Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
Luís Fajundes Lorenzo
Adicado a Bego e á miña filla Mariña Fajundes.
Os cabalos galopan a máis non poder e pronto os xinetes pensan alcanzar o carromato onde viaxa o Auditor de Rota, Ministro de plenos poderes do Rei de España Fernando VI, quen coa súa astucia mellorou o Concordato de España con Roma; o que non saben é que ese mesmo galego tíñalles preparada unha última artimaña, as ferraduras dos cabalos estaban postas ao revés. Nunca o alcanzarían. Esta anécdota, contada por un veciño de Santa Cristina de Vea, ven a ilustrar a fama de astuto e de grandes dotes para a diplomacia que tiña este personaxe de quen imos a tratar, e dos cales fixo gala alá no Vaticano, en Roma.
Moitos anos máis tarde, unha Señora da Costa e un neno camiñan pola Alameda de Santiago, ao ver o semblante da estatua que alí está abaixo das súas escalinatas, a señora dille ao sorprendido neno, “Ves, ese home naceu na túa casa”. Así empeza esta historia.
En Santa Cristina de Vea, no lugar da Costa, hai unha casa na cal afirman algúns veciños que naceu DON MANUEL VENTURA FIGUEROA BARREIRO o día 21 de Decembro do ano de 1708. Este personaxe chegou a ostentar o cargo de “ Presidente-Gobernador do Real Consello e Cámara de Castilla” , á cal pertenceu durante dez anos. Aos 19 anos graduouse de Bachiller en Leis na Universidade de Santiago, bachiller en Cánones pola Universidade de Valladolid, Licenciado e doutorado en Ávila, en 1733 gaña por oposición a Canongía doutoral de Ourense. Foi un dos galegos que tivo máis poder e máis cargos de Estado e nas altas esferas eclesiásticas. Ademais de Gobernador, Ventura Figueroa Barreiro, o mesmo que ten unha estatua na Alameda de Santiago, tivo todos estes que seguen, Abade da parroquia da Trindade de Ourense, Ministro da Cámara de Castilla, Protector do Mosteiro de El Escorial, Visitador Xeral do Padroado de Granada, Auditor de Rota en Roma, Ministro plenipotenciario do Rei Fernando VI, Arcediano de Nendos, Abade de Burgohondo, Pro-Capelán e Limosneiro Maior da Súa Maxestade, Vicario Xeral dos Reais Exercitos e Armada, Gran Canciller da Real distinguida Orde De Carlos III, Arcebispo de Laodicea e Patriarca das Indias, Comisario apostólico Xeral da Santa Cruzada, Colector Xeral Xuíz Apostólico dos espolios e vacantes e medias anatas eclesiásticas.
Non obstante, tamén pasou a ser coñecido pola súa famosa Fundación benéfica pola cal os seus descendentes, os “ figueroístas”, recibiron axuda para os seus estudos universitarios e tamén obtiveron dotes matrimoniais miles de xóvenes.
Manuel Ventura, faleceu en Madrid o 3 de Abril de 1783 e foi enterrado na Igrexa de San Martín, derruída no 1836, co cal ignórase onde foron a parar os restos deste home.
A estatúa que se lle adicou en Santiago foi descuberta en presenza de autoridades e parentes o 22 de xuño de 1897 e foi realizada por D. Juan Vidal.
O que nos levou á nosa investigación é tratar de averiguar qué relacións podía ter con Santa Cristina de Vea, para que se comentase que nacera alí e tamén a cantidade importante de descendentes “figueroístas” que hai nesta parroquía. Cabe afirmar, que non atopamos o dato do seu posible nacemento alí, pois toda a documentación afirma que naceu no Real Hospital de Santiago, agás o libro de Pedro Varela e algún veciño de Vea. Pero o que sí podemos afirmar con certezas documentais atopadas é que o Avó Materno de Figueroa, SIMÓN BARREIRO (Santa Mª de Xanza, morto o 30 de novembro de 1707 e enterrado na cemiterio da Angustia),“ Barbeiro-Sangrador do Real Hospital de Santiago de Compostela”, tiña unha Casa “Alta de sobrado”, unha Viña e tamén até seis castiñeiros e dez carballos nesta parroquia estradense. Un veciño da Costa, o Señor Ignacio Porto Terceiro, dinos que abaixo da casa hai o chamado “Picho dos Barreiro” onde ían a beber as vacas e do cal aínda quedan un suco cunhas pedras e tamén ao lado o chamado “Agro dos Barreiro”; tamén foi o mesmo informante da historia coa que iniciamos o artigo. É de supoñer que Figueroa estivese algunhas veces na casa de seu avó materno e de súa tia e madriña unha vez que esta a herda, e dos seus vínculos con esta casa dos avós poido xurdír a lenda de que nacera nela, pois as visitas eran aos seus tios e ao seu primo D. Juan Bautista de Valverde ( Primeiro Patrono da Fundación) nacido alí. Tamén é lóxico pensar en dúas casas, unha herdada de Simón Barreiro e outra dos outros tios, veciños de Sorribas, Mª Gonzalez e Pedro Barreiro. Dada a ubicación do “Agro dos Barreiro”, sospeitamos que a casa podía estar ubicada, máis ou menos, por onde está hoxe en día a que foi do señor Nabor.
A outra casa, posiblemente a do avó Simón B. (Barbeiro-Sangrador do Hospital Real) estaría situada onde na actualidade está a do señor Ignacio Porto Terceiro. De dicir que o Gobernador da Cámara do Rei era de alí, por ser a casa do seu avó e dos Tios, a dicir que nacera alí hai un paso fácil de dar con anos e anos de contalo de boca en boca. Aínda que Pedro Varela afirma directamente en La Estrada y su comarca, que naceu alí en Sorribas.
É lóxico pensar que Pedro Barreiro e Francisca Barreiro vivían preto e apadriñaron fillos entre eles; por outra banda a relación da nai de Figueroa, María, e seu cuñado M. Valverde e súa irmá Francisca Barreiro tivo que ser moi estreita e de seguro que visitaban Sorribas pois conservaron parte da “Viña de Sorribas” até o 1747, cando lle venderon ao cuñado a súa parte, moitos anos máis tarde da morte de seus pais Simón e Antonia Rodriguez.
É fermoso observar que as persoas pasan, pero quedan os microtopónimos e topónimos da súa presenza.
No ano de 1699, Don juan Antonio del Castillo, Xuíz na Xurisdicción de Vea, demándalle por ter esa casa e non lla querer alugar, “ a la cual no asiste en todo el año, más que tan sólo por el tiempo de la cosecha, que en esa ocasión la ocupa dos o tres semanas más o menos en cada año”. Arquivo Histórico de Santiago, 1699, Demandas e Pleitos, Marzo 8º, nº 15.
Simón Barreiro casou por segunda vez con Dª Antonia Rodriguez de Prado, natural de San Vicente de Vigo, e ela tamén deixou constancia da súa presenza en Santa Cristina de Vea, pois foi madriña dunha nena o 18 de Xuño de 1673. (Libro parroquial 1º de Bautizados 1574-1683). Con María Antonia Rodriguez de Prado tivo seis fillos, entre eles a nai de figueroa, Mª Benita Barreiro, nacida o 22 -09-1675.
Atopamos na documentación de Bautizos de Santa Cristina de Vea ou Bea como se escribía daquela (Libro 2º de Bautizados, 1683-1732) que o 18-11-1686, Simón Barreiro e a súa filla María Barreiro (22-09-1675) bautizaron a dous nenos a Manoel Antonio e a María Josepha, fillos ambos de Pedro de Villar e María das Ameixeiras. Cítase textualmente, María Barreiro “ hija de Simón Barreiro, Barbero del Hospital de Santiago”. Todo indica que se trataba da nai de Ventura Figueroa, nese intre con 11 aniños e chamada polos membros do Hospital Real “la niña bonita”. No Testamento de Simón Barreiro afirma “deixar a blanquear una docena de madañas y estopa” en Santa Cristina de Bea, como se escribía daquela. H.R. Escrituras, nº 37/367 v.
Pois ben, tal e como afirma Pedro Varela, no seu libro “ LA ESTRADA Y COMARCA”, o Primeiro Patrono da súa Fundación, Don Juan Bautista Valverde (nacido en Sorribas, Stª. Cristina de Vea, o 1727, padriños D. Juan de Barcia y Andrade y D.ª Mª Inés Fernández, atopado o seu nacemento no Libro 2º de Bautizados, 1683-1732), naceu nesta parroquia, era primo de Figueroa, pois seus pais eran a Tia materna do noso personaxe, Dona Francisca Antonia Barreiro Rodríguez ( nace o 21-12-1684 e morre o 18-3-1755) casada con Don Manuel Valverde (“Juez de orden desta Jurisdicción” parece lerse) ambos casaron no Hospital Real de Santiago o 12 de Outubro de 1714, pero viviron no lugar de A Costa, Santa Cristina de Vea. Foilles de testemuña Don Gregorio de Outeiro, veciño de Santa Cristina de Vea. Outro fillo de ambos foi Don Joseh Vicente (1716), canónigo de Mondoñedo e Don Jacobo Quirino de Valverde Barreiro (28-09-1724 e morre en 1797)), cura de Tabeirós e Canónigo de Santiago. Don Manuel Valverde, morre o 18 de Xullo de 1772, e no documento de defunción dise que está enterrado, “ sepultura, primª que está arrimada a la pared del norte junto al altar mayor ” ( “ vecino del lugar da Costa desta feligresía y viudo de Dª Francisca Barreiro y ambos naturales de la Ciudad de Santiago”). Tamén se afirma que se lle dixeron 100 misas pola súa alma e morreu con 85 anos. Firmado polo cura D. Francisco Varga. No Libro 4º de Defuncións, 1769-1822.
Tamén viviron en Santa Cristina de Vea, D. Pedro Miguel Barreiro Rodriguez de Prado (falecido o 21-12-1749) casado con Dª María González Piñeiro ( falecida o 6-5-1762 e ambos veciños do lugar de Sorribas, como afirma a Acta de Defuntos da Igrexa de Santa Cristina de Vea), pais doutro primo de Figueroa, Don Francisco Barreiro, Coronel do Rexemento do Perú, (+1782). Está claro que a herdanza do Avó Simón Barreiro pasou ás fillas e fillos, e alomenos dous deles viviron bastante en Santa Cristina de Vea, onde naceron á súa vez os seus fillos, primos de Figueroa.
Nun documento de venta, a nai de Figueroa, outra tía chamada Benita Barreiro, e anteriormente un tio, Bartolomé Barreiro, venden a herdanza do avó a seu cuñado Manuel Valverde, presumiblemente, por desfrutar do resto da herdanza e querer ampliar o seu terreo. Reciben “ciento y diez reales de vellón, que les pagó dicho comprador ahora en contado en monedas de plata de buena ley y vellón corriente” pola “Viña da Costa de Sorribas”, que “ por el norte y vendabal linda con el muro que la cierra ” e tamén pagará “ un par de capones cebados cada año, en reconocimiento de dominio, al Cura que es o fuere”. E tamén lle “dan en dicha venta seis castaños y diez robles” que se atopan “ sitos y pegados a la Casa del comprador por la parte del oriente, en precio y cuantia de ciento y cuarenta reales de vellón” . E séguese a dicir “ les provienen por herencia de sus padres Simón Barreyro y Antonia Rodriguez de Prado, difuntos”. H.R. ESCRITURAS,Nº 58/ 282 r. “ Sello Cuarto veinte maravedís año de mil setecientos cuarenta y siete.”
Unha vez descrita a documentación que relaciona a súa familia con Santa Cristina de Vea, imos falar algo da rama xenealóxica paterna de Figueroa, cabe dicir que seu pai Manuel Cabanelas Figueroa era da parroquía de Tenorio e chegara ao Hospital Real, buscando ocupar a praza de axudante do barbeiro sangrador, alí coñece á filla de Simón Barreiro, á que chamaba o persoal do Hospital Real “ la niña bonita” e casan o 28 de decembro de 1699, na Capela do Hospital Real. Simón desempeñaba a praza dende 1663 e trala morte deste, ocupará a praza de seu sogro no 1707, Manuel Cabanelas. Tiña este cargo a obriga de dar as sangrías aos enfermos e aos que as necesitaran ao pasar consulta pública no vestíbulo do Hospital Real.
A esa profesión do Hospital, atribuíaselle como soldo o seguinte: 700 Reais e 50 racións de Trigo, cada día libra e media de carneiro e 240 de extraordinario, seis carros de leña ao ano, viño, aceite e velas. Ademais vivía no propio edificio e maís tarde na rúa de San Francisco e no Corralón.
Sánchez Rivera, afirma todo isto no seu libro, citado abaixo, e a título de curiosidade, tamén sinala que na Sala Real do Hospital a onde vai a pedir o posto de axudante o pai de Figueroa, había un retrato de Carlos IV que el descubriu que era de Goya.
Volvendo ao noso personaxe histórico, o neto de Simón Barreiro, Ventura Figueroa, acabaría tendo un gran poder nos reinados de Fernando VI e de Carlos III intervindo en moitos temas. Cando chegou ao cargo de Gobernador da Cámara da súa Maxestade, botaron fogos artificiais dende os balcóns do Hospital Real.
Impulsou a fundación de escolas, bibliotecas públicas, construiu carreteras, promoveu en Madrid as obras de el Prado, Paseo de Atocha, interviu na fundación do Banco de San Carlo, un dos predecesores do Banco de España. Aínda que o seu maior logro foi o Concordato de 1753; España enviaba a Roma, rendas eclesiásticas moi esaxeradas nas súas cantidades, arredor de seiscentos mil ducados, pois ben, el parte para Roma no 1750, co título asignado por Fernando VI de Auditor de Rota, e ao longo de tres anos gáñase a confianza do Papa Bieito XIV e do secretario de Estado. Parece que tamén axudou ao Concordato, que o propio Papa era agasallado polo propio Figueroa con libros e tabacos habanos, que ían dende España até Roma. Figueroa escribe ao Marqués de Ensenada no 1750, “regalé al Papa con tabaco, y está muy contento conmigo”. Don José Mª Díaz Fernández na súa obra Desde Santiago: personas y aconteceres, recolle esta curiosa anécdota do historiador Quintín de Aldea, que ilustra a sagacidade de Figueroa para negociar e poñer ao Papa Bieito XIV ( pontífice dende 1740 a 1758) ao seu favor.
Ao fin, logra que o 11 de xaneiro de 1753 se firme este novo Concordato, onde España aforraba moitas rendas. O 20 de Febreiro dese ano, o Papa ratificao en Santa María a Maior.
Figueroa mercará adhesións, para mellorar as condicións das cargas a España e no navio “ Fernando ”, que partiu de Cádiz, mandou levar a Nápoles, dous millóns de pesos, que foron levados a Roma en trinta cabalos con escolta.
Unha vez chegados ao Pazo Farnesio, cóntase que tirou moedas de ouro polo mármore do Pazo e de alí foron levadas ao Castelo de Sant Angelo. Filgueira Valverde, Folleto, “Pontevedreses Universales”, nº XXIII, Deputación provincial, Fundación Filgueira Valverde. MCMXCVI.
Iso sí, tamén tivo moitos inimigos e persoas que o desprezaban por ser de Galicia e aínda así demostroulles do que era capaz un galego. Del dicían que ía a Roma “a mostrar su facha de gallego” e que non había nada de malo maís que ter “ tan principal parte na obra, un gallego ”. O propio rei Fernando VI, seica chegou a afirmar “parece mentira que un gallego llegase a tanto”. Obsérvase unha clara envexa por lograr o que moitos outros non conseguiran.
Ademais a curia romana que se aproveitaba do diñeiro español, mostrou un profundo malestar e até espiaba tódolos movementos de Figueroa por temor a outro Concordato. (Egido Teófanes, 1979, páx. 187).
Xa para finalizar, cabe mencionar algúns figueroistas moi coñecidos, Filgueira Valverde, Cunqueiro, Bouza Brey, Montero Rios, Portela Pazos, entre outros.
A súa figura míranos dende o final das escalinatas da Alameda de Santiago de Compostela, quizais facéndonos ver o exemplo dunha vida de quen tivo un inmenso poder e de todas as súas responsabilidades saiu airoso; en canto aos seus restos, non sabemos nada deles, foi enterrado na Igrexa do Mosteiro de San Martín en Madrid e cando foi derruída non se sabe do seu destino. Serva este humilde artigo, para honrar a súa memoria e rescatar do esquecemento a saga familiar do seu Avó materno e dos seus Tios, antigos veciños de Sorribas en Santa Cristina de Vea, D. Pedro Barreiro e Dª. Mª Gonzalez Piñeiro e Dª. Francisca Antonia Barreiro e D. Manuel Valverde e do seu fillo, primeiro Patrono da Fundación, D. Juan Bautista de Valverde.

Agradecementos:
A tódolos veciños de Stª. Cristina de Vea, en especial ao cura Don Ramón Campos, e ao veciño o señor Ignacio Porto Terceiro; Ao “Arquivo Histórico Universitario de Santiago” e aos seus traballadores e o mesmo ao “Arquivo Diocesano de Santiago”.
Bibliografía:
Egido Teófanes, “El Regalismo y las relaciones Iglesia-Estado en el XVIII”. En García-Villoslada R.: Historia de la Iglesia en España;Vol. IV, “ La Iglesia en la España de los siglos XVII y XVIII ”, baixo a dirección de Antonio Mestre Sanchís, Madrid, Biblioteca de autores cristianos de La Editorial Católica S.A. 1979. ISBN 84-220-0906-4, obra completa; ISBN 84-220-0931-5 Tomo IV.
Filgueira Valverde J.. “ Pontevedreses ilustres”, nº XXIII, Reedición Fundación Filgueira Valverde, MCMXCVI.
Sánchez Rivera C., Datos Biográficos de D. Manuel Ventura Figueroa, 1929.
Varela Castro Pedro: La Estrada y su comarca, 1923.

php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|