O Pazo de Preguecido
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Xa a comezos do século XVI había en Preguecido da parroquia de Aguións, “unha casa e torre de moi boa manufactura que tiña dous escudos, semellantes aos que había na súa casa de Santiago, con armas do Rioboo, Villardefrancos, Soutomaior e outros”. Actualmente o pazo en forma de L e rodeado dunha gran muralla ten anexo unha capela, un pombal octogonal, hórreo, xardíns, etc., e está presidido polo escudo dos Acevedo-Abraldes.
O morgado desta casa fundouno Gómez Rodríguez de Soutomaior e Rioboo, fillo de Xoán Rodríguez de Castro e Riobó “o vello”e de Constanza Rodríguez, (ou da súa segunda muller, Urraca Ares de Soutomaior, da casa de Gondar en Xeve). Gómez era cóengo da catedral de Santiago e fundou en 1556 o vínculo e morgado de Preguecido, deixando como sucesor primeiro ao seu neto Xoán Rodríguez de Rioboo (o mozo), que casou con Maior Suárez de Vilar.
Os seus descendentes sempre concertaron matrimonio con importantes familias galegas, agrandando deste xeito a súa fortuna e poder. Así, a Xoán sucedeulle o seu fillo o capitán Gómez Rodríguez de Soutomaior que casou coa filla de Diego de Ribera, “Alguacil maior do Reino de Galicia”, dono dun pazo en Cecebre (A Coruña).
Neto deles foi Baltasar Rodríguez de Ribera e Sotomaior, que casou en 1675 con Sabela Ibáñez Sarmiento de Pazos, filla do“alcalde de Tui e subdelegado do Auditor Xeral do Exército deste reino”. Foi este matrimonio o que fundou en 1686 a capela do pazo de Preguecido en advocación de san Amaro. Logo Baltasar casou de segundas con Sabela Tareixa Fernández de Deza Mondragón, sobriña do I marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fundadora do pazo de Valiñas.
A filla deste primeiro matrimonio, María Xacinta, casou en1694 co coronel Lois Acevedo e Lira, herdeiro do vínculo e morgado de Ramirás (Sta. Cruz de Arrabaldo. Ourense). Foi seu fillo Xosé Francisco Acevedo, que casou en 1725 con Melchora Abraldes de la Vega, cuñada dos marqueses de Monroy, o que puxo no pazo o actual escudo. Por certo, aínda que eran moi ricos, Xosé Francisco declaraba nunha carta que tiña sarna nas mans. Sucedeulle Antonio Luís Acevedo, que foi militar e casou en 1751 con María Ana Francisca de Yebra Oca e Pimentel, filla do dono do pazo de Láncara (Neira de Xusá. Lugo). Vivían en Porriño alternando con Preguecido, do que eran donos, así como “dos cotos de Cobas, da Torre de Castrelo, Godás, Ramirás, Budiño e outras nas provincias de Santiago, Ourense e Tui ”.
Un bisneto de Antonio e Mª Ana, Xosé Mª Bermúdez Acevedo, rexedor perpetuo de Ferrol, casou en 1831 coa III Condesa de Ximonde Xacoba Cisneros Puga e Ulloa, nacida no pazo de Ximonde en San Miguel de Sarandón. Como non tiveron sucesión, os bens de Preguecido pasaron a súa irmá Mª do Socorro, que casou en 1844 con Xosé Varela do Villar e Cadaval. Foron os primeiros condes de Ramirás (5-7-1875).
Sucedeulles a súa filla Mª do Carme Varela Bermúdez. Como nestes momentos en España se estaba a debater sobre a redención ou mesmo abolición dos foros (Montero Ríos, Basilio Álvarez,...), foi ela quen a partir de 1906 comezou a vender e redimir censos e foros, e encargándollo a partir de 1920 a Segundo Paseiro Andión, veciño de A Estrada, quen acabou comprando a meirande parte dos bens. Así en 1925 Segundo comprou Preguecido como censo privativo por 1.000 pts. anuais pero valorado en 40.000 pts., cantidade que pagou Segundo en 1946 á unha filla e aos netos da condesa para facerse coa propiedade.
Os actuais copropietarios de Preguecido son unha neta e unha bisneta de Segundo. Trátase de M3 Cruz da Esperanza Diz Paseiro e maila filla do seu irmán Marcial, Esther Diz Millán, que ao igual que a súa nai, M3 Xacoba Emilia, exerce de letrada en Santiago de Compostela, dándose a curiosidade que é a única nai e filla avogadas en dita cidade.
* Capicúa.7-11-2012