A Estrada
Mortos
Veciños doutros concellos asasinados na Estrada
Prisión
Sancións e/ou outros tipos de castigo
Desaparecidos, fuxidos e exiliados
- Barros Manteiga, Juan Antonio José "Barritos". Home de 28 anos, Peón. Natural de A Estrada . Veciñanza: Ordoeste, A Baña. Morto o 04 de xuño de 1937. Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela
- Cao Rodríguez, Gumersindo. Naceu o 25-12-1914. Natural da Estrada. Veciñanza en Cádiz. Falecemento na Praza de Touros. Cádiz o 28 de setembro de 1936.
- Carracedo Ruzo, Higinio "O Sereno". Home de 29 anos, Axente de policía. Natural de Somoza A Estrada. Veciñanza: Somoza, A Estrada . Morto o 28 de novembro de 1938. Tras estar fuxido é cercado na casa e abatido a tiros cando se enfronta coa partida falanxista que o pretende deter.
- Cespón Pazos, José Gabriel. Home de 47 anos (17-4-1889), Zapateiro. Natural de Berres, A Estrada . Veciñanza: Ouzande, A Estrada . Morto o 02 de decembro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7:30, no Km.1 da estrada a Campañó, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.
- Chamosa Gutiérrez, Delmiro. 22 anos, Albanel. Exército Republicano. Fronte Oriental de Asturias. Caído en combate o 22 de setembro de 1937.
- Collazo Ribadulla, Adolfo. Home de 39 anos, Ferroviario. Natural de A Estrada . Veciñanza: Vigo, Vigo. Morto o 06 de abril de 1937. Morte rexistrada en Vilasobroso-Mondariz a causa de feridas producidas por arma de fogo.
- Cortés Fernández, José María. (22-6-1897). 39 anos, Mestre en Goián. Tomiño. Natural de San Miguel de Castro. A Estrada . Veciñanza: Tomiño e San Miguel de Castro. Morto o 15 de outubro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra.
- Fernández Pérez, Manuel -"El Gallego" "El Peque". Naceu no 1912. Ingresa na cárcere modelo de Barcelona o 11 de outubro do 1945. Profesión: Comercio. Militante do PSUC. Facía parte da agrupación de Sariego en Barcelona. Xulgado 7/4/1948, Procedemento SO 33907 ( TMTT: 89345). Foi fusilado en Barcelona e enterrado en Fossar de la Pedrera o 7 de decembro de 1949; semella que estivo vinculado á guerrilla que actuou en Catalunya nos anos 40. Casado. Membro do PSUC e da UXT.
- Fernández Rico, Ramón (Torneiro). 45 anos, Ebanista. Tenente de alcalde da Estrada. Membro de Unión Republicana. Natural de Vilasantar (A Coruña), veciñanza: Riobó. A Estrada, A Estrada . Morto o 5 de xuño de 1937 Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e internado en San Simón. Executado na Xunqueira. Deixa 9 fillos.
- Fernández Rivas, Manuel. Naceu o 14-9-1910 en Codeseda. Veciño de Codeseda. Contador da Sociedade Agrícola e de Oficios Varios de Codeseda. Tiña unha tasca en Abragán. Reclusión perpetua. Conmutación de pena a 4 anos prisión menor. Finalmente morre na prisión de Burgos.
- Figueiras Cabaleiro, José. Natural de Ribeira, Labrego e músico. Veciño de Paradela. 36 anos. Con tres fillos. A Garda Civil e 5 falanxistas sácano da súa casa o 25 de agosto de 1936. Considérase que o asasinaron aínda que non apareceu o corpo.
- Fontenla Andújar, Ramiro. Home de 27 anos. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Coruña. Morto o 09 de outubro de 1937. Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte.
- Gómez Rivas, José María Generoso. (15-5-1882), 54 anos, Labrego. Natural de Oca. A Estrada . Veciñanza: Oca, A Estrada . Morto o 15 de outubro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra.
- Graciano Araujo, Manuel. Home de 26 anos, Orixe: Viana do Castelo-Portugal. Veciñanza: O Foxo-Rubín, A Estrada. Xornaleiro e canteiro. Membro do PCE, acusado de galeguista e comunista. internado no campo de concentración da Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado o 28 de decembro de 1936 en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.
- Leira Ramos, José. 23 anos. Labrego Natural de Aguións. Preso en San Simón, cando é condenado a traballos forzados en Compostela, négase, polo que o envía para Navarra. Morre o 25 de novembro de 1939 logo da fuga do Forte de San Cristóbal e está enterrado en Berriozar.
- Lorenzo Lorenzo, José. Canteiro. 54 anos. Fusilado en Llanes, o 25 de outubro de 1937.
- Louzao Maceira, Clementino. (Fermino). Guimarei. Torturado e golpeado ate a morte no cuartel da Garda Civil ou Falange, sen aparecer o seu corpo. Foi detido canda Ramiro da Forxa, pois era aprendiz seu. Fálase que o asasinato de Ramiro é para tapar a morte de Clementino.
- Mato Castro, Bernardo. Mestre. Naceu o 3 de maio de 1887, Godoi, Vinseiro. Veciñanza: Vinseiro, A Estrada e Stª María de Teo, onde tiña praza de Mestre. Agochado, detido e finalmente morto a consecuencia dunha malleira o 4 de setembro de 1936.
- Méndez Cadaveira, Rafael Natural da Estrada, 29 anos, solteiro, albanel. Executado pola forza pública en Ceuta o 19-08-1936. Paradeiro dos restos mortais: Fosa común Cemiterio de Santa Catalina. Ceuta.
- Nogueira González, Manuel. 38 anos, empresario carroceiro. Natural de Teo (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Morto o 05 de xuño de 1937. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e logo internado en San Simón. Executado en Pontevedra, ás 6, no Km 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de parálise do bulbo.
- Pena Eirís, Jesús. Home de 49 anos, Canteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: Ferrol. Morto o 21 de xullo de 1936. Morte no seu domicilio, rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.
- Pena López, José María. 57 anos, Industrial. Presidente do Frente Popular. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Morto o 05 de xuño de 1937. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte e internado en San Simón. Executado en Pontevedra, ás 6, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
- Pereira Bouzón, Manuel. Natural e veciño de San Pedro de Ancorados. A Estrada. Morre no Campo de concentración de Las Arenas (La Algaba, Sevilla), o 14 de xullo de 1942.
- Picallo Buela, Antonio. Natural de A Estrada e veciño de Pontevedra, 40 anos, solteiro, vendedor de xornais de propaganda comunista, foi detido por soldados de artillería o 20 de xullo do 36. Preso en san Simón, aparece nunha nota reservada na que se dá conta dunha relación de presos que sacan da illa o 8 de novembro e na que está xunto a 10 máis que son os de Arbo e que foron paseados.
- Puente Fontanes, Jesús Ignacio. 38 anos (19-10-1898), Xastre. Filiación: Agrario. Alcalde da Estrada en 1936. Natural de Guimarei. A Estrada. Veciñanza: A Estrada. Morto o 05 de xuño de 1937. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 6, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.
- Puente Iglesias, Manuel. 28 anos , Funcionario. Natural do Sixto, Lagartóns, A Estrada . Veciñanza: Pontevedra. Morto o 02 de decembro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado sentenza a pena de morte. Executado no km.1 da estrada de Campañó
- Puente Porto, Manuel. 33 anos, Labrego. Natural de Oca, A Estrada . Veciñanza: Oca, A Estrada . Morto o 14 de outubro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7, no Km. 1 da estrada a Campañó.
- Rico Gaiteiro, José. Home de 33 anos, Peón. Natural de Vedra (A Coruña). Veciñanza: Arnois, A Estrada . Morto o 14 de outubro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7, no Km. 1 da estrada a Campañó.
- Rodríguez Sangiao, José (O Ferreiro). 38 anos, Chapista. Concelleiro na Estrada polo PCE. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada .Morto o 05 de xuño de 1937. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte, sendo internado en San Simón. Executado en Pontevedra, ás 6, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
- Salgueiro Señaris, Ramiro "da Forxa". 46 anos, Canteiro. Natural de Somoza. A Estrada . Veciñanza: Somoza, A Estrada . Casado con Isolina Villamor Sangiao. Cinco fillos. Morto o 20 de agosto de 1936. Morte rexistrada en Montouto-Cacheiras-Teo a causa de hemorraxia interna. Sepultado nese cemiterio.
- Souto Acuña, Esteban. 68 anos, Labrego. Natural de A Estrada . Veciñanza: Paraño-Barcala, A Estrada . Morto o 21 de febreiro de 1937. Morte rexistrada en Padrón a causa de conxestión e hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver en Morono-Herbón.
- Tafalla Froiz, Cándido. De 38 anos, Industrial. Natural de Vila de Cruces . Veciñanza: A Estrada . De Unión Republicana. Fusilado o 05 de xuño de 1937. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte, sendo trasladado a San Simón. Executado en Pontevedra, ás 6, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
- Vázquez Cruz, Manuel "O Gaitas". 29 anos, Mecánico. Natural de Verín (Ourense). Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte, sendo trasladado a San Simón. Fusilado en Pontevedra o 2 de decembro de 1936.
- Vázquez Rodríguez, José. Home de 32 anos, Polbeiro. Natural de Calvos de Randín (Ourense). Veciñanza: A Estrada . Morto o 22 de maio de 1937. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 6, nos malecóns de Monteporreiro-Avda de Buenos Aires, rexistrándose a súa morte a causa de hemorraxia interna.
- Vidal Puga, José. 45 anos, Zapateiro. Natural de San Martín de Moldes. Melide (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Morto o 14 de outubro de 1936. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra ás 7 horas no Km. 1 da estrada a Campañó.
Veciños doutros concellos asasinados na Estrada
- Baracariza Sánchez, Juán. Paseado na Ponte do Regueiro o 9 de outubro de 1936.
- González Boullosa, José Domingo. Tapiceiro, veciño de Vilagarcía de Arousa. Rexistrado morto en A Estrada, non consta a causa da morte. Paseado na Ponte do Regueiro-A Estrada, Militante do Partido Comunista, asasinado o 9 de outubro de 1936.
- Caamaño Eiras, Daniel (Filiado). Fuxido, capturado e paseado. 24 anos de idade. Natural de Iria, Padrón. Chofer. Casado con Leonor Fernández Beiro e con tres fillos. Rexistrado morto en Padrón a causa de inhibición cerebral por disparos de arma. Lugar de aparición do cadáver: Baliña de San Xurxo de Vea-A Estrada. 22 de outubro de 1936.
- Fernández Neira, Jaime. Morte rexistrada en Castrovite-Orazo-A Estrada a causa de inhibición cerebral por disparo de arma. Santa Cruz de Rivadulla. Data do paseo: 28 de novembro de 1936, apareceu o seu corpo en Castrovite-Orazo. Deixa muller e 8 fillos cando é asasinado.
- Froiz Gómez, Jesús. Morte rexistrada na Ponte do Regueiro-A Estrada. Tiña 34 anos. Militante do Partido Galeguista. “Paseado” o 9 de outubro de 1936 na Ponte do Regueiro. Lugar de orixe Lalín e veciño de Lalín, militante nacionalista do PG, Xornalista.
- García Teijeiro, Severino. Natural e veciño de Os Vilares, Guillar, Rodeiro. Sentenza de absolución o 6 de outubro de 1936 na causa Militar que se lle practica. Paseado o 9 de outubro de 1936 na Ponte do Regueiro na Estrada.
- Guillán Abalo, Manuel, Nacido o 5 de maio de 1902 en Vilagarcía. Mestre. Acusado de pertencer a loxia Helenes de Pontevedra, co símbolo Fermín Galán, gr. 3º. Rexistrada a súa morte a causa de disparos. Aparición do cadáver na Estrada sen que se rexistre lugar de soterramento. Lugar de veciñanza Moneixas (Lalín). 34 anos. Paseado o 9 de outubro de 1936 na Ponte do Regueiro. A Estrada.
- Muíños Lorenzo, Ramón. Natural d´O Castro, Silleda (1902), Traballador nas obras do ferrocarril, Presidente da Sociedade Obreira de Ponte. Concelleiro interino da corporación de Silleda. Logo do seu asasinato do seu irmán o 29 de agosto, os falanxistas silledenses detéñeno, permanecendo na prisión de Silleda até o 9 de outubro de 1936 que é asasinado na Ponte do Regueiro, A Estrada.
Prisión
- Ameijeiras Cerviño, Severino. Home de 40 anos, Militar. Natural de A Estrada .Veciñanza: Ferrol, Ferrol. Xulgado en Ferrol por desobediencia co resultado de absolución e queda en liberdade
- Andión Cavana, Manuel. Home de 29 anos, Ferroviario. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Fai a guerra no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de 12 anos de prisión.
- Andrade Vázquez, Cándido. 24 anos, Carpinteiro. Natural de Arzúa (A Coruña). Veciñanza: Aguións, A Estrada Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación e liberdade condicional o 11-08-1940.
- Andújar Touceda, Avelino. Mozo de Hotel, UGT, natural de A Estrada, residente en Cádiz, procesado en Consello de Guerra nesa capital andaluza, absolto. Fonte: José Luis Gutiérrez Molina, "La Justicia del Terror", Ed. Mayi, Cádiz, 2014.
- Baliñas Rodríguez, Eusebio. Home de 26 anos, Labrego. Natural de A Estrada . Veciñanza: Arca, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por inxurias co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
- Baliño Figueroa, Antonio. Natural de Lavadores, Vigo. Residente na Estrada onde traballaba nas obras da estrada de Codeseda. Atópase fuxido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.
- Baliño Sánchez, José María. 40 anos, Practicante. Natural de Boimorto (A Coruña). Veciñanza: Cereixo, A Estrada . Sorpréndelle o Golpe embarcado e intégrase como voluntario no exército republicano. Ao final da guerra pasa a Francia, sendo confinado en diferentes campos de refuxiados e algún campo de traballo. Entra na Guerrilla e pasa a España o 19-02-1944. Detido e xulgado por rebelión militar en Zaragoza o 19-05-1945, co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
- Baños Sangiao, José. Natural de Guimarei A Estrada . Veciñanza: Guimarei. A Estrada . Canteiro. Xulgado en Vigo por roubo de armas co resultado de sobresemento provisional e a disposición do Delegado Militar de Orde Pública.
- Bao Lagares, José. Naceu en 1909 en Mezonzo. Vilasantar. A Coruña. Irmán do temíbel falanxista Ramón Bao Lagares. Veciño de Codeseda. Reclusión perpetua, coas accesorias de interdición civil e inhabilitación absoluta perpetua. Prisión atenuada. Conmutación pena a 4 anos de prisión menor.
- Barreiro Touceda, Ramón. 46 anos, Labrego. Natural de Guimarei. A Estrada . Veciñanza: Guimarei. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Preso desde o 25 de marzo de 1937. Pasando a prisión atenuada en agosto do 40. Liberdade condicional a partir do 26 de marzo de 1942. Cumprindo a pena o 26 de marzo de 1949. Preso na colonia penitenciaria de San Simón.
- Basteiro Penela, Miguel. 24 anos, Canteiro. Natural de Laxoso, Cerdedo. Veciñanza: Codeseda, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e liberdade a 6 anos en setembro de 1939. Liquidación o 26-3-1943.
- Beade López, Manuel. 27 anos, Músico. Natural de Santa Cristina de Vea. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición do xefe da caixa de recrutas.
- Beiro Maneiro, Secundino (Capitán). 26 anos, Zapateiro. Natural de Noia (A Coruña). Veciñanza: Codeseda. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940.
- Berdeal, José María "O Gallo" 41 anos, Serrador. Natural de Vedra (A Coruña). Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
- Bergueiro Brea, Erundino "Portabeiro". Home de 40 anos (25-7-1896), Xornaleiro, comerciante (Tinturería). Natural de Tabeirós. A Estrada . Veciñanza: Travesía Irmáns Valladares. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción o 25-06-1942. No 1948 é detido outra volta acusado de ser enlace da guerrilla.
- Bergueiro Ferro, Bautista. Home de 48 anos, Propietario. Natural de A Estrada . Veciñanza: Vinseiro, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
- Bermúdez España, Avelino. Home de 43 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Trasladado ao Forte de San Cristóbal en Navarra.
- Bugallo Pereiras, Manuel Gumersindo. (7-3-1906). Home de 30 anos, Labrego. Natural de A Estrada . Veciñanza: San Miguel de Castro. A Estrada. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos que cumpre.
- Buján Gómez, Ramiro. Home de 20 anos, Albanel. Natural de Cuntis . Veciñanza: Arnois, A Estrada Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.
- Cacheiro Porto, Agustín. Home de 43 anos (28-8-1893), Canteiro. Natural de Parada. A Estrada . Veciñanza: Lagartóns. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-10-1940.
- Caeiro García, Adolfo. Home de 32 anos, Comerciante. Natural de Campo Lameiro . Veciñanza: Casou na Estrada. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación o 28-06-1940.
- Camino Chao, José. Empregado Municipal. Natural de Santa Clara (Cuba), veciño da Somoza. Militante do Partido Galeguista.
- Campos Lago, Eusebio (Miranda). Canteiro. Naceu o 20-12-1900 en Cuntis. Veciñanza en Guimarei. A Estrada. Absolto e a disposición do Xefe da Caixa de Recrutas.
- Campos Plaza, Josefa. Muller de 58 anos, Labrega. Viúva. Natural de Cuntis .Veciña de Guimarei. A cesteira. Tivo albergado na casa Coto Chan, Manuel Vázquez Otero e outros fuxidos. Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Campos Vázquez, Manuel "Casagrande". Home de 46 anos (3-12-1893), Chofer. Natural de Guimarei, A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Presidente da Casa do Pobo. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Previamente fuxido até o 39. Será deportado a Euskadi posteriormente ao ser acusado de ter relación coa guerrilla.
- Canabal Gestoso, Gumersindo. Veciñanza: Moreira, A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento da causa.
- Carbia Nodar, Florentino. Home de 34 anos, Xornaleiro. Natural de Santeles. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.
- Carnero Exposito, José. 45 anos, Carpinteiro. Natural de O Saviñao (Lugo). Veciñanza: Vilar, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción o 27-09-1941.
- Carracedo Ruzo, Berta. Muller de 16 anos, Labrega. Natural de A Estrada . Veciñanza: Somoza, A Estrada . Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Carracedo Ruzo, Celia. 20 anos de idade. Veciña de Castro Ramiro, a Somoza.
- Carracedo Sanmartín, Antonio. 60 anos. Veciño Castro Ramiro da Somoza. Labrego. Preso até 1942.
- Carracedo Villar, Antonio. Naceu o 5-9-1910 en Olives, A Estrada. Procesado en 1948 por axuda á guerrilla e finalmente absolto.
- Castro Fontanes, Antonio. Home de 38 anos (29-7-1897), Labrego. Natural de Guimarei. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado por rebelión co resultado de absolución.
- Castro Torrado, Benedicta. 21 anos, Labrego. Natural de Cuntis . Veciñanza: Somoza, A Estrada . Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Chao Coto, Albino. Home de 40 anos, Carpinteiro. Natural da Somoza. A Estrada . Veciñanza: A Somoza, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
- Crespo Souto, Roberto (Manuel). (1906) Home de 30 anos, Canteiro. Natural de Codeseda. A Estrada . Veciñanza: Codeseda, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos e extinción da pena o 16-01-1941.
- Cons Hidalgo, Agustín. Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento.
- Corredoira Bergados, Jesús (Perdigón). 26 anos, Peón. Natural de Palas de Rei (Lugo). Veciñanza: San Pedro de Ancorados. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento e incorporación a filas
- Coto, Filomena. 59 anos, Labrega. Aínda que natural de Cuntis e veciñanza: Portela, Cuntis, está relacionada cos fuxidos na Somoza e foi detida cando foron detidos en novembro do 38.. Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional. Detida pola súa relación con Manuel Coto Chan, á quen dou acubillo. Con esta muller de Cuntis son detidas tamén Mercedes Castro Torrado 26 años veciña de Couselo - Cuntis e Benedita Castro Torrado 19 años veciña de Couselo - Cuntis.
- Coto Chan, Manuel. 42 anos, Carniceiro. Natural de Cuntis . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua. Previamente fuxido durante varios anos.
- Couselo Parente, Francisco. 38 anos, Labrego. Natural de Trazo (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 09-08-1939.
- Crespo Souto, Manuel. 30 anos, Canteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: Codeseda, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1941.
- Domínguez Boquete, Francisca. Muller de 58 anos, Labrega. Natural de Cerceda (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Durán Brea, Manuel. Home de 28 anos. Natural de A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
- Durán González, Antonio. Home de 27 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Ten sido presidente da Casa do Pobo da UGT. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Recluído na Illa de San Simón e na Cadea Provincial de Pontevedra. En 1940 se lle conmutou a pena por 3 anos de prisión menor.
- Esmorís Bouzas, Manuel. Home de 32 anos, xornaleiro. Natural de Toedo. A Estrada . Veciñanza:en Toedo. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos de prisión menor. Estivo na colonia penitenciaria de San Simón.
- Estévez Casalderrey, Amancio. 31 anos, Albanel. Natural de Pontevedra . Veciñanza: Figueroa de Arriba, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.
- Fariñas Villamor, Manuel (Perico), Churreiro. 26 anos. Natural da parroquia de Santa María de Arzúa. Veciño de Bedelle, A Estrada. Preso na Illa de San Simón. Recrutado no Tercio. Dise que morre na fronte en estrañas circunstancias (polas costas).
- Fernández García, José María "O Simón". (11-6-1890). 46 anos, Carpinteiro.Natural de Vilasantoña. Santiso (A Coruña). Veciñanza: Berres. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción o 01-12-1940.
- Fernández Ferrón, Benigno Solitario (“xa vai”). 29 anos, Carpinteiro. Natural de Terreboredo, Arca (17 de maio de 1917), A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos, sendo recluído en San Simón. Conmutación e liquidación da pena en setembro de 1939. Emigrou a Rio de Janeiro (Brasil) no 1951.
- Fernández Novoa, Manuel Antonio. Natural de Guimarei, A Estrada . Preso no campo de concentración da Illa de San Simón. Estivo 4 anos en prisión.
- Fernández Vales, Antonio José María. Home de 26 anos, Canteiro. Natural de Tabeirós. A Estrada . Veciñanza: Arca, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e extinción da pena en xullo de 1939. Preso en San Simón.
- Feros Salgueiro, Isolino. Home de 25 anos, Labrego. Natural de Aguións. A Estrada . Veciñanza: Aguións. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.
- Fuentes Lorenzo, Oscar. Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de declaración en rebeldía.
- García García, Severino. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Detención no campo de concentración da Illa de San Simón.
- García Tosar, Manuel. 30 anos (1-6-1906), Peón. Natural de Callobre. A Estrada . Veciñanza: San Pedro de Ancorados. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 15 anos e inhabilitación temporal. Conmutación o 04-10-1940. Preso na illa de San Simón.
- García Villar, José. Naceu en 1901 en Madriñan- Lalín. Veciño de Xubrei, Codeseda. No que é Garda Xurado. Doce anos e un día de reclusión temporal. Conmutada pena a 2 anos prisión menor.
- Goldar Beiras, José María. Xastre, Natural de Guimarei, A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Afiliado á UGT. Preso no campo de concentración da Illa de San Simón. Estivo preso 4 anos.
- Goldar Rodríguez, Senén. 40 anos, Perito agrícola. Natural de Guimarei (14-2-1896). A Estrada . Veciñanza: Guimarei. A Estrada . Detido na Estrada o 25 de agosto do 36. Pasa a cárcere Normal de Pontevedra o 25 de setembro. Entra en San Simón o 20 de outubro. É Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 13 de febreiro de 1937 co resultado de sentenza de 30 anos. Entra no Penal de Burgos 3 de marzo do 39 de onde sae o 15 de abril do 40 para Figueirido. Onde queda até o 19 de agosto de 1940. Preso catro anos menos 9 días.
- Gómez Souto, Jesús. (Da Soutiña) Home de 19 anos, Canteiro. Natural de Codeseda, A Estrada . Veciñanza: Codeseda, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940. Estivo en na colonia penitenciaria de San Simón e nas prisións de Santa Isabel (Santiago) e Oviedo.
- González Terceiro, Manuel. 23 anos, Canteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos.
- Gundín, Manuel. Xornaleiro. Natural de Santiago de Compostela (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos de prisión menor.
- Lamino Vaamonde, José María. 20 anos, Peón. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición da Caixa de recrutas.
- López Vilán, Francisco. 38 anos, Carpinteiro. Natural de veciño de Barbude, A Estrada . Tras ser declarado en rebeldía é xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación a 3 anos e indulto o 09-10-1945. Fuxiu a Cuba e Venezuela, volvendo logo da guerra por Portugal. Para acollerse ao decreto do 9 de outubro do 45. É detido en Tui.
- Louzao, Luciano. Home de 30 anos, Carteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Fuxido e declarado en rebeldía, en 1939 é xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación a 2 anos o 29-08-1940.
- Louzao Rivas, Benigno. 22 anos, Carpinteiro. Veciñanza: A Torre-Guimarei, A Estrada . Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión. Fuxido até Portugal. Non se sabe que voltase.
- Lugaredo Mato, Manuel Antonio. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Preso na Illa de San Simón.
- Maceira López, José Rogelio. Home de 53 anos, Canteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e en liberdade en novembro de 1938.
- Matías González, Manuel "o Portugués". Home de 42 anos, Serrador. Natural de A Estrada . Veciñanza: Ames. Inculpado en causa militar en Compostela, sendo posto en liberdade.
- Mato Arca, Adolfo. Dependente de comercio. Naceu o 12-6-1912 en Pardemarín (A Estrada), procesado por apoiar á guerrilla e finalmente absolto.
- Mato Porto, Jesús. 18 anos, Canteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: Vinseiro, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
- Méndez Niño, Manuel "O Nico". 32 anos, Carpinteiro. Natural de Tui . Veciñanza: A Estrada . Xulgado por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua. En liberdade condicional o 29-01-1943.
- Mella Puente, Inocencio. 20 anos, Peón. Natural de Toedo, A Estrada . Veciñanza: Toedo, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos de prisión menor.
- Moreno Vázquez, Gumersindo. Veciñanza. A Estrada. Xornaleiro. Preso na Prisión de Jerez de La Frontera.
- Monteagudo Carril, José. Canteiro. Veciñanza: Tabeirós, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 09-08-1939.
- Montero Saavedra, Daniel Florentino (o xenro de Blas de Vinseiro). Home de 23 anos. Natural de Bendoiro (Lalín), Veciño de Tabeirós, A Estrada. Labrego. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento e incorporación a filas.
- Mosquera Obel, José. 25 anos, Labrego. Veciñanza: A Estrada . Mobilizado no exército franquista. Pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.
- Neira Cumbrao, Manuel. Home de 30 anos, Labrego. Natural de A Estrada . Veciñanza: Arca, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940.
- Neira Mato, Néstor. Veciñanza: A Estrada . Inculpado en causa militar sen procesamento. Membro de Unión Republicana.
- Nodar Pena, José. Canteiro.Natural de A Estrada . Veciñanza: Sarria. Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Foi recluído ata 1939 no Penal de San Cristóbal (Pamplona) e logo foi trasladado a El Dueso (Santoña).
- Nogueira González, Rogelio Jesús. 24 anos. Natural de Teo (A Coruña). Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional e a disposición do Auditor de guerra.
- Otero Castelo, Manuel. Canteiro. Veciñanza: Matalobos, A Estrada, A Estrada . Afiliado á UGT. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos, sendo internado en San Simón. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 09-08-1939. En outubro de 1946 actuou de enlace da guerrilla de Foucellas e Eduardo Rueda.
- Pardo Fernández, Manuel. 25 anos, Chofer.. Natural de Forcarei . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.
- Pardo Fernández, Jesús. Home de 25 anos, Labrego. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos de prisión menor.
- Pardo Fernández, Arturo. Home de 24 anos, Mecánico. Natural de Forcarei, A Estrada . Veciñanza: Figueroa, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Pazos Campos, Isaura. Muller de 28 anos, Traballo na casa. Natural de A Estrada . Veciñanza: Somoza, A Estrada . Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. É detida o 28 de novembro do 38 cando asasinan ao seu marido Hixinio Carracedo Ruzo.
- Pazos Campos, Manuel. Home de 29 anos. Natural de A Estrada . Veciñanza: Logrosa, Negreira. Xulgado en Santiago por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.
- Penela Quibeo, Ramiro. (4-6-1900). 36 anos, Carpinteiro. Natural de Codeseda. A Estrada . Veciñanza: Codeseda, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena a 4 anos o 14-09-1940.
- Peña Ferreiro, Manuel. 29 anos, Labrego. Natural de Silleda . Veciñanza: Vilar, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación e extinción o 27-09-45.
- Pereira, Ramiro Francisco. Home de 27 anos, Follalateiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: O Carballiño. Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sobresemento provisional.
- Pérez, José. 30 anos, Peón. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada .. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos e extinción da pena o 09-08-1939.
- Pérez Carracedo, Manuel. 36 anos (26-6-1936), Mosaísta. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos e extinción da pena o 28-08-1940.
- Porto Porto, José María. 22 anos, Mecánico. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Combate no exército republicano. Feito prisioneiro, Inculpado en Ferrol co resultado de sobresemento provisional.
- Porto Mariño, Laura. 13-12-1864. Orixe, A Estrada, Veciña de A Estrada. Detida o 1 de decembro de 1938 por axudar a Carracedo da Somoza e demais fuxidos no monte. A organización de axuda deuse en chamar "Socorro rojo".
- Porto Mariño, Rosa. Nacida o 27 de febreiro de 1868. Veciña de A Estrada, Detida o 1 de decembro de 1938 por axudar a Carracedo da Somoza e demais fuxidos no monte..
- Puente Durán, Gumersindo. Home de 22 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciño da parroquia de Tabeirós (A Estrada) Xulgado en Pontevedra co resultado de absolución e a disposición do xefe da súa unidade. Recrutado como soldado de infantería de Marina no Cruceiro Canarias.
- Puente García, Higinio. Home de 35 anos, Garda civil. Natural de Boimorto (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional da causa ao non comprobarse suficientemente a perpetración do delito.
- Puente Nodar, Manuel Ildefonso. 19 anos, Carpinteiro. Natural de Guimarei, A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Afiliado á UGT. Nos primeiros días ocultouse en Pontevea, a onde o foi buscar a súa familia, quedando preso na Estrada o día 28 de xullo de 1936. Ingresou na Colonia Penitencial de San Simón o 13 de decembro de 1937, sendo sentenciado en Consello de Guerra do 13 de xaneiro de 1938 por auxilio á rebelión a 20 anos. O 22 de marzo de 1939 ingresa na prisión central de Astorga, procedente de Colonia Penitencial de San Simón, e o 8 de decembro dese ano pasa á prisión central de Figueirido, decretándose a prisión atenuada o 30 de agosto de 1940. Nese estado vai para o batallón de traballadores de Tarifa-Cádiz, de onde sairá en xaneiro de 1943.
- Puente Nodar, José. Home de 17 anos. Natural de Guimarei. A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Detención no campo de concentración da Illa do Lazareto sen procesamento xudicial.
- Puente Puente, Francisco. Natural de Guimarei, A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Detención no campo de concentración da Illa de San Simón.
- Puentes Lorenzo, Oscar. Xulgado en Pontevedra co resultado de declaración en rebeldía.
- Renda Rosende, Manuel (Márquez). 21 anos. Natural de Matalobos, Estrada. Carreteiro. Preso na Colonia penitenciaria de San Simón. Enviado ao fronte no Rexemento de Infantería de Merida nº 35, destacado en Zaragoza.
- Reino García, Antonio. 60 anos, Funcionario municipal, Secretario do Concello. Natural de Sanxenxo . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.
- Rey Pazos, Edelmiro. 23 anos, Carpinteiro. Natural de Riobó. A Estrada . Veciñanza: Castro, A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de absolución e a disposición da autoridade. Tres membros do tribunal en contra do veredicto, solicitando unha pena de 12 anos por auxilio á rebelión.
- Ribadulla Piñeiro, Manuel. 30 anos, Carpinteiro. Natural de Godoi, Vinseiro. A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
- Ribeira Carballeda, Emilio. Veciño de Couso.
- Ríos Terceiro, José. 20 anos, Mariño. Natural de A Estrada . Veciñanza: Pontecesures, Pontecesures. Xulgado na Base Naval de Ríos en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución e queda en liberdade.
- Rivas Ruíz, Hilario. Home de 18 anos, Canteiro. Veciñanza: Nigoi, A Estrada . Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución.
- Rodríguez Bermejo, Eduardo. 28 anos, Carpinteiro. Natural de Guimarei. A Estrada Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
- Rodríguez Bermejo, Heriberto. Home de 19 anos, Vernizador. Natural de A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Era membro das Xuventudes Comunistas, e foi preso primeiro na súa vila, A Estrada, o 2 de setembro de 1936, de onde pasou á Colonia Penitencial de San Simón o 2 de novembro de 1936, onde permaneceu na 7ª brigada ata abril de 1939. Estaría tamén en varios batallóns de Traballadores, en Unamuno, Canarias e Marrocos, ata que o 16 de decembro de 1940 era posto en liberdade condicional. O consello de guerra que o xulgaría tería lugar en Pontevedra en outubro de 1940, caéndolle a pena de 12 anos e 1 día, acusado do delito de auxilio á rebelión, polo que estivo case todo o tempo preso como preventivo.
- Rosende Barreiros, Manuel. 24 anos (9-11-1911). Natural de Lagartóns. A Estrada . Veciñanza: Lagartóns. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Mobilizado ao fronte, Desaparece en Belchite en agosto de 1937.
- Ruanova Taracido, Eusebio. 23 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Preso no campo de concentración da Illa de San Simón e no Penal de San Cristóbal (Pamplona).
- Ruzo López, Manuela. 60 anos, A Somoza, A Estrada. Nai de Hixinio Carracedo.
- Sande Coladas, José María. 24 anos, Tipógrafo. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Vigo por roubo de armas co resultado de sobresemento provisional e remisión de antecedente ao xefe do seu corpo militar.
- Sanmartín Constela, Manuel. 28 anos, Albanel. Natural de Guimarei (16-3-1908). A Estrada . Veciñanza: Guimarei. A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
- Sanmartín Porto, José. Natural de San Xorxe de Vea. 1914. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 23/11/36, co resultado de sentencia a cadea perpetua. Foi trasladado primeiro a San Simón e logo ao Penal de San Cristóbal (Pamplona). A partir de 1940 estivo en prisión atenuada e traballou nas minas de Santa Comba (Coruña). Logo foi acusado de contactos coa guerrilla, por participar nunha xuntanza na Meaviense, procesado no 1948 e finalmente absolto.
- Silva Durán, José. 32 anos (19-12-1903). Natural de Vinseiro. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento.
- Silva Rey, José (fillo do cego de Guimarei). 25 anos, Labrego. Natural de Guimarei. A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Foi detido a canda Coto Chan cando a batida falanxista contra Carracedo da Somoza en novembro de 1938. Acusado de Deserción. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Liberado en outubro de 1944.
- Silva Rodríguez. María. Nacida o 8 de abril de 1907. Veciña da Somoza. Detida por axudar aos fuxidos da Somoza. A Hixinio Carracedo Ruzo.
- Souto Blanco, Enrique. 20 anos, Estudante. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento da causa.
- Taboada García, Francisco. 30 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra co resultado de absolución e a disposición da Caixa de recrutamento.
- Tarrío Bragaña, Jesús. Home de 34 anos, Xornaleiro. Natural de Boqueixón (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos e extinción da pena o 29-07-1940.
- Torres González, José. 42 anos, Natural de Vedra (A Coruña). Veciñanza: Mestre de Ouzande, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación a 6 anos e extinción da pena o 20-08-1942. Suspendido do servizo e baixa no escalafón en 1940.
- Torres Rodríguez, Erundino. Natural de Guimarei, A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Estivo no campo de concentración da Illa de San Simón ata abril de 1939. Despois estaría preso en Santiago e Pontevedra, saíndo en liberdade o 16 de decembro de 1940 e en 1941 é trasladado ao campo de concentración de Miranda de Ebro e de aí aos de Unamuno, en Madrid, e Punta Galea, en Bilbao.
- Valcarcel Otero, José. 38 anos (27-2-1898), Canteiro. Natural de Guimarei. A Estrada . Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.
- Valcárcel Rey, Francisco. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Xulgado co resultado de sobresemento. Presidente da Casa do Pobo no 34.
- Valiña Segade, Gumersindo (Sardinero). Canteiro, 23 anos, natural de Silleda e residente na Estrada. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
- Vázquez Sánchez, Alfonso. Natural da Estrada. 4-5-1916. Participou na toma polos mariñeiros do Acoirazado Jaime I, e combateu neste barco até que é fundido no 1938 por unha sabotaxe en Cartagena. Foi detido no 1939, e condenado a 30 anos. Tivo 9 anos de prisión.
- Valiño Rodríguez, Eusebio. 23 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Xulgado en León por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión. Ingresado dende 1937 no Penal de San Cristóbal (Pamplona).
- Veiga Abad, Adolfo. 36 anos, Carpinteiro. Natural de A Estrada . Veciñanza: Guimarei, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.
- Vicente Salgado, Cesar. 33 anos, Militar. Natural de A Estrada . Veciñanza: Ferrol. Xulgado en Ferrol por manifestacións a favor do goberno da República, calificadas como debilidade en acto de servizo co resultado de sentencia de absolución.
- Vila Carbón, José. (9-10-1898). 43 anos. Natural de Vinseiro. A Estrada . Veciñanza: Figueroa, A Estrada . Tras estar fuxido e declarado en rebeldía é xulgado en 1941 en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 8 anos e extinción da pena o 02-10-1947. Fuxido no monte até fin da guerra no 39 e implicado na xuntanza da Meaviense coa guerrilla e detido por isto. Procesado no 1948 e condenado por “bandidaje y terrorismo”.
- Vilaboa Buela, Francisco. 34 anos (8-12-1903), Filiación: Izquierda Republicana. Chofer-Mecánico. Natural de A Estrada . Veciñanza: Carballal, Arca, A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Foi trasladado ao Penal de San Cristóbal (Pamplona) onde estivo ata 1940, data na que se lle conmutou a pena a 3 anos de prisión menor.
- Vilaboa Pérez, Gerardo. Natural de A Estrada. Veciñanza: Madrid. Membro destacado do Sindicato da Construcción (CNT) de Madrid e do Ateneo Libertario de Vallehermoso. Integrado na 139 Brigada Mixta do Exército Popular da República na zona Centro, foi obxecto de Consello de Guerra celebrado en Madrid a fins de 1939, con resultado descoñecido.
- Veiga Porto, José Antonio. 31 anos, Pintor. Natural de Narón (A Coruña). Veciñanza: A Estrada . Xulgado en Pontevedra por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e en liberdade en agosto de 1938.
Sancións e/ou outros tipos de castigo
- Ameijeiras Picallo, Manuel. Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936. Separado do servizo e baixa no escalafón en maio do 1940. Resolución definitiva en 1942
- Bouza Brey, Fermín. Xuíz.Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Militante do PG. Suspensión de emprego e soldo en 1937.
- Blanco Fuentes, Mundo. Militante das mocidades galeguistas. Detido e humillado coa rapadura do pelo no comezo do golpe militar.
- Canitrot Alonso, Andrés. Mestre. Veciñanza: Grela, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Caramés Quinteiro, Sara. A Estrada, 2 de marzo de 1919 - Caracas, 2 de xullo de 2013. Sufriu nos primeiros días do golpe, xunto con outras militantes das mocidades galeguistas, o rapado de pelo coas que tentaron humillar as mozas republicanas.
- Carballo Carballo, Benito. Mestre. Veciñanza: Santeles, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Caselles Rollán, Teodoro. Veciñanza: Remesar, A Estrada Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Castelo Ameijeiras, Manuel. Mestre. Veciñanza: Curantes, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Castro Dono, Alfonso. Mestre/a. Natural de San Martín de Riobó, A Estrada . Veciñanza: A Guarda, A Guarda. Fuxido e agochado na casa dos seus cuñados en Guimarei, e na de Manuel García Barros "Ken Keirades" durante 12 anos . Presentouse en 1947. Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936. Manterase acochado 12 anos.
- Díaz González, Carmelo. Rexistrador da Propiedade. Veciñanza: A Estrada. Separado do servizo de xeito definitivo.
- Fernández Otero, Hortensio. Veciñanza: Barcala, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Ferro Cerviño, José. Mestre. Veciñanza: A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Pouco despois enviado a Pontevedra como mestre da escola do Burgo, tras afiliarse ao Sindicato Español del Magisterio.
- García Barros, Manuel "Ken Keirades". 60 anos, Mestre e escritor. Natural de Berres, A Estrada. . Veciñanza: Callobre. A Estrada, A Estrada . Sacado da casa, obrigado a inxerir aceite de rícino e a cantar o "Cara al sol". Multado con 20000 pesetas e depurado en 1940. Nunca recuperou a praza de mestre.
- García Bermúdez, Lino. Mestre. Veciñanza: Ribeira, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- García Insua, David. Estudante (Fillos de Manuel García Barros). Natural de Callobre . Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Sacado da casa onda o seu pai, obrigado a inxerir aceite de rícino e a cantar o "Cara al sol" e borrar as pintadas "pro-estatuto" onda o seu mestre, Antón Fraguas.
- García Nodar, José. Mestre. Veciñanza: Ribela, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- García Casalderrey, José. Natural de Ponteareas. Mestre de Frades, Santa Mariña de Barcala, A Estrada. Sancionado coa separación definitiva e baixa no escalafón de Maxisterio. Substituída logo por traslado fóra da provincia no 1947.
- Lobato Gamallo, Manuel. Mestre. Veciñanza: Vea, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Lois García, María de las Ermitas. Mestre. Veciñanza: Somozas-A Estrada, A Estrada . Suspendida de emprego e soldo.
- Lois García, Benjamín. Mestre de nenos de Cora, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Lois García, Manuela. Mestra. Veciñanza: Consolación-Tabeirós, A Estrada . Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936.
- Magariños Granda, Francisco. Mestra. Veciñanza: Berres, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Natural de Cambados, simpatizante da CNT.
- Otero Ulloa, Vicente. Mestre. Veciñanza: Anguións, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión definitiva de emprego e soldo. Revisión e proposta de traslado fóra de Galiza.
- Otero Abelleira, José. Natural de Vilapouca, Cereixo, Director do xornal El Emigrado. 46 anos. Detido o 12 de xaneiro de 1939 por ter no seu escaparate un "cromo" coa bandeira republicana.
- Payo de la Iglesia, Manuel. Mestre de San Miguel de Castro, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Penas Meilán, Manuel. Mestre. Veciñanza: Santeles, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Puente Barcala, Ramón. Mestre. Veciñanza: A Estrada Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Rodríguez Pena, Basilio. Mestre. Veciñanza: Arca-A Estrada, A Estrada . Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.
- Rodríguez Rodríguez, Eugenio. Mestre. Veciñanza: A Sagrada-Codeseda, A Estrada. Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Sánchez Álvarez, Camila. Mestra. Veciñanza: Nigoi, A Estrada . Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936
- Sánchez Abad, Dolores. Mestra galeguista separada do servizo.
- Sanmartín Nodar, Benito. Mestre. Veciñanza: A Estrada, A Estrada . Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.
- Torres Villar, Ramiro. Mestre. Veciñanza: Callobre, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
- Vence Guerra, David. Veciñanza: San Xurxo de Vea, A Estrada . Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
Desaparecidos, fuxidos e exiliados
- Agra Rey, José María. Home de 21 anos. Natural de A Estrada , Veciñanza: Vilagarcía de Arousa. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Semella que fuxiu a Cartaxena.
- Alonso Rivas, Avelino (Os de Gaitas), 35 anos, natural da Estrada, Garda Municipal, Lavadores - Vigo. Previamente fuxido e declarado en rebeldía. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Graves secuelas psicolóxicas ao sair da cadea..
- Costa Ramos, Juan. (A Estrada, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Barcarès en Francia.
- Chacón Bergueiro, Severino. Nado en Parada (A Estrada) o 14 de novembro de 1884 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1978. Fillo dunha familia de campesiños, traballou como canteiro en Ferrol (1897) onde entrou en contacto coas organizacións obreiras. Trasladouse a Coruña en 1903 e converteuse en referente sindical. En 1905 emigrou a Cuba e militou na Agrupación Socialista da Habana. Retornou a Galicia en 1908 pero regresou moi pronto á Habana. Foi expulsado de Cuba en xullo de 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. En 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE en 1921 formando parte do Partido Comunista Obrero Español. Presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde estivo agochado un ano, antes de fuxir por mar cara a zona republicana. Pasou a Valencia e incorporouse á UGT. Exiliado en Francia en 1939, formou parte da Executiva Federal da UGT no exilio francés. Logo marchou a Santo Domingo (1939-1940), Venezuela (1940-1946), regresou a Francia (1946-1950), marchou a Checoslovaquia (1950) e volveu a Venezuela (1950-1967). Retornou a Madrid en 1967, onde faleceu en 1978. LIGAZÓNS: Revista Claridade homenaxe a Severino Chacón.
- Fernández Rodríguez, José. (A Estrada, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Sepfonds Tarne et Garonne en Francia.
- García Caramés, Alfredo (Cabanelas, Liripio, A Estrada) 1916. Durante a Guerra Civil fora membro do Batallón de Milicias Populares Gallegas e chofer de Líster V Corpo do Exército e na mítica 11ª División,. Despois estivo refuxiado en Francia no campo de Vernet d´Ariège (barraca 43) e no campo de Barcarès. Valentín García Gómez escribe unha biografía súa co título "Un soldado da historia (Alfredo García Caramés, asistente de Líster, 1936-1939)".
- Gómez Puente, Juan. (A Estrada, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Agde (Herault) en Francia.
- Gómez Andrade, Manuel. Veciño de Codeseda. Embarcou para Arxentina o 2 de setembro do 36, cando era buscado para ser detido.
- Illa Couto, Ramiro. (Arnois, A Estrada, Pontevedra, 1896 - ?, 1987) Sendo moi novo emigra a Bos Aires, onde estuda na Escola de Comercio ó tempo que traballaba cun tío seu. En 1917 volve a Galicia, fai o servizo militar en Marrocos e incorpórase ás Irmandades da Fala. En 1922 regresa de novo a Bos Aires como representante da Irmandade Nazonal Galega de Vicente Risco e participa na fundación dunha delegación da mesma que edita a revista "Terra". Posteriormente súmase a Sociedade Nazonalista Pondal e no ano 1931 volve a Galicia para participar nas actividades do Partido Galeguista. Despois do golpe de Estado de xullo de 1936 foxe a Portugal e de alí a Francia, sendo delegado en París das Sociedades Hispanas Confederadas. Despois exíliase en México, onde participa nas actividades políticas e culturais dos galeguistas.Dende México viaxa a miúdo a Colombia e Venezuela. Neste último país establécese nos anos 50 para volver definitivamente a Galicia en 1956. Na súa etapa mexicana escribe para "Vieiros" e "Saudade". Desta última revista foi editor do número 3.
- López López, Celestino. (A Estrada, ? - México, 1963) Galego do Grupo Republicano que fora presidente do Sindicato de Viaxantes de Comercio de Vigo, da UGT. Casa en 1935 coa mestra tamén exiliada María Concepción Pazo Álvarez. No 36 estivo acochado xunto co seu cuñado Eduardo durante un ano. Tivo que fuxir cara a México onde formou parte da Alianza Nazonal Galega, fundada en 1943 por varios exiliados galegos coma el. En México foi distribuidor de cine e chegou a escribir un libro de gran valor antropolóxico, "La vida en el Amazonas". Membro de Izquierda Republicana, no exilio en México asina o manifesto da Alianza Nacional Galega o 18 de maio de 1944.
- Mosteiro Melia, José. (A Estrada, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Argelès sur Mer en Francia.
- Nodar Brey, Jesús. O 12 de decembro de 1937 desaparece na Coruña cando estaba de garda. Aparece un cadáver na praia de San Amaro o día 22. Considérase que é el e que non desertou senón que foi accidental a súa morte. Descoñecemos máis detalles deste estraño suceso.
- Pazo Álvarez, Eduardo. Mestre da Somoza, A Estrada . Nace en 1904. Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Deuse por desaparecido, seguramente fuxiu, segundo informa Olimpio Arca exiliase en Cuba. Logo vaise a México e regresa a Galiza no 1971. Morre en México o 24 de outubro de 1971.
- Pazo Álvarez , Concepción. (A Estrada, Pontevedra, ? - A Estrada, Pontevedra, 1980) Mestra Nacional que se exilia en México, xunto co seu home Celestino López López. Alí foi mestra no Colegio Madrid, centro que acolleu ao republicanismo español exiliado nese país. Coa morte do home en 1963 regresa a Galicia en 1971 e morre en 1980.
- Pereira Renda, Virginia. (A Estrada, 19/10/1884, - Madrid, 23/12/1969) Estivo exiliada na Arxentina. Casou na Estrada con Alfonso Rodríguez Castelao. No ano 1956 asiste ao Congreso da Emigración Galega en representación do seu home xa falecido.
- Rey Pereyra, Ismael. (A Estrada, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de refuxiados de Barcarès en Francia.
- Souto Campos, Uxío. (Cuntis, Pontevedra, 1905) Escultor e profesor de Debuxo no Instituto da Estrada. Fuxido a Francia, onde está internado no campo de concentración de Perpignan, despois marcha exiliado a México.Pertencía á Irmandade Galeguista. Exiliouse en México onde fundou xunto a outros exiliados a Alianza Nazonal Galega no ano 1943, da que foi vicesecretario de relacións. Tamén foi ilustrador de "Saudade" e profesor de debuxo no Institututo Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón dirixido polo galego Pedro Martul.