Forcarei
Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no concello de Forcarei
Francisco Rozados “Rochi” Parroquia de San Xoán de Meavía:
|
Parroquia de San Mamede de Millerada:
|
É verdadeiramente socorrido o pensamento de que os galegos consideramos terra allea aquela na que non dexergamos ningún cruceiro. Digamos que o cruceiro transcende o ámbito dos elementos etnográficos e dos símbolos para chegar a ser, ademais diso, case mobiliario aldeán. Ou sen case, porque moitos dos cruceiros que neste traballo veremos foron mudados de emprazamento, e algúns mesmo máis dunha vez. Os cruceiros forman tan parte material da nosa cultura e identidade histórica coma a Santa Compaña parte espiritual, e resultan tan fermosamente tópicos no noso contorno coma o carballo ou o castiñeiro nas nosas fragas.
Coma en toda Galicia, os nosos cruceiros serviron en tempos para nutrir toda caste de tradicións máis ou menos relixiosas, acompañadas ás veces por certas insercións rancias e superviventes de tradicións que máis tiñan que ver coa paganía. Persoas ofrecidas ó Santo Cristo da Agonía de Meavía daban voltas de xeonllos en torno á igrexa e cruceiro, e hai quen apunta: "... tamén a xente endiañada”. Moitos adoitaban ser adobiados con flores (aquí temos xa unha clara pervivencia pagá, a dos cultos naturalistas e fillos tanto da tradición druídica coma da grecorromana).
Existen mil detalles curiosos en torno a eles. Algúns, coma o de Quintelas de Riba, na parroquia de Dúas Igrexas, posuían un peto de pedra nun oco entre as pedras da base, hoxe perdido, onde os veciños metían cartos que axudarían despois a financiar a festa do lugar. Outros casan as lendas coas propias dos castros, coma no caso do de Soutelo, onde se cría que baixo o cruceiro e subindo pola rúa de Santo Domingo, había unha trabe de ouro e outra de alcatrán. Se se buscaba a de ouro, corríase o risco de atopar a de alcatrán, que queimaría a vila, lenda que tamén se atribúe ó castro de Loureiro, en Dúas Igrexas e á súa doncela, a Loureiriña. Garda, ademais, este cruceiro unha forte relación estilística e formal co de San Marcos, da lindeira freguesía de Pardesoa- posiblemente fosen os dous obra do mesmo autor-. Tamén se repite a lenda do tesouro deixado polos mouros no cruceiro de Vilariño (Millerada) e no da capela do Castro, en San Miguel de Presqueiras.
En case todos paraban antes os enterramentos, e moitos marcaban o camiño cara o mosteiro de Aciveiro ou a proximidade do río Lérez -de novo a dicotomía relixión-natureza-.
Nas ilustracións e fotografías acompañadas de textos específicos que seguen non están todos os que son, por non estendérmonos demasiado nas páxinas desta publicación. Un inventario máis exhaustivo daría o seguinte resultado -coa aclaración de que non todas as que se citan existen xa-.
* Cotaredo. Ano V. 2002
Coma en toda Galicia, os nosos cruceiros serviron en tempos para nutrir toda caste de tradicións máis ou menos relixiosas, acompañadas ás veces por certas insercións rancias e superviventes de tradicións que máis tiñan que ver coa paganía. Persoas ofrecidas ó Santo Cristo da Agonía de Meavía daban voltas de xeonllos en torno á igrexa e cruceiro, e hai quen apunta: "... tamén a xente endiañada”. Moitos adoitaban ser adobiados con flores (aquí temos xa unha clara pervivencia pagá, a dos cultos naturalistas e fillos tanto da tradición druídica coma da grecorromana).
Existen mil detalles curiosos en torno a eles. Algúns, coma o de Quintelas de Riba, na parroquia de Dúas Igrexas, posuían un peto de pedra nun oco entre as pedras da base, hoxe perdido, onde os veciños metían cartos que axudarían despois a financiar a festa do lugar. Outros casan as lendas coas propias dos castros, coma no caso do de Soutelo, onde se cría que baixo o cruceiro e subindo pola rúa de Santo Domingo, había unha trabe de ouro e outra de alcatrán. Se se buscaba a de ouro, corríase o risco de atopar a de alcatrán, que queimaría a vila, lenda que tamén se atribúe ó castro de Loureiro, en Dúas Igrexas e á súa doncela, a Loureiriña. Garda, ademais, este cruceiro unha forte relación estilística e formal co de San Marcos, da lindeira freguesía de Pardesoa- posiblemente fosen os dous obra do mesmo autor-. Tamén se repite a lenda do tesouro deixado polos mouros no cruceiro de Vilariño (Millerada) e no da capela do Castro, en San Miguel de Presqueiras.
En case todos paraban antes os enterramentos, e moitos marcaban o camiño cara o mosteiro de Aciveiro ou a proximidade do río Lérez -de novo a dicotomía relixión-natureza-.
Nas ilustracións e fotografías acompañadas de textos específicos que seguen non están todos os que son, por non estendérmonos demasiado nas páxinas desta publicación. Un inventario máis exhaustivo daría o seguinte resultado -coa aclaración de que non todas as que se citan existen xa-.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE ACIVEIRO: Data de 1893. De plataforma tripla e pequena basa triangular coas caras curvas. Fuste dividido en tres partes segundo a súa sección: cadrada, octogonal e cilíndrica. Ten a media altura a figura da Verónica portando a Santa Faz nun pano. O capitel é composto e a cruz cilíndrica. Nun lado o Cristo, enriba dunha caveira e tibias, cun anxo recolléndolle o sangue que lle agroma dun costado. No reverso a Virxe das Dores coa espada cravada, soportada por unha peaña con cabeza de anxo, e dous anxos máis soportando un dosel. O fuste mide 3,40 m., a basa 60 cm. e a cruz 1,60 m. Emprázase no adro do mosteiro de Aciveiro. O seu autor, Xosé Ferreiro, foi tamén o artífice dos cruceiros da igrexa de Forcarei, de Cerdedo e dun dos que conforman o Via Crucis de Quireza. Xosé foi un dos mellores mestres canteiros saídos da Terra de Montes, e naceu en torno a 1850 no veciño concello de Cerdedo. Ademais das fermosas mostras da súa arte na comarca, sábese que tamén traballou nos castelos ferroláns de A Palma e San Martiño, e morreu en 1910, esmagado por un carballo.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE MEAVÍA: Data do século XVIII. Érguese sobre plataforma cuádrupla, con dous graos superiores moldurados. Posúe alta basa cúbica con entrepanos rectangulares nas caras. O fuste é octogonal e o capitel composto. A cruz ten sección tamén octogonal. Imaxes de Cristo e a Virxe das Angustias sobre peaña. Abasa mide 85 cm., o fuste 2,40 m. e a cruz 1m. Emprázase no adro da igrexa de San Xoán de Meavía, fronte a ábsida. Funde os usos devocional e procesional. É tradición que no domingo de Pascua saia a procesión en tomo a el e mais á igrexa. Lémbrase que, antigamente, utilizábase o contorno do cruceiro para á venda de froitas, en especial cereixas, que se poñían na plataforma do mesmo. Persoas ofrecidas ó Santo Cristo da Agonía daban voltas axeonlladas en torno á igrexa e ó cruceiro. Mesmo a xente que se consideraba “endiañada”, é dicir, atribuíaselle tamén función exorcizadora. Non é moi probable que este cruceiro sufrira cambios de emprazamento, ou alomenos ninguén lembra oír falar deste suposto.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE VENTOXO: Data do século XVIII. Cun gran zócalo de apoio, plataforma dobre e basa cúbica sinxela. O fuste é octogonal (con comezo en sección cadrada). O capitel composto. A cruz cadrada con vértices redondeados. Imaxe de Cristo de estilo románico, coas costelas moi marcadas, e a figura dun freire (¿San Nicolás?) abrazando a súa perna dereita. Non está moi claro tampouco que a outra imaxe sexa a da Virxe ou a de Santa Bárbara. Está coroada por dous anxos, e sostén coas mans dous escapularios. Baixo dela, catro figuras espidas. A basa do cruceiro mide 40 cm., o fuste é de 2.20 m. e a cruz de 1 m. Na festa do Corpus e na do Santísimo (3° domingo de xullo) é tradición que saia a procesión da igrexa e dea unha volta ó redor do cruceiro, coa Custodia baixo palio. Diante do cruceiro, elabórase unha alfombra de flores e fentos compoñendo a figura da Custodia. Utilízanse sobre todo flores de codesos, hortensias, lirios da espadana e xestas. Tamén acostuma a se colocar diante da plataforma unha mesa con mantel. O pedestal que posúe é novo, arranxo de hai uns 25 anos, tempo no que tamén se restaurou a igrexa. O cruceiro perdeu a orixinal policromía.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE CASTRELO: De finais do século XVIII e principios do XIX, é un cruceiro elaborado de plataforma única, basa cúbica coas caras curvas e unha pequena mesa circular apoiada nun só pé cilíndrico. O fuste , de 3,10 m., é octogonal, pero cadrado ata o primeiro tercio da altura. O capitel é composto e a cruz biselada con remate dos cantos en flor. Imaxes de Cristo de talla moi naturalista e a Virxe Dolorosa con espada de ferro cravada no peito. A cruz mide 1 m., e a basa 65 cm. Emprázase a carón do templo parroquial, no lugar da Barciela, e tamén fica preto dunha Torre de Alarma do século XIV. O día da Patroa, Santa Mariña (18 de xullo), sae a procesión da igrexa, percorrendo a rúa lonxitudinal ata unha pedra-mesa colocada preto da estrada que vai a Folgoso. Alí, colócase un mantel na pedra e adórnase con flores, para dar a volta e seguir ata o fondo de novo. O cruceiro tamén se adorna con flores. Pode que o cruceiro sexa contemporáneo da reitoral, obra sobre a que se pode ler: “Esta obra se hizo siendo cura Dn. Alonso Reigosa 1859”.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE PEREIRA: De moi recente construción (anos 80-90 do século XX), substitúe ó primitivo que se perdera nun accidente. Ten escalinata dobre e basa cúbica sinxela, de 45 cm. De fuste octogonal 2,10 m. cun primeiro tramo cadrado. O capitel é esquemático, sen talla. Cruz de sección cadrada e biselada que mide 90 cm., coas imaxes de Cristo e unha Virxe sostida sobre unha peaña moi plana. Figura dentro dos camiños procesionais dos enterros. Tamén pasa ó seu redor a procesión nas festas desde a igrexa de San Bartolomeu. Atópase nun cruce de camiños, á beira da estrada que vai a Aciveiro, marcando o punto de entrada á igrexa da parroquia de Pereira.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE OUINTILLAN: Data do século XIX, aínda que a basa sobre a que se apoia, pola súa tipoloxía e inscricións, con toda seguridade serán de séculos anteriores (XVI ó XVIII). É un cruceiro moi elaborado, de plataforma tripla cuadrangular sobre a que se ergue, no derradeiro grao, unha mesa. A basa é cubica, con gravados en relevo de cunchas. O fuste, de 1,81 m., é de sección circular con éntase na parte central. No seu corpo dispóñense, con gran volume, elementos propios da paixón: escaleira, lanza, columna, martelo, man, cántaro, galo... Ten as imaxes de Cristo e da Nosa Señora das Angustias moi pegadas á cruz. É o de composición máis barroca de todo o acervo etnográfico do concello. Emprázase actualmente na carballeira de entrada ó adro da igrexa parroquial de San Pedro de Quintillán, aínda que foi trasladado dúas veces nos derradeiros vinte anos. Posiblemente a basa pertenza a un cruceiro antigo ó que substituiría o actual. Introduce este exemplar innovacións formais, no groso vulto escultórico das pezas máis representativas: o fuste, o capitel e os relevos. En torno seu, sae a procesión o día da festa de San Pedro, desde o templo e o cemiterio adxacentes. No cemiterio atópanse esculturas funerarias de prodixiosa talla.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE PARDESOA: Procede de entre os séculos XVII e XVIII, agás a cruz e imaxes, que son do XX. De plataforma tripla con mesiña no grao superior, basa de 45 cm. cúbica con entrepanos nos lados e unha figura de peregrino ou crego con báculo. Fuste cilíndrico de 1,90 m., estriado, no que metade das estrías desaparecen a partir da altura central. O capitel é composto e moi alongado. A cruz é moderna, mide 1 m. e presenta sección circular coas imaxes de Cristo e a Virxe. Atópase na carballeira de entrada á igrexa parroquial de Santiago de Pardesoa. Na mesma carballeira tamén se conmemora a célebre festividade de San Bieito. Utilízase nas procesións que saen da igrexa de Santiago, para dar a volta e volver cara o templo. O contorno é especialmente fermoso, con carballos, cipreses e prados, lonxe das edificacións, nun lugar afastado onde só se atopan o cruceiro, a igrexa e o campo da festa.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE DÚAS IGREXAS: O pedestal, octogonal de dous graos, pertence ó século XIX. O fuste e o grupo de imaxes da cruz ó derradeiro terzo do século XX. A basa tamén é octogonal e con moldura de remate. Sobre ela érguese un cono piramidal e segue o fuste cadrado e biselado. O capitel é de estilo corintio, pero nos recantos remata en cabezas de anxo en lugar de nas tópicas follas de acanto. A cruz é cadrada e tamén biselada, coas imaxes de Cristo e a Virxe. Esta, con vestimentas moi pregadas, sobre unha peaña con cabezas de anxo. A basa mide 90 cm., o fuste 2,50 m. e a cruz 1 m. Emprázase ó pé da igrexa parroquial de Santa María de Dúas Igrexas, e sustitúe, coma no caso de Pereira, ó antigo que foi derrubado nun accidente, e foi logo reconstruído pola Escola-obradoiro Terra de Montes. Nas numerosas festas da parroquia: o Corpus, a Santa Lucía, o San Amaro e o Rosario marcaba o punto por onde pasaba a procesión, e era adornado (no Corpus con flores). Tamén se colocaba sobre el un mantel branco.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE MADANELA: Atópase no adro da igrexa de Santa María Madanela, en Soutelo de Montes, e data dos anos 60 do pasado século. Posúe un gran zócalo na base, que repite o perímetro da varanda de cerre. Pequena basa cúbica, de 40 cm. e fuste octogonal de 2,5 m. Na media altura ten a figura do apóstolo Santiago a imitación da imaxe sedente que figura no parteluz do pórtico da Gloria. Capitel composto e cruz cadrada de 1 m., biselada con remate en puntas da cruz do Santo Oficio. Imaxes de Cristo por unha cara, e pola outra do apóstolo vestido de peregrino co neno Xesús en brazos. Amósase en moi bo estado de conservación e moi ben inserto no contorno no que se atopa. É dos máis modernos canto á súa construción, exceptuando os casos de varios exemplares que tiveron de ser reconstruídos por mor dalgún accidente ou sumo desgaste. Tamén, que saibamos, é o único no que figura o tema do apóstolo Santiago como coprotagonista icónico. Está, ademais, moi ben emprazado e protexido pola varanda que o arrodea e que configura un espazo exclusivo que o remarca.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE FORCAREI: Data de finais do século XIX, e a súa autoría débese ó mesmo artífice do de Aciveiro, Xosé Ferreiro. Posúe un zócalo octogonal con moldura de remate. A basa e cúbica con caras curvas, e catro atlantes en figuras de nenos sosteñen a cornixa da que arranca o fuste, cilíndrico e con estrías. A media altura ten unha figura feminina de sinuosa postura sobre peaña de volutas. O capitel é composto e con cabezas de anxos. A cruz é cilíndrica e presenta nodosidades vexetais. Imaxe moi naturalista de Cristo, cun anxo ó que lle falta a cabeza recolléndolle o sangue, e a Virxe coroada por dous anxos moi separados do pao horizontal. Ata os anos oitenta localizábase no medio da praza da igrexa. O estado de conservación é bo. É, coma tódolos do seu autor, de talla naturalista e de formas lanzais e ben proporcionadas. Forma un bo conxunto co templo parroquial de San Martiño de Forcarei e co espazo adral, hoxe convertido nunha praza de amplas proporcións e de deseño clásico e aberto.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE MILLERADA: Procede dos séculos XVII-XVIII. Emprázase en riba do muro posterior que pecha o adro da igrexa de San Mamede de Millerada. Na parte interior do mesmo ten unha mesa achegada a el, que en realidade son dúas pegadas, unha de base plana e dun só lenzo e outra diante, máis pequena, con soporte curvo. Na mesa, dous pináculos franquean a base do cruceiro. O fuste é cilíndrico, alto e con capitel composto. A cruz é de sección tamén cilíndrica, coas imaxes de Cristo e a Virxe Dolorosa sobre peaña vexetal. A basa ten unha medida de 50 cm., o fuste ten 2,50 m. e a cruz mide 1 m. O día 11 de agosto (día do Santísimo) fáiselle unha ofrenda floral na base (tema da imaxe floral do cáliz coa sagra forma) e, na procesión que sae da igrexa, acostuma a facérselle tamén unha reverencia. Non se aprecian, por outra banda, transformacións de relevancia alleas ás trazas barrocas orixinais.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE PRESQUEIRAS: A basa, o fuste e o capitel datan dos séculos XVII-XVIII, a cruz, as imaxes e a mesa, do século XX. Non ten plataforma, pero si unha ampla base con mesa. A basa é octogonal con derrame cara o fuste, tamén octogonal ata máis arriba da altura media, en que aparecen dúas pequenas figuras e o fuste tórnase estriado. O capitel é composto, coas volutas invertidas. A cruz é de cativo tamaño, cadrada e coas imaxes de Cristo e a Virxe. Emprázase en fronte á fachada da igrexa parroquial de Santa Mariña. A basa ten unha medida de 60 cm., o fuste 2,30 m. e a cativa cruz só 75 cm. Haberá uns 25 anos substituíuse a plataforma orixinal redonda por extensa lousa de pedra e unha mesa que morde parcialmente o fuste. Aínda anterior foi o cambio ou reformas no grupo escultórico da cruz, con amaños de nova man nas imaxes, total ou parcialmente. É adornado con flores nas festividades de San Antonio, Santa Mariña (a patroa) e de Corpus.
- CRUCEIRO PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS: Cruceiro sinxelo do século XVIII. Non ten plataforma. A basa, de 50 cm., é cúbica con entrepanos cadrados nas caras. O fuste de 1,85 m. é cilíndrico, e o capitel xónico e con varios colariños. Ten unha cruz de 70 cm. cadrada asentada no propio capitel, cun ensanchamento a xeito de base. Ten unha pequena base- mesiña no seu fronte. Atópase no terreo que hai entre o templo parroquial e o cemiterio arrimado. No cemiterio parroquial tamén se atopa o sartego do pintor Virxilio Blanco. Función votiva do cruceiro en desuso, e función procesional unha vez ó ano, na festa do patrón da freguesía, San Miguel. Cabe sinalar que a mesiña repousadoiro semella obra distinta do resto do conxunto, pola irregularidade da peza horizontal. As vistas desde a paraxe onde se atopa o grupo parroquial conformado pola igrexa, o cruceiro e o cemiterio, son das máis fermosas que podemos atopar na Terra de Montes.
- CRUCEIRO DE QUINTELAS: Sito na aldea de Quintelas (Dúas Igrexas), data de 1863. Elévase nunha plataforma triple sobre zócalo xa de por si elevado de cachotería. A basa é cúbica, con entrepanos cadrados nas caras. Con fuste octogonal e biselado, de 2,80 m., presenta elementos da paixón de Cristo nunha cara. O capitel é xónico con cabezas de anxo entre as volutas. Cruz circular con nodosidades vexetais. A imaxe de Cristo está sen brazos.A cruz mide 90 cm. Marcaba o camiño de paso para o mosteiro de Aciveiro.
- CRUCEIRO DE VALIÑAS (Dúas Igrexas): Data de entre os séculos XVII e XVIII. Parte dunha basa formada pola superposición irregular de lousas de pedra horizontais ata chegar a unha peza maior e de mellor labra cadrada. Fuste octogonal de 1,25 m. e capitel groso de caras moi marcadas baixo un anel tamén groso e formado por relevos de aspiración en volutas con faces de anxo centrais. Cruz de sección rectangular coas imaxes de Cristo e a Virxe, de pouco vulto. O emprazamento non é o orixinal.
- CRUCEIRO DE QUINTILLÁN: do ano 1874, con dous pasos de cachotería para atopar o equilibrio na ladeira. Presenta fuste cadrado e biselado de 1,39 m. e remates en ménsula cara o capitel, sinxelo e de molduras horizontais curvas. A cruz, que mide 75 cm., non ten imaxes e é de sección tamén cadrada e biselada. Atópase nun cruce de camiños, próximo á estrada de Quintillán, a onde se cambiou haberá uns 25 anos. Fora traído de Aciveiro á aldea de Casetas e posteriormente trasladado a Quintillán.
- CRUCEIRO DE A MÁMOA (Castrelo): do ano 1801. De plataforma dobre sobre zócalo de cachotería. Basa composta de varias molduras e perfil curvo. Fuste cilíndrico liso. Capitel de estilo xónico ó que lle faltan dúas volutas. Contén inscricións no perímetro do primeiro corpo da basa e na moldura central (a súa data). O fuste mide 2,30 m. Sofre a perda tamén da cruz. Emprázase nun cruce de camiños ó pé duna carballeira.
- CRUCEIRO DA MÁMOA (Dúas Igrexas): Data dos séculos XVIII-XIX, e é o único que sobrevive da antiga igrexa da parroquia desafectada ó culto a finais do século XIX. Emprázase nun lugar a medio camiño da Igrexa e Quintelas. É de base cúbica sinxela, con debuxo de entrepano na cara principal. O fuste, de 80 cms. (seccionado), ten corte cadrado e dividido en segmentos verticais con relevos: amósegas verticais, flor de lis...e na parte posterior unha frecha cara abaixo e outros motivos.
- CRUCEIRO DE HERMOSENDE (Millerada): Cruceiro de moi dispar datación, posto que as imaxes e o capitel datan do século XVIII, o fuste e a basa foron reformados no XIX e a plataforma é de finais do século XX. Abasa é cúbica con caras lixeiramente curvas. Fuste, de 2,30 m., cadrado e con arestas biseladas. Contén elementos da paixón de Cristo: escaleira, cáliz e tenaces. Capitel xónico e cruz cadrada e biselada, rematando as puntas en flores de lis. Imaxes de Cristo e a Virxe, dolorosa, coa peaña encastrada no capitel.
- CRUCEIRO DE SOUTELO: Data dos séculos XVII-XVIII. Con plataforma dobre, basa cúbica baixa e fuste de 2.90 m. de sección circular con estrías en forma de escamas lineais. O capitel é composto e con cabezas de anxos entre as volutas superiores. A cruz de 1 m. de altura é de sección cadrada, con listóns perimetrais. Imaxes dun Cristo e a Virxe sostida por unha peaña de cabeza de anxo. É de carácter votivo. Parece ser, polas trazas estilísticas, do mesmo autor co cruceiro de San Marcos.
- CRUCEIRO DE SAN MARCOS (Pardesoa): Data tamén dos séculos XVII-XVIII. De plataforma igualmente dobre e basa cúbica con debuxos de cadrados e círculos, do cáliz e a sagra forma. Fuste de 2,10 m., cilíndrico e con interesantes estrías a xeito dun revestimento de escamas. Capitel composto e cruz cadrada estriada, e imaxes de Cristo e a Virxe pregando sobre peaña con cabezas de anxos. Posúe unha evidente inclinación. Sitúase no camiño sacramental cara o cemiterio. Paraban os enterramentos diante.
- CRUCEIRO DE VILARIÑO (Millarada): Do século XIX. É un cruceiro sinxelo, con plataforma dun único grao. Basa cúbica sinxela sobre a que se ergue un alto fuste (2,80 m.) de sección octogonal con arranque cadrado. Capitel interesante cun corpo circular liso e outro formado por volutas xónicas e cabezas centrais de anxos. De cruz cadrada con rebaixes nas arestas, e despedindo raios celestiais na intersección dos dous brazos da mesma. Marca o punto de procesión que sae da capela da Virxe dos Milagres.
- CRUCEIRO DE SANTIAGO (Pardesoa): Data do século XIX a columna e do XX a cruz e a imaxe do Cristo (hoxe separada da cruz). Non conserva pedestal. A basa é de molduras curvas moi pronunciadas e o fuste, de 1,55 m., octogonal. Capitel interesante, interpretación dun composto. Cruz de sección cilíndrica e imaxes dun Cristo e a Virxe María sobre unha peaña con cabeza de anxo.
* Cotaredo. Ano V. 2002
Cruceiros de Forcarei (1985)
Manuel Reimóndez Portela
Aciveiro
SITUACIÓN: Parroquia de ACIVEIRO, na praza da igrexa e mosteiro.
BASEAMENTO: Plataforma: Tres graos cuadrangulares, con unha gran mesa que sae do primeiro e segundo graos. Pedestal: Cuadrangular con fonda «gorxa». VARAL: Comenza cuadrangular, segue octogonal, para 'rematar cilíndrica. Na sección octogonal unha imaxe da Virxe amosando a face do «Ecce Homo». CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertida, abaixo cilíndrico, con moitos enfeites e un anxo en cada face. CRUCIFIXO: Cruz redonda espiñosa. Anverso: Cristo crucificado, tres cravos, mans medio pechadas, co segundo e terceiro dedos tesos bendicíndonos. Cara para dereita, coroa de espiñas. I.N.R.I. Un anxo recolle nunha copa o sangue de Cristo. Tibias no fondo da caveira. Reverso: Virxe dos Dores, cravada por unha espada, peaña con un anxo. Un anxo a cada lado sosteñen un lenzo cubrindo a cabeza da Virxe. ALTURA: Máis de seis metros. INSCRICIÓN: No pedestal: Este cruce NO SE CONSTRUYO SIENDO CURA PÁRROCO D. ELIAS FONTE RODRIGUEZ CONSERVACIÓN: Moi boa. PROPIEDADE: Da igrexa. Por detrás: AÑO DE 1.893 |
|
SITUACIÓN: Parroquia de ACIVEIRO, ó Nordeste do Mosteiro, achegado ó camiño.
BASEAMENTO:
Plataforma: De tres graos cuadrangulares. Pedestal: Cúbico, biselado.
VARAL: Varal e cruz dunha peza dun metro e medio de altura máis ou menos, sección cadrada biselada.
CAPITEL: Non ten.
CRUCIFIXO: Cadrado biselado. Non ten imaxes.
ALTURA: Dous metros e medio.
INSCRICIÓN: Polo Sur: SE HIZO EN
1.880
CONSERVACIÓN: Mala.
BASEAMENTO:
Plataforma: De tres graos cuadrangulares. Pedestal: Cúbico, biselado.
VARAL: Varal e cruz dunha peza dun metro e medio de altura máis ou menos, sección cadrada biselada.
CAPITEL: Non ten.
CRUCIFIXO: Cadrado biselado. Non ten imaxes.
ALTURA: Dous metros e medio.
INSCRICIÓN: Polo Sur: SE HIZO EN
1.880
CONSERVACIÓN: Mala.
Castrelo
SITUACIÓN: Parroquia de CASTRELO, xunto a igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos. Pedestal: Cuadrangular con «gorxa», diante unha pequena mesa redonda con un só pé. VARAL: Octogonal, lisa. CAPITEL: Cuadrangular cun anxo en cada cara. CRUCIFIXO: Octogonal, liso. Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza para a dereita, mans pechadas, coroa de espiñas. Reverso: Virxe dos Dores, cravada cunha espada. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Boa. |
|
Dúas Igrexas
SITUACIÓN: Parroquia de DÚAS IGREXAS, lugar de Valiñas, no medio dunha praciña.
BASEAMENTO: Plataforma: Unhas pedras irregulares, postas de calquera maneira. Pedestal: Cúbico biselado. VARAL: Octogonal ,lisa. CAPITEL: Empeza redondo cilíndrico e segue cuadrangular con enfeites. CRUCIFIXO: Cuadrangular. Anverso: Imaxe de Cristo crucificado, cabeza para dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos. I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Virxe pregando. ALTURA: Uns tres metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de DÚAS IGREXAS, diante da igrexa, nunha praza,
BASEAMENTO:
Plataforma: Dous graos cuadrangulares.
Pedestal: Octogonal e derriba outro máis pequeno tamén octogonal.
VARAL: Comeza cuadrangular e segue octogonal.
CAPITEL: Cuadrangular, cun anxo en cada ángulo e enfeites en cada cara.
CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado.
Anverso: Sen imaxe de Cristo crucificado que lle caeu.
Reverso: Virxe pregando moi traballada, con moitos enfeites.
ALTURA: Uns sete metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública, Foi reformado máis dunha vez, a derradeira tirouno un camión, erguéndose de novo e cambiando un chisco de sitio.
BASEAMENTO:
Plataforma: Dous graos cuadrangulares.
Pedestal: Octogonal e derriba outro máis pequeno tamén octogonal.
VARAL: Comeza cuadrangular e segue octogonal.
CAPITEL: Cuadrangular, cun anxo en cada ángulo e enfeites en cada cara.
CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado.
Anverso: Sen imaxe de Cristo crucificado que lle caeu.
Reverso: Virxe pregando moi traballada, con moitos enfeites.
ALTURA: Uns sete metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública, Foi reformado máis dunha vez, a derradeira tirouno un camión, erguéndose de novo e cambiando un chisco de sitio.
SITUACIÓN: Parroquia de DÚAS IGREXAS, lugar de Quintela. Nunha encrucillada no chamado «campo do cruceiro».
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos cuadrangulares, enriba dunhas pedras.
Pedestal: Cuadrangular liso con INSCRICIÓN. VARAL: Comeza cuadrangular, co enfeito dun cáliz na cara esquerda, segue octogonal, e remata como empezou.
CAPITEL: Cuadrangular con enfeites e un anxo en cada cara.
CRUCIFIXO: Cilíndrico espiñoso.
Anverso: Cristo crucificado coa cabeza para dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Fáltalle o brazo dereito, apedrado por uns rapaces.
Reverso: Imaxe da Virxe pregando, con coroa enriba, ou sostida por unha peaña e un anxo. ALTURA: Uns sete metros.
INSCRICIÓN: Tena no pedestal:
ADVCAON BENI T O FERNANDEZ ... AÑO 1.863
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos cuadrangulares, enriba dunhas pedras.
Pedestal: Cuadrangular liso con INSCRICIÓN. VARAL: Comeza cuadrangular, co enfeito dun cáliz na cara esquerda, segue octogonal, e remata como empezou.
CAPITEL: Cuadrangular con enfeites e un anxo en cada cara.
CRUCIFIXO: Cilíndrico espiñoso.
Anverso: Cristo crucificado coa cabeza para dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Fáltalle o brazo dereito, apedrado por uns rapaces.
Reverso: Imaxe da Virxe pregando, con coroa enriba, ou sostida por unha peaña e un anxo. ALTURA: Uns sete metros.
INSCRICIÓN: Tena no pedestal:
ADVCAON BENI T O FERNANDEZ ... AÑO 1.863
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública.
Forcarei
SITUACIÓN: Parroquia de FORCAREI, nunha praza diante da igrexa do pobo.
BASEAMENTO: Plataforma: Tronco pirámide cuadrangular formado por moitas pedras. Pedestal: Cuadrangular con «gorxa» e unha imaxe en cada esquina. VARAL: Empeza cadrada, segue redonda estreitándose, con estrías, cara anterior un anxo. CAPITEL: Cuadrangular con moitos enfeites, con un anxo en cada cara. CRUCIFIXO: Cilíndrico espiñoso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza para dereita, mans pechadas, tres cravos, coroa de espiñas, tivo un anxo recolléndolle o sangue. I.N.R.I. Reverso: Virxe pregando, con dous anxos ós seus pés. Un anxo nos brazos da cruz sostéñenlle unha coroa. ALTURA: Uns seis metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
Madanela, A
SITUACIÓN: Parroquia de MADANELA, lugar de Soutelo, nunha pequeniña praza, onde a mesma estrada xeral Pontevedra-Ourense.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos cuadrangulares. Pedestal: Cuadrangular biselado. VARAL: Cilíndrico con enfeites, como pequeniñas fochancas. CAPITEL: Empeza redondo e remata cuadrangular con debuxos e un querubín por cara. CRUCIFIXO: Cadrado, biselado, liso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza para diante, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Virxe pregando sostida par un anxo ós pés. ALTURA: Máis de cinco metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. Persoas moi vellas recórdano de sempre. Trasladouse fai uns anos, soamente uns metros para poñelo máis no medio da praciña. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de MADANELA, Soutelo de Montes. Onda a igrexa parroquial.
BASEAMENTO:
Plataforma: Unha gran base de pedras angubiadas de un metro de alto máis ou menos. Pedestal: Cuadrangular biselado.
VARAL: Empeza cadrada e segue octogonal, cunha imaxe de Santiago, sentado.
CAPITEL: Cuadrangular, con ángulos moi saíntes, en moitos enfeites e un «rosetón» en cada cara.
CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado.
Anverso: Cristo crucificado, cabeza para a dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos. I.N.R.I.
Reverso: Imaxe dun peregrino co Neno Xesús sostido polo brazo esquerdo e na man dereita o báculo coa cabaza.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Moi boa.
PROPIEDADE: Da Igrexa.
BASEAMENTO:
Plataforma: Unha gran base de pedras angubiadas de un metro de alto máis ou menos. Pedestal: Cuadrangular biselado.
VARAL: Empeza cadrada e segue octogonal, cunha imaxe de Santiago, sentado.
CAPITEL: Cuadrangular, con ángulos moi saíntes, en moitos enfeites e un «rosetón» en cada cara.
CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado.
Anverso: Cristo crucificado, cabeza para a dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos. I.N.R.I.
Reverso: Imaxe dun peregrino co Neno Xesús sostido polo brazo esquerdo e na man dereita o báculo coa cabaza.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Moi boa.
PROPIEDADE: Da Igrexa.
Meavía
SITUACIÓN: Parroquia de MEAVÍA, no adro da igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Catro graos cuadrangulares. Pedestal: Moi grande, cuadrangular con enfeites. VARAL: Octogonal ,lisa. CAPITEL: Empeza cilíndrico para seguir cuadrangular con enfeites nos saíntes e un anxo en cada cara, CRUCIFIXO: Octogonal ,liso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza para dereita, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos. Reverso: Virxe das Angustias. Un anxo ós pés. ALTURA: Uns sete metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
Millarada
SITUACIÓN: Parroquia de MILLARADA. No cemiterio.
BASEAMENTO: Plataforma: Un grao cuadrangular. Pedestal: Cuadrangular, grande, estreitado no medio, formando unha mesa na parte de abaixo. VARAL: Cilíndrica, lisa. CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido con enfeites. CRUCIFIXO: Cilíndrico, espiñoso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza lixeiramente para diante, mans medio pechadas, tres cravos, coroa de espiñas. I.N.R.I. Reverso: Virxe Dolosa coa espada cravada. ALTURA: Uns seis metros. INSCRICIÓN: Non ten, mais puido telas no pedestal. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de Millarada, na encrucillada chamada «O cruceiro». Hermosende.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos polo Norte e tres polo Sur, de pedras moi movidas. Pedestal: Cuadrangular, biselado. VARAL: Empeza e remata cuadrangular sendo o resto octogonal; arriba ten unha estrela de seis puntas en cada cara e imaxes da Paixón: esca•leira, lanza, martelo, man, tenaces. CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido, con «volutas» nas esquinas j un anxo en cada cara. CRUCIFIXO: Octogonal. Anverso: Cristo crucificado, cabeza lixeiramente para diante, mans abertas, tres cravos, coroa de espiñas. I.N.R.I. Reverso: Pequena imaxe das Angustias, co Fillo deitado no colo coa cabeza para esquerda. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Regular. PROPIEDADE: Pública. |
|
Pardesoa
SITUACIÓN: Parroquia de PARDESOA, no rueiro da parroquia.
BASEAMENTO: Plataforma: Tres graos cuadrangulares polo Este e catro polo Oeste. Pedestal: Cuadrangular ou cúbico. VARAL: Cilíndrica, estriada, CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido con enfeites e debuxos. CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso. Anverso: Cristo crucificado coa cabeza cara diante, mans pechadas, coroa de espiñas, tres cravos .I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Virxe pregando. ALTURA: Uns seis metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. Na mesa e costume pousar a caixa co cadáver camiño do cemiterio. |
|
Pereira
SITUACIÓN: Parroquia de PEREIRA. Nunha encrucillada de camiños a uns 300 m. da igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma\ Enriba dun penedo con tres graos de plataforma polo Este e un polo Oeste, cuadrangulares. Pedestal: Moi baixiño, cuadrangular. VARAL: Empeza cuadrangular, segue octogonal e remata tamén. Cara esquerda un anxo. CAPITEL: Cuadrangular. CRUCIFIXO: Cuadrangular. Anverso: Cristo crucificado, cara pouco para dereita, mans pechadas, tres cravos, sostido por unha peaña. Cúbrelle a cabeza un «dosel». Reverso: Imaxe da Nosa Señora das Angustias. ALTURA: Uns catro metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Mala. PROPIEDADE: Pública. |
|
Presqueiras, San Miguel
SITUACIÓN: Parroquia de SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS, lugar de O Castro. De fronte da capela da Nosa Señora dos Remedios.
BASEAMENTO:
Plataforma: Un grao, case que enterrado. Pedestal: Pequeno, cuadrangular.
VARAL: Octogonal, lisa.
CAPITEL: Empeza cilíndrico e segue en forma de pirámide cuadrangular invertida,
CRUCIFIXO: Cruz de sección cuadrangular lisa. Non ten imaxes.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non se ollan.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública.
BASEAMENTO:
Plataforma: Un grao, case que enterrado. Pedestal: Pequeno, cuadrangular.
VARAL: Octogonal, lisa.
CAPITEL: Empeza cilíndrico e segue en forma de pirámide cuadrangular invertida,
CRUCIFIXO: Cruz de sección cuadrangular lisa. Non ten imaxes.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non se ollan.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública.
SITUACIÓN: Parroquia de SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS, no cemiterio.
BASEAMENTO:
Plataforma: Soamente unha pedra a rentes do chan.
Pedestal: Cúbico
VARAL: Cilíndrica, lisa.
CAPITEL: Cilíndrico e segue cuadrangular.
CRUCIFIXO: Rectangular. Non ten imaxes.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública. Pola cara Este ten unha mesa de pedra.
BASEAMENTO:
Plataforma: Soamente unha pedra a rentes do chan.
Pedestal: Cúbico
VARAL: Cilíndrica, lisa.
CAPITEL: Cilíndrico e segue cuadrangular.
CRUCIFIXO: Rectangular. Non ten imaxes.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública. Pola cara Este ten unha mesa de pedra.
Presqueiras, Santa Mariña
SITUACIÓN: Parroquia de SANTA MARIÑA DE PRESQUEIRAS, lugar de Alfonsín. Diante da entrada da igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Unha BASEAMENTO redonda. Pedestal: Octogonal, biselado. VARAL: Octogonal ata máis da metade, despois segue con estrías, dous corazóns cravados por unha espada. CAPITEL: Empeza cilíndrico e segue cuadrangular con debuxos. CRUCIFIXO: Cuadrangular liso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza para dereita, mans abertas, coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Virxe pregando. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. Polo cemento que ten na BASEAMENTO semella que foi trasladado recentemente. |
|
Quintillán
SITUACIÓN: Parroquia de QUINTILLÁN, preto a igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Tres graos cuadrangulares, enriba do derradeiro ten unha mesa moi «traballada». Pedestal: Cuadrangular baixo, unha caveira en cada vértice e tibias en X en cada cara. VARAL: Empeza cadrada, parecendo un segundo pedestal, con unha concha en cada cara, segue cilíndrica, lisa con signos da Paixón: «garita», sable, tenaza, cravos, hisopo, columna, galo, cántaro, man, coroa de espiñas, martelo, tralla, lanza, escaleira, e remata coa face de Cristo. Dúas imaxes, S. Francisco, S. ¿Pedro? CAPITEL: Cuadrangular con moitos enfeites. CRUCIFIXO: Cadrado, biselado. Anverso: Cristo crucificado, cabeza para dereita, mans abertas, coroa de espiñas. I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Nosa Señora das Angustias. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Na base da columna ou varal: AÑO DE ... (ilexible) CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de Quintillán, preto dunha taberna ó Sur do pobo.
BASEAMENTO:
Plataforma: Con algúns graos cara ó Norte e un só para o Sur.
Pedestal: Cúbico.
VARAL: Octogonal, lisa.
CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertida.
CRUCIFIXO: Octogonal, liso. Non ten imaxes.
ALTURA: 2,5 m. máis ou menos.
INSCRICIÓN: Polo Norte do pedestal, ilexible.
CONSERVACIÓN: Mala.
PROPIEDADE: Coidase que foi traído de Aciveiro, á Caseta e despois a Quintillán.
BASEAMENTO:
Plataforma: Con algúns graos cara ó Norte e un só para o Sur.
Pedestal: Cúbico.
VARAL: Octogonal, lisa.
CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertida.
CRUCIFIXO: Octogonal, liso. Non ten imaxes.
ALTURA: 2,5 m. máis ou menos.
INSCRICIÓN: Polo Norte do pedestal, ilexible.
CONSERVACIÓN: Mala.
PROPIEDADE: Coidase que foi traído de Aciveiro, á Caseta e despois a Quintillán.
Ventoxo
SITUACIÓN: Parroquia de VENTOXO, encrucillada, no medio do lugar, preto da capela de S .Nicolás.
BASEAMENTO: Plataforma: Catro graos cuadrangulares. Pedestal: Cuadrangular biselado. VARAL: Empeza cuadrangular e segue octogonal, lisa. CAPITEL: Cuadrangular, anxo en cada cara. tibias en X debaixo da cara anterior. CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado. Anverso: Cristo crucificado (fáltalle o brazo dereito), cabeza para dereita, mans abertas, coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Unha imaxe abraza a perna dereita de Cristo. Reverso: Virxe María con un escapulario en cada man, xente ós seus pés. Nos brazos da cruz a cada lado un anxo sosténdolle a coroa. Puidera ser a imaxe da Virxe do Carme, outros din que é a de Sta. Bárbara. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Mala; fai anos uns mozos bébedos rompéronlle un brazo. PROPIEDADE: Pública. |
|