Homenaxe na avenida de Bos Aires de Pontevedra, lugar no que foron fusilados [3-06-2006]
Mártires da Estrada. Lembranza do 5 de xuño (70 aniversario)
Cúmprese o 70 aniversario do fusilamento do alcalde e cinco veciños máis da Estrada. O martes terá lugar ás 7´30 da tarde un acto de lembranza no Concello.
O 5 de xuño de 1937 confluía a sorte de seis estradenses diante dun pelotón de fusilamento na estrada que vai de Pontevedra a Monteporreiro, a beira do Lérez, na Xunqueira. Levaban tempo despedíndose dos seus amigos e parentes, mais esta última noite que pasaron en vela foi especialmente produtiva. Algún mesmo aproveitaba as notas de pago da súa última cena para escribir as que serían as últimas palabras. O alcalde Jesús Ignacio Puente Fontanes, os Tenentes de Alcalde, Ramón Fernández Rico e José Rodríguez Sangiao; e os veciños José María Pena López, Manuel Nogueira González e Cándido Tafalla Froiz. Ningún deles cometera delito algún, senón, pola contra, eran condenados por defender a legalidade vixente.
O día 19 de xullo Ramón Fernández Rico era chamado polo Gobernador Civil, Gonzalo Acosta Pan, quen lle deu orde de convocar a folga xeral como protesta contra a sublevación militar que viña de producirse. Ramón, exercía de alcalde porque o titular, Jesús, atopábase en Madrid, xunto con outros edís galegos entregando o Estatuto de Autonomía de Galiza, recentemente aprobado en plebiscito e entregado nesa data nas Cortes do Estado para a súa tramitación parlamentar.
O día 20 de xullo foi chamado a Pontevedra pola Gobernador Civil que se reuniu con el e lle ordenou traer xente armada á capital para defender as institucións fronte a un previsible ataque faccioso. Ramón pediu que se lle dera a orde por escrito.
Nesta viaxe acompañouno Candido Tafalla Froiz, do seu mesmo partido, “Unión Republicana”, e José María Pena, presidente do Fronte Popular da Estrada, entrevistáronse con José Adrio Barreiro e con Juán Rico González, Capitán de Gardas de Asalto (ambos os dous fusilados o 12 de novembro do 36)
Atendendo ao requirimento gobernamental, Ramón e Jesús - que volvía a tomar as rendas da alcaldía ao regresar de Madrid – organizan a defensa da República e envían a Pontevedra as forzas que lle pedían. Mais, diante da declaración do Estado de Guerra e a saída das tropas, e sobre todo, a rendición do Gobernador Civil, deciden absterse de intervir e tratan de desmobilizar a xente evitando calquera confrontación.
Neste sentido é de subliñar a actuación do outro tenente de Alcalde, José Rodríguez Sangiao, quen negocia directamente coa Garda Civil a entrega pacífica do poder municipal.
De feito o día 21 é destituído o alcalde Jesús Puente Fontanes. Mais, con todo, non imaxinaban o que lles agardaba. Así é que ese día foron xantar diante do cuartel da Garda Civil. Ao remate dixéranlles que se pasaran por alí, e efectivamente, en vez de fuxir, entregáronse no Cuartel, e serían detidos, pasando da cadea da Estrada á Normal de Pontevedra, para rematar en San Simón.
Logo viñeron os xuízos militares, tratábase de revestir de legalidade o asalto ao poder pola forza, e era un inconveniente para asentar a lexitimidade das novas institucións que os cargos electos andasen libremente pola rúa, mesmo que estiveran con vida. Eran tan previsibles os resultados dos xuízos a estes condenados de antemán, que non é casual que dous procesos diferentes, o de Puente, Rico e Rodríguez (224/37) e o de Pena, Tafalla e Nogueira (225/37) coincidiran en xuntar na execución na fatídica data aos 6 da estrada.
En definitiva, pretendíase dobregar a vontade – neste caso – dos estradenses que expresaran cos seus votos o que agora era botado abaixo polas armas. Para iso non tiveron piedade a pesares de que todos eles con cargas familiares suplicaran o perdón dos tribunais tendo en conta as consecuencias que o seu falecemento traería para os seus moitos fillos, algún como Fernández Rico, tiña 9. Foron 11 meses de conta atrás onde estes estradenses fixeron todo o posible para salvar a vida, e con eles os seus familiares e moitos veciños do noso Concello. Sempre é de subliñar o papel do crego Nicolás Mato Varela, quen contravindo as ordes da xerarquía eclesiástica tratou por todos os medios de salvalos.
A democracia precaria e imperfecta da república na Estrada caía diante dun pelotón de fusilamento e con ela o sector máis dinámico no plano económico, cultural e mesmo deportivo do noso concello. Lembremos que Candido Tafalla era un futbolista de sona e que José María Pena coñecera ao mesmo Ford en EEUU, e era un dos empresarios locais mais prometedores. Rodríguez Sangiao como ferreiro e Fernández Rico como torneiro, eran reputados profesionais que garantían cos seus proxectos empresariais desenvolver emprego para que os seus veciños deixasen de emigrar. Todos eles destacaban pola súa honestidade e precisamente, á honestidade, era o que querían exterminar as novas autoridades usurpadoras da vontade popular.