Da historia e xenealoxía do Pazo de Oca
O Pazo de Oca é o título do artigo presentado na revista Nalgures, da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, polos xenealoxistas José M. Bértolo y Luis Ferro. A revista, que xa saíu do prelo, será presentada a principios do mes de marzo na cidade de A Coruña.
O artigo describe en 83 páxinas a construción do pazo e os seus xardíns, a súa capela e a xenealoxía dos donos do pazo desde o século XV María de Neira é quen comeza a saga dos actuais propietarios. Dita María de Neira ten unha relación moi importante coa bisbarra de A Estrada, pois casou en 1543 con Bartolomé Rodríguez Sarmiento, fillo do dono da Torre de Guimarei,en 1567 fundou o oratorio de San Antonio, xerme da actual capela do pazo, e en 1586 mercou as terras,xurisdición e casa-torre de Oca. Os seus sucesores vivían a cabalo Santiago e Oca, onde algúns deles tiveron fillos ilexítimos. Interesa destacar a Andrés Gayoso Ozores (Ourense, 1670-Santiago,1733) que xunto coa súa esposa Constanza Arias, condesa de Amarante e en 1718 marquesa de San Miguel das Penas, comezaron en 1701 as obras do pazo e do cruceiro que hai diante. Logo continuou as obras ata 1746 o seu fillo Fernando Gayoso (Oca,1697Valladolid, 1758), que foi quen fixo tamén a capela. A Fernando sucedeuno o seu fillo Francisco Javier que por mor da súa voda coa condesa de Eril deixou empeñada a familia cunha hipoteca que se arrastrou ata principios do século XX. Precisamente esta condesa tivo unha gran relación epistolar de amizade cun capelán castrense nos anos 1761-64 nas que a condesa fala da súa vida en Oca, das comidas (empanadas, chocolate, lampreas,..), da abstinencia durante a coresma -que non respectaba-, etc. |
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|