Naceu na Estrada no ano 1964. Fixo os seus estudos na Estrada, pasando posteriormente a licenciarse en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. E doutora pola Universidade da Coruña coa Tese “Os paratextos galegos (1916-1936). Análise sociolingüística dos prólogos”.
Profesora de Lingua e Literatura galegas do Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago e de ensino secundario en Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal e Boqueixón; é na actualidade profesora Titular de Universidade na área de Filoloxía Galega e Portuguesa do Departamento de Gaiego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña, institución en que nestes momentos dirixe o Servizo de Normalización Lingüística.
Publicou as obras O TEATRO DE XAN DA COVA (LA GALICIANA E MARÍA PITA) (Biblioteca-Arquivo Teatral F. Pillado Mayor, 2002), LENDO NAS MARXES. LINGUA E COMPROMISO NOS PARATEXTOS (1863- 1936) (Espiral Maior, 2002) e OS (PRE)TEXTOS GALEGOS (1863-1936). ESTUDIO E ESCOLMA DOS PRÓLOGOS (Sotelo Blanco, 2002). É coautora de varios libros de texto realizados baixo a supervisión da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e todos eles publicados por “Promocións Culturais Galegas”. Así temos: “Lingua e Literatura 1° ESO” (1996), “Lingua e Literatura 2° ESO” (1997), “Lingua e Literatura 3° ESO” (1999), “Lingua e Literatura 4° ESO” (1999) e “Lingua 1" bacharelato” (1999). Ademais colaborou coa unidade “A prosa didáctica” na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (AS-PG-A Nosa Terra, 1996) e tamén realizou a ANTOLOXÍA DA PROSA DIDÁCTICA. SÉCULO XX (AS-PG-A Nosa Terra). Escribiu o artigo “O estilo de Ramón Otero Pedrayo”, en colaboración con Carme Fernández, publicado en ESTUDOS DEDICADOS A RICARDO CARVALHO CALERO (Parlamento de Galicia/Univ. de Santiago de Compostela, 2000). Realizou, en colaboración con Mª Pilar García Negro, a “Edición, introdución e notas” á obra de Ramón Vilar Ponte O FEITO LINGÜÍSTICO GALEGO (AS-PG, 2001). Así mesmo, en colaboración con Manuel Ferreiro, realizou a “edición, introdución e notas “da obra de Ramón Cabanillas A VIRXE DO CRISTAL. LENDA DE CURROS ENRÍQUEZ AXEITADA PARA ÓPERA
(Biblioteca-Arquivo teatral F. Pillado Mayor, 2002). Ademais escribiu o artigo “O agoiro profético dos novos tempos: reflexións sociolingüísticas nos prefacios de Ribalta” para a HOMENAXE AO PROFESOR PÉREZ RIESCO (Universidade da Coruña, 2002).