A Coral Polifónica Estradense nace no ano 1996 baixo a dirección de Xabier Comesanha Pereira e fai a súa presentación en xullo do 97. A partir desa data comeza a ofrecer concertos por toda a xeografía galega destacando pola súa progresión técnica e a variedade do seu repertorio.
Hai que resaltar a participación en programas da radio e televisión galegas, actuando recentemente nun programa especial da TVG, adicado a Juan Pardo. Tamén foi seleccionada a participar en varias edicións do programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM.
Colabora co “Xacobeo 2004” ofrecendo varios concertos no veciño Portugal; actúa no Pazo da UNESCO, en París con motivo dun encontro internacional de canto coral. Realiza unha xira por Europa actuando en Xenebra e participando tamén nun festival coral en Praga, compartindo escenario con corais alemanas, italianas, irlandesas, suízas, checas e francesas. Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La Habana e actúa no Centro Galego e en diversas asociacións galegas e institucións cubanas.
En lembranza desta visita, Xabier Comesanha compón unha habanera en galego “Cen anos hai” con letra de Xosé María Lema, compoñente da coral.
A actividade musical da Coral Polifónica Estradense non se reduce aos concertos “a capela”. Co acompañamento da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada, agrupacións dirixidas polo mesmo director, ofrece periódicos espectáculos de ópera e zarzuela.
Na actualidade conta con 38 compoñentes.
Hai que resaltar a participación en programas da radio e televisión galegas, actuando recentemente nun programa especial da TVG, adicado a Juan Pardo. Tamén foi seleccionada a participar en varias edicións do programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM.
Colabora co “Xacobeo 2004” ofrecendo varios concertos no veciño Portugal; actúa no Pazo da UNESCO, en París con motivo dun encontro internacional de canto coral. Realiza unha xira por Europa actuando en Xenebra e participando tamén nun festival coral en Praga, compartindo escenario con corais alemanas, italianas, irlandesas, suízas, checas e francesas. Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La Habana e actúa no Centro Galego e en diversas asociacións galegas e institucións cubanas.
En lembranza desta visita, Xabier Comesanha compón unha habanera en galego “Cen anos hai” con letra de Xosé María Lema, compoñente da coral.
A actividade musical da Coral Polifónica Estradense non se reduce aos concertos “a capela”. Co acompañamento da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada, agrupacións dirixidas polo mesmo director, ofrece periódicos espectáculos de ópera e zarzuela.
Na actualidade conta con 38 compoñentes.
Historia
Aínda que nun colectivo tódolos intres da súa historia deixan pegada, sempre hai unhas datas que teñen máis relevancia ca outras. Así poderíamos resumir aquelas que máis importancia tiveron na traxectoria da Coral Polifónica Estradense. A isto convén engadirlle o traballo diario (dous ensaios á semana: un por cordas e outro xeral) que sen el, non sería posible esa progresión satisfactoria e o amplo repertorio do que dispón.
- 29 de xullo de 1997 .- Despois de un ano de ensaios, faise a Presentación oficial da Coral Polifónica Estradense na igrexa parroquial de San Paio da Estrada. Significa a súa posta de largo e actúan como padriños a Coral Polifónica de Soutomaior e a Agrupación Coral "Pazo de Oca".
- 1997 (novembro).- Realízase a primeira saída da Coral Polifónica Estradense fóra dos lindeiros municipais, aínda que tan só fora á Arcade para acompañar á nosa madriña, a Coral Polifónica de Soutomaior, que presentaba a súa primeira gravación.
- 1998 (maio).- Día das Letras Galegas. Estrea da misa en galego, de Ángel Viro na igrexa parroquial de San Paio da Estrada. A Coral Polifónica Estradense non só cultiva repertorio profano, tamén o relixioso. A partir de aquí moitas actuacións e saídas da Coral foron para cantar a Misa.
- 1998 (novembro).- Primeira gravación para un programa de TV, concretamente para "Galicia Enteira" da RTVG, cadrando co San Martiño. A actuación foi gravada na alameda municipal ao ár libre: nova experiencia tamén para a Coral Polifónica Estradense.
- 1999 (maio) .- Gravación para a Radio Galega realizada na capela de San Antón do Pazo de Oca, na que se gravaron trece obras do noso repertorio.
- 1999 (xuño).- Primeira saída coa Misa fóra da Estrada. Pode parecer insignificante, pero foi para o Corpus de Ponteareas, berce do autor, Ángel Viro, quen persoalmente felicitou ao director, Xabier Comesanha.
- 1999 (novembro). - Primeira actuación conxunta da Coral Polifónica Estradense coa Banda de Música Municipal da Estrada na igrexa parroquial e con motivo de Santa Cecía. A partir de aquí, as actuacións conxuntas fixéronse habituais. Hai que ter presente que o director da Coral Polifónica Estradense é tamén o director da Banda de Música. Isto levou tamén a ampliar os xéneros do repertorio cara os Coros de Ópera e Zarzuela e non pecharse tan só nos concertos "a capela".
- 2000 (outubro). - A Coral Polifónica Estradense foi seleccionada para participar na II Mostra de Corais, organizada polo IGAEM, "Galicia Cantat 2000". O concerto foi en Lugo e significou tamén a primeira saída fóra da provincia de Pontevedra. A partir de aquí, a Coral seleccionouse en varias ocasións para participar no programa da Xunta de Galicia.
- 2001 (xuño).- Estrea no Teatro Principal da Estrada dos concertos de coros de Ópera e Zarzuela, acompañados da Banda de Música. Este xénero gustou ao público e estase a celebrar cada ano. Despois dos dous primeiros concertos deste xénero (coincidentes coas Festas Patronais), acompaña aos grupos estradenses, a madriña de Soutomaior (dirixida tamén por Xabier Comesanha), facéndose xa famosos os Concertos de Fin de Ano.
- 2003 (outubro).- Se o ser seleccionados para participar en "Galicia Cantat" é unha honra, moito máis ser elixidos para a clausura do programa deste ano. A actuación foi no Auditorio de Galicia de Santiago.
- 2004 (abril).- Prodúcese a primeira saída da Coral Polifónica Estradense ao estranxeiro, concretamente ao noso veciño Portugal, grazas a un convenio asinado con "Xacobeo 2004" e que levou consigo tres actuacións no pais veciño e algunhas vilas galegas.
- 2004 (decembro).-Concerto de Fin de Ano con motivo da presentación do 1º CD con pezas de Ópera e Zarzuela, gravado en directo, acompañados da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada.
- 2005 (maio).- Primeira actuación nun programa de TV, concretamente no programa Luar da RTVG, con motivo da Festa do Salmón da Estrada.
- 2006: X Aniversario da fundación da Coral Polifónica Estradense, que se conmemorou cunha exposición, un concerto conmemorativo da presentación oficial e coas saídas ao estranxeiro, como foron París e La Habana.
- 2006 (xaneiro). - Primeira participación en certames internacionais, concretamente no XII Encontro Internacional de Canto Coral, organizado pola asociación Music & Friends e que este ano se celebraba en París. As actuacións foron no Pazo da UNESCO e compartiuse escenario con grupos de Alemania, Suíza, España (Cantabria), Italia, República Checa e, por suposto, Francia.
- 2006 (xuño). - Exposición na Sala Caixanova da Estrada conmemorativa do X Aniversario da Coral. Unha verdadeira "Historia da Coral en imaxes".
- 2006 (outubro). - Conmemoración do X Aniversario no Teatro Principal da Estrada coa presenza e participación dos padriños: Coral Polifónica de Soutomaior e Agrupación Coral "Pazo de Oca".
- 2006 (decembro). - Primeira saída do continente europeo e tamén a primeira vez que se utilizaba un transporte diferente a Autocares García. Destino : La Habana (Cuba). Ademais da celebración do X Aniversario da Coral Polifónica Estradense, conmemorábase o 99 aniversario da estrea do Himno Galego en La Habana. Actuacións no ISA (Instituto Superior de Arte), Centro Hispano-Americano de Cultura, "Sociedad Artística Gallega-Concepción Arenal" e, como non podía ser menos, Centro Gallego de La Habana.
- 2007 (xuño). - Estrea no Teatro Principal da Habanera "Cen anos hai", conmemorativa do Centenario do Himno Galego e nacida do compromiso adquirido en Cuba de homenaxear deste xeito o himno de Galicia. Os autores da obra: o director da Coral, Xabier Comesanha (música) e o profesor e compoñente da Coral, Xosé Mª. Lema (letra). O acto, que contou coa presenza das agrupacións locais, serviu tamén para homenaxear con certa anticipación (sería o 20 de Nadal) o I Centenario da estrea do Himno Galego.
- 2007 (decembro).- Xira por Europa da Coral Polifónica Estradense (con AutocaresGarcía, por suposto) e participación no IX Festival Adviento Coral de Praga. Fixemos escala en Suíza e actuamos en Xenebra, concretamente na Casa Galega de Tordoia e na Asociación "A Nosa Galiza". En Chequia actuouse na Sala Hlahol e na Praza Vella de Praga, compartindo escenario con agrupacións de alemanas, italianas, irlandesas e, por suposto, checas. Neste evento internacional, a Coral Polifónica Estradense foi a única participante do estado español.
- 2008.- No mes de agosto estreouse e fíxose público o Himno de Moreira, xuntamente coa Banda de Música Municipal da Estrada. Pode parecer un dato non moi relevante, pero a Coral pasou a formar parte da historia desta parroquia. Despois desta actuación xantouse na Praia Fluvial . A Coral Polifónica Estradense, xuntamente con outras sete, inaugurou tamén, no mes de decembro e no Teatro Principal de Pontevedra, o I Festival de Corais, organizado pola Deputación Provincial. Aínda que foi por sorteo, queda a "honrilla" de participar no primeiro festival.
- 2009.- Durante unha fin de semana da primavera deste ano a Coral Polifónica Estradense "enclaustrouse" na capela do Pazo de Oca para facer a gravación, nunca mellor dito "a capela", de quince cancións galegas e dúas con acompañamento da Banda de Música Municipal da Estrada, co obxectivo de editar, posteriormente, un CD. Por segunda vez, no verán, "exportouse" o espectáculo de "coros de zarzuela" ao aire libre. A primeira foi no entorno incomparable do castelo de Soutomaior (2007) e nesta ocasión no Multiusos de Arcade , coa Banda a distinto nivel, como nos teatros tradicionais. O ano pechouse, como non podía ser menos, co Concerto de Fin de Ano no Teatro Principal, no que se estrearon e recuperaron pezas dos Coros de Ópera, para presentar o segundo CD de Coros de Zarzuela. Uns días antes celebrouse unha xuntanza arredor dun cocido no Restaurante de Albino, como tampouco podía ser menos.
- 2010.- Este ano transcorreu sen pena nin gloria, coa normalidade máis absoluta: ensaios e actuacións. Rompeu un pouco a monotonía do colectivo o aniversario das vodas de prata de Lucía e Ricardo , compoñentes da Coral Polifónica Estradense desde a súa fundación: eles quixeron estar con nós e nós con eles, por iso os acompañamos na cerimonia relixiosa. Na última actuación, no concerto de Fin de Ano (30-12-10) as mulleres estrearon o novo uniforme. O ano rematámolo todos xuntos (os músicos, os de Soutomaior e nós) no Gran Vía, como non podía ser doutro xeito.
- 2011.- Este ano empezou do mesmo xeito que rematou o anterior: todos xuntos. O concerto na Casa da Cultura de Cerdedo (08-01-11) e a cea en Soutelo de Montes . En pleno verán, concretamente o 28 de agosto, a Banda Municipal de Música celebrou a súa tradicional Festa da Praia Fluvial , á que se uniu a Coral. Non hai moito máis que suliñar, a non ser a actuación nun programa especial da TVG , adicado a Juan Pardo no que interpretamos "Campos de Remesar", adaptada para coral por Xabier Comesanha. O ano rematou batindo o record de 15 actuacións, precisamente o ano que cumprimos 15 anos.
- 2012.- Non resultou un ano moi prolífico en actuacións (10 en total), pero tampouco foi un ano pobre, pensando que a marca está en 15 actuacións. Aínda así estreáronse seis novas cancións. Desde o punto de vista do colectivo, resaltar o casamento da soprano María José Soto o 28 de abril a quen se acompañou e cantou nunha emotiva cerimonia relixiosa. Destacar, desde o punto de vista coralístico a presentación do libro de Neira Vilas "100 anos do himno galego" no que fai referencia á Coral Polifónica por ser a primeira en homenaxear o centenario do Himno Galego e adicarlle unha Habanera, composta polo director Xabier Comesanha e letra do baixo José María Lema. O ano rematou co xa clásico Concerto de Nadal.
- 2013.- Neste ano hai que destacar, no mes de marzo, a viaxe a Oliveira do Bairro, preto de Aveiro, onde se pernoctou e tamén se fixo turismo pola "Venecia portuguesa" e a participación no II Festival de Habaneras, organizado pola Deputación provincial de Pontevedra, compartindo escenario cunha ducia de agrupacións. Namentras, o máis reseñable do ano, ao parecer do que escribe, foi o empece da renovación xeneracional, entrando seis novas voces femeninas (cinco sopranos -Alba, Uxía, Lucía, Taida e Sabela- e unha contraalto -Lucía), que aportaron xuventude especial ao colectivo, que desexa sigan as incorporacións de xente moza.
- 2014.- Neste ano hai que resaltar, no mes de outubro, tamén a viaxe ao interior de Portugal, concretamente a Resende-Viseu, invitados pola súa Coral, que cadramos con ela na viaxe de Oliveira do Bairro. Aproveitamos tamén a viaxe para facer turismo, concretamente á volta, por Oporto. Outra actuación, anterios a este, a destacar foi a misa (o día do Apóstolo) en San Domingos de Bonaval, con motivo da ofrenda floral a Rosalía de Castro. Segue sendo moi motivador para o colectivo e atraínte para o público o clásico Concerto de Nadal, no que sempre se incluen novedades, ademais das propias estreas.
- 2015.- Pode decirse que este ano pasou sen pena nin gloria e moi pouco que resaltar, a non ser a estrea do Himno do Club Deportivo Estradense no recentemente estreado campo municipal de fútbol no recinto da Academia Galega de Seguridade. As actuacións deste ano (10 en total) enmárcanse dentro da media xeral da Coral.