O secuestro express: o saqueo do pobo
Outra das prácticas que se levaban a cabo pola falanxe era a do secuestro express, isto é, retíñase a unha persoa até que recibían un rescate. Agora ben, esta fórmula tiña diversas modalidades. A miúdo se deixaba libre á vítima para que reunise a suma demandada, outras veces é a familia quen ten que facer fronte a e esta recolleita para facer o pagamento. Para entender a mecánica de funcionamento imos a estendernos en analizar o suceso máis emblemático polas consecuencias que logo traería, o caso do empresario estradense Manuel Esmorís Tizón. Persoa nada sospeitosa de esquerdista.
A principios do mes de setembro de 1936, Amable Durán, xefe local da Estrada lle chama ao local de Falanxe e lle informa que ten que pagar un imposto de 50.000 pts. e de donativo voluntario unhas 1.500 pts. Como estas cifras lle parecían desorbitadas estivo a queixarse ao alcalde Pedro Gil Crespo (quen dixo aquilo de “sei todo e non sei nada”), ao xefe provincial de Falanxe, Manuel Castro Pena (quen non só sabía senón que ordenaba), e sobre todo ao seu propio fillo, Angel Esmorís, que era militar da Mariña e que se alporizou ao saber o que estaba a acontecer e veu a correr á Estrada a protestar por esta situación.
Ao decatarse no “cuartelillo” da Estrada destas xestións acordaron deter a Esmorís o 17 de setembro de 1936 ás 9´00 da noite. Levando a cabo esta actuación Ricardo Menéndez Bustamante, Xefe Provincial de Investigación, coñecido como Florentino e alcumado o “cubano”, por ter estado refuxiado nesa illa, natural de Baños de Hervas (Cáceres) quen cos seus 30 anos, tiña unha “brillante folla de servizos”, tal como temos comentado, con medio cento de asasinatos no seu haber.
Xunto co Xefe Local expóñenlle a Manuel Esmorís claramente a cuestión: Entréganlle un documento onde facía doazón voluntaria de cincuenta mil pesetas e póñenlle un revolver no peito, non en tanto, dubidan en deixar a cousa así ou pegarlle varios tiros por avisar ao seu fillo. Finalmente optan por metelo nun coche e levalo a Santiago. Conduce o vehículo Luís Rodríguez Gómez, o chofer do Xefe Provincial. Pasan a noite no Hotel Estrella, onde lle pediron unha habitación que pechan por fóra. Ao día seguinte lévano ao Banco de España para cobrar o cheque, mais finalmente precisan do parabén do Goberno de Burgos para autorizar a retirada de semellante suma, cousa que levaría aínda o seu tempo se ben acabarían conseguindo. Volveron á Estrada a polas chaves da casa que Esmorís tiña en Santiago para ver de sacar algo por uns certificados que alí posuía, cousa que tampouco callou, polo que finalmente o ceiban co compromiso de facer efectiva dita suma, o que Manuel Esmorís aínda terá a intención de modificar cando menos no referido ao concepto: “imposto obrigatorio” e non “donativo voluntario” tal como lle poñían no recibo. Evidentemente, non lle fixeron caso. Aparentemente parece que a cousa quedou así, sen embargo a nivel popular estendeuse a idea de que a morte do fillo de Manuel Esmorís, Angel Esmorís Durán, non foi por “Dios y por España” como reza na fachada da igrexa parroquial, senón por outros motivos escuros que teñen que ver co anteriormente relatado.
Excesos de xuventude
Ao fin as contradicións internas xeradas por este tipo de conduta acaban rebentando e a falanxe sinte a obriga de facer un lavado de cara pola impopularidade que causaban as súas accións na súa propia base social que ou ben era esquilmada tamén, ou senón, simplemente non recibía un peso do reparto do botín. Polo que se permite en un primeiro momento a actuación do xuíz da Estrada, o galeguista Fermín Bouza Brey, quen comeza a instruír unha causa que provocará a detención dos principais dirixentes e homes de acción da falanxe local, e que logrará demostrar toda clase de delitos desde o asasinato, até o roubo, pasando por secuestro, malleiras, etc. Mais, ao rematar no despacho do xuíz militar quedou ao fin nun sobresemento, pois, a pesares de recoñecer os feitos no ditame recóllese que: “en los primeros días del Alzamiento Nacional, los falangistas que pertenecían a dicha Institución con anterioridad a dicha fecha, se aprestaron a cooperar al Movimiento Militar, y a tal efecto se reunieron en el Cuartel de falange de la Estrada, recibiendo órdenes del citado Jefe Provincial, MANUEL CASTRO PENA, y de los Jefes Locales de aquel Partido, comenzando por efectuar una depuración de los elementos de aquél término, a quienes se consideraba por sus antecedentes y actuación como afectos al Frente Popular. Y como en esos primeros momentos y para atender a las diversas contingencias de la Campaña que entonces comenzaba y a otras necesidades patrióticas, se precisaban medios económicos, los mencionados falangistas recurrieron a procedimientos demasiado expeditivos, organizaron requisas y suscripciones, con el fin de recoger el dinero necesario para aquellos fines” Mais sobre todo, o feito de que se “ejecutaban ciegamente, sin descirnir la licitud de lo que se les mandaba” as ordes de superiores fixo que o 23 de abril de 1938 o xeneral da 8ª rexión militar decretara o sobresemento da causa e a liberdade dos detidos, dando validez legal ao que se fixo nun primeiro momento de xeito informal, logo coa “lei de responsabilidades políticas” xa se sancionaría definitivamente o labor que de xeito indecoroso se fixo nun comezo.
En calquera caso a corrupción xeneralizada institucionalizouse, e borrouse o rastro daquela que se fixo de xeito descarado e que manchaba a algún dos que logo serían os máximos xefes do Franquismo durante máis de 40 anos. Lémbrese que o grande Antonio Puig era Secretario de Manuel Castro Pena naquela época, e era un dos que dicía que había que requisar un millón e medio de pesetas para rescatar a Primo de Rivera, escusa que serviu para secuestrar máis que para salvar a ninguén. Máis quen podía contar iso se algún dos máximos executores foi eliminado para non deixar pegadas? O 3 de febreiro de 1937 no cemiterio de Teis unha escuadra falanxista leva a fusilar ao “Cubano”. Como é perceptivo entre antigos camaradas permítenlle realizar a súa última vontade e pregúntalle cal é. Este contesta: “quero mexar” E estas foron as derradeiras palabras de quen tanto tiña que contar.