Pazo de Xerliz
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Os primeiros donos do pazo de Xerliz a finais do século XVI foron Fernando Alonso e Inés Rodríguez de Castro, descendente ela do pazo de Aguións. Unha filla súa, María, casou co fundador do pazo de Correáns, e un fillo, Fernando, seguiría vivindo en Xerliz. Unha das súas bisnetas, Antonia de Castro, casou en 1664 con Andrés Gómez del Villar, quen ao ver o estado ruinoso da casa que tiñan en Xerliz derrubouna e fixo unha nova coa súa cociña, solaina, eira “á maneira que ao presente está”, que lindaba coa casa da súa irmá Xacinta (a “casa Badía”). Puxeron na fachada principal un escudo coas armas dos Gómez, unha torre, e dos Castro, seis roeis. E cando Antonia xa era maior e viúva mandou levantar en 1714 unha capela a carón da casa en honor de San Xoán, pois “a igrexa quedaba lonxe, o camiño tiña algunhas costas e había que pasar por unha ponte non moi segura”.
Andrés e Antonia tiveron cinco fillos, dous deles curas, un en Olives e Pardemarín e outro en San Pedro de Quintillán. Sucedeunos Baltasar, que como os seus ascendentes era escribán da xurisdición de Tabeirós e do Viso.
Manuel Gómez de Castro foi o seu sucesor de Baltasar. Por problemas económicos fixo concurso de acredores en 1758, ano en que tamén o fixo Baltasar de Leira e Castro, dono da casa de Os Muros
en Parada. Fixo relación dos seus bens, pero aos poucos días foi denunciado pois tiña outros moitos bens repartidos en casas de veciños, polo que o meteron na cadea uns meses e tivo que pagar unha multa. Por todo iso vendeu moitos bens que eran de vínculo.
O seu fillo Andrés casou con Susana Nieves Arén, filla do administrador de Tabacos de A Estrada.
Andrés con 25 anos iniciou un preito, que gañou, para recuperar os bens que vendera seu pai, pois os bens de vínculo non se podían nin vender nin hipotecar.
A súa muller, Susana, que morreu en 1805, foi atendida nos seus últimos días por un médico de Santiago, pero logo o viúvo negouse a pagar a minuta, que consideraba excesiva. Tamén fixo o mesmo o seu neto, Manuel Gómez, cando morreu a súa nai María Díaz que morreu dun derrame cerebral pero que durante os nove meses que estivo enferma foi atendida por dous médicos que lle fixeron “sangrías, sambesugas, e vexigatorios”. Os médicos, que normalmente atendían aos paisanos por un ferrado de millo ao ano, pedíanlle 18.000 reais, pero tralo preito só tivo que pagar 1.600. Dito Manuel Gómez foi deputado en Cortes e conselleiro provincial de Pontevedra, e casou con Concepción Romero Bedoya, filla dun coronel. Tamén foi el quen mandou facer unha casa a carón do pazo para os caseiros.
Unha das súas fillas, Natalia, que casou con Xoán da Cruz Blanco, foi quen herdou o pazo, pero foron os seus netos Xosé María e Xoán da Cruz Blanco Maneiro os que en 2009 venderon o pazo, capela e finca anexa de Xerliz a Ramiro Abelleiro Rey, empresario estradense e propietario da Sala Gradín, quen felizmente o restaurou e agora o ofrece para todo tipo de eventos.
* Capicúa. 16-1-2013