijo ahora corre-l-o pensamento,
Vagar n’o campo que me veu nacer.
E esta unha nova etapa en Valladares e dela quedou breve constancia nas Memorias de familia. En 1879 deixará de escribir neste diario, se ben xa dende 1866 o narrado en cada ano decorre moi axiña e as informacións apenas teñen que ver xa coa vida familiar. A este período de case quince anos (1866-1879)? don Marcial só lle dedicou os tres capítulos finais deste volume, o que en parte poida explicarse por nestes intres andar afaenado na colección e transcrición de mostras folclóricas e na elaboración do seu dicionario. Así as cousas, o tempo que lle restaría para escribir no diario non debía ser moito. De por parte, os acontecementos nunha aldea arrecunchada da Ulla tampouco debían ser moi sobranceiros, tendo en conta a vida acougada que levaba a familia neste tempo. Mesmo nos cabe a sospeita de que as páxinas referidas a este período de tempo poida que fosen redactadas anos despois dos sucesos. Referímonos sobre todo ós capítulos XVII e XVIII nos que recolle unha crónica bastante exhaustiva dos acontecementos políticos do momento (revolución de 1868, a I República e a restauración borbónica). Neles muda a forma da súa letra e a perspectiva na narración, e incrusta fragmentos textuais de obras posteriores ó sucedido durante a república e a guerra carlista. Sobre as actividades que el desenvolve neste período non detalla nada e sobre os acontecementos familiares as alusións son tamén breves: apenas refire o preito cunhas sobriñas pola herdanza familiar, as mortes da tía Gabriela en 1868 e da tía Vicenta en 1869, a viaxe a Santiago de Avelina e Laurentino durante as festas do Apóstolo para ver a ofrenda realizada por Afonso XII en 1877 (dedícalle 32, L3: cap. XIX), e, finalmente, a credencial de bendición apostólica concedida por León XIII en 1878 extensible a toda a familia. Pola contra, son numerosas as páxinas dedicadas a crónicas de sucesos relixiosos; coma tal, recolle polo miúdo a visita pastoral do arcebispo Miguel Payá a Berres en 1876 e, noutras 18 páxinas, informa sobre o Papa Pío durante ula peregrinacion, ó romería, de Santa Teresa, con relación a España”.
Dende o seu refuxio de Vilancosta, Valladares observará cómo neste tempo os acontecementos políticos se suceden a unha velocidade vertixinosa: en 1868 a caída de González Bravo, tras a revolución de setembro da aGloriosa”, o que provoca o destronamento dos Borbóns e a saída de Isabel II para Francia (1868); en 1869 o nomeamento do xeneral Serrano como rexente e en xaneiro de 1871 a chegada do novo rei Amadeo de Savoia, ó tempo que é asasinado o seu máximo valedor, o xeneral Prim; en abril de 1872 a insurrección carlista nas provincias do norte e Cataluña e o comezo dunha nova guerra civil; en 1873 a renuncia do rei Amadeo I á coroá española e a proclamación da I República que só durará un ano; en decembro de 1874 a restauración borbónica coa proclamación de Alfonso XII como novo rei en xaneiro de 1875; e en 1876 a fin da terceira guerra carlista e a aprobación dunha nova constitución en 18763. Nas décadas seguintes (1876-1902), España gozará dunha certa paz política, sobre todo tras a morte do rei Afonso XII en 1885, ano en que o partido conservador e o liberal pactan a alternancia pacífica no poder durante todo o período de rexencia de María Cristina. Durante a década dos noventa esta paz verase alterada coas guerras nas colonias de Cuba e Filipinas, das que o propio Valladares deixou constancia nesta cantiga, publicada en 1898 no bonaerense EL ECO DE GALICIA (Fernández Salgado 2002: 646):
En Cuba y en Filipinas
mórren os nósos soldados
á máns d’ingratos isleños,
contra España subrevados.
Amais dos dous partidos alternantes no goberno aparecen agora novos movementos políticos, coma o socialismo e o anarquismo (vid. Barreiro Fernández 1981: 277 e ss.). O período coincide en Galicia, culturalmente, co Rexurdimento pleno da literatura galega (Monteagudo 1999a: 361-372), sobre todo durante a década de 1880. Politicamente, emulando o que sucede en Cataluña e nas provincias vascas (logo da etapa provincialista e federalista) comeza a desenvolverse o ideario rexionalista trala publicación da simbólica obra Los Precursores (1885), de Murguía, e da celebración do certame literario-musical convocado en Pontevedra en 1886 por O GALICIANO. O rexionalismo oporase ó centralismo conservador da Restauración. As súas figuras centrais nesta altura do século serán Manuel Murguía, autor do folleto El regionalismo gallego, que abandeira a liña máis liberal, herdeira do progesismo provincialista; Aureliano J. Pereira, partidario da liña federalista; e Alfre
do Brañas, autor da obra El Regionalismo, que lidera a facción tradicionalista. As súas ideas rexionalistas atoparán esteo en publicacións periódicas como La Región Gallega, El Libredón, La Patria Gallega, El Diario de Lugo e logo en El Regional, A Monteira, Galicia. Revista REGIONAL, etc. No plano social e económico é un tempo de crise: seguen certas penurias, prodúcense revoltas de labregos reclamando a abolición das quintas e dos consumos, a emigración é masiva e a industrialización case nula, agás o caso das conserveiras. Así o reflectiu o noso autor nestoutra cantiga (Fernández Salgado 2002: 646):
As contribucións e as rendas
joróban o labrador;
lévall’a guerra séus brazos
e andall’a fame o redor.
No intre de retirarse Valladares contaba con 45 anos. Estaba solteiro, un tanto desencantado da vida pública e canso das intrigas políticas na capital pontevedresa, onde vivira con certa continuidade na última decena de anos. Buscaba en Vilancosta a paz interior e o encontro con Deus, que para el se establecía no gozo da Natureza. Escribe en 1866 (MF, L3: cap. XVII):
Aquí mostra o trigo
Graúdas espigas;
Aquí as centéas
Parecen caidas,
O millo, patacas
E herbellas, se pintan,
Mantén ó labrégo
E dan pra a familia.
Terriña por terra,
A terra d’a Ulliña.
Aqui sobran zréixas;
Aquí medran guindas,
Fresiñas, pejégos
E doces pavías;
A pera, a mazan,
A cláudia, a sandía,
Laranjas, limons,
E cidros e limas.
Nese momento tamén consideraba Valladares que finalizaba un período da súa vida e quería deixar paso ás xeracións seguintes. Así o manifesta nas Memorias (L3: cap. XVII):
Unha obra polifacética en ben de Galicia
Hoy, alejado del mundo
Vive en su aldea contento
trabajando por Galicia
Con constancia y con anhelo.
A Valladares se debe
El diccionario primero
(O á lo menos el segundo
Que no estoy muy fuerte en eso),
De nuestro meloso idioma
Que alguno llama dialecto.
Hoy, en GALICIA HUMORÍSTICA
Publicando está sus cuentos
populares, recogidos
todos de boca del pueblo...
A. LABARTA (1888)
En efecto, en 1866 a Valladares réstanlle por vivir en Vilancosta aínda 37 anos (case tantos coma os que levaba vivido ata ese intre). Atópase en plena madurez intelectual, con boa saúde e moito vagar pola vida retirada que leva, o que lle facilitará a actividade creativa e de investigación lingüística e folclórica. Durante este tempo xa non se volverá ausentar da súa aldea por tempadas longas, todo máis algunha viaxiña a Santiago para resolver algún negocio ou asistir a algún acontecemento extraordinario: a cidade quedaba preto da Ulla e, ademais, a familia dispuña alí de casa, de xeito que podía demorar a súa estadía por uns días e aproveitar para visitar algunha amizade.
Este illamento case pastoril naquel recuncho de Berres debe entenderse só no senso físico, pois no intelectual é a de madurez a súa etapa máis produtiva. Por unha banda, Valladares seguiu cultivándose coas lecturas da súa ben nutrida biblioteca, na que nunca faltaron ás últimas novidades editoriais, non só literarias senón tamén xornalísticas e das doutras ramas do saber. En Vilancosta continuaron recibíndose, como xa en tempos do pai, as principais cabeceiras de prensa, tanto de intereses xerais como a de contidos culturais. Por só citar uns poucos títulos, exemplares de El SEMANARIO INSTRUCTIVO, SEMANARIO Pintoresco Español, Galicia Revista Universal, La Ilustración Gallega y Asturiana, Galicia Revista Regional, Galicia humorística... aínda poden follearse actualmente na biblioteca familiar de Vilancosta. Estes mesmos andeis aínda hoxe permanecen ateigados cos volumes fundamentais da literatura francesa, española e galega do século XIX, de gramáticas francesas, españolas e galegas, de dicionarios... e outros títulos de música, folclore, historia, botánica, biografías... (algúns en edicións hoxe xa inaprehensibles), o que son un elaro indicio de que estamos ante un home de ambicións culturais, preocupado polos distintos saberes. Pode servir como mostra do interese e coñecemento da literatura galega decimonónica o feito de que no seu Diccionario Gallego-Castellano (1884) incluíu 114 citas literarias pertencentes a 77 composicións datadas entre 1845 e 1883, de 33 autores diferentes (vid. Fernández Salgado 2004a). Nos suplementos e apéndices que foi confeccionando nas décadas posteriores, sobre todo durante 1890, aínda incluiría Valladares outros 65 fragmentos literarios máis, de 30 autores (vid. García Ares s.d.: 17).
Por outra parte, é agora no seu retiro campesiño cando toman pulo, ou concibe, as obras lingüísticas e literarias que lle darán máis fama e respecto; e tamén cando as súas relacións con outros persoeiros da intelectualidade galega e española son máis intensas, como logo veremos. Nesta altura do século, as últimas cousas escritas en galego por don Marcial eran anteriores a 1854. Tratábase de composicións de tintura costumista e amorosas dedicadas ás mulleres que el amara. Dende esta data, en canto ó cultivo do galego, prodúcese unha seca dunha ducia de anos, xa que a actividade literaria coñecida se reduce a algúns poucos poemas relixiosos, unha crónica histórica e as escenas de costumes tituladas Flora..., escritos todos en castelán7. Así e todo, en torno a 1865 Valladares reencóntrase outra vez co idioma vernáculo, agora xa non só como lingua de creación, senón e sobre todo como lingua obxecto de estudo. Nesta mudanza influíu, dunha banda, a fixación definitiva da súa residencia na aldea e con iso a proximidade ó mundo da cultura tradicional galega e, doutra, o contexto de efervescencia cultural vindicando o espertar de Galicia que paseniñamente se viña dando dende finais da década de 1850 e que, precisamente, estoura nos primeiros anos da década de 1860.
En efecto, é agora cando se publican algúns dos títulos máis senlleiros do Rexurdimento galego. Destaca o labor incansable de Antonio de la Iglesia en varias frontes: como director da GALICIA. REVISTA UNIVERSAL (1860-1865), a publicación que mellor simboliza este rexurdir; como artífice da publicación do Album de la Caridad (1862), que recollía as composicións premiadas nos xogos florais da Coruña de 1861 e mais un uMosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos”, a primeira escolma de poesía galega do renacemento decimonónico con 97 composicións en galego; e como editor da obra lexicográfica de Francisco Javier Rodríguez, o primeiro Diccionario Gallego-Castellano (1863). Ven luz tamén os primeiros tomos da romántica Historia de Galicia (1865), de Vicetto, superada nese mesmo ano pola emblemática de Manuel Murguía, tamén titulada Historia de Galicia (1865), na que se vén insistir sobre a importancia da literatura popular como fonte de información histórica para Galicia e do seu especial interese cando un pobo carece de verdadeira e completa literatura; o mesmo Murguía publicara en 1862 La primera luz libro destinado ás escolas de Galicia, onde se recollían leccións de lingua, historia, xeografía, de homes célebres do país, etc. Edítanse tamén as primeiras descricións gramaticais da lingua: en 1864, aparece o considerado primeiro texto gramatical galego, ben que deficiente, Compendio de Gramática Gallega, do enigmático Francisco Mirás; xa en 1867, das prensas luguesas de Soto Freire, o editor galego máis profesional do momento, sae xa unha uverdadeira” e modernísima Gramática Gallega (1867), da autoría de Juan Antonio Saco Arce, cunha descrición sobre o galego que aínda hoxe é válida en moitos dos seus puntos; e ese mesmo ano aparece tamén El habla gallega, de Cuveiro, especie de historia da lingua precedida dunha mínima descrición gramatical. Non obstante, todos estes títulos serían superados polo simbólico libro de poemas de Rosalía de Castro Cantares gallegos (1863), a publicación máis atrevida que logrou engaiolar a varios autores e editores na aventura de escribir e publicar en galego, unha lingua daquela de analfabetos considerada inadecuada para todo o que non fose folclórico.
Valladares non permaneceu alleo a este rexurdir cultural, coñecido logo como “Rexurdimento” ou "Renacemento”; moi á contra, sentiuse seducido por el. Como afirma no prólogo do seu dicionario, “amantes de nuestra Patria como el primero”, quixo contribuír co seu gran de area nesta empresa. Por iso acabará ofrecéndose dende a Ulla como un infatigable operario para calquera labor que redunde na gloria e honra de Galicia, continuando así o camiño doutros escritores e intelectuais. Isto escribía don Marcial por volta de 1870 no prólogo da súa novela Majina:
Vilancosta, Vilancosta,
hoxe triste, decaída,
¿que foi da tua mocedá,
teus petrucios e tua vida?
¿Onde che van, Vilancosta,
tempiños en que se oía
o alalá nas herbeiras,
a gaita na romaría?
ou noutras, coma uInes fiando” (1879), na que a protagonista Inés, representante da muller tradicional galega, en tanto fía, vai lembrando con morriña as formas de vida pasadas (Fernández Salgado 2002: 599)
¡Ond’os tempiños che van,
Aqueles alegres dias
En qu’eu iba po-l-o vran
As festas e romarías!
¡Ond’os homes estrevidos
Que, de sanos, esbochaban,
E, atrujando n’os eijidos,
O corazon arrayaban!
¡Ond’as mozas churrusqueiras
De meigosas tenras falas!
¡As cántegas d’as herbeiras
E os suidosos a-la-lá-las...!
Estonces ¡tempo dichoso!
Víase mais devocion:
Ningun santo milagroso
Deijaba de ter funcion.
A elas contrapón os modos de vida actuais, nos que a vaidade, a artificialidade, a aparencia, a falta de devoción... viñan rachar coa orde que derregaba o mundo tradicional galego:
Ahora á funcion e cara;
Quer bombas de dinamita;
Quer globos de cola rara;
Músicos de plancha en fita [...]
As mozas o agarradiño
Estonces non conocíamos.
Bailábamos honestiño
E deséar nos facíamos. [...]
O señor non se saluda
Porque ja somos iguales,
E, anqu’o saber non ajuda,
Vense n’a roupa os señales. [...]
A estrofa final da poesía é moi significativa xa que presenta a imaxe de Inés adormecendo á beira do lume? e o lume esmorecendo como tamén esmoreeía todo aquel mundo:
O lume foise acabando,
Catuja en dormirse dou,
E Inés, a roca espenando,
Dormida tamen quedou.
Así pois, o paciente labor filolóxico ó que Valladares vai dedicar gran parte do tempo no seu retiro en Vilancosta explícase pola confluencia dun abano de circunstancias: dunha banda as afectivas (sente soidade por ver desaparacer o modo de vida tradicional galego e quere deixar constancia escrita del), doutra as ideolóxicas (comparte as ideas provincialistas e rexionalistas que propiciaron o rexurdimento cultural), tamén as intelectuais (é un home cultivado en varias disciplinas, inclinado ás letras e con inquedanzas culturais) e finalmente as físicas (dispón de moito tempo libre para dedicar ás súas afeccións de erudito).
Como non podía ser doutro xeito na Galicia destas alturas do século XIX, os seus esforzos iniciais dirixíronse á colección folclórica, foron derivando posteriormente cara á recollida léxica e, logo, á descrición gramatical. No terreo literario, a faceta de poeta romántico do mozo Valladares deixou paso na madurez á de narrador en castelán e galego, se ben aínda comporá algunhas poesías de asuntos costumistas e formas populares, que adoito se confunden coas saídas verdadeiramente da musa do pobo. Colaborará con editores de xornais e revistas e facilitaralles mostras populares ós estudiosos do folclore que llo soliciten. Finalmente, aínda lle restará tempo que consagrar a outras afeccións súas, coma o debuxo dalgún mapa, a composición dalgunha peza de música popular e, sobre todo, ó estudo dos vexetais. O seu interese por este último aspecto queda manifesto nos varios centos de nomes de plantas (tamén de animais) e de termos relacionados coa botánica que rexistrou no seu dicionario (cun vocabulario final sobre a disciplina), que merecería de seu o estudo dun especialista. Moita desa información aparece recollida no seu traballo inédito Catálogo de árboles de adorno, arbustos y flores mas comunes hoy en los mejores jardines, por M.V.N. Trátase dun volume manuscrito autógrafo, datado de 1879, que organiza a información a modo de fichas cos seguintes apartados: “Nombres vulgares castellanos”, “Nombres, géneros científicos y especies”, “Variedades” e "Familias”.
Toda esta variedade de disciplinas que tocan os seus traballos dálle á súa obra un recendo erudito moi propio do século XIX. Así e todo, a obra pola que hoxe é máis lembrado nos estudos culturais galegos cae dentro dos dominios da colección folclórica, da lingüística e da literatura.
O compilador dos saberes populares
O “descubrimento do pobo” polas elites intelectuais e o seu interese polas “antigüidades” ou “tradicións populares” cobrou auxe no século XIX á calor do movemento romántico, o que levou consigo a creación folclore, en canto ciencia, e unha fascinación xeral por saber da tradición dos pobos (e en caso de non habela, a necesidade de inventala), a través do estudo do que se deu en chamar “cultura popular”, isto é, os costumes e tradicións do pobo, a súa literatura e lingua.
Valladares xa dera mostras do seu interese por todo o “popular” a principios da década de 1840, sendo aínda un mozo universitario, cando influenciado pola ideoloxía romántica e a moda costumista se dedicaba durante as romarías da Ulla a tomar apuntamentos sobre algúns pasos dunha danza popular, dos detalles da vestimenta das rapazas ou anotar a melodía dunha canción (Filgueira Valverde 1941: 31). Porque, en efecto, as súas compilacións manuscritas de cantigas, refráns, adiviñas e contos tomados da boca dos seus paisanos labregos da Ulla son das primeiras en se faceren en Galicia xunto ás do médico ferrolán López de la Vega e do pontevedrés Casal Lois.
En 1865, Valladares dedicou ás súas irmás, grandes afeccionadas á música, un cantigueiro musical titulado Ayes de mi país do que unha copia manuscrita aínda se pode ver actualmente no arquivo do Museo de Pontevedra. Neste mesmo arquivo, e seguramente anterior Ayes, tamén se conserva outro cademo manuscrito de don Marcial titulado Recuerdos de la Adolescencia, que recolle textos, notacións musicais e descricións de bailes de 14 pezas, 3 delas en galego. Deste xeito, tamén Valladares é un dos primeiros coleccionistas de música galega. En 1867 data outro caderno manuscrito baixo o título de Cantigueiro popular, onde recolle letras dalgunhas cantigas xa incluídas en Ayes de mi país e novos grupos delas,
amais de incluír romances, epigramas, refráns, adiviñas, traducións doutros autores e varias composicións propias. Esta miscelánea iría acrecentándoa textualmente con outras transcricións nun novo suplemento que titulou Apéndice ó Cantigueiro popular, que data en 1879, e que ó igual có anterior contén mostras folclóricas variadas e escritos do autor. Valladares aínda aumentaría a súa colección en 1887 cun Novo apéndice ó Cantigueiro popular, que máis tarde daría a coñecer Bouza-Brey (1956).
Moitas cantigas por el anotadas incluiríaas tamén no seu dicionario en 1884, algunhas aparecerían publicadas na prensa e outras remitiríallelas a outros estudiosos do folclore galego. Así, a mediados da década de 1860 envioulle cantigas a Murguía, a principios de 1880 colaborou co sevillano Antonio Machado y Álvarez, co ourensán Saco Arce, con Rodríguez Marín e tamén cos irmáns De la Iglesia; a principios da década de 1890 envioulle melodías a Casto Sampedro e xa contra o final, romances a Alfredo Brañas. Neste senso, foi particularmente numerosa a colección de cantigas, adiviñas, romances e outros materiais folclóricos enviados a Machado y Alvarez, “Demófilo”, quen os acabou dando a coñecer en varios traballos seus, sobre todo, na obra Folk-Lore Gallego. Miscelánea (1884) dentro da colección Biblioteca de la Tradiciones Populares Españolas, que el mesmo dirixía (vid. ó final a sección de Bibliografía).
Igualmente nestas décadas aínda Valladares daría a coñecer na prensa de ideoloxía rexionalista a súa colección de refráns composta por arredor dun milleiro de paremias (vid. Fernández Salgado, 2003a) e a transcrición dunha vintena de contos populares, en galego e castelán, oídos tamén polas terras da Ulla.
Todo este labor en favor da cultura popular foille recompensado co nomeamento de usocio de mérito” pola uSociedad del Folk-Lore Gallego”, que nos primeiros meses de 1884 nacía na Coruña, non sen polémica, impulsada polo propio Machado y Alvarez, baixo a presidencia de Emilia Pardo Bazán.
O apaixonado da palabra viva
Paralelamente á súa actividade de compilador de mostras folclóricas, Valladares desenvolveu tamén un intenso labor de recolla de voces e expresións populares, eminentemente da contorna da Ulla, de forma que en 1869 tiña tamén rematado un dicionario, segundo o propio autor indica no prólogo da obra:
Sabedores na Real Academia Española por Laverde Ruíz do seu labor lexicográfico, Valladares sería designado “correspondente” da institución6. A súa oposición inicial a publicar a obra, por motivos non totalmente desvelados (¿modestia? ¿desconfianza editorial? ¿custe económico?...), parece que mudou, en parte tralo recoñecemento académico. Así, logo de atender os rogos de varias amizades, entre as que se encontraba dende logo Laverde Ruíz, pero seguramente tamén Machado y Alvarez e Álvarez Insua, don Marcial acabaría por dar ás prensas o seu Diccionario Gallego-Castellano, que nos primeiros meses de 1884 vía impresas as súas primeiras páxinas no folletín do xornal santiagués El LlBREDÓN. Así o lembra no seu traballo “Escritura gallega” (1888a):
A obra mereceu na prensa da época eloxios, recoñecementos e gabanzas, coma esta recollida na sección "Miscelánea” da REVISTA DE LA SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAIS de Santiago (n° 34, 30/11/1884):
Xa rematando o ano, nas páxinas de EL ECO DE GALICIA, o seu director Alvarez Insua (1884) dedicoulle así mesmo unha columna laudatoria á obra e ó seu autor. Comezaba destacando o momento de fecundidade e vitalidade que vivía o galego naquela altura nas plumas dos seus escritores, “ansiosos de vindicarlo de las burlas y agresiones de que en otro tiempo fue objeto”. Para Insua, naqueles tempos de renacemento provincial, debía buscarse o que entrañase a tradición perdida e denunciar o carácter maleado, para formar a verdadeira fisionomía do pobo galego. Nesa tarefa, segundo el, levaba a mellor parte uel poeta gallego, nuestro amigo D. Marcial Valladares, que en su tranquilo retiro de Vilancosta trabaja con incansable brío por devolver al dialecto gallego el prestigio”. Pola transcendencia e volume do dicionario o crítico recoñecía que Valladares era “el literato que más positivamente contribuye á la obra meritoria de restaurar”. Na segunda parte da recensión, Insua facía votos para que unha vez que existía ‘ un completo y extenso Diccionario” se organizase a "Academia Gallega”, a fin de que dictase regras e preceptos polas que rexerse os escritores, co que se evitaría a anarquía que se observaba nos seus escritos:
Xa en 1887, o eximio académico don Marcelino Menéndez Pelayo (1956, II: 182-185), a petición da Real Academia Española, realizaría un ditame favorable sobre o Diccionario, recoñecendo os meritorios servizos filolóxicos que podía prestar por recoller “un nuevo léxico, enteramente gallego”, tomado dos labios do vulgo, así como a súa superioridade sobre o de Rodríguez e Cuveiro. Tamén informaba don Marcelino dalgunhas carencias, como as de non localizar as voces, non dar o étimo das palabras nin os derivados noutras linguas e dialectos. Respecto disto, xa Alonso Montero (1970b) se preguntou retoricamente ucomo levar a cabo o programa suxerido por Menéndez Pelayo”, alleos naquel entón o propio autor e mais a Universidade galega ós estudos da filoloxía románica que nese intre estaban a realizar Díez ou Meyer-Lübke. Así e todo, malia esas insuficiencias, Menéndez Pelayo remataba sinalando que ningunha delas minguaba Uun ápice el mérito insigne que ha contraído el señor Valladares” ó entregar á comunidade dos estudosos de filoloxía romance un dicionario cun considerable número de vocábulos, arrequentado cun refraneiro e un pequeno cancioneiro, "primer ensayo en su género”. Por todo iso, Menéndez Pelayo concluía:
A inquedanza pola codificación do galego
A querencia que Valladares sentía polo galego, coma a doutros rexionalistas do seu tempo, era sobre todo de tipo emotivo e sentimental. En 1888 en "Escritura gallega”, próximo a entrar nos setenta anos, escribe:
Certamente, o galego entrara no século XIX sendo unha lingua eminentemente oral, mergullada no desprezo alleo e dos propios falantes, e cada vez con máis notorias variantes fónicas, morfolóxicas e léxicas de tipo dialectal. O idioma vernáculo fora quedando circunscrito ó ámbito rural, mariñeiro e dos artesáns e a rexistros populares. Ademais, carecía da tradición literaria escrita de que gozaban as linguas veciñas, pois a brillante literatura galego-portuguesa da etapa medieval non se coñeceu e divulgou ata xa moi avanzado o século. Xa que logo os precursores do Rexurdimento literario (Añón, Alberto Camino, Pintos, os Irmáns de la Iglesia, o propio Valladares...), que comezaron a escribir en galego aló pola década de 1840, atopáronse coa difícil tarefa de construír un código propio, apto para empregar en diferentes ámbitos e espazos, inicialmente e sobre todo, no literario e, dentro deste, na poesía.
A primeira cuestión que tiveron que resolver foi a de dotar ó galego dun sistema gráfico que se axustase ás peculiaridades fónicas do idioma. A ausencia de tradición escrita e a falta dunha autoridade académica, tanto individual como corporativa, propiciou nos textos certa anarquía gráfica, ben evidente nos casos da representación dos fonemas específicos do galego (o ///, o /q/, a diferente abertura das vocais <e> e <o>) e de certos fenómenos fonotácticos característicos da lingua oral, coma as elisións e as asimilacións. A diferente grafización nestes puntos acabou suscitando bandos enfrontados entre os escritores e eruditos e case inevitables polémicas, das que a máis virulenta foi a de 1888, na que se discutía sobre todo a grafización do Ifl. Por outra parte, parella á cuestión ortográfica xurdiu outro reto para os escritores: a elección dun modelo de lingua para o galego. Tratábase de seleccionar unha variante entre as varias opcións que ofrecía un idioma abundante en solucións xeográficas diverxentes, tanto morfolóxicas coma léxicas (aspecto sentido daquela como enriquecedor), pero tamén diastráticas.
Xa que logo, se por algo se caracterizan os textos literarios en galego do Rexurdimento é polo seu polimorfismo gráfico, mesmo en escritos dun mesmo autor, e mais por se estearen nun modelo de lingua oral popular cimentado no dialecto de cada autor. Non obstante, neste punto tamén xurdiron diverxencias entre os autores sobre o que era ou non válido do galego popular con miras ó establecemento dunha coiné galega. González Seoane (1992: 210 e ss.) tracexou entre os gramáticos galegos decimonónicos dúas tendencias. A primeira denominouna populista, estaba encabezada por Saco Arce e propuña aproximar o uso culto ó uso real dos falantes. A outra tendencia é a elitista ou cultista e nela encadra a Valladares e Rodríguez Rodríguez, que consideraban que o galego popular, e especialmente o aldeán, debía ser depurado dalgúns vulgarismos e incorreccións (por exemplo, as gheadas), e necesitaba, por tanto, ser elaborado sobre outras bases diferentes das estritamente populares.
Finalmente, a afirmación de González Seoane (1992) de que Valladares comparte unha visión negativa do galego popular cando rexistra como erróneos ou vulgares vocábulos e construcións propiamente galegas (vid. Fernández Salgado 2002: 304), debe ser matizada polo aprecio que don Marcial sentiu e amosou por todo o “popular”. A súa paixón polo folclore quedou patente na paciente anotación de contos, cantigas e refráns e tamén de palabras e expresións para o seu dicionario. Obviamente, iso non foi obstáculo para que cando oficiou como gramático (afeccionado) nos Elementos se movese cos parámetros predominantes nas gramáticas españolas da primeira metade do século XIX, asumindo o herdo ideolóxico da gramática xeral e adoptando, moi en consonancia co modelo académico español, unha actitude normativa de carácter elitista coa finalidade de perfeccionar unha lingua eminentemente popular e dialectal como era o galego naquel entón. Don Marcial (1888b) expresa deste xeito un modelo posible do que deben beber os escritores galegos:
Un resumo da súa proposta e algunha das súas ideas sobre a codificación do galego nesta altura do século poden verse no citado "Escritura gallega” (1888a) publicado en GALICIA REVISTA REGIONAL, co cal viña posicionarse na polémica ortográfica dese ano. Valladares recoñece aí a urxencia de establecer regras de escritura para o galego, en especial nos aspectos gráficos que máis arredaban os escritos duns autores a outros, e conclúe que é preciso constituír unha Academia ou "un cuerpo científico” que elabore unhas normas que sexan recoñecidas e aceptadas por todos. Con todo, consciente de que un acordo deste tipo non era factible a curto prazo e considerando que a regulamentación do idioma era xa necesaria a estas alturas, el mesmo, avalado como autor dun dicionario e, nestes anos, correspondente xa da Real Academia Española, considérase o suficientemente capacitado para establecer unhas bases que “á merecer el asentimiento general, evitarían esas diferencias, existentes hoy en la escritura de nuestro dialecto”. Resumidamente, as 5 bases que propón e en xeral as que seguiu nos seus escritos máis importantes son:
A contribución de don Marcial á lingüística galega decimonónica complétase co texto Elementos de Gramática Gallega, rematado en 1892, se ben, segundo el mesmo indica nas verbas limiares "Al lector”, xa o comezara en 1855. Ora ben, coma no caso do dicionario, a súa dedicación ó texto gramatical debeu ser escasa ou nula nas décadas seguintes, sen dúbida un labor de gramático afeccionado, upor mera distracción en ratos de ócio”. Os Elementos volverían requirir da súa atención a finais da década de 1870 e de 1880, pois certamente os devanditos tres artigos sobre ortografía debían pertencer ó seu proxecto gramatical, en vista de que fragmentos enteiros deles se reproducen case literalmente na gramática. Non obstante, foi en 1892 cando xa con 71 anos traballou máis intensamente no texto co ánimo de rematalo por tres motivos, que fai explícitos no limiar “Al lector” (Valladares 1970: 9). En primeiro lugar o gramático ullán quere xustificar a non caprichosa escritura do seu Diccionario Gallego-Castellano. En segundo lugar, ante a carencia dunha Academia rexional que regulamente a lingua, ten o ánimo de dar a luz unhas regras gramaticais elementais doadas de entender para os escolares e que logo se xeneralicen á xente toda; neste punto, Valladares non ignora a tradición gramatical galega, pero coida que o texto de Mirás é “en extremo deficiente” e a de Saco, malia recoñecer que se trata dunha gramática excelente, “de lo mejor que sobre el particular se ha escrito”, non é comprensible para a xente común. Por último, como rexionalista que era, coa súa obra desexa contribuír ó lustre e gloria de Galicia.
Os Elementos é un texto gramatical que comparte o empeño patriótico das outras gramáticas galegas e o prescritivismo dos textos da tradición gramatical española que xiraban arredor da actividade da Real Academia Española. Co seu título quere significar que non se trata dunha gramática completa, senón só duns “elementos”, uns apuntamentos gramaticais. As partes máis desenvolvidas son as relativas á uOrtografía” e á “Analoxía”, que trata como unha morfoloxía das partes do discurso. O prescritivismo realízao asumindo os preceptos da gramática xeral e o método comparativista co español, idioma que toma como modelo por practicidade, pois era a lingua en que se alfabetizaba a poboación galega. A variante lingüística que describe Valladares é maiormente a do seu dialecto da Ulla, se ben aparecen referencias a variantes doutros dialectos, sobre todo do ourensán.
En definitiva, a súa recolleita léxica e folclórica xunto ó seu estudo gramatical e a súa proposta ortográfica para o galego converten a Marcial Valladares nun persoeiro de primeira orde, de referencia obrigada nos estudos lingüísticos do século XIX.
O literato precursor de xéneros
O loable e tenaz traballo filolóxico que Valladares realizou dende o seu retiro na Ulla, coleccionando literatura popular e estudando e describindo o galego do seu tempo, complétase coa súa actividade de creador literario como narrador e xa cada vez menos como versificador, a pesar de ser esta a súa vocación primeira.
En efecto, don Marcial comezou sendo ante todo poeta e foi durante a súa mocidade, entre 1840 e 1855, cando compuxo o máis valioso da súa produción. Como xa vimos, nesta altura os seus versos sentimentais e amorosos, de clara inspiración romántica e costumista, son canda os de Añón, Camino ou Pintos os que abriron o caireiro do prestixio do galego como lingua literaria no século XIX. A partir de 1865, a súa actividade de poeta foi airecunchada cada vez máis polas outras de lexicógrafo e colector de folclore, sobre todo a poesía de tema amoroso. Non ocorreu tanto coa satírica e costumista, pois de feito a faceta de folclorista influirá considerablemente na motivación, no contido e na forma métrica das composicións desta época, ata o punto de que a miúdo se confunden as saídas da súa inspiración coas de simple transcrición da boca do pobo. Tómase evidente nas 21 coplas de feitío popular que baixo o título de “Cantigas. Vilancosta” lle dedicou ó seu lugar nativo (Femández Salgado 2002: 628):
Terriña de Vilancosta,
terriña en que che eu nacín,
desque che deixei por outra
n-houbo gusto para min.
E tamén é visible noutras 42 cuartetas igualmente tituladas "Cántigas”, que publicou en 1898, e mesmo nas recreacións poéticas que realizou de fábulas populares, coma a romanceada "A Garza e o Carrizo” (1884), ou a tradicional uOs dous ratos” (1888), relatada por Valladares en 15 pareados asonantados (Fernández Salgado 2002: 635):
Solitario n’un muiño cérto rato,
Fariña e grau comendo sin mandato,
Ordenou (pórque solo s’aburria)
Buscar entr’os parentes, compañía.
O monte saeu, pois, moi caladiño E outro rato atopou, tan flacuchiño,
Qu’entendeu o pasaba malamente.
Saudárons’entrambos cortesmente [...]
Son tamén de forte sabor popular outras composicións súas aparecidas na prensa durante a década de 1880 —se ben varias delas están sen datar, polo que poida que sexan das décadas anteriores—, coma as seguidillas uNai e filla” (1883), que lembran os diálogos das cantigas de romaría medievais; das oitaviñas "Rosa e Sabela” (1883); ou da festeira "Fin de romaría” (1898), en que alternan cuartetas e coplas con versos de alalalás a xeito de refrán e outros onomatopeicos de aturuxo:
Felíce-los que se déitan
sin ánsias en que pensar:
érguense, pórque despértan
e saben qu’hán d’almorzar”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
¡Hu-hu-húi!
O mesmo ton popular teñen as redondillas burlescas de “Bribonada” (1888) e os varios epigramas aparecidos nas follas dos xornais e revistas, xénero humorístico, por outra parte, moi apreciado e cultivado por varios dos nosos autores do Rexurdimento.
Noutros poemas o costumismo e o colorido popular vén do retrato de personaxes tipo, coma en "A castañeira en Santiago”, na que aproveitando o pregón uai que ricas fervendo” engarza unha das composicións máis celebradas pola crítica e das que máis fortuna editorial tivo. O poema foi escolmado nas dúas antoloxías máis importantes da década de 1880; isto é, por Francisco Portela Pérez na súa Colección de poesías gallegas (1882), e por Antonio de la Iglesia no primeiro tomo do seu El Idioma Gallego. Su antigüedad y vida (1886), onde en nota aparece datado de 1881.
En cambio, en “Inés fiando” (1879) o cadro costumista da vida rural agocha a visión crítica do autor sobre os usos e costumes dos novos tempos, en contraste cos pasados. O Valladares censor e moralista conforme á súa ideoloxía volve aparecer no poema uQuieta gesta ¡Vaite cojo” (1879), por onde fai desfilar varios personaxes tipo sobre os que emite un xuízo condescente ou reprobatorio. Sirvan de exemplo as primeiras estrofas (Fernández Salgado 2002: 603):
Qu’unha nena de quince anos,
Sobre todo s’é bonita,
Por palicar se derrita,
Po-l-o baile e po-l-a festa,
Quieta gesta.
Mais qu’unha en jamon entrada
A nena queira facerse,
Pense aínda en compoñerse
E teña d’amor antojo,
¡Vaite cojo!
Qu’estudiantiño aplicado
Sea as veces bachiller,
E poida o vulgo entender
Qu’á estudiar baijou á testa,
Quieta gesta.
Mais que a bote de sabido
Quen un libro nunca abreu,
E fale de todo á treu
Sin coidar que causa nojo,
¡Vaite cojo!
Nalgunhas composicións agroma tamén o poeta cívico para poñer de manifesto os problemas de tipo social do mundo rural galego, derivados da eriiigración e os fortes impostos que sufrían os campesiños, coma nestes versos de uNai e filla” (Fernández Salgado 2002: 623):
—”¿Qué dis, qué dis, Maria,
Se n’hai cartúcos
E apreméa o menistro
Po-l-os trabúcos!”
—”Dou Dios grauciños:
Venderei n’os mercados
Uns ferradiños.”
—”O millo, si; o millo
Ja’sta embargado,
Pórque, se nós comemos,
Non cóme o Estado
E millor fora
Traballas’él as leiras
Visto o d’agora.”
Por outra banda, o eloxio da paisaxe galega é o tema de publicado en 1879, e mais de "Terriña por terra”, "Romance” e "Unha tarde na Ulliña”, aparecidos en 1883. Nos dous últimos, a descrición esplendorosa inicial da natureza, coma esta de “Unha tarde na Ulliña” (Femández Salgado 2002: 615):
[...] Via, en fin, dend’o Seijo, á Sarandon,
Figura d’abanico despregado,
Grave o Ulla correr coma un feston
D’ese mismo abanico dibujado.
E dunha e doutra banda n’as orélas,
Salgueiros e amenales alí en fila,
Ond’os cucos ja s’oyen e as bubélas
E Martin-pica-peije agudo chila [...],
abre paso en estrofas posteriores a reflexións relixiosas e moralizantes nas que exalta a Deus como o creador das magnificencias naturais:
Detiñam’á miúdo e perguntaba:
¿”Como babecon hai qu’en Dios non crea?
¿Como viva criatura non o alaba
E humildosa á seus pés non se domea?
¿Como baldíos homes mal nacidos
En combati-l-o afian os talentos
D’El, solo El, un dia recibidos?
¿Ou mércans’acá abaijo entendementos?
Veñan, miren aquí os grans atéos
E dígans’á si propios se fijeron
Este mundo, esa bóveda dos ceos
Que nunca inteligencia mereceron [...]
Por último, a morte dalgunha amizade tamén mereceu os versos laudatorios de Valladares. Así, en 1883 dedicoulle un soneto en castelán ó xornalista e poeta poníevedrés Andrés Muruais, finado prematuramente en 1882. A composición publicouse na Corona fúnebre (1883: 83) que os poetas galegos da época lle dedicaron. O soneto comezaba con este cuarteto:
Luz pasajera de Galicia,
de esa joya de Lérez, que extasiado
há seis rápidos años contemplando
llena de encantos y sin par delicia.
Xa en 1891, con motivo do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro dende o cemiterio de Adina a San Domingos de Bonaval, Valladares, xa con 70 anos, brindoulle á poetisa unha das súas últimas creacións. A composición leva por título "A Rousalía”, seguido da referencia "o 26 de mayo de 1891”. Foi dada a coñecer por Bouza-Brey (1951a) e leva como antefirma “en nome d’os labrego d’a Ulla”, o que lle fai ficcionar a don Ferniín que:
Somos gente galiciana
honrada gente d’aldea,
onde cada un s’afana
pra que millo a terra dea.
E, süando a mais süar,
a peciño e augua fría,
vimos soilo por saudar
os restos de Rousalía.
Na composición, lóuvase unha Rosalía combativa, próxima ó pobo galego, que coa súa voz se alzou en defensa del e da súa lingua. Esta exaltación discorre parella á defensa do labrador ugaliciano”, que é presentado como humilde, honrado, traballador, gardador do seu dialecto e nada cobizoso.
A produción poética valladariana supera o medio cento de poemas en galego, amais de setenta epigramas (vid. a sección de Bibliografía). A vista dos títulos que máis transcenderon despréndese que foi visto sobre todo como poeta costumista, o que acaía ben coa estética do Rexurdimento e, en menor medida, como poeta amoroso. Non obstante, ó noso ver, son estes seus poemas iniciais tipicamente románticos os que para un lector actual agochan máis frescura e encanto.
Pero, sen dúbida, a razón pola que o nome de Marcial Valladares resoa con máis forza na historia da literatura galega é por ser o inaugurador do xénero narrativo moderno en galego coa novela Majina ou a filla espúrea, que escribe en 1870, data que signifiea que Valladares e os outros escritores decimonónicos tardaron máis de tres décadas en rachar co tópico de que o galego só era válido para o xénero lírico.
Certamente, en 1870, consonte o ano que figura a portadiña do manuscrito, o xa maduro literato de Vilancosta debeu sentirse suficientemente capacitado lingüística e literariamente.para emprender a redacción do primeiro relato longo en galego. Non lle faltaba experiencia narrativa en castelán, pois a maiores da redacción das Memorias defamilia dende 1844 escribira xa outras dúas novelas, ambas inéditas: a costumista Flora, que rematara de 1857, e Asela, que data de 1867. Tamén contaba coa súa habelencia lingüística en galego, sobradamente demostrada nesta altura: había uns meses que rematara a primeira versión manuscrita do seu Diccionario, como afirma no texto limiar da novela (tamén redactado en galego), e nos últimos anos vivía dedicado a anotar cantigas e refráns, que fora dispoñendo en coleccións manuscritas, coma a musical Ayes de mipaís (1865) e o Cantigueiropopular (1867). Precisamente, neste última atopamos como limiar o seu primeiro texto en prosa escrito en galego.
Por todo o anterior, Majina ou a filla espúrea vén ser a encrucillada onde conflúen a ideoloxía, as afeccións e as diferentes actividades eruditas e literarias de don Marcial. Crea, así, un texto, cualificado por el mesmo como uconto-noveliña”, no que, partindo do folletinesco tema da orfandade e estruturado na dicotomía aldea/cidade, vai engarzando elementos románticos, costumistas, realistas e folclóricos, que rematan nun final sorprendente e inesperado, explicable pola moral conservadora do propio autor defende e pola mímese co final exemplarizante típico dos contos populares. A novela constitúe ademais un interesante documento sociolingüístico sobre a situación idiomática na segunda metade do século XIX, pois os personaxes exprésanse en diferentes linguas e rexistros segundo a súa procedencia xeográfica e social.
O texto manuscrito de pouco máis de 100 páxinas foi publicada dez anos despois de estar rematada, por entregas, nas páxinas de LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (1880). Previo á súa publicación, a revista publicitou o texto salientando que se trataba dunha “producción por completo gallega”:
Uns anos despois, en 1883, Valladares aínda escribiría outras dúas novelas en castelán: La cruz perdida, inédita, e Los tres expósitos, publicada por entregas, de xeito incompleto, entre 1888 e 1889 na coruñesa GALICIA REVISTA REGIONAL. Nesta última volve abordar os temas da orfandade e as penurias dos labregos, situando a acción nas próximas e ben coñecidas terras do Deza, coa guerra carlista da década de 1870 como fondo. As semellanzas con Majina nalgúns motivos son evidentes xa dende o seu comezo, que reproducimos a seguir:
As relacións con outros persoeiros do Rexurdimento
Xa aludimos na etapa de universitario de Valladares á relación con outros escritores e intelectuais galegos desa altura, como Domínguez Izquierdo, José María Gil e Neira de Mosquera, integrantes da Academia Literaria compostelá, e a partir de 1856 cos Irmáns de la Iglesia. Non obstante, é partir de 1865, co abandono da súa carreira administrativa e a conseguinte maior actividade filolóxica, cando as súas relacións con outros participantes na renacida actividade cultural galega son máis intensas. Valladares non tivo reparo en poñer a súa obra e o seu traballo á disposición de historiadores, folcloristas, musicólogos, xornalistas e editores que llo solicitaron. Subministroulles mostras populares ós máis destacados estudosos do folclore hispánico e galego do século XIX, entre eles a Murguía, Machado y Alvarez, Saco Arce, Rodríguez Marín, os Irmáns de la Iglesia, Sampedro, Brañas.... Foi asidua, igualmente, a partir da década de 1880, a súa participación literaria nas columnas dos proxectos editoriais encabezados por Murguía, Alvarez Insua, Labarta Posse, Martínez Salazar,
Amador Montenegro, Castro López... En fin, noutras ocasións foi el mesmo o beneficiado da cooperación doutros eruditos; por exemplo, Laverde Ruíz, Leiras Pulpeiro, Amador Montenegro e Pardo Becerra enviáronlle algúns centos de palabras para o seu Diccionario e os posteriores suplementos.
En 1865 Manuel Murguía, sen dúbida coñecedor da colección de cantigas que coa súa notación musical estaba a realizar o ullán neste momento, escribiulle pedíndolle que lle enviase mostras literarias populares da Ulla para incluír no seu enigmático libro Rimas populares, que nunca chegou a ver a luz. Unha parte dese material acabaríao incluíndo Murguía na súa Historia de Galicia (1865: 258), segundo o sinala en nota referíndose ó cantar de pandeiro que titula “A ruada”:
E certamente, Valladares volverá colaborar con Murguía cando este sexa director literario de LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, a finais da década de 1870 e principios de 1880. E debeu ser grazas a esta súa amizade como tamén don Marcial iniciou a súa colaboración con Antonio
Machado y Alvarez. "Demófilo”, como a el lle gustaba que lle chamasen (vid. Alonso Montero (1979a), foi o introdutor dos estudos folclóricos na Península ibérica por volta de finais da década de 1870 e o principal impulsor das sociedades folclóricas que por toda España foron nacendo nestes anos, entre elas a do “Folk-Lore Gallego” (1884), que acabaría presidindo a condesa Pardo Bazán. Entre 1880 e 1884, Valladares subministroulle a Machado dende Vilancosta abondoso e variado material literario de carácter popular: cantigas, poesías populares, adiviñas, refráns, xogos de prendas, trabalinguas, contos, frases feitas, meigarías..., que o sevillano irá dando a coñecer nos seus traballos. O maior número de contribucións do folclorista de Vilancosta apareceron publicadas no xa referido volume Folk-Lore Gallego. Miscelánea (1884). Con anterioridade, moitas adiviñas recollidas por don Marcial na Ulla foran aproveitadas por súa obra en forma de dicionario titulada Colección de enigmas y adivinanzas. En fin, outra parte dese material foi referenciado en varios traballos e recensións que publicou en varias revistas, entre delas en La ENCICLOPEDIA e LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (vid. Machado 1880b, 1880c). Nos publicados nesta última, “Demófilo” sempre fai constar os seus agradecementos pola colaboración desinteresada que sempre recibía do coleccionista ullán. Sirva de exemplo estas palabras que lle dedica nun deses traballos (Machado y Alvarez 1880b: 57):
Aínda por estes anos, Valladares tamén lle enviaría a Francisco Rodríguez Marín (Osuna 1855-Madrid 1943) algunhas pezas populares que foron incluídas por este na súa compilación Cantos populares españoles, publicados en Sevilla entre 1882 e 1883. As coplas de Valladares, segundo a nota de Rodríguez Marín á copla n° 3.234, procedían dunha “precisosa y bien ordenada colección manuscrita”.
Igualmente, nesta altura debeuse avivar a relación de Valladares cos irmáns De la Iglesia, sobre todo trala constitución da sociedade do uFolkLore Gallego” (1884), da que don Antonio era tesoureiro, don Francisco, vocal e don Marcial, socio de mérito. Os dous irmáns serían os encargados de elaborar un Cuestionario, que se publicaría en Madrid en 1885. A organización tracexada sería aproveitada por don Antonio para o tomo III de El Idioma Gallego (1886), na parte dedicada ó folclore. Neses capítulos aparece constancia dalgún material enviado por Valladares dende a Ulla, cando menos o conto "Bastián e Crispín".
Por outra parte, nalgún dos cada vez máis escasos desprazamentos de Valladares a Santiago, contactou tamén con Eduardo Pondal. Non podemos precisar o ano nin o motivo, ben que cremos que puideron coincidir durante a asistencia a algún acontecemento cultural ou de homenaxe dos celebrados en Compostela nos anos finais da década de 1870 e nos primeiros da de 1880. A referencia a este contacto constátase na correspondencia entre Pondal e Martínez Salazar. En carta de abril 1889, datada en Carballo, aínda recente a polémica sostida na prensa en 1888 entre etimoloxistas e foneticistas sobre ó uso das grafías <g>, <j>, <x> no galego, argumentaba Pondal a súa postura inequívoca do lado dos etimoloxistas, entre os que incluía ó propio Martínez Salazar e Valladares, e aludía ó encontro con eles en Santiago. Dicía Pondal comentando os artigos destes aparecidos na Galicia Revista Regional de 1888 (Ferreiro 1991: 149):
Don Gumersindo foi un persoeiro moi influínte no eido da cultura e do pensamento do seu tempo. Relacionouse cos principais literatos e intelectuais españois da época e exerceu maxisterio sobre o círculo rexionalista compostelán de tendencia católica e tradicionalista, organizado en torno ás publicacións El PORVENIR, El LlBREDON ou GALICIA CATÓLICA, grupo do ideoloxicamente Valladares non se afastaba. Tanto Buíde Laverde (1956: 358 e ss.) coma Filgueira Valverde (1989: 40) recórdannos que a casa de Laverde Ruíz na santiaguesa Praza da Universidade, atraída polo prestixio e saber do seu dono, convocou durante este tempo os persoeiros máis eminentes. Valla a cita de Filgueira para lembrar os seus nomes:
A relación entre don Gumersindo e don Marcial proviña polo menos de 1877, pois aquel fora na Universidade profesor do sobriño deste, Laurentino Espinosa, conforme a carta de Laverde a Menéndez Pelayo datada de 2/11/1878 (González-Millán 2003: 23). Nela alúdese a Valladares e ó seu Diccionario en manuscrito, ó que cualifica “util e importante”. En cartas de anos posteriores vanse desvelando outros datos de interese, como a intención da Academia Española de comprar a obra, o nomeamento de Valladares como correspondente da institución e o anuncio da inminente publicación da obra.
Aínda temos noticia dunha carta anterior de Valladares a Laverde, datada do 29/8/1878. Desgrazadamente descoñecemos o seu contido, ben que intuímos que debe tratar algún aspecto relacionado coa propia existencia do Diccionario ou sobre a súa confección, á que o propio Laverde acabaría contribuíndo cun cento de palabras, segundo llo recoñece eloxiosamente Valladares no prólogo da obra:
cien de ellas espontaneamente facilitadas por el buenísimo señor D. Gumersindo Laverde Ruíz, gloria indiscutible de los hablistas, poetas y eruditos españoles de nuestros días, no obstante los padecimientos que le aquejan.
A amizade e afinidade ideolóxica de entrambos, uníase o trato persoal de Laverde coas irmás Valladares. Elas serían as destinatarias dun soneto do cántabro titulado "Al río Ulla”, en castelán, datado de 1879, que ía precedido da dedicatoria “A mis apreciabilísimas amigas, las Señoritas Doña Avelina e Doña Segunda Valladares”. O poema fóralles enviado a Vilancosta en carta do 10/6/1879 (vid. Buíde Laverde 1956: 356). Remataba cos seguintes tercetos:
La aurora brisas plácidas te envía,
Míranse en tu cristal frescas zagalas,
Regálante aves mil con sus cantares.
Mas para mi ese Edén yermo sería
si no anidase entre sus verdes galas
la familia ejemplar de Valladares.
Ese mesmo ano, Avelina Valladares devolveríalle o cumprido dedicándolle a súa composición en galego “A Ulla” (1879), á que xa aludimos con anterioridade, e mais un soneto en castelán encabezado polas palabras “A mi respetable amigo Ilmo. Sr. D. Gumersindo Laverde Ruiz, catedrático de Literatura General y Española en la Universidad de Santiago” (1879). Neste poema, ante a enfermidade que padecía dende 1870 (o mal de Parkinson segundo Filgueira 1989: 39), pregaba nos tercetos finais que o eterno lle dese consolo (Luna Sanmartín 2000: 156):
Hoy conmigo, en concierto fervoroso
Al Eterno elevad plegaria ardiente
Por el vate melífluo, el tierno esposo
Que en tortura cruel, siempre creciente
De amargo padecer cáliz odioso
Agota hasta las heces tristemente.
En fin, a relación de afecto entre Laverde Ruíz e a familia Valladares proseguiría nos anos seguintes. De feito, sería a súa influencia sobre algúns membros da Real Academia Española as que facilitaron que don Marcial pasase a ser correspondente da institución e sobre os círculos editoriais católicos santiagueses, as que posibilitaron a edición do seu Diccionario.
O nomeamento de correspondente da Academia Española
Neste apartado da biografía de Marcial Valladares queremos aclarar dúas cuestións: dunha banda, ¿de que Academia foi correspondente, da lingua ou da historia?; doutra, ¿en que ano se produciu e que méritos lle valeron a designación?
Para corroborar que se trata da Academia da lingua, basta con fixarse en que na portada do seu Diccionario Gallego-Castellano (1884), por baixo do seu nome, figura o título de “Individuo correspondiente de la Real Academia Española”, e con sinalar que o adxectivo “española” só adoita acompañar á da lingua e non a da historia. A distinción con este nomeamento é recollida por case todos os seus biógrafos e maiormente é interpretado dese xeito. Mais se quedase algunha dúbida, esta queda definitivamente aclarada por Zamora Vicente (1999: 320) na súa historia sobre a Academia. En efecto, no apartado en que trata dos correspondentes da Academia en Galicia, Zamora recolle o nome de Marcial Valladares e dedícalle unhas liñas. Del destaca a súa longa vida, a súa actividade como avogado e ula copiosa labor periodística”. Indica tamén que foi autor dunha Colección de refranes gallegos [sic] e, sobre todo dun Diccionario Gallego-Castellano (1884), “que ha sido hasta los días actuales el más manejado y útil”. Non obstante, nada informa Zamora sobre o ano do nomeamento nin os méritos que levaron á súa elección.
Os biógrafos de Valladares tampouco se teñen pronunciado sobre estas cuestións, agás Couceiro Freijomil (1954: 444), que si sinalou que o título fora debido ó seu Diccionario:
Sobre os motivos e méritos que mereceron a súa nominación, é posible reconstruír o que esperaba a Academia dos seus correspondentes á luz dos estatutos da institución. A Academia Española aprobaba en 1858 baixo a dirección de Martínez de la Rosa un novo estatuto, que no seu artigo IX establecía a cantidade de membros da Academia en “treinta y seis miembros de número, domiciliados en Madrid, y veinticuatro correspondientes españoles, que lo estén fuera de la Corte”. A Academia, con certa cautela, establecía tamén as limitacións oportunas e fixaba as atribucións, obrigas, etc. da figura do correspondente:
A colaboración en revistas e xornais
O século XIX foi o século da prensa e como tal desempeñou un importante papel como difusora das ideoloxías e, por suposto, da literatura. A través da prensa tomouse consciencia das peculiaridades de Galicia, primeiro a través das cabeceiras de ideoloxía provincialista e a, partir da década de 1880, da rexionalista. A prensa decimonónica galega favoreceu o proceso de recuperación da entidade nacional e fomentou o uso literario do galego, primando moitas veces o compromiso lingüístico sobre o estritamente literario. Ademais da lingua, tiveron un eco importante os traballos sobre os costumes e tradicións populares e tamén os de tema histórico. Algunhas das publicacións de referencia inescusable para a cultura galega nos últimos corenta anos do século XIX foron GALICIA, REVISTA UNIVERSAL (1860-65) na parte final da etapa provincialista; El HERALDO GALLEGO (1874-1880), O TÍO Marcos d’a Portela (1876-1880, 1883-1889), El Eco de Galicia da Habana (1878-1901) e La ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (18791881) no alborexar do rexionalismo; e xa na etapa plenamente rexionalista GALICIA, Revista Regional (1887-1889, 1892-1893) e, a finais do século, a REVISTA GALLEGA (1895-1907). Todas estaban redactadas en castelán, aínda que incluían con regular frecuencia textos literarios en galego. A excepción era o semanario ourensán O TÍO MARCOS, a revista monolingüe en galego dirixida por Valentín Lamas Carvajal de máis longa duración (1876-1880, 1893-1889) que, de contido humorístico e campesiño, reflicte moi ben o sentir dunha época de renacemento da cultura e da arte galega. Foi a revista que acabou servindo de escola dun novo xornalismo en galego, eminentemente popular e festeiro, para cabeceiras como O GALICIANO (1884-1888), A GAITA Gallega (1885-1889), A Tía Catuxa (1886, 1891) ou A Monteira (1889-1890), esta xa máis seria.
En case todas as bio-bibliografías sobre Valladares se dedica un parágrafo a subliñar a súa participación en varios xornais e publicacións. Mesmo se di del que foi “xornalista”; coma tal, Carballo Calero (1981: 91) defíneo na súa Historia da literatura galega contemporánea como “distinguido periodista i erudito”. Non obstante, de don Marcial cómpre dicir que foi sobre todo un colaborador da prensa, sen pretensión económica ningunha, que se serviu das súas páxinas para dar publicidade á súa produción a petición dos editores.
Como xa mencionamos noutras partes desta biografía, Valladares publicara ocasionalmente algún poema na década de 1840 na prensa compostelá e pontevedresa, coma tal en LAS MUSAS DEL LÉREZ (1842), onde apareceran os versos “Recoge, recoge”. Na década de 1850, o santiagués El ECO DE GALICIA (1851) recollera dous poemas seus: "Un recordo” e “La rosquillera”, e en LA EXPOSICIÓN COMPOSTELANA (1858) vira a luz o artigo de carácter económico uDos palabras sobre la agricultura é industria agrícola de Galicia”. Xa a comezos da década de 1860 colaborou coa GALICIA,, REVISTA UNIVERSAL (1860-65), de Antonio de la Iglesia, onde se incluíron dous poemas seus en galego, en 1861 “A fonte do Pico-Sagro” e en 1862 "***". Así e todo, é na década de 1880 cando a súa presenza nos xornais é máis notoria, principalmente na prensa cultural de tendencia rexionalista e/ou católica bilingüe, e na prensa monolingüe en galego de carácter popular.
LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, editada baixo este título en Madrid dende 1879 a 1881, propiedade de Alejandro Chao e nos dous primeiros anos dirixida na parte literaria por Manuel Murguía, foi a primeira gran revista desta época en que colaborou don Marcial. Nas súas páxinas viu a luz en 1880 a súa novela Majina ou afilla espúrea; un artigo sobre ortografía, "Del apóstrofo en la escritura gallega” (1879); tres poemas inéditos ata o daquela de temática costumista e en galego, “A...” (1879) uInés fiando” (1879) e “Quieta xesta ¡Vaite cojo!” (1879); seis epigramas en dúas entregas (1881); e unha partitura musical súa da cantiga: "¿Para que ll’armas ó merlo” (1880). Valladares era un dos máis de dous mil subscritores con que contaba a publicación.
Valladares colaborou tamén activamente sobre todo nos primeiros anos da segunda etapa de El ECO DE GALICIA da Habana (1882-1901), en tanto estivo dirixida polo rexionalista e tamén estradense Waldo Alvarez Insua. A publicación era bilingüe e definíase como “de ciencias, artes y literatura”. O vate de Vilancosta publicaría nela entre 1880 e 1885 sete composicións poéticas en galego: catro estaban inéditas ata daquela "Despropósitos” (1882),"Rosa e Sabela” (1883), "Nai e filla” (1883) e “Terriña por terra” (1883); as outras tres xa foran publicadas con anterioridade, "Quieta gesta — Vaite cojo” (1880), “A...” (1883) e "Suidades” (1885), nunha versión algo modificada. Apareceu tamén del un poema popular en castelán que titulou "Romance” (1882). En 1900, cando Alvarez Insua xa abandonara a dirección da revista, El ECO aínda reproduciu a súa a famosa “Castañeira en Santiago”.
Xa apuntamos a relixiosidade de don Marcial, as boas relacións co círculo rexionalista católico de Santiago e mesmo coas máximas autoridades eclesiásticas da cidade. Por iso non é estraño atoparmos colaboracións súas na prensa por eles sustentada. Incluso resulta significativo que sexa precisamente no xornal católico El LlBREDON onde publique en 1884 o seu Diccionario, precedido na segunda reimpresión de licenza eclesiástica, solicitada polo propio Valladares en marzo dese ano, que se encargou de redactar Antonio López Ferreiro. Antes, en 1883 participara na tamén santiaguesa GáLICIA CATÓLICA con dous poemas de contido relixioso-costumista inéditos daquela: uRomance” e “Unha tarde na Ulliña”. A publicación dirixida polo clérigo Emilio Villelga contaba con colaboradores ilustres de fonda ideoloxía católica, como López Ferreiro, Menéndez Pelayo, Emilia Pardo Bazán, o marqués de Figueroa e Barcia Caballero.
Aínda en febreiro de 1884, a súa composición “Rosa e Sabela”, xa publicada en El ECO, aparecería de novo no semanario uruguaio LA UNIÓN GALLEGA (1881-1889, 1892). E neste mesmo ano, tamén colaboraría no número extraordinario de El PRIMER CENTENARIO, na REVISTA DE LA SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAIS de Santiago (1884) coa fábula “A Garza e o Carrizo”. Ese ano conmemorábase o século de existencia da entidade da que Valladares era socio dende 1858.
En xaneiro de 1887 e de periodicidade mensual, comezou a publicarse na Coruña GALICIA, REVISTA REGIONAL baixo a dirección de Andrés Martínez Salazar, coa pretensión de ser uel reflejo del movimiento intelectual de Galicia”. Foi a revista cultural e de pensamento galeguista máis importante do momento, pois amais de acoller literatura en galego foi canle de interesantes polémicas políticas e lingüísticas nas que o centro sempre era Galicia, a súa lingua ou a súa literatura. Valladares participou con relativa frecuencia nas súas páxinas, sempre con textos inéditos ata o daquela. Nos números da revista de 1887 publicou un artigo de fondo social titulado uEmigración’, un novo grupo pequeno de 7 cantigas, 2 epigramas, tamén novos, e unha colección de 671 refráns en cinco entregas (a última xa nun exemplar do ano 1888) que titulou Refranes, proverbios y decires gallegos, recogidos por el que firma y no contenidos en la Gramática del Señor Saco-Arce. Nos números de 1888 publicou outro mangado de 21 cantigas, un apéndice ó seu refraneiro formado por 21 paremias e os artigos "Escritura gallega” e "Una reflexión”, cos que participou activamente na polémica ortográfica dese ano. Tamén entre 1888 e 1889 viu a luz, en catro entregas, aínda que sen o final, a súa novela en castelán Los tres expósitos. Valladares mantivo unha interesante relación epistolar con Martínez Salazar, que logo comentaremos, prolongada máis alá da etapa de colaboración na revista. Parte desta correspondencia gárdase na Real Academia Galega e abrangue de 1887 a 1893. Na primeira delas, de decembro de 1887, Valladares escribía ofrecéndolle un documento para a súa revista:
Con anterioridade, en 1884 nacía en Pontevedra, seguindo a estela popular de O TÍO MARCOS, o “Somanario gallego” monolingüe O GALICIANO, promovido por Roxelio Lois Estévez, que xa ese mesmo ano convocou uns Xogos Florais bilingües e en 1886 un certame literario-musical só galego. De Valladares atopamos na revista varias colaboracións, que xa foran publicadas con anterioridade ainda que agora modificadas ortograficamente. Nas uparolas” de 1884 atopamos o poema “A.***” e os 6 epigramas, xa aparecidos en LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA; en 1885 “A Castañeira en Santiago” e en 1886, “Suidades” e uInés fiando”. En 1887 a revista reproduciu seguramente de GALICIAREVISTA REGIONAL 2 epigramas seus e en 1888, as 21 cantigas. Este ano tamén publicou dous contos que xa se editaran na GALICIA HUMORÍSTICA, "Un lobo obrigado a desempeñar varios oficios” e "O cazador e o lagarto”. O GALICIANO desapareceu en 1888 e parece que continuou como O NOVO GALICIANO (1888), onde tamén se recollen outros 3 contos xa publicados antes: aVeliños”, "Un señor e seu arrendatario” e “Os tres hirmans”. Na ourensá O TÍO MARCOS d,’A PORTELA, de Lamas Carvajal as colaboracións asinadas por Valladares son tamén textos xa aparecidos noutras publicacións, se ben agora modificados segundo as regras ortográficas que adoitaba seguir o semanario (viña coincidir coa proposta por Saco Arce na súa Gramática), e, en ocasións, mesmo con adaptacións populistas morfoléxicas baseadas no dialecto ourensán. Nos “Parrafeos” de O TÍO MáRCOS de 1877 reproduciuse “Á fonte do Pico-Sagro” nos de 1885 “A Castañeira en Santiago”, nos de 1886 uInés fiando” e en 1887, parte dos refráns publicados xa en GALICIAREVISTA REGIONAL e, desta mesma publicación, en 1888 as 21 cantigas populares. En 1888 tamén se reproducirían os contos, outras veces aparecidos, "Un lobo obrigado a desempeñar varios oficios”, “O cazador e o lagarto”, "Veliños” e os "Os tres hirmáns”. A última composición de Valladares incluída na revista é "Quieta xesta ¡Vaite coxo!”, en 1889.
Pola súa parte, na tamén monolingüe en galego A GAITA GALLEGA, que saía na Habana grazas ó empeño de Chumín de Céltigos (Ramón Armada Teixeiro) e Roque d’as Mariñas (Manuel Lugrís Freire) reproducíronse de Valladares dous contos xa publicados antes: en 1886 “Bastián e Crispín” e en 1889 “Veliños”.
Don Marcial tamén colaborou en 1889 coa lucense A MONTEIRA, "Somanario d’intreses rexionales e literatura”, dirixida por A. Montenegro Saavedra. Neste caso si sabemos que don Marcial enviou as súas propias colaboracións, que se cinguiron ó conto "Bastián e Crispín”, nunha versión que ofrece algunha modificación de Valladares e nova data (1889), e os refráns coleccionados na GALICIA, REVISTA REGIONAL, en seis entregas, agora cun novo apéndice de 38 refráns (vid. Fernández Salgado 2003b).
Aparecen igualmente textos seus en A TÍA CATUXA (1886, 1891), “Somanario chusqueiro” saído en Pontevedra grazas a R. Rivera Losada e Francisco Portela Pérez, se ben a súa historia editorial é confusa.
Asinado por Valladares atopamos en 1891 o “Conto” das fillas zarabetas que xa aparecera uns anos antes na GALICIA HUMORÍSTICA.
Xa contra o final do século colaborará na bonaerense El, ECO DE GALICIA (1892-1926), que dirixía Manuel Castro López. Nas páxinas dos exemplares de 1898 apareceron en tres entregas as ata daquela inéditas 44 “Cántigas” e o reproducido outras veces “Inés fiando”, e en 1899 dous contos xa coñecidos: “Un labrador instruído” e “O cazador e o lagarto”. O propio Castro López editaría un Almanaque Gallego dende 1898, onde incluiría a composición “Fin de romaría” (1898) ata ese intre nunca publicada. En 1898, o semanario habaneiro FOLLAS NOVAS (1897-1908) volvería reproducir “Á fonte do Pico-Sagro”.
Valladares figura na nómina de colaboradores de LA REVISTA POPULAR que se publicou en Pontevedra dende 1892 ata 1896 e temos igualmente referencias de que no xomal LA ACTUALIDAD, subtitulado Diario de Pontevedra, apareceron en 1895 dous contos transcritos por el, un en galego e outro en castelán. Finalmente, algunhas composicións poéticas súas publicáronse en “La semana Literaria” (1899), suplemento da GACETA DE SANTIAGO.
Moitas destas colaboracións foron enviadas por el a petición do editor ou por desexo propio, pero outras son, sen dúbida, reproducións das páxinas doutros xornais ou dalgunha antoloxía. Neste punto, cónstanos que don Marcial mandou orixinais a LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, GALICIA CATÓLICA, EL ECO DE GALICIA, tanto o da Habana coma o de Bos Aires, Galicia, Revista Regional, Galicia Humorística e A MONTEIRA; en cambio, temos as nosas reservas sobre as súas colaboracións nas cabeceiras monolingües de O TÍO MARCOS, A GAITA GALLEGA e O GALICIANO. Son varias as razóns que nos levan a pensar isto. Dunha banda, todos os textos valladarianos que se reproducen nestas últimas xa foran publicados con anterioridade. Alén diso, son as publicacións que máis manipulan e adaptan os escritos de Valladares ás súas propias normas gráficas. Por último, a práctica de copiar textos doutros xomais sen citalos e sen permiso era un feito habitual na prensa desta altura. O TÍO MARCOS foi das cabeceiras máis denunciadas por outras revistas, como podemos ler, por exemplo, no lugués A MONTEIRA (n° 5, 2 /11/1889, 37):

- aquella mujer [refírese a Avelina] que aunque virgen había sido madre amante de toda la familia, de aquella que aunque mujer había sido habil administrador de la casa, hacienda y bienes.
- ahijado de Avelina, nacido en este mismo albergue, al que tiene especial apego, en el que estudia, empieza a servir de algo y mas de una vez repite "el hombre, donde nace, madrina, y el buey, donde pace”.

- Nada de cuanto en el mundo ocurre me seduce ni entusiasma ya y, si distracción, ó entretenimiento, hallo en la vista de mis campos, es por admirar allí las obras del Criador en toda su magnificencia y viviendo de ellos necesito atender á su cuidado.
Aquí mostra o trigo
Graúdas espigas;
Aquí as centéas
Parecen caidas,
O millo, patacas
E herbellas, se pintan,
Mantén ó labrégo
E dan pra a familia.
Terriña por terra,
A terra d’a Ulliña.
Aqui sobran zréixas;
Aquí medran guindas,
Fresiñas, pejégos
E doces pavías;
A pera, a mazan,
A cláudia, a sandía,
Laranjas, limons,
E cidros e limas.
Nese momento tamén consideraba Valladares que finalizaba un período da súa vida e quería deixar paso ás xeracións seguintes. Así o manifesta nas Memorias (L3: cap. XVII):
- Hice mi mundito, como dirían nuestros aldeanos, bien, ó mal, desempeñé mi humilde papel en el social teatro y tócame ahora descansar, reparar tiempos malamente aprovechados, sinó enteramente perdidos, surtir la alforja para la gran jomada y ver, no sé si con risueños, ó llorosos ojos, cual la modema juventud despunta y se apresta á desempeñar el suyo.
Unha obra polifacética en ben de Galicia
Hoy, alejado del mundo
Vive en su aldea contento
trabajando por Galicia
Con constancia y con anhelo.
A Valladares se debe
El diccionario primero
(O á lo menos el segundo
Que no estoy muy fuerte en eso),
De nuestro meloso idioma
Que alguno llama dialecto.
Hoy, en GALICIA HUMORÍSTICA
Publicando está sus cuentos
populares, recogidos
todos de boca del pueblo...
A. LABARTA (1888)
En efecto, en 1866 a Valladares réstanlle por vivir en Vilancosta aínda 37 anos (case tantos coma os que levaba vivido ata ese intre). Atópase en plena madurez intelectual, con boa saúde e moito vagar pola vida retirada que leva, o que lle facilitará a actividade creativa e de investigación lingüística e folclórica. Durante este tempo xa non se volverá ausentar da súa aldea por tempadas longas, todo máis algunha viaxiña a Santiago para resolver algún negocio ou asistir a algún acontecemento extraordinario: a cidade quedaba preto da Ulla e, ademais, a familia dispuña alí de casa, de xeito que podía demorar a súa estadía por uns días e aproveitar para visitar algunha amizade.
Este illamento case pastoril naquel recuncho de Berres debe entenderse só no senso físico, pois no intelectual é a de madurez a súa etapa máis produtiva. Por unha banda, Valladares seguiu cultivándose coas lecturas da súa ben nutrida biblioteca, na que nunca faltaron ás últimas novidades editoriais, non só literarias senón tamén xornalísticas e das doutras ramas do saber. En Vilancosta continuaron recibíndose, como xa en tempos do pai, as principais cabeceiras de prensa, tanto de intereses xerais como a de contidos culturais. Por só citar uns poucos títulos, exemplares de El SEMANARIO INSTRUCTIVO, SEMANARIO Pintoresco Español, Galicia Revista Universal, La Ilustración Gallega y Asturiana, Galicia Revista Regional, Galicia humorística... aínda poden follearse actualmente na biblioteca familiar de Vilancosta. Estes mesmos andeis aínda hoxe permanecen ateigados cos volumes fundamentais da literatura francesa, española e galega do século XIX, de gramáticas francesas, españolas e galegas, de dicionarios... e outros títulos de música, folclore, historia, botánica, biografías... (algúns en edicións hoxe xa inaprehensibles), o que son un elaro indicio de que estamos ante un home de ambicións culturais, preocupado polos distintos saberes. Pode servir como mostra do interese e coñecemento da literatura galega decimonónica o feito de que no seu Diccionario Gallego-Castellano (1884) incluíu 114 citas literarias pertencentes a 77 composicións datadas entre 1845 e 1883, de 33 autores diferentes (vid. Fernández Salgado 2004a). Nos suplementos e apéndices que foi confeccionando nas décadas posteriores, sobre todo durante 1890, aínda incluiría Valladares outros 65 fragmentos literarios máis, de 30 autores (vid. García Ares s.d.: 17).
Por outra parte, é agora no seu retiro campesiño cando toman pulo, ou concibe, as obras lingüísticas e literarias que lle darán máis fama e respecto; e tamén cando as súas relacións con outros persoeiros da intelectualidade galega e española son máis intensas, como logo veremos. Nesta altura do século, as últimas cousas escritas en galego por don Marcial eran anteriores a 1854. Tratábase de composicións de tintura costumista e amorosas dedicadas ás mulleres que el amara. Dende esta data, en canto ó cultivo do galego, prodúcese unha seca dunha ducia de anos, xa que a actividade literaria coñecida se reduce a algúns poucos poemas relixiosos, unha crónica histórica e as escenas de costumes tituladas Flora..., escritos todos en castelán7. Así e todo, en torno a 1865 Valladares reencóntrase outra vez co idioma vernáculo, agora xa non só como lingua de creación, senón e sobre todo como lingua obxecto de estudo. Nesta mudanza influíu, dunha banda, a fixación definitiva da súa residencia na aldea e con iso a proximidade ó mundo da cultura tradicional galega e, doutra, o contexto de efervescencia cultural vindicando o espertar de Galicia que paseniñamente se viña dando dende finais da década de 1850 e que, precisamente, estoura nos primeiros anos da década de 1860.
En efecto, é agora cando se publican algúns dos títulos máis senlleiros do Rexurdimento galego. Destaca o labor incansable de Antonio de la Iglesia en varias frontes: como director da GALICIA. REVISTA UNIVERSAL (1860-1865), a publicación que mellor simboliza este rexurdir; como artífice da publicación do Album de la Caridad (1862), que recollía as composicións premiadas nos xogos florais da Coruña de 1861 e mais un uMosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos”, a primeira escolma de poesía galega do renacemento decimonónico con 97 composicións en galego; e como editor da obra lexicográfica de Francisco Javier Rodríguez, o primeiro Diccionario Gallego-Castellano (1863). Ven luz tamén os primeiros tomos da romántica Historia de Galicia (1865), de Vicetto, superada nese mesmo ano pola emblemática de Manuel Murguía, tamén titulada Historia de Galicia (1865), na que se vén insistir sobre a importancia da literatura popular como fonte de información histórica para Galicia e do seu especial interese cando un pobo carece de verdadeira e completa literatura; o mesmo Murguía publicara en 1862 La primera luz libro destinado ás escolas de Galicia, onde se recollían leccións de lingua, historia, xeografía, de homes célebres do país, etc. Edítanse tamén as primeiras descricións gramaticais da lingua: en 1864, aparece o considerado primeiro texto gramatical galego, ben que deficiente, Compendio de Gramática Gallega, do enigmático Francisco Mirás; xa en 1867, das prensas luguesas de Soto Freire, o editor galego máis profesional do momento, sae xa unha uverdadeira” e modernísima Gramática Gallega (1867), da autoría de Juan Antonio Saco Arce, cunha descrición sobre o galego que aínda hoxe é válida en moitos dos seus puntos; e ese mesmo ano aparece tamén El habla gallega, de Cuveiro, especie de historia da lingua precedida dunha mínima descrición gramatical. Non obstante, todos estes títulos serían superados polo simbólico libro de poemas de Rosalía de Castro Cantares gallegos (1863), a publicación máis atrevida que logrou engaiolar a varios autores e editores na aventura de escribir e publicar en galego, unha lingua daquela de analfabetos considerada inadecuada para todo o que non fose folclórico.
Valladares non permaneceu alleo a este rexurdir cultural, coñecido logo como “Rexurdimento” ou "Renacemento”; moi á contra, sentiuse seducido por el. Como afirma no prólogo do seu dicionario, “amantes de nuestra Patria como el primero”, quixo contribuír co seu gran de area nesta empresa. Por iso acabará ofrecéndose dende a Ulla como un infatigable operario para calquera labor que redunde na gloria e honra de Galicia, continuando así o camiño doutros escritores e intelectuais. Isto escribía don Marcial por volta de 1870 no prólogo da súa novela Majina:
- Seamos, pois, menos folgazans; acordémonos de Rodrigues e d’a señorita Castro de Murguía; acordémonos de Mirás e, sobre todo, de Saco Arce; imitémo-l-o noble ejemplo d’estes bos patricios.
- Entusiastas, repetimos, d’as cousas d’a nosa patria, quixéramos que naide s’avergonzase d’elas, porqu’á si mismo se rebaija quen d’as suas cousas s’avergonza e porque coidamos que son tan preciadas com’as d’os asturianos, viscaíños, catalans, andaluces e outros provincianos que, lonje d’avergonzarse d’as d’os seus países respeutivos, hónranse co-elas e téñenas en toda a estima que se merecen. Estimémo-l-os gallegos as nosas igualmente, descartándonos das ruins: Sáyan á reluci-l-as boas e millórense os que deban millorarse: Leve cada un sua areíña á esta plausible obra literaria, o grande como grande, o pequeno como pequeno é; siquera todo non s’aporveite siquera haja operarios que, cal o autor, sirvan solo pra peons, redunde o mais en gloria e honra de Galicia, qu’ó fin é nosa nai.
- Xeneralizada hoxe a instrucción primaria; conocida a lengua de Castilla hasta n’a escóla incompleta do lugar mais insignificante, posible é desapareza dentro de poucos anos toda poesía popular gallega. O noso dialeuto úsase menos de cada dia e os que n’a autualidá o usan son; nos campos, os labradores; n’as vilas e ciudás, alguns artesanos e a clase pobre. O certo é qu’os nosos populares cantos, esa non escrita e virxen poesía, dina de ser conocida e estudiada, que corre de boca en boca, que circula cal moneda por todas partes e uns pueblos importan d’outros n’as suas diferentes comunicacións, n’as suas animadas romarías, tan comuns e concurridas en Galicia; esa poesía, decimos; toma o caráuter d’a época, marcha co-esta misma, olvida o d’a sua, cópia ou recibe inspiracions d’a alléa e concluirá por avergonzarse d’a súa.
Vilancosta, Vilancosta,
hoxe triste, decaída,
¿que foi da tua mocedá,
teus petrucios e tua vida?
¿Onde che van, Vilancosta,
tempiños en que se oía
o alalá nas herbeiras,
a gaita na romaría?
ou noutras, coma uInes fiando” (1879), na que a protagonista Inés, representante da muller tradicional galega, en tanto fía, vai lembrando con morriña as formas de vida pasadas (Fernández Salgado 2002: 599)
¡Ond’os tempiños che van,
Aqueles alegres dias
En qu’eu iba po-l-o vran
As festas e romarías!
¡Ond’os homes estrevidos
Que, de sanos, esbochaban,
E, atrujando n’os eijidos,
O corazon arrayaban!
¡Ond’as mozas churrusqueiras
De meigosas tenras falas!
¡As cántegas d’as herbeiras
E os suidosos a-la-lá-las...!
Estonces ¡tempo dichoso!
Víase mais devocion:
Ningun santo milagroso
Deijaba de ter funcion.
A elas contrapón os modos de vida actuais, nos que a vaidade, a artificialidade, a aparencia, a falta de devoción... viñan rachar coa orde que derregaba o mundo tradicional galego:
Ahora á funcion e cara;
Quer bombas de dinamita;
Quer globos de cola rara;
Músicos de plancha en fita [...]
As mozas o agarradiño
Estonces non conocíamos.
Bailábamos honestiño
E deséar nos facíamos. [...]
O señor non se saluda
Porque ja somos iguales,
E, anqu’o saber non ajuda,
Vense n’a roupa os señales. [...]
A estrofa final da poesía é moi significativa xa que presenta a imaxe de Inés adormecendo á beira do lume? e o lume esmorecendo como tamén esmoreeía todo aquel mundo:
O lume foise acabando,
Catuja en dormirse dou,
E Inés, a roca espenando,
Dormida tamen quedou.
Así pois, o paciente labor filolóxico ó que Valladares vai dedicar gran parte do tempo no seu retiro en Vilancosta explícase pola confluencia dun abano de circunstancias: dunha banda as afectivas (sente soidade por ver desaparacer o modo de vida tradicional galego e quere deixar constancia escrita del), doutra as ideolóxicas (comparte as ideas provincialistas e rexionalistas que propiciaron o rexurdimento cultural), tamén as intelectuais (é un home cultivado en varias disciplinas, inclinado ás letras e con inquedanzas culturais) e finalmente as físicas (dispón de moito tempo libre para dedicar ás súas afeccións de erudito).
Como non podía ser doutro xeito na Galicia destas alturas do século XIX, os seus esforzos iniciais dirixíronse á colección folclórica, foron derivando posteriormente cara á recollida léxica e, logo, á descrición gramatical. No terreo literario, a faceta de poeta romántico do mozo Valladares deixou paso na madurez á de narrador en castelán e galego, se ben aínda comporá algunhas poesías de asuntos costumistas e formas populares, que adoito se confunden coas saídas verdadeiramente da musa do pobo. Colaborará con editores de xornais e revistas e facilitaralles mostras populares ós estudiosos do folclore que llo soliciten. Finalmente, aínda lle restará tempo que consagrar a outras afeccións súas, coma o debuxo dalgún mapa, a composición dalgunha peza de música popular e, sobre todo, ó estudo dos vexetais. O seu interese por este último aspecto queda manifesto nos varios centos de nomes de plantas (tamén de animais) e de termos relacionados coa botánica que rexistrou no seu dicionario (cun vocabulario final sobre a disciplina), que merecería de seu o estudo dun especialista. Moita desa información aparece recollida no seu traballo inédito Catálogo de árboles de adorno, arbustos y flores mas comunes hoy en los mejores jardines, por M.V.N. Trátase dun volume manuscrito autógrafo, datado de 1879, que organiza a información a modo de fichas cos seguintes apartados: “Nombres vulgares castellanos”, “Nombres, géneros científicos y especies”, “Variedades” e "Familias”.
Toda esta variedade de disciplinas que tocan os seus traballos dálle á súa obra un recendo erudito moi propio do século XIX. Así e todo, a obra pola que hoxe é máis lembrado nos estudos culturais galegos cae dentro dos dominios da colección folclórica, da lingüística e da literatura.
O compilador dos saberes populares
O “descubrimento do pobo” polas elites intelectuais e o seu interese polas “antigüidades” ou “tradicións populares” cobrou auxe no século XIX á calor do movemento romántico, o que levou consigo a creación folclore, en canto ciencia, e unha fascinación xeral por saber da tradición dos pobos (e en caso de non habela, a necesidade de inventala), a través do estudo do que se deu en chamar “cultura popular”, isto é, os costumes e tradicións do pobo, a súa literatura e lingua.
Valladares xa dera mostras do seu interese por todo o “popular” a principios da década de 1840, sendo aínda un mozo universitario, cando influenciado pola ideoloxía romántica e a moda costumista se dedicaba durante as romarías da Ulla a tomar apuntamentos sobre algúns pasos dunha danza popular, dos detalles da vestimenta das rapazas ou anotar a melodía dunha canción (Filgueira Valverde 1941: 31). Porque, en efecto, as súas compilacións manuscritas de cantigas, refráns, adiviñas e contos tomados da boca dos seus paisanos labregos da Ulla son das primeiras en se faceren en Galicia xunto ás do médico ferrolán López de la Vega e do pontevedrés Casal Lois.
En 1865, Valladares dedicou ás súas irmás, grandes afeccionadas á música, un cantigueiro musical titulado Ayes de mi país do que unha copia manuscrita aínda se pode ver actualmente no arquivo do Museo de Pontevedra. Neste mesmo arquivo, e seguramente anterior Ayes, tamén se conserva outro cademo manuscrito de don Marcial titulado Recuerdos de la Adolescencia, que recolle textos, notacións musicais e descricións de bailes de 14 pezas, 3 delas en galego. Deste xeito, tamén Valladares é un dos primeiros coleccionistas de música galega. En 1867 data outro caderno manuscrito baixo o título de Cantigueiro popular, onde recolle letras dalgunhas cantigas xa incluídas en Ayes de mi país e novos grupos delas,
amais de incluír romances, epigramas, refráns, adiviñas, traducións doutros autores e varias composicións propias. Esta miscelánea iría acrecentándoa textualmente con outras transcricións nun novo suplemento que titulou Apéndice ó Cantigueiro popular, que data en 1879, e que ó igual có anterior contén mostras folclóricas variadas e escritos do autor. Valladares aínda aumentaría a súa colección en 1887 cun Novo apéndice ó Cantigueiro popular, que máis tarde daría a coñecer Bouza-Brey (1956).
Moitas cantigas por el anotadas incluiríaas tamén no seu dicionario en 1884, algunhas aparecerían publicadas na prensa e outras remitiríallelas a outros estudiosos do folclore galego. Así, a mediados da década de 1860 envioulle cantigas a Murguía, a principios de 1880 colaborou co sevillano Antonio Machado y Álvarez, co ourensán Saco Arce, con Rodríguez Marín e tamén cos irmáns De la Iglesia; a principios da década de 1890 envioulle melodías a Casto Sampedro e xa contra o final, romances a Alfredo Brañas. Neste senso, foi particularmente numerosa a colección de cantigas, adiviñas, romances e outros materiais folclóricos enviados a Machado y Alvarez, “Demófilo”, quen os acabou dando a coñecer en varios traballos seus, sobre todo, na obra Folk-Lore Gallego. Miscelánea (1884) dentro da colección Biblioteca de la Tradiciones Populares Españolas, que el mesmo dirixía (vid. ó final a sección de Bibliografía).
Igualmente nestas décadas aínda Valladares daría a coñecer na prensa de ideoloxía rexionalista a súa colección de refráns composta por arredor dun milleiro de paremias (vid. Fernández Salgado, 2003a) e a transcrición dunha vintena de contos populares, en galego e castelán, oídos tamén polas terras da Ulla.
Todo este labor en favor da cultura popular foille recompensado co nomeamento de usocio de mérito” pola uSociedad del Folk-Lore Gallego”, que nos primeiros meses de 1884 nacía na Coruña, non sen polémica, impulsada polo propio Machado y Alvarez, baixo a presidencia de Emilia Pardo Bazán.
O apaixonado da palabra viva
Paralelamente á súa actividade de compilador de mostras folclóricas, Valladares desenvolveu tamén un intenso labor de recolla de voces e expresións populares, eminentemente da contorna da Ulla, de forma que en 1869 tiña tamén rematado un dicionario, segundo o propio autor indica no prólogo da obra:
- Cábenos hoy la honra de ofrecer á nuestros compatriotas nuevo DICCIONARIO GALLEGO-CASTELLANO, compuesto de más de nueve mil trescientos vocablos, porción de ellos ilustrada y amenizada con ejemplillos, ora de escogidas poesías, en cortísimos fragmentos copiadas, cantos, refranes y fragmentos que no traducimos.
- Entusiastas po-las cousas d’a nosa terra, escribímo-l-o ano pasado un dicionario, completo hasta’ond’as nosas forzas alcanzaron.
Sabedores na Real Academia Española por Laverde Ruíz do seu labor lexicográfico, Valladares sería designado “correspondente” da institución6. A súa oposición inicial a publicar a obra, por motivos non totalmente desvelados (¿modestia? ¿desconfianza editorial? ¿custe económico?...), parece que mudou, en parte tralo recoñecemento académico. Así, logo de atender os rogos de varias amizades, entre as que se encontraba dende logo Laverde Ruíz, pero seguramente tamén Machado y Alvarez e Álvarez Insua, don Marcial acabaría por dar ás prensas o seu Diccionario Gallego-Castellano, que nos primeiros meses de 1884 vía impresas as súas primeiras páxinas no folletín do xornal santiagués El LlBREDÓN. Así o lembra no seu traballo “Escritura gallega” (1888a):
- Llevado de entusiasta amor haeia las cosas de nuestra tierra, consagré algunos años á la adquisición de voces gallegas y, cediendo á escitaciones de respetables amigos, me lancé, sin pretensión de ningún género, a publicar en 1884 un diccionario de las mismas, compuesto, no con ánimos de darle por mi á luz, sólo sí de conservarle en biblioteca de familia, acaso, para una obra mejor y mas completa.
- Se haya ya encuadernado el magnífico Diccionario Gallego que acaba de publicar en folletin nuestro querido colega santiagués El Libredon. El Sr. Valladares que en un tiempo nos había encarecido la mayor propaganda en favor de su obra, puede desde luego remitir a esta redacción cien ejemplares que procuraremos expender sin comisión alguna.
- Próxima a terminarse la publicación de la notable obra del P Estella, reproducida con rigorosa exactitud en el folletin de El Libredon, hemos conseguido permiso del académico correspondiente de la Real Academia española y muy conocido escritor gallego, Sr. D. Marcial Valladares, para imprimir en folletin primeramente y hacer despues unha lujosa tirada del Diccionario Gallego, erudito trabajo al que consagró sus desvelos durante muchos años aquel distinguido hijo de Galicia.
- Diccionario Gallego-Castellano por D. Marcial Valladares Núñez.
- Licenciado en Jurisprudencia. Jefe honorario de administración civil, Individuo correspondiente de la Real Academia Española,
- Socio de Mérito de la Economía de Santiago, etc., etc.
- Esta valiosa obra contiene mas de DIEZ MIL SEISCIENTOS VOCABLOS, CUATROCIENTOS SESENTA refranes, proberbios, decires, fragmentos poéticos y DOS CIENTAS CUARENTA Y DOS cantigas, terminando con un vocahulario científico.
- Véndese en la administración de EL ECO DE GALICIA, Jesus María n° 77, al precio de UN ESCUDO EN ORO cada ejemplar en rústica.
A obra mereceu na prensa da época eloxios, recoñecementos e gabanzas, coma esta recollida na sección "Miscelánea” da REVISTA DE LA SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAIS de Santiago (n° 34, 30/11/1884):
- El socio Sr. D. Marcial Valladares ha tenido la dignación de enviar con destino á la Biblioteca de nuestra Sociedad, un ejemplar del notable “Diccionario gallego-castellano” que con aplauso de cuantos entienden en achaques literarios, y con laboriosidad digan de loa y premio, acaba de publicar. Forma este libro un abultado tomo de 650 páginas en 4° ya dos columnas; y es la obra mas completa de cuantas se han publicado hasta el dia acerca de la materia. Y aun puede decirse que es el primer diccionario gallego que ve la luz; pues los anteriormente publicados, si bien muy apreciables, no pasan de simples vocabularios. Bien merece el Sr Valladares distinguido puesto entre los amantes de Galicia, por haber dotado á su país de obra tan completa y necesaria.
- afortunadamente la literatura regional cuenta con una producción mas, tan importante que viene, siquiera no sea por completo, á satisfacer una necesidad sentida por todos los que amamos nuestra armoniosa lengua.
Xa rematando o ano, nas páxinas de EL ECO DE GALICIA, o seu director Alvarez Insua (1884) dedicoulle así mesmo unha columna laudatoria á obra e ó seu autor. Comezaba destacando o momento de fecundidade e vitalidade que vivía o galego naquela altura nas plumas dos seus escritores, “ansiosos de vindicarlo de las burlas y agresiones de que en otro tiempo fue objeto”. Para Insua, naqueles tempos de renacemento provincial, debía buscarse o que entrañase a tradición perdida e denunciar o carácter maleado, para formar a verdadeira fisionomía do pobo galego. Nesa tarefa, segundo el, levaba a mellor parte uel poeta gallego, nuestro amigo D. Marcial Valladares, que en su tranquilo retiro de Vilancosta trabaja con incansable brío por devolver al dialecto gallego el prestigio”. Pola transcendencia e volume do dicionario o crítico recoñecía que Valladares era “el literato que más positivamente contribuye á la obra meritoria de restaurar”. Na segunda parte da recensión, Insua facía votos para que unha vez que existía ‘ un completo y extenso Diccionario” se organizase a "Academia Gallega”, a fin de que dictase regras e preceptos polas que rexerse os escritores, co que se evitaría a anarquía que se observaba nos seus escritos:
- Si el gallego quiere competir con el catalán y parecerse al antiguo, provenzal, tiene ante todo que buscar la unidad y la igualdad; y esto solo puede conseguirse creando un cuerpo docente, como la Academia, del cual parten las disposiciones que deben acatarse.
Xa en 1887, o eximio académico don Marcelino Menéndez Pelayo (1956, II: 182-185), a petición da Real Academia Española, realizaría un ditame favorable sobre o Diccionario, recoñecendo os meritorios servizos filolóxicos que podía prestar por recoller “un nuevo léxico, enteramente gallego”, tomado dos labios do vulgo, así como a súa superioridade sobre o de Rodríguez e Cuveiro. Tamén informaba don Marcelino dalgunhas carencias, como as de non localizar as voces, non dar o étimo das palabras nin os derivados noutras linguas e dialectos. Respecto disto, xa Alonso Montero (1970b) se preguntou retoricamente ucomo levar a cabo o programa suxerido por Menéndez Pelayo”, alleos naquel entón o propio autor e mais a Universidade galega ós estudos da filoloxía románica que nese intre estaban a realizar Díez ou Meyer-Lübke. Así e todo, malia esas insuficiencias, Menéndez Pelayo remataba sinalando que ningunha delas minguaba Uun ápice el mérito insigne que ha contraído el señor Valladares” ó entregar á comunidade dos estudosos de filoloxía romance un dicionario cun considerable número de vocábulos, arrequentado cun refraneiro e un pequeno cancioneiro, "primer ensayo en su género”. Por todo iso, Menéndez Pelayo concluía:
- La Academia entiende que una obra tan importante como la del señor Valladares, obra al mismo tiempo de dudosa venta, como destinada por su índole a un público especial y limitado, entra de lleno en la categoría de aquellas que el Estado debe proteger, adquiriendo el mayor número posible de ejemplares para las biblioteeas públicas. Es la menor recompensa que puede otorgarse a la diligencia y laboriosidad de su autor, y al desinterés con que se ha empleado la mejor parte de su vida en una labor tan penosa e ingrata como necesaria para el cabal conocimiento de la historia y literatura de nuestra raza.
A inquedanza pola codificación do galego
A querencia que Valladares sentía polo galego, coma a doutros rexionalistas do seu tempo, era sobre todo de tipo emotivo e sentimental. En 1888 en "Escritura gallega”, próximo a entrar nos setenta anos, escribe:
- A pesar de mi mucha edad y solitario acá en el rincón campestre donde nací, siento afición aún á cuanto con nuestro dialecto se relaciona, como es que mamé y hablo ordinariamente entre hontados labradores.
- mirémos algo po-los nosos labradores e, ja qu’eles non poidan, nin teñan tempo pra estudiar, estudiemos nos e démoslles siquera libros onde vejan o noso e seu dialeuto ben escrito e ben falado.
Certamente, o galego entrara no século XIX sendo unha lingua eminentemente oral, mergullada no desprezo alleo e dos propios falantes, e cada vez con máis notorias variantes fónicas, morfolóxicas e léxicas de tipo dialectal. O idioma vernáculo fora quedando circunscrito ó ámbito rural, mariñeiro e dos artesáns e a rexistros populares. Ademais, carecía da tradición literaria escrita de que gozaban as linguas veciñas, pois a brillante literatura galego-portuguesa da etapa medieval non se coñeceu e divulgou ata xa moi avanzado o século. Xa que logo os precursores do Rexurdimento literario (Añón, Alberto Camino, Pintos, os Irmáns de la Iglesia, o propio Valladares...), que comezaron a escribir en galego aló pola década de 1840, atopáronse coa difícil tarefa de construír un código propio, apto para empregar en diferentes ámbitos e espazos, inicialmente e sobre todo, no literario e, dentro deste, na poesía.
A primeira cuestión que tiveron que resolver foi a de dotar ó galego dun sistema gráfico que se axustase ás peculiaridades fónicas do idioma. A ausencia de tradición escrita e a falta dunha autoridade académica, tanto individual como corporativa, propiciou nos textos certa anarquía gráfica, ben evidente nos casos da representación dos fonemas específicos do galego (o ///, o /q/, a diferente abertura das vocais <e> e <o>) e de certos fenómenos fonotácticos característicos da lingua oral, coma as elisións e as asimilacións. A diferente grafización nestes puntos acabou suscitando bandos enfrontados entre os escritores e eruditos e case inevitables polémicas, das que a máis virulenta foi a de 1888, na que se discutía sobre todo a grafización do Ifl. Por outra parte, parella á cuestión ortográfica xurdiu outro reto para os escritores: a elección dun modelo de lingua para o galego. Tratábase de seleccionar unha variante entre as varias opcións que ofrecía un idioma abundante en solucións xeográficas diverxentes, tanto morfolóxicas coma léxicas (aspecto sentido daquela como enriquecedor), pero tamén diastráticas.
Xa que logo, se por algo se caracterizan os textos literarios en galego do Rexurdimento é polo seu polimorfismo gráfico, mesmo en escritos dun mesmo autor, e mais por se estearen nun modelo de lingua oral popular cimentado no dialecto de cada autor. Non obstante, neste punto tamén xurdiron diverxencias entre os autores sobre o que era ou non válido do galego popular con miras ó establecemento dunha coiné galega. González Seoane (1992: 210 e ss.) tracexou entre os gramáticos galegos decimonónicos dúas tendencias. A primeira denominouna populista, estaba encabezada por Saco Arce e propuña aproximar o uso culto ó uso real dos falantes. A outra tendencia é a elitista ou cultista e nela encadra a Valladares e Rodríguez Rodríguez, que consideraban que o galego popular, e especialmente o aldeán, debía ser depurado dalgúns vulgarismos e incorreccións (por exemplo, as gheadas), e necesitaba, por tanto, ser elaborado sobre outras bases diferentes das estritamente populares.
Finalmente, a afirmación de González Seoane (1992) de que Valladares comparte unha visión negativa do galego popular cando rexistra como erróneos ou vulgares vocábulos e construcións propiamente galegas (vid. Fernández Salgado 2002: 304), debe ser matizada polo aprecio que don Marcial sentiu e amosou por todo o “popular”. A súa paixón polo folclore quedou patente na paciente anotación de contos, cantigas e refráns e tamén de palabras e expresións para o seu dicionario. Obviamente, iso non foi obstáculo para que cando oficiou como gramático (afeccionado) nos Elementos se movese cos parámetros predominantes nas gramáticas españolas da primeira metade do século XIX, asumindo o herdo ideolóxico da gramática xeral e adoptando, moi en consonancia co modelo académico español, unha actitude normativa de carácter elitista coa finalidade de perfeccionar unha lingua eminentemente popular e dialectal como era o galego naquel entón. Don Marcial (1888b) expresa deste xeito un modelo posible do que deben beber os escritores galegos:
- No debemos, pues, fijarnos demasiado en si la gente ordinaria de tal ó cual punto habla de esta ó de la otra manera, sino en lo mejor de cada localidad, y formar luego un conjunto de reglas ó preceptos, á que hayan de atenerse todos los gallegos de alguna cultura, siempre que hablen ó escriban en nuestro dialecto.
Un resumo da súa proposta e algunha das súas ideas sobre a codificación do galego nesta altura do século poden verse no citado "Escritura gallega” (1888a) publicado en GALICIA REVISTA REGIONAL, co cal viña posicionarse na polémica ortográfica dese ano. Valladares recoñece aí a urxencia de establecer regras de escritura para o galego, en especial nos aspectos gráficos que máis arredaban os escritos duns autores a outros, e conclúe que é preciso constituír unha Academia ou "un cuerpo científico” que elabore unhas normas que sexan recoñecidas e aceptadas por todos. Con todo, consciente de que un acordo deste tipo non era factible a curto prazo e considerando que a regulamentación do idioma era xa necesaria a estas alturas, el mesmo, avalado como autor dun dicionario e, nestes anos, correspondente xa da Real Academia Española, considérase o suficientemente capacitado para establecer unhas bases que “á merecer el asentimiento general, evitarían esas diferencias, existentes hoy en la escritura de nuestro dialecto”. Resumidamente, as 5 bases que propón e en xeral as que seguiu nos seus escritos máis importantes son:
- Eliminar practicamente o <x> para a representación de /f/. que só quedaría para casos moi raros (:xostra, xastre).
- Usar no seu lugar <g> e <j>, conforme a maioría das outras linguas.
- Non usar acentos nos artigos nin pronomes; si o grave nas contraccións (ó, a), e o agudo para a preposición a (a); igualmente, usar o acento grave cando as vocais <e, o> son abertas (upréto = cerca : preto = prieto”).
- Usar con moderación o apóstrofo.
- Non adulterar o galego con voces castelás galeguizadas.
A contribución de don Marcial á lingüística galega decimonónica complétase co texto Elementos de Gramática Gallega, rematado en 1892, se ben, segundo el mesmo indica nas verbas limiares "Al lector”, xa o comezara en 1855. Ora ben, coma no caso do dicionario, a súa dedicación ó texto gramatical debeu ser escasa ou nula nas décadas seguintes, sen dúbida un labor de gramático afeccionado, upor mera distracción en ratos de ócio”. Os Elementos volverían requirir da súa atención a finais da década de 1870 e de 1880, pois certamente os devanditos tres artigos sobre ortografía debían pertencer ó seu proxecto gramatical, en vista de que fragmentos enteiros deles se reproducen case literalmente na gramática. Non obstante, foi en 1892 cando xa con 71 anos traballou máis intensamente no texto co ánimo de rematalo por tres motivos, que fai explícitos no limiar “Al lector” (Valladares 1970: 9). En primeiro lugar o gramático ullán quere xustificar a non caprichosa escritura do seu Diccionario Gallego-Castellano. En segundo lugar, ante a carencia dunha Academia rexional que regulamente a lingua, ten o ánimo de dar a luz unhas regras gramaticais elementais doadas de entender para os escolares e que logo se xeneralicen á xente toda; neste punto, Valladares non ignora a tradición gramatical galega, pero coida que o texto de Mirás é “en extremo deficiente” e a de Saco, malia recoñecer que se trata dunha gramática excelente, “de lo mejor que sobre el particular se ha escrito”, non é comprensible para a xente común. Por último, como rexionalista que era, coa súa obra desexa contribuír ó lustre e gloria de Galicia.
Os Elementos é un texto gramatical que comparte o empeño patriótico das outras gramáticas galegas e o prescritivismo dos textos da tradición gramatical española que xiraban arredor da actividade da Real Academia Española. Co seu título quere significar que non se trata dunha gramática completa, senón só duns “elementos”, uns apuntamentos gramaticais. As partes máis desenvolvidas son as relativas á uOrtografía” e á “Analoxía”, que trata como unha morfoloxía das partes do discurso. O prescritivismo realízao asumindo os preceptos da gramática xeral e o método comparativista co español, idioma que toma como modelo por practicidade, pois era a lingua en que se alfabetizaba a poboación galega. A variante lingüística que describe Valladares é maiormente a do seu dialecto da Ulla, se ben aparecen referencias a variantes doutros dialectos, sobre todo do ourensán.
En definitiva, a súa recolleita léxica e folclórica xunto ó seu estudo gramatical e a súa proposta ortográfica para o galego converten a Marcial Valladares nun persoeiro de primeira orde, de referencia obrigada nos estudos lingüísticos do século XIX.
O literato precursor de xéneros
O loable e tenaz traballo filolóxico que Valladares realizou dende o seu retiro na Ulla, coleccionando literatura popular e estudando e describindo o galego do seu tempo, complétase coa súa actividade de creador literario como narrador e xa cada vez menos como versificador, a pesar de ser esta a súa vocación primeira.
En efecto, don Marcial comezou sendo ante todo poeta e foi durante a súa mocidade, entre 1840 e 1855, cando compuxo o máis valioso da súa produción. Como xa vimos, nesta altura os seus versos sentimentais e amorosos, de clara inspiración romántica e costumista, son canda os de Añón, Camino ou Pintos os que abriron o caireiro do prestixio do galego como lingua literaria no século XIX. A partir de 1865, a súa actividade de poeta foi airecunchada cada vez máis polas outras de lexicógrafo e colector de folclore, sobre todo a poesía de tema amoroso. Non ocorreu tanto coa satírica e costumista, pois de feito a faceta de folclorista influirá considerablemente na motivación, no contido e na forma métrica das composicións desta época, ata o punto de que a miúdo se confunden as saídas da súa inspiración coas de simple transcrición da boca do pobo. Tómase evidente nas 21 coplas de feitío popular que baixo o título de “Cantigas. Vilancosta” lle dedicou ó seu lugar nativo (Femández Salgado 2002: 628):
Terriña de Vilancosta,
terriña en que che eu nacín,
desque che deixei por outra
n-houbo gusto para min.
E tamén é visible noutras 42 cuartetas igualmente tituladas "Cántigas”, que publicou en 1898, e mesmo nas recreacións poéticas que realizou de fábulas populares, coma a romanceada "A Garza e o Carrizo” (1884), ou a tradicional uOs dous ratos” (1888), relatada por Valladares en 15 pareados asonantados (Fernández Salgado 2002: 635):
Solitario n’un muiño cérto rato,
Fariña e grau comendo sin mandato,
Ordenou (pórque solo s’aburria)
Buscar entr’os parentes, compañía.
O monte saeu, pois, moi caladiño E outro rato atopou, tan flacuchiño,
Qu’entendeu o pasaba malamente.
Saudárons’entrambos cortesmente [...]
Son tamén de forte sabor popular outras composicións súas aparecidas na prensa durante a década de 1880 —se ben varias delas están sen datar, polo que poida que sexan das décadas anteriores—, coma as seguidillas uNai e filla” (1883), que lembran os diálogos das cantigas de romaría medievais; das oitaviñas "Rosa e Sabela” (1883); ou da festeira "Fin de romaría” (1898), en que alternan cuartetas e coplas con versos de alalalás a xeito de refrán e outros onomatopeicos de aturuxo:
Felíce-los que se déitan
sin ánsias en que pensar:
érguense, pórque despértan
e saben qu’hán d’almorzar”.
A-la-la-lá-la
A-la-la-lá.
¡Hu-hu-húi!
O mesmo ton popular teñen as redondillas burlescas de “Bribonada” (1888) e os varios epigramas aparecidos nas follas dos xornais e revistas, xénero humorístico, por outra parte, moi apreciado e cultivado por varios dos nosos autores do Rexurdimento.
Noutros poemas o costumismo e o colorido popular vén do retrato de personaxes tipo, coma en "A castañeira en Santiago”, na que aproveitando o pregón uai que ricas fervendo” engarza unha das composicións máis celebradas pola crítica e das que máis fortuna editorial tivo. O poema foi escolmado nas dúas antoloxías máis importantes da década de 1880; isto é, por Francisco Portela Pérez na súa Colección de poesías gallegas (1882), e por Antonio de la Iglesia no primeiro tomo do seu El Idioma Gallego. Su antigüedad y vida (1886), onde en nota aparece datado de 1881.
En cambio, en “Inés fiando” (1879) o cadro costumista da vida rural agocha a visión crítica do autor sobre os usos e costumes dos novos tempos, en contraste cos pasados. O Valladares censor e moralista conforme á súa ideoloxía volve aparecer no poema uQuieta gesta ¡Vaite cojo” (1879), por onde fai desfilar varios personaxes tipo sobre os que emite un xuízo condescente ou reprobatorio. Sirvan de exemplo as primeiras estrofas (Fernández Salgado 2002: 603):
Qu’unha nena de quince anos,
Sobre todo s’é bonita,
Por palicar se derrita,
Po-l-o baile e po-l-a festa,
Quieta gesta.
Mais qu’unha en jamon entrada
A nena queira facerse,
Pense aínda en compoñerse
E teña d’amor antojo,
¡Vaite cojo!
Qu’estudiantiño aplicado
Sea as veces bachiller,
E poida o vulgo entender
Qu’á estudiar baijou á testa,
Quieta gesta.
Mais que a bote de sabido
Quen un libro nunca abreu,
E fale de todo á treu
Sin coidar que causa nojo,
¡Vaite cojo!
Nalgunhas composicións agroma tamén o poeta cívico para poñer de manifesto os problemas de tipo social do mundo rural galego, derivados da eriiigración e os fortes impostos que sufrían os campesiños, coma nestes versos de uNai e filla” (Fernández Salgado 2002: 623):
—”¿Qué dis, qué dis, Maria,
Se n’hai cartúcos
E apreméa o menistro
Po-l-os trabúcos!”
—”Dou Dios grauciños:
Venderei n’os mercados
Uns ferradiños.”
—”O millo, si; o millo
Ja’sta embargado,
Pórque, se nós comemos,
Non cóme o Estado
E millor fora
Traballas’él as leiras
Visto o d’agora.”
Por outra banda, o eloxio da paisaxe galega é o tema de publicado en 1879, e mais de "Terriña por terra”, "Romance” e "Unha tarde na Ulliña”, aparecidos en 1883. Nos dous últimos, a descrición esplendorosa inicial da natureza, coma esta de “Unha tarde na Ulliña” (Femández Salgado 2002: 615):
[...] Via, en fin, dend’o Seijo, á Sarandon,
Figura d’abanico despregado,
Grave o Ulla correr coma un feston
D’ese mismo abanico dibujado.
E dunha e doutra banda n’as orélas,
Salgueiros e amenales alí en fila,
Ond’os cucos ja s’oyen e as bubélas
E Martin-pica-peije agudo chila [...],
abre paso en estrofas posteriores a reflexións relixiosas e moralizantes nas que exalta a Deus como o creador das magnificencias naturais:
Detiñam’á miúdo e perguntaba:
¿”Como babecon hai qu’en Dios non crea?
¿Como viva criatura non o alaba
E humildosa á seus pés non se domea?
¿Como baldíos homes mal nacidos
En combati-l-o afian os talentos
D’El, solo El, un dia recibidos?
¿Ou mércans’acá abaijo entendementos?
Veñan, miren aquí os grans atéos
E dígans’á si propios se fijeron
Este mundo, esa bóveda dos ceos
Que nunca inteligencia mereceron [...]
Por último, a morte dalgunha amizade tamén mereceu os versos laudatorios de Valladares. Así, en 1883 dedicoulle un soneto en castelán ó xornalista e poeta poníevedrés Andrés Muruais, finado prematuramente en 1882. A composición publicouse na Corona fúnebre (1883: 83) que os poetas galegos da época lle dedicaron. O soneto comezaba con este cuarteto:
Luz pasajera de Galicia,
de esa joya de Lérez, que extasiado
há seis rápidos años contemplando
llena de encantos y sin par delicia.
Xa en 1891, con motivo do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro dende o cemiterio de Adina a San Domingos de Bonaval, Valladares, xa con 70 anos, brindoulle á poetisa unha das súas últimas creacións. A composición leva por título "A Rousalía”, seguido da referencia "o 26 de mayo de 1891”. Foi dada a coñecer por Bouza-Brey (1951a) e leva como antefirma “en nome d’os labrego d’a Ulla”, o que lle fai ficcionar a don Ferniín que:
- Valladares, con alguna comisión de gente comarcana, se haya presentado en Compostela bien el día del apoteósico traslado de los restos de Rosalía desde el cementerio de Adina al mausoleo del convento santiagués de Santo Domingo, o algún día despues, a rendir homenaje a la gran poetisa.
Somos gente galiciana
honrada gente d’aldea,
onde cada un s’afana
pra que millo a terra dea.
E, süando a mais süar,
a peciño e augua fría,
vimos soilo por saudar
os restos de Rousalía.
Na composición, lóuvase unha Rosalía combativa, próxima ó pobo galego, que coa súa voz se alzou en defensa del e da súa lingua. Esta exaltación discorre parella á defensa do labrador ugaliciano”, que é presentado como humilde, honrado, traballador, gardador do seu dialecto e nada cobizoso.
A produción poética valladariana supera o medio cento de poemas en galego, amais de setenta epigramas (vid. a sección de Bibliografía). A vista dos títulos que máis transcenderon despréndese que foi visto sobre todo como poeta costumista, o que acaía ben coa estética do Rexurdimento e, en menor medida, como poeta amoroso. Non obstante, ó noso ver, son estes seus poemas iniciais tipicamente románticos os que para un lector actual agochan máis frescura e encanto.
Pero, sen dúbida, a razón pola que o nome de Marcial Valladares resoa con máis forza na historia da literatura galega é por ser o inaugurador do xénero narrativo moderno en galego coa novela Majina ou a filla espúrea, que escribe en 1870, data que signifiea que Valladares e os outros escritores decimonónicos tardaron máis de tres décadas en rachar co tópico de que o galego só era válido para o xénero lírico.
Certamente, en 1870, consonte o ano que figura a portadiña do manuscrito, o xa maduro literato de Vilancosta debeu sentirse suficientemente capacitado lingüística e literariamente.para emprender a redacción do primeiro relato longo en galego. Non lle faltaba experiencia narrativa en castelán, pois a maiores da redacción das Memorias defamilia dende 1844 escribira xa outras dúas novelas, ambas inéditas: a costumista Flora, que rematara de 1857, e Asela, que data de 1867. Tamén contaba coa súa habelencia lingüística en galego, sobradamente demostrada nesta altura: había uns meses que rematara a primeira versión manuscrita do seu Diccionario, como afirma no texto limiar da novela (tamén redactado en galego), e nos últimos anos vivía dedicado a anotar cantigas e refráns, que fora dispoñendo en coleccións manuscritas, coma a musical Ayes de mipaís (1865) e o Cantigueiropopular (1867). Precisamente, neste última atopamos como limiar o seu primeiro texto en prosa escrito en galego.
Por todo o anterior, Majina ou a filla espúrea vén ser a encrucillada onde conflúen a ideoloxía, as afeccións e as diferentes actividades eruditas e literarias de don Marcial. Crea, así, un texto, cualificado por el mesmo como uconto-noveliña”, no que, partindo do folletinesco tema da orfandade e estruturado na dicotomía aldea/cidade, vai engarzando elementos románticos, costumistas, realistas e folclóricos, que rematan nun final sorprendente e inesperado, explicable pola moral conservadora do propio autor defende e pola mímese co final exemplarizante típico dos contos populares. A novela constitúe ademais un interesante documento sociolingüístico sobre a situación idiomática na segunda metade do século XIX, pois os personaxes exprésanse en diferentes linguas e rexistros segundo a súa procedencia xeográfica e social.
O texto manuscrito de pouco máis de 100 páxinas foi publicada dez anos despois de estar rematada, por entregas, nas páxinas de LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (1880). Previo á súa publicación, a revista publicitou o texto salientando que se trataba dunha “producción por completo gallega”:
- Majina, ou a filla espurea, que así se titula, es una producción por completo gallega: lo es por la localidad en que pasa la escena, por las costumbres que describe, por los caracteres que junta y por la lengua en que está escrita. Ensayo afortunado, cuyo éxito, estamos seguro de ello, ha de corresponder al mérito real y efectivo de esta composición, viene desde luégo á aumentar el catálogo de ya notables libros en nuestro dialecto. Tiempo era.
Uns anos despois, en 1883, Valladares aínda escribiría outras dúas novelas en castelán: La cruz perdida, inédita, e Los tres expósitos, publicada por entregas, de xeito incompleto, entre 1888 e 1889 na coruñesa GALICIA REVISTA REGIONAL. Nesta última volve abordar os temas da orfandade e as penurias dos labregos, situando a acción nas próximas e ben coñecidas terras do Deza, coa guerra carlista da década de 1870 como fondo. As semellanzas con Majina nalgúns motivos son evidentes xa dende o seu comezo, que reproducimos a seguir:
- En una adehuela del valle de Trasdeza á la izquierda de río Toja, no lejos del Salto de agua, ó catarata, que en la parroquia de San Martín de Pazos, ayuntamiento de Silleda, provincia de Pontevedra, forma dicho río antes de su confluencia con el Deza, vivían Simón y Margarita, su esposa; esta, de segundas nupcias y ambos labradores tan honrados como pobres, pues no poseían más que una mala casucha y un pequeño huerto, propiedad de la Margarita, destinado ordinariamente á patatas y hortaliza, de que se alimentaban los pocos días en que, por falta de jornal, hacían lumbre en su vivienda y trabajaba aquél. En tan precaria situación y habiendo Margarita dado á luz un hijo, circunstancia que casi la imposibilitaba de aprovechar jornal, dijo cierta noche á su marido:
- -Simón, tengo en las mientes un proyecto que no sé si aprobarás.
- -Dilo y hablaremos.
- -Con motivo de ese hijo que nos ha dado el cielo, poco ó nada puedo ayudarte en tu trabajo; pero robusta como soy y con leche para criar dos niños, traigo, si te parece uno de la inclusa, criámosle con el nuestro y de este modo lo que al jornal no gane lo ganaré lactando la criatura que saque de la inclusa.
As relacións con outros persoeiros do Rexurdimento
Xa aludimos na etapa de universitario de Valladares á relación con outros escritores e intelectuais galegos desa altura, como Domínguez Izquierdo, José María Gil e Neira de Mosquera, integrantes da Academia Literaria compostelá, e a partir de 1856 cos Irmáns de la Iglesia. Non obstante, é partir de 1865, co abandono da súa carreira administrativa e a conseguinte maior actividade filolóxica, cando as súas relacións con outros participantes na renacida actividade cultural galega son máis intensas. Valladares non tivo reparo en poñer a súa obra e o seu traballo á disposición de historiadores, folcloristas, musicólogos, xornalistas e editores que llo solicitaron. Subministroulles mostras populares ós máis destacados estudosos do folclore hispánico e galego do século XIX, entre eles a Murguía, Machado y Alvarez, Saco Arce, Rodríguez Marín, os Irmáns de la Iglesia, Sampedro, Brañas.... Foi asidua, igualmente, a partir da década de 1880, a súa participación literaria nas columnas dos proxectos editoriais encabezados por Murguía, Alvarez Insua, Labarta Posse, Martínez Salazar,
Amador Montenegro, Castro López... En fin, noutras ocasións foi el mesmo o beneficiado da cooperación doutros eruditos; por exemplo, Laverde Ruíz, Leiras Pulpeiro, Amador Montenegro e Pardo Becerra enviáronlle algúns centos de palabras para o seu Diccionario e os posteriores suplementos.
En 1865 Manuel Murguía, sen dúbida coñecedor da colección de cantigas que coa súa notación musical estaba a realizar o ullán neste momento, escribiulle pedíndolle que lle enviase mostras literarias populares da Ulla para incluír no seu enigmático libro Rimas populares, que nunca chegou a ver a luz. Unha parte dese material acabaríao incluíndo Murguía na súa Historia de Galicia (1865: 258), segundo o sinala en nota referíndose ó cantar de pandeiro que titula “A ruada”:
- Debemos esta composición, lo mismo que su música y otros aires populares de la Ulla, á la fina atención del Sr. D. Marcial Valladares, quien la recogió en aquel país.
E certamente, Valladares volverá colaborar con Murguía cando este sexa director literario de LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, a finais da década de 1870 e principios de 1880. E debeu ser grazas a esta súa amizade como tamén don Marcial iniciou a súa colaboración con Antonio
Machado y Alvarez. "Demófilo”, como a el lle gustaba que lle chamasen (vid. Alonso Montero (1979a), foi o introdutor dos estudos folclóricos na Península ibérica por volta de finais da década de 1870 e o principal impulsor das sociedades folclóricas que por toda España foron nacendo nestes anos, entre elas a do “Folk-Lore Gallego” (1884), que acabaría presidindo a condesa Pardo Bazán. Entre 1880 e 1884, Valladares subministroulle a Machado dende Vilancosta abondoso e variado material literario de carácter popular: cantigas, poesías populares, adiviñas, refráns, xogos de prendas, trabalinguas, contos, frases feitas, meigarías..., que o sevillano irá dando a coñecer nos seus traballos. O maior número de contribucións do folclorista de Vilancosta apareceron publicadas no xa referido volume Folk-Lore Gallego. Miscelánea (1884). Con anterioridade, moitas adiviñas recollidas por don Marcial na Ulla foran aproveitadas por súa obra en forma de dicionario titulada Colección de enigmas y adivinanzas. En fin, outra parte dese material foi referenciado en varios traballos e recensións que publicou en varias revistas, entre delas en La ENCICLOPEDIA e LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (vid. Machado 1880b, 1880c). Nos publicados nesta última, “Demófilo” sempre fai constar os seus agradecementos pola colaboración desinteresada que sempre recibía do coleccionista ullán. Sirva de exemplo estas palabras que lle dedica nun deses traballos (Machado y Alvarez 1880b: 57):
- A la generosidad que nos complacemos en reconecer aquí de nuestro querido paisano el Sr. D. Marcial Valladares, debemos el gusto de poder aumentar esta colección con unos treinta cantares gallegos, por más de un concepto interesantes, reservando para otro día el ocuparnos de los refranes y adiviñas, juegos y preocupaciones que hemos debido, tanto a la bondad de este señor, como á la del distinguido Director de la Ilustración Gallega y Asturiana, periódico que honra á ambas provincias, y á la mucha amabilidad del Sr. D. Juan Saco y Arce y Don José Perez Ballesteros, señores todos á quienes no sabemos como agradecer sus inestimables distinciones
- Debemos expresar aquí nuestro agradecimiento, por la valiosa cooperacion con que nos han favorecido, a los Sres. D. Marcial Valladares, D. Agustin Vazquez Ruiz, dignidad de Maestrescuela de la catedral de Tuy, Don Manuel Sanchez Arteaga [...], D. Jose Perez Ballesteros [...]•
Aínda por estes anos, Valladares tamén lle enviaría a Francisco Rodríguez Marín (Osuna 1855-Madrid 1943) algunhas pezas populares que foron incluídas por este na súa compilación Cantos populares españoles, publicados en Sevilla entre 1882 e 1883. As coplas de Valladares, segundo a nota de Rodríguez Marín á copla n° 3.234, procedían dunha “precisosa y bien ordenada colección manuscrita”.
Igualmente, nesta altura debeuse avivar a relación de Valladares cos irmáns De la Iglesia, sobre todo trala constitución da sociedade do uFolkLore Gallego” (1884), da que don Antonio era tesoureiro, don Francisco, vocal e don Marcial, socio de mérito. Os dous irmáns serían os encargados de elaborar un Cuestionario, que se publicaría en Madrid en 1885. A organización tracexada sería aproveitada por don Antonio para o tomo III de El Idioma Gallego (1886), na parte dedicada ó folclore. Neses capítulos aparece constancia dalgún material enviado por Valladares dende a Ulla, cando menos o conto "Bastián e Crispín".
Por outra parte, nalgún dos cada vez máis escasos desprazamentos de Valladares a Santiago, contactou tamén con Eduardo Pondal. Non podemos precisar o ano nin o motivo, ben que cremos que puideron coincidir durante a asistencia a algún acontecemento cultural ou de homenaxe dos celebrados en Compostela nos anos finais da década de 1870 e nos primeiros da de 1880. A referencia a este contacto constátase na correspondencia entre Pondal e Martínez Salazar. En carta de abril 1889, datada en Carballo, aínda recente a polémica sostida na prensa en 1888 entre etimoloxistas e foneticistas sobre ó uso das grafías <g>, <j>, <x> no galego, argumentaba Pondal a súa postura inequívoca do lado dos etimoloxistas, entre os que incluía ó propio Martínez Salazar e Valladares, e aludía ó encontro con eles en Santiago. Dicía Pondal comentando os artigos destes aparecidos na Galicia Revista Regional de 1888 (Ferreiro 1991: 149):
- Como V y el Sr Valladares, en sus conclusiones, no hacen otra cosa que corroborar más y más mi sistema ortográfico seguido en la impresión de los Queixumes (y que pienso seguir en los Eoas), no me huelgo poco de tener a W por compañeros en esta cuestión vitalísima. Ha tiempo recuerdo haber manifestado a V, en ésa, y al Sr. Valladares, en Santiago, mis opiniones explicitas sobre el particular; y este señor y todo el mundo saben que soy un etimologista sin eufemismos ni ambages.
Don Gumersindo foi un persoeiro moi influínte no eido da cultura e do pensamento do seu tempo. Relacionouse cos principais literatos e intelectuais españois da época e exerceu maxisterio sobre o círculo rexionalista compostelán de tendencia católica e tradicionalista, organizado en torno ás publicacións El PORVENIR, El LlBREDON ou GALICIA CATÓLICA, grupo do ideoloxicamente Valladares non se afastaba. Tanto Buíde Laverde (1956: 358 e ss.) coma Filgueira Valverde (1989: 40) recórdannos que a casa de Laverde Ruíz na santiaguesa Praza da Universidade, atraída polo prestixio e saber do seu dono, convocou durante este tempo os persoeiros máis eminentes. Valla a cita de Filgueira para lembrar os seus nomes:
- A súa casa foi naqueles anos o xuntoiro da intelectualidade galega: Cabeza de León, Brañas, Barcia Caballero, Ribalta, Vázquez de Mella, a Pardo Bazán, o Marqués de Figueroa, Valladares e as súas irmás, Segunda e Avelina, Fernández Sánchez, Vázquez Queipo... E por alí pasaron nas súas viaxes a Galicia: Fastenrraht, Pereda, Pérez Galdós....
A relación entre don Gumersindo e don Marcial proviña polo menos de 1877, pois aquel fora na Universidade profesor do sobriño deste, Laurentino Espinosa, conforme a carta de Laverde a Menéndez Pelayo datada de 2/11/1878 (González-Millán 2003: 23). Nela alúdese a Valladares e ó seu Diccionario en manuscrito, ó que cualifica “util e importante”. En cartas de anos posteriores vanse desvelando outros datos de interese, como a intención da Academia Española de comprar a obra, o nomeamento de Valladares como correspondente da institución e o anuncio da inminente publicación da obra.
Aínda temos noticia dunha carta anterior de Valladares a Laverde, datada do 29/8/1878. Desgrazadamente descoñecemos o seu contido, ben que intuímos que debe tratar algún aspecto relacionado coa propia existencia do Diccionario ou sobre a súa confección, á que o propio Laverde acabaría contribuíndo cun cento de palabras, segundo llo recoñece eloxiosamente Valladares no prólogo da obra:
cien de ellas espontaneamente facilitadas por el buenísimo señor D. Gumersindo Laverde Ruíz, gloria indiscutible de los hablistas, poetas y eruditos españoles de nuestros días, no obstante los padecimientos que le aquejan.
A amizade e afinidade ideolóxica de entrambos, uníase o trato persoal de Laverde coas irmás Valladares. Elas serían as destinatarias dun soneto do cántabro titulado "Al río Ulla”, en castelán, datado de 1879, que ía precedido da dedicatoria “A mis apreciabilísimas amigas, las Señoritas Doña Avelina e Doña Segunda Valladares”. O poema fóralles enviado a Vilancosta en carta do 10/6/1879 (vid. Buíde Laverde 1956: 356). Remataba cos seguintes tercetos:
La aurora brisas plácidas te envía,
Míranse en tu cristal frescas zagalas,
Regálante aves mil con sus cantares.
Mas para mi ese Edén yermo sería
si no anidase entre sus verdes galas
la familia ejemplar de Valladares.
Ese mesmo ano, Avelina Valladares devolveríalle o cumprido dedicándolle a súa composición en galego “A Ulla” (1879), á que xa aludimos con anterioridade, e mais un soneto en castelán encabezado polas palabras “A mi respetable amigo Ilmo. Sr. D. Gumersindo Laverde Ruiz, catedrático de Literatura General y Española en la Universidad de Santiago” (1879). Neste poema, ante a enfermidade que padecía dende 1870 (o mal de Parkinson segundo Filgueira 1989: 39), pregaba nos tercetos finais que o eterno lle dese consolo (Luna Sanmartín 2000: 156):
Hoy conmigo, en concierto fervoroso
Al Eterno elevad plegaria ardiente
Por el vate melífluo, el tierno esposo
Que en tortura cruel, siempre creciente
De amargo padecer cáliz odioso
Agota hasta las heces tristemente.
En fin, a relación de afecto entre Laverde Ruíz e a familia Valladares proseguiría nos anos seguintes. De feito, sería a súa influencia sobre algúns membros da Real Academia Española as que facilitaron que don Marcial pasase a ser correspondente da institución e sobre os círculos editoriais católicos santiagueses, as que posibilitaron a edición do seu Diccionario.
O nomeamento de correspondente da Academia Española
Neste apartado da biografía de Marcial Valladares queremos aclarar dúas cuestións: dunha banda, ¿de que Academia foi correspondente, da lingua ou da historia?; doutra, ¿en que ano se produciu e que méritos lle valeron a designación?
Para corroborar que se trata da Academia da lingua, basta con fixarse en que na portada do seu Diccionario Gallego-Castellano (1884), por baixo do seu nome, figura o título de “Individuo correspondiente de la Real Academia Española”, e con sinalar que o adxectivo “española” só adoita acompañar á da lingua e non a da historia. A distinción con este nomeamento é recollida por case todos os seus biógrafos e maiormente é interpretado dese xeito. Mais se quedase algunha dúbida, esta queda definitivamente aclarada por Zamora Vicente (1999: 320) na súa historia sobre a Academia. En efecto, no apartado en que trata dos correspondentes da Academia en Galicia, Zamora recolle o nome de Marcial Valladares e dedícalle unhas liñas. Del destaca a súa longa vida, a súa actividade como avogado e ula copiosa labor periodística”. Indica tamén que foi autor dunha Colección de refranes gallegos [sic] e, sobre todo dun Diccionario Gallego-Castellano (1884), “que ha sido hasta los días actuales el más manejado y útil”. Non obstante, nada informa Zamora sobre o ano do nomeamento nin os méritos que levaron á súa elección.
Os biógrafos de Valladares tampouco se teñen pronunciado sobre estas cuestións, agás Couceiro Freijomil (1954: 444), que si sinalou que o título fora debido ó seu Diccionario:
- lo que mas fama le dio fue el Diccionario Gallego-Castellano (Santiago, 1884), excelente obra de su tiempo, y le valió la designación de miembro correspondiente de la Real Academia Española.
- En la portadilla [do Diccionario] se anuncia la calidad de miembro correspondiente de la Real Academia Española de Valladares, por lo que parece errónea la afirmación de Couceiro de que dicho cargo le fue concedido precisamente por su diccionario.
- podría confirmar la afirmación de Couceiro: al parecer el diccionario en el periódico (sic) le habría sido concedido el título, de forma que cuando la obra se publicó en libro Valladares sería ya miembro correspondiente de la Academia Española.
Sobre os motivos e méritos que mereceron a súa nominación, é posible reconstruír o que esperaba a Academia dos seus correspondentes á luz dos estatutos da institución. A Academia Española aprobaba en 1858 baixo a dirección de Martínez de la Rosa un novo estatuto, que no seu artigo IX establecía a cantidade de membros da Academia en “treinta y seis miembros de número, domiciliados en Madrid, y veinticuatro correspondientes españoles, que lo estén fuera de la Corte”. A Academia, con certa cautela, establecía tamén as limitacións oportunas e fixaba as atribucións, obrigas, etc. da figura do correspondente:
- Los correspondientes [...] estarán obligados también a contribuír al desempeño del mismo objeto con sus noticias y luces, manteniendo buenas relaciones con el Cuerpo, y cumpliendo los encargos que este les diere. Con autorización del Director, podrán asistir a las Juntas de la Academia solo cuando se trate de materias literarias, en las cuales tendrán voz.
- A elección de Académico Correspondiente se hará con las mismas formalidades, trámites y requisitos que están establecidos para los de número, en la parte que sea aplicable; pero con la diferencia entre los españoles y los extranjeros de que a estos no se les admitirá solicitud, sino que será indispensable la propuesta hecha por tres académicos de número.
- recolectores de léxico regional, dialectal, hombres beneméritos, algunos con cierta preparación especializada, outros sin otra arma que el enamoramiento por las cosas y los hábitos de su terruño o de su circunstancia.
- Las autorizadas y discretas aprobaciones que este Diccionario lleva al frente, y el juicio que indirectamente tiene ya formulado esta Academia sobre los méritos lingüísticos de su autor, premiándolos con el título de socio correspondiente, en consideración a las primeras muestras de este mismo Diccionario, que, aun estando manuscrito, prestó ya valiosos servicios a nuestra Corporación, nos excusa de dilatarnos en ponderaciones que al lado de tal fallo parecerían superfluos.
A colaboración en revistas e xornais
O século XIX foi o século da prensa e como tal desempeñou un importante papel como difusora das ideoloxías e, por suposto, da literatura. A través da prensa tomouse consciencia das peculiaridades de Galicia, primeiro a través das cabeceiras de ideoloxía provincialista e a, partir da década de 1880, da rexionalista. A prensa decimonónica galega favoreceu o proceso de recuperación da entidade nacional e fomentou o uso literario do galego, primando moitas veces o compromiso lingüístico sobre o estritamente literario. Ademais da lingua, tiveron un eco importante os traballos sobre os costumes e tradicións populares e tamén os de tema histórico. Algunhas das publicacións de referencia inescusable para a cultura galega nos últimos corenta anos do século XIX foron GALICIA, REVISTA UNIVERSAL (1860-65) na parte final da etapa provincialista; El HERALDO GALLEGO (1874-1880), O TÍO Marcos d’a Portela (1876-1880, 1883-1889), El Eco de Galicia da Habana (1878-1901) e La ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA (18791881) no alborexar do rexionalismo; e xa na etapa plenamente rexionalista GALICIA, Revista Regional (1887-1889, 1892-1893) e, a finais do século, a REVISTA GALLEGA (1895-1907). Todas estaban redactadas en castelán, aínda que incluían con regular frecuencia textos literarios en galego. A excepción era o semanario ourensán O TÍO MARCOS, a revista monolingüe en galego dirixida por Valentín Lamas Carvajal de máis longa duración (1876-1880, 1893-1889) que, de contido humorístico e campesiño, reflicte moi ben o sentir dunha época de renacemento da cultura e da arte galega. Foi a revista que acabou servindo de escola dun novo xornalismo en galego, eminentemente popular e festeiro, para cabeceiras como O GALICIANO (1884-1888), A GAITA Gallega (1885-1889), A Tía Catuxa (1886, 1891) ou A Monteira (1889-1890), esta xa máis seria.
En case todas as bio-bibliografías sobre Valladares se dedica un parágrafo a subliñar a súa participación en varios xornais e publicacións. Mesmo se di del que foi “xornalista”; coma tal, Carballo Calero (1981: 91) defíneo na súa Historia da literatura galega contemporánea como “distinguido periodista i erudito”. Non obstante, de don Marcial cómpre dicir que foi sobre todo un colaborador da prensa, sen pretensión económica ningunha, que se serviu das súas páxinas para dar publicidade á súa produción a petición dos editores.
Como xa mencionamos noutras partes desta biografía, Valladares publicara ocasionalmente algún poema na década de 1840 na prensa compostelá e pontevedresa, coma tal en LAS MUSAS DEL LÉREZ (1842), onde apareceran os versos “Recoge, recoge”. Na década de 1850, o santiagués El ECO DE GALICIA (1851) recollera dous poemas seus: "Un recordo” e “La rosquillera”, e en LA EXPOSICIÓN COMPOSTELANA (1858) vira a luz o artigo de carácter económico uDos palabras sobre la agricultura é industria agrícola de Galicia”. Xa a comezos da década de 1860 colaborou coa GALICIA,, REVISTA UNIVERSAL (1860-65), de Antonio de la Iglesia, onde se incluíron dous poemas seus en galego, en 1861 “A fonte do Pico-Sagro” e en 1862 "***". Así e todo, é na década de 1880 cando a súa presenza nos xornais é máis notoria, principalmente na prensa cultural de tendencia rexionalista e/ou católica bilingüe, e na prensa monolingüe en galego de carácter popular.
LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, editada baixo este título en Madrid dende 1879 a 1881, propiedade de Alejandro Chao e nos dous primeiros anos dirixida na parte literaria por Manuel Murguía, foi a primeira gran revista desta época en que colaborou don Marcial. Nas súas páxinas viu a luz en 1880 a súa novela Majina ou afilla espúrea; un artigo sobre ortografía, "Del apóstrofo en la escritura gallega” (1879); tres poemas inéditos ata o daquela de temática costumista e en galego, “A...” (1879) uInés fiando” (1879) e “Quieta xesta ¡Vaite cojo!” (1879); seis epigramas en dúas entregas (1881); e unha partitura musical súa da cantiga: "¿Para que ll’armas ó merlo” (1880). Valladares era un dos máis de dous mil subscritores con que contaba a publicación.
Valladares colaborou tamén activamente sobre todo nos primeiros anos da segunda etapa de El ECO DE GALICIA da Habana (1882-1901), en tanto estivo dirixida polo rexionalista e tamén estradense Waldo Alvarez Insua. A publicación era bilingüe e definíase como “de ciencias, artes y literatura”. O vate de Vilancosta publicaría nela entre 1880 e 1885 sete composicións poéticas en galego: catro estaban inéditas ata daquela "Despropósitos” (1882),"Rosa e Sabela” (1883), "Nai e filla” (1883) e “Terriña por terra” (1883); as outras tres xa foran publicadas con anterioridade, "Quieta gesta — Vaite cojo” (1880), “A...” (1883) e "Suidades” (1885), nunha versión algo modificada. Apareceu tamén del un poema popular en castelán que titulou "Romance” (1882). En 1900, cando Alvarez Insua xa abandonara a dirección da revista, El ECO aínda reproduciu a súa a famosa “Castañeira en Santiago”.
Xa apuntamos a relixiosidade de don Marcial, as boas relacións co círculo rexionalista católico de Santiago e mesmo coas máximas autoridades eclesiásticas da cidade. Por iso non é estraño atoparmos colaboracións súas na prensa por eles sustentada. Incluso resulta significativo que sexa precisamente no xornal católico El LlBREDON onde publique en 1884 o seu Diccionario, precedido na segunda reimpresión de licenza eclesiástica, solicitada polo propio Valladares en marzo dese ano, que se encargou de redactar Antonio López Ferreiro. Antes, en 1883 participara na tamén santiaguesa GáLICIA CATÓLICA con dous poemas de contido relixioso-costumista inéditos daquela: uRomance” e “Unha tarde na Ulliña”. A publicación dirixida polo clérigo Emilio Villelga contaba con colaboradores ilustres de fonda ideoloxía católica, como López Ferreiro, Menéndez Pelayo, Emilia Pardo Bazán, o marqués de Figueroa e Barcia Caballero.
Aínda en febreiro de 1884, a súa composición “Rosa e Sabela”, xa publicada en El ECO, aparecería de novo no semanario uruguaio LA UNIÓN GALLEGA (1881-1889, 1892). E neste mesmo ano, tamén colaboraría no número extraordinario de El PRIMER CENTENARIO, na REVISTA DE LA SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAIS de Santiago (1884) coa fábula “A Garza e o Carrizo”. Ese ano conmemorábase o século de existencia da entidade da que Valladares era socio dende 1858.
En xaneiro de 1887 e de periodicidade mensual, comezou a publicarse na Coruña GALICIA, REVISTA REGIONAL baixo a dirección de Andrés Martínez Salazar, coa pretensión de ser uel reflejo del movimiento intelectual de Galicia”. Foi a revista cultural e de pensamento galeguista máis importante do momento, pois amais de acoller literatura en galego foi canle de interesantes polémicas políticas e lingüísticas nas que o centro sempre era Galicia, a súa lingua ou a súa literatura. Valladares participou con relativa frecuencia nas súas páxinas, sempre con textos inéditos ata o daquela. Nos números da revista de 1887 publicou un artigo de fondo social titulado uEmigración’, un novo grupo pequeno de 7 cantigas, 2 epigramas, tamén novos, e unha colección de 671 refráns en cinco entregas (a última xa nun exemplar do ano 1888) que titulou Refranes, proverbios y decires gallegos, recogidos por el que firma y no contenidos en la Gramática del Señor Saco-Arce. Nos números de 1888 publicou outro mangado de 21 cantigas, un apéndice ó seu refraneiro formado por 21 paremias e os artigos "Escritura gallega” e "Una reflexión”, cos que participou activamente na polémica ortográfica dese ano. Tamén entre 1888 e 1889 viu a luz, en catro entregas, aínda que sen o final, a súa novela en castelán Los tres expósitos. Valladares mantivo unha interesante relación epistolar con Martínez Salazar, que logo comentaremos, prolongada máis alá da etapa de colaboración na revista. Parte desta correspondencia gárdase na Real Academia Galega e abrangue de 1887 a 1893. Na primeira delas, de decembro de 1887, Valladares escribía ofrecéndolle un documento para a súa revista:
- Mi muy distinguido amigo: Por si de algo sirve para su revista, adjunto ese documento que hace algunos años me regalaron en Pontevedra, estando yo allí de Consegero (sic) provincial [...]. Recibí sin novedad el n° 12 de la Galicia.
Con anterioridade, en 1884 nacía en Pontevedra, seguindo a estela popular de O TÍO MARCOS, o “Somanario gallego” monolingüe O GALICIANO, promovido por Roxelio Lois Estévez, que xa ese mesmo ano convocou uns Xogos Florais bilingües e en 1886 un certame literario-musical só galego. De Valladares atopamos na revista varias colaboracións, que xa foran publicadas con anterioridade ainda que agora modificadas ortograficamente. Nas uparolas” de 1884 atopamos o poema “A.***” e os 6 epigramas, xa aparecidos en LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA; en 1885 “A Castañeira en Santiago” e en 1886, “Suidades” e uInés fiando”. En 1887 a revista reproduciu seguramente de GALICIAREVISTA REGIONAL 2 epigramas seus e en 1888, as 21 cantigas. Este ano tamén publicou dous contos que xa se editaran na GALICIA HUMORÍSTICA, "Un lobo obrigado a desempeñar varios oficios” e "O cazador e o lagarto”. O GALICIANO desapareceu en 1888 e parece que continuou como O NOVO GALICIANO (1888), onde tamén se recollen outros 3 contos xa publicados antes: aVeliños”, "Un señor e seu arrendatario” e “Os tres hirmans”. Na ourensá O TÍO MARCOS d,’A PORTELA, de Lamas Carvajal as colaboracións asinadas por Valladares son tamén textos xa aparecidos noutras publicacións, se ben agora modificados segundo as regras ortográficas que adoitaba seguir o semanario (viña coincidir coa proposta por Saco Arce na súa Gramática), e, en ocasións, mesmo con adaptacións populistas morfoléxicas baseadas no dialecto ourensán. Nos “Parrafeos” de O TÍO MáRCOS de 1877 reproduciuse “Á fonte do Pico-Sagro” nos de 1885 “A Castañeira en Santiago”, nos de 1886 uInés fiando” e en 1887, parte dos refráns publicados xa en GALICIAREVISTA REGIONAL e, desta mesma publicación, en 1888 as 21 cantigas populares. En 1888 tamén se reproducirían os contos, outras veces aparecidos, "Un lobo obrigado a desempeñar varios oficios”, “O cazador e o lagarto”, "Veliños” e os "Os tres hirmáns”. A última composición de Valladares incluída na revista é "Quieta xesta ¡Vaite coxo!”, en 1889.
Pola súa parte, na tamén monolingüe en galego A GAITA GALLEGA, que saía na Habana grazas ó empeño de Chumín de Céltigos (Ramón Armada Teixeiro) e Roque d’as Mariñas (Manuel Lugrís Freire) reproducíronse de Valladares dous contos xa publicados antes: en 1886 “Bastián e Crispín” e en 1889 “Veliños”.
Don Marcial tamén colaborou en 1889 coa lucense A MONTEIRA, "Somanario d’intreses rexionales e literatura”, dirixida por A. Montenegro Saavedra. Neste caso si sabemos que don Marcial enviou as súas propias colaboracións, que se cinguiron ó conto "Bastián e Crispín”, nunha versión que ofrece algunha modificación de Valladares e nova data (1889), e os refráns coleccionados na GALICIA, REVISTA REGIONAL, en seis entregas, agora cun novo apéndice de 38 refráns (vid. Fernández Salgado 2003b).
Aparecen igualmente textos seus en A TÍA CATUXA (1886, 1891), “Somanario chusqueiro” saído en Pontevedra grazas a R. Rivera Losada e Francisco Portela Pérez, se ben a súa historia editorial é confusa.
Asinado por Valladares atopamos en 1891 o “Conto” das fillas zarabetas que xa aparecera uns anos antes na GALICIA HUMORÍSTICA.
Xa contra o final do século colaborará na bonaerense El, ECO DE GALICIA (1892-1926), que dirixía Manuel Castro López. Nas páxinas dos exemplares de 1898 apareceron en tres entregas as ata daquela inéditas 44 “Cántigas” e o reproducido outras veces “Inés fiando”, e en 1899 dous contos xa coñecidos: “Un labrador instruído” e “O cazador e o lagarto”. O propio Castro López editaría un Almanaque Gallego dende 1898, onde incluiría a composición “Fin de romaría” (1898) ata ese intre nunca publicada. En 1898, o semanario habaneiro FOLLAS NOVAS (1897-1908) volvería reproducir “Á fonte do Pico-Sagro”.
Valladares figura na nómina de colaboradores de LA REVISTA POPULAR que se publicou en Pontevedra dende 1892 ata 1896 e temos igualmente referencias de que no xomal LA ACTUALIDAD, subtitulado Diario de Pontevedra, apareceron en 1895 dous contos transcritos por el, un en galego e outro en castelán. Finalmente, algunhas composicións poéticas súas publicáronse en “La semana Literaria” (1899), suplemento da GACETA DE SANTIAGO.
Moitas destas colaboracións foron enviadas por el a petición do editor ou por desexo propio, pero outras son, sen dúbida, reproducións das páxinas doutros xornais ou dalgunha antoloxía. Neste punto, cónstanos que don Marcial mandou orixinais a LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, GALICIA CATÓLICA, EL ECO DE GALICIA, tanto o da Habana coma o de Bos Aires, Galicia, Revista Regional, Galicia Humorística e A MONTEIRA; en cambio, temos as nosas reservas sobre as súas colaboracións nas cabeceiras monolingües de O TÍO MARCOS, A GAITA GALLEGA e O GALICIANO. Son varias as razóns que nos levan a pensar isto. Dunha banda, todos os textos valladarianos que se reproducen nestas últimas xa foran publicados con anterioridade. Alén diso, son as publicacións que máis manipulan e adaptan os escritos de Valladares ás súas propias normas gráficas. Por último, a práctica de copiar textos doutros xomais sen citalos e sen permiso era un feito habitual na prensa desta altura. O TÍO MARCOS foi das cabeceiras máis denunciadas por outras revistas, como podemos ler, por exemplo, no lugués A MONTEIRA (n° 5, 2 /11/1889, 37):
- O Tio Marcos d’a Portela sigue n-a sua de copear as composiciós con qu’os colaboradores d’A MONTEIRA honran as nosas colunas, sin dicir unha palabra, nin corresponder á nosa visita c-o cámbeo. O que n-un prencipio achacamos á esquecementos propeos d’os anos, pensamos xa hoxe qu’é malicia.
O pasamento
As derradeiras angueiras na vellez
¡Como escritor dejará
Un nombre imperecedero!
¡Quisiera el cielo que mi amigo
Sea, (en lo que cabe) eterno,
Para que aun escriba mucho,
Y en fácil prosa y buen verso
Siga cantando de firme
Como él solo sabe hacerlo.
¡Bendito sea su númen!
¡Honor al Trueba Gallego!
E. LABARTA (1888)
Os desexos expresados por Labarta (1888) ó “Trueba Gallego”, como el lle chama a Valladares, veranse certamente cumpridos, pois aínda durante a década de 1890 seguirá ucantando de firme”, se ben non versificando, si realizando outros traballos lingüísticos.
Dende finais da década de 1870, e cada vez con máis frecuencia, don Marcial comeza a queixarse da canseira física e sente chegada a vellez. En 1877, con motivo da visita do rei Afonso XII a Santiago para lle facer a ofrenda ó Apóstolo, anotou nas súas Memorias de familia (L3: cap. XIX) que non acudía porque se atopaba uviejo y algo emperezado”. Xa na década de 1890, o patrucio de Vilancosta volverá redundar nesta idea nas cartas que neste tempo lle escribe a Casto Sampedro Folgar, Andrés Martínez Salazar e a Manuel Leiras Pulpeiro. Así o fai explícito, por exemplo, no fragmento que tiramos da correspondencia establecida con Sampedro (7/11/1891), que se garda no Museo de Pontevedra:
Noutra carta a Sampedro datada do 1/8/1893, Valladares agradecíalle o regalo do libro Cantos y bailes de Galicia e contra o final volvía redundar, modestamente, na súa ancianidade inútil:
Esta inquedanza déixase ver na correspondencia que mantivo nesta década co editor e libreiro Martínez Salazar. En carta do 5 de xuño de 1893 escríbelle para agradecerlle a xenerosidade polo obsequio do libro Proezas de Galicia que acababa de reeditar con escritura fonética, ó que lle apón un defecto: ula letra tan pequeñita que fatiga la vista, especialmente á los que poca tenemos en fuerza de los muchos años”. E pasa logo a comentarlle a ortografía practicada no libriño:
Co mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro tomou contacto a principios do verán de 1893 a través de Martínez Salazar. En carta do 31 de maio deste ano, Valladares dicíalle ó editor coruñés que lera nun xornal a próxima publicación dun libro seu sobre “Episódios de la guerra de la Independencia en Galicia” e rogáballe que lle gardase un exemplar, Usiquiera no sea mas que por la famosísima batalla de Puente San Payo, en la que se halló mi señor padre como uno de los literários de Santiago”. E continúa:
Nesta carta, Valladares coméntalle diversos aspectos ortográficos e de significado a propósito dunha serie de palabras que Leiras lle remitira, xustificándolle a súa eliminación ben por xa figuraren no seu Diccionario, ou no suplemento impreso, ben por xa as ter anotadas noutras cuartillas. Das enviadas tamén lle comenta as novas acepcións que aproveitou. Con respecto á ortografía indica o seguinte:
A morte
Don Marcial deixara expresado o seu desexo de morrer no lugar nativo nunha copla que compuxera moitos anos atrás.
En Vilancosta nacín
e nela penso morrer;
de cote lle tuven lei
xuro non lla perder.
E así foi. En maio de 1903, na media noite do 19 para o 20, na soidade da casa de Vilancosta e un ano despois de que morrera a súa irmá Avelina, os ollos azuis do patrucio Marcial pecháronse para sempre: a causa, unha afección do corazón. Esa mañá as campás de Berres tangueron con tristeza, esparexendo a nova por toda a Ulla de que finara o señor de Vilancosta, xustamente no tempo do que Bouza-Brey (1970) dixo que era:
Tamén os xornais recolleron a nova da súa morte en breves artigos necrolóxicos que se facían eco dos feitos máis salientables da súa vida como político e literato. Un dos primeiros saíu en LA CORRESPONDECIA GALLEGA (20/5/1903) o mesmo día da súa morte. Nos sucesivos días foron aparecendo outros, coma este que inseriu a coruñesa REVISTA Gallega (24/5/1903):
O melancólico cantor da Ulla morreu en 1903, pero a súa alma segue pervagando polos campos da Ulla, polo castro da Ribela, pola terra de Montes, polo Pico Sagro... cantando polos ceos do Acibeiro, arrolando polos montes de Olives, outeando os solpores da súa querida e vella terra de Tabeirós.

- Dispense V. que todo vaya bastante mal escrito, pues soy muy viejo, me tiembla el pulso, no sirvo ya para estas cosas y en esta apartada aldéa no hay siquiera de quien echar mano.
- Muy señor mio: En vista de su atenta del 8 y por complacerle ahi van esas pobres melodias, parte de las que logré recoger hace 25 años, pues otra parte la remití al señor Murguía y puede V. verla, si le conviene, en la Historia de Galicia por dicho señor, tomo 1°, pájina 258 y en la Ilustracion Gallega y Asturiana, tomo 2°, pájina 38.
- En cuanto á marchas de gaita, cantos de cuna &, nada he oido, ni oigo por aquí. Hoy los cantos y musica característica del pais han desparecido: á los alalás y antiguos cantares de nuestros valles sustituyen en cantinelas castellanas, importadas de otros puntos, y á la patriarcal gaita y tamboril, bombos, platillos, clarinetes, cornetines y otros instrumentos, manejados por labriegos que tocan danzas, polkas, mazurcas &&, bajo la direccion de otro labriego que bien ó mal, aprendio á leer algo de música y por un tanto al mes recibe de Santiago partituras ya arregladas para su banda.
Noutra carta a Sampedro datada do 1/8/1893, Valladares agradecíalle o regalo do libro Cantos y bailes de Galicia e contra o final volvía redundar, modestamente, na súa ancianidade inútil:
- Agradezco sinceramente su inmerecida fina atención y desde luego me quedo con el libro; pues ningún ejemplar tenía este ya inutil viejo que solo una buena voluntad puede ofrecer á V.
Esta inquedanza déixase ver na correspondencia que mantivo nesta década co editor e libreiro Martínez Salazar. En carta do 5 de xuño de 1893 escríbelle para agradecerlle a xenerosidade polo obsequio do libro Proezas de Galicia que acababa de reeditar con escritura fonética, ó que lle apón un defecto: ula letra tan pequeñita que fatiga la vista, especialmente á los que poca tenemos en fuerza de los muchos años”. E pasa logo a comentarlle a ortografía practicada no libriño:
- Respecto á la ortografía fonética en él ensayada, ¿que quiere V. que le diga? Comprendo, por una parte, las ventajas de esa ortografía y ver, por otra; que ella ataca todo lo, sobre el particular, existente, razon poderosa para que no se generalice durante mucho, pero mucho tiempo; así que habrémos de ir viviendo y vivirán nuestros hijos y nietos con lo que otros nos dejaron; sopena de no saber á que atenernos y armar un galimatías que ni el demonio lo entienda.
- Lo principal por ahora, en mi concepto, tratándose del gallego es recoger en nuestras cuatro provincias la suma mayor posible de vocablos, completar su diccionario, escribir mucho bueno en nuestro dialecto, vigorizarle, hacer que no decaiga y dejar a otras generaciones la taréa de pulimentarle &&, no empezar por donde debe concluírse.
Co mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro tomou contacto a principios do verán de 1893 a través de Martínez Salazar. En carta do 31 de maio deste ano, Valladares dicíalle ó editor coruñés que lera nun xornal a próxima publicación dun libro seu sobre “Episódios de la guerra de la Independencia en Galicia” e rogáballe que lle gardase un exemplar, Usiquiera no sea mas que por la famosísima batalla de Puente San Payo, en la que se halló mi señor padre como uno de los literários de Santiago”. E continúa:
- ya que escribo a V., me honro la libertad de rogarle se digne manifestarme las señas del domicilio del Sr. Dn Manuel Leiras Pulpeiro, á quien pienso escribir tambien.
Nesta carta, Valladares coméntalle diversos aspectos ortográficos e de significado a propósito dunha serie de palabras que Leiras lle remitira, xustificándolle a súa eliminación ben por xa figuraren no seu Diccionario, ou no suplemento impreso, ben por xa as ter anotadas noutras cuartillas. Das enviadas tamén lle comenta as novas acepcións que aproveitou. Con respecto á ortografía indica o seguinte:
- Mi muy buen amigo: Antes de nada, y valga por lo que valiere, debo manifestar á V que no soy partidario de la x, caballo de batalla entre los escritores gallegos, y para hallar en mi diccionário muchas palabras, hay que tener presente la nota de adverténcias puesta en la primera hoja del mismo despues del prólogo. Por eso, cuando me remitió V., entre otras muchas voces, la de xesta, prescindí de ella, una vez estaba ya en el diccionário escrita con g y significando, no aliaga, sino retama, como puede verse.
- lo que mas urge, si amor tenemos á nuestro dialecto, en vísperas, quizá, de desaparecer, ó de no conocerle la madre que le parió; lo principal, repito, es coleccionar numerosas voces y definirlas, trabajo algo más molesto.
A morte
Don Marcial deixara expresado o seu desexo de morrer no lugar nativo nunha copla que compuxera moitos anos atrás.
En Vilancosta nacín
e nela penso morrer;
de cote lle tuven lei
xuro non lla perder.
E así foi. En maio de 1903, na media noite do 19 para o 20, na soidade da casa de Vilancosta e un ano despois de que morrera a súa irmá Avelina, os ollos azuis do patrucio Marcial pecháronse para sempre: a causa, unha afección do corazón. Esa mañá as campás de Berres tangueron con tristeza, esparexendo a nova por toda a Ulla de que finara o señor de Vilancosta, xustamente no tempo do que Bouza-Brey (1970) dixo que era:
- cando máis ardían as rosas de Vilancosta, cando a sementeira do millo anunciaba unha nova floración de cántigas e chovían nas augas do río Ulla as estreliñas novas da primaveira de Galiza.
- En nombre de mi madre y en el mío propio, doy a V. las mas sinceras gracias por su carta de pésame con motivo del fallecimiento de mi qdo. tío Marcial (q.p.d.).
- No quisiera que su nombre se olvidase tan pronto y que Galicia que tanto le debe en literatura, borrase de la memoria su recuerdo. Por otro lado tampoco me parece bien dar sus obras al primero que me las pide con el fin de enriquecer su biblioteca sin remuneracion ninguna para mi (He tenido de estas, dos proposiciones de periodistas). ¿Quiere V. adquirir la propiedad de todas, sin ninguna excepcion?
Tamén os xornais recolleron a nova da súa morte en breves artigos necrolóxicos que se facían eco dos feitos máis salientables da súa vida como político e literato. Un dos primeiros saíu en LA CORRESPONDECIA GALLEGA (20/5/1903) o mesmo día da súa morte. Nos sucesivos días foron aparecendo outros, coma este que inseriu a coruñesa REVISTA Gallega (24/5/1903):
- Ha fallecido en Vilancosta (Pontevedra), nuestro muy estimado amigo y erudito escritor D. Marcial Valladares Núñez. El Sr. Valladares entre otras obras de que es autor figura un Diccionario Gallego-Castellano, el mas completo de los publicados hasta el día. Descanse en paz el distinguido literato y acepte su apreciable familia con nuestro pésame la expresión de nuestro afecto.
- Apenas transcurrido un año desde la muerte de la delicada poetisa Avelina Valladares, los amantes de las glorias gallegas vuelven a estar de luto por la perdida de su preclaro hermano, el literato autor del Diccionario Gallego. Aparte del valor intrínseco de esta obra, en nuestro concepto la más acabada en su género delas que cuenta Galicia, la labor literaria de D. Marcial Valladares señálale un lugar preferente entre los que han espigado en nuestra literatura regional.
- Sí: el decano de las letras gallegas, el padre de nuestros escritores, aquel corazón noble en quien no cupo ningunha clase de bajeza, aquel espírito recto que en una famosa ocasión renunció a un alto puesto por no expoñerse á manchar su conciencia, aquel escritor fecundo e incansable en cuyas obras todas de moralidad notoria predominaban el buen gusto y, sobre todo, el espiritu cristiano, el Trueba gallego, como lo llamó Labarta, nos fue arrebatado en las primeras horas de esta mañana. [...]
- ¡Pobre Marcial Valladares! ¡Adios mi tierno amigo! ¡Adios! Ya no podré escuchar más tus sabias máximas ni tus consejos saludables! Ya no se podrá beber más en las fuentes de tu cristiana sabeduría. Tu misión en este mundo terminó: más tus obras serán eternas. ¡Pobre Marcial! [...] recibe este humilde, si, pero sincero tributo de admiración y gratitud; impresión primeira que me causó lanoticia de tu muerte.
O melancólico cantor da Ulla morreu en 1903, pero a súa alma segue pervagando polos campos da Ulla, polo castro da Ribela, pola terra de Montes, polo Pico Sagro... cantando polos ceos do Acibeiro, arrolando polos montes de Olives, outeando os solpores da súa querida e vella terra de Tabeirós.
O fio do autor no tempo
Antes ca nós, foron varios os estudosos que tamén se sentiron seducidos dalgunha maneira pola vida ou obra do polígrafo de Vilancosta. Resultan especialmente atraentes as recensións biográficas publicadas aínda en vida do autor, así coma as necrolóxicas da prensa publicadas ós poucos días do seu pasamento. Os seus redactores achegan visións particulares sobre a súa personalidade que só os que o trataron e viviron a súa época poden ofrecer.
O recoñecemento dos seus contemporáneos
Como xa mencionamos, a primeira semblanza sobre o escritor ullán foi obra de Labarta Posse. Publicouse na revista santiaguesa GALICIA HUMORÍSTICA (n° 12, 30/6/1888), na sección de uNuestros colaboradores”. O poema consta dun cento de versos de ton humorístico dividido en cinco partes, cada unha dedicada a unha época da súa vida. Na primeira ironiza coa difícil empresa que se dispón realizar:
Mas... ¡no es nada lo del ajol ¡
Gran Dios, a cuanto me atrevo!
¡Tener que hacer el resumen
De sesenta y siete inviernos!
¡Tiemblo, solo de pensarlo!
¡Animo, valor y miedo,
Que es empresa aún máis difícil
El poner la Biblia en verso,
O la Ley hipotecaria
Por música y en sonetos! [...]
Nas seguintes vai lembrando a infancia, os estudos e o desempeño de varios cargos políticos, para finalmente eloxiar o literato, que nese intre, con 67 anos, estaba a publicar na revista os seus contos folclóricos, motivo polo que o acaba denominando “Trueba gallego”. A beira do poema, na páxina seguinte, incluíase o seu busto gravado a pluma por Enrique Mayer, que reproducimos neste libro, e mais a súa sinatura.
En 1893, o xornal EL ECO DE GALICIA de Bos Aires (20/7/1893), que dirixía Castro López, acollería a primeira biografía seria sobre autor. Trátase dun artigo bastante longo en castelán titulado aD. Marcial Valladares”, que vai asinado por A.M-S. Sexa quen sexa o que se agocha tras destas iniciais (¿Amador Montenegro Saavedra?), a redacción só pode ser dunha persoa achegada ó de Vilancosta, pola información detallada que contén canto a datas, nomes, cargos ocupados, nomeamentos, informacións das súas obras... Mesmo polo estilo e perspectiva empregados nalgún treito parece que o redactor está seguindo unha biografía escrita polo propio Valladares. De xeito cronolóxico, a semblanza vainos instruíndo de quen eran seus pais, sobre os seus estudos primarios e universitarios, da estadía en Zamora, dos varios postos ocupados na Deputación de Pontevedra, do retiro da vida pública a Vilancosta e da consagración dende ese momento ual cultivo de sus amigos no menos que al de sus estudios favoritos”, como literato, lingüista e coleccionista de folclore, que lle valerían os nomeamentos de correspondente da Academia Española e de socio de mérito do “FolkLore Gallego”. Da súa obra destácase a súa colaboración en varios xornais da época e con Machado y Álvarez, e tamén da autoría de “una novelita en gallego”, Majina, e dun Diccionario, uel mejor léxico que hasta ahora posee el idioma gallego, Diccionario que es lástima grande no se decida su autor a reimprimirlo”. O artigo, que vai acompañado do debuxo de Mayer xa mencionado, remata sinalando que upor todo ello, le debe Galicia eterna gratitud”. Cinco anos despois, este mesmo xornal (.El ECO DE GALICIA, 20/8/1898) publicaría en portada e co mesmo retrato de Mayer outra recensión biográfica, agora máis breve, que non ía asinada, aínda que todo parece apuntar a que debeu ser obra do director da publicación Castro López. Este xornalista lugués, asentado na Arxentina dende finais do século XIX, aparece vencellado estreitamente á familia dos Valladares nos últimos anos do século e principios do XX. En xa que en 1897 asinaría unha biográfica sobre a súa irmá, “Avelina Valladares”, e en 1913 outra sobre o pai, aDon José Dionisio Valladares”, ambas publicadas en cadanseu número do Almanaque Gallego de Bos Aires.
Do ano da súa morte, datan varias notas e artigos necrolóxicos que lembran a vida e obra do autor de Vilancosta, como os xa mentados de La Correspondencia Gallega (20/5/1903) ou de El Regional (24/5/1903), os dous sen asinar. Neles reprodúcense de xeito resumido as principais informacións contidas nas biográficas de El ECO. Outra necrolóxica, moi sentida, debémoslla ó tamén escritor Manuel García Barros, nacido na súa mesma parroquia de Berres, no lugar de Ulla. Por veciñanza, mantivo unha relación moi achegada de discípulo-mestres con don Marcial e a súa irmá Avelina. Neles atopou os sabios consellos que o encarreiraron no camiño literario e no cultivo do galego. Por iso non dubidou na hora do seu pasamento en suspender as súas rústicas faenas e tomar a pluma nas súas escravas mans, coma o propio García Barros escribe, para trazar nunhas liñas un respectuoso tributo de admiración polos dous irmáns. En efecto, García Barros (1902) laudara a Avelina, a cantora dos vales da Ulla como el lle chama, con motivo da súa morte no xornal católico El ANCORA de Pontevedra. E igualmente fixo en 1903 con don Marcial no artigo xa citado de u¡Luto!”, escrito a mesma mañá da morte do escritor, que se publicaría uns días despois no mesmo diario pontevedrés (El AnCORA 23/5/1903). Dende estas columnas, García Barros difundía a triste nova da súa morte e recordaba como había un ano finara Avelina, ula feliz émula de Rosalía, la madre de los pobres, la mujer del Evangelio”, deixando desconsolado ó seu irmán, “como ella noble y como ella generoso”. Aludía a don Marcial como o “decano en las letras gallegas, el padre de nuestros escritores” e lembraba a súa autoría do popular uDiccionario gallego” (do cal recibira un exemplar como agasallo), da novela Majina e de infinidade de artigos, poesías e contos galegos que andaban esparexidos polas páxinas da prensa, e doutras uobras poéticas, doctrinales, filológicas, morales y recreativas” que por uexceso de modestia permanecen oscuras y ocultas en la biblioteca de la familia”. García Barros (1906) aínda se había volver acordar dos irmáns Valladares no poema "A miña Terra”, publicado no xornal El ESTRADENSE (n° 2, 22/12/1906), onde dicía:
En Vilancosta, no teu
mais constaneiro lugar
ó mundo dous xenios deche:
¡ben te podes alabar!
Dous xenios que no teu seo
se preciaron de nacer
e no teu seo viviron
e n-el quixeron morrer.
Dous xenios á quen Galicia
moito debedora ll’ está
e, co tempo, inda quen sabe
si os seus afans premiará.
A Marcial e Avelina
sempre se han de recordar
hastra que en Berres non quede
unha lengua pra falar...
Valladares visto a mediados do século XX
Xa avanzadas as primeiras décadas do século XX, Amor Meilán volveu ocuparse da vida do noso autor dedicándolle un breve capítulo das súas Biografías gallegas (apartado CLI) que, baixo o pseudónimo de Manuel Molina Mera, foron publicadas entre 1923 e 1924 en varios xornais galegos, entre eles LA VOZ DE GALICIA e LA PROVINCIA. Nesa biografía, sobrancea a súa obra literaria e lexicográfica e mais o uentrañable apego al solar nativo de Vilancosta”. Tamén comenta as dúas reimpresións do dicionario. Anos atrás, en 1887, Amor Meilán xa lle dedicara o seu relato curto “O gaiteiro d’o casal”.
En 1936, na revista cubana CüLTURA GALLEGA (n° 6, 20/6/1936), o seu director Adolfo V. Calveiro asinaría o artigo “Marcial Valladares Núñez”. O texto a tres columnas vai encabezado do retrato de E. Mayer e mais da súa rúbrica. Boa parte do artigo dedícao Calveiro a describir o Diccionario Gallego-Castellano, valéndose da información contida no seu prólogo. Destaca o seu mérito como primeiro novelista en galego e as súas colaboracións en varios xornais e revistas. Resultan novidosas as informacións que achega sobre a súa colaboración co estudoso do folclore Antonio Machado y Alvarez na obra Colección de enigmas y adivinanzas e, igualmente, as críticas á ortografía empregada nos seus escritos en canto ó uso das tres grafías <g, j, x> para representar o único fonema fricativo prepalatal xordo, que outros grafaban <x> sempre.
De 1950 é a semblanza titulada “Marcial Valladares visto literaria y politicamente”, publicada no xornal santiagués LA NOCHE (20/5/1950); a data do exemplar viña coincidir no día co 47° aniversario da morte do escritor ullán. Trátase dunha recensión interesante polas datas en que está escrita e polas referencias novidosas que achega o seu asinante, o mestre, novelista, académico e tamén estradense Manuel Bergueiro, que, segundo as súas propias palabras, coñecera a don Marcial cando el aínda era un neno. Informa Bergueiro de que caeron na súa man “una autobiografía del insigne estradense” (as Memorias de familia) e “dos cuadernos de poesías inéditas” que lle permiten observar ó escritor como “un vate exquisito”. Sobrancea da súa personalidade tres facetas: o cultivo das letras, a política e as armas, aspecto este do que di Uque obstentó el grado de teniente ayudante de la Milicia Nacional”. Moitos datos incluídos por Bergueiro tanto neste traballo coma en posteriores contribucións resultan valiosas polo seu carácter lexítimo, xa que derivan da súa consulta das Memorias, do acceso que tivo á biblioteca de Vilancosta e das informacións oídas ós Espinosa, daquela os herdeiros da casa de Valladares. Subliña o seu labor filolóxico no “Diccionario gallego” e na recollida de refráns, e a súa novela Majina, á que dedica bastantes liñas do artigo. Da súa personalidade recalca que era “hombre de gran corazón, claro talento, carácter bondadoso, encendida fe católica y recto en sus decisiones”.
Bergueiro (1954, 1970a, 1970b) aínda contribuíu ó coñecemento da vida e obra valladariana con outros tres artigos xornalísticos máis, que tampouco transcenderon na bibliografía posterior sobre o noso autor. De 1954 é a colaboración no FARO DE VlGO (20/61954), asinada como Manuel de Vicenta, que titulou "Recordando a un esclarecido escritor. Un día en casa de ‘Maiclar’”. Nel Bergueiro rememora un día en Vilancosta, alude á súa amizade con Xosé Espinosa, o sobriño-neto herdeiro de don Marcial, e detense na descrición da biblioteca. Dela di que ten “dos grandes armarios repletos de libros en los que Valladares saboreó el néctar de la ciencia y del saber en todos los aspectos del saber humano, principalmente la Literatura y la Música”, e indica que dunha parede colga o seu Diploma de ingreso na Real Academia Española. Así e todo, o dato máis destacado e novidoso é a nova de que Valladares empregou o pseudónimo de “Maiclar” para asinar algún dos seus poemarios. As outras dúas contribucións publicáronse igualmente no FARO DE VlGO en abril e xuño de 1970, coincidindo coa celebración das letras galegas que ese ano se lle dedicaba ó escritor ullán.
De 1951 é unha breve recensión biográfica sobre Valladares aparecida nunha pouco divulgada e curiosa publicación editada ese ano en
Bos Aires e que ten o honor de ser a primeira enciclopedia de carácter galego. Trátase da obra Dos mil nombres gallegos, do xornalista lugués Francisco Lanza, que, segundo indica no prólogo, ten como finalidade uservir de cimiento, base o núcleo para la ENCICLOPEDIA DE GALICIA”. O libro, redactado en castelán, contén máis de 2.000 biografías sintéticas de persoeiros galegos de diversos campos do saber e da cultura, dispostas en dobre columna. Unha das entradas reservouna Lanza (1951: 308) para "VALLADARES NÚÑEZ, (Marcial)”, a quen define como “abogado y escritor”, subliñando que cultivou uel gallego en prosa y verso”. Menciona a colaboración en varias revistas e mais a autoría de Majina, da que afirma Uque fué la primera obra de este género escrita en la lengua del país”. Tamén sobrancea a súa autoría do Diccionario Gallego-Castellano, ó que dedica dezaseis das vinteoito liñas das que consta o artigo. Na mesma páxina figuran tamén, en cadansúa entrada, a súa irmá “VALLADARES (Avelina)”, á que destina catro liñas, e mais o pai, UVALLADARES (José Dioniso)”, ó que glosa en dezaseis. As entradas conteñen algúns erros; canto a don Marcial, trabúcase no ano de nacemento (1823, en lugar de 1821) e tamén no lugar da súa morte (A Coruña, en lugar de Vilancosta, Pontevedra); e de Avelina dise erroneamente “que brilló a principios del siglo actual”, quizais por confusión con Valentina Lago Valladares, pseudónimo con que asinou a súa obra a poetisa ferrolá Hipólita Muíño.
Neste mesmo ano de 1951 publicaba Antonio Couceiro Freijomil o primeiro volume do seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores, que se completaría con outros dous volumes en 1952 e 1954, respectivamente. A entrada de “VallADARES NÚÑEZ, Marcial” figura no tomo III (1954: 444), antecedida pola de súa irmá Avelina e seguida pola de seu irmán Sergio. No artigo repítese basicamente a información xa aparecida noutras biografías anteriores, ben que completando e precisando algúns deses datos. Sinala a súa cooperación na prensa da época, con Madoz e con Machado y Alvarez, apartado no que, novidosamente, comenta a súa participación no tomo IV da Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas. Recalca a Valladares como autor da primeira novela galega e, a diferenza doutros biógrafos, pon de relevo a súa actividade como poeta. Ademais, achega a información de que moitos dos seus traballos permanecen inéditos (en 1954) e recoñece, igual cá maioría dos biógrafos, que o que máis fama e gloria lle deu foi o seu Diccionario.
A homenaxe do “Día das letras galegas” de 1970
O 17 de maio de 1963, co gallo de se cumpriren os 100 anos da publicación dos Cantares gallegos rosalianos, a Academia Galega instituía a conmemoración do "Día das letras galegas”, que se dedicaría anualmente a unha personalidade literaria cultivadora da lingua galega. O primeiro ano foi dedicado a Rosalía de Castro, como non podía ser doutro xeito, e dende aquela todos os anos se lembra a figura dun escritor galego. A poetisa padronesa seguiron Castelao, Pondal, Añón, Curros, Cuevillas e Noriega Varela, que foi o ultimo agasallado da década de 1960. Entrado 1970, a Academia elixiu a Marcial Valladares como oitavo homenaxeado, o que redundou nun mellor coñecemento da súa personalidade e dos seus traballos. Con ese motivo publicáronse varios títulos seus, as páxinas dos principais xornais e revistas galegas acolleron recensións e pequenos estudos sobre a súa vida e obra e, igualmente, ditáronse algunhas conferencias con este asunto.
En efecto, neste ano de celebracións saíron do prelo algunhas obras do escritor inéditas ata daquela. Como tal, a Real Academia Galega deu publicidade á súa colección de poesía popular no libriño Cantigueiro popular (1970), que contiña material xa coñecido xunto a outro inédito, coma as “Cantigas da Ulla”. Pola súa parte, tamén viu a luz o seu texto gramatical Elementos de Gramática Gallega (1970), editados pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia, e, grazas a esta última casa editora, publicouse por primeira vez nun volume Maxina ou a filla espúrea (1970), preparada por Carballo Calero (1970c). Todas estas publicacións ofrecen breves, pero atractivos prólogos que serven de recordatorio da vida e obra do autor.
Os principais xornais galegos de 1970 arredor das datas do 17 de maio tamén dedicaron follas especiais ó homenaxeado. No especial do FARO DE VlGO (17/5/1970) participaron Salvador Lorenzana (F. Fernández del Riego) con “O Renacimento idiomático de Galicia”, Franco Grande con “Unha carta inédita de Marcial Valladares a Manuel Leiras Pulpeiro” e Carballo Calero, de quen se reproduciu o prólogo da súa edición de Maxina (1970), saída un día antes dos obradoiros deste xornal. Pola súa banda, Alonso Montero recordaba a irmá do homenaxeado, "A poetisa Avelina Valladares”, e o seu poema "Miña joya”. Unhas semanas antes, tamén no FARO DE VlGO, Manuel Bergueiro volvera publicar outras dúas recensións sobre o escritor: uMarcial Valladares” (FARO DE VlGO, 18/4/1970), que vén ser un cadro sinóptico co máis sobresaínte da biografía do autor, e “Semblanza Valladarista” (FARO DE VlGO, 7/5/1970), no que recolle algunhas notas sobre as afeccións do escritor á caza, á pesca e á música, amais das propiamente literarias.
Na súa edición compostelá, El CORREO GALLEGO (17/5/70) dedicou ó acontecemento un extra titulado "Día das Letras Galegas”. Boa parte del consagrábase a lembrar a significación do día e a recensionar con breves biografías todos os homenaxeados ata 1970, Valladares incluído. O agasallado dedicáballe Acisclo Laxe Brañas o artigo "Perfil humán de Marcial Valladares”, no que subliñaba a idea de que toda a súa produción literaria “é popular e xira en torno do pobo e asuntos e personaxes populares, e para ilustralo reproduce “A castañeira en Santiago”, unha das poesías valladarianas máis afamadas. A páxina completábase co programa de actos ese día na Estrada, as colaboracións de García-Bodaño co artigo "Valladares na nosa concencia”, centrada no Diccionario, a de Luís Bouza-Brey, que comentaba o papel da Academia no titulado "Aos amigos da Real Academia Galega”, e o recorte publicitario "O señor de Vilancosta”, coa noticia do traballo de Carballo Calero (1970a) titulado "O señor de Vilancosta. Loubanza de don Marcial Valladares Núñez no Día das Letras Galegas”, que servira de homenaxe da Universidade compostelá ó autor.
Pola súa banda, en La Voz DE GALICIA (5/6/1970) recolléronse varias informacións dun concurso literario sobre o autor homenaxeado e anuncios sobre os actos de celebración do día. Amais, Victoria Armesto asinaba a colaboración “Maxina”, na que facía unha sintética lembranza do “escritor erudito, folclorista e poeta”, deténdose brevemente na novela e na edición preparada por Carballo Calero, que acababa de saír. Dela afirmaba que “es un librito pequeño con una portada muy 6in’ y que se lee con mucha facilidad”. E puntualiza que a historia precisaba dun final feliz, como a obra de Terencio en que Filomena descobre “que su forzador es su propio esposo Pánfilo”. .
Igualmente, foron varios os traballos incluídos nos números dese ano da revista Grial. Marino Dónega (1970) asina o titulado uUn viaxe á Galicia do século XIX, narrado por D. Marcial Valladares Núñez”, que reproducía un anaco do libro de Memorias de familia; Mercedes Brea (1970), a recensión “Sobre Maxina”; e Carballo Calero (1970b), outra sobre os Elementos de Gramática Gallega.
Dos actos do día 17 de maio na vila da Estrada, interésanos o celebrado ás 5 tarde no paraninfo do Instituto de Ensino Medio, consistente nunha conferencia a cargo do académico Fermín Bouza-Brey (1970). O discurso publicouse logo no Boletín da Academia co título de “Semblanza de Marcial Valladares”. Era don Fermín bo coñecedor do fidalgo ullán, sobre todo da folclórica, da cal unha parte dela xa a dera a coñecer nun traballo de 1956 titulado "Achegos pra a bibriografía de Marcial Valladares como etnógrafo”. Bouza-Brey tratárase cos sobriños-netos de don Marcial durante a súa estadía como xuíz por terras da Estrada e ten escrito que nalgunhas tardes de outono gustaba de facer pequenas escapadas á ribeira da Ulla e deixarse caer pola casa de Vilancosta para, en pausada parola, conversar con algún dos herdeiros sobre as miudezas dos Valladares e follear algúns dos cadernos autógrafos que nesa altura aínda permanecían inéditos. Na gabanciosa semblanza de Bouza-Brey, fantasiosa nalgúns anacos, afloran detalles interesantes sobre a súa fonda relixiosidade, do trato cos caseiros e das súas teimas de amor xuvenil.
Un clásico do Rexurdimento ás portas do século XXI
Xa nas dúas últimas décadas do século XX, as páxinas de dúas obras de carácter enciclopédico acolleron cadansúa bio-bibliografía sobre o autor da Estrada que, ben que sucintas, incorporaron novas revelacións tiradas das investigacións máis recentes. Dunha banda, Luís González Blasco, baixo as siglas L.G.B., asinou o artigo da entrada "VALLADARES NÚÑEZ, MARCIAL” da Gran Enciclopedia Gallega. Nel parece seguir as liñas de Couceiro (1951-54) no groso da información bio-biliográfica, a Bouza-Brey (1954) na folclórica, e a Carballo Calero (1970, 1981) na faceta de literato e lingüista. A súa nova máis salientable refírese ó Diccionario Gallego-Castellano, ó rebater a información de Couceiro sobre a data de nomeamento de Valladares como correspondente da Real Academia Española.
Pola súa parte, en 1995 un equipo de nove redactores, coordinado por Dolores Vilavedra (1995), publicaba na editorial Galaxia o primeiro tomo do Diccionario da Literatura Galega, dedicado a “Autores”. Na entrada destácanse as colaboracións na prensa da época, o traballo de compilación de literatura popular, a faceta como poeta apouco divulgada e de difícil acceso mesmo hoxe en día”, o labor como gramático, a ¿6magna contribución lexicográfica” e a súa faceta de novelista, á que lle concede un terzo do artigo. Aí aparecen os datos máis novidosos, sinalando que é pola súa novela Majina polo que o autor é hoxe en día máis celebrado e estudado. Baseándose no estudo literario de Tarrío et al. (1991), fíxase a súa data de redacción en 1870.
Sobre a novela de Valladares existen dous estudos máis. O de Dobarro Paz et al. (1987) precede a súa edición de Maxina e nel recóllese unha sinopse da vida do autor que, malia ser esquemática, resulta novidosa nas informacións achegadas sobre os seus estudos de Filosofía en Ourense e a súa participación no xurado dos primeiros Xogos Florais celebrados en Pontevedra. O outro traballo é a edición de Maxina de Tarrío et al. (1991), na introdución da cal resulta particularmente interesante o estudo literario da noveliña. Ofrécense tamén informacións sobre a vida e a obra do escritor e algunhas pinceladas sobre a lingua.
A finais do século XX e xa nos albores do XXI, a personalidade e os escritos de Valladares seguen a recibir novas revisións por parte dos investigadores. Nas últimas décadas examinaron a obra poética A. Marco (1986) e Ma C. Ríos Panisse (2000); máis recente é o noso estudo e edición (Fernández Salgado 2003a), que compila airedor de medio cento de composieións inéditas e dispersas en publicacións da época.
A súa obra Elementos de Gramática Gallega mereceron a recensión de Carballo Calero (1970) o ano da súa publicación, un apartado no traballo de Santamarina (1974b) na entrada "Gramática” da Gran Enciclopedia Galega e outro no de Henríquez Salido (1986), dedicado ás gramáticas do galego do XIX. Tamén se ofrecen abondosas referencias ó texto gramatical de Valladares na tese de doutoramento de González Seoane (1992), no artigo de Rodrígues de Castro (1993) e no capítulo que lle dedicamos recentemente na nosa propia tese (Fernández Salgado 2002: 290-355) e mais no artigo de 2004c.
O seu Diccionario Gallego-Castellano fora felicitado ó pouco de saír por W.A. Insua (1884) e Soto Campos (1884) e gabado en 1887 por Menéndez Pelayo (1956). Na actualidade mereceu tamén a atención de Santamarina (1970a, 2.000), na entrada de uDiccionarios” da Gran
Enciclopedia Galega, e mais no seu traballo Diccionario de Diccionarios. Igualmente, no ano 2.000 García Ares (s.d.) editou, cun amplo estudo introdutorio, o Nuevo Suplemento al Diccionario Gallego-Castellano publicado en 1884, que reproduce as varias adicións inéditas que Valladares fora confeccionando maiormente durante a década de 1890. Tamén contamos coas achegas de Sánchez Palomino (1999) sobre as ideas que sustentan o Diccionario, e a de González Orejón (2000) sobre as coincidencias entre o dicionario da Real Academia Española e o do noso autor. O último traballo sobre o Diccionario de Yalladares é o capítulo que lle dedicamos na nosa tese de doutoramento (Femández Salgado 2002: 230-288) reformado en 2004b.
Durante todo o ano 2003, o Concello da Estrada celebrou varios actos de recordanza da súa persoa e da súa obra, coincidindo co centenario da súa morte. E destacable a publicación do seu Cantigueiro Popular en edición de Luna Sanmartín.
Estudos sobre outros membros da familia Valladares
Xa nos referimos anteriormente ós traballos de Castro López (1898, 1913) sobre Avelina e sobre don José Valladares, publicadas no Almanaque gallego bonaerense. Igualmente, con ocasión da morte da poetisa da familia en 1902, dous paisanos seus choraron a súa desaparición e glosaron a súa personalidade en cadansúa necrolóxica: a de García Barros (1902), publicada en El ANCORA de Pontevedra (22/3/1902) e posteriormente tamén El ECO DE GALICIA da Habana (19/4/1902); e a de Álvarez Insua (1902), incluída na coruñesa REVISTA GALLEGA (27/4/1902). Tamén recolleu a triste noticia El ECO DE GALICIA de Bos Aires (20/4/1902), que, se ben non vai asinado, sospeitamos que o redactor debeu ser Castro López. Xa con motivo do centenario do seu nacemento, lembrouse dela o seu sobriño-neto político Antón Losada Diéguez (1925) no recordatorio “N’a súa memoria”, aparecido no estradense El EMIGRADO (24/10/1925). Máis actuais son as contribucións de Alonso Montero (1977), Filgueira Valverde (1981) e A. Marco (1984), nas que se mesturan as referencias biográficas coas análises da súa obra poética. O último estudo sobre a “cantora do Ulla” débese a Luna Sanmartín (2000).

Fin de romaría
O bailotéo acabóu,
meniñas, non vos marchés,
qu’eu para a casa non vóu,
s’aquí cantar vós querés.
Meniñas, volvede atrás;
eu tamén quero cantar,
e, anque non son ja rapás,
inda vos sei atrujar.
¡Hu-hu-húi!
MARCIAL VALLADARES (1898)
Con este versos de "Fin de romaría”, que premonitoriamente son os últimos que o poeta de Vilancosta publica en vida, quixemos principiar esta última sección que dá cabo ó noso percorrido pola súa vida e obra.
Un século despois da súa morte, Marcial Valladares debe pervivir na memoria das letras galegas como autor dunha obra única que conxuga lingüística e literatura en galego no século XIX. O interese de Valladares pola lingua maniféstase na súa temperá actividade como rexistrador da cultura popular do seu país da Ulla, labor este ó que dedicou unha parte importante da súa vida, xa fose recollendo en cantigueiros as súas melodías, cantigas, refráns e adiviñas, xa anotando modismos e ditos para o dicionario, xa transcribindo contos populares. Esta tarefa de coleccionador de folclore foi co tempo cedendo protagonismo ás outras súas de lexicógrafo e de gramático. E certamente, na lingüística galega decimonónica, Valladares sobrancea por ser o redactor do Diccionario Gallego-Castellano (1884), o mellor do seu tempo, dos apuntamentos gramaticais Elementos de Gramática Gallega (1892), e de varios artigos sobre a codificación escrita do galego que apareceron publicados na prensa do seu tempo. Como literato, o cantor dos vales do Ulla é un precursor no cultivo da literatura galega do século XIX, primeiramente no xénero lírico por volta da década de 1840 e, posteriormente, xa contra o último cuarto do século, no xénero narrativo, no que ten a honra de ser o autor da primeira novela galega moderna, Majina ou a filla espúrea (1870), publicada en 1880. O xornalismo, a tradución, a botánica, a historia, a economía, a xeografía, a música... son algunhas disciplinas ás que se adscriben outros títulos menores da súa extensa e dilatada carreira como escritor durante máis de sesenta anos. Pero neste noso ensaio biográfico tamén quixemos achegarnos á súa faciana humana e pública, a que agroma cando folleamos as páxinas das súas voluminosas Memorias de familia. Nesta autobiografía manuscrita, aínda inédita, relátanse os lugares en que viviu a familia, a señardade polo eido nativo ullán, as ocupacións e postos desempeñados na Administración en Zamora e Pontevedra, os nacementos de novos membros da familia, as vodas das irmás, os funerais dos máis achegados, as viaxes.... ou a visita dalgunha amizade a casa de Vilancosta, que viña romper a monotonía naquel recuncho da Ulla.
As Memorias acollen tamén moitos anacos de reflexións e confidencias íntimas do autor, propias do diario, que axudan a enxergar mellor a súa personalidade. Descubrimos os seus gustos e afeccións, coma a música e a caza, o amor á Natureza ou a devoción pola terra que o vira nacer. Sabemos tamén do seu alistamento cando era mozo universitario na milicia do exército por uns meses, as profundas conviccións relixiosas da familia así coma a devoción pola Virxe da Guía. Revélasennos as súas lecturas favoritas, entre as que se atopaban os literatos románticos e costumistas casteláns, como Mesonero Romanos, Moratín e Larra, e os franceses Lamartine e Chateaubriand. Era tamén un apaixonado dos libros de biografías de grandes homes, que sen dúbida o aguilloaron para el mesmo comezar o relato das propias Memorias familiares.
As páxinas das Memorias translocen unha personalidade de Valladares na que se mesturan pinceladas de home do seu tempo, universitario, educado cos libros da época que falaban de romanticismo, liberdade, individualismo, sentimentalismo, amor á natureza, cristianismo... con outras propias da posición social que ocupa, como membro dunha distinguida familia acomodada das terras da Ulla, nucleada pola figura do pai militar que deixou impronta na personalidade dos fillos. Por iso Valladares se amosa como un home culto, pero amante do popular; recto e íntegro de principios e amante das tradicións; virtuoso no sentido de xeneroso cos seus veciños e amigos, e meticuloso e ordenado nos seus traballos e angueiras. Déixanse ver escintileos dunha persoa sensible, tímida, soidosa e introvertida, riscos estes do seu carácter que se foron acentuando co paso do tempo. Non obstante, iso non impide que se mostre outras veces como unha persoa egocéntrica e orgullosa, segundo corresponde á posición social da que parte.
En fin, a lectura do diario familiar permítenos tracexar longos períodos da xuventude e madureza de Valladares dos que apenas había novas. Por exemplo, puidemos reconstruír a súa etapa de formación universitaria en Compostela (1833-1842), que veu coincidir co rexurdir da Academia Literaria da cidade e co intre en que se está a conformar a ideoloxía provincialista. Temos coñecemento dos seus primeiros postos na Administración ó abeiro do pai, a súa estancia en Zamora (1844-1850), a subseguinte volta a Galicia e o desempeño de diferentes cargos públicos e políticos na Deputación provincial de Pontevedra (1852-1866).
Foi Valladares un home con vocación por escoitar e escribir, pero escribir por pracer propio, mais ca por ánimo de que a súa obra fose compartida co lector. Pode ser iso o que en parte explique o porqué de que as súas obras máis sobranceiras permanecesen inéditas na súa biblioteca de Vilancosta longo tempo despois de estaren rematas. No caso da novela Majina pasan dez anos entre a data de escrita (1870) e a de publicación (1880), e de feito non se volve publicar ata 1970; do Diccionario Gallego-Castellano afirma ter disposta unha primeira versión en 1869, pero non se publica ata 1884; e os Elementos de Gramática Gallega, de 1892, non serán publicados ata 1970. Igualmente parte das poesías coas que se inicia como literato permaneceron sen imprimir durante bastante tempo: os seus primeiros versos en galego datan de principios de 1840, pero non viron luz ata as décadas seguintes, cando a recepción cara á lingua vernácula era máis favorable. En definitiva, só parte da súa colección folclórica coñeceu difusión no seu propio tempo, a pesar de que o momento histórico do século XIX era propicio.
O conxunto da súa obra atopa verdadeiro sentido no contexto europeo e galego do século XIX en que é concibida. Na súa orixe está a asunción dos presupostos ideolóxicos e estéticos dos grandes movementos que percorren a Europa decimonónica, en especial os da primeira metade do século, dos cales o romanticismo e o costumismo teñen un peso esencial. Moitos dos tópicos románticos, coma o culto ó "eu”, as ansias de liberdade, o idealismo, o sentimentalismo, a evocación de tempos pasados, a exaltación do tradicional e do popular, o descubrimento da paisaxe e, en xeral, a volta á Natureza e ás orixes, están presentes na obra do polígrafo de Vilancosta. Do costumismo deriva o seu gusto polas descricións paisaxísticas e os retratos de tipos populares que podemos ler nas páxinas dalgúns do seus cadernos de viaxes, aínda inéditos, ou na propia narración de Majina. E tamén importante ter en conta o nacemento da ciencia do folclore, que cobra especial importancia en Galicia a finais da década de 1870 e principios da de 1880 grazas ó labor desenvolto por Murguía, Machado y Alvarez, Saco Arce, Pérez Ballesteros, Pardo Bazán e o propio
Valladares, tamén neste aspecto un dos primeiros coleccionadores de folclore en Galicia, xa dende a década de 1860. Seguindo o ronsel iniciado a principios de século en Alemaña polos irmáns Grimm, as recollas de textos populares revelaron á par de valores lingüísticos outros de carácter cultural básicos referidos a crenzas e costumes con raizame nalgún caso en mitos universais. E agora cando a colección de contos, cantigas, refráns... deixa de se facer só por unha curiosidade eminentemente literaria e cultural e pasa a convertese nunha ferramenta primordial en que estear as orixes e historia dun pobo como Galicia.
En fin, a obra de Valladares fai parte do movemento de renacencia da lingua e literatura galegas do século XIX que se vén coñecendo como Rexurdimento. Polas décadas centrais do século, ideoloxicamente, á súa obra asume os principios do provincialismo e, posteriormente, xa na década dos oitenta, os do rexionalismo. E neste último período cando se dan a coñecer as súas obras principais; de feito, Majina, o Diccionario e os inéditos Elementos de Gramática Gallega xustifícaos polo seu amor a Galicia e co propósito de contribuír á dignificación da lingua.
Sobre as actividades de Valladares sobrevoa a idea dun coleccionista erudito, señardoso, que quere xuntar o maior número de mostras a fin de deixar constancia delas por mor do medo a que desaparezan. Como folclorista transcribe as creacións literarias do pobo, como lexicógrafo anota palabras sobre todo da fala viva e como gramático rexistra ademais das formas propias da súa fala da Ulla as dos dialectos galegos que coñece e de que lle dan noticia. Mesmo o seu “conto-noveliña” Majina pode ser presentada como un gran álbum de mostras lingüísticas, literarias e musicais. Alí reproduce dúas cantigas, unha melodía, unha ducia de refráns, diversas escenas costumistas, diferentes rexistros da fala, dúas linguas diferentes e unha riqueza de vocabulario coa que quere demostrar o dominio do léxico vivo do galego. E é que, o noso ver, o seu amor polo folclore é a matriz da que derivan as súas outras facetas.
Valladares é visto polos estudosos que se achegaron á súa obra como un polígrafo, ben que en cada época se destacan unhas facetas
máis ca outras. Para os seus coetáneos foi recoñecido sobre todo como lexicógrafo e colector do folclore. O dedicárselle o “Día das letras galegas” de 1970, o coñecemento da súa obra e da súa personalidade recibiron un importante pulo, ó que contribuíron sobranceiramente Carballo Calero, que tratou da súa faceta literaria; Bouza-Brey, que nos redescubriu a de folclorista; e Bergueiro, que achegou moitos detalles sobre a súa biografía, malia a non transcenderen en estudos posteriores. A notoriedade adquirida polo autor de Vilancosta como poeta, e sobre todo como novelista, non é subliñada ata tempos máis recentes e débese, sobre todo, ó feito de que sexa con Majina ou a filla espúrea o primeiro en publicar unha novela en galego.
Manuel Bergueiro lembra na súa semblanza sobre Valladares que os seus conveciños de Vilancosta dicían do “señor da casa grande” que "fala cos carballos, cas viñas, cas estrelas; escoita as fontes, os ríos, os ventos... e despois, escribe todo”. E don Marcial foi, certamente, un escritor pero, ademais, tal como se pode ver pola súa obra, foi ante todo un escoitador de como falaban os galegos do seu século.

Bibliografía
lObra de Marcial Valladares
A obra literaria Obra poética
A obra literaria Obra poética
- [1842]: Enredos poéticos por M. V. (ms.).
- [1842]: Álbum: Poesta de Maiclar (ms.).
- [1842-1862]: Juguetes poéticos (ms.).
- 1842: “Recoge, recoge”. Las Musas del Lérez, Pontevedra, 5 (11/9/1842). [Publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 239.] [En castelán].
- [1843]: “Cántiga á un cazador” (ms.).
- [1844] 2003: “Á un paxariño”. En X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 119-120. [Copiado en 1856 en Composiciones Gallegas (ms.).]
- [1845] 1862: “Suidades. Á C...”. Álbum de la Caridad, 299-300. [Copiado en 1865 en J. Casal Lois, Colección de poesías gallegas de diversos autores (ms.), 177-179; publicado tm. en 1885 como “Soedades. A Carme” en El Eco de Galicia, A Habana, 178 (22/12/1885), 6; en 1886 en O Galiciano, Pontevedra, 68 (1/1886); en 1906 en Fray Prudencio, Caldas de Reis, 423 (19/5/1906); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 121-123.]
- [1846] 2003: “A un cementerio en Madrid el día de difuntos”. En X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 124-126. [Copiado en 1856 en Composiciones Gallegas (ms.).]
- [c.1846] 2003: “Taresa é Tomás”. En X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 130132. [Copiado en 1856 en Composiciones Gallegas (ms.).]
- [c. 1846] 2003: “Un-a frol”. En X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 133-134. [Copiado en 1856 en Composiciones Gallegas (ms.).]
- [1848] 1862 : “Á miña aldéa”. Álbum de la Caridad, 147. [Copiado en 1856 en Composiciones Gallegas (ms.); en 1865 en J. Casal Lois, Colección depoesias gallegas de diversos autores (ms.), 79; publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 127-129.]
- [1848]: uSoño” (ms.).
- 1851: “Un recordo”. El Eco de Galicia, Santiago, 53 (27/8/1851). [Publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 135-142.]
- [1851]: “Rula de tempran niñada” (ms.).
- [1851] 1861: “A Fonte do Pico-Sagro”. Galicia. Revista Universal de este Reino, A Coruña, 19 (1/7/1861). [Copiado en 1856 como “A un-a Fonte ou PicoSagro” en Composiciones Gallegas (ms.); publicado tm. en 1862 enAlbum de la Caridad, 272-273; en 1865 en J. Casal Lois, Colección de poesías gallegas de diversos autores (ms.), 174-177; en 1868 en J. A. Saco Arce, Gramática gallega, 308-311; en 1876 en O Tío Marcos d’a Portela, Ourense, en 1898 enFollas Novas, A Habana, 62 (7/8/1898), 2; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 143-149.]
- 1851: “La Rosquillera”. El Eco de Galicia, Santiago, 71 (29/9/1851). [Publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 245247.] [En castelán].
- [1851] 2003: “Zamora tiene una flor”. En X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 242-244. [Copiado en Memorias de familia (ms.), Libro segundo, cap. VII.] [En castelán].
- [1851] 1852: “Ó Excmo. Señor Don Nicolás de Azara e Pereira”. En Basilio Sebastián Castellanos, Glorias de Azara en el siglo XIX [...]. Corona, que los poetas, orientalistas, hombres politicos j artistas españoles, consagran al espresado señor..., vol. I, Imprenta de D. B. González.
- [1853] 1862: “A.***”. Álbum de la Caridad, 325-327. [Publicado tm. en 1862 en Galicia. Revista Universal de este Reino, A Coruña, 1 (1/9/1862); en 1865 en J. Casal Lois, Colección de poesías gallegas de diversos autores (ms.), 179-181; en 1906 en Fraj Prudencio, Caldas de Reis (28/7/1906); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 150-156.]
- [1856] : Composiciones gallegas (ms.). Real Academia Galega, Colec. Irmáns de la Iglesia. [Publicado en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía.]
- [1855] 1856: “Gozos”. Novena a la Santísima Virgen de la Guía. Santiago: Imp. y Lit. de D. Juan Rey Romero, 33-38. [Publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesta, 248-251.] [En castelán].
- [c.1867] 1884: “Epigrama. Indo Ana po-la calle”. En M. Valladares, Diccionario Gallego-Castellano, s.v. ALMIBRE. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 207; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 134.]
- [c.1867] 1884: aUn rapás”. En M. Valladares, Diccionario Gallego-Castellano, s.v. DIJO M0IT0, ZAS. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popularpor Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 207; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 134.]
- [1875] 2003: “A Romería a Santiago de Compostela”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 194-208. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [1875-1878] 2003: “Epigramas I-L”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 209-224]. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Bebendo ond’eu m’atopaba”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 95. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en O Galiciano, Pontevedra 18 (15/12/1884); en 1936 en Cultura gallega, A Habana, 1 (5/4/1936); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 208; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 210.]
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Pidíndoll’á un labrador”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 95. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en O Galiciano, Pontevedra, 18 (15/12/1884); en 1936 en Cultura gallega, A Habana, 1, 5/4/1936; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 208; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 223.]
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Consultou con don Alejo”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 95. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en O Galiciano, Pontevedra, 18 (15/12/1884); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 209; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 251-254.].
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Co-a vinageira n’a man”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 425. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en O Galiciano, Pontevedra, 18 (5/12/1884); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 209; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 209.]
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Indo as uvas eu á ver”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 425. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en O Galiciano, Pontevedra, 18 (15/12/1884)]; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 210; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 217.]
- [1875-1878] 1881: “Epigrama. Pepiño rompe un cristal”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. III, 425. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en O Galiciano, Pontevedra, 18 (15/12/1884); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 210; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 223.]
- [1878] 2003: “Á memoria de Da. María da Saleta Velón Valladares”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 225-226. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- 1879: ‘A.***”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. I, 56-57. [Publicado tm. en 1883 en El Eco de Galicia, A Habana, 59 (11/8/1883); en 1884 en O Galiciano, Pontevedra, 17 (8/12/1884); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 157-160.].
- 1879: “Inés fiando”. La Ilustración Gallega j Asturiana, Madrid, t. I, 200-201. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1886 en O Galiciano, Pontevedra, 75 (23/2/1886); en 1886 en O Tío Marcos d’a Portela, Ourense, 118 (7/3/1886); en 1898 en El Eco de Galicia, Bos Aires (20/9/1898); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 161-165; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 226-230.]
- [1879] 1883: “Unha tarde n’a Ulliña”. Galicia Católica, Santiago, 17 (15/10/1883). [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 557; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 178-182; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 230-233.]
- [1879] 2003: “Romance. Pretiño da miña casa”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 234-235. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [1879] 1883: “Romance. Levanteime unha mañán”. Galicia Católica, Santiago, 9 (15/6/1883). [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 555; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 174-177; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 236-238.]
- [1879] 2003: “Á Fontiña do Suspiro”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 238-242. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- 1879: 6íQuieta gesta ¡Vaite cojo!”. La Ilustración Gallega y Asturiana, Madrid, t I, 400. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popularpor Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1880 en El Eco de Galicia, Habana, 92; en 1889 en O Tío Marcos d’a Portela, Ourense, 280 (16/6/1889); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 166-170; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 242-245.]
- [c.1879] 1888: “Os dous ratos”. Galicia Humorística, Santiago, 10 (30/5/1888), 300. [Copiado en 1879 enApéndice ó Cantigueiropopularpor Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en Suevia, A Habana, 4 (25/9/1910), 11; en 1981, X. Alonso Montero, Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados, 152-154; en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 557558; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 199-200; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 279. [c.1879] 1884: aA Garza e o Carrizo”. Revista de la Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago. Especial El Primer Centenario, 5, 7-8. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 195-198; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 299.]
- [1880] 1883: “Terriña por terra”. El Eco de Galicia, A Habana, 54 (8/7/1883).[Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 555; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 183-188; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 245-249.]
- [1880] 2003: “Fidel Argalla e Diego Rantes”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 250-251. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [1880] 1888: “Bribonada”. Galicia Humorística, Santiago, 2 (30/1/1888), 58. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 559; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 201-204; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 251-254.].
- [1881] 1882: “A castañeira en Santiago”. En F. Portela Pérez, Colección de poesías gallegas de varios autores, 6-7. [Copiado en 1867 en Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1885 en O Galiciano, Pontevedra 44 (1/7/1885); en 1885 en O Tío Marcos d’a Portela, Ourense, 108 (13/12/1885); en 1886 en A. de la Iglesia (ed.), El Idioma Gallego. Su antigüedad j vida, t. III, 79-81; en 1900, El Eco de Galicia, A Habana, 920 (17/3/1900); en 1908 en A Nosa Terra, 43 (18/6/1908); en 1911 en E. Carré Aldao, Literatura gallega, 303; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 171-173; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 254-256.].
- 1883: “A la memoria de Andrés Muruais”. Corona junebre á la memoria del llorado poeta gallego Andrés Muruais, 83. [Publicado tm. en 1940 en Cultura gallega, A Habana, 77-79, 16; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 252.] [En castelán].
- 1883: “Rosa e Sabela”. El Eco de Galicia, A Habana, 69 (21/10/1883). [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1884 en La Unión Gallega, Montevideo (14/2/1884); en 1888 en Galicia Humorística, Santiago, t. II, 3 (15/9/1888), 80; en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 557; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 189; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 385.]
- 1883: “Nai e filla”. El Eco de Galicia, A Habana, 74 (25/11/1883). [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popularpor Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Mareo, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 558; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 190-194; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 385-388.]
- 2003 “Unha noite”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiropopular, 389-391. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiropopularpor Dn. M.V.N. (ms.).]
- [c. 1886] 2003: “Epigramas. I-VIII”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 389-391. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [c. 1886] 1887: “Epigrama: Confesándose Manuela”. Galicia. Revista Regional, A Coruña, 8 (8/1887). [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiropopular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en O Galiciano, Pontevedra, 189, 4/9/1887; en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 561; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 211; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 389.]. [c. 1886] 1887: “Epigrama. Preguntou un d’á cabalo”. Galicia. Revista Regional, 8 (8/1887). [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en O Galiciano, Pontevedra, 189, 4/9/1887; en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 561-562; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 211; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 391.]
- [c. 1887] 2003: “Epigramas. I-XII”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 393-396. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- [c.1887] 1888: “Epigrama. Unha tarde en qu’eu sentía”. Galicia Humorística, Santiago, 5 (15/3/1888) 153. [Copiado en 1879 enApéndice ó Cantigueiro popularpor Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. 1910 en Suevia, A Habana, 5 (2/10/1910); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 212; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 393.]
- [c.1887] 1888: “Epigrama. Apeándos’ en Santiago”. Galicia Humorística, Santiago, 5 (15/3/1888) 153. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1910 en Suevia, A Habana, 5 (2/10/1910); en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 212; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 393.]
- [c.1887] 1888: “Epigrama. Falabase n’un adral”. Galicia Humorística, Santiago, t. II, 3 (15/9/1888), 80. [Copiado en 1879 enApéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 213; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 393.]
- [c.1887] 1888: “Epigrama. Chamando miña atencion”. Galicia Humorística, Santiago, t. II, 3 (15/9/1888), 80. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 213; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 394.]
- [c.1887] 1888: “Epigrama. Dijo Simplicio á Bieita”. Galicia Humoristica, Santiago, t. II, 3 (15/9/1888), 80. [Copiado en 1879 en Apéndice ó CantigueiropopularporDn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 214; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 394.]
- [c.1887] 1956: “Vilancosta-Cantigas”. En F. Bouza-Brey, “Achegos pra a bibriografia de Marcial Valladares como etnógrafo”, 18-20. [Publicado tm. en 1970 en Cantigueiro popular. 67-69; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 216-221.]
- [c. 1887] 1888: “Epigrama. Ríanse dous mozalbetes”. Galicia. Revista Regional, A Coruña, II, 8, 8/1888, 399. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 214-215.]
- [1891] 1951: “A Rousalía”. En F. Bouza-Brey, “Poesía gallega inédita de Marcial Valladares a Rosalía de Castro”, CEG, t. XIX, 277. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.); publicado tm. en 1986 en A. Marco, “Contribuigom ao conhecimento da obra poética de Marcial Valhadares. Poemas ignorados”, 560; en 2003 en X. A. Fernández Salgado (ed.), Poesía, 205; en 2003 en X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 397.]
- [c.1891]: “Consellos dunha nai”. En X. Luna Sanmartín (ed.), Cantigueiro popular, 398. [Copiado en 1879 en Apéndice ó Cantigueiro popular por Dn. M.V.N. (ms.).]
- 1898: “Cántigas”.