Olimpio Arca Caldas
WALDO ALVAREZ INSUA O HOME
Cando aínda non esmoreceran os ecos do banquete de Conxo, acto que tentou se-la evolución do galeguismo, a menos de cinco légoas daquel lugar, nunha aldea da futura próxima vila de A Estrada, nace Waldo Alvarez Insua.
No arquivo parroquial da igrexa de San Paio de Figueroa, concello de A Estrada, no libro 3, ó folio 13., e asinada por D. Manuel Alvarez Monteserín, cura propio de San Pedro de Toedo e San Paio de Figueroa, con data once de xuño de mil oitocentos cincoenta e seis, atopamos rexistrada a acta de bautismo "de un niño, nacido el día anterior, hijo legítimo de José Alvarez y su muger María Insua, vecinos del pueblo de La Estrada, nieto por linea paterna de Bernardo natural de Santo Tomás de Sabugo en Asturias y villa de Abilés, y su mujer Francisca do Pazo vecinos que fueron de dicho pueblo, término de uzande, de donde nació el José, ahora difuntos, y materna de Juan Insua y Maria Vila, difuntos, vecinos que fiieron de San Martín de Callobre, de donde es oriunda María: púsele nombres Ubaldo, Modesto Alvarez Insua".
Con esta partida de bautismo, da que se adxunta fotocopia, queremos desface-lo erro que aparece en algunhas enciclopedias como nacido no ano mil oitocentos cincoenta e oito.
Nace Ubaldo no seo dunha familia de clase acomodada, con casa propia nun solar da parroquia de Ouzande pero xa integrado dentro dos lindes do recente pobo de A Estrada. Ten como irmáns a Filomena e Antonio.
Dende moi neno da mostras dunha intelixencia e sagacidade pouco frecuentes. Unha proba disto témola na carta que lle escribiu, sendo estudiante de bacharelato, ó político Emilio Castelar e Ripoll con motivo dun dos seus ardentes discursos. O mesmo orador lle contestou moi agradecido na creencia de que respondía a unha persoa maior.
No mesmo mes e ano do seu nacemento, baixo a sinatura do alcalde de A Estrada, D. Juan García Fernández, ten lugar unha masiva creación de escolas neste concello de A Estrada. Ubaldo asiste a unha destas escolas no seu pobo. Os catorce anos (1870), pantalón corto e devezos de descubri-lo mundo dos maiores, asiste, medoñento, o amotinamento dos labregos do seu concello de A Estrada en contra dos impostos. Rematado-los correspondentes estudios primarios marcha para a cidade de Santiago, onde ¿estudia? o bacharelato. Alí coñece e traba amistade con Alfredo Vicenti e compañeiros: irmáns Muruais, Salvador Golpe, etc. Corresponde esta época as primeiras relacións con Alfredo Brañas. Estes estudios, segundo veremos máis adiante, non teñen unha confirmación oficial. E certo que o grupo de compañeiros estaba composto por futuros intelectuales e Ubaldo vivía plenamente estas inquedanzas.
A idade dos 17 anos publica os seus primeiros versos na revista "Galaica", dirixida entón por Benito Vicetto e pouco despois colabora no xornal orensán "Heraldo Gallego" do escritor Lamas Carvajal.
Waldo Alvarez, lizgairo de seu, analista da realidade do entorno económico do país, vive con intensidade os acontecementos políticos e sociais. Cando compre os dazasete anos proclámase a República na que Pi y Margall tenta establecer unha república federal mediante a intervención dunhas cortes constituentes. O pouco tempo (11 xuño-18 xullo 1873) que dura o intento republicano non foi atranco para que na mentalidade daquel rapazolo quedara a semente das ideas republicanas. Froito das mesmas han se-las tertulias que Waldo, adolescente, protagoniza na súa vila con veteranos políticos liberais e republicanos coma D. Serafin Pazo, médico; D. Cándido Barros, fiscal e diputado provincial, e D. Francisco Pereira, que felicitan en xaneiro de 1877 ó gran Castelar polos seus discursos no Congreso dos Deputados.
Así mesmo a movida da Compostela universitaria daquelas datas tampouco lle é indiferente. Para expresarse como quere funda "El Vampiro", publicación de humor caústico que non pasa dos seis números. Será, tamén colaborador asiduo do "El Diario de Santiago", con adiviñas e unha serie de artigos encol de temas de actualidade: necesidade do ferrocarril Central Galego; exposición rexional de Galicia; protección á gandeiria, chamadas á necesaria unidade de homes e vontades galegas, etc.. A proximidade de ter que cumplir co servicio militar e o tratamento que Waldo lles daba a algúns destes temas, que non sentaban ben ás autoridades civís e eclesiásticas e que podían rematar nunha máis que posible persecución, foron as causas de que puxera terra por medio e embarcara para a Illa de Cuba no ano 1877.
Chegado á Illa, axiña coñece de cerca a situación dos nosos emigrantes; penosa situación que el mesmo nos contará anos despois:
"No existía en la Habana más organismo de carácter gallego que la sociedad de "Beneficencia de Naturales de Galicia", fundada hacia 1873. Sus fines eran muy elementales: socorrer con una pequeña suma a los gallegos pobres y a sus familias y enviar a su tierra a los que por enfermedad grave, no podían curarse allí. Se reunían en una fiesta floklórica una sola vez al año, el día 25 de julio. Luego el aislamiento era total por su individualismo y el régimen de trabajo que le imponían los patronos".
Dotado de un extraordinario talento, dunha boa preparación intelectual, dun excepcional amor á súa terra, sente mágoa da cativa vivencia daqueles emigrantes, coterráneos seus, obrigados a traballar coma antigos servos da gleba. Todas aquelas dotes, ás que se engade un discurso fluído e persuasivo, ponas á disposición dunha causa xusta. Coa experiencia que traía do xornalismo e convencido do poder e influencia que exerce a prensa, matina na necesidade da publicación dun xornal que chegue ata os nosos emigrantes e desperte neles os sentimentos de solidariedade precisa para afastar aquela case magoante condición de "parias" á que están abocados por mor da súa individualidade. Así mesmo tenta de protexe-los emigrantes do campo da explotación do Círculo de Hacendados cubano.
Para levar a cabo esta empresa faciase preciso dispor dun capital que Waldo, dende o seu emprego de escribano de actuacións, non tiña. Pero alí estaban D. José Garcia-Barbón Sola, galego de Verín, banqueiro, con banco propio, e filántropo, Juan Manuel Espada Montanos, médico, nacido en Monterrey, Verín no 1843, capitán do corpo de Sanidade da Armada e amigo íntimo de Insua, e Baldonedo, home de confianza doutro filántropo galego, Blanco de Lema. As dotes persuasivas de Alvarez Insua deron o devecido froito e ó ano seguinte da súa chegada, o día 8 de Marzo de 1878 -data que marca un fito histórico no acontecer dos emigrantes galegossae do prelo o primeiro número do xornal "El Eco de Galicia", o primeiro xornal da súa clase en América e o medio que con máis forza defendeu os intereses daqueles emigrantes, decote insultados, calumniados e aldraxados dende anos atrás. Compre reseñar neste apartado que uns meses antes; Domingo Devesa, sastre en Cuba, e José Porrúa Valdivieso sacaran en Cienfuegos (1877) "El Avisador Galaico", xornal que durou moi poucos meses.
Por aquelas datas asistimos a unha forte e masiva emigración dos nosos veciños na procura dun benestar que a súa terra lles nega. A xuventude, cun bagaxe intelectual moi cativo, cunha nula formación profesional, marchaba ilusionada á terras descoñecidas. Axiña a magoante realidade dun trato humillante e un traballo nos lindes da escravitude, esmorecian aqueles devecidos proxectos.
No ano 1879, coa entrada en vigor da paz de Zanjón, a "camarilla" de propietarios cubanos pretendía substituir nas fábricas de azucre ós negros liberados por inmigrantes galegos. Unha nova afrenta ós nosos paisanos, e a protesta non se fixo esperar. Alvarez arremete con forza dende as páxinas do "Eco de Galicia" en contra destas medidas claramente descriminatorias.
Non satisfeito coa palabra escrita percorre as máis importantes cidades da Illa, celebrando, por primeira vez na historia daquel país, mitins chamando ós emigrantes á unión e á defensa dos seus dereitos. Os galegos agradecidos, apoian con entusiasmo esta campaña e os recibementos nas cidades de Cárdenas, Matanzas, Cienfuegos, Santa Clara e outras son, en verdade, clamorosos.
A lembranza dunha Galicia pobre, sometida baixo a canga do caciquismo, incapacitada para darlle a unha raza sobria e traballadora, e agora, en terras lonxanas, o cativo estado social e económico de tantos compatriotas naquelas terras de promisión, corróelle as en-trañas. Entendía Waldo Alvarez que naquel estado de illamento existencial nunca chegarían a acadar unha vida digna. Facíase preciso, pois, seguir loitando pola unión de todos para conseguir un estado de benestar digno e do que eran merecentes.
No mes de outubro do 1879, dende o seu xornal e outras moitas tribunas lanza a idea da creación do CENTRO GALLEGO, idea que foi acollida co meirande entusiasmo. Un grupo de 55 emigrantes, bos galegos, reúnense no teatro Tacón da cidade da Habana e poñen as bases para constituir unha sociedade: Centro Gallego, sociedad de instrucción y recreo. Con data daquel mesmo ano apróbanse os regulamentos desta sociedade e o 11 de xaneiro do 1880 foi inaugurado. Este centro ten unha vida feble ata 1885, data na que se lle engade carácter asistencial e pasa dos 760 socios a 4.500.
A guerra da independencia de Cuba afectoulle moito pero remontada esta crise, no ano 1920 chega ó seu meirande esplendor con 64.000 socios. Coa chegada a Illa do réxime castrista o magnífico edificio do Centro pasou ás mans do governo cubano.Novas e recentes xestións da Xunta de Galicia conseguen que dende decembro de 1994 se lles permita o uso dunha pequena parte do edificio ós descendentes daqueles galegos, fundadores daquela escultura en pedra, orguilo dunha raza e dun pobo na diáspora.
Waldo Alvarez foi vice-presidente e Director da sección de instrucción deste Centro Gallego e o seu primeiro socio de número. Desempeñou, así mesmo, o cargo de secretario da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" da que era presidente D. Francisco Loriga, ex-maxistrado da Audiencia Territorial, e tesoureiro, D. José García Barbón, gran benefactor, anos despois, das cidades de Vigo e Verín.
Pouco tempo despois, Alvarez Insua casa cunha dona cubana, Sara Escobar de Cisneros, membro dunha aristocrática familia da provincia cubana de Camagüey. A sogra de Waldo, dona Dolores de Cisneros, viña sendo prima de dous próceres da causa separatista cubana, D. Salvador de Cisneros e D. Gaspar de Betancourt; non obstante, toda a familia da muller sempre respetou, sen compartir, as ideas españolistas deste home.
A viaxe de noivos foi un longo percorrido por toda Galicia, Asturias, Barcelona, Madrid e parte de Andalucía. A dona Sara, namorada do home e prendada das belezas daquela viaxe "españolizóuselle" a alma e educou ós seus numerosos fillos: Margarita, Mercedes, Alberto, Waldo, Pepe, Manuel, todos eles cubanos de nacemento, e Sara, nacida xa en España no ano 1903, educounos, digo, no amor a España. Naquel fogar, no que se escoitan a cotío as notas da marcha real, executadas ó piano por Margarita, as conversas xiran encol da cultura e da historia de España, e en especial de Galicia. Habia naquela casa dous retratos dedicados de dúas damas galegas: Rosalía de Castro e Emiiia Pardo Bazán. Testemuña desta educación atopámola na arenga patriótica que Waldo, con trece anos, escribiu cando a explosión do acorazado norteamericano Maine. (5) Nestas datas traballou arreo. Amais da dirección do xornal e a colaboración con artigosen distintos medios, prepara e aproba, coa calificación de sobresaínte o grado de bacharel no Instituto da Habana (xuño de 1886).
As tertulias máis frecuentes e concurridas naquela casa da rúa da Luz, na Habana, estaban formadas, entre outros, por Francisco Recamán, marino experimentado, natural da vila de Corcubión e daquela práctico do porto da Habana; Juan Manuel Espada, oriundo de Verín, médico famoso entre a elite cubana, literato e director do Eco nas ausencias de Alvarez Insua; Mario Fernández, de Viveiro; Manuel Vila, chegado da cidade de Pontevedra; e Luis Blanco, maxistrado asturiano. Non faltaban a estas xuntanzas os familiares íntimos do matrimonio; por parte de Waldo, seu irmán Antonio, escribano e casado cunha irmá de Sara, a muller de Alvarez Insua. Antonio, en boa situación económica, propietario dun "inxenio" e dunha fermosa "quinta" en Luyanó, barrio elegante da Habana, era un defensor a ultranza do governo español en Cuba; súa irmá Filomena, casada con outro emigrante estradense, Manuel Baños, que traballaba no bufete dos cubanos. Por parte de Sara, alí chegaban Alberto e Leopoldo, seus irmáns e a dona Dolores, sogra de Waldo. E para que nada faltara naquela atmósfera galega tamén na adega da familia Alvarez había viño do Ribeiro e xamóns de Chantada.
Waldo Alvarez, home serio de seu, austero e responsable, procurou unha educación ós seus fillos dentro dunha indiscutible autoridade paterna, e unha exhaustiva formación cultural. Neste punto, é preciso recordar que o fillo Alberto está recoñecido como escritor de prestixio, o mesmo que a súa derradeira filla Sara.
Aprobado o bacharelato, estudia nos anos 1886 e 1887, na facultade de Filosofia e Letras da Universidade da Habana e aproba unha manchea de asignaturas.
No desexo de que os fillos sentisen de preto a terra de seu pai, en agosto de 1890 toda a familia de Alvarez Insua, muller, seis fillos e Avelina, unha ama de color, veñen a España, mellor dito, a Galicia. Embarcan no trasatlántico francés "Lafayette" rumbo ó porto da cidade da Coruña. O sentimento íntimo de Waldo séntese magoado pola extranxeiría do barco, pero imponse a economía familiar e a duración da travesía.
Dende A Coruña viaxan na "Carrilana" ata Santiago. Nesta cidade acoden a recibi-la familia as autoridades políticas e universitarias, entre as que suliñamos a D. Manuel Murguia, home agradecido pola desinteresada colaboración que lle prestara este emigrante e político estradense. Alquilan unha vivenda na cidade do Apóstolo, rúa do Preguntoiro. Dende o novo fogar fan percorridos por Galicia. Nesta viaxe non podían faltar as visitas ós pazos de Oca e Santa Cruz, recordos lembrados, anos despois, polo mesmo Alvarez Insua. Escribe para o seu xornal de Cuba unha serie titulada "Cartas desde Santiago" encol das moitas peregrinacións ó seculpro do apóstolo de significados persoeiros europeos como Guillermo de Poitiers, duque de Aquitania. Sente de novo o agarimo de súa nai María, que acode a botarlle unha man no coidado e educación daquela media ducia de netos. Nestas datas celébrase na cidade da Coruña os Xogos Florais ós que foi invitado a presidilos A. Insua.
De volta a Cuba no ano 1891 presenta a súa candidatura independente a deputado polo distrito de Remedios; experiencia negativa polas sucias intrigas electorais e que lle serviu de vacina para inmunizarse contra toda clase de cargos na "res pública".
No mes de agosto de 1892 atopamos a Alvarez Insua matriculado na Facultade de Dereito de Santiago, en primeiro ano da carreira de dereito e segue na loita da defensa dos dereitos dos emigrantes españois . Neste mesmo ano axuda a Alfredo Brañas na redacción das "bases generales del regionalismo y su aplicación a Galicia".
Segue os estudios de Dereito na universidade da Habana e no ano 1893 atopamos unha certificación de sete asignatura de Dereito aprobadas nesa universidade. No mesmo curso e na mesma universidade aproba as asignaturas que lle faltaban e recibe o título de licenciado en Dereito. O Licenciado cubano Dr. Ramón Pancorbo Montero certifica que "hai tres anos o señor Waldo Alvarez Insua traballa no seu bufete todo este tempo". Con data 9 de Novembro de 1893 gradúase de LICENCIADO EN DERECHO coa nota de sobresaínte, despois de brillante exposición do tema: "Exposición y comparación de las constituciones de 1869 y 1876. Nesta datas vive na rúa de San Lázaro, moi preto da universidade.
O 24 de febreiro do 1895 comeza en Cuba, ó "grito de Baire" ¡Viva Cuba Libre! a guerra da definitiva separación. Alvarez Insua, que sempre dixo que "somentes viviría na Cuba española, xa que en espírito nunca saira de España, máis concretamente de Galicia", en outono daquel ano voltou de novo para España con toda a familia. Nesta volta establécese no Cantón Grande da cidade herculina. Segue de cerca a loita cubana e escribe "El problema cubano".
En marzo do ano 1897 volta a Cuba coa fervente e desexada esperanza de que aínda se poida acadar para a Illa unha autonomía que faga posible unha Cuba independente, libre de toda influencia dos Estados Unidos. Pero os acontecementos seguiron por outros vieiros. O estoupido e afondamento do acorazado yanque "Maine" e o desastre do combate naval en Santiago de Cuba determinaron que a España non lle quedara outra saída que asina-lo tratado de París.
Nun artículo do "Eco de Galicia", baixo a sinatura do mesmo Waldo e co titulo "Guerra Infame" arremete contra os yanques: "¿Quieren los americanos la Isla?. Vengan decididamente a conquistarla.
¿Es lícita, dentro de la actual ridícula factura del derecho nuevo de las naciones, su conquista?.
Pues a realizarla, destruyendo, matando, pulverizando cuanto se oponga a ello, copiando, en suma, los procedimientos de Alarico y de Atila.
Nos últimos días do mes de decembro do 1898 na casa de A. Insua prepáranse as maletas para a volta definitiva á Terra. Son moitas as maletas pois hai que levar case todo: algúns mobles, cadros e, por suposto, toda a biblioteca. Seu irmán Antonio, de probado espírito patriótico, tentou de afastalo daquela nova e definitiva viaxe. Tamén rechazou o ofrecemento de seu curmán para que se quedase na illa: Gracias, Alberto, por tus cariñosas palabras, pero no olvides que la Cuba en que yo viví era de España, o, mejor dicho, que "era España", yo, al menos, la consideraba una provincia española".
Como Alberto insistise na súa teima, Alvarez Insua rematou: "Yo no podría quedarme. No podría ver, sin una tristeza mortal, otra bandera en el Morro que la española. Llámale a esto egoismo o fanatismo, pero, te lo repito, si no me marcho, me muero.
Alvarez Insua, pai de familia numerosa, non ten patrimonio suficiente para vivir de rentista e ha establecerse na Coruña ou en Madrid. O 31 de decembro daquel ano, vísperas de ser arriada a bandeira española do mastro do Morro, embarca no vapor francés "Le Navarre" con destino ó porto da Coruña. No mesmo barco voltan tamén Pancho Recaman, o marino de Corcubión, e a irmá de Waldo, a dona Filomena, co seu home Manuel Baños. Alí quedan dúas decadas de loita coa pluma, coa palabra e coa acción a prol da defensa dos dereitos da Madre Patria.
Na cidade da Coruña, agora nunha vivenda da rúa Riego de Agua, tenta de organizar unha nova vida. Na cidade herculina escribe e frecuenta as tertulias literarias de "Librería Regional", a Cova Céltica do literato Carré Aldao, onde se discute de literatura e política rexionalista, pero todo en castelán.(8)
A comezos do século, ano 1900, Waldo Alvarez Insua establécese como avogado na capital de España, Plaza de Bilbao 5, 2° Derecha,onde conta con moitas e boas amistades, entre aqueles "indianos" retornados como o xeneral Adolfo Jiménez Castellanos, derradeiro gobernador militar na Illa de Cuba; a familia Santolices, morto en loita contra o revolucionario cubano Antonio Macedo; Juan Espada, Pancho Recamán, etc..
Waldo, agora, non esquece os problemas e os males endémicos de Galicia: caciquismo, necesidade do ferrocarril central, necesidade dunha boa gandeiría, etc..E destes temas escribe, ademais do seu "Eco de Galicia" no que figura como Fundador -Propietario, en moitos xornais nacionais e extranxeiros. Ocupa cargos de representación social: Presidente da "Liga Gallega" da Coruña, vicepresidente da sección de economía no "Congreso Social Hispano Americano", vicepresidente del Centro Gallego de Madrid, etc..
Dende Madrid faiselle doado visitar, máis a miudo, a súa querida Galicia a que lle dedica moitos dos seus artigos e incluso algunas poesias.
Décadas despois da súa chegada a Madrid, no ano 1923, invitado pola comisión de prensa da Sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" en Cuba, patrocinadora do xornal "El Emigrado" desta vila, comeza Alvarez Insua a colaborar nas súas páxinas.
Este ilustre estradense morre en Madrid o día 10 de agosto de 1938.
O escritor e fillo de Waldo, Alberto Insúa, no seu libro "Memorias",e no capítulo dedicado "¡Han matado a Cánovas!", ano 1897, fai un breve retrato de seu pai: "Era un hombre todavía joven, de unos cuarenta y dos años y muy bien parecido. Había dispuesto la mano sobre su rostro en tal forma que sólo veía su bigote negro, rizado en las puntas, su boca bien dibujada y su mentóns en linea recta. Asi mesmo, polos seus escritos podemos completar un pouco máis a súa personalidade, da que suliñamos o seu pensamento cristián, o seu afervoado patriotismo, todo elo mergullado nunha grandísima morriña que o leva a escribir artigos coma os que insertamos. "La Noche Buena en mi aldea" e "NocheBuena trágica"
O concello de A Estrada tivo para este veciño dous actos de xusto recoñecemento: No ano 1878, con motivo da saída do prelo do xornal "El Eco de Galicia" o día 6 de novembro daquel ano, a Corporación Municipal do noso concello, reunida en sesión plenaria, consigna en acta o seguinte acordo:
"Enterados de que D. Waldo Alvarez Insua, natural de esta Villa, Director del Eco de Galicia en Cuba, con sus fundados e ilustrados artículos se halia defendiendo con afán a toda prueba los derechos e intereses de sus paisanos y de Galicia, acordó, por unanimidad, felicitarle, demostrándole agradecimiento por la altura a que deja el país natal".
De novo, no ano 1925, sendo alcalde D. Benito Vigo, o concelleiro Sr. AbelleirA suscribe unha moción demostrativa da obriga moral que ten o pobo de A Estrada de dar o nome de Marcial e Avelina Valladares e o de Waldo Alvarez Insua a dúas das súas rúas, honrando así este Concello o mesmo tempo que demostra a gratitude polos beneficios feitos a terra patria por tan plecaros fillos. A comisión permanente acorda que unha comisión composta polo autor da moción e os Sres. Refojo e Constenla emita o correspondente informa respeto ós extremos citados.
Un ano despois, no 1926, o concello de A Estrada, en sesión de abril, acorda :
ratifica-los acordos do 22 de febreiro do ano anterior, nomeándo a D. Waldo Alvarez Insua HIJO PREDILECTO E ILUSTRE e dando o seu nome a rúa, chamada entón de "La Fuente" para "Perpetuidad de su obra y de su ejemplo"

O POLITICO
Se damos por boa a definición que o noso Ramón Piñeiro nos deu da Política: "A entrega das propias enerxías e capacidades ó servicio do ben común", podemos afirmar con rotundidade de que W. Alvarez Insua representa unha das máis sobranceiras personalidades políticas de Galicia de finais do século XIX e primeiro tercio do XX.
Tódolos seus escritos, dende aquela primeira carta da súa pubertade dirixida ó político Castelar(1) ata os derradeiros mensaxes para os seus benqueridos coterráneos estradenses teñen un marcado e indiscutible matiz político. Máis significativo aínda: toda a súa obra persoal e cívica, todo o seu percorrido vital en Cuba, primeiro; en Madrid, despois, atópase mergullado nos devezos de redención do pobo galego. A súa preparación intelectual, o seu discurso persuasivo e fluido, a súa férrea vontade intima estivo sempre fortemente xunguida e disposta encol do sentimento galego.
Na súa nenez na vila de A Estrada, Waldo comproba a magoante situación da muller galega: traballadora no campo, agobiada ama de casa e dilixente nai de familia numerosa, tantas veces "viuva de vivos". Esta situación produce un forte impacto na sensibilidade de Alvarez. A súa lembranza será a causa de que na súa primeira revista "El Vampiro", nun intento de redimila daquela escravitude, defenda a igualdade da muller fronte do home.
Durante a pubertade acontece na súa vila de A Estrada o sonado amotinamento dos 2.000 labregos, sachos e paus erguidos, en contra dos impostos(3). Entende, pois, moi cedo, a cativa situación dos nosos campesiños.
Na etapa de estudiante en Santiago (1873) entra de cheo no círculo político de Alfredo Vicenti, escritor tamén vinculado coa Estrada polo súa estancia en Castrotión, Oca, onde escribe o libro "A orillas del Ulla. (Perfiles Gallegos)". Nese círculo estaba a xuventude intelectual galega: Irmáns Muruais, Sergio Carneado, Rafael Villar, Alfredo Andión, Alfredo Brañas, etc. todos eles con tendencias republicanas federalistas. A morte súpeta da República debaixo dos cascos do cabalo de Pavía e a implantación da Restauración fixo esmorecer aquelas ideas e agroma-lo rexionalismo. Estes ideais xuvenís van se-la constante política do xove Alvarez Insua.
Estas ideas agroman nas colaboracións nos xornais da época "Heraldo Gallego" de Lamas Carvajal e no "El Diario de Santiago",máis tarde transformado na "Gaceta de Galicia".Os seus artigos son un ataque frontal contra certas institucions proclives á política de restauración e un motivo máis, por medo a posibles represalias, da súa marcha para a illa de Cuba.
Xa en Cuba, o lema do seu xornal "El Eco de Galicia", escrito en letras de molde no fronte do xornal "Galicia ante todo, Galicia sobre todo", definen a Alvarez Insua como entusiasta e declarado galeguista. A súa idea da creación do Centro Gallego, necesario para a unidade dos galegos da emigración, fálanos desa teima de Alvarez Insua.
Dende o seu afervoado espírito galeguista declárase un rexionalista convencido. Son moitas as testemuñas desta aseveración. Velaí algunhas que atopamos na súa biografía:
Cando no ano 1888 chegan a Galicia as noticias dos discursos e escritos de Nuñez de Arce, político e escritor vallisoletano e do cordobés Juan Valera, escritos que van ser contestado con xenreira por Manuel Murguía no seu folleto "El Regionalismo", Alvarez Insua, que Ho prologa, fai a súa declaración de rexionalista.
Item máis, cando Alfredo Brañas anda a voltas co seu libro "El Regionalismo" o catedrático de Universidade Central, D. Antonio Sánchez Moguel, no seu discurso de ingreso na Academia da Historia, en canto se propuxo desenrola-lo tema do rexionalismo catalán e galego, afirma que o réxime federalista e rexionalista son unha mesma cousa que só se distingue nos procedementos. Alfredo Brañas refuta esta teoría e combátea con citas de importantes autores:Bernardo de Torroja, Durán y Bas, Mariano Ripollés, catalans. Entre os galegos cita, como indiscutible autoridade nesta materia a Waldo Alvarez Insua, que afirmaría (Pais Gallego, Diario de Santiago, julio 1883):
"Soy regionalista y de ello no me arrepentiré jamásy aprendí a serlo más allá de la tranquila ría de Arosa y en un lugar hasta el cual llegan casi apagados los ecos y los rumores de la inolvidable patria gallega". " Y como creo que el regionalismo no es el separatismo ni siquiera en el orden político el autonomismo, sino una aspiración legítima, honrada e inofensiva que consiste en buscar para determinadas provincias la mayor suma de bienes, sin que por ello se lastime ei principio de la unidad nacional, por eso yo me declaro regionalista".
No ano 1895 na cidade da Coruña nace a Liga Galega, asociación de intelectuais para facer fronte ás reiteradas agresións que o centralismo somete a Galicia.
As diferencias entre os intelectuais, liberales e católico-tradicionalistas, non se fan esperar e aparecen atrancos para o desenrolo armónico da devandita Liga.
A finais do ano 1897 redáctanse e apróbanse os estatutos da Liga Gallega da Coruña que comeza a súa andaina o primeiro de xaneiro do ano 1898. Nesta Liga figura como presidente Salvador Golpe e Alvarez Insua, que está na Habana, como vocal.
En xuño de 1898 fúndase a Liga Gallega da cidade de Santiago con Alfredo Brañas de Presidente. Este, no mes de novembro do mesmo ano, expón, no xornal "El Correo Español" de Madrid, o seu proxecto de organización político administrativa de Galicia, baseada nos postulados carlistas. A liga Gallega da Coruña, non conforme con esta tese contesta ás declaracións de Brañas, calificándoas como "un paso atrás".
Con estas confrontacións os postulados do movemento rexionalista, nunca moi concretos, vanse debilitando. Será Waldo Alvarez Insua o que dende a Liga Gallega da Coruña tente, dunha vez por todas, de implantar unha forza política sólida. Traballa arreo na celebración dunha asamblea para formar "un gran partido que aspire a la gobernación del Estado, para implantar, inmediatamente que se posesione del poder, el indicado sistema regional".
Para acadar tal creación, con data 4 de febreiro do 1899, renóvase a Xunta Directiva da Liga Gallega da Coruña con Waldo Alvarez Insua de Presidente e Manuel Murguía de Presidente honorario. Debemos suliñar que nesta Liga Gallega fora nomeado como socio, outro estradense emigrado, D. Bernardo Rodriguez Ribeira, natural de San Xiao de Vea e xerente-contador da universidade Nacional de Bos Aires.
Esta Liga publica un manifesto-programa para relanza-lo partido rexionalista con uns postulados de carácter liberal e progresista, que non gustou os compoñentes da Liga Gallega de Santiago. E, tódolos proxectos das dúas Ligas non atopan entusiastas seguidores do rexionalismo que se desvaece coa chegada do novo século.
Anos despois, xa en Madrid, sente unha profunda decepción porque todos aqueles intentos daquela xeración de bos galegos non tivesen acadado mellores logros. Con motivo da creación do Centro
Gallego de Madrid, no ano 1900, A. Insua escribe un artigo titulado "La Unión es la fuerza-" Este artigo non se publica ata o 1914 no "Almanaque Gallego", xornal editado na cidade de Bos Aires por Manuel Castro López. No orixinal voltaba a insistir na necesidade da unidade dos galegos para redimirnos do papel de "parias" que temos no concierto das nacións. Como queira que durante eses catorce anos Galicia seguía na mesma postración, tivo que engadirlle unha apostilla: "...Cuanto a Galicia ¿qué diremos ante el doloroso fracaso del noble movimiento agrario, vencido y destrozado por el caciquismo cada día más insolente y provocador?.
Una gran tristeza invade mi alma y un natural sentimiento de desconpanza en la reacción de España y de Galicia, me obliga a exclamar: ¡Perdamos la esperanza de redención!.
En xuño do ano 1923, cando os cataláns estaban empeñados na súa nova campaña separatista, coa correspondente influencia e repercusión en Galicia, Alvarez Insua volta a defende-las súas teorías do rexionalismo. No seu artigo "Nuestro Ideal", publicado no xornal "El Emigrado", oponse a secesión dos territorios de España:
"Esos seudoseparatistas, que ni siquiera tienen el privilegio de la novedad simples imitadores de unos cuantos ofuscados catalanes apartan a los gallegos de la sana política que deben seguir para ver realizadas las legítimas aspiraciones de Galicia; la política regionalista sin mácula de independencia. Murguía definió bien claramente lo que es el regionalismo; Alfredo Brañas escribió su credo. Yo y perdónenme la inmodestia _ en centenares de artículos y discursos expliqué sus alcances y finalidades. "Ni Murguía, ni Brañas, ni yo fuimos separatistas, Galicia descentralizada dentro de la nación española. Esto pedimos, esto sigo pidiendo yo, pues los ilustres desaparecidos ya nada pueden pedir".
No mes de agosto do mesmo ano, por mor duns artículos que, asinados pola I.N. G. (Irmandade Nazonalista Galega), aparecen publicados no mesmo xornal de "El Emigrado", outra volta escribe Alvarez Insua "Lo que deben saber Autonomistas y Nacionalistas"
Neste artigo fai un repaso histórico sobre a evolución dos regímenes de España e solicita:
"Pídamos sin descanso el gobiemo autónomo de las regiones ya que realmente el Estado centralista no supo fomentar la prosperidad y la independencia económica de la Nación, haciéndola víctima en el interior de la inmoralidad de políticos ignorantes y sin escrúpulos y en el exterior colocándola a merced de los apetitos de potencias más fuertes y mejor organizadas".
Todos estos chamamentos para un rexionalismo próspero e eficaz han ter por cimentación unha boa cultura. Doille de sempre a Alvarez Insua a pouca preparación dos galegos, na mesma galicia ou os da emigración, por iso en tódalas súas disertacións fai fincapé nesta obriga.
Coa fe na redención pola educación segue afirmando a necesidade da instrucción:
"Para dar a Galicia ia libertad que necesita para desarrollar sus aptitudes hay que instruir al pueblo, educarlo, hacerle conocer sus derechos y sus deberes; hay, en una palabra, que no seguir engañándole, engaño al que contribuyen, como si estuvieran de acuerdo, los mal llamados "redentores" y los que son tildados de explotadores".
E remata como colofón:
"Galicia libre dentro de una España libre. Galicia Fuerte dentro de una España fuerte".
Tampouco esquece Alvarez a educación cultural do pobo galego noutro artigo:
"Para alcanzar la modificación del régimen ¿qué es preciso hacer?. Educar al pueblo, capacitarlo para que haga buen uso de su voto, de modo que pueda enviar al parlamento una mayoría de hombres sinceros, honrados y austeros que, sin discursos de vacua palabrería, voten en una sesión el sistema federativo de las regiones. Así disfrutarán de libertad política y administrarán sus intereses, eligiendo los jueces que hayan de hacerles justicia. Y no por ello sufrirá en su integridad laNación, a cuyo esplendor y florecimiento contribuirán las regiones, libres de estorbos y redimidas de los abusos intolerables del caciquismo, hijo legítimo y bien amado dei centralismo."
No mesmo ano 1923, co motivo da presentación dos foros á cotización na bolsa de Madrid, Waldo Alvarez non podía permanecer calado diante deste vello problema que tanto afectara e afectaba a Galicia. Escribe un amplo e documentado artigo: "Los Foros; su origen, su desenvolvimiento y su resolución." No mesmo avoga pola total e xusta abolición:
"El trabajo de los campos no puede continuar soportando tantas cargas. Hay que aminorarlas, y el estado cometería un crimen imperdonable si no se colocase al lado de la razón y de la justicia. Y las consecuencias de este crimen serían iguales a las que apuntaba en su cédula Carlos II, es decir: "los ladrones tendrían que abondonar el reino o vivir de mendigos..."
E remata súa exposición con estas sentencias:
"Hay que realizar una gran cruzada contra esta enorme injusticia social y pedir su reparación con toda clase de armas. ¿Qué se requiere para ello?
Muy poca cosa. Desoir a los nuevos señores que quieren el statoquo y reproducir en su totalidad la ley de redención de 20 de agosto de 1873. De este modo cesarían las luchas y habrá paz y bienandanza en los campos de Galicia".
Un ano despois, 1924, no concello de A Estrada constitúese a Corporación Municipal dacordo co disposto no tan esperado e necesario "Nuevo Estatuto Municipal". Asume a alcaldía o perito agrícola, D. Benito Vigo Munilla e forman parte da mesma, entre outros, os señores Constenla, presidente do Centro de Emigrados e Otero Abelleira, director do xornal local "El Emigrado".
Estes dous concelleiros, desde o mesmo intre da súa toma de posesión, afirman que as súas actuacións non van a ser políticas, se-nón puramente administrativas, culturais e económicas. Diante desta posición, Alvarez Insua, dende as páxinas daquel xornal prega ós estradenses o dereito e o deber que, como cidadáns, deben exercitar na política municipal:
"los concejales en su municipio deben y tienen que hacer politica. Y la hacen con ei sólo hecho de administar rectamente los intereses locales. No hacerla es caer en la pasividad y facilitar el desarrollo de las ambiciones malsanas que dan lugar a la aparición de ese monstruo que se llama caciquismo, especie de Minotauro que necesita devorar una familia cada día. Hacer política es realizar la buena obra de Teseo en el laberinto de Creta".
Anos despois, a principios do 1926, un novo tratado comercial entre España e Cuba tentaba impor restriccións á entrada de azucre e tabaco cubano neste país. Como queira que do devandito tratado dependía, en gran parte, o traballo dos emigrados na illa, o centro de Emigrados de A Estrada alerta a Alvarez Insua. E de novo amosa este as súas cualidades de político: Lanza un razoado chamamento pedindo maiores facilidades para a entrada en España de tales productos.
A proclama vai dirixida ó governo da Nación e foi publicado nas páxinas de moitos xornais españois: "Faro de Vigo"; "El Pueblo Gallego"; El Ideal Gallego"; "Sol" de Madrid. Alvarez Insua recomenda a presentación da instancia ó seu amigo, o xeneral D. Pedro Verdugo, representante en Madrid do Centro Gallego da Habana.
Como resume, só nos queda lembrar a gran pasión que Alvarez Insua demostrou sempre na política encol dos asuntos de España. Fervente defensor da política española en Cuba, ata o punto de enfermar cando comprendeu que se perdía aquela terra tan española(7) .En troques, estivo afastado da política cubana por mor dunha sucias maniobras electorais. No ano 1891 presentou a súa candidatura independente como deputado polo distrito de Remedios. Os resultados resultaron negativos e esta experiencia deixou marcado o carácter de Alvarez Insua que nunca máis quixo intervir na "res pública".

XORNALISTA E ESCRITOR
Un espírito observador e crítico, unha mente inquieta e un desexo de perfeccionamento do mundo que lle tocou vivir son as principais características da rica personalidade de Waldo Alvarez Insua. Estas cualidades non podían estar agachadas e o mellor medio do seu espallamento no entorno han se-los escritos; escritos para o pobo que está a vivir, día a día, os acontecementos (xornalismo), e escritos para un círculo máis reducido de xentes comprometidas politica e culturalmente (libros).
Un dos seus primeiros biógrafos, Francisco Camba, nun esbozo literario que fai de Alvarez Insua alá polo ano 1923, da por certo que este mozo, sendo estudante na vella Compostela (1873), funda o xornal "El Vampiro", publicación de humor cáustico, da que soamente chegaron a publicarse seis números, nos que Waldo fai unha belida defensa de emancipación da muller. Segue Camba afirmando que, naquelas datas, era Alvarez Insua un colaborador da revista ferrolá de Vicetto, "Galaica" e do "Heraldo Gallego" de Valentin Lamas de Ourense.
Entre os anos 1875-77 colabora con asiduidade no xornal compostelán "El Diario de Santiago", xornal de tendencia liberal. A súa pluma vai estar sempre a prol dunha Galicia máis próspera, farturenta e culta.
Na década dos sesenta Galicia exportara vacuno á Inglaterra, circunstancia que fixo posible unha mellora na economía do labrego galego. En troques, nestes anos 75-77 aquelas transacións viñéranse abaixo e o panorama para Galicia presentábase moi cativo. Alvarez Insua escribe:
"La exportación de sus ganados constituye su principal riqueza, puesto que su venta le permite vivir, sino con regalo, al menos con holgura, y sobre todo le evita el caer en manos de esos parásitos, conocidos con el gráfico nombre de usureros, que chupan hasta la última gota de sangre. Como usted comprende Sr. Director el día que el labrador no pueda vender sus ganados, morirá o tendrá que emigrar a otros paises más ingratos, en busca de un pedazo de pan que aquí se le niega; pues bien, esta falta empieza a notarse: las ferias y mercados aparecen atestados de ganados de todas clases y no hay para ellos un solo comprador.
Antes, se embarcaba mucho para Inglaterra y otras naciones, pero hoy hasta ese medio de exportación falta.
Galicia empieza, pues, a aniquilarse cuando parecía que iba en camino de su regeneración"...
Con data 17 de xaneiro de 1877, ano en que se marcha para Cuba, nese mesmo xornal e asinado polo propio Waldo aparece un artigo "El Progreso Humano. Fragmento de un libro inédito".no que fai un canto de loubanza ó progreso, personificado nesta pasaxe polo ferrocarril: "¿Ves esa brillante y escamosa serpiente que despide silbidos y columnas de humo que llegan hasta el cielo, que corre a la velocidad del viento y que alegra por donde pasa?.
Pues eso que vosotros creeis la obra de Satanás, es la obra del hombre inspirado por Dios; es el ferrocarril que suprime las distancias, saiva las montañas, cruza los vailes y atraviesa las fronteras, haciendo que entre el hombre del desierto y el de la ciudad, antes encarnizados enemigos, se establezcan para no romperse los lazos de Ia fraternidad".
A súa gran labor de xornalista chega ó cumio máis alto na illa de Cuba cando aquel 8 de marzo de 1878 sae do prelo o primeiro número do xornal "EL ECO DE GALICIA""Galicia ante todo, Galicia sobre todo" que segundo este lema, vai ter como obxetivo primordial a defensa dos intereses de Galicia e dos galegos, sen esquecer a glosa da labor de España naquelas terras nas que xa se falaba con forza da independencia. Xornal que tras unha pequena paréntese, entre 1881-82, vai estar en circulación ata o ano 1903, e no que, segundo palabras do mesmo Alvarez Insua: "Mis iuchas titánicas pueden verse en los veinte y cinco grandes tomos de "El Eco de Galicia" que dirigí durante otros tantos años y con los cuales, a la vista puede escribirse la Historia de la Coionia Gallega de Cuba desde 1878 a 1903".Neste xornal de Ciencias, Artes y Literatura daralle un espacio os estradenses: irmáns Valladares, Avelina e Marcial, e o médico Serafín Pazo. Tamén teñen páxinas reservadas os antigos compañeiros daquel clube revolucionario e hermético da Compostela de 1873: Andión, Murais, AIvarez Pertierra, Salvador Golpe.
Cando, por mor dunha sentencia xudicial, orixinada precisamente por artigos asinados por el no seu xornal, foi obrigado a residir a máis de vintecinco quilómetros da cidade da Habana, Alvarez Insua non esquece a súa teima xornalística e dirixe "La Aurora de Yumuri" o xornal máis antigo da Illa, que se publicaba na cidade de Matanzas.
O seu labor xornalístico non remata coa dirección do seu xornal, xa que logo atende moitas outras peticións de colaboración. Foi cronista de "La Nación", órgano da esquerda dinástica; escribe en "La Ilustración Gallega y Asturiana" de Madrid, dirixida por Manuel Murguía; na "La Voz de Galicia", de Juan Fernández Latorre e na "Revista Gallega" da cidade da Coruña; na "España Regional" de Barcelona; no "Diario de la Marina", "La Unión Constitucional", "La Revista Blanca" de Cuba; no "Eco de Galicia" e no "Almanaque Gallego" de Castro López, da cidade de Bos Aires. Nesta publicación e correspondente ó ano 1925, atopamos, no seu relato "Noche-buena trágico" unha lembranza a súa terra natal: "Recordé mi casita del Ulla; a mi madre alegre y afanosa preparando la compota, las castañas, el bacalao con verduras, el besugo con salsa blanca, el turrón; las calles rebosando de gentes animadas y satisfechas; cantando villancicos de bienvenida al niño Jesús los muchachos de la villa y sonando aquí una pandereta, más arriba unhas castañuelas y lejos, muy lejos, hacia Ouzande, unha gaita.
Así mesmo, neste Almanaque Alvarez Insua escribe unhas poesías co gallo da súa visita no 1912 a cidade de Santiago.
Malia deixar sen nomear outras moitas colaboracións deste periodista por non face-la lista exhaustiva, non podemos esquecer os seus artigos nos xornais da capital de España: "El Globo" e "El Liberal" do seu amigo da xuventude, Alfredo Vicenti, xornais de gran difusión e abertos ós problemas galegos; "El País", "La Correspondencia de España", "Blanco y Negro", "La Esfera".
A comezos de 1923 os emigrados estradenses de Cuba, moitos deles na memoria da súa estancia na illa, pedironlle a Álvarez Insua, xa domiciliado en Madrid, a súa colaboración para o xornal "El Emigrado" que se publicaba na súa vila de A Estrada. Con data 30 de Abril daquel ano, Alvarez Insua agradece e acepta a invitación. Adxunta á carta remesa o seu primeiro artigo, "Recuerdos". Fai unha valoración dese xornal, órgano de expresión dos labregos e dos emigrantes coas seguintes frases:
"El Emigrado" está bien hecho y me complazco en felicitarlo. me congratula ver que mi querida Estrada tiene un órgano de opinión tan bien orientado. También me agrada observar que no claudica ante los eternos caciques".
"Otra cosa seía la vida de La Estrada si así pensase hace muchos años y supieran hacer viables sus pensamientos".
A partires do mes de maio dese ano 1923 comezan a aparecer nese xornal as súas colaboracións dun matiz costumista e literario, anacos dalgún dos seus libros. Pero, ó mesmo tempo a I. N. G., Irmandade Nazonalista Galega, publica no mesmo xornal temas de marcada tendencia nacionalista, seguindo as ideas dos separatistas cataláns.
En Xuño, Alvarez Insua, nun extenso artigo "Nuestro Ideal", facendo pública confesión do seu rexionalismo, rebate as ideas nacionalistas:
"Unos cuantos espíritus inquietos, más amigos de la agitación y del bullicio que engrenda cierta lamentable popularidad, que de la serena y tranquila labor que por medio del razonamiento y de la lógica de los hechos lleva los ideales a su triunfo útil y definitivo, imitando a los nacionalistas del otro lado del Ebro, pretenden restaurar la República de Rechila. Y para conseguirlo preconizan la guerra a Castilla, como si Castilla fuese España entera, como si España sólo fuese Castilla".
O escritor e periodista estradense, Manuel García Barros, Ken Keirades, persoa senlleira neste xornal "El Emigrado", partidario das ideas nacionalistas, interven na respetuosa controversia con razoados escritos.
Con data 7 de agosto daquel ano 1923 aparecen no mesmo xornal sendos artigos de García Barros, "Como se gobierna España" e de Alvarez Insua, "Lo que deben saber autonomistas y nacionalistas". Artigos antagónicos que Garcia Barros tenta de explicar con moita diplomacia:
"Alvarez Insua, que nos honra con su colaboración, lleva ya escritos dos artículos notables tratando con una erudición bastísima estos asuntos.
Pero Waldo Alvarez Insua vive en Madrid. Y Madrid es la capital de España. Y desde la capital de España es natural que no se vea con buenos ojos el nacionalismo, que tiende a recabar la libertad relativa o absoluta".
Como queira que "El Emigrado" seguira na liña nacionalista coas colaboracións de Vilar Ponte, Losada Dieguez, etc. e aparecese no espectro político a dictadura do xeneral Primo de Rivera, as colaboracións de Alvarez Insua seguiron por outro camiño.
Se prolífico foi Alvarez Insua como xomalista non se queda atrás na súa faceta de escritor. Malia a opinión do seu fillo Alberto, Alberto Insúa: "No fue mi padre un gran escritor. Su pluma era tan solo de un buen periodista"., no seu xornal hai mostras literarias de elevado estilo. Un exemplo, polo súa connotación coa terra que o vira nacer, ben pode ser o artigo "La Nochebuena en mi aldea" publicado en novembro do 1891. Asi mesmo, foron moitos os libros da súa autoría que saíron do prelo, libros que hoxe somente se atopan nas bibliotecas dos museos. Na meirande parte deles segue a afirmar o seu inquebrantable amor a Galicia, a esperanza da súa redención pola educación e o seu pensamento politico de afervoado rexionalista. Entre esas publicacións, polo seu contido galego, destacan as seguintes:
"ECOS DE MI PATRIA", (Coruña, 1891) na que o autor aclara "Escritos desde 1877" e asinados con data 15 de abril de 1881. Na dedicatoria escribe: "Como ofrenda humilde del más humilde de sus desterrados hijos, reciba este libro la patria bien amada, por cuya regeneración, libertad e independencia regional no vacilaré nunca en sacrificar la vida". Este libro está dividido en catro seccións:
A primeira, titulada "Por la Patria" refírese a evolución da prensa galega a prol da liberdade dun pobo sometido ás ordes dun férreo poder central; ós episodios dos valentes fillos de Galicia durante a guerra da Independencia. Neste apartado destaca a heroica xesta de Sinforiano López, xefe do alzamento fronte ás tropas napoleónicas de a cidade de A Coruña; lembra "la página negra en el libro de la vida de nuestro pueblo".
Pasa logo unha análise dos feitos de Carral (1846). Opina sobre a necesidade do ferrocarril central de Galicia; resalta a desesperada situación do Iabrador galego e da súa posible redención. Pide que a emigración galega sexa canalizada cara a illa de Cuba pois ofrece unha moi grande riqueza, moita dela aínda sen explotar.
A segunda parte do libro está dedicada a contos e lendas que, malia ser case sempre fantásticos teñen, todos eles, un trasfondo da problemática galega: caciquismo, ignorancia, Santa Compaña, etc..
A terceira parte está destinada ás singulares biografías de ilustres galegos fenecidos e esquecidos na súa terra. Entre elas sobresae a defensa que fai do poeta vivaeriense, Nicomedes Pastor Díaz, do boucense Isidoro Araújo de Lira, fundador, impulsor e director do xornal cubano "Diario de la Marina"; dos escritores Cándido Nocedal, escritor liberal; Romero Ortiz e Cándido Placer.
A cuarta e derradeira sección de "Ecos de mi Patria" está dedicada a estudios literarios encol doutros escritores galegos.
O libro "Galicia Contemporánea" (Páginas de viaje), con data de 1889 na cidade da Habana, ven sendo unha recopilación da súa personal visión desta terra ó través das súas moitas viaxes por Galicia. Comprende, tamén, o igual que o anterior, varias seccións.
"El problema cubano". Madrid (1896), libro escrito na cidade da Coruña durante a súa estancia en vacacións; "La Emigración" (Madrid 1902); "Finis" o "Ultimos días de España en Cuba" (Madrid, 1902); "Alma Nueva" (madrid, 1907); "Deseada", (Madrid, 1910), "Cinematógrafo Nacional" (Madrid, 1910); "La boca de la esfinge", Madrid, 1910; "El Milagro" (Madrid, 1912).

- Cidades galegas nas que o seu fino espírito de observación nos fala das características e deficiencias que atopa naquelas principais cidades que visita.
- Cadros rurais nos que aparecen fielmente retratadas escenas campesiñas. (Hai un capítulo dedicado ás feiras que ven poidera estar localizado no espacio e no tempo nunha das feiras da súa vila de A Estrada.
- Seguen outros cadros históricos con galegos dende 1808 a 1866.
- No derradeiro capítulo analiza os problemas máis importantes da actualidade galega.
"El problema cubano". Madrid (1896), libro escrito na cidade da Coruña durante a súa estancia en vacacións; "La Emigración" (Madrid 1902); "Finis" o "Ultimos días de España en Cuba" (Madrid, 1902); "Alma Nueva" (madrid, 1907); "Deseada", (Madrid, 1910), "Cinematógrafo Nacional" (Madrid, 1910); "La boca de la esfinge", Madrid, 1910; "El Milagro" (Madrid, 1912).
O MECENAS
Waldo Avarez Insua en canto consagrou a meirande parte da sua vida a protexer e defende-las persoas e entidades relacionadas con Galicia, malia non ter a condición de príncipe, podemos calificalo, máis alá de filántropo, como mecenas.
Velaí algunhas das súas xestións e accións que coñecemos a este respecto:
No ano 1878, un ano despois de chegar a Cuba Alvarez Insua, remataba a guerra dos dez anos e asinábase o convenio de Zanjón que, entre outros acordos, abolía a escravitude. O ano seguinte entra en vigor aquela paz, intre que queren aproveita-los grandes propietarios cubanos para que os negros liberados, segundo o convenio, sexan sustituidos, nas fábricas de azucre, polos inmigrantes galegos.
Alvarez Insua, malia ser enemigo declarado da escravitude, non podía consentir que fosen agora os galegos os modemos escravos encubertos. Dende as páxinas do seu xornal arremete con forza contra estas inxustas medidas discriminatorias. A súa campaña ten resonancia en todo o mundo, desperta a conciencia de moitos intelectuais que mostran o apoio as ideas do noso personaxe, e os donos dos "inxenios" non saen coa súa.
Dende o seu posto de Director do "El Eco de Galicia", sempre ó servicio dos galegos e dos intereses de Galicia, e como vicepresidente e director da sección de instrucción do "Centro Gallego", consiguiu que este último subvencionara con 250 pesetas mensuais ó intelectual galego, D. Manuel Murguía para que poidera levar adiante a súa magna obra, a "Historia de Galicia".
Asi mesmo, gracias a súa iniciativa e xestións libráronse fondos para a primeira edición, con prólogo de Castelar (1880) do libro "Follas Novas" que a mesma Rosalía de Castro dedicara á directiva da Sociedad de Beneficencia da Habana.
Cando a Cantora do Sar, xa sen folgos, sentia devezos de "velo mar" como presaxio da derradeira viaxe, Alvarez Insua, coñecedor da precaria economía da poetisa, dende o seu xornal fai un chamamento ós galegos para que acheguen donativos para pór remedio a esta situación. A idea foi un completo éxito. A mesma Rosalía, agradecida, escribiulle unha sentida carta a Alvarez Insua (febreiro 1884).
No ano 1875 morre na Habana D. Fernando Blanco de Lema, filántropo emigrante galego. Nacera este home na coruñesa vila de Cee e acadara unha importante fortuna naquelas terras. Fortuna que deixa a prol do ensino primario e secundario da súa vila natal.
Os albaceas deste legado, os señores Baldonedo e Zabala, alegando que Galicia necesitaba axudas para outros menesteres, dábanlle longas ó cumprimemto da vontade do donante.
Diante deste incomprensible proceder, Alvarez Insua escríbelle unha carta a Baldonedo, personaxe coñecido do remitente pois prestáralle capital para edita-lo xornal "El Eco de Galicia", requeríndoo para que cumprira o tal mandato.
Baldonedo e Zabala non fixeron caso e non respostaron. Alvarez Insua, colocando os interese de Galicia por enriba da amistade e agradecemento ó albacea, con data 28 de xullo de 1880, lanza no xornal a seguinte proclama:
"Yo tengo un periódico consagrado a defender los intereses de Galicia. Cée es un pueblo de Galicia y como se halla perjudicado por la grave conducta de Baldonedo y Zabala, me creo en el imprescindible deber de atacarlo rudamente, ya que de las templadas exhortaciones no han hecho caso".
Os albaceas sorprendidos, pois non esperaban esta pública acusación, argumentan que non pode facerse intervención do governo neste asunto pois está expresamente prohibido no mesmo testamento. Alvarez Insua volta á carga e contesta:
"Dice Vd. bien; la ilimitada confianza en sus albaceas, del señor Blanco, les ha puesto a cubierto de toda reclamación gubernativa; pero yo no soy el gobierno; soy el representante del bien y progreso de Galicia, y como tal tengo derecho a invocar los manes sagrados del señor Blanco, que desde su tumba se asombrará de que pasados cuatro años y medio no se haya hecho nada de lo que debió formar si sueño etemo".
Algúns xornais de Cuba e de Galicia tomaron cartas no asunto, As acusacións subiron de ton e Alvarez Insua foi denunciado por difamación e inxurias, Celebrado o correspondente xuizo, anque foi absolto do delicto de inxurias, estivo, non obstante, desterrado por un tempo de algo máis de tres meses, a máis de vintecinco quilómetros da cidade da Habana.
Cando, anos despois, inaugurouse na vila de Cée o Colexio correspondente a aquel legado, o concello daquel pobo nomeouno "Hijo Adoptivo de la Villa". Nos medios de comunicación galegos daquelas datas houbera unha forte polémica encol da actitude de Alvarez Insua, opinións que desvirtuaron un pouco este acontecemento.
A comezos deste século, coa residencia xa fixa na capital da Nación, segue, Waldo, a defendelos intereses dos galegos, en especial, agora, dos seus antigos veciños os estradenses, que voltan a acudir a el para que lle solucione certos problemas, problemas que por outros vieiros lles custarían bos cartos. A finais do ano 1926, as autoridades e representantes da vila de A Estrada préganlle ó sr. Alvarez Insua presente ó Presidente do Consello de Ministros e ó Ministerio de Guerra intancia e argumentos para mediar no Regulamento Militar dos Emigrados, que contiña reformas importantes do decreto Ley do 24 de marzo de 1926 encol da exención militar á prófugos e desertores emigrados.A intervención do señor Alvarez, que coñecía de preto esta situación, foi totalmente satisfactoria e a redención reduciuse a un total de cen mil pesetas.
Novas e desinteresadas xestións de don Waldo Alvarez atopamos ó ano seguinte, 1927. Desta vez vai a se-la petición de que interceda diante de D. José Calvo Sotelo, por aquel entón titular do ministerio de Facenda, para que se fagan extensivos os beneficios do Real Decreto do 21 de xuño de 1926 ós labregos pobres de Galicia, malia satisfacer pequenas contribucións territoriais.
Moitas máis e miudas xestións houbo de facer a prol do Concello da súa Estrada natal: campaña a prol do ferrocarril Central, petición de mellora no funcionamento do servicio de correos na vila, etc., etc..
Malia deixalo para o final, non podemos esquecer a súa axuda, desinteresada sempre, que prestou ós emigrantes galegos, moi especialmente ós estradenses que chegaron a súa porta da casa da Habana, na rúa da Luz, primeiro; ou na rúa da Aguila, despois.
"Su casa, en Cuba, era un verdadero consulado de los gallegos. Allí recibía a todos. Y sin saber quiénes eran, Alvarez Insua nunca negó a sus paisanos protección. Allí comía el que se encontraba sin pan. Allí se facilitaba empleo al que no lo tenía. De allí salieron muchísimos que hoy, con los frutos de su talento, nos llenan de orgullo. Yo he visto cartas de gente agradecida y he podido apreciar hasta que punto llegaron la abnegación, el desinterés y el patriotismo de este hombre".

php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
Alberto Ínsua
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|