MILLERADA: é un abundancial de millo, é dicir, o seu significado é “grande cantidade de millo”. Esta palabra deriva do latín MILIUM, e na actualidade utilizámola para nos referir á planta gramínea orixinaria de América; pero inicialmente millo designaba outro cereal ao que o americano veu substituír por ser este moito máis produtivo e alimenticio. Por iso, para diferencialos, o que orixinalmente se chamaba millo, hoxe coñecémolo como millo miúdo ou paínzo.
Millarada
Acivedo | A Agrela | Berrozo | As Canivelas | Fixó | Garellas | Grobas | Malburgo | Millarada | A Portela | Porto | Quintelas | Vilar | Vilariño