ACIVEIRO: trátase dun fitotopónimo, é dicir, un nome de lugar que se refire a plantas ou árbores. Aciveiro designa un lugar en que hai (ou houbo) moitos acivos, tamén chamados acevos, acivros ou acevros.
A palabra fórmase co substantivo acivo + o sufixo –eiro, que ten o significado de “lugar onde hai abundancia de…”
Acivo deriva do latín AQUIFOLIUM, que é un nome que fai referencia ás agullas en que rematan as follas desta planta: acu-“agulla” + folia –“folla”.

Videos (23-3-2017)
|
|